SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO
A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA REXEITA AS
AVALIACIÓNS DE 3º E 6º DE PRIMARIA DA LOMCE.
Moitas comunidades autónomas non van facer estas avaliacións, tal como
están deseñadas na LOMCE, pero a Consellería de Educación decidiu realizar
as probas de avaliación LOMCE de 6º os días 11, 12 e 13 de maio e as de 3º os
días 24 e 25 coa oposición de todos os sectores da comunidade educativa. Fai
así, unha vez máis seguidismo e obediencia do goberno central.
As probas de sexto vanse facer de forma inmediata, coa mesma precipitación
que se está a facer todo en educación dende que comezou o
desenvolvemento da LOMCE. Séguense ao pé da letra os cuestionarios de
contexto e os indicadores comúns de centro para a avaliación final de
Educación Primaria establecidos polo Ministerio, cuestionarios sesgados que
obvian cuestións que poderían ser desfavorables para as políticas educativas
do goberno, tales como as que se refiren ao número de alumnado por aula,
ou á situación da saúde, alimentación, pobreza... Responde a unha visión da
educación determinada, e probablemente enfocada a alumnado de máis
idade. (Algunhas preguntas son idénticas ás que fai PISA a alumnado de 15
anos).
Todo o alumnado de 3º e 6º ten que facer a proba de avaliación. Iso significa
que 22.000 alumnos e alumnas de 6º de primaria terán 3 días de probas para
avaliar competencias, por profesorado alleo ao alumnado, que xa estarán
avaliadas polo profesorado ao longo de todo o curso. Este feito constitúe un
desprezo absoluto e unha desautorización á avaliación continua que os
profesores realizan día a día nas aulas.
Pola presión unánime do conxunto da comunidade educativa galega, a
Consellería de Educación emitiu unha folla “informativa” dirixida ás familias na
que sinala que “non terá valor académico” e que non farán “rankings de
centros” cos resultados obtidos. Nós rexeitamos esta Nota que pretende
“tranquilizar” ás familias, e que non coincide co imperativo legal establecido
na LOMCE, no seu artigo 20.2 e o documento do MECD, que baixo o título
“Marco Xeral”, insiste en que “se terá especialmente en conta o resultado da
proba individualizada”, (reválidas).
Si o que di a Consellería fora certo, e tomara a decisión de non cumprir o
mandato legal, entón para que se fan? Que aportan? Que rendemento se
obtén destas probas? Realmente, son necesarias?
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, aínda non ten publicado as
Ordes de Avaliación de Primaria, nin de Secundaria. Que o resultado da
reválida poida formar parte do expediente académico do alumnado, pode
estar agochado nestas Ordes non publicadas e que o serán, posiblemente, o
último día, tal e como vén demostrando esta administración educativa que
segue a gobernar sen consenso e ás costas da comunidade educativa,
alumnado, familias e profesorado.
Queremos aclarar moitas dúbidas que lles xorden ás familias sobre a proba de
6º, que é nova:
• QUE SE AVALÍA?
o Competencia en comunicación lingüística
o Competencia matemática
o Competencia en ciencias e tecnoloxía
Isto envía unha mensaxe á sociedade, infravalorando o resto das materias e
competencias (artísticas, físico deportivas...).
• PARA QUE SERVE?
Pedagoxicamente para nada, segundo confirma a Dirección Xeral da
Consellería na devandita circular. En todo caso para clasificar ao alumnado e
para establecer un ranking de centros, que pode ser publicado en calquera
momento. A avaliación debe ser continua, global e formativa. O profesorado,
titores e equipos docentes dos CEIP que imparten docencia a este alumnado,
ten suficientes instrumentos para facer esta avaliación sen necesidade de
