SlideShare a Scribd company logo
1 of 59
Download to read offline
XINCANA BIOGRÁFICAXINCANA BIOGRÁFICA
58 biografías da
ciencia e a tecnoloxía
58 biografías da
ciencia e a tecnoloxía
ANTOINE LAVOISIER
Francia (1746 - 1794)
ANTOINE LAVOISIER
Francia (1746 - 1794)
Químico e economista francés considerado como o fundador da
Química moderna.
Foi un personaxe destacado na sociedade francesa do seu tempo e
desempeñou diversos cargos públicos.
Demostrou que nunha reacción química a cantidade de materia é a
mesma ao final e ao comezo dela.
En 1789 publicou o “Tratado Elemental de Química”, libro que se
empregaría durante décadas nas universidades.
En 1794 foi condenado a morte e guillotinado.
NIELS BÖHR
Dinamarca (1885 - 1962)
NIELS BÖHR
Dinamarca (1885 - 1962)
Estudou en Inglaterra baixo o mandato de Rutherford.
Realizou importantes contribucións sobre