SlideShare a Scribd company logo
1 of 32
Download to read offline
Que se agocha tras a  
Unión Europea? 
Unha aproximación crítica 
« « 
 "Orixe e desenvolvemento do proceso de   "A moeda única, o Banco Central  
"construción europea” Europeo e os "rescates” 
« ”A democracia negada. Como funciona  « 
 "Un TLC entre EE.UU. e a UE para máis  
realmente a UE? neoliberalismo 
"A que chamamos Troika?  "Soberanía nacional e popular dentro  
« « 
« 
da UE? 
 "A UE e a globalización neoliberal: a  
Europa do capital « 
 “O papel da Galiza na Unión Europea  
« 
e na zona euro 
 “Papel xeo-estratéxico da UE como polo  
imperialista « 
Olladas críticas da UE e o euro
2 
Orixe e desenvolvemento do 
proceso de “construción europea” 
No marco da vixente crise e dos efectos que 
esta, combinadamente coas políticas impulsa-das 
desde o ámbito europeo para lle facer 
fronte, producen a nivel social e tamén territo-rial, 
o debate crítico arredor da propia Unión 
Europea e do euro desenvólvese a partir fun-damentalmente 
de dúas teses contrapostas. 
Dunha banda, baixo a focaxe do euro-peísmo 
oficial –subscrito entre outros pola 
socialdemocracia sistémica, que as máis das 
veces partilla posición coa dereita neolibe-ral– 
redúcese o alcance do problema á co-rrelación 
de forzas entre o que serían as 
correntes de carácter progresista e o bloque 
ultraliberal, hoxe hexemónico a nivel conti-nental. 
De aí que a partir desa tese se insista 
na invocación abstracta de Europa como es-pazo 
de progreso, liberdade, solidariedade e 
benestar. Unha proxección que enlaza coa 
percepción social de Europa xeraba en am-plas 
capas sociais por contraste, por exem-plo, 
coa ditadura fascista nacional-católica 
imperante no Estado español desde o 1939. 
Porén, a esquerda transformadora ou al-ternativa, 
sen negar que a hexemonía neoli-beral 
agrava os efectos, sitúa o problema 
europeo no deseño mesmo do chamado pro-ceso 
de construción europea. Desde esa óp-tica, 
as políticas de axuste e duros recortes 
impostas desde a Troika non só non represen-tan 
unha contradición coa folla de rota orixinal 
da UE, senón que responden precisamente ao 
seu deseño político desde o inicio. 
Presentadas sucintamente ambas as dúas 
grandes posicións, áchase que un breve per-corrido 
histórico, en chave crítica, das orixes 
e desenvolvemento da construción europea 
da que nacerán a CEE, logo a UE e máis 
tarde o euro, é o mellor método para discer-nir 
o fundamento que unha e/ou outra 
teñen. Aliás, este percorrido cronolóxico 
debe servir tamén para dar resposta a tres 
preguntas chave: Por que e para que nacen 
a UE e o euro? Quen promove e dirixe este 
proceso? A quen beneficia? 
As políticas de axuste e duros 
recortes impostas desde a 
Troika responden precisamente 
ao deseño político da UE. 
Tratado de París do 18 de abril de 1951 polo que nace a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro
Cartaz do Plan Marshall promovendo 
a "unidade de Europa". 
3 
Cronoloxía crítica do 
proceso de construción 
europea 
1920-1939 
Os precursores ideolóxicos: 
O diplomático e político francés Aristide 
Briand e o aristócrata austro-francés Richard 
de Coudenhove-Kalergi son os principais va-ledores, 
nese período, da idea dunha federa-ción 
europea, no caso de Briand, e dun 
movemento paneuropeo no que respecta a 
Coudenhove-Kalergi. Pesan na súa arela de 
superar a división do continente, as terríbeis 
destrucións e perdas humanas producidas 
pola Grande Guerra (a Primeira Guerra Mun-dial 
causara arredor de 20 millóns de mortos 
e 22 millóns de feridos entre 1914 e 1918). 
Os precursores capitalistas: 
O 30 de setembro de 1926, constitúese 
o Cártel do Aceiro, unha alianza dos gran-des 
industriais da metalurxia de Francia, Ale-maña, 
Bélxica, Luxemburgo e Sarre. Son os 
mesmos industriais que, entre bastidores, ali-mentan 
a caixa B das organizacións de ex-trema 
dereita en toda Europa, a comezar 
polas de Alemaña e Francia. 
1939-1945 
O Gran Reich europeo: 
O nazismo constrúe un inmenso imperio 
europeo, co III Reich alemán como centro 
racista, expansionista e militarista, ao servizo 
dos grandes industriais que o financiaron nos 
anos 30 para confrontar “o perigo xudeo-bolxevique” 
e o pulo revolucionario das loitas 
obreiras do continente. Europa saíu devas-tada 
dunha guerra na que morreron entre 55 
e 60 millóns de persoas. 
1945-1957 
A Europa americana: 
En xullo do 1947, reúnese en París a 
“Conferencia dos 16 para a coordinación da 
axuda americana á recuperación de Europa”. 
Entre as condicións dese préstamo de 13.000 
millóns de dólares, coñecido popularmente 
como Plan Marshall, estaba a expulsión dos 
ministros comunistas nos gobernos de Eu-ropa 
beneficiarios do mesmo. Francia e Ho-landa 
usaron unha grande parte deses 
fondos para financiar as súas guerras colo-niais 
en Vietnam e Indonesia respectiva-mente. 
Europa devolverá con creces eses 
fondos aos Estados Unidos, que nesa xo-gada, 
penetran amplamente nos mercados 
europeos, colocan os seus excedentes nun 
momento de crise de sobreprodución da in-dustria 
norteamericana e aseguran a súa su-premacía 
militar coa constitución da OTAN 
en 1949. 
Robert Schuman, ministro de exteriores 
francés, presenta publicamente, o 9 de maio 
de 1950, o proxecto do que será finalmente 
a Comunidade Económica do Carbón e do 
Aceiro. Un proxecto aprobado de urxencia 
por un Consello de Ministros que só ten co-ñecemento 
da proposta ao chegar á reunión. 
A falta de transparencia e de democracia, e 
o poder absoluto dos tecnócratas marcarán a 
construción europea desde o comezo. 
A falta de transparencia e 
de democracia, e o poder 
absoluto dos tecnócratas 
marcarán a construción 
europea desde o comezo. 
Trincheira durante a Primeira 
Guerra Mundial (1914-1918)
4 
O Consello de Europa aproba o 8 de de-cembro 
de 1955 a definitiva bandeira de Eu-ropa. 
O seu deseñador, o artista alsaciano 
Arsène Heitz, recoñecerá posteriormente a 
inspiración mariana do deseño: as 12 estre-las 
amarelas da coroa luminosa da Virxe e o 
azul do seu manto. Esa simboloxía mariana 
xa estaba representada nunha vidreira da 
catedral de Estrasburgo e foi a fonte directa 
de inspiración. 
1957-1973 
A Europa en crecemento: 
En 1968, elimínanse totalmente as alfán-degas 
dentro da Comunidade Económica Eu-ropea. 
O Plan Mansholt (socialista holandés) 
establece a supresión de 5 millóns de hectá-reas 
de cultivos, a redución na metade da po-boación 
agrícola e a eliminación de 250.000 
vacas leiteiras. 
1973-2013 
Europa en crise: 
Os alargamentos sucesivos da CEE 
(1973, 1981, 1986) son precedidos sempre 
“de vagas de reconversións industriais e 
agrarias (siderurxia, construción naval, 
pesca, agricultura, etc.), tanto nos Estados 
membro como nos aspirantes.” 
O 7 de febreiro de 1992, fírmase o Tra-tado 
de Maastricht, ou Tratado sobre a Unión 
Europea. Este significa un paso fundamental 
na desregulación e na financiarización da 
economía ao situar o novo horizonte dunha 
moeda única para a UE. Consolida igual-mente 
as transferencias de soberanía desde 
os Estados aos organismos e mecanismos da 
UE. Vía libre ao neoliberalismo, como dou-trina 
oficial. 
O 1 de xaneiro do 2002, ponse en circu-lación 
o Euro, provocando unha suba encu-berta 
dos prezos e unha perda real de poder 
adquisitivo da poboación traballadora. O do-minio 
total do Banco Central Europeo sobre 
as políticas monetarias impide que os gober-nos 
podan usar a moeda para gañar compe-titividade 
de cara ao mercado exterior, 
favorecendo o empeoramento das condi-cións 
salariais e laborais. 
O 1 de decembro de 2009, entra en vigor 
o Tratado de Lisboa, logo de sucesivos fraca-sos 
para facer aprobar o proxecto dunha 
Constitución Europea (a vitoria popular do 
non nos referendos en Irlanda, Francia e Ho-landa 
retrasou a axenda do proceso, mais 
non foi impedimento para que os gobernos 
pasaran por alto “a vontade popular expre-sada 
polo sufraxio universal”). A democracia 
non é benvida na Unión Europea. 
Os sucesivos alargamentos 
da CEE foron precedidos 
por vagas de reconversións 
industriais e agrarias. 
A posta en circulación do Euro 
provoca unha suba encuberta 
dos prezos e unha perda real 
de poder adquisitivo da 
poboación traballadora. 
Sinatura dos Tratados de Roma o 25 de marzo de 1957. 
A bandeira da UE está inspirada na 
imaxe da Virxe María.
Arredor dun 70% das 
decisións de carácter legal 
que afectan á cidadanía dos 
Estados inseridos na UE son 
adoptadas polas diferentes 
institucións da Unión. 
5 
A democracia negada 
Como funciona realmente a UE? 
Estímase que arredor dun 70% das deci-sións 
de carácter legal e normativo que afec-tan 
á cidadanía dos Estados inseridos na UE 
son adoptadas polas diferentes institucións 
da Unión. A normativa europea, naqueles 
asuntos de competencia exclusiva ou mesmo 
nos de competencia compartida cos Estados 
prevalece sobre a lexislación estatal. 
Quen toma as decisións? 
A UE articúlase en catro institucións principais: 
O Consello de Europa. Está integrado 
polos Xefes/as de Estado ou de Goberno 
dos países membro. Reúnese como mí-nimo 
cada seis meses. A pesar de non ter 
capacidade formal para a aprobación ou 
modificación de leis, é o organismo chave 
na medida en que é quen define a 
axenda política da UE. 
O Parlamento Europeo. Integrado por 
deputadas e deputados elixidos nos dife-rentes 
estados membro. Ten dúas sedes: 
Bruxelas e Estrasburgo. 
O Consello da Unión Europea. Nel 
están representados os gobernos dos Es-tados 
membros. A súa presidencia é ro-tatoria. 
A Comisión Europea. Representa, de 
feito, o executivo da Unión Europea. A 
súa composición é designada, de feito, 
polos Gobernos dos Estados membro. 
En función da axenda fixada desde o 
Consello de Europa, o Parlamento Europeo, 
o Consello da UE e máis a Comisión son as 
tres institucións que participan directamente 
na elaboración normativa ou lexislativa, to-mando 
as decisións través dun mecanismo 
denominado “procedemento lexislativo ordi-nario” 
(antes coñecido como “codecisión”), 
no que o Parlamento Europeo comparte a 
capacidade de decisión coas outras dúas ins-titucións, 
agás naquelas que ten reservado 
dereito a veto. 
Competencias 
A Unión Europea pode lexislar e adoptar 
actos vinculantes con carácter exclusivo, por 
riba da soberanía dos Estados membro, en as-pectos 
como: a unión aduaneira, as normas 
de competencia no mercado interior, a polí-tica 
monetaria da zona euro, a conservación 
biolóxica dentro da política pesqueira común, 
a política comercial común e a subscrición de 
acordos internacionais nestas materias. 
Existen ademais outras competencias 
compartidas, nas que os Estados poderán 
exercer a súa soberanía na medida en que a 
UE non exercera a súa competencia (isto é en 
aspectos non regulados a nivel comunitario), 
como son: política social (no referido aos tra-tados), 
a cohesión económica, social e terri-torial, 
a agricultura e a pesca, o medio 
ambiente, a protección dos consumidores, o 
transporte, as redes transeuropeas, a ener-xía, 
o espazo de liberdade, seguridade e xus-tiza, 
asuntos comúns de saúde públicas.
Amais das anteriores, a UE non impedirá 
aos Estados exercer as súas competencias 
en materia de investigación, desenvolve-mento 
tecnolóxico e o espazo, cooperación 
ao desenvolvemento e axuda humanitaria. 
Con carácter especial a UE dispón de com-petencias 
tamén para apoiar, coordinar ou 
complementar a acción dos Estados en ma-teria 
de protección da saúde, industria, cul-tura, 
turismo, ensino, formación profesional, 
xuventude, deporte, protección civil ou coo-peración 
administrativa. 
Déficit democrático da UE 
Malia que os seus defensores subliñan a 
pretendida “vontade democrática” sob a que, 
na súa opinión, se edificou o proceso de 
construción europea, unha das principais 
eivas das que adoece -desde a súa xénese- a 
estrutura institucional da Unión Europea é o 
denominado déficit democrático. Por tal en-tendemos 
a carencia de suficiente lexitimi-dade 
democrática das diferentes institucións 
que conforman a UE, na medida en que a ci-dadanía 
dos Estados membro non posúe ca-pacidade 
efectiva para incidir na lexislación e 
actividade dos organismos comunitarios, 
malia que as decisións adoptadas por estes, 
como xa se sinalou, ten un impacto de 
grande relevo nas súas vidas. 
Académicos como Joseph Weiler, Andreas 
Føllesdal, Simon Hix, Fritz Scharpf ou Jürgen 
Habermas, entre outros, teñen analizado de 
maneira pormenorizada as principais falen-cias 
en termos democráticos da instituciona-lidade 
europea, que se poden sintetizar en 
catro eixos: 
Non división de poderes na UE. 
Funcionamento pechado da Comisión Eu-ropea 
e do Banco Central Europeo. 
Elección e funcionamento da institucionali-dade 
comunitaria con parámetros moi dife-rentes 
aos que se aplican para as institucións 
dos Estados. 
Debilidade do Parlamento Europeo, con 
base en: 
sEscasa participación electoral nos comi-cios 
dos que resulta elixida a Eurocámara. 
sAusencia de contraposición real de op-cións, 
por mor dos reiterados acordos entre 
os dous grandes grupos (Partido Popular 
Europeo e Partido Socialista Europeo) 
sNon elección da Comisión Europea nin 
da súa Presidencia (só dereito a veto). 
sIncapacidade para exercer o control 
sobre a Comisión Europea e o Consello 
da UE. 
A participación cidadá é obxectivamente 
indirecta e limitada apenas á elección cada 
cinco anos do Europarlamento. Unha institu-ción 
que lonxe de funcionar como “o maior 
lexislador democrático do mundo”, como o 
presentan os analistas menos críticos, non ten 
os poderes nin capacidades propias dun Par-lamento, 
xa que non pode aprobar por si pro-pio 
a lexislación comunitaria (directivas, 
normas, regulamentos...) e precisa da ratifi-cación 
do Consello da UE, unha institución 
que non é resultado da elección directa por 
sufraxio. Asemade, o Parlamento non ten ca-pacidade 
para fiscalizar nin controlar a actua-ción 
da Comisión nin do Consello da UE, que 
en contraste contan con importantes poderes. 
Mais, que efectos concretos ten o déficit 
democrático na cidadanía europea? A este 
respecto o profesor de Ciencias Políticas da 
Universidade Pompeu Fabra, Francesc Pau i 
Vall, achegaba a súa resposta a esta impor-tante 
cuestión nun artigo publicado no diario 
El País (18/04/2013) intitulado ¿Democracia 
Europea? no que afirmaba que “quen adopta 
as decisións estratéxicas é o Consello Euro-peo, 
que está formado polos xefes de Estado 
e de Goberno dos países membros e que non 
se debe confundir co Consello da Unión Eu-ropea 
xa referido. O Consello Europeo elixiu, 
na práctica a José Manuel Durão Barroso pre-sidente 
da Comisión Europea e a Mario 
Draghi presidente do Banco Central Europeo, 
e influíron decisivamente na elección de 
Christine Lagarde como presidenta do Fondo 
Monetario Internacional, todos baixo a su-pervisión 
de Angela Merkel, chanceler alemá. 
Estas persoas que nós non eliximos e que for-man 
o que se denomina a troika comunita-ria, 
deciden, desde a perspectiva económica 
o que deben facer países como España, Gre-cia, 
Italia ou Chipre“ 
6 
A cidadanía dos Estados 
membro non posúe capacidade 
efectiva para incidir na 
lexislación e actividades dos 
organismos comunitarios. 
A Eurocámara non ten os 
poderes nin capacidades 
propias dun Parlamento. Non 
pode aprobar por si propia a 
lexislación comunitaria.
O Capital pretende resolver as súas con-tradicións, 
agravadas pola presente crise sis-témica 
mais que son consubstanciais a este 
sistema fallido, a costa do maior empobre-cemento 
das clases populares que constitúen 
a maioría social. A disputa de plusvalía, agu-dizada 
por un capitalismo senil que se resiste 
a asumir o seu devalar –ilustrado polas enor-mes 
dificultades para a súa autorreprodución 
en ritmos e cantidades suficientes– desenvól-vese 
coma sempre a través da enaxenación 
(privada) da riqueza xerada polo traballo. 
A radicalización da loita de clases no 
marco da vixente crise do capitalismo ten 
efectos moi evidentes en Europa, onde o vir-tual 
“Estado do benestar” ten sido literal-mente 
derribado por unha vaga de recortes 
sen precedentes que afectan tanto a servi-zos 
públicos esenciais, como son o ensino ou 
a sanidade, como tamén a dereitos sociais, 
cunha agresiva precarización das condicións 
laborais e o masivo empobrecemento de sa-larios 
e pensións, e mesmo do xa ultralimi-tado 
réxime de liberdades e dereitos civís. 
No cerne desta ofensiva sitúase a denomi-nada 
Troika. 
Mais, a que chamamos Troika? O que 
hoxe se presenta como “Troika” é só unha 
nova expresión para definir un vello suxeito, 
estruturalmente imperialista e supeditado aos 
intereses xeoestratéxicos dos EUA. Con Troika 
nos referimos a unha tríada institucional, eri-xida 
sen ningún visado democrático sob a ar-ticulación 
da sección para Europa do Fondo 
Monetario Internacional canda dous dos prin-cipais 
órganos da Unión Europea: a Comisión 
Europea (o seu executivo) e o Banco Central 
Europeo (que representa de feito o seu brazo 
“armado” no ámbito financeiro-monetario). 
Esa Troika actúa sen reparos como verdadeira 
punta de lanza dos intereses do gran capital 
monopolista contra os intereses da maioría 
social e os pobos que hoxe fican integrados 
no espazo UE. Unha ofensiva especialmente 
dura no caso daqueles Estados integrados na 
zona euro, polos efectos dunha política mo-netaria 
que profunda nos desequlibrios terri-toriais 
existentes no seo da Unión ao se 
supeditar aos intereses das dúas principais 
potencias: Alemaña e Francia. 
É a Troika quen, actuando como outrora o 
fixeran as metrópoles dos vellos imperios colo-nias, 
impón durísimas condicións aos Estados 
membro a cambio de liñas de financiamento – 
que non son a fondo perdido– para os deno-minados 
programas de “rescate”, que en 
realidade se limitan a apuntalar a solvencia, 
Con Troika nos referimos 
a unha tríada institucional, 
erixida sen ningún visado 
democrático, sob a articulación 
do FMI, a Comisión Europea 
e o BCE. 
7 
A que chamamos Troika? 
Herman Van Rompuy (Presidente do 
Consello Europeo), Christine Lagarde 
(Directora do Fondo Monetario 
Internacional) e José Manuel Durão 
Barroso (Presidente da Comisión Europea)
asegurar o pagamento da débeda coa banca 
do centro do continente e salvar as contas de 
resultados do grande capital financeiro. 
O deseño destes programas resulta 
tamén na conversión en débeda pública, 
computábel a efectos de déficit dos Estados, 
o que era débeda privada con orixe no sis-tema 
de crédito interbancario (os préstamos 
e capital circulante entre as propias entida-des 
financeiras e co BCE). Extremo que fica 
demostrado no caso do Estado español, xa 
que os 41.000 millóns de euros solicitados 
polo Goberno de Mariano Rajoy para os in-xectar 
no sistema financeiro do Estado, foron 
recibidos co aval do Estado como garantía. 
Desta maneira e malia que existe o com-promiso 
formal de que as entidades financeiras 
que se serviron desa liña de crédito terán que 
devolver os recursos que se lle transferiron, 
operacións de venda como a de NovaGalicia- 
Banco ao banco privado venezolano Banesco 
(que só pagará 1.003 millóns  dos preto de 
10.000 millóns de axudas públicas e do fondo 
de garantía de depósitos que se inxectaron no 
banco galego), deixou en evidencia que non se 
producirá tal reversión e que polo tanto o pro-grama 
de rescate será financiado a conta de 
recursos públicos, o que sumado ás restricións 
impostas desde a UE ao Estado español provo-cará 
(a falta dunha reforma fiscal progresiva) 
que a vaga de recortes iniciada no gasto pú-blico 
continúe con carácter de permanencia (e 
non apenas conxunturalmente como se argu-menta 
oficialmente). 
Engádese tamén o factor da denominada 
“condicionalidade” deses programas de res-cate. 
As liñas de axuda fornecidas pola 
Troika están condicionadas a duros planos de 
axuste, que conculcando a vontade dos 
pobos constitúen a maior regresión en ma-teria 
de dereitos sociais e laborais da nosa 
historia recente. Así o ilustra o acontecido en 
Grecia (cun plano de recortes brutal e un 
empobrecemento xeneralizado da poboa-ción), 
en Italia, en Portugal, en Irlanda e 
tamén no Estado español. Se ben neste últi-mos 
casos os rescates foron intervencións 
máis matizadas, sobre todo no caso do Es-tado 
español pola dimensión (a nivel PIB) da 
súa economía no conxunto da zona euro, 
que puña en risco a propia viabilidade da 
moeda única. 
Laminación da democracia 
formal 
Constátase que a ofensiva do Capital non 
respecta nin os limites das democracias for-mais, 
e é cada día máis patente que o poder 
real radica moi lonxe de Parlamento e Go-bernos. 
Deixa ao descuberto tamén que no 
marco do capitalismo ningunha conquista 
social é permanente. Que todo, absoluta-mente 
todo, está en disputa, mesmo aquilo 
que foi logrado por décadas de loitas sociais 
e coa anuencia dunha correlación de forzas 
máis favorábel, grazas a existencia doutro 
bloque histórico (antagónico ao imperialista) 
hoxe desaparecido. 
É tamén a emerxencia da Troika, e o im-pulso 
desde esta instancia non-democrática 
dos paquetes de recortes -logo executados 
con total complicidade polos gobernos esta-tais 
da dereita neoliberal e da socialdemo-cracia 
sistémica-, un síntoma evidente de que 
o desenvolvemento do capitalismo pasa polo 
debilitamento, cando non negación, da so-beranía 
nacional e popular dos pobos. 
Todo o anterior verifica ademais que non 
cabe distinción conceptual entre o que cha-mamos 
Troika e o conxunto das institucións 
que vertebran a actual Unión Europea. Non 
son algo diferente, senón denominacións di-ferentes 
para un mesmo suxeito. Non se 
pode distinguir, xa que logo, Troika da propia 
UE. Tampouco existe unha desviación da UE 
dunha folla de rota que nunca tivo, a pesar 
de que existan actores políticos e sociais que 
insistan en proxectala como garante de be-nestar, 
desenvolvemento social e das liber-dades. 
Precisamente o contrario. A ofensiva 
antipopular que capitanea a Troika axústase 
plenamente ao deseño histórico, político, 
económico e tamén militar que a clase do-minante 
edificou en Europa tras a Segunda 
Guerra Mundial e que radicalizou tras a de-rrota 
da Unión Soviética a principios dos 90. 
8 
Non cabe distinción 
conceptual entre o que 
chamamos Troika e o conxunto 
das institucións que vertebran 
a actual Unión Europea. 
As liñas de axuda fornecidas 
pola Troika están condicionadas 
a duros plans de axuste que 
constitúen a maior regresión en 
materia de dereitos sociais e 
laborais da historia recente.
9 
A UE e a globalización neoliberal: 
a Europa do capital 
A globalización neoliberal dá folgos, como 
nunca antes, ao proceso de centralización (te-rritorial) 
e concentración (de clase) da riqueza 
e do poder. Nese proceso xogan un papel fun-damental 
os Estados Unidos e a Unión Euro-pea, 
e na actualidade tamén os BRICS, que 
cuestionan a hexemonía dos primeiros mais 
non o sistema económico e social dominante. 
Estes dous eixos do capitalismo aceleráronse 
coa crise, xa que esta é un profundo axuste no 
reparto da riqueza producida, a costa das cla-ses 
populares e dos territorios dependentes, 
que se sustenta exclusivamente na lei do máis 
forte. 
Esta tendencia xa existía previamente á 
crise, mais esta intensificouna. Por exemplo, 
no aspecto social, destaca o relatorio sobre 
salarios 2012-2013 da OIT que a produtivi-dade 
media 1999-2011 nos estados “desen-volvidos” 
medrou o dobre que os salarios, 
especialmente na última década, incluíndo o 
período da crise. Saliéntase neste informe 
que: “A tendencia mundial resultou nun cam-bio 
na distribución do ingreso nacional, cunha 
menor participación dos traballadores, men-tres 
que a participación do capital na renda 
aumenta nunha maioría de países. Ata en 
China, un país onde os salarios, a groso modo, 
triplicáronse durante a última década, o PIB 
aumentou a unha taxa maior que a masa sa-larial 
total; xa que logo, a participación do tra-ballo 
na renda diminuíu. A caída na 
participación do traballo débese ao avance 
tecnolóxico, á globalización do comercio, á ex-pansión 
dos mercados financeiros e á declina-ción 
en densidade sindical, o cal erosionou o 
poder de negociación dos traballadores. A glo-balización 
financeira, en particular, podería ter 