recorrer a probas externas. Por descontado, as familias teñen perfecto
coñecemento da evolución dos seus fillos e fillas, no marco da acción titorial
profesor/familias, que forman a unidade pedagóxica fiable, e non unha proba
puntual dun día e realizada por profesorado alleo ao alumno ou alumna.
• SON OBRIGATORIAS?
A Consellería afirma que son obrigatorias, pero isto non quere dicir que as
familias poidan decidir que os seus fillos non as fagan. Existen dúas formas de
evitar facela. Unha é non enviar aos nenos e nenas ao centro os días das
probas. E a outra é envialos e, ao abeiro do artigo 154 do código civil, solicitar
que non se lles pasen as probas. Non ten ningunha consecuencia negativa
para o alumnado porque aparecerá como non presentado. Proba disto é o
resultado da non asistencia ás probas de terceiro de EP o ano pasado. A
Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos, (CONFAPA), a través
das catro federacións provinciais, remite un xustificante-tipo para que se
facilite ás familias que decidan non presentar aos seus fillos para así non
expoñelos aos riscos destas reválidas.
• FORMAN PARTE DO EXPEDIENTE ACADÉMICO DO ALUMNADO?
Sen ningunha dúbida. A normativa establece que se o alumnado cambia de
centro o resultado das probas envíase co seu expediente. Esa nota, en caso
de ser negativa, pode ter consecuencias indesexables e non explicitadas no
tránsito do alumnado no cambio de etapa.
• TEÑEN EFECTOS PARA A PROMOCIÓN DE CURSO?
Si. Tanto a LOMCE como as instrucións da proba establecen que, se o
resultado da avaliación é desfavorable, poderán dar lugar a medidas tanto
ordinarias como extraordinarias (repetición de curso). É contraditorio o
declarado pola Consellería de Educación na mencionada circular ás familias
coa letra, inequívoca, da LOMCE.
Desde a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia queremos
manifestar que a resolución pola que se regulan e ditan instrucións para a
aplicación destas probas non recolle a posibilidade de realización das probas
noutras datas de non asistir o alumnado ás mesmas, polo que se podería
entender que do mesmo xeito que nas probas de terceiro do ano pasado, o
alumnado figuraría como “NON PRESENTADO”.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia esíxelle á Administración
educativa galega que impugne e paralice a realización destas probas por
invasión competencial, por inútil e antipedagóxica, e trasladamos o noso
apoio e solidariedade a todas as familias que se neguen a permitir a
realización das probas aos seus fillos.
Dende a Plataforma apoiamos as decisións das familias, convocadas por
CONFAPA, para non realizar unhas probas ilexítimas e que poden ter efectos
indesexables no expediente académico do alumnado. Chamamos as familias
a adoptar unha posición informada, activa e coherente co obxectivo da
formación integral dos seus fillos e fillas, do alumnado galego, evitándolles a
angustia e o estrés dunha proba que en sexto ten unha duración de 7 h e 40
minutos e que pode ter efectos nocivos tanto no ámbito académico como na
felicidade/infelicidade dos rapaces.
Tamén facemos un chamamento ao profesorado para que colaboren coas
familias que decidan que os seus fillos e fillas non fagan a proba.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, ao igual que o
conxunto da comunidade educativa, esixe a paralización da reválida, anima
as familias a resistirse diante dunha proba inútil e antipedagóxica, derivada
dunha lei infame, e insta á paralización da LOMCE e á súa inmediata
derrogación.
As organizacións integradas nesta Plataforma quedamos a disposición do
profesorado e familias para calquera consulta ou aclaración.
NON AS REVÁLIDAS
PARALIZACIÓN DA LOMCE.
DERROGACIÓN DA LOMCE.