xogado neste aspecto un papel maior do que 
se pensaba anteriormente”. No extremo 
oposto están as 1.645 persoas que, segundo 
a revista Forbes, teñen unha fortuna superior 
aos 1.000 millóns de dólares no ano 2014 
cun patrimonio total de 6,4 billóns de dóla-res; 
foron 219 máis que un ano antes. 
Este medre da desigualdade tamén se 
manifesta cun aumento do poder económico 
e político do centro na periferia. Concreta-mente, 
o investimento directo da Unión Eu-ropea 
na América Latina xa é a esta altura 
moito maior que o dos Estados Unidos (a po-tencia 
hexemónica na zona dende a segunda 
Guerra Mundial). No período 2006-2010, o 
investimento da UE representou o 40% (uns 
30 mil millóns de dólares anuais) fronte ao 
28,2% de Estados Unidos e Canadá. En total, 
na rexión, o investimento acumulado era no 
ano 2010 de máis de 500.000 millóns de dó-lares. 
O retorno dos beneficios aos países de 
orixe foi de promedio na América Latina, 
entre 2006 e 2011, de 92.000 millóns de dó-lares 
ano (tanto como a suma do PIB de 
Ecuador e a República Dominicana). En moi-tos 
casos, como na Arxentina, Chile e Perú, 
practicamente contrarrestaron a entrada de 
capitais. 
Joaquín Almunia, Vicepresidente e 
Comisario Europeo de Competencia
10 
O negocio da globalización 
Se analizamos o investimento mundial 
vemos a importancia da Unión Europea no 
proceso da globalización neoliberal. Os in-vestimentos 
da UE no exterior foron, no pe-ríodo 
2006-2010, por rexións, os seguintes: 
31,1% nos Estados Unidos; 24,6% noutros 
países de Europa; 5,9% en África; 12,6% en 
estados en vías de desenvolvemento de Asia; 
6,1% en América Latina; e o 19,7% noutros 
estados. Neste período, os países da UE in-vestiron 
un 57,2% do total da exportación de 
capitais noutros estados da propia Unión 
(fonte: Cepal). Por investimento directo no 
exterior, no ano 2009, o primeiro é Estados 
Unidos, con 3.259.000 millóns de dólares, 
seguido de Francia 1.759.000 millóns, Reino 
Unido 1.643.000 millóns, Alemaña 
1.403.000 millóns e Países Baixos 866.100 
millóns. O Estado español figura en noveno 
lugar, por diante de China e Italia, con 
633.300 millóns. No caso do investimento 
directo exterior recibido, están primeiro os 
Estados Unidos, e despois Francia, Alemaña 
e Reino Unido. E o Estado español no sétimo 
lugar con 663.100 millóns de dólares de in-vestimento 
foráneo. Como se pode ollar, no 
caso do estado español, unha cifra moi equi-librada 
en relación coa entrada de capital ex-terior 
(fonte: CIA). 
As corporacións transnacionais utilizan as 
grandes potencias para impoñer os seus in-tereses, 
mentres procuran a maior autono-mía 
dos mercados “estatais” para manter 
unha maior autonomía. Un exemplo témolo 
nas grandes empresas españolas. Nos nove 
primeiros meses de 2012, Telefónica, Iber-drola, 
Santander e BBVA obtiveron dous ter-cios 
dos seus lucros fóra do Estado español, 
especialmente en Brasil, México e Chile, na 
América Latina, e despois na Europa. Outras 
multinacionais, que cotizan no IBEX, como 
Endesa, obtiña fóra un 43,7%, e Gas Natural 
un 42,7%. No caso de Zara, para o primeiro 
semestre fiscal, os beneficios exteriores re-presentaban 
o 77,1%. Nas construtoras, as 
porcentaxes son aínda maiores, xa que ACS 
conseguiu un 82% da súa facturación fóra, 
Abengoa un 71%, etc. (Expansión, 20-11- 
2012). 
O auxe do investimento exterior, co re-torno 
de importantes beneficios ao pais de 
orixe, está acompañado por un medre do co-mercio 
exterior, en boa medida entre as pro-pias 
corporacións e as súas filiais. A UE, 
segundo datos de 2011, importaba máis do 
que exportaba, cun desequilibrio duns 200 
mil millóns de euros por ano. Se analizamos 
por países, no relativo ao comercio exterior 
da UE, Alemaña, Irlanda e os Países Baixos 
tiñan un saldo moi positivo, mentres que o 
Reino Unido, Francia, o Estado español, Italia, 
Grecia e Portugal, destacaban por todo o 
contrario. Amosando como lle afecta negati-vamente 
o valor do euro e as normas arance-larias 
en vigor. Os Estados Unidos mantiñan 
As corporacións transnacionais 
utilizan as grandes potencias 
para impoñer os seus 
intereses. 
Reunión do G8.
un déficit moi forte coa UE, mentres Rusia, 
China e Noruega eran os que conseguían os 
mellores resultados. Son cifras que xustifican o 
interese de Estados Unidos por mudar as nor-mas, 
e por que Alemaña só olla vantaxes no 
futuro TLC entre a UE e USA. 
Ofensiva imperialista 
A expansión exterior das potencias impe-rialistas 
vese moi favorecida pola eliminación 
das moedas “nacionais”, dos aranceis, xunto 
coa financiarización da economía, e agora os 
TLCs, que dan pulo ao proceso de globaliza-ción 
neoliberal, en beneficio das grandes em-presas 
(e fortunas), que son as únicas capaces 
de competir a ese nivel. Dáse así folgos ao 
mesmo tempo á especulación, á economía 
delituosa en todas as súas variábeis e á co-rrupción. 
A globalización debilita a capaci-dade 
de presión das clases populares e polo 
tanto a democracia e os mecanismos de con-trol 
institucional dos pobos. As grandes em-presas, 
que son as que marcan as accións dos 
gobernos burgueses (nesta correlación de for-zas), 
xa non dependen do mercado interno 
para colocar os seus produtos, xa que contan 
cun vizoso mercado internacional, polo que 
poden dislocar a produción alí onde custe 
menos, ou reducir os salarios locais (pola 
existencia dunha man de obra de reserva 
mundial), para así optimizar os lucros. 
En relación ao papel do capitalismo 
dinos Adrián Sotelo Valencia: “O capitalismo 
norteamericano, europeo e global, está che-gando 
a un estadio do proceso histórico da 
acumulación de capital e da división interna-cional 
do traballo onde produce menos valor, 
plusvalor e, polo tanto, tende a castigar as 
taxas de lucro e elevar o déficit financeiro dos 
Estados os que, como se olla na Unión Euro-pea, 
tamén intentan paliar recurrindo a unha 
maior explotación do traballo mediante au-mentos 
desmedidos do tempo de traballo sen 
compensación salarial, maior intensificación 
do traballo e un cúmulo de medidas de aus-teridade 
e da redución do consumo da pobo-ación” 
(Los rumbos de trabajo; Editora 
Miguel Ángel Porrúa; México) 
En calquera caso, o papel da Unión Euro-pea 
no escenario mundial non é máis que un 
reflexo lóxico da correlación de forzas e da 
súa evolución. Un proceso no que as clases 
dominantes fóronse fortalecendo en detri-mento 
do movemento popular, do move-mento 
obreiro, e das forzas de esquerda. 
Non é casual que a UE sexa o centro dos re-cortes 
sociais e democráticos, que se están a 
facer mesmo naqueles estados menos afec-tados 
pola crise e máis poderosos (como Ale-maña 
e Francia), e que nalgúns casos alente 
as posturas máis militaristas e intervencionis-tas. 
Ademais, todo indica que son cambios 
estratéxicos, e que no futuro haberá novas 
medidas regresivas. 
Este axuste entre clases e entre territorios 
abrangue ademais, da cuestión económica e 
laboral, todos os ámbitos da vida humana, 
dende o social até o militar, dende a cultura 
até a ecoloxía, dende a igualdade de xénero 
até a democracia. En poucas palabras: nin-gún 
país, actividade, e ningunha clase social 
fica á marxe desta confrontación. Polo tanto, 
é unha contradición que só se pode resolver 
no ámbito político, cunha mudanza na corre-lación 
de forzas e un cambio sistémico. E isto 
é fundamental especialmente para a periferia 
do sistema, tanto social como territorial. 
A globalización debilita a 
capacidade de presión das 
clases populares e, polo 
tanto, a democracia e os 
mecanismos de control 
institucional dos pobos. 
Non é casual que a UE sexa o 
centro dos recortes sociais e 
democráticos, que se están a 
facer mesmo naqueles estados 
menos afectados pola crise. 
11 
Milicias fascistas do denominado 
euromaidan na Ucraína.
A Unión Europea está 
asociada a un proxecto de 
control do mundo baseado 
no inmenso poder militar 
dos Estados Unidos. 
12 
O papel xeo-estratéxico da UE 
como polo imperialista 
O avance da globalización neoliberal, ou 
sexa, do capitalismo na súa etapa senil 
(como o caracteriza graficamente Samir 
Amin), non é mais ca unha nova forma de 
imperialismo, tal como se reflicte na álxida 
disputa polo reparto das áreas de influencia 
entre os Estados Unidos e os seus aliados da 
Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Ca-nadá, 
Australia, etc. e as potencias emerxen-tes, 
os chamados BRICS (Brasil, Rusia, India, 
China e Sudáfrica). Entre estas últimas hai 
que salientar a China e a Rusia, polos seus 
recursos e poder militar; por esta razón con-céntranse 
nelas os ataques do vello imperia-lismo 
(Estados Unidos e aliados). Tampouco 
fican á marxe do conflito coas potencias he-xemónicas, 
aqueles países que queren man-ter 
a súa soberanía, como Siria, Irán, e 
fundamentalmente os que integran a ALBA. 
Neste último caso, quérese evitar o exercicio 
da soberanía por estas nacións e liquidar a 
construción dun modelo económico e social 
alternativo, favorábel ás clases populares e 
de respecto aos dereitos nacionais dos pe-quenos 
países. 
Mais, o preocupante, e moi importante 
para a análise da situación actual no mundo, 
é o papel da Unión Europea. Un bloque po-lítico 
económico onde as contradicións van a 
máis, a medida que o capitalismo se desen-volve. 
Todos os datos amosan que a UE 
aposta por un sistema que aumenta arreo as 
desigualdades sociais e entre territorios, no 
que desaparecen linguas e culturas, medra a 
especulación, a economía delituosa, a co-rrupción 
e a inseguridade cidadá. Non se dá 
solución a problemas da humanidade que 
ademais se agudizan co tempo, como o eco-lóxico, 
demográfico, o esgotamento de recur-sos 
enerxéticos e materias primas, e a 
desaparición de especies vexetais e animais. 
A resposta a estas eivas e atrancos é cada vez 
menos integradora, e máis excluínte e agre-siva 
coas clases subordinadas e os países 
máis débiles e/ou dependentes. De aí que a 
militarización dos conflitos, o recurso á vio-lencia 
sistémica, a supresión de dereitos de-mocráticos 
básicos, a espionaxe global e un 
control férreo dos medios de comunicación 
de masas, vaise convertendo na resposta nor-malizada 
dun sistema só funcional aos gran-des 
poderes económicos. Nesta etapa o 
capitalismo é un sistema destrutivo que traba 
calquera solución acorde coas necesidades 
da humanidade. 
O aliñamento atlantista 
En calquera dirección que ollemos, todo 
reflicte que a Unión Europea está asociada a 
un proxecto de control do mundo baseado no 
inmenso poder militar dos Estados Unidos. O 
militarismo é o que lle permite a Washington 
axer con total impunidade, dando carta de le-galidade 
á forza económica, á agresión e á 
ocupación, esmagando as regras internacio-nais 
vixentes, construídas con tanto sangue e 
sacrificio. Tamén utiliza a espionaxe para rou-bar 
no exterior patentes e pescudar na vida 
de dirixentes políticos e sociais. E de ser ne-cesario, 
invade os países co obxecto de se 
apropiar os seus recursos ou utilizalos como 
bases xeo-estratéxicas. Véxase que no refe-rente 
á espionaxe, malia afectar a grandes 
empresas europeas e presidentes/as de go-bernos 
aliados de Washington, para alén dal-gunha 
protesta, para saír do paso diante da 
sociedade, pasou axiña a ser unha anécdota. 
Isto amosa dous aspectos da asociación entre 
os Estados Unidos e a Unión Europea: que 
para as clases dominantes europeas esta 
alianza é fundamental, e que se dá nunha re-lación 
de subordinación. 
En relación co papel da Unión Europea no 
escenario internacional, afirma Samir Amin 
(http://marxismocritico.com /2013/05/24/ 
A UE aposta por un sistema 
que aumenta as desigualdades 
sociais e entre territorios, no 
que desaparecen linguas 
e culturas, medra a 
especulación, a economía 
delituosa, a corrupción e 
a inseguridade cidadá.
Todos os países da UE, 
coinciden nunha fronte común 
no exterior, así como no 
obxectivo da desregulación 
laboral, da privatización e 
da utilización do Estado para 
favorecer os intereses das 
grandes empresas. 
13 
la-implosion-del-sistema-europeo/): “A causa 
da aparición deste imperialismo colectivo é a 
necesidade de enfrontar unidos o desafío dos 
pobos e estados periféricos de Asia, África e 
América Latina, desexosos de fuxir da súa 
subordinación. O segmento imperia lista eu-ropeo 
en cuestión involucra só a Europa occi-dental, 
cuxos estados na época moderna 
foron sempre imperialistas, posuisen ou non 
colonias, xa que teñen e sempre tiveron unha 
participación na renda imperialista. Pola con-tra, 
os países de Europa do Leste non teñen 
acceso á mesma, xa que carecen de multina-cionais 
propias. Tragáronse a ilusión de que 
teñen dereito a ela só polo seu europeísmo. Al-gunha 
vez serán capaces de desfacerse desa 
ilusión? O imperialismo, ao se ter convertido 
en colectivo e permanecendo así no futuro, 
comparte en relación ao Sur unha política 
común –a da tríada–: unha política de agre-sión 
permanente contra os pobos e os Estados 
que se atreven a poñer en cuestión o seu sis-tema 
de globalización. Este imperialismo co-lectivo 
ten un líder militar, e unha potencia 
hexemónica: Estados Unidos. Enténdase, pois, 
que nen a Unión Europea nen os seus estados 
teñen unha política exterior. Os feitos demos-tran 
que non hai máis que unha soa realidade: 
a aliñamento detrás do que Washington de-cida 
(talvez de acordo con Londres). Visto 
desde o Sur, Europa non é máis que o aliado 
incondicional de Estados Unidos.” 
Hai quen fronte á evidencia imperialista 
da Unión Europea afirma que mesmo así, trá-tase 
dun capitalismo máis humano, alterna-tivo 
ao anglo-saxón, mais a práctica amosa 
que ten na potencia norteamericana o seu 
referente económico e social (a visita de 
Rajoy a Obama para conseguir o seu respaldo 
nos axustes que está a facer é clarificadora). 
Evidentemente iso non quere dicir que non 
existan diverxencias, mesmo confrontación 
de intereses, mais no fundamental forman 
un bloque común, tanto para frear o multila-teralismo 
(especialmente o ascenso de China 
e Rusia), como para agredir as nacións máis 
débiles que pretendan desenvolver políticas 
soberanas e un modelo económico e social 
alternativo (os casos de Siria, Venezuela e 
Cuba son de manual). 
Tampouco hai unha actitude diverxente, 
para alén de matices, entre a UE e os Estados 
Unidos en relación á globalización neoliberal 
e como tratar os bloques alternativos como a 
ALBA, e moito menos en relación ao modelo 
económico e social polo que se debe apostar. 
Todos os países da UE, coinciden nunha fronte 
común no exterior, así como no obxectivo da 
desregulación laboral, da privatización e da 
utilización do Estado para favorecer os intere-ses 
das grandes empresas. E escenifícanse 
cada vez menos as contradicións, para tirar 
vantaxes na mesa de negociación a favor dos 
grupos de poder europeos. 
É a UE unha potencia 
imperialista? 
Gloria Teresita Almaguer, analista do 
Centro de Estudos Europeos de Cuba, debu-llaba 
nun artigo o papel da Unión Europea 
no contexto internacional, e preguntábase se 
era ou non unha potencia imperialista, dando 
os seguintes argumentos (http://www.rebe-lion. 
org/noticia.php?id=174993):
14 
“– Como interpretar senón, que fose preci-samente 
na década dos 70, cando a Unión Eu-ropea 
decidiu institucionalizar a gran escala 
as súas relacións coas súas ex colonias en todo 
o mundo, creando para iso o Grupo África, 
Caribe, Pacífico? Lémbrese que daquela, o 
planeta enfrontábase a unha aguda crise, con 
significativos impactos a escala global e en 
consecuencia nos propios Estados do bloque, 
¿non foi esta acción unha manobra estratéxica 
para asegurar posicións? 
– Como comprender cabalmente que fose 
xustamente na década dos 90 cando a Unión 
Europea iniciou un maior achegamento á 
América Latina, se non se toman en conside-ración 
as extraordinarias transformacións que 
desde finais dos 80 viñan producíndose na xe-opolítica 
mundial, e a necesidade dun reposi-cionamento 
estratéxico dos grandes poderes 
imperiais? 
– Como explicar que no 2006 a UE botase a 
andar unha moi agresiva “Estratexia de Com-petitividade” 
baseada nunha moi discutíbel e 
verdadeiramente falaz liberdade comercial con 
todos os seus “socios”, se non se analiza a si-tuación 
interna do bloque e a urxente necesi-dade 
de elevar os niveis de crecemento e 
emprego para evitar o agora moi evidente des-contento 
social dos seus poboadores? De facelo 
desde esta perspectiva, resulta evidente que non 
se trata máis que dunha estratexia imperialista 
de reposicionamento. 
– Como entender con toda claridade a ur-xencia 
da UE por impulsar os “Acordos de Aso-ciación 
Económica”, enténdase Tratados de 
Libre Comercio con todas as rexións, subrexións 
e nacións específicas do “Sur xeopolítico” se 
non se soubese da ameaza que supón para os 
seus intereses imperiais a, ate dagora, des-feita 
da Rolda de negociacións multilaterais 
de Doha? 
– Como explicar o “Plan de Actuación da 
Unión Europea en prol da seguridade e a so-lidariedade 
no sector da enerxía”, aprobado 
en novembro do 2008 no contexto da “Se-gunda 
Revisión Estratéxica” do devandito sec-tor, 
que proxecta o estabelecemento de fortes 
vínculos cos principais Estados e rexións pro-dutoras 
ou coas maiores reservas enerxéticas 
de todo o mundo, se non se parte da vulnera-bilidade 
que nesta esfera presenta o bloque? 
– Como interpretar o papel de acompaña-mento 
da Unión Europea a EE.UU. na súa es-calada 
de agresións no norte de África e no 
Medio Oriente, o seu incentivo á desestabili-zación 
nas eufemisticamente chamadas “pri-maveras 
árabes”, o seu papel na horrenda e 
inxustificada agresión a Libia, as súas san-cións 
a Irán, a súa nefasta actuación contra 
Siria? Son casuais estes actos ou responden 
aos intentos de recolonizar e manter a domi-nación 
sobre os valiosos e case incalculábeis 
recursos naturais estratéxicos destas rexións? 
– Como xustificar o silencio do liderado do 
bloque, enténdase Consello, Comisión e Par-lamento 
Europeo, así como a Alta Represen-tante 
para a Política Exterior, Catherine 
Ashton, ante a ofensiva agresión de varios Es-tados 
membros ao Presidente Evo Morais? Su-cedería 
o mesmo de se tratar de Barack 
Obama? Non son acaso, accións propias 
dunha vocación imperial dos devanditos Esta-dos 
contra un dos países máis saqueados na 
época colonial, e contra o primeiro presidente 
indíxena dunha América Latina que hoxe se 
resiste cada vez máis a ser tratada como patio 
traseiro de ningún Imperio trasnoitado? 
– É Imperialista a UE? Seguramente nin o 
seu propio liderado se atreve a dubidalo, e 
aínda que moito se empeñe en agochalo, son 
moi poucos aos que pode confundir...” 
Polo tanto, tendo en consideración o ca-rácter 
imperialista da Unión Europea e as 
súas consecuencias, tanto no exterior como 
no interior, e todo indica que esta será a ten-dencia 
dominante no futuro, é fundamental 
para o pobo galego responder correctamente 
algunha pregunta. É posíbel, con estas regras 
de xogo neoliberais e as que se irán acumu-lando, 
evitar que as nacións periféricas (espe-cialmente 
as que carecen de estado propio) 
sigan perdendo peso económico, poder polí-tico, 
e identidade cultural e lingüística?
15 
A moeda única: orixe e crise actual 
Que é o euro? 
O euro é a moeda única adoptada pola 
Unión Económica e Monetaria (UEM) que se 
emprega na chamada eurozona. A mesma 
está integrada fundamentalmente por países 
da Unión Europea máis tamén por outros 
que non fan parte desta. O euro fica regu-lado 
polo Sistema Europeo de Bancos Cen-trais 
(SEBC), baixo dirección do Banco 
Central Europeo (BCE), con sede en Ale-maña, 
que é a instancia facultada para fixar 
a política monetaria común. 
Dos 28 Estados que integran actualmente 
a UE, só 18 renunciaron á sua moeda pro-pia 
para converxer no euro. Son Alemaña, 
Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslove-nia, 
o Estado español, Estonia, Finlandia, 
Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lu-xemburgo, 
Malta, Países Baixos e Portugal. 
Canda estes, engádense outros seis Estados, 
non integrados na UE, como son Andorra, 
Mónaco, San Mariño, Cidade do Vaticano, 
Montenegro e Kosovo. En total son 24 os Es-tados 
do continente europeo no que o euro 
é a moeda corrente. 
Está previsto que outros 7 territorios poi-dan 
adoptar no futuro a moeda única: Litua-nia 
(despois de 2015), Polonia, Romanía e 
Bulgaria (despois de 2016); República Checa 
(despois de 2017); Hungría (despois de 2020) 
e Suecia (sen data). Dinamarca e Reino Unido 
teñen cláusulas de exclusión, polo que non 
prevén adoptar o euro. 
Como e para que nace a 
moeda única? 
Se ben o acordo polo euro estabeleceuse 
no Tratado de Maastritcht 1992, subscrito 
por doce países (entre eles o Estado español), 
o proxecto de moeda única na CEE ten a súa 
orixe na década dos anos 70. O 15 de de-cembro 
de 1995 os Estados que daquela fa-cían 
parte da UE acordan definitivamente a 
creación da moeda común baixo a denomi-nación 
euro. 
ECU (European Currency Unit) foi o nome 
que adoptou o sistema de conversión entre 
as moedas que se acabarían por unificar no 
euro. O 1 de xaneiro de 1999 entra en vigor, 
mais unicamente a efectos de anotación e 
transferencias. Será o primeiro día do ano 
2002 cando se poña en circulación efectiva 
coa emisión de billetes e moedas, cos que se 
substitúen as anteriores moedas estatais. 
Nesa altura o euro cambiábase por 0,90 dó-lares 
norteaméricanos. En apenas 6 meses o 
euro sobrepasaría a paridade co dólar, diná-mica 
que se mantén no tempo. O seu má-ximo 
histórico foi en xullo de 2008 cando un 
euro atinxía equivalencia por importe de 1,59 
dólares. 
A posta en marcha da moeda única co-rrespóndese 
coa terceira fase coa que cul-mina 
a Unión Económica e Monetaria, que 
representa a integración de varios Estados 
para promover a liberdade de circulación de 
mercadorías, servizos, persoas e capitais. 
Mais, no concreto para que nace a 
moeda única? Para dar resposta a esta cues-tión 
o economista portugués, Pedro Car-valho, 
apunta que se deben ter presentes 
dúas cuestións fundamentais:  Primeiro, que 
o Euro e a União Económica Monetária não 
são instrumentos neutros, são instrumentos 
de classe, enquadrados no processo de classe 
que constitui a União Europeia ao serviço do 
grande capital e das grandes potências eu-ropeias. 
É necessário lembrar que este pro-cesso 
teve sempre o apoio activo das grandes 
confederações patronais europeias represen-tadas 
na UNICE e na ERT (mesa redonda dos 
industriais europeus), Segundo que o Euro e 
a União Económica e Monetária não são 
uma necessidade económica objectiva, mas 
sim uma decisão política no contexto da in-tegração 
[capitalista] no quadro da União 
Europeia1. 
Profundando a respecto dos obxectivos que 
persigue a posta en circulación do euro, Car-valho 
acrecenta que esta nova moeda visa 
principalmente [sacralizando o objectivo da 
estabilidade dos preços] promover a modera-ção 
salarial, reduzir [conter o crescimento] 
dos salários reais e garantir a transferência 
dos ganhos de produtividade para o patronato 
[é bom lembrar que o crescimento dos salários 
reais médios na zona Euro passou de 1,2% na 
década de 1990, para 0,4% desde 2000, tendo 
a produtividade do trabalho sido superior, o que 
implicou uma redução de 8,4% nos custos uni-tários 
do trabalho reais], engrossando os seus 
1 CARVALHO, Pedro.  Reflexões sobre o Euro e seu impacto para Portugal; ODiario.info. 23/11/2006 
O Euro e a União Económica 
Monetária não são instrumentos 
neutros, são instrumentos de 
classe, enquadrados no 
processo de classe que constitui 
a UE ao serviço do grande 
capital opina Pedro Carvlho. 
Felipe González asinando o 
Tratado de Maastritcht.
lucros [é bom lembrar que o peso dos lucros 
na repartição do rendimento na União Euro-peia 
atingiu o seu máximo nos últimos 25 
anos]2. 
Desta maneira para o autor o Euro serve 
os interesses do grande capital - das grandes 
empresas multinacionais europeias - ao re-duzir 
os seus custos de internalização e inter-nacionalização 
dos mercados e permitir 
uma maior unificação do mercado interno, 
garantido às grandes empresas multinacio-nais 
um acesso mais fácil [e com menores 
custos] aos mercados nacionais de cada Es-tado- 
membro3. 
O papel do euro na crise 
Os efectos que está a producir a actual 
crise sistémica, quer en termos económicos 
quer en termos sociais, teñen contribuído a 
abrir e estender socialmente o debate a res-pecto 
do papel que xoga o euro e mesmo 
sobre a conveniencia de abandonar a moeda 
única. Para o economista Jacques Sapir  a po-lítica 
económica conducida pola UE desde 
2009 (e en realidade mesmo desde o 2000 
na zona euro) é causa do fraco crecemento 
europeo e da súbida astronómica do desem-prego 
na Grecia, no Estado español, en Por-tugal, 
e tamén en Italia e Francia4. Unha 
opinión partillada tamén por Maurice Decai-llot 
quen asegura que a acentuación brutal 
polo euro da concorrencia na Europa mer-cantil 
[na Europa dos capitais] aumentou for-temente 
en cada país os desequlibrios sociais 
e, de modo cada vez máis visíbel, cavou fosos 
entre os diferentes países5. 
Asemade, a reacción das institucións co-munitarias, 
da chamada Troika, fronte esta 
realidade en troca de a resolver tería agra-vado. 
Así o denuncian os economistas Costas 
Lapavitsas e Heiner Flassbeck, para quen as 
medidas de axuste simétrico (recortes sala-riais 
e deflación nos países debedores e sen 
cambios en Alemaña) que se están a imple-mentar 
na UEM parten da asunción de que 
Alemaña, o principal país acredor, aplicou as 
políticas axeitadas e de que os países debe-dores 
o fixeron todo mal6. 
Isto estaría a agudizar as contradicións 
centro-periferia que para Pedro Carvalho son 
intrínsecas ao propio proceso de construción 
europea e nomeadamente á posta en mar-cha 
do euro. Uma política monetária única 
não pode dar resposta às necessidades dife-renciadas 
de 12 [13 com a adesão à zona 
Euro da Eslovénia em 2007] economias dife-rentes, 
com níveis diferenciados de desenvol-vimento 
económico e social, com estruturas 
produtivas diferentes, com opções políticas e 
culturas administrativas diferentes, porque 
estas implicam respostas de política econó-mica 
e monetária diferenciadas. Quanto mais 
para 25 economias [27, com a Bulgária e a 
Roménia, em 2007], onde o alargamento da 
UE, se traduziu no crescimento das dispari-dades 
económicas, sociais e regionais. Esta 
política única irá sempre responder às neces-sidades 
das grandes potências7 asegura. 
Saír do euro? 
Até cinco premios nobel de economía va-loran 
para os países do Sur de Europa a hi-pótese 
de abandonar a moeda única como 
unha decisión que sería positiva para o com-bate 
da crise. Un deles, Paul Krugman, mós-trase 
certo de que se está a achegar un 
momento da verdade no que se terá que 
producir un grande cambio na política da 
zona euro ou planificar unha ruptura da 
moeda única. Krugman sostén que o Estado 
español estaría en mellor situación de non 
ter adoptado o euro. O sociólogo Vicenç 
Navarro insírese no crecente grupo de ex-pertos 
con posicións claramente cuestiona-doras 
do euro, e advoga porque se abra un 
debate no Estado español sobre o mérito ou 
demérito de saír do euro8. 
Desde Portugal, para Octavio Teixeira 
hoje é uma evidência que a União Monetá-ria 
fracassou (como não poderia deixar de 
ser) e se transformou num instrumento de re-gressão 
económica e social, que a zona Euro 
reduz o poder de compra dos trabalhadores, 
restringe os seus direitos sociais, promove a 
intensificação do trabalho e o desemprego, 
degrada os serviços públicos e condena paí-ses, 
como Portugal, à miséria9. 
Consello Europeo celebrado en 
Madrid en 1995. 
16 
2 Ibidem 
3 Ibidem 
4 SAPIR, Jacques. Saír do euro; Terra e Tempo. 27/04/2014 
5 DECAILLOT, Maurice. Sair do euro, para sair do capitalismo; Resistir.info. 13/08/2013 
6 LAPAVITSAS, Costas et FLASSBECK, Heiner. A crise sistémica do euro, as verdadeiras causas e as terapias 
efectivas; Revista Terra e Tempo, xullo 2012 - xuño 2014. 
7 CARVALHO, Pedro.  Reflexões sobre o Euro e seu impacto para Portugal; ODiario.info. 23/11/2006 
8 NAVARRO, Vincenç. Saír do euro; Avantar. 05/11/2013 
9TEIXEIRA, Octavio.  A permanência no Euro não é um desastre irreversível; ODiario.info. 01/03/2013 
Para Maurice Decaillot a 
acentuación brutal polo euro 
da concorrencia na Europa 
mercantil aumentou 
fortemente en cada país os 
desequlibrios sociais e, de 
modo cada vez máis visíbel, 
cavou fosos entre os 
diferentes países
A opacidade sobre a 
negociación do TLC entre a 
UE e os EEUU contrasta coa 
campaña mediática para 
xerar un ambiente favorábel 
ao acordo. 
17 
Un TLC entre EE.UU. e a UE para 
máis neoliberalismo 
Hai case que un ano, en xuño de 2013, 
aproveitando a reunión do G-8 en Lough 
Erne (Irlanda do Norte), os Estados Unidos e 
a Unión Europea anunciaron oficialmente as 
negociacións dun Tratado de Libre Comercio 
(TLC). Esperan que o chamado Acordo 
Transatlántico sobre Comercio e Investi-mento 
(Transatlantic Trade and Investment 
Partnership) estea concluído nesta primavera 
e plenamente vixente no ano 2015. O pri-meiro 
que chama a atención é que as reu-nións 
e temas a debate sexan practicamente 
un segredo. Segundo a activista Susanne 
Schuster: As negociacións son segredas para 
impedir aos pobos descubrir o que verdadei-ramente 
está en xogo. Por outro lado, 600 
conselleiros oficiais das grandes empresas 
dispoñen dun acceso privilexiado a estas ne-gociacións 
para forxar o seu punto de vista. 
A opacidade sobre a negociación deste 
TLC contrasta coa pingueira de noticias e 
análises para xerar un ambiente favorábel a 
este acordo comercial, nos que se sacraliza o 
libre mercado. Tal é o caso do estudo da Fun-dación 
alemá Bertelsmann no que se asegura 
que o TLC axudará a criar entre 277.000 e 
máis dun millón de postos de traballo nos Es-tados 
Unidos, e varios centos de milleiros na 
Unión Europea. Para o Estado español augu-ran 
que se xerarán entre 36.000 e 143.000 
empregos. Non din en que sectores, pasando 
por alto que, para que se cumpran estas pre-visións 
débense substituír na UE e nos USA 
importacións de terceiros países, esquecendo 
que este tipo de acordos tamén existen con 
outros estados. Algúns medios falan da ex-portación 
de automóbiles substituíndo impor-tacións 
de México. Mais, non semella un 
obxectivo tan doado cando non o logrou por 
exemplo este TLC con respecto a Corea do 
Sur, unha potencia no sector. 
As consecuencias do TLC 
Sobre o TLC transatlántico dinos Vicenç 
Navarro, tomando como referencia o NAFTA 
(entre Estados Unidos, México e Canadá): 
“destruíronse empregos tanto nos EE.UU. 
como en México (...) favoreceu empresas moi 
grandes, moi influíntes de Washington e da ci-dade 
de México. Porén danou as clases popu-lares 
(...) Tal experiencia repetiuse en todos os 
casos de TLCs (...) O TLC prohibirá os mono-polios 
dos servizos públicos, como a sanidade 
(...) todo iso co fin da “necesaria” competitivi-dade 
e libre comercio”. Hai valoracións que 
destacan que este TLC non se pode considerar 
un acordo comercial máis, xa que condicio-nará 
a economía e os investimentos, a cultura 
e a sociedade de todos os Estados da UE. Iso 
é o que afirma Raoul Marc Jennar, nunha va-loración 
sobre o documento base da negocia-ción: 
“Contrariamente ao que contan os 
vendedores de fume de todas partes, no TLC 
trátase moi pouco de comercio. Hai moito de 
elección de sociedade, de estilos de vida, de 
preferencias colectivas que son produto do
Os intercambios comerciais 
entre Galiza e os Estados 
Unidos non son significativos, 
e representan entre o 2 e o 
5% do total de cada ano. 
O TLC trasatlántico é o último 
paso para que a UE se integre 
definitivamente na área de 
control de Washington. 
18 
combate que houbo nos nosos países, ao 
longo dos dous últimos séculos, nos ámbitos 
políticos, sociais, sanitarios e ecolóxicos”. 
Daniel Vaz de Carvalho analizando as 
consecuencias deste acordo (o Tratado de 
Livre Comercio EUA-UE: a grande galopada, 
Resistir.info) realiza a seguinte apreciación: 
“Se um país recusar produtos alimentares dos 
EUA com aditivos, hormonas, originários de 
OGM poderá ser penalizado: estará a pôr en-traves 
ao comércio livre. Democracia, crité-rios 
de saúde e regulamentação alimentar 
que cada Estado deveria poder definir se-gundo 
critérios próprios conforme a decisão 
dos seus cidadãos –assim se construiu e cons-trói 
o progresso – serão não apenas conside-rados 
nulos, mas poderão obrigar a pagar 
indemnizações como lucros que determinadas 
empresas alegarão ter deixado de receber (...) 
Um Estado pode ser acusado e processado 
por lhe pôr entraves ao livre comércio ou a 
investimentos, designadamente por normas 
de controlo sanitário, de qualidade, de biodi-versidade, 
ecológicas. A resolução de qual-quer 
litígio não é entregue a Tribunais 
soberanos nacionais, mas fica a cargo de um 
organismo dito regulador ou regulamentar 
(...)um tribunal dominado por uma pequena 
clique de advogados de negócios poderá lan-çar 
o anátema sobre Estados ou instâncias 
que infrinjam as disposições do acordo”. Dis-tintos 
analistas fan mención a casos nos que, 
sustentándose nestes TLCs, en caso de litixio, 
varias corporacións xa demandaron a países 
como Uruguai e Australia, ou a un Estado 
como Quebec, no Canadá, esixíndolle com-pensacións 
multimillonarias. 
No referente ao noso país, os intercam-bios 
comerciais da Galiza cos Estados Unidos 
non son hoxe significativos (representan só o 
2-5% do total segundo o ano), porén como 
aconteceu noutros acordos semellantes o 
crecemento posterior pode ser exponencial 
(véxase o caso de México e Colombia e as 
súas consecuencias). Asemade, non se pode 
ignorar que dos últimos trece anos, oito 
teñen un saldo negativo para o noso país, e 
que os USA son unha gran potencia agrícola 
e gandeira (moi subsidiada), detentan o mo-nopolio 
das sementes (Monsanto), e son os 
maiores exportadores do mundo. Estes son 
sectores estratéxicos para Galiza, no ámbito 
económico e do emprego, mais tamén en as-pectos 
de tanta transcendencia como o cul-tural 
e identitario. Sería moi inocente pensar 
que, con novas supresións de aranceis e a 
modificación das normativas internas no re-lativo 
ás esixencias de calidade e as draco-nianas 
garantías aos investidores, todo vai 
seguir coma hoxe. 
O TLC transatlántico é o último paso para 
que a UE se integre definitivamente na área 
de control de Washington; aínda que hai 
tempo que falar da existencia dun proxecto 
europeo é pura fantasía. Non é casual que 
malia a espionaxe masiva dos Estados Unidos 
aos seus aliados na OTAN, para alén dalgún 
anoxo nos medios, co obxectivo de aparentar 
dignidade, esta grave inxerencia non tivese 
ningunha consecuencia práctica. As compli-cidades 
son cada vez máis evidentes, e como 
exemplos temos o papel da UE en Libia, Siria, 
a retención do avión do presidente Evo Mo-rales, 
o golpe de Estado en Ucraína, e o que 
acontece con Venezuela, etc. 
A gran burguesía europea ten moitos in-tereses 
comúns coa norteamericana, depre-dando 
e sometendo a terceiros países e 
confrontando coas potencias dos BRICS, gra-zas 
á hexemonía militar do Pentágono. Para 
as potencias dominantes, os TLCs, a globali-zación, 
axudan a eliminar competidores. Iso 
non quere dicir que cada Estado deste impe-rialismo 
atlantista, desta alianza neoliberal, 
non intente conseguir unha posición máis 
vantaxosa e que lle afecten negativamente 
algunhas medidas. 
Agora ben, o que beneficia aos grandes 
grupos económicos e fortunas, de ambas 
partes do Atlántico, demostrouse desvanta-xoso 
para as clases populares (como se com-proba 
nos propios Estados Unidos) e abafa 
aos países máis débiles, ou que carecen de 
soberanía, como Galiza. Pensemos nas con-secuencias 
da plena integración económica da 
nosa nación no mercado do Estado español e 
da Unión Europea, e teñamos a seguridade de 
que é máis do mesmo, multiplicado. Non é 
como para ignoralo.
O desenvolvemento do proceso de cons-trución 
europea, así como a súa regulación 
normativa a través de diferentes tratados e 
dun proxecto constitucional fracasado, estivo 
marcado por unha permanente tensión a res-pecto 
da capacidade de decisión. Cal foi o 
impacto na soberanía exercida polos Estados 
da súa pertenza á UE? O catedrático de De-reito 
Constitucional da Universidade de 
Oviedo, Benito Aláez, responde que “tras a 
creación da Unión Europea non cabe dúbida 
de que a soberanía dos Estados membros, non 
xa política senón principalmente xurídica, vese 
determinantemente afectada polo proceso de 
integración Europea até cotas nun principio 
pouco imaxinábeis”1. O mesmo autor asegura 
que “tanto o dogma da soberanía popular (...) 
como o contido do principio democrático 
poden verse afectados cando o ordenamento 
xurídico abre as súas portas á creación nor-mativa 
desde órganos e conforme a procede-mentos 
que o mesmo non creou (...).”2 
A propia arquitectura política, institucio-nal, 
xurídica e económica da UE, ou o que é 
o mesmo o deseño da propia Unión neses 
termos, colida co exercicio pleno e efectivo 
da soberanía polos propios Estados. Unha di-námica 
agravada no marco da vixente crise, 
como exemplifica o feito de que de 2008 a 
2010 o Estado español aumentase o seu en-debedamento 
por volta de 122.000 millóns 
de euros para costear a débeda, atendendo 
criterios marcados pola Troika. Ou a reforma 
expréss da Constitución española, pactada 
por PP e PSOE, para atribuíren prioridade 
absoluta ao pagamento da débeda e dos 
seus xuros. Prelación que motivou e motiva 
as sucesivas vagas de recortes en materia de 
dereitos sociais e servizos públicos esenciais. 
No caso europeo engádese a singulari-dade 
de que os efectos limitantes sobre a so-beranía, 
antes enunciados, proveñen dunha 
instancia, a Unión Europea, que non é nin 
unha organización internacional nin un Es-tado. 
En opinión da profesora da Universi-dade 
do País Vasco, Jasone Astola 
Madariaga, achámonos perante “un proceso 
de formación dunha nova estrutura xurídico 
política”3, que ten a capacidade de “crear de-reito 
obrigatorio para os seus membros”4. 
Unha instancia que non se pode definir como 
federal, por mor da “inexistencia dun pacto 
social ao respecto, como consecuencia, de 
que non existe un pobo europeo, debido á 
falta de homoxeneidade entre os europeos.”5 
O deseño da UE colida co 
exercicio efectivo da soberanía 
polos propios Estados. 
19 
Soberanía nacional e popular 
dentro da UE? 
1 ALÁEZ CORRAL, Benito. “Soberanía constitucional e integración europea” 
2 ALÁEZ CORRAL, Benito. “Soberanía constitucional e integración europea” 
3 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación 
democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.204 
4 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación 
democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.205 
5 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración 
europea”, p.224
20 
Primacía do dereito 
comunitario sobre a 
lexislación dos Estados 
Que significa no concreto a soberanía? 
Para Astola Madariaga esta ten dúas mani-festacións, 
“unha interna, é dicir a capacidade 
de cada pobo de organizarse politicamente 
sen inxerencias exteriores; e outra externa, é 
dicir, a posibilidade dun Estado organizado de 
iniciar e manter relacións diplomáticas e de 
toda orde con outros Estados e suxeitos inter-nacionais 
(...)”6 
Neste senso a primacía do dereito comu-nitario 
fronte a propia lexislación dos Estados, 
así como a existencia dun marco competen-cial 
exclusivo para a UE (explicado breve-mente 
no apartado deste caderno referido 
ao funcionamento da Unión), é unha das 
principais trabes do crecente proceso de ce-sión 
de soberanía cara as institucións euro-peas. 
A este respecto a tese sostida por 
autores como Ophüls, Catalano e Lagrange, 
é de que esta primacía supón a substitución 
dos Dereitos estatais polo Dereito Comuni-tario. 
Unha substitución que fica verificada 
pola responsabilidade subsidiaria imposta 
aos estados na aplicación do Dereito Comu-nitario 
sendo susceptíbel de seren sanciona-dos 
por incumprimento do mesmo. 
Cesión de soberanía 
Malia existir discusión a respecto de se o 
crecente traspaso competencial supón a re-nuncia 
do exercicio da soberanía, o certo é 
que como apunta Ignasi Meda “a globaliza-ción 
[neoliberal] obrigou os vellos Estados a 
ceder unha parte das súas competencias a 
novas estruturas ‘supraestatais’”7 
Unha cesión que lonxe de ficar culminada 
continúa en pleno desenvolvemento, alen-tada 
por unha ofensiva desde as institucións 
comunitarias que vai camiño de configurar a 
UE nunha caste de “SuperEstado” que, 
porén, carece de suxeito popular, de pobo. 
“A Comisión Europea será un día o Goberno e 
o Parlamento Europeo o lexislativo” para todo 
o territorio da Unión, afirmaba en novembro 
de 2013 a chanceler alemá, Angela Merkel. 
De feito, a crise da débeda rexistrada en 
diferentes Estados da UE, entre eles o espa-ñol, 
así como a crise específica que padece a 
moeda única, están a marcar a pauta dun 
proceso de “integración” que resultará nunha 
maior cesión de soberanía, nomeadamente 
de carácter económico. Así, á soberanía mo-netaria 
cedida ao adoptar o euro como 
moeda, engadirase a cesión de maiores 
cotas de soberanía fiscal (a través dos proce-sos 
de armonización rumo a un sistema fiscal 
unificadado), orzamentaria (sometendo as 
6 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación demo-crática 
de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.202 
7 MEDA, Ignasi. “El declive de la soberanía nacional”
A transferencia de 
competencias, centralizándoas 
na Unión, supón unha dupla 
negación de soberanía naquelas 
nacións que carecen de Estado 
de seu –como Galiza– xa que 
ven furtada a súa capacidade 
de decisión propia, tanto polos 
Estados nos que fican 
forzosamente encadradas, 
como por Bruxelas. 
21 
administracións públicas dos Estados ao con-trol 
de institucións supraestatais e coa impo-sición 
de parámetros económicos, como o 
límite do déficit e a débeda), e tamén en ma-teria 
de regulación, no que atinxe precisa-mente 
á fixación de normas nos mercados 
regulados e cun indisimulado pretenso dunha 
maior “liberalización” dos mesmos. O Presi-dente 
do Banco Central Europeo, Mario 
Draghi, confirmaba esta folla de ruta ao afir-mar 
en outubro de 2012 que “para restaurar a 
confianza na eurozona, os países deben trans-ferir 
parte da súa soberanía a nivel europeo”. 
A transferencia de competencias, centra-lizándoas 
na Unión, supón unha dupla ne-gación 
de soberanía naquelas nacións que 
carecen arestora dun Estado de seu –como 
Galiza– xa que ven furtada a súa capacidade 
de decisión propia tanto polos estados nos 
que fican forzosamente encadradas como 
por Bruxelas. Amais a vixente realidade nos 
Estados xa constituídos motiva o cuestiona-mento 
a respecto da viabilidade –en termos 
de capacidade autogoberno efectivo– de 
propostas e procesos soberanistas en nacións 
sen Estado que aspiran a se culminar no seo 
da UE, mantendo a súa pertenza a esta. 
Asemade, esta cesión non é neutra en re-lación 
á dialéctica da loita de clases, que 
confronta os intereses do Capital dominante 
e das clases traballadoras explotadas. O eco-loxista 
e autor do libro “Goberno Mundial”, 
Esteban Cabal afirma neste senso que non 
se está a producir apenas unha cesión de so-beranía 
“cara a Alemaña”, como habitual-mente 
se simplifica, senón que asistimos a 
“un proceso no que todos os Estados, incluída 
Alemaña, ceden soberanía ás corporacións 
[transnacionais, que son as que na súa opi-nión 
'gobernan realmente o mundo' capita-lista] 
consolidando un modelo cada vez máis 
parecido ao dos EUA”. Un proxecto que Cabal 
insire na denominada “Nova Orde Mundial”. 
Falla de lexitimidade 
democrática 
Para alén do máis, o proceso de integra-ción 
que inviabiliza o exercicio efectivo da so-beranía 
e que forza a súa cesión en beneficio 
das institucións comunitarias, estase a des-envolver 
cunha practicamente nula lexitimi-dade 
democrática. Un proceso que para 
Manuel Fondevila “opera segundo o principio 
de ‘todo para o pobo, mesmo contra o pobo’8 
radicalizando –por acción do neoliberalismo– 
a máxima montesquiana (“todo para o pobo, 
pero sen o pobo”). 
8 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.236
Unha falencia que novamente non cons-titúe 
unha disfunción, como sosteñen os de-fensores 
da UE, senón que obedece ao 
deseño político sob o que se desenvolve his-toricamente 
a construción europea.Tal e 
como sinala a profesora Jasone Astola, “a 
distancia entre as institucións comunitarias e 
os pobos dos Estados que forman parte da 
Unión foi consubstancial ao propio proceso de 
integración”9 . Feito que estaría motivado en 
que “podería ser que se o proceso de inte-gración 
tivera sido democrático o máis pro-bábel 
é que non comezase”. Unha realidade 
que é cada vez máis percibida socialmente, 
como demostra o aumento en 10 puntos, até 
o 75%, na desconfianza cara á UE na cida-danía 
do Estado español nos últimos seis 
anos, segundo recolle o eurobarómetro. 
Datos equivalentes rexistráronse na en-quisa 
realizada en maio de 2013 polo think 
tank europeísta “Foro Europa Ciudadana”. 
Os resultados recollían que o 72,5% das per-soas 
enquisadas relacionan a UE con buro-cracia, 
fronte apenas o 43,8% que o fai con 
democracia. O 72% dos e das entrevistadas 
opinou que a grande cantidade de leis co-munitarias 
son unha traba para a creación 
de emprego e o desenvolvemento das em-presas 
e preto do 90% reclamaron un maior 
peso da cidadanía nas decisións políticas e 
económicas da Unión. 
22 
8 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración 
europea”, p.236 
9 ASTOLA MADARIAGA, Jasone “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación 
democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.209
A incorporación á UE 
consolidou e acelerou a 
centralización e concentración 
da riqueza e do poder, en 
prexuízo das clases sociais e 
dos territorios máis débiles, 
e recreou o carácter periférico 
de Galiza. 
O movemento nacional-popular 
galego definiu moi cedo 
con toda claridade o que 
representaba a Unión Europea. 
23 
O papel da Galiza na Unión 
Europea e na zona euro 
Non se sostén botarlle toda a culpa á 
Unión Europea a respeito das eivas e atran-cos 
que padece Galiza. Mais, sendo o noso 
un país costeiro e con tantas potencialidades, 
non ten xustificación que non supere o atraso 
secular, e continúe a perder peso económico 
e demográfico, e riqueza cultural, nas últimas 
décadas. O proceso que orixinou o subde-senvolvemento 
é anterior e nace da conquista 
polo Reino de Castela e da forzosa depen-dencia 
colonial. Mais, resulta evidente que a 
incorporación á UE consolidou e acelerou a 
centralización e concentración da riqueza e 
do poder, en prexuízo das clases sociais e dos 
territorios máis débiles, e polo tanto recreou 
o carácter periférico de Galiza. 
A histórica oposición do 
nacionalismo galego 
Esta é unha conclusión evidente hoxe 
para calquera que realice unha mínima aná-lise 
critica dos feitos, e que xa fora asumida 
polo movemento nacional-popular galego 
(mnpg) cando encetou a negociación para a 
integración entre o Goberno central e a Co-munidade 
Económica Europea. Unha valora-ción 
que se concretaba na consigna: 
“Mercado Común Europeo, Ruína do Pobo 
Galego”. Non todas as forzas do naciona-lismo 
galego facían esta análise ao conside-raren 
que, sendo a UE constituída por 
“democracias avanzadas” permitirían un 
maior grao de liberdade colectiva e individual 
e progreso social. As súas teses eran coinci-dentes 
coas da esquerda estatal, represen-tada 
maioritariamente polo PSOE e PCE. 
O movemento nacional-popular galego 
definiu moi cedo con toda claridade o que 
representaba a Unión Europea, como se re-flicte 
no seguinte texto publicado no xornal 
Terra e Tempo, órgano da UPG, do 15 de 
agosto de 1977, cando afirma: “cando se 
fala de entrar na Europa comunitaria, estase 
a falar da entrada na Europa dos monopolios. 
É por isto que... a burguesía monopolista do 
Estado Español está interesada en entrar no 
Mercado Común. A partir deste entramado po-lítico, 
estase conformando unha zona xeográ-fica 
no Estado Español, abranguendo o 
cuadrante nordeste da península, coa inclusión
24 
de Madrid, de características moi similares á 
Europa desenvolvida que vai ser defendida e 
potenciada á hora do Ingreso no Mercado 
Común. O prezo desta operación política re-caerá, 
sen paliativo posíbel en zonas xeográfi-cas 
que pola súa estrutura económica e de 
clase sexan marxinais e sen perspectivas pra o 
capital monopolista español” 
No Terra e Tempo do 15 de febreiro de 
1978 valorábase moi criticamente a postura 
que tiña o PCE en relación coa UE: “baixo o 
disfrace eurocomunista, está a visión euro-céntrica 
do mundo. Na medida en que soñan 
con facer de Europa a terceira gran potencia, 
idealmente plantexada como unha alternativa 
antibloques, parécelles moi ben o Mercado 
Común, non cuestionando o seu carácter im-perialista, 
tanto respecto ao chamado Terceiro 
Mundo como no tocante ás nacións asoballa-das 
de Europa Occidental” 
Non a Maastritcht e á 
“Constitución” europea 
As forzas maioritarias da esquerda estatal 
puñan, cunha inocencia inaceptábel, a Acta 
Única como exemplo de cambio. Esta foi asi-nada 
en febreiro de 1986 e significou un 
paso máis na chamada construción da 
Unión, transformando o MCE na Unión Eu-ropea. 
Esta terá novas competencias no re-lativo 
a: cohesión económica e social, 
investigación e desenvolvemento tecnolóxico, 
e medio ambiente. Eran enunciados moi 
sentidos polos movementos populares, mais 
que serviron de envoltorio para unha nova 
dose de concentración e centralización da ri-queza 
e do poder nos monopolios e países 
máis poderosos. Non se mudaban as bases 
do sistema, nin se democratizaba o reparto 
do poder, nin se cuestionaba a dependencia 
político-militar de Washington. O Estado es-pañol 
e Portugal integráronse o 1 de xaneiro 
de 1986 na Unión. A acta tería vixencia 
dende xullo de 1987 e pretendía unificar o 
mercado interior antes de 1993, baixo as re-gras 
dos grupos hexemónicos. 
Encol dos resultados deste novo acordo, a 
INTG realizaba a seguinte reflexión no seu vo-ceiro 
Eixo de outubro de 1992: “Galiza, como 
todas as áreas menos desenvolvidas da CE su-friron 
desde a Acta Única un retroceso evidente 
no económico, que se complementou con leis 
máis represivas no social (Lei de Seguridade Ci-dadán) 
e no laboral (proxecto de Lei de Folga, 
modificación da Lei de Desemprego, posíbel 
cambio no proceso de Eleccións Sindicais) que 
pretenden lles garanta unha redistribución tran-quila, 
e máis inxusta, da torta.
O peso do PIB galego no 
Estado español pasou do 5,59% 
en 1986 ao 5,36% en 2012. 
O capital foráneo foise 
apropiando dunha gran parte 
do tecido empresarial galego. 
25 
O BNG valorou criticamente a Acta Única 
e o Tratado de Maastricht na súa XIII Asem-blea 
Nacional, como reflicte o seguinte pa-ragrafo: 
“A Unión Europea xogou e xoga un 
considerábel papel como impulsora da globa-lización 
capitalista e non exerce como bloque 
alternativo ao imperialismo dos EUA senón 
todo o contrario, sempre foi o seu aliado máis 
fiel. Especialmente coa instauración da Acta 
Única e do Tratado de Maastricht, a UE orien-touse 
pola creación dun espazo económico 
máis homoxéneo en termos de variábeis mo-netario- 
financeiras. O seu obxectivo foi e é 
ampliar os mercados, eliminar obstáculos ao 
libre comercio, permitir a liberdade absoluta 
dos movementos de capital e a supresión das 
regulacións e intervencións dos Estados nas 
súas respectivas economías. Estas medidas 
foron esixidas polos sectores dominantes do 
capital europeo, nomeadamente pola patro-nal 
UNICE e en particular pola ERT (“Mesa Re-donda 
Europea de Industriais”). Está integrada 
polos dirixentes das 45 máis importantes trans-nacionais 
europeas, concentradas nomeada-mente 
nos Estados centrais da UE”. 
O Tratado de Maastricht, asinado en fe-breiro 
de 1992, ademais de darlle compe-tencias 
á Unión Europea en materia de 
educación, política social, formación profe-sional, 
mocidade, saúde pública, protección 
dos consumidores, redes transeuropeas, in-dustria, 
cooperación e desenvolvemento, e 
fortaleceu as que esta tiña en materia eco-nómica 
e monetaria comúns. Así como a de 
regular a política exterior e de seguridade. A 
maioría do nacionalismo galego pronun-ciouse 
contra este acordo que, nunha edición 
especifica de 36 páxinas, a INTG-CIG carac-terizaba 
do seguinte xeito: “dificilmente 
Maastricht pode ser positivo para economía 
galega (…) é unha modificación global, porén 
continuista, do Tratado de Roma (…) A Europa 
que se está a construír practica unha política 
conservadora no económico e no social, 
segue sendo negadora dos dereitos nacionais, 
e acentúa a estratificación social e a des-igualdade 
entre nacións e rexións dentro de 
cada estado, e entre os propios estados que a 
integran”. Tanto a INTG como o BNG fixeron 
campaña en contra no noso país, mentres que 
CC.OO. e EU inclinábanse por apoiar a re-forma 
“pra evitar o mercado a pau seco”, e 
PSG-EG decidíase por un si crítico, na mesma 
liña que a Confederación Europea de Sindi-catos 
(CES)”. 
O nacionalismo tamén se opuxo á pro-posta 
dunha Constitución Europea no ano 
2004 (aínda que unha das forzas internas, 
Esquerda Nacionalista, apostaba polo si crí-tico). 
Esta iniciativa terminou bloqueada pola 
oposición social nos referendos realizados en 
varios países. Seguiulle o sucedáneo do Tra-tado 
de Lisboa, no ano 2006, que por lóxica 
sería rexeitado polo nacionalismo, xa que, 
como afirmou o deputado do BNG, Francisco 
Jorquera, no Congreso o día da votación “O 
procedemento seguido escapando do refe-rendo, 
en base a diversos pretextos, revela o 
medo ao sentido de voto dos cidadáns euro-peos. 
Saben que o contido do “Tratado de Lis-boa” 
é a copia da referida Constitución 
Europea, á que mudaron o nome para tentar 
de enganar á poboación europea, o que re-presenta 
un auténtico fraude político. No que 
atinxe á arquitectura institucional, o Tratado 
de Lisboa reforza os poderes da Comisión (o 
executivo da UE) en detrimento do Parla-mento. 
O empobrecemento da democracia 
tamén é visíbel na Carta dos Dereitos Funda-mentais, 
máis restrinxida, aínda, que a esta-belecida 
no Tratado Constitucional” 
Os efectos da entrada na 
UE para Galiza 
Despois de repasar a postura do nacio-nalismo 
galego diante da UE, e dos sucesivos 
tratados que lle foron outorgando máis com-petencias 
a Bruxelas, agudizando tamén o 
carácter antidemocrático da Unión, cómpre 
facer algúns comentarios sobre cales foron 
os seus efectos sobre a sociedade galega. O 
máis evidente, xa que resume todos os efec-tos 
sectoriais, é a evolución negativa da de-mografía 
na Galiza. Dende o ano 1986 até o 
ano 2013 o noso país perdeu 78.532 habi-tantes 
mentres que o Estado español gañaba 
8.656.365; pasamos de representar o 7,39% 
da poboación do Estado a termos o 5,86%, 
co que isto implica a nivel social e político. 
Dúas tendencias totalmente contrarias que 
non se poden obviar. Evidentemente, as cau-sas 
son económicas e políticas, xunto coa 
falta de emprego para absorber o excedente 
agrario e que o existente, en boa medida, 
fose precario e mal pago. Un exemplo desta 
evolución regresiva é que no Estado español 
no ano 1981, a diferenza de ingresos entre o 
20% máis baixo e o 20% máis alto era de 
5,89 veces e no ano 2011 de 7,5 veces; a 
máxima desigualdade da eurozona. 
Se analizamos o peso do PIB galego no 
do Estado español ollamos que dende o ano 
1986 até o 2012, pasou do 5,59% ao 5,36%; 
unha caída pequena, polo que medrou a 
renda por habitante a maior ritmo que a
26 
media. Mais esta tendencia positiva foi a 
conta de expulsar para a emigración a pobo-ación 
ocupada nos sectores menos produti-vos 
dende a óptica capitalista, especialmente 
do agro, ou auto limitando o número de fillos 
e fillas por familia, sen lles dar outra saída. 
Na década dos noventa do século pasado, 
en épocas de “auxe económico”, a emigra-ción 
nunca baixou das sete mil persoas, e a 
principios deste século, antes da crise, 
mesmo atinxiu as vinte mil persoas por ano. 
En resumo, a mellora de infraestruturas, e o 
avance tecnolóxico das últimas décadas, non 
implicou o desenvolvemento real, equili-brado, 
do conxunto do país, xa que se fixo a 
costa de sacrificar sectores económicos e 
aquelas áreas que non eran rendíbeis ou 
funcionais para os intereses dos grupos de 
poder dominantes. 
Outro dos aspectos nos que se pode se 
comprobar este desenvolvemento depen-dente 
e irracional é na perda do control por 
parte do capital “galego” sobre a maior parte 
da actividade económica (banca, enerxía, ali-mentación, 
información, etc.), así como unha 
menor diversidade na produción de bens e 
servizos, facendo a nosa economía menos 
autocentrada e sustentábel. Neste aspecto 
cómpre salientar que o capital foráneo foise 
apropiando dunha gran parte do tecido em-presarial 
galego. Estas corporacións teñen 
especialmente a súa sede central en Madrid, 
así como en Barcelona e países da UE, e son 
contados os casos nos que non é así (por 
exemplo no caso de NGB, Endesa ou Barre-ras). 
Dentro do capitalismo de alén dos Pire-neos 
destaca o francés (Citroën, Orange, 
Alcampo, Carrefour, etc). 
O euro e a economía 
galega 
Con relación ao euro resulta evidente 
que non é unha moeda imparcial, xa que o 
seu valor depende dos intereses das clases 
dominantes da Unión; un euro moi apre-ciado 
fronte ao dólar e outras moedas im-portantes 
favorece a uns sectores e países e 
prexudica a outros, no comercio con terceiros 
países. Por exemplo, afecta negativamente á 
nosa construción naval, a produción de con-servas 
de peixe, etc, sectores chave na eco-nomía 
galega. Unha parte importante do 
comercio exterior galego faise fóra da UE. As 
importacións fóra da zona euro foron de 
8.210 millóns no ano 2013 e as exportacións 
de 7.836 millóns de euros. Lembremos que 
se revalorizou en máis dun 30% dende o ini-cio 
da súa circulación como moeda, polo que 
o aumento da competitividade foi sobre todo 
consecuencia dun empuxe das potencias e 
países emerxentes e da OCDE, e en menor 
medida da deflación interna, xa que as ex-portacións 
practicamente se mantiveron es-tancadas 
no período 2009-2013 coa zona 
euro. Un euro máis barato diminuiría as im-portacións, 
permitindo a súa substitución con 
produtos locais e daría pulo ás exportacións. 
Fáltannos os datos do Estado español (co que 
realizamos un 50% das importacións-expor-tacións), 
xa que a última táboa input-output 
é do ano 2008. En calquera caso, co resto da 
zona euro as importacións baixaron un 
chisco e as exportacións aumentaron un pou-quiño, 
evidenciando que a deflación social 
non dá os resultados que se predican para 
recuperar a competitividade, máxime cando 
o resto dos estados da eurozona están a 
facer o mesmo. 
Sen dúbida o euro é un dos mecanismos 
de control da economía dos países que inte-gran 
a Unión. Agora ben, non é o único. 
Tamén teñen un papel relevante os aranceis 
para a importación e exportación de bens e 
servizos, as prioridades orzamentarias decidi-das 
pola UE, e as axudas a uns sectores men-tres 
as cotas limitan a produción doutros. Polo 
que, sendo a saída do euro algo positivo, xa 
que sería o inicio dunha andaina, temos que 
ser conscientes que non abondaría para des-envolver 
a economía nos países periféricos. 
Ademais, gañar o debate social sobre a saída 
da eurozona permite deixar patentes as con-tradicións 
de fondo, sempre que as incorpo-remos 
ao discurso. Nomeadamente, que 
tanto a globalización como o neoliberalismo 
son funcionais ao imperialismo nesta etapa da 
humanidade, e que iso é o que representa a 
Unión Europea como proxecto.
A expansión mundial do campo de ope-ración 
da OTAN tras a desaparición da su-posta 
“ameaza soviética”, deu lugar ao que 
analicei como o xurdimento do imperialismo 
colectivo da tríada (Estados Unidos, Europa e 
Xapón) (...) É unha transformación relativa-mente 
recente do sistema imperialista, que 
previa e, tradicionalmente, se baseou no 
conflito entre as potencias imperialistas. A 
causa da aparición deste imperialismo colec-tivo 
é a necesidade de enfrontar de xeito 
unido o desafío dos pobos e estados perifé-ricos 
de Asia, África e América Latina, ansio-sos 
por escapar da súa subordinación. O 
segmento imperialista europeo involucra só 
a Europa occidental, aqueles cuxos estados 
da época moderna foron sempre imperialis-tas, 
tivesen ou non colonias, xa que teñen e 
sempre han ter unha participación na renda 
imperialista. Pola contra, os países de Europa 
do Leste non teñen acceso á mesma xa que 
non teñen monopolios xeneralizados nacio-nais 
propios. Tragáronse a ilusión, con todo, 
de teren dereito a ela só pola súa “europei-dade”(...) 
O imperialismo, ao converterse en colec-tivo 
(...) comparte en relación ao Sur unha 
política común -a da tríada-: unha política de 
agresión permanente contra os pobos e os 
Estados que se atreven a poñer en cuestión o 
seu sistema especial de globalización. E o im-perialismo 
colectivo ten un líder militar, unha 
potencia hexemónica: os Estados Unidos. En-téndese, 
pois, que nin a Unión Europea nin 
os seus estados teñen xa unha “política exte-rior”. 
Os feitos demostran que non hai máis 
que unha soa realidade: a aliñación detrás 
do que Washington (talvez de acordo con 
Londres) decida. Visto desde o Sur, Europa 
non é máis que o aliado incondicional de Es-tados 
Unidos. E aínda que pode haber al-gunhas 
ilusións en América Latina –sen 
dúbida porque a hexemonía se exerce bru-talmente 
polos Estados Unidos e non polos 
seus aliados Europeos subalternos– , non 
ocorre o mesmo en Asia e África. 
Samir Amin 
Economista (Exipto) 
Fragmento de “ A implosión do sistema 
europeo”, publicado en setembro de 
2012 en Monthly Review 
27 
Olladas críticas da UE e o euro 
Nun momento no que Europa fica nunha encrucillada de alcance histórico, a 
presente escolma pretende achegar unha breve serie de olladas perante o seu 
presente e sobre todo o seu futuro, en chave declaradamente crítica e por boca 
de persoeiros de indiscutíbel referencialidade, quer no plano económico, no 
político ou no intelectual. 
O papel xeoestratéxico de Europa 
Tropas coloniais francesas en Vietnam (século XIX)
Os eurófilos máis extasiados machúcano 
sen cesar: se non dispuxésemos do euro, din, 
as consecuencias da crise serían peores para 
moitos países europeos. Divinizan un euro 
“forte e protector”. É a súa doutrina e defen-den 
fanaticamente. Pero o certo é que terían 
que explicarlles aos gregos (e aos irlandeses, 
aos portugueses, aos españois, aos italianos 
e a tantos outros cidadáns europeos abane-ados 
polos plans de axuste) que entenden 
por “consecuencias peores”... De feito, estas 
consecuencias son xa tan insoportábeis so-cialmente 
que, en varios países da eurozona, 
está subindo, e non sen argumentos, unha 
radical hostilidade cara á moeda única e 
cara á propia Unión Europea (UE). 
Non lles falta razón a estes indignados. 
Porque o euro, moeda de 17 países e dos seus 
350 millóns de habitantes, é unha ferramenta 
cun obxectivo: a consolidación dos dogmas 
neoliberais nos que se fundamenta a UE. 
Estes dogmas, que o Pacto de Estabilidade 
(1997) ratifica e que o Banco Central Europeo 
(BCE) sanciona, son esencialmente tres: esta-bilidade 
dos prezos, equilibrio orzamentario e 
estímulo da competencia. Ningunha preocu-pación 
social, ningún propósito de reducir o 
paro, ningunha vontade de garantir o crece-mento, 
e obviamente ningún empeño en de-fender 
o Estado de benestar. 
Co vórtice actual, os cidadáns van enten-dendo 
que tanto o corsé da Unión Europea, 
como o propio euro, foron dous engados 
para facerlles entrar nunha trampa neolibe-ral 
da que non hai fácil saída. Áchanse agora 
en mans dos mercados porque así o quixe-ron 
explicitamente os dirixentes políticos (de 
esquerda e dereita) que, desde hai tres de-cenios, 
edifican a Unión Europea. Eles orga-nizaron 
sistematicamente a impotencia dos 
Estados co fin de conceder cada vez máis es-pazo 
e maior marxe de manobra a mercados 
e especuladores. 
Ignacio Ramonet 
Director de Le Monde Diplomatique 
en Español (Francia) 
Fragmento de “Cambiar o sistema”, 
publicado en agosto de 2011 en 
Le Monde Diplomatique 
28 
A trampa neoliberal 
A Unión Europea (UE) adoptou nos últi-mos 
anos setenta e primeiros oitenta do sé-culo 
pasado a política económica neoliberal 
como deseño fundamental e exclusivo da 
súa actuación no ámbito económico e social. 
Esta opción non se alterou desde entón. 
Malia que en bastantes ocasións a UE ha ter 
que adoptar medidas contraditorias con tal 
deseño, a ortodoxia neoliberal mantense fe-rreamente 
en xeral, aínda que é selectiva-mente 
máis “comprensiva e pragmática” 
cando se enfronta a poderosos intereses 
económicos ou políticos. 
Segundo as elites europeas, poderes eco-nómicos 
e dirixentes políticos e sociais, os ci-dadáns 
xa non poden contar cunha asistencia 
estatal a longo prazo para remediar cambios 
súbitos e imprevistos nas súas vidas, para sos-telos 
prodúcese un corte na súa vida de tra-ballo 
ou autorizalos a perseguir os seus 
propios intereses non comerciais; ou simple-mente, 
non ter que aceptar calquera mal em-prego 
ofrecido no mercado de traballo. 
Ademais, os cidadáns tampouco poden 
contar co pensións públicas, ou polo menos 
non só con elas, e teñen que prepararse a 
pagar un prezo pola educación e os servizos 
sanitarios, convertidos agora en mercancías. 
En resumo, no poderoso capitalismo global 
do século XXI, non se pode esperar que os 
Estados, e aínda menos a Unión Europea, 
compensen polos problemas e trastornos inevi-tábeis 
nunha economía de mercado e as con-tradicións 
fundamentais dunha sociedade 
capitalista. É evidente que é imprescindíbel des-envolver 
potentes loitas colectivas contra un sis-tema 
económico e social que baixo ningún 
concepto está disposto a permitir unha socie-dade 
xusta e harmónica para con os traballa-dores 
e as clases populares. 
Retroceso social 
Miren Etxezarreta 
Economista (Catalunya) 
Fragmento de “A evolución perversa da 
política social da Unión Europea”
A moeda única en cuestión (I) 
Pertencer ao euro penaliza o 
crecemento económico 
O impacto das políticas de estímulo no 
crecemento dos países que se mantiñan fóra 
do euro (e integrados na UE) foi maior men-tres 
que a caída posterior, cando a austeri-dade 
deteriorou o clima xeral, foi menor, pois 
chegaron ao segundo trimestre de 2013 
cunha taxa de crecemento positiva do 0,4%, 
e sen que apenas se rexistrase (salvo moi le-vemente 
en dous trimestres) unha taxa de 
crecemento negativa. 
A conclusión á que chega John Weeks é 
clara: pertencer ao euro supuxo unha pena-lización 
en termos de crecemento económico 
ás economías que forman parte da unión 
monetaria de 1,5 puntos porcentuais na fase 
de expansión e de 1,1 puntos na de crise. 
Aínda sabendo que hai que ter en conta 
outros factores, o certo é, xa que logo, que 
pertencer ao euro demostrouse como unha 
circunstancia que xera menor crecemento da 
actividade económica, mentres que perma-necer 
fóra está asociado a taxas máis eleva-das 
de crecemento das economías. Á luz dos 
datos pode afirmarse, pois, que non son cer-tas 
as virtudes que se din que son indiscuti-bles 
e intrínsecas á pertenza á unión 
monetaria europea. Ben porque está moi 
mal deseñada (por asimétrica e por favorecer 
só a algúns países), ben porque as políticas 
que se aplican son contraproducentes para a 
actividade e o emprego, o certo é que per-tencer 
a ela ten custos explícitos en termos 
de crecemento económico. 
Xa que logo, é moi posíbel que fóra do 
euro lle houbese ir mellor á economía espa-ñola 
no seu conxunto, aínda que non, desde 
logo aos grandes grupos empresariais, in-mobiliarios, 
industriais e financeiros españois 
e estranxeiros que teñen monopolizado as 
súas vantaxes. Parece entón evidente que é 
obrigado poñer sobre a mesa este tipo de 
datos e debater con rigor e pluralidade sobre 
onde nos convén máis estar porque as cou-sas 
non son tan evidentes como nos quixe-ron 
e nos queren facer crer. 
Juan Torres López 
Economista (Estado español) 
Fragmento de “Mellor dentro ou fóra 
do euro?” publicado o 11 de 
setembro de 2013 no diario Público. 
29 
A moeda única en cuestión (II) 
Poñer fin ao euro para permitir a 
recuperación do Sur 
Nunha comunicación colocada no sitio 
web do Partido de Esquerda do Parlamento 
alemán, Oskar Lafontaine non deixa de 
apuntar o dedo á Alemaña por baixar os 
seus salarios para protexer as súas empresas 
exportadoras. Unha crítica que varios subs-criben, 
a punto da Bélxica ter feito queixa 
xunto da Comisión Europea acusando Berlín 
de “dumping social”, nunha alusión á venda 
de bens abaixo do custo de produción que é 
prohibida na UE. 
Na Alemaña non existe unha política de 
salario mínimo e é posíbel aos traballadores 
con salarios máis baixos non pagar impostos 
nin contribuír para a seguridade social ou 
outro sistema de pensións. Ou sexa, hai va-rias 
empresas que pagan aos seus funciona-rios 
tres a catro euros por hora. “Merkel vai 
despertar do seu sono hipócrita cando, a su-frir 
por causa da política salarial alemá, os 
países europeos uniren forzas para facer un 
punto de viraxe na crise penalizando inevita-belmente 
as exportacións alemás”, avisa La-fontaine. 
Por estas razóns, o espírito do euro foi mi-nado 
e non ten condicións para proseguir, di o 
ex-ministro, porque non foi posíbel nos países 
do euro ter unha política de salarios coordi-nada 
en función da produtividade. Por iso, 
debe ser retomado un sistema como aquel 
que foi precursor da unión monetaria, o Sis-tema 
Monetario Europeo, que permite facer 
“desvalorizacións e valorizacións controladas” 
das moedas nacionais, defende, o que esixiría 
un control moi apertado sobre os fluxos de ca-pitais. 
Os países en situación máis débil cuxas 
moedas serían necesariamente desvalorizadas 
terían, nun período de transición, de ser axu-dados 
polo Banco Central Europeo, por exem-plo, 
para evitar o colapso. 
Oskar Lafontaine 
Ex ministro federal de finanzas 
(Alemaña) 
Referencia publicada o 6 de maio de 
2013 no xornal Público (Portugal).
Octávio Teixeira 
Ex líder parlamentar do PCP 
(Portugal) 
Fragmento da entrevista publicada en 
www.ionline.pt (1 de marzo 2014) 
30 
A moeda única en cuestión (III) 
O euro foi um garrote que se abateu 
sobre os países menos desenvolvidos 
Aquilo que se designa crise da zona euro 
não é uma crise decorrente das dívidas sobe-ranas. 
É uma crise decorrente da heteroge-neidade 
dos países que formam a zona euro, 
que vieram ao longo dos anos a acumular 
desvios cada vez maiores de uns países em re-lação 
aos outros. Em vez de ter passado a 
existir aquilo que se prometia, que era a coe-são 
económica dos países, o que houve foi 
uma divergência. A moeda única foi aplicada 
a países com estruturas económicas comple-tamente 
diferenciadas, com necessidades me-diatas 
e imediatas completamente diferentes, 
com níveis de produtividade diferenciados 
uns dos outros, e que não podiam, objecti-vamente, 
sobreviver simultaneamente com a 
mesma moeda. A moeda única foi um ga-rrote 
que se abateu sobre os países menos 
desenvolvidos que estão na zona euro, por-que 
os impediu de crescerem mais rapida-mente 
que os outros países para atingirem a 
convergência, ou a coesão económica. 
Desde logo, dentro da zona euro, quando 
desapareceu o risco cambial, isso favoreceu os 
países que tinham especializações produtivas 
mais elevadas e mais sofisticadas e conduziu, 
designadamente, a que a industrialização se 
concentrasse nos países do centro, em parti-cular 
na Alemanha, assistindo-se à desindus-trialização 
dos países da periferia. 
Fora da zona euro, e fora da União Euro-peia, 
a própria evolução da moeda única em 
termos cambiais –aquilo que se pode designar 
euro forte ou euro caro– provocou uma perda 
de competitividade enorme nos países mais 
frágeis, nos países do Sul. A nossa capacidade 
de exportação está assente fundamentalmente 
em produtos em que há uma enorme conco-rrência 
em termos de preços (...) 
E há outro aspecto que é pouco referido: 
aquele processo de deslocalização de empre-sas 
que começou em Portugal há uns anos 
também foi desencadeado pelo euro caro. Há 
quem diga que é preciso arranjar condições 
para que o euro desvalorize. Não é provável 
por duas razões: segundo estudos de várias 
fontes internacionais, a chamada taxa de 
equilíbrio entre o euro e dólar, para a Ale-manha, 
é precisamente a de 1,30. E a Ale-manha 
é a economia central da União 
Europeia e isso tem de ser tida em conta.
Caderno que seagochatrasaue
Caderno que seagochatrasaue

More Related Content

What's hot

Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
A crise da Democracia e o ascenso do TotalitarismoA crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
A crise da Democracia e o ascenso do TotalitarismoDudas-Historia
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 
Proxecto Interdisciplinar. Historia da UE.
Proxecto Interdisciplinar. Historia da UE.Proxecto Interdisciplinar. Historia da UE.
Proxecto Interdisciplinar. Historia da UE.Alexandre-slider
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3David
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosDudas-Historia
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismorubempaul
 

What's hot (20)

Xeo
XeoXeo
Xeo
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
A crise da Democracia e o ascenso do TotalitarismoA crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
A crise da Democracia e o ascenso do Totalitarismo
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
Proxecto Interdisciplinar. Historia da UE.
Proxecto Interdisciplinar. Historia da UE.Proxecto Interdisciplinar. Historia da UE.
Proxecto Interdisciplinar. Historia da UE.
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
TEMA 12
TEMA 12TEMA 12
TEMA 12
 
Xeo
XeoXeo
Xeo
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos Totalitarismos
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 
O Imperialismo
O Imperialismo O Imperialismo
O Imperialismo
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Sociais tema 8
Sociais tema 8Sociais tema 8
Sociais tema 8
 
Nazismo
NazismoNazismo
Nazismo
 
Sociais tema 9
Sociais tema 9Sociais tema 9
Sociais tema 9
 

Similar to Caderno que seagochatrasaue

Unión europea. Repercusións para España e Galicia
Unión europea. Repercusións para España e GaliciaUnión europea. Repercusións para España e Galicia
Unión europea. Repercusións para España e GaliciaAgrela Elvixeo
 
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistasTema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistaspablokatt
 
A UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfA UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfBerta Campos
 
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesaTema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesafacemoshistoria
 
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02Emilio
 
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6dudashistoria
 
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfA UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfVanessa Felípez
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 

Similar to Caderno que seagochatrasaue (20)

A unión europea
A unión europeaA unión europea
A unión europea
 
Unión europea. Repercusións para España e Galicia
Unión europea. Repercusións para España e GaliciaUnión europea. Repercusións para España e Galicia
Unión europea. Repercusións para España e Galicia
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistasTema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
Tema 2 revolucións liberais e movementos nacionalistas
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
A UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfA UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdf
 
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesaTema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
Tema 2. Liberalismo e nacionalismo. A revolución francesa
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
Tema9 aguerrafra-1945-1990-phpapp02
 
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6Tema 9  A Guerra FríA  1945 1991  Lecciones 1 6
Tema 9 A Guerra FríA 1945 1991 Lecciones 1 6
 
Tema2.
Tema2.Tema2.
Tema2.
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
ColeccióN 14
ColeccióN 14ColeccióN 14
ColeccióN 14
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfA UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
A unión europea
A unión europea A unión europea
A unión europea
 

Caderno que seagochatrasaue

  • 1. Que se agocha tras a Unión Europea? Unha aproximación crítica « « "Orixe e desenvolvemento do proceso de "A moeda única, o Banco Central "construción europea” Europeo e os "rescates” « ”A democracia negada. Como funciona « "Un TLC entre EE.UU. e a UE para máis realmente a UE? neoliberalismo "A que chamamos Troika? "Soberanía nacional e popular dentro « « « da UE? "A UE e a globalización neoliberal: a Europa do capital « “O papel da Galiza na Unión Europea « e na zona euro “Papel xeo-estratéxico da UE como polo imperialista « Olladas críticas da UE e o euro
  • 2. 2 Orixe e desenvolvemento do proceso de “construción europea” No marco da vixente crise e dos efectos que esta, combinadamente coas políticas impulsa-das desde o ámbito europeo para lle facer fronte, producen a nivel social e tamén territo-rial, o debate crítico arredor da propia Unión Europea e do euro desenvólvese a partir fun-damentalmente de dúas teses contrapostas. Dunha banda, baixo a focaxe do euro-peísmo oficial –subscrito entre outros pola socialdemocracia sistémica, que as máis das veces partilla posición coa dereita neolibe-ral– redúcese o alcance do problema á co-rrelación de forzas entre o que serían as correntes de carácter progresista e o bloque ultraliberal, hoxe hexemónico a nivel conti-nental. De aí que a partir desa tese se insista na invocación abstracta de Europa como es-pazo de progreso, liberdade, solidariedade e benestar. Unha proxección que enlaza coa percepción social de Europa xeraba en am-plas capas sociais por contraste, por exem-plo, coa ditadura fascista nacional-católica imperante no Estado español desde o 1939. Porén, a esquerda transformadora ou al-ternativa, sen negar que a hexemonía neoli-beral agrava os efectos, sitúa o problema europeo no deseño mesmo do chamado pro-ceso de construción europea. Desde esa óp-tica, as políticas de axuste e duros recortes impostas desde a Troika non só non represen-tan unha contradición coa folla de rota orixinal da UE, senón que responden precisamente ao seu deseño político desde o inicio. Presentadas sucintamente ambas as dúas grandes posicións, áchase que un breve per-corrido histórico, en chave crítica, das orixes e desenvolvemento da construción europea da que nacerán a CEE, logo a UE e máis tarde o euro, é o mellor método para discer-nir o fundamento que unha e/ou outra teñen. Aliás, este percorrido cronolóxico debe servir tamén para dar resposta a tres preguntas chave: Por que e para que nacen a UE e o euro? Quen promove e dirixe este proceso? A quen beneficia? As políticas de axuste e duros recortes impostas desde a Troika responden precisamente ao deseño político da UE. Tratado de París do 18 de abril de 1951 polo que nace a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro
  • 3. Cartaz do Plan Marshall promovendo a "unidade de Europa". 3 Cronoloxía crítica do proceso de construción europea 1920-1939 Os precursores ideolóxicos: O diplomático e político francés Aristide Briand e o aristócrata austro-francés Richard de Coudenhove-Kalergi son os principais va-ledores, nese período, da idea dunha federa-ción europea, no caso de Briand, e dun movemento paneuropeo no que respecta a Coudenhove-Kalergi. Pesan na súa arela de superar a división do continente, as terríbeis destrucións e perdas humanas producidas pola Grande Guerra (a Primeira Guerra Mun-dial causara arredor de 20 millóns de mortos e 22 millóns de feridos entre 1914 e 1918). Os precursores capitalistas: O 30 de setembro de 1926, constitúese o Cártel do Aceiro, unha alianza dos gran-des industriais da metalurxia de Francia, Ale-maña, Bélxica, Luxemburgo e Sarre. Son os mesmos industriais que, entre bastidores, ali-mentan a caixa B das organizacións de ex-trema dereita en toda Europa, a comezar polas de Alemaña e Francia. 1939-1945 O Gran Reich europeo: O nazismo constrúe un inmenso imperio europeo, co III Reich alemán como centro racista, expansionista e militarista, ao servizo dos grandes industriais que o financiaron nos anos 30 para confrontar “o perigo xudeo-bolxevique” e o pulo revolucionario das loitas obreiras do continente. Europa saíu devas-tada dunha guerra na que morreron entre 55 e 60 millóns de persoas. 1945-1957 A Europa americana: En xullo do 1947, reúnese en París a “Conferencia dos 16 para a coordinación da axuda americana á recuperación de Europa”. Entre as condicións dese préstamo de 13.000 millóns de dólares, coñecido popularmente como Plan Marshall, estaba a expulsión dos ministros comunistas nos gobernos de Eu-ropa beneficiarios do mesmo. Francia e Ho-landa usaron unha grande parte deses fondos para financiar as súas guerras colo-niais en Vietnam e Indonesia respectiva-mente. Europa devolverá con creces eses fondos aos Estados Unidos, que nesa xo-gada, penetran amplamente nos mercados europeos, colocan os seus excedentes nun momento de crise de sobreprodución da in-dustria norteamericana e aseguran a súa su-premacía militar coa constitución da OTAN en 1949. Robert Schuman, ministro de exteriores francés, presenta publicamente, o 9 de maio de 1950, o proxecto do que será finalmente a Comunidade Económica do Carbón e do Aceiro. Un proxecto aprobado de urxencia por un Consello de Ministros que só ten co-ñecemento da proposta ao chegar á reunión. A falta de transparencia e de democracia, e o poder absoluto dos tecnócratas marcarán a construción europea desde o comezo. A falta de transparencia e de democracia, e o poder absoluto dos tecnócratas marcarán a construción europea desde o comezo. Trincheira durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918)
  • 4. 4 O Consello de Europa aproba o 8 de de-cembro de 1955 a definitiva bandeira de Eu-ropa. O seu deseñador, o artista alsaciano Arsène Heitz, recoñecerá posteriormente a inspiración mariana do deseño: as 12 estre-las amarelas da coroa luminosa da Virxe e o azul do seu manto. Esa simboloxía mariana xa estaba representada nunha vidreira da catedral de Estrasburgo e foi a fonte directa de inspiración. 1957-1973 A Europa en crecemento: En 1968, elimínanse totalmente as alfán-degas dentro da Comunidade Económica Eu-ropea. O Plan Mansholt (socialista holandés) establece a supresión de 5 millóns de hectá-reas de cultivos, a redución na metade da po-boación agrícola e a eliminación de 250.000 vacas leiteiras. 1973-2013 Europa en crise: Os alargamentos sucesivos da CEE (1973, 1981, 1986) son precedidos sempre “de vagas de reconversións industriais e agrarias (siderurxia, construción naval, pesca, agricultura, etc.), tanto nos Estados membro como nos aspirantes.” O 7 de febreiro de 1992, fírmase o Tra-tado de Maastricht, ou Tratado sobre a Unión Europea. Este significa un paso fundamental na desregulación e na financiarización da economía ao situar o novo horizonte dunha moeda única para a UE. Consolida igual-mente as transferencias de soberanía desde os Estados aos organismos e mecanismos da UE. Vía libre ao neoliberalismo, como dou-trina oficial. O 1 de xaneiro do 2002, ponse en circu-lación o Euro, provocando unha suba encu-berta dos prezos e unha perda real de poder adquisitivo da poboación traballadora. O do-minio total do Banco Central Europeo sobre as políticas monetarias impide que os gober-nos podan usar a moeda para gañar compe-titividade de cara ao mercado exterior, favorecendo o empeoramento das condi-cións salariais e laborais. O 1 de decembro de 2009, entra en vigor o Tratado de Lisboa, logo de sucesivos fraca-sos para facer aprobar o proxecto dunha Constitución Europea (a vitoria popular do non nos referendos en Irlanda, Francia e Ho-landa retrasou a axenda do proceso, mais non foi impedimento para que os gobernos pasaran por alto “a vontade popular expre-sada polo sufraxio universal”). A democracia non é benvida na Unión Europea. Os sucesivos alargamentos da CEE foron precedidos por vagas de reconversións industriais e agrarias. A posta en circulación do Euro provoca unha suba encuberta dos prezos e unha perda real de poder adquisitivo da poboación traballadora. Sinatura dos Tratados de Roma o 25 de marzo de 1957. A bandeira da UE está inspirada na imaxe da Virxe María.
  • 5. Arredor dun 70% das decisións de carácter legal que afectan á cidadanía dos Estados inseridos na UE son adoptadas polas diferentes institucións da Unión. 5 A democracia negada Como funciona realmente a UE? Estímase que arredor dun 70% das deci-sións de carácter legal e normativo que afec-tan á cidadanía dos Estados inseridos na UE son adoptadas polas diferentes institucións da Unión. A normativa europea, naqueles asuntos de competencia exclusiva ou mesmo nos de competencia compartida cos Estados prevalece sobre a lexislación estatal. Quen toma as decisións? A UE articúlase en catro institucións principais: O Consello de Europa. Está integrado polos Xefes/as de Estado ou de Goberno dos países membro. Reúnese como mí-nimo cada seis meses. A pesar de non ter capacidade formal para a aprobación ou modificación de leis, é o organismo chave na medida en que é quen define a axenda política da UE. O Parlamento Europeo. Integrado por deputadas e deputados elixidos nos dife-rentes estados membro. Ten dúas sedes: Bruxelas e Estrasburgo. O Consello da Unión Europea. Nel están representados os gobernos dos Es-tados membros. A súa presidencia é ro-tatoria. A Comisión Europea. Representa, de feito, o executivo da Unión Europea. A súa composición é designada, de feito, polos Gobernos dos Estados membro. En función da axenda fixada desde o Consello de Europa, o Parlamento Europeo, o Consello da UE e máis a Comisión son as tres institucións que participan directamente na elaboración normativa ou lexislativa, to-mando as decisións través dun mecanismo denominado “procedemento lexislativo ordi-nario” (antes coñecido como “codecisión”), no que o Parlamento Europeo comparte a capacidade de decisión coas outras dúas ins-titucións, agás naquelas que ten reservado dereito a veto. Competencias A Unión Europea pode lexislar e adoptar actos vinculantes con carácter exclusivo, por riba da soberanía dos Estados membro, en as-pectos como: a unión aduaneira, as normas de competencia no mercado interior, a polí-tica monetaria da zona euro, a conservación biolóxica dentro da política pesqueira común, a política comercial común e a subscrición de acordos internacionais nestas materias. Existen ademais outras competencias compartidas, nas que os Estados poderán exercer a súa soberanía na medida en que a UE non exercera a súa competencia (isto é en aspectos non regulados a nivel comunitario), como son: política social (no referido aos tra-tados), a cohesión económica, social e terri-torial, a agricultura e a pesca, o medio ambiente, a protección dos consumidores, o transporte, as redes transeuropeas, a ener-xía, o espazo de liberdade, seguridade e xus-tiza, asuntos comúns de saúde públicas.
  • 6. Amais das anteriores, a UE non impedirá aos Estados exercer as súas competencias en materia de investigación, desenvolve-mento tecnolóxico e o espazo, cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria. Con carácter especial a UE dispón de com-petencias tamén para apoiar, coordinar ou complementar a acción dos Estados en ma-teria de protección da saúde, industria, cul-tura, turismo, ensino, formación profesional, xuventude, deporte, protección civil ou coo-peración administrativa. Déficit democrático da UE Malia que os seus defensores subliñan a pretendida “vontade democrática” sob a que, na súa opinión, se edificou o proceso de construción europea, unha das principais eivas das que adoece -desde a súa xénese- a estrutura institucional da Unión Europea é o denominado déficit democrático. Por tal en-tendemos a carencia de suficiente lexitimi-dade democrática das diferentes institucións que conforman a UE, na medida en que a ci-dadanía dos Estados membro non posúe ca-pacidade efectiva para incidir na lexislación e actividade dos organismos comunitarios, malia que as decisións adoptadas por estes, como xa se sinalou, ten un impacto de grande relevo nas súas vidas. Académicos como Joseph Weiler, Andreas Føllesdal, Simon Hix, Fritz Scharpf ou Jürgen Habermas, entre outros, teñen analizado de maneira pormenorizada as principais falen-cias en termos democráticos da instituciona-lidade europea, que se poden sintetizar en catro eixos: Non división de poderes na UE. Funcionamento pechado da Comisión Eu-ropea e do Banco Central Europeo. Elección e funcionamento da institucionali-dade comunitaria con parámetros moi dife-rentes aos que se aplican para as institucións dos Estados. Debilidade do Parlamento Europeo, con base en: sEscasa participación electoral nos comi-cios dos que resulta elixida a Eurocámara. sAusencia de contraposición real de op-cións, por mor dos reiterados acordos entre os dous grandes grupos (Partido Popular Europeo e Partido Socialista Europeo) sNon elección da Comisión Europea nin da súa Presidencia (só dereito a veto). sIncapacidade para exercer o control sobre a Comisión Europea e o Consello da UE. A participación cidadá é obxectivamente indirecta e limitada apenas á elección cada cinco anos do Europarlamento. Unha institu-ción que lonxe de funcionar como “o maior lexislador democrático do mundo”, como o presentan os analistas menos críticos, non ten os poderes nin capacidades propias dun Par-lamento, xa que non pode aprobar por si pro-pio a lexislación comunitaria (directivas, normas, regulamentos...) e precisa da ratifi-cación do Consello da UE, unha institución que non é resultado da elección directa por sufraxio. Asemade, o Parlamento non ten ca-pacidade para fiscalizar nin controlar a actua-ción da Comisión nin do Consello da UE, que en contraste contan con importantes poderes. Mais, que efectos concretos ten o déficit democrático na cidadanía europea? A este respecto o profesor de Ciencias Políticas da Universidade Pompeu Fabra, Francesc Pau i Vall, achegaba a súa resposta a esta impor-tante cuestión nun artigo publicado no diario El País (18/04/2013) intitulado ¿Democracia Europea? no que afirmaba que “quen adopta as decisións estratéxicas é o Consello Euro-peo, que está formado polos xefes de Estado e de Goberno dos países membros e que non se debe confundir co Consello da Unión Eu-ropea xa referido. O Consello Europeo elixiu, na práctica a José Manuel Durão Barroso pre-sidente da Comisión Europea e a Mario Draghi presidente do Banco Central Europeo, e influíron decisivamente na elección de Christine Lagarde como presidenta do Fondo Monetario Internacional, todos baixo a su-pervisión de Angela Merkel, chanceler alemá. Estas persoas que nós non eliximos e que for-man o que se denomina a troika comunita-ria, deciden, desde a perspectiva económica o que deben facer países como España, Gre-cia, Italia ou Chipre“ 6 A cidadanía dos Estados membro non posúe capacidade efectiva para incidir na lexislación e actividades dos organismos comunitarios. A Eurocámara non ten os poderes nin capacidades propias dun Parlamento. Non pode aprobar por si propia a lexislación comunitaria.
  • 7. O Capital pretende resolver as súas con-tradicións, agravadas pola presente crise sis-témica mais que son consubstanciais a este sistema fallido, a costa do maior empobre-cemento das clases populares que constitúen a maioría social. A disputa de plusvalía, agu-dizada por un capitalismo senil que se resiste a asumir o seu devalar –ilustrado polas enor-mes dificultades para a súa autorreprodución en ritmos e cantidades suficientes– desenvól-vese coma sempre a través da enaxenación (privada) da riqueza xerada polo traballo. A radicalización da loita de clases no marco da vixente crise do capitalismo ten efectos moi evidentes en Europa, onde o vir-tual “Estado do benestar” ten sido literal-mente derribado por unha vaga de recortes sen precedentes que afectan tanto a servi-zos públicos esenciais, como son o ensino ou a sanidade, como tamén a dereitos sociais, cunha agresiva precarización das condicións laborais e o masivo empobrecemento de sa-larios e pensións, e mesmo do xa ultralimi-tado réxime de liberdades e dereitos civís. No cerne desta ofensiva sitúase a denomi-nada Troika. Mais, a que chamamos Troika? O que hoxe se presenta como “Troika” é só unha nova expresión para definir un vello suxeito, estruturalmente imperialista e supeditado aos intereses xeoestratéxicos dos EUA. Con Troika nos referimos a unha tríada institucional, eri-xida sen ningún visado democrático sob a ar-ticulación da sección para Europa do Fondo Monetario Internacional canda dous dos prin-cipais órganos da Unión Europea: a Comisión Europea (o seu executivo) e o Banco Central Europeo (que representa de feito o seu brazo “armado” no ámbito financeiro-monetario). Esa Troika actúa sen reparos como verdadeira punta de lanza dos intereses do gran capital monopolista contra os intereses da maioría social e os pobos que hoxe fican integrados no espazo UE. Unha ofensiva especialmente dura no caso daqueles Estados integrados na zona euro, polos efectos dunha política mo-netaria que profunda nos desequlibrios terri-toriais existentes no seo da Unión ao se supeditar aos intereses das dúas principais potencias: Alemaña e Francia. É a Troika quen, actuando como outrora o fixeran as metrópoles dos vellos imperios colo-nias, impón durísimas condicións aos Estados membro a cambio de liñas de financiamento – que non son a fondo perdido– para os deno-minados programas de “rescate”, que en realidade se limitan a apuntalar a solvencia, Con Troika nos referimos a unha tríada institucional, erixida sen ningún visado democrático, sob a articulación do FMI, a Comisión Europea e o BCE. 7 A que chamamos Troika? Herman Van Rompuy (Presidente do Consello Europeo), Christine Lagarde (Directora do Fondo Monetario Internacional) e José Manuel Durão Barroso (Presidente da Comisión Europea)
  • 8. asegurar o pagamento da débeda coa banca do centro do continente e salvar as contas de resultados do grande capital financeiro. O deseño destes programas resulta tamén na conversión en débeda pública, computábel a efectos de déficit dos Estados, o que era débeda privada con orixe no sis-tema de crédito interbancario (os préstamos e capital circulante entre as propias entida-des financeiras e co BCE). Extremo que fica demostrado no caso do Estado español, xa que os 41.000 millóns de euros solicitados polo Goberno de Mariano Rajoy para os in-xectar no sistema financeiro do Estado, foron recibidos co aval do Estado como garantía. Desta maneira e malia que existe o com-promiso formal de que as entidades financeiras que se serviron desa liña de crédito terán que devolver os recursos que se lle transferiron, operacións de venda como a de NovaGalicia- Banco ao banco privado venezolano Banesco (que só pagará 1.003 millóns dos preto de 10.000 millóns de axudas públicas e do fondo de garantía de depósitos que se inxectaron no banco galego), deixou en evidencia que non se producirá tal reversión e que polo tanto o pro-grama de rescate será financiado a conta de recursos públicos, o que sumado ás restricións impostas desde a UE ao Estado español provo-cará (a falta dunha reforma fiscal progresiva) que a vaga de recortes iniciada no gasto pú-blico continúe con carácter de permanencia (e non apenas conxunturalmente como se argu-menta oficialmente). Engádese tamén o factor da denominada “condicionalidade” deses programas de res-cate. As liñas de axuda fornecidas pola Troika están condicionadas a duros planos de axuste, que conculcando a vontade dos pobos constitúen a maior regresión en ma-teria de dereitos sociais e laborais da nosa historia recente. Así o ilustra o acontecido en Grecia (cun plano de recortes brutal e un empobrecemento xeneralizado da poboa-ción), en Italia, en Portugal, en Irlanda e tamén no Estado español. Se ben neste últi-mos casos os rescates foron intervencións máis matizadas, sobre todo no caso do Es-tado español pola dimensión (a nivel PIB) da súa economía no conxunto da zona euro, que puña en risco a propia viabilidade da moeda única. Laminación da democracia formal Constátase que a ofensiva do Capital non respecta nin os limites das democracias for-mais, e é cada día máis patente que o poder real radica moi lonxe de Parlamento e Go-bernos. Deixa ao descuberto tamén que no marco do capitalismo ningunha conquista social é permanente. Que todo, absoluta-mente todo, está en disputa, mesmo aquilo que foi logrado por décadas de loitas sociais e coa anuencia dunha correlación de forzas máis favorábel, grazas a existencia doutro bloque histórico (antagónico ao imperialista) hoxe desaparecido. É tamén a emerxencia da Troika, e o im-pulso desde esta instancia non-democrática dos paquetes de recortes -logo executados con total complicidade polos gobernos esta-tais da dereita neoliberal e da socialdemo-cracia sistémica-, un síntoma evidente de que o desenvolvemento do capitalismo pasa polo debilitamento, cando non negación, da so-beranía nacional e popular dos pobos. Todo o anterior verifica ademais que non cabe distinción conceptual entre o que cha-mamos Troika e o conxunto das institucións que vertebran a actual Unión Europea. Non son algo diferente, senón denominacións di-ferentes para un mesmo suxeito. Non se pode distinguir, xa que logo, Troika da propia UE. Tampouco existe unha desviación da UE dunha folla de rota que nunca tivo, a pesar de que existan actores políticos e sociais que insistan en proxectala como garante de be-nestar, desenvolvemento social e das liber-dades. Precisamente o contrario. A ofensiva antipopular que capitanea a Troika axústase plenamente ao deseño histórico, político, económico e tamén militar que a clase do-minante edificou en Europa tras a Segunda Guerra Mundial e que radicalizou tras a de-rrota da Unión Soviética a principios dos 90. 8 Non cabe distinción conceptual entre o que chamamos Troika e o conxunto das institucións que vertebran a actual Unión Europea. As liñas de axuda fornecidas pola Troika están condicionadas a duros plans de axuste que constitúen a maior regresión en materia de dereitos sociais e laborais da historia recente.
  • 9. 9 A UE e a globalización neoliberal: a Europa do capital A globalización neoliberal dá folgos, como nunca antes, ao proceso de centralización (te-rritorial) e concentración (de clase) da riqueza e do poder. Nese proceso xogan un papel fun-damental os Estados Unidos e a Unión Euro-pea, e na actualidade tamén os BRICS, que cuestionan a hexemonía dos primeiros mais non o sistema económico e social dominante. Estes dous eixos do capitalismo aceleráronse coa crise, xa que esta é un profundo axuste no reparto da riqueza producida, a costa das cla-ses populares e dos territorios dependentes, que se sustenta exclusivamente na lei do máis forte. Esta tendencia xa existía previamente á crise, mais esta intensificouna. Por exemplo, no aspecto social, destaca o relatorio sobre salarios 2012-2013 da OIT que a produtivi-dade media 1999-2011 nos estados “desen-volvidos” medrou o dobre que os salarios, especialmente na última década, incluíndo o período da crise. Saliéntase neste informe que: “A tendencia mundial resultou nun cam-bio na distribución do ingreso nacional, cunha menor participación dos traballadores, men-tres que a participación do capital na renda aumenta nunha maioría de países. Ata en China, un país onde os salarios, a groso modo, triplicáronse durante a última década, o PIB aumentou a unha taxa maior que a masa sa-larial total; xa que logo, a participación do tra-ballo na renda diminuíu. A caída na participación do traballo débese ao avance tecnolóxico, á globalización do comercio, á ex-pansión dos mercados financeiros e á declina-ción en densidade sindical, o cal erosionou o poder de negociación dos traballadores. A glo-balización financeira, en particular, podería ter xogado neste aspecto un papel maior do que se pensaba anteriormente”. No extremo oposto están as 1.645 persoas que, segundo a revista Forbes, teñen unha fortuna superior aos 1.000 millóns de dólares no ano 2014 cun patrimonio total de 6,4 billóns de dóla-res; foron 219 máis que un ano antes. Este medre da desigualdade tamén se manifesta cun aumento do poder económico e político do centro na periferia. Concreta-mente, o investimento directo da Unión Eu-ropea na América Latina xa é a esta altura moito maior que o dos Estados Unidos (a po-tencia hexemónica na zona dende a segunda Guerra Mundial). No período 2006-2010, o investimento da UE representou o 40% (uns 30 mil millóns de dólares anuais) fronte ao 28,2% de Estados Unidos e Canadá. En total, na rexión, o investimento acumulado era no ano 2010 de máis de 500.000 millóns de dó-lares. O retorno dos beneficios aos países de orixe foi de promedio na América Latina, entre 2006 e 2011, de 92.000 millóns de dó-lares ano (tanto como a suma do PIB de Ecuador e a República Dominicana). En moi-tos casos, como na Arxentina, Chile e Perú, practicamente contrarrestaron a entrada de capitais. Joaquín Almunia, Vicepresidente e Comisario Europeo de Competencia
  • 10. 10 O negocio da globalización Se analizamos o investimento mundial vemos a importancia da Unión Europea no proceso da globalización neoliberal. Os in-vestimentos da UE no exterior foron, no pe-ríodo 2006-2010, por rexións, os seguintes: 31,1% nos Estados Unidos; 24,6% noutros países de Europa; 5,9% en África; 12,6% en estados en vías de desenvolvemento de Asia; 6,1% en América Latina; e o 19,7% noutros estados. Neste período, os países da UE in-vestiron un 57,2% do total da exportación de capitais noutros estados da propia Unión (fonte: Cepal). Por investimento directo no exterior, no ano 2009, o primeiro é Estados Unidos, con 3.259.000 millóns de dólares, seguido de Francia 1.759.000 millóns, Reino Unido 1.643.000 millóns, Alemaña 1.403.000 millóns e Países Baixos 866.100 millóns. O Estado español figura en noveno lugar, por diante de China e Italia, con 633.300 millóns. No caso do investimento directo exterior recibido, están primeiro os Estados Unidos, e despois Francia, Alemaña e Reino Unido. E o Estado español no sétimo lugar con 663.100 millóns de dólares de in-vestimento foráneo. Como se pode ollar, no caso do estado español, unha cifra moi equi-librada en relación coa entrada de capital ex-terior (fonte: CIA). As corporacións transnacionais utilizan as grandes potencias para impoñer os seus in-tereses, mentres procuran a maior autono-mía dos mercados “estatais” para manter unha maior autonomía. Un exemplo témolo nas grandes empresas españolas. Nos nove primeiros meses de 2012, Telefónica, Iber-drola, Santander e BBVA obtiveron dous ter-cios dos seus lucros fóra do Estado español, especialmente en Brasil, México e Chile, na América Latina, e despois na Europa. Outras multinacionais, que cotizan no IBEX, como Endesa, obtiña fóra un 43,7%, e Gas Natural un 42,7%. No caso de Zara, para o primeiro semestre fiscal, os beneficios exteriores re-presentaban o 77,1%. Nas construtoras, as porcentaxes son aínda maiores, xa que ACS conseguiu un 82% da súa facturación fóra, Abengoa un 71%, etc. (Expansión, 20-11- 2012). O auxe do investimento exterior, co re-torno de importantes beneficios ao pais de orixe, está acompañado por un medre do co-mercio exterior, en boa medida entre as pro-pias corporacións e as súas filiais. A UE, segundo datos de 2011, importaba máis do que exportaba, cun desequilibrio duns 200 mil millóns de euros por ano. Se analizamos por países, no relativo ao comercio exterior da UE, Alemaña, Irlanda e os Países Baixos tiñan un saldo moi positivo, mentres que o Reino Unido, Francia, o Estado español, Italia, Grecia e Portugal, destacaban por todo o contrario. Amosando como lle afecta negati-vamente o valor do euro e as normas arance-larias en vigor. Os Estados Unidos mantiñan As corporacións transnacionais utilizan as grandes potencias para impoñer os seus intereses. Reunión do G8.
  • 11. un déficit moi forte coa UE, mentres Rusia, China e Noruega eran os que conseguían os mellores resultados. Son cifras que xustifican o interese de Estados Unidos por mudar as nor-mas, e por que Alemaña só olla vantaxes no futuro TLC entre a UE e USA. Ofensiva imperialista A expansión exterior das potencias impe-rialistas vese moi favorecida pola eliminación das moedas “nacionais”, dos aranceis, xunto coa financiarización da economía, e agora os TLCs, que dan pulo ao proceso de globaliza-ción neoliberal, en beneficio das grandes em-presas (e fortunas), que son as únicas capaces de competir a ese nivel. Dáse así folgos ao mesmo tempo á especulación, á economía delituosa en todas as súas variábeis e á co-rrupción. A globalización debilita a capaci-dade de presión das clases populares e polo tanto a democracia e os mecanismos de con-trol institucional dos pobos. As grandes em-presas, que son as que marcan as accións dos gobernos burgueses (nesta correlación de for-zas), xa non dependen do mercado interno para colocar os seus produtos, xa que contan cun vizoso mercado internacional, polo que poden dislocar a produción alí onde custe menos, ou reducir os salarios locais (pola existencia dunha man de obra de reserva mundial), para así optimizar os lucros. En relación ao papel do capitalismo dinos Adrián Sotelo Valencia: “O capitalismo norteamericano, europeo e global, está che-gando a un estadio do proceso histórico da acumulación de capital e da división interna-cional do traballo onde produce menos valor, plusvalor e, polo tanto, tende a castigar as taxas de lucro e elevar o déficit financeiro dos Estados os que, como se olla na Unión Euro-pea, tamén intentan paliar recurrindo a unha maior explotación do traballo mediante au-mentos desmedidos do tempo de traballo sen compensación salarial, maior intensificación do traballo e un cúmulo de medidas de aus-teridade e da redución do consumo da pobo-ación” (Los rumbos de trabajo; Editora Miguel Ángel Porrúa; México) En calquera caso, o papel da Unión Euro-pea no escenario mundial non é máis que un reflexo lóxico da correlación de forzas e da súa evolución. Un proceso no que as clases dominantes fóronse fortalecendo en detri-mento do movemento popular, do move-mento obreiro, e das forzas de esquerda. Non é casual que a UE sexa o centro dos re-cortes sociais e democráticos, que se están a facer mesmo naqueles estados menos afec-tados pola crise e máis poderosos (como Ale-maña e Francia), e que nalgúns casos alente as posturas máis militaristas e intervencionis-tas. Ademais, todo indica que son cambios estratéxicos, e que no futuro haberá novas medidas regresivas. Este axuste entre clases e entre territorios abrangue ademais, da cuestión económica e laboral, todos os ámbitos da vida humana, dende o social até o militar, dende a cultura até a ecoloxía, dende a igualdade de xénero até a democracia. En poucas palabras: nin-gún país, actividade, e ningunha clase social fica á marxe desta confrontación. Polo tanto, é unha contradición que só se pode resolver no ámbito político, cunha mudanza na corre-lación de forzas e un cambio sistémico. E isto é fundamental especialmente para a periferia do sistema, tanto social como territorial. A globalización debilita a capacidade de presión das clases populares e, polo tanto, a democracia e os mecanismos de control institucional dos pobos. Non é casual que a UE sexa o centro dos recortes sociais e democráticos, que se están a facer mesmo naqueles estados menos afectados pola crise. 11 Milicias fascistas do denominado euromaidan na Ucraína.
  • 12. A Unión Europea está asociada a un proxecto de control do mundo baseado no inmenso poder militar dos Estados Unidos. 12 O papel xeo-estratéxico da UE como polo imperialista O avance da globalización neoliberal, ou sexa, do capitalismo na súa etapa senil (como o caracteriza graficamente Samir Amin), non é mais ca unha nova forma de imperialismo, tal como se reflicte na álxida disputa polo reparto das áreas de influencia entre os Estados Unidos e os seus aliados da Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Ca-nadá, Australia, etc. e as potencias emerxen-tes, os chamados BRICS (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica). Entre estas últimas hai que salientar a China e a Rusia, polos seus recursos e poder militar; por esta razón con-céntranse nelas os ataques do vello imperia-lismo (Estados Unidos e aliados). Tampouco fican á marxe do conflito coas potencias he-xemónicas, aqueles países que queren man-ter a súa soberanía, como Siria, Irán, e fundamentalmente os que integran a ALBA. Neste último caso, quérese evitar o exercicio da soberanía por estas nacións e liquidar a construción dun modelo económico e social alternativo, favorábel ás clases populares e de respecto aos dereitos nacionais dos pe-quenos países. Mais, o preocupante, e moi importante para a análise da situación actual no mundo, é o papel da Unión Europea. Un bloque po-lítico económico onde as contradicións van a máis, a medida que o capitalismo se desen-volve. Todos os datos amosan que a UE aposta por un sistema que aumenta arreo as desigualdades sociais e entre territorios, no que desaparecen linguas e culturas, medra a especulación, a economía delituosa, a co-rrupción e a inseguridade cidadá. Non se dá solución a problemas da humanidade que ademais se agudizan co tempo, como o eco-lóxico, demográfico, o esgotamento de recur-sos enerxéticos e materias primas, e a desaparición de especies vexetais e animais. A resposta a estas eivas e atrancos é cada vez menos integradora, e máis excluínte e agre-siva coas clases subordinadas e os países máis débiles e/ou dependentes. De aí que a militarización dos conflitos, o recurso á vio-lencia sistémica, a supresión de dereitos de-mocráticos básicos, a espionaxe global e un control férreo dos medios de comunicación de masas, vaise convertendo na resposta nor-malizada dun sistema só funcional aos gran-des poderes económicos. Nesta etapa o capitalismo é un sistema destrutivo que traba calquera solución acorde coas necesidades da humanidade. O aliñamento atlantista En calquera dirección que ollemos, todo reflicte que a Unión Europea está asociada a un proxecto de control do mundo baseado no inmenso poder militar dos Estados Unidos. O militarismo é o que lle permite a Washington axer con total impunidade, dando carta de le-galidade á forza económica, á agresión e á ocupación, esmagando as regras internacio-nais vixentes, construídas con tanto sangue e sacrificio. Tamén utiliza a espionaxe para rou-bar no exterior patentes e pescudar na vida de dirixentes políticos e sociais. E de ser ne-cesario, invade os países co obxecto de se apropiar os seus recursos ou utilizalos como bases xeo-estratéxicas. Véxase que no refe-rente á espionaxe, malia afectar a grandes empresas europeas e presidentes/as de go-bernos aliados de Washington, para alén dal-gunha protesta, para saír do paso diante da sociedade, pasou axiña a ser unha anécdota. Isto amosa dous aspectos da asociación entre os Estados Unidos e a Unión Europea: que para as clases dominantes europeas esta alianza é fundamental, e que se dá nunha re-lación de subordinación. En relación co papel da Unión Europea no escenario internacional, afirma Samir Amin (http://marxismocritico.com /2013/05/24/ A UE aposta por un sistema que aumenta as desigualdades sociais e entre territorios, no que desaparecen linguas e culturas, medra a especulación, a economía delituosa, a corrupción e a inseguridade cidadá.
  • 13. Todos os países da UE, coinciden nunha fronte común no exterior, así como no obxectivo da desregulación laboral, da privatización e da utilización do Estado para favorecer os intereses das grandes empresas. 13 la-implosion-del-sistema-europeo/): “A causa da aparición deste imperialismo colectivo é a necesidade de enfrontar unidos o desafío dos pobos e estados periféricos de Asia, África e América Latina, desexosos de fuxir da súa subordinación. O segmento imperia lista eu-ropeo en cuestión involucra só a Europa occi-dental, cuxos estados na época moderna foron sempre imperialistas, posuisen ou non colonias, xa que teñen e sempre tiveron unha participación na renda imperialista. Pola con-tra, os países de Europa do Leste non teñen acceso á mesma, xa que carecen de multina-cionais propias. Tragáronse a ilusión de que teñen dereito a ela só polo seu europeísmo. Al-gunha vez serán capaces de desfacerse desa ilusión? O imperialismo, ao se ter convertido en colectivo e permanecendo así no futuro, comparte en relación ao Sur unha política común –a da tríada–: unha política de agre-sión permanente contra os pobos e os Estados que se atreven a poñer en cuestión o seu sis-tema de globalización. Este imperialismo co-lectivo ten un líder militar, e unha potencia hexemónica: Estados Unidos. Enténdase, pois, que nen a Unión Europea nen os seus estados teñen unha política exterior. Os feitos demos-tran que non hai máis que unha soa realidade: a aliñamento detrás do que Washington de-cida (talvez de acordo con Londres). Visto desde o Sur, Europa non é máis que o aliado incondicional de Estados Unidos.” Hai quen fronte á evidencia imperialista da Unión Europea afirma que mesmo así, trá-tase dun capitalismo máis humano, alterna-tivo ao anglo-saxón, mais a práctica amosa que ten na potencia norteamericana o seu referente económico e social (a visita de Rajoy a Obama para conseguir o seu respaldo nos axustes que está a facer é clarificadora). Evidentemente iso non quere dicir que non existan diverxencias, mesmo confrontación de intereses, mais no fundamental forman un bloque común, tanto para frear o multila-teralismo (especialmente o ascenso de China e Rusia), como para agredir as nacións máis débiles que pretendan desenvolver políticas soberanas e un modelo económico e social alternativo (os casos de Siria, Venezuela e Cuba son de manual). Tampouco hai unha actitude diverxente, para alén de matices, entre a UE e os Estados Unidos en relación á globalización neoliberal e como tratar os bloques alternativos como a ALBA, e moito menos en relación ao modelo económico e social polo que se debe apostar. Todos os países da UE, coinciden nunha fronte común no exterior, así como no obxectivo da desregulación laboral, da privatización e da utilización do Estado para favorecer os intere-ses das grandes empresas. E escenifícanse cada vez menos as contradicións, para tirar vantaxes na mesa de negociación a favor dos grupos de poder europeos. É a UE unha potencia imperialista? Gloria Teresita Almaguer, analista do Centro de Estudos Europeos de Cuba, debu-llaba nun artigo o papel da Unión Europea no contexto internacional, e preguntábase se era ou non unha potencia imperialista, dando os seguintes argumentos (http://www.rebe-lion. org/noticia.php?id=174993):
  • 14. 14 “– Como interpretar senón, que fose preci-samente na década dos 70, cando a Unión Eu-ropea decidiu institucionalizar a gran escala as súas relacións coas súas ex colonias en todo o mundo, creando para iso o Grupo África, Caribe, Pacífico? Lémbrese que daquela, o planeta enfrontábase a unha aguda crise, con significativos impactos a escala global e en consecuencia nos propios Estados do bloque, ¿non foi esta acción unha manobra estratéxica para asegurar posicións? – Como comprender cabalmente que fose xustamente na década dos 90 cando a Unión Europea iniciou un maior achegamento á América Latina, se non se toman en conside-ración as extraordinarias transformacións que desde finais dos 80 viñan producíndose na xe-opolítica mundial, e a necesidade dun reposi-cionamento estratéxico dos grandes poderes imperiais? – Como explicar que no 2006 a UE botase a andar unha moi agresiva “Estratexia de Com-petitividade” baseada nunha moi discutíbel e verdadeiramente falaz liberdade comercial con todos os seus “socios”, se non se analiza a si-tuación interna do bloque e a urxente necesi-dade de elevar os niveis de crecemento e emprego para evitar o agora moi evidente des-contento social dos seus poboadores? De facelo desde esta perspectiva, resulta evidente que non se trata máis que dunha estratexia imperialista de reposicionamento. – Como entender con toda claridade a ur-xencia da UE por impulsar os “Acordos de Aso-ciación Económica”, enténdase Tratados de Libre Comercio con todas as rexións, subrexións e nacións específicas do “Sur xeopolítico” se non se soubese da ameaza que supón para os seus intereses imperiais a, ate dagora, des-feita da Rolda de negociacións multilaterais de Doha? – Como explicar o “Plan de Actuación da Unión Europea en prol da seguridade e a so-lidariedade no sector da enerxía”, aprobado en novembro do 2008 no contexto da “Se-gunda Revisión Estratéxica” do devandito sec-tor, que proxecta o estabelecemento de fortes vínculos cos principais Estados e rexións pro-dutoras ou coas maiores reservas enerxéticas de todo o mundo, se non se parte da vulnera-bilidade que nesta esfera presenta o bloque? – Como interpretar o papel de acompaña-mento da Unión Europea a EE.UU. na súa es-calada de agresións no norte de África e no Medio Oriente, o seu incentivo á desestabili-zación nas eufemisticamente chamadas “pri-maveras árabes”, o seu papel na horrenda e inxustificada agresión a Libia, as súas san-cións a Irán, a súa nefasta actuación contra Siria? Son casuais estes actos ou responden aos intentos de recolonizar e manter a domi-nación sobre os valiosos e case incalculábeis recursos naturais estratéxicos destas rexións? – Como xustificar o silencio do liderado do bloque, enténdase Consello, Comisión e Par-lamento Europeo, así como a Alta Represen-tante para a Política Exterior, Catherine Ashton, ante a ofensiva agresión de varios Es-tados membros ao Presidente Evo Morais? Su-cedería o mesmo de se tratar de Barack Obama? Non son acaso, accións propias dunha vocación imperial dos devanditos Esta-dos contra un dos países máis saqueados na época colonial, e contra o primeiro presidente indíxena dunha América Latina que hoxe se resiste cada vez máis a ser tratada como patio traseiro de ningún Imperio trasnoitado? – É Imperialista a UE? Seguramente nin o seu propio liderado se atreve a dubidalo, e aínda que moito se empeñe en agochalo, son moi poucos aos que pode confundir...” Polo tanto, tendo en consideración o ca-rácter imperialista da Unión Europea e as súas consecuencias, tanto no exterior como no interior, e todo indica que esta será a ten-dencia dominante no futuro, é fundamental para o pobo galego responder correctamente algunha pregunta. É posíbel, con estas regras de xogo neoliberais e as que se irán acumu-lando, evitar que as nacións periféricas (espe-cialmente as que carecen de estado propio) sigan perdendo peso económico, poder polí-tico, e identidade cultural e lingüística?
  • 15. 15 A moeda única: orixe e crise actual Que é o euro? O euro é a moeda única adoptada pola Unión Económica e Monetaria (UEM) que se emprega na chamada eurozona. A mesma está integrada fundamentalmente por países da Unión Europea máis tamén por outros que non fan parte desta. O euro fica regu-lado polo Sistema Europeo de Bancos Cen-trais (SEBC), baixo dirección do Banco Central Europeo (BCE), con sede en Ale-maña, que é a instancia facultada para fixar a política monetaria común. Dos 28 Estados que integran actualmente a UE, só 18 renunciaron á sua moeda pro-pia para converxer no euro. Son Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslove-nia, o Estado español, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lu-xemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Canda estes, engádense outros seis Estados, non integrados na UE, como son Andorra, Mónaco, San Mariño, Cidade do Vaticano, Montenegro e Kosovo. En total son 24 os Es-tados do continente europeo no que o euro é a moeda corrente. Está previsto que outros 7 territorios poi-dan adoptar no futuro a moeda única: Litua-nia (despois de 2015), Polonia, Romanía e Bulgaria (despois de 2016); República Checa (despois de 2017); Hungría (despois de 2020) e Suecia (sen data). Dinamarca e Reino Unido teñen cláusulas de exclusión, polo que non prevén adoptar o euro. Como e para que nace a moeda única? Se ben o acordo polo euro estabeleceuse no Tratado de Maastritcht 1992, subscrito por doce países (entre eles o Estado español), o proxecto de moeda única na CEE ten a súa orixe na década dos anos 70. O 15 de de-cembro de 1995 os Estados que daquela fa-cían parte da UE acordan definitivamente a creación da moeda común baixo a denomi-nación euro. ECU (European Currency Unit) foi o nome que adoptou o sistema de conversión entre as moedas que se acabarían por unificar no euro. O 1 de xaneiro de 1999 entra en vigor, mais unicamente a efectos de anotación e transferencias. Será o primeiro día do ano 2002 cando se poña en circulación efectiva coa emisión de billetes e moedas, cos que se substitúen as anteriores moedas estatais. Nesa altura o euro cambiábase por 0,90 dó-lares norteaméricanos. En apenas 6 meses o euro sobrepasaría a paridade co dólar, diná-mica que se mantén no tempo. O seu má-ximo histórico foi en xullo de 2008 cando un euro atinxía equivalencia por importe de 1,59 dólares. A posta en marcha da moeda única co-rrespóndese coa terceira fase coa que cul-mina a Unión Económica e Monetaria, que representa a integración de varios Estados para promover a liberdade de circulación de mercadorías, servizos, persoas e capitais. Mais, no concreto para que nace a moeda única? Para dar resposta a esta cues-tión o economista portugués, Pedro Car-valho, apunta que se deben ter presentes dúas cuestións fundamentais: Primeiro, que o Euro e a União Económica Monetária não são instrumentos neutros, são instrumentos de classe, enquadrados no processo de classe que constitui a União Europeia ao serviço do grande capital e das grandes potências eu-ropeias. É necessário lembrar que este pro-cesso teve sempre o apoio activo das grandes confederações patronais europeias represen-tadas na UNICE e na ERT (mesa redonda dos industriais europeus), Segundo que o Euro e a União Económica e Monetária não são uma necessidade económica objectiva, mas sim uma decisão política no contexto da in-tegração [capitalista] no quadro da União Europeia1. Profundando a respecto dos obxectivos que persigue a posta en circulación do euro, Car-valho acrecenta que esta nova moeda visa principalmente [sacralizando o objectivo da estabilidade dos preços] promover a modera-ção salarial, reduzir [conter o crescimento] dos salários reais e garantir a transferência dos ganhos de produtividade para o patronato [é bom lembrar que o crescimento dos salários reais médios na zona Euro passou de 1,2% na década de 1990, para 0,4% desde 2000, tendo a produtividade do trabalho sido superior, o que implicou uma redução de 8,4% nos custos uni-tários do trabalho reais], engrossando os seus 1 CARVALHO, Pedro. Reflexões sobre o Euro e seu impacto para Portugal; ODiario.info. 23/11/2006 O Euro e a União Económica Monetária não são instrumentos neutros, são instrumentos de classe, enquadrados no processo de classe que constitui a UE ao serviço do grande capital opina Pedro Carvlho. Felipe González asinando o Tratado de Maastritcht.
  • 16. lucros [é bom lembrar que o peso dos lucros na repartição do rendimento na União Euro-peia atingiu o seu máximo nos últimos 25 anos]2. Desta maneira para o autor o Euro serve os interesses do grande capital - das grandes empresas multinacionais europeias - ao re-duzir os seus custos de internalização e inter-nacionalização dos mercados e permitir uma maior unificação do mercado interno, garantido às grandes empresas multinacio-nais um acesso mais fácil [e com menores custos] aos mercados nacionais de cada Es-tado- membro3. O papel do euro na crise Os efectos que está a producir a actual crise sistémica, quer en termos económicos quer en termos sociais, teñen contribuído a abrir e estender socialmente o debate a res-pecto do papel que xoga o euro e mesmo sobre a conveniencia de abandonar a moeda única. Para o economista Jacques Sapir a po-lítica económica conducida pola UE desde 2009 (e en realidade mesmo desde o 2000 na zona euro) é causa do fraco crecemento europeo e da súbida astronómica do desem-prego na Grecia, no Estado español, en Por-tugal, e tamén en Italia e Francia4. Unha opinión partillada tamén por Maurice Decai-llot quen asegura que a acentuación brutal polo euro da concorrencia na Europa mer-cantil [na Europa dos capitais] aumentou for-temente en cada país os desequlibrios sociais e, de modo cada vez máis visíbel, cavou fosos entre os diferentes países5. Asemade, a reacción das institucións co-munitarias, da chamada Troika, fronte esta realidade en troca de a resolver tería agra-vado. Así o denuncian os economistas Costas Lapavitsas e Heiner Flassbeck, para quen as medidas de axuste simétrico (recortes sala-riais e deflación nos países debedores e sen cambios en Alemaña) que se están a imple-mentar na UEM parten da asunción de que Alemaña, o principal país acredor, aplicou as políticas axeitadas e de que os países debe-dores o fixeron todo mal6. Isto estaría a agudizar as contradicións centro-periferia que para Pedro Carvalho son intrínsecas ao propio proceso de construción europea e nomeadamente á posta en mar-cha do euro. Uma política monetária única não pode dar resposta às necessidades dife-renciadas de 12 [13 com a adesão à zona Euro da Eslovénia em 2007] economias dife-rentes, com níveis diferenciados de desenvol-vimento económico e social, com estruturas produtivas diferentes, com opções políticas e culturas administrativas diferentes, porque estas implicam respostas de política econó-mica e monetária diferenciadas. Quanto mais para 25 economias [27, com a Bulgária e a Roménia, em 2007], onde o alargamento da UE, se traduziu no crescimento das dispari-dades económicas, sociais e regionais. Esta política única irá sempre responder às neces-sidades das grandes potências7 asegura. Saír do euro? Até cinco premios nobel de economía va-loran para os países do Sur de Europa a hi-pótese de abandonar a moeda única como unha decisión que sería positiva para o com-bate da crise. Un deles, Paul Krugman, mós-trase certo de que se está a achegar un momento da verdade no que se terá que producir un grande cambio na política da zona euro ou planificar unha ruptura da moeda única. Krugman sostén que o Estado español estaría en mellor situación de non ter adoptado o euro. O sociólogo Vicenç Navarro insírese no crecente grupo de ex-pertos con posicións claramente cuestiona-doras do euro, e advoga porque se abra un debate no Estado español sobre o mérito ou demérito de saír do euro8. Desde Portugal, para Octavio Teixeira hoje é uma evidência que a União Monetá-ria fracassou (como não poderia deixar de ser) e se transformou num instrumento de re-gressão económica e social, que a zona Euro reduz o poder de compra dos trabalhadores, restringe os seus direitos sociais, promove a intensificação do trabalho e o desemprego, degrada os serviços públicos e condena paí-ses, como Portugal, à miséria9. Consello Europeo celebrado en Madrid en 1995. 16 2 Ibidem 3 Ibidem 4 SAPIR, Jacques. Saír do euro; Terra e Tempo. 27/04/2014 5 DECAILLOT, Maurice. Sair do euro, para sair do capitalismo; Resistir.info. 13/08/2013 6 LAPAVITSAS, Costas et FLASSBECK, Heiner. A crise sistémica do euro, as verdadeiras causas e as terapias efectivas; Revista Terra e Tempo, xullo 2012 - xuño 2014. 7 CARVALHO, Pedro. Reflexões sobre o Euro e seu impacto para Portugal; ODiario.info. 23/11/2006 8 NAVARRO, Vincenç. Saír do euro; Avantar. 05/11/2013 9TEIXEIRA, Octavio. A permanência no Euro não é um desastre irreversível; ODiario.info. 01/03/2013 Para Maurice Decaillot a acentuación brutal polo euro da concorrencia na Europa mercantil aumentou fortemente en cada país os desequlibrios sociais e, de modo cada vez máis visíbel, cavou fosos entre os diferentes países
  • 17. A opacidade sobre a negociación do TLC entre a UE e os EEUU contrasta coa campaña mediática para xerar un ambiente favorábel ao acordo. 17 Un TLC entre EE.UU. e a UE para máis neoliberalismo Hai case que un ano, en xuño de 2013, aproveitando a reunión do G-8 en Lough Erne (Irlanda do Norte), os Estados Unidos e a Unión Europea anunciaron oficialmente as negociacións dun Tratado de Libre Comercio (TLC). Esperan que o chamado Acordo Transatlántico sobre Comercio e Investi-mento (Transatlantic Trade and Investment Partnership) estea concluído nesta primavera e plenamente vixente no ano 2015. O pri-meiro que chama a atención é que as reu-nións e temas a debate sexan practicamente un segredo. Segundo a activista Susanne Schuster: As negociacións son segredas para impedir aos pobos descubrir o que verdadei-ramente está en xogo. Por outro lado, 600 conselleiros oficiais das grandes empresas dispoñen dun acceso privilexiado a estas ne-gociacións para forxar o seu punto de vista. A opacidade sobre a negociación deste TLC contrasta coa pingueira de noticias e análises para xerar un ambiente favorábel a este acordo comercial, nos que se sacraliza o libre mercado. Tal é o caso do estudo da Fun-dación alemá Bertelsmann no que se asegura que o TLC axudará a criar entre 277.000 e máis dun millón de postos de traballo nos Es-tados Unidos, e varios centos de milleiros na Unión Europea. Para o Estado español augu-ran que se xerarán entre 36.000 e 143.000 empregos. Non din en que sectores, pasando por alto que, para que se cumpran estas pre-visións débense substituír na UE e nos USA importacións de terceiros países, esquecendo que este tipo de acordos tamén existen con outros estados. Algúns medios falan da ex-portación de automóbiles substituíndo impor-tacións de México. Mais, non semella un obxectivo tan doado cando non o logrou por exemplo este TLC con respecto a Corea do Sur, unha potencia no sector. As consecuencias do TLC Sobre o TLC transatlántico dinos Vicenç Navarro, tomando como referencia o NAFTA (entre Estados Unidos, México e Canadá): “destruíronse empregos tanto nos EE.UU. como en México (...) favoreceu empresas moi grandes, moi influíntes de Washington e da ci-dade de México. Porén danou as clases popu-lares (...) Tal experiencia repetiuse en todos os casos de TLCs (...) O TLC prohibirá os mono-polios dos servizos públicos, como a sanidade (...) todo iso co fin da “necesaria” competitivi-dade e libre comercio”. Hai valoracións que destacan que este TLC non se pode considerar un acordo comercial máis, xa que condicio-nará a economía e os investimentos, a cultura e a sociedade de todos os Estados da UE. Iso é o que afirma Raoul Marc Jennar, nunha va-loración sobre o documento base da negocia-ción: “Contrariamente ao que contan os vendedores de fume de todas partes, no TLC trátase moi pouco de comercio. Hai moito de elección de sociedade, de estilos de vida, de preferencias colectivas que son produto do
  • 18. Os intercambios comerciais entre Galiza e os Estados Unidos non son significativos, e representan entre o 2 e o 5% do total de cada ano. O TLC trasatlántico é o último paso para que a UE se integre definitivamente na área de control de Washington. 18 combate que houbo nos nosos países, ao longo dos dous últimos séculos, nos ámbitos políticos, sociais, sanitarios e ecolóxicos”. Daniel Vaz de Carvalho analizando as consecuencias deste acordo (o Tratado de Livre Comercio EUA-UE: a grande galopada, Resistir.info) realiza a seguinte apreciación: “Se um país recusar produtos alimentares dos EUA com aditivos, hormonas, originários de OGM poderá ser penalizado: estará a pôr en-traves ao comércio livre. Democracia, crité-rios de saúde e regulamentação alimentar que cada Estado deveria poder definir se-gundo critérios próprios conforme a decisão dos seus cidadãos –assim se construiu e cons-trói o progresso – serão não apenas conside-rados nulos, mas poderão obrigar a pagar indemnizações como lucros que determinadas empresas alegarão ter deixado de receber (...) Um Estado pode ser acusado e processado por lhe pôr entraves ao livre comércio ou a investimentos, designadamente por normas de controlo sanitário, de qualidade, de biodi-versidade, ecológicas. A resolução de qual-quer litígio não é entregue a Tribunais soberanos nacionais, mas fica a cargo de um organismo dito regulador ou regulamentar (...)um tribunal dominado por uma pequena clique de advogados de negócios poderá lan-çar o anátema sobre Estados ou instâncias que infrinjam as disposições do acordo”. Dis-tintos analistas fan mención a casos nos que, sustentándose nestes TLCs, en caso de litixio, varias corporacións xa demandaron a países como Uruguai e Australia, ou a un Estado como Quebec, no Canadá, esixíndolle com-pensacións multimillonarias. No referente ao noso país, os intercam-bios comerciais da Galiza cos Estados Unidos non son hoxe significativos (representan só o 2-5% do total segundo o ano), porén como aconteceu noutros acordos semellantes o crecemento posterior pode ser exponencial (véxase o caso de México e Colombia e as súas consecuencias). Asemade, non se pode ignorar que dos últimos trece anos, oito teñen un saldo negativo para o noso país, e que os USA son unha gran potencia agrícola e gandeira (moi subsidiada), detentan o mo-nopolio das sementes (Monsanto), e son os maiores exportadores do mundo. Estes son sectores estratéxicos para Galiza, no ámbito económico e do emprego, mais tamén en as-pectos de tanta transcendencia como o cul-tural e identitario. Sería moi inocente pensar que, con novas supresións de aranceis e a modificación das normativas internas no re-lativo ás esixencias de calidade e as draco-nianas garantías aos investidores, todo vai seguir coma hoxe. O TLC transatlántico é o último paso para que a UE se integre definitivamente na área de control de Washington; aínda que hai tempo que falar da existencia dun proxecto europeo é pura fantasía. Non é casual que malia a espionaxe masiva dos Estados Unidos aos seus aliados na OTAN, para alén dalgún anoxo nos medios, co obxectivo de aparentar dignidade, esta grave inxerencia non tivese ningunha consecuencia práctica. As compli-cidades son cada vez máis evidentes, e como exemplos temos o papel da UE en Libia, Siria, a retención do avión do presidente Evo Mo-rales, o golpe de Estado en Ucraína, e o que acontece con Venezuela, etc. A gran burguesía europea ten moitos in-tereses comúns coa norteamericana, depre-dando e sometendo a terceiros países e confrontando coas potencias dos BRICS, gra-zas á hexemonía militar do Pentágono. Para as potencias dominantes, os TLCs, a globali-zación, axudan a eliminar competidores. Iso non quere dicir que cada Estado deste impe-rialismo atlantista, desta alianza neoliberal, non intente conseguir unha posición máis vantaxosa e que lle afecten negativamente algunhas medidas. Agora ben, o que beneficia aos grandes grupos económicos e fortunas, de ambas partes do Atlántico, demostrouse desvanta-xoso para as clases populares (como se com-proba nos propios Estados Unidos) e abafa aos países máis débiles, ou que carecen de soberanía, como Galiza. Pensemos nas con-secuencias da plena integración económica da nosa nación no mercado do Estado español e da Unión Europea, e teñamos a seguridade de que é máis do mesmo, multiplicado. Non é como para ignoralo.
  • 19. O desenvolvemento do proceso de cons-trución europea, así como a súa regulación normativa a través de diferentes tratados e dun proxecto constitucional fracasado, estivo marcado por unha permanente tensión a res-pecto da capacidade de decisión. Cal foi o impacto na soberanía exercida polos Estados da súa pertenza á UE? O catedrático de De-reito Constitucional da Universidade de Oviedo, Benito Aláez, responde que “tras a creación da Unión Europea non cabe dúbida de que a soberanía dos Estados membros, non xa política senón principalmente xurídica, vese determinantemente afectada polo proceso de integración Europea até cotas nun principio pouco imaxinábeis”1. O mesmo autor asegura que “tanto o dogma da soberanía popular (...) como o contido do principio democrático poden verse afectados cando o ordenamento xurídico abre as súas portas á creación nor-mativa desde órganos e conforme a procede-mentos que o mesmo non creou (...).”2 A propia arquitectura política, institucio-nal, xurídica e económica da UE, ou o que é o mesmo o deseño da propia Unión neses termos, colida co exercicio pleno e efectivo da soberanía polos propios Estados. Unha di-námica agravada no marco da vixente crise, como exemplifica o feito de que de 2008 a 2010 o Estado español aumentase o seu en-debedamento por volta de 122.000 millóns de euros para costear a débeda, atendendo criterios marcados pola Troika. Ou a reforma expréss da Constitución española, pactada por PP e PSOE, para atribuíren prioridade absoluta ao pagamento da débeda e dos seus xuros. Prelación que motivou e motiva as sucesivas vagas de recortes en materia de dereitos sociais e servizos públicos esenciais. No caso europeo engádese a singulari-dade de que os efectos limitantes sobre a so-beranía, antes enunciados, proveñen dunha instancia, a Unión Europea, que non é nin unha organización internacional nin un Es-tado. En opinión da profesora da Universi-dade do País Vasco, Jasone Astola Madariaga, achámonos perante “un proceso de formación dunha nova estrutura xurídico política”3, que ten a capacidade de “crear de-reito obrigatorio para os seus membros”4. Unha instancia que non se pode definir como federal, por mor da “inexistencia dun pacto social ao respecto, como consecuencia, de que non existe un pobo europeo, debido á falta de homoxeneidade entre os europeos.”5 O deseño da UE colida co exercicio efectivo da soberanía polos propios Estados. 19 Soberanía nacional e popular dentro da UE? 1 ALÁEZ CORRAL, Benito. “Soberanía constitucional e integración europea” 2 ALÁEZ CORRAL, Benito. “Soberanía constitucional e integración europea” 3 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.204 4 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.205 5 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.224
  • 20. 20 Primacía do dereito comunitario sobre a lexislación dos Estados Que significa no concreto a soberanía? Para Astola Madariaga esta ten dúas mani-festacións, “unha interna, é dicir a capacidade de cada pobo de organizarse politicamente sen inxerencias exteriores; e outra externa, é dicir, a posibilidade dun Estado organizado de iniciar e manter relacións diplomáticas e de toda orde con outros Estados e suxeitos inter-nacionais (...)”6 Neste senso a primacía do dereito comu-nitario fronte a propia lexislación dos Estados, así como a existencia dun marco competen-cial exclusivo para a UE (explicado breve-mente no apartado deste caderno referido ao funcionamento da Unión), é unha das principais trabes do crecente proceso de ce-sión de soberanía cara as institucións euro-peas. A este respecto a tese sostida por autores como Ophüls, Catalano e Lagrange, é de que esta primacía supón a substitución dos Dereitos estatais polo Dereito Comuni-tario. Unha substitución que fica verificada pola responsabilidade subsidiaria imposta aos estados na aplicación do Dereito Comu-nitario sendo susceptíbel de seren sanciona-dos por incumprimento do mesmo. Cesión de soberanía Malia existir discusión a respecto de se o crecente traspaso competencial supón a re-nuncia do exercicio da soberanía, o certo é que como apunta Ignasi Meda “a globaliza-ción [neoliberal] obrigou os vellos Estados a ceder unha parte das súas competencias a novas estruturas ‘supraestatais’”7 Unha cesión que lonxe de ficar culminada continúa en pleno desenvolvemento, alen-tada por unha ofensiva desde as institucións comunitarias que vai camiño de configurar a UE nunha caste de “SuperEstado” que, porén, carece de suxeito popular, de pobo. “A Comisión Europea será un día o Goberno e o Parlamento Europeo o lexislativo” para todo o territorio da Unión, afirmaba en novembro de 2013 a chanceler alemá, Angela Merkel. De feito, a crise da débeda rexistrada en diferentes Estados da UE, entre eles o espa-ñol, así como a crise específica que padece a moeda única, están a marcar a pauta dun proceso de “integración” que resultará nunha maior cesión de soberanía, nomeadamente de carácter económico. Así, á soberanía mo-netaria cedida ao adoptar o euro como moeda, engadirase a cesión de maiores cotas de soberanía fiscal (a través dos proce-sos de armonización rumo a un sistema fiscal unificadado), orzamentaria (sometendo as 6 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación demo-crática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.202 7 MEDA, Ignasi. “El declive de la soberanía nacional”
  • 21. A transferencia de competencias, centralizándoas na Unión, supón unha dupla negación de soberanía naquelas nacións que carecen de Estado de seu –como Galiza– xa que ven furtada a súa capacidade de decisión propia, tanto polos Estados nos que fican forzosamente encadradas, como por Bruxelas. 21 administracións públicas dos Estados ao con-trol de institucións supraestatais e coa impo-sición de parámetros económicos, como o límite do déficit e a débeda), e tamén en ma-teria de regulación, no que atinxe precisa-mente á fixación de normas nos mercados regulados e cun indisimulado pretenso dunha maior “liberalización” dos mesmos. O Presi-dente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, confirmaba esta folla de ruta ao afir-mar en outubro de 2012 que “para restaurar a confianza na eurozona, os países deben trans-ferir parte da súa soberanía a nivel europeo”. A transferencia de competencias, centra-lizándoas na Unión, supón unha dupla ne-gación de soberanía naquelas nacións que carecen arestora dun Estado de seu –como Galiza– xa que ven furtada a súa capacidade de decisión propia tanto polos estados nos que fican forzosamente encadradas como por Bruxelas. Amais a vixente realidade nos Estados xa constituídos motiva o cuestiona-mento a respecto da viabilidade –en termos de capacidade autogoberno efectivo– de propostas e procesos soberanistas en nacións sen Estado que aspiran a se culminar no seo da UE, mantendo a súa pertenza a esta. Asemade, esta cesión non é neutra en re-lación á dialéctica da loita de clases, que confronta os intereses do Capital dominante e das clases traballadoras explotadas. O eco-loxista e autor do libro “Goberno Mundial”, Esteban Cabal afirma neste senso que non se está a producir apenas unha cesión de so-beranía “cara a Alemaña”, como habitual-mente se simplifica, senón que asistimos a “un proceso no que todos os Estados, incluída Alemaña, ceden soberanía ás corporacións [transnacionais, que son as que na súa opi-nión 'gobernan realmente o mundo' capita-lista] consolidando un modelo cada vez máis parecido ao dos EUA”. Un proxecto que Cabal insire na denominada “Nova Orde Mundial”. Falla de lexitimidade democrática Para alén do máis, o proceso de integra-ción que inviabiliza o exercicio efectivo da so-beranía e que forza a súa cesión en beneficio das institucións comunitarias, estase a des-envolver cunha practicamente nula lexitimi-dade democrática. Un proceso que para Manuel Fondevila “opera segundo o principio de ‘todo para o pobo, mesmo contra o pobo’8 radicalizando –por acción do neoliberalismo– a máxima montesquiana (“todo para o pobo, pero sen o pobo”). 8 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.236
  • 22. Unha falencia que novamente non cons-titúe unha disfunción, como sosteñen os de-fensores da UE, senón que obedece ao deseño político sob o que se desenvolve his-toricamente a construción europea.Tal e como sinala a profesora Jasone Astola, “a distancia entre as institucións comunitarias e os pobos dos Estados que forman parte da Unión foi consubstancial ao propio proceso de integración”9 . Feito que estaría motivado en que “podería ser que se o proceso de inte-gración tivera sido democrático o máis pro-bábel é que non comezase”. Unha realidade que é cada vez máis percibida socialmente, como demostra o aumento en 10 puntos, até o 75%, na desconfianza cara á UE na cida-danía do Estado español nos últimos seis anos, segundo recolle o eurobarómetro. Datos equivalentes rexistráronse na en-quisa realizada en maio de 2013 polo think tank europeísta “Foro Europa Ciudadana”. Os resultados recollían que o 72,5% das per-soas enquisadas relacionan a UE con buro-cracia, fronte apenas o 43,8% que o fai con democracia. O 72% dos e das entrevistadas opinou que a grande cantidade de leis co-munitarias son unha traba para a creación de emprego e o desenvolvemento das em-presas e preto do 90% reclamaron un maior peso da cidadanía nas decisións políticas e económicas da Unión. 22 8 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.236 9 ASTOLA MADARIAGA, Jasone “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.209
  • 23. A incorporación á UE consolidou e acelerou a centralización e concentración da riqueza e do poder, en prexuízo das clases sociais e dos territorios máis débiles, e recreou o carácter periférico de Galiza. O movemento nacional-popular galego definiu moi cedo con toda claridade o que representaba a Unión Europea. 23 O papel da Galiza na Unión Europea e na zona euro Non se sostén botarlle toda a culpa á Unión Europea a respeito das eivas e atran-cos que padece Galiza. Mais, sendo o noso un país costeiro e con tantas potencialidades, non ten xustificación que non supere o atraso secular, e continúe a perder peso económico e demográfico, e riqueza cultural, nas últimas décadas. O proceso que orixinou o subde-senvolvemento é anterior e nace da conquista polo Reino de Castela e da forzosa depen-dencia colonial. Mais, resulta evidente que a incorporación á UE consolidou e acelerou a centralización e concentración da riqueza e do poder, en prexuízo das clases sociais e dos territorios máis débiles, e polo tanto recreou o carácter periférico de Galiza. A histórica oposición do nacionalismo galego Esta é unha conclusión evidente hoxe para calquera que realice unha mínima aná-lise critica dos feitos, e que xa fora asumida polo movemento nacional-popular galego (mnpg) cando encetou a negociación para a integración entre o Goberno central e a Co-munidade Económica Europea. Unha valora-ción que se concretaba na consigna: “Mercado Común Europeo, Ruína do Pobo Galego”. Non todas as forzas do naciona-lismo galego facían esta análise ao conside-raren que, sendo a UE constituída por “democracias avanzadas” permitirían un maior grao de liberdade colectiva e individual e progreso social. As súas teses eran coinci-dentes coas da esquerda estatal, represen-tada maioritariamente polo PSOE e PCE. O movemento nacional-popular galego definiu moi cedo con toda claridade o que representaba a Unión Europea, como se re-flicte no seguinte texto publicado no xornal Terra e Tempo, órgano da UPG, do 15 de agosto de 1977, cando afirma: “cando se fala de entrar na Europa comunitaria, estase a falar da entrada na Europa dos monopolios. É por isto que... a burguesía monopolista do Estado Español está interesada en entrar no Mercado Común. A partir deste entramado po-lítico, estase conformando unha zona xeográ-fica no Estado Español, abranguendo o cuadrante nordeste da península, coa inclusión
  • 24. 24 de Madrid, de características moi similares á Europa desenvolvida que vai ser defendida e potenciada á hora do Ingreso no Mercado Común. O prezo desta operación política re-caerá, sen paliativo posíbel en zonas xeográfi-cas que pola súa estrutura económica e de clase sexan marxinais e sen perspectivas pra o capital monopolista español” No Terra e Tempo do 15 de febreiro de 1978 valorábase moi criticamente a postura que tiña o PCE en relación coa UE: “baixo o disfrace eurocomunista, está a visión euro-céntrica do mundo. Na medida en que soñan con facer de Europa a terceira gran potencia, idealmente plantexada como unha alternativa antibloques, parécelles moi ben o Mercado Común, non cuestionando o seu carácter im-perialista, tanto respecto ao chamado Terceiro Mundo como no tocante ás nacións asoballa-das de Europa Occidental” Non a Maastritcht e á “Constitución” europea As forzas maioritarias da esquerda estatal puñan, cunha inocencia inaceptábel, a Acta Única como exemplo de cambio. Esta foi asi-nada en febreiro de 1986 e significou un paso máis na chamada construción da Unión, transformando o MCE na Unión Eu-ropea. Esta terá novas competencias no re-lativo a: cohesión económica e social, investigación e desenvolvemento tecnolóxico, e medio ambiente. Eran enunciados moi sentidos polos movementos populares, mais que serviron de envoltorio para unha nova dose de concentración e centralización da ri-queza e do poder nos monopolios e países máis poderosos. Non se mudaban as bases do sistema, nin se democratizaba o reparto do poder, nin se cuestionaba a dependencia político-militar de Washington. O Estado es-pañol e Portugal integráronse o 1 de xaneiro de 1986 na Unión. A acta tería vixencia dende xullo de 1987 e pretendía unificar o mercado interior antes de 1993, baixo as re-gras dos grupos hexemónicos. Encol dos resultados deste novo acordo, a INTG realizaba a seguinte reflexión no seu vo-ceiro Eixo de outubro de 1992: “Galiza, como todas as áreas menos desenvolvidas da CE su-friron desde a Acta Única un retroceso evidente no económico, que se complementou con leis máis represivas no social (Lei de Seguridade Ci-dadán) e no laboral (proxecto de Lei de Folga, modificación da Lei de Desemprego, posíbel cambio no proceso de Eleccións Sindicais) que pretenden lles garanta unha redistribución tran-quila, e máis inxusta, da torta.
  • 25. O peso do PIB galego no Estado español pasou do 5,59% en 1986 ao 5,36% en 2012. O capital foráneo foise apropiando dunha gran parte do tecido empresarial galego. 25 O BNG valorou criticamente a Acta Única e o Tratado de Maastricht na súa XIII Asem-blea Nacional, como reflicte o seguinte pa-ragrafo: “A Unión Europea xogou e xoga un considerábel papel como impulsora da globa-lización capitalista e non exerce como bloque alternativo ao imperialismo dos EUA senón todo o contrario, sempre foi o seu aliado máis fiel. Especialmente coa instauración da Acta Única e do Tratado de Maastricht, a UE orien-touse pola creación dun espazo económico máis homoxéneo en termos de variábeis mo-netario- financeiras. O seu obxectivo foi e é ampliar os mercados, eliminar obstáculos ao libre comercio, permitir a liberdade absoluta dos movementos de capital e a supresión das regulacións e intervencións dos Estados nas súas respectivas economías. Estas medidas foron esixidas polos sectores dominantes do capital europeo, nomeadamente pola patro-nal UNICE e en particular pola ERT (“Mesa Re-donda Europea de Industriais”). Está integrada polos dirixentes das 45 máis importantes trans-nacionais europeas, concentradas nomeada-mente nos Estados centrais da UE”. O Tratado de Maastricht, asinado en fe-breiro de 1992, ademais de darlle compe-tencias á Unión Europea en materia de educación, política social, formación profe-sional, mocidade, saúde pública, protección dos consumidores, redes transeuropeas, in-dustria, cooperación e desenvolvemento, e fortaleceu as que esta tiña en materia eco-nómica e monetaria comúns. Así como a de regular a política exterior e de seguridade. A maioría do nacionalismo galego pronun-ciouse contra este acordo que, nunha edición especifica de 36 páxinas, a INTG-CIG carac-terizaba do seguinte xeito: “dificilmente Maastricht pode ser positivo para economía galega (…) é unha modificación global, porén continuista, do Tratado de Roma (…) A Europa que se está a construír practica unha política conservadora no económico e no social, segue sendo negadora dos dereitos nacionais, e acentúa a estratificación social e a des-igualdade entre nacións e rexións dentro de cada estado, e entre os propios estados que a integran”. Tanto a INTG como o BNG fixeron campaña en contra no noso país, mentres que CC.OO. e EU inclinábanse por apoiar a re-forma “pra evitar o mercado a pau seco”, e PSG-EG decidíase por un si crítico, na mesma liña que a Confederación Europea de Sindi-catos (CES)”. O nacionalismo tamén se opuxo á pro-posta dunha Constitución Europea no ano 2004 (aínda que unha das forzas internas, Esquerda Nacionalista, apostaba polo si crí-tico). Esta iniciativa terminou bloqueada pola oposición social nos referendos realizados en varios países. Seguiulle o sucedáneo do Tra-tado de Lisboa, no ano 2006, que por lóxica sería rexeitado polo nacionalismo, xa que, como afirmou o deputado do BNG, Francisco Jorquera, no Congreso o día da votación “O procedemento seguido escapando do refe-rendo, en base a diversos pretextos, revela o medo ao sentido de voto dos cidadáns euro-peos. Saben que o contido do “Tratado de Lis-boa” é a copia da referida Constitución Europea, á que mudaron o nome para tentar de enganar á poboación europea, o que re-presenta un auténtico fraude político. No que atinxe á arquitectura institucional, o Tratado de Lisboa reforza os poderes da Comisión (o executivo da UE) en detrimento do Parla-mento. O empobrecemento da democracia tamén é visíbel na Carta dos Dereitos Funda-mentais, máis restrinxida, aínda, que a esta-belecida no Tratado Constitucional” Os efectos da entrada na UE para Galiza Despois de repasar a postura do nacio-nalismo galego diante da UE, e dos sucesivos tratados que lle foron outorgando máis com-petencias a Bruxelas, agudizando tamén o carácter antidemocrático da Unión, cómpre facer algúns comentarios sobre cales foron os seus efectos sobre a sociedade galega. O máis evidente, xa que resume todos os efec-tos sectoriais, é a evolución negativa da de-mografía na Galiza. Dende o ano 1986 até o ano 2013 o noso país perdeu 78.532 habi-tantes mentres que o Estado español gañaba 8.656.365; pasamos de representar o 7,39% da poboación do Estado a termos o 5,86%, co que isto implica a nivel social e político. Dúas tendencias totalmente contrarias que non se poden obviar. Evidentemente, as cau-sas son económicas e políticas, xunto coa falta de emprego para absorber o excedente agrario e que o existente, en boa medida, fose precario e mal pago. Un exemplo desta evolución regresiva é que no Estado español no ano 1981, a diferenza de ingresos entre o 20% máis baixo e o 20% máis alto era de 5,89 veces e no ano 2011 de 7,5 veces; a máxima desigualdade da eurozona. Se analizamos o peso do PIB galego no do Estado español ollamos que dende o ano 1986 até o 2012, pasou do 5,59% ao 5,36%; unha caída pequena, polo que medrou a renda por habitante a maior ritmo que a
  • 26. 26 media. Mais esta tendencia positiva foi a conta de expulsar para a emigración a pobo-ación ocupada nos sectores menos produti-vos dende a óptica capitalista, especialmente do agro, ou auto limitando o número de fillos e fillas por familia, sen lles dar outra saída. Na década dos noventa do século pasado, en épocas de “auxe económico”, a emigra-ción nunca baixou das sete mil persoas, e a principios deste século, antes da crise, mesmo atinxiu as vinte mil persoas por ano. En resumo, a mellora de infraestruturas, e o avance tecnolóxico das últimas décadas, non implicou o desenvolvemento real, equili-brado, do conxunto do país, xa que se fixo a costa de sacrificar sectores económicos e aquelas áreas que non eran rendíbeis ou funcionais para os intereses dos grupos de poder dominantes. Outro dos aspectos nos que se pode se comprobar este desenvolvemento depen-dente e irracional é na perda do control por parte do capital “galego” sobre a maior parte da actividade económica (banca, enerxía, ali-mentación, información, etc.), así como unha menor diversidade na produción de bens e servizos, facendo a nosa economía menos autocentrada e sustentábel. Neste aspecto cómpre salientar que o capital foráneo foise apropiando dunha gran parte do tecido em-presarial galego. Estas corporacións teñen especialmente a súa sede central en Madrid, así como en Barcelona e países da UE, e son contados os casos nos que non é así (por exemplo no caso de NGB, Endesa ou Barre-ras). Dentro do capitalismo de alén dos Pire-neos destaca o francés (Citroën, Orange, Alcampo, Carrefour, etc). O euro e a economía galega Con relación ao euro resulta evidente que non é unha moeda imparcial, xa que o seu valor depende dos intereses das clases dominantes da Unión; un euro moi apre-ciado fronte ao dólar e outras moedas im-portantes favorece a uns sectores e países e prexudica a outros, no comercio con terceiros países. Por exemplo, afecta negativamente á nosa construción naval, a produción de con-servas de peixe, etc, sectores chave na eco-nomía galega. Unha parte importante do comercio exterior galego faise fóra da UE. As importacións fóra da zona euro foron de 8.210 millóns no ano 2013 e as exportacións de 7.836 millóns de euros. Lembremos que se revalorizou en máis dun 30% dende o ini-cio da súa circulación como moeda, polo que o aumento da competitividade foi sobre todo consecuencia dun empuxe das potencias e países emerxentes e da OCDE, e en menor medida da deflación interna, xa que as ex-portacións practicamente se mantiveron es-tancadas no período 2009-2013 coa zona euro. Un euro máis barato diminuiría as im-portacións, permitindo a súa substitución con produtos locais e daría pulo ás exportacións. Fáltannos os datos do Estado español (co que realizamos un 50% das importacións-expor-tacións), xa que a última táboa input-output é do ano 2008. En calquera caso, co resto da zona euro as importacións baixaron un chisco e as exportacións aumentaron un pou-quiño, evidenciando que a deflación social non dá os resultados que se predican para recuperar a competitividade, máxime cando o resto dos estados da eurozona están a facer o mesmo. Sen dúbida o euro é un dos mecanismos de control da economía dos países que inte-gran a Unión. Agora ben, non é o único. Tamén teñen un papel relevante os aranceis para a importación e exportación de bens e servizos, as prioridades orzamentarias decidi-das pola UE, e as axudas a uns sectores men-tres as cotas limitan a produción doutros. Polo que, sendo a saída do euro algo positivo, xa que sería o inicio dunha andaina, temos que ser conscientes que non abondaría para des-envolver a economía nos países periféricos. Ademais, gañar o debate social sobre a saída da eurozona permite deixar patentes as con-tradicións de fondo, sempre que as incorpo-remos ao discurso. Nomeadamente, que tanto a globalización como o neoliberalismo son funcionais ao imperialismo nesta etapa da humanidade, e que iso é o que representa a Unión Europea como proxecto.
  • 27. A expansión mundial do campo de ope-ración da OTAN tras a desaparición da su-posta “ameaza soviética”, deu lugar ao que analicei como o xurdimento do imperialismo colectivo da tríada (Estados Unidos, Europa e Xapón) (...) É unha transformación relativa-mente recente do sistema imperialista, que previa e, tradicionalmente, se baseou no conflito entre as potencias imperialistas. A causa da aparición deste imperialismo colec-tivo é a necesidade de enfrontar de xeito unido o desafío dos pobos e estados perifé-ricos de Asia, África e América Latina, ansio-sos por escapar da súa subordinación. O segmento imperialista europeo involucra só a Europa occidental, aqueles cuxos estados da época moderna foron sempre imperialis-tas, tivesen ou non colonias, xa que teñen e sempre han ter unha participación na renda imperialista. Pola contra, os países de Europa do Leste non teñen acceso á mesma xa que non teñen monopolios xeneralizados nacio-nais propios. Tragáronse a ilusión, con todo, de teren dereito a ela só pola súa “europei-dade”(...) O imperialismo, ao converterse en colec-tivo (...) comparte en relación ao Sur unha política común -a da tríada-: unha política de agresión permanente contra os pobos e os Estados que se atreven a poñer en cuestión o seu sistema especial de globalización. E o im-perialismo colectivo ten un líder militar, unha potencia hexemónica: os Estados Unidos. En-téndese, pois, que nin a Unión Europea nin os seus estados teñen xa unha “política exte-rior”. Os feitos demostran que non hai máis que unha soa realidade: a aliñación detrás do que Washington (talvez de acordo con Londres) decida. Visto desde o Sur, Europa non é máis que o aliado incondicional de Es-tados Unidos. E aínda que pode haber al-gunhas ilusións en América Latina –sen dúbida porque a hexemonía se exerce bru-talmente polos Estados Unidos e non polos seus aliados Europeos subalternos– , non ocorre o mesmo en Asia e África. Samir Amin Economista (Exipto) Fragmento de “ A implosión do sistema europeo”, publicado en setembro de 2012 en Monthly Review 27 Olladas críticas da UE e o euro Nun momento no que Europa fica nunha encrucillada de alcance histórico, a presente escolma pretende achegar unha breve serie de olladas perante o seu presente e sobre todo o seu futuro, en chave declaradamente crítica e por boca de persoeiros de indiscutíbel referencialidade, quer no plano económico, no político ou no intelectual. O papel xeoestratéxico de Europa Tropas coloniais francesas en Vietnam (século XIX)
  • 28. Os eurófilos máis extasiados machúcano sen cesar: se non dispuxésemos do euro, din, as consecuencias da crise serían peores para moitos países europeos. Divinizan un euro “forte e protector”. É a súa doutrina e defen-den fanaticamente. Pero o certo é que terían que explicarlles aos gregos (e aos irlandeses, aos portugueses, aos españois, aos italianos e a tantos outros cidadáns europeos abane-ados polos plans de axuste) que entenden por “consecuencias peores”... De feito, estas consecuencias son xa tan insoportábeis so-cialmente que, en varios países da eurozona, está subindo, e non sen argumentos, unha radical hostilidade cara á moeda única e cara á propia Unión Europea (UE). Non lles falta razón a estes indignados. Porque o euro, moeda de 17 países e dos seus 350 millóns de habitantes, é unha ferramenta cun obxectivo: a consolidación dos dogmas neoliberais nos que se fundamenta a UE. Estes dogmas, que o Pacto de Estabilidade (1997) ratifica e que o Banco Central Europeo (BCE) sanciona, son esencialmente tres: esta-bilidade dos prezos, equilibrio orzamentario e estímulo da competencia. Ningunha preocu-pación social, ningún propósito de reducir o paro, ningunha vontade de garantir o crece-mento, e obviamente ningún empeño en de-fender o Estado de benestar. Co vórtice actual, os cidadáns van enten-dendo que tanto o corsé da Unión Europea, como o propio euro, foron dous engados para facerlles entrar nunha trampa neolibe-ral da que non hai fácil saída. Áchanse agora en mans dos mercados porque así o quixe-ron explicitamente os dirixentes políticos (de esquerda e dereita) que, desde hai tres de-cenios, edifican a Unión Europea. Eles orga-nizaron sistematicamente a impotencia dos Estados co fin de conceder cada vez máis es-pazo e maior marxe de manobra a mercados e especuladores. Ignacio Ramonet Director de Le Monde Diplomatique en Español (Francia) Fragmento de “Cambiar o sistema”, publicado en agosto de 2011 en Le Monde Diplomatique 28 A trampa neoliberal A Unión Europea (UE) adoptou nos últi-mos anos setenta e primeiros oitenta do sé-culo pasado a política económica neoliberal como deseño fundamental e exclusivo da súa actuación no ámbito económico e social. Esta opción non se alterou desde entón. Malia que en bastantes ocasións a UE ha ter que adoptar medidas contraditorias con tal deseño, a ortodoxia neoliberal mantense fe-rreamente en xeral, aínda que é selectiva-mente máis “comprensiva e pragmática” cando se enfronta a poderosos intereses económicos ou políticos. Segundo as elites europeas, poderes eco-nómicos e dirixentes políticos e sociais, os ci-dadáns xa non poden contar cunha asistencia estatal a longo prazo para remediar cambios súbitos e imprevistos nas súas vidas, para sos-telos prodúcese un corte na súa vida de tra-ballo ou autorizalos a perseguir os seus propios intereses non comerciais; ou simple-mente, non ter que aceptar calquera mal em-prego ofrecido no mercado de traballo. Ademais, os cidadáns tampouco poden contar co pensións públicas, ou polo menos non só con elas, e teñen que prepararse a pagar un prezo pola educación e os servizos sanitarios, convertidos agora en mercancías. En resumo, no poderoso capitalismo global do século XXI, non se pode esperar que os Estados, e aínda menos a Unión Europea, compensen polos problemas e trastornos inevi-tábeis nunha economía de mercado e as con-tradicións fundamentais dunha sociedade capitalista. É evidente que é imprescindíbel des-envolver potentes loitas colectivas contra un sis-tema económico e social que baixo ningún concepto está disposto a permitir unha socie-dade xusta e harmónica para con os traballa-dores e as clases populares. Retroceso social Miren Etxezarreta Economista (Catalunya) Fragmento de “A evolución perversa da política social da Unión Europea”
  • 29. A moeda única en cuestión (I) Pertencer ao euro penaliza o crecemento económico O impacto das políticas de estímulo no crecemento dos países que se mantiñan fóra do euro (e integrados na UE) foi maior men-tres que a caída posterior, cando a austeri-dade deteriorou o clima xeral, foi menor, pois chegaron ao segundo trimestre de 2013 cunha taxa de crecemento positiva do 0,4%, e sen que apenas se rexistrase (salvo moi le-vemente en dous trimestres) unha taxa de crecemento negativa. A conclusión á que chega John Weeks é clara: pertencer ao euro supuxo unha pena-lización en termos de crecemento económico ás economías que forman parte da unión monetaria de 1,5 puntos porcentuais na fase de expansión e de 1,1 puntos na de crise. Aínda sabendo que hai que ter en conta outros factores, o certo é, xa que logo, que pertencer ao euro demostrouse como unha circunstancia que xera menor crecemento da actividade económica, mentres que perma-necer fóra está asociado a taxas máis eleva-das de crecemento das economías. Á luz dos datos pode afirmarse, pois, que non son cer-tas as virtudes que se din que son indiscuti-bles e intrínsecas á pertenza á unión monetaria europea. Ben porque está moi mal deseñada (por asimétrica e por favorecer só a algúns países), ben porque as políticas que se aplican son contraproducentes para a actividade e o emprego, o certo é que per-tencer a ela ten custos explícitos en termos de crecemento económico. Xa que logo, é moi posíbel que fóra do euro lle houbese ir mellor á economía espa-ñola no seu conxunto, aínda que non, desde logo aos grandes grupos empresariais, in-mobiliarios, industriais e financeiros españois e estranxeiros que teñen monopolizado as súas vantaxes. Parece entón evidente que é obrigado poñer sobre a mesa este tipo de datos e debater con rigor e pluralidade sobre onde nos convén máis estar porque as cou-sas non son tan evidentes como nos quixe-ron e nos queren facer crer. Juan Torres López Economista (Estado español) Fragmento de “Mellor dentro ou fóra do euro?” publicado o 11 de setembro de 2013 no diario Público. 29 A moeda única en cuestión (II) Poñer fin ao euro para permitir a recuperación do Sur Nunha comunicación colocada no sitio web do Partido de Esquerda do Parlamento alemán, Oskar Lafontaine non deixa de apuntar o dedo á Alemaña por baixar os seus salarios para protexer as súas empresas exportadoras. Unha crítica que varios subs-criben, a punto da Bélxica ter feito queixa xunto da Comisión Europea acusando Berlín de “dumping social”, nunha alusión á venda de bens abaixo do custo de produción que é prohibida na UE. Na Alemaña non existe unha política de salario mínimo e é posíbel aos traballadores con salarios máis baixos non pagar impostos nin contribuír para a seguridade social ou outro sistema de pensións. Ou sexa, hai va-rias empresas que pagan aos seus funciona-rios tres a catro euros por hora. “Merkel vai despertar do seu sono hipócrita cando, a su-frir por causa da política salarial alemá, os países europeos uniren forzas para facer un punto de viraxe na crise penalizando inevita-belmente as exportacións alemás”, avisa La-fontaine. Por estas razóns, o espírito do euro foi mi-nado e non ten condicións para proseguir, di o ex-ministro, porque non foi posíbel nos países do euro ter unha política de salarios coordi-nada en función da produtividade. Por iso, debe ser retomado un sistema como aquel que foi precursor da unión monetaria, o Sis-tema Monetario Europeo, que permite facer “desvalorizacións e valorizacións controladas” das moedas nacionais, defende, o que esixiría un control moi apertado sobre os fluxos de ca-pitais. Os países en situación máis débil cuxas moedas serían necesariamente desvalorizadas terían, nun período de transición, de ser axu-dados polo Banco Central Europeo, por exem-plo, para evitar o colapso. Oskar Lafontaine Ex ministro federal de finanzas (Alemaña) Referencia publicada o 6 de maio de 2013 no xornal Público (Portugal).
  • 30. Octávio Teixeira Ex líder parlamentar do PCP (Portugal) Fragmento da entrevista publicada en www.ionline.pt (1 de marzo 2014) 30 A moeda única en cuestión (III) O euro foi um garrote que se abateu sobre os países menos desenvolvidos Aquilo que se designa crise da zona euro não é uma crise decorrente das dívidas sobe-ranas. É uma crise decorrente da heteroge-neidade dos países que formam a zona euro, que vieram ao longo dos anos a acumular desvios cada vez maiores de uns países em re-lação aos outros. Em vez de ter passado a existir aquilo que se prometia, que era a coe-são económica dos países, o que houve foi uma divergência. A moeda única foi aplicada a países com estruturas económicas comple-tamente diferenciadas, com necessidades me-diatas e imediatas completamente diferentes, com níveis de produtividade diferenciados uns dos outros, e que não podiam, objecti-vamente, sobreviver simultaneamente com a mesma moeda. A moeda única foi um ga-rrote que se abateu sobre os países menos desenvolvidos que estão na zona euro, por-que os impediu de crescerem mais rapida-mente que os outros países para atingirem a convergência, ou a coesão económica. Desde logo, dentro da zona euro, quando desapareceu o risco cambial, isso favoreceu os países que tinham especializações produtivas mais elevadas e mais sofisticadas e conduziu, designadamente, a que a industrialização se concentrasse nos países do centro, em parti-cular na Alemanha, assistindo-se à desindus-trialização dos países da periferia. Fora da zona euro, e fora da União Euro-peia, a própria evolução da moeda única em termos cambiais –aquilo que se pode designar euro forte ou euro caro– provocou uma perda de competitividade enorme nos países mais frágeis, nos países do Sul. A nossa capacidade de exportação está assente fundamentalmente em produtos em que há uma enorme conco-rrência em termos de preços (...) E há outro aspecto que é pouco referido: aquele processo de deslocalização de empre-sas que começou em Portugal há uns anos também foi desencadeado pelo euro caro. Há quem diga que é preciso arranjar condições para que o euro desvalorize. Não é provável por duas razões: segundo estudos de várias fontes internacionais, a chamada taxa de equilíbrio entre o euro e dólar, para a Ale-manha, é precisamente a de 1,30. E a Ale-manha é a economia central da União Europeia e isso tem de ser tida em conta.