More Related Content

Similar to comunicado plataforma probas avaliación

Informacion familias 3º primaria
Informacion familias 3º primariaInformacion familias 3º primaria
Informacion familias 3º primariaMarta Pérez Lage
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais esoLoudes Otero
 
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE isaacperalferrol
 
Avaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºAvaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºcolexio
 
Reunión titor pais 2016 17
Reunión titor pais 2016 17Reunión titor pais 2016 17
Reunión titor pais 2016 17Loudes Otero
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Silvina Paricio Tato
 
Plananual 2015 2016
Plananual 2015 2016Plananual 2015 2016
Plananual 2015 2016aam2207
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfssuser42eafa
 
Acceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional BásicaAcceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional BásicaMónica Diz Besada
 

Similar to comunicado plataforma probas avaliación (20)

Informacion familias 3_ primaria
Informacion familias 3_ primariaInformacion familias 3_ primaria
Informacion familias 3_ primaria
 
Informacion familias 3º primaria
Informacion familias 3º primariaInformacion familias 3º primaria
Informacion familias 3º primaria
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
Carta cuestionariofamilias 1605181750_1273683557885988927
Carta cuestionariofamilias 1605181750_1273683557885988927Carta cuestionariofamilias 1605181750_1273683557885988927
Carta cuestionariofamilias 1605181750_1273683557885988927
 
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
 
Avaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºAvaliacion en 3º
Avaliacion en 3º
 
Charlapaisnovidadesesolomce
CharlapaisnovidadesesolomceCharlapaisnovidadesesolomce
Charlapaisnovidadesesolomce
 
Reunión titor pais 2016 17
Reunión titor pais 2016 17Reunión titor pais 2016 17
Reunión titor pais 2016 17
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
 
Plananual 2015 2016
Plananual 2015 2016Plananual 2015 2016
Plananual 2015 2016
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Acceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional BásicaAcceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional Básica
 
Carta aos pais do IES As Lagoas
Carta  aos pais do IES As LagoasCarta  aos pais do IES As Lagoas
Carta aos pais do IES As Lagoas
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 

Recently uploaded

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 

Recently uploaded (11)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

comunicado plataforma probas avaliación

  • 1. COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA REXEITA AS AVALIACIÓNS DE 3º E 6º DE PRIMARIA DA LOMCE. Moitas comunidades autónomas non van facer estas avaliacións, tal como están deseñadas na LOMCE, pero a Consellería de Educación decidiu realizar as probas de avaliación LOMCE de 6º os días 11, 12 e 13 de maio e as de 3º os días 24 e 25 coa oposición de todos os sectores da comunidade educativa. Fai así, unha vez máis seguidismo e obediencia do goberno central. As probas de sexto vanse facer de forma inmediata, coa mesma precipitación que se está a facer todo en educación dende que comezou o desenvolvemento da LOMCE. Séguense ao pé da letra os cuestionarios de contexto e os indicadores comúns de centro para a avaliación final de Educación Primaria establecidos polo Ministerio, cuestionarios sesgados que obvian cuestións que poderían ser desfavorables para as políticas educativas do goberno, tales como as que se refiren ao número de alumnado por aula, ou á situación da saúde, alimentación, pobreza... Responde a unha visión da educación determinada, e probablemente enfocada a alumnado de máis idade. (Algunhas preguntas son idénticas ás que fai PISA a alumnado de 15 anos). Todo o alumnado de 3º e 6º ten que facer a proba de avaliación. Iso significa que 22.000 alumnos e alumnas de 6º de primaria terán 3 días de probas para avaliar competencias, por profesorado alleo ao alumnado, que xa estarán avaliadas polo profesorado ao longo de todo o curso. Este feito constitúe un desprezo absoluto e unha desautorización á avaliación continua que os profesores realizan día a día nas aulas. Pola presión unánime do conxunto da comunidade educativa galega, a Consellería de Educación emitiu unha folla “informativa” dirixida ás familias na que sinala que “non terá valor académico” e que non farán “rankings de centros” cos resultados obtidos. Nós rexeitamos esta Nota que pretende “tranquilizar” ás familias, e que non coincide co imperativo legal establecido na LOMCE, no seu artigo 20.2 e o documento do MECD, que baixo o título “Marco Xeral”, insiste en que “se terá especialmente en conta o resultado da proba individualizada”, (reválidas). Si o que di a Consellería fora certo, e tomara a decisión de non cumprir o mandato legal, entón para que se fan? Que aportan? Que rendemento se obtén destas probas? Realmente, son necesarias?
  • 2. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, aínda non ten publicado as Ordes de Avaliación de Primaria, nin de Secundaria. Que o resultado da reválida poida formar parte do expediente académico do alumnado, pode estar agochado nestas Ordes non publicadas e que o serán, posiblemente, o último día, tal e como vén demostrando esta administración educativa que segue a gobernar sen consenso e ás costas da comunidade educativa, alumnado, familias e profesorado. Queremos aclarar moitas dúbidas que lles xorden ás familias sobre a proba de 6º, que é nova: • QUE SE AVALÍA? o Competencia en comunicación lingüística o Competencia matemática o Competencia en ciencias e tecnoloxía Isto envía unha mensaxe á sociedade, infravalorando o resto das materias e competencias (artísticas, físico deportivas...). • PARA QUE SERVE? Pedagoxicamente para nada, segundo confirma a Dirección Xeral da Consellería na devandita circular. En todo caso para clasificar ao alumnado e para establecer un ranking de centros, que pode ser publicado en calquera momento. A avaliación debe ser continua, global e formativa. O profesorado, titores e equipos docentes dos CEIP que imparten docencia a este alumnado, ten suficientes instrumentos para facer esta avaliación sen necesidade de recorrer a probas externas. Por descontado, as familias teñen perfecto coñecemento da evolución dos seus fillos e fillas, no marco da acción titorial profesor/familias, que forman a unidade pedagóxica fiable, e non unha proba puntual dun día e realizada por profesorado alleo ao alumno ou alumna. • SON OBRIGATORIAS? A Consellería afirma que son obrigatorias, pero isto non quere dicir que as familias poidan decidir que os seus fillos non as fagan. Existen dúas formas de evitar facela. Unha é non enviar aos nenos e nenas ao centro os días das probas. E a outra é envialos e, ao abeiro do artigo 154 do código civil, solicitar que non se lles pasen as probas. Non ten ningunha consecuencia negativa para o alumnado porque aparecerá como non presentado. Proba disto é o resultado da non asistencia ás probas de terceiro de EP o ano pasado. A Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos, (CONFAPA), a través das catro federacións provinciais, remite un xustificante-tipo para que se facilite ás familias que decidan non presentar aos seus fillos para así non expoñelos aos riscos destas reválidas. • FORMAN PARTE DO EXPEDIENTE ACADÉMICO DO ALUMNADO? Sen ningunha dúbida. A normativa establece que se o alumnado cambia de centro o resultado das probas envíase co seu expediente. Esa nota, en caso
  • 3. de ser negativa, pode ter consecuencias indesexables e non explicitadas no tránsito do alumnado no cambio de etapa. • TEÑEN EFECTOS PARA A PROMOCIÓN DE CURSO? Si. Tanto a LOMCE como as instrucións da proba establecen que, se o resultado da avaliación é desfavorable, poderán dar lugar a medidas tanto ordinarias como extraordinarias (repetición de curso). É contraditorio o declarado pola Consellería de Educación na mencionada circular ás familias coa letra, inequívoca, da LOMCE. Desde a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia queremos manifestar que a resolución pola que se regulan e ditan instrucións para a aplicación destas probas non recolle a posibilidade de realización das probas noutras datas de non asistir o alumnado ás mesmas, polo que se podería entender que do mesmo xeito que nas probas de terceiro do ano pasado, o alumnado figuraría como “NON PRESENTADO”. A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia esíxelle á Administración educativa galega que impugne e paralice a realización destas probas por invasión competencial, por inútil e antipedagóxica, e trasladamos o noso apoio e solidariedade a todas as familias que se neguen a permitir a realización das probas aos seus fillos. Dende a Plataforma apoiamos as decisións das familias, convocadas por CONFAPA, para non realizar unhas probas ilexítimas e que poden ter efectos indesexables no expediente académico do alumnado. Chamamos as familias a adoptar unha posición informada, activa e coherente co obxectivo da formación integral dos seus fillos e fillas, do alumnado galego, evitándolles a angustia e o estrés dunha proba que en sexto ten unha duración de 7 h e 40 minutos e que pode ter efectos nocivos tanto no ámbito académico como na felicidade/infelicidade dos rapaces. Tamén facemos un chamamento ao profesorado para que colaboren coas familias que decidan que os seus fillos e fillas non fagan a proba. A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, ao igual que o conxunto da comunidade educativa, esixe a paralización da reválida, anima as familias a resistirse diante dunha proba inútil e antipedagóxica, derivada dunha lei infame, e insta á paralización da LOMCE e á súa inmediata derrogación. As organizacións integradas nesta Plataforma quedamos a disposición do profesorado e familias para calquera consulta ou aclaración. NON AS REVÁLIDAS PARALIZACIÓN DA LOMCE. DERROGACIÓN DA LOMCE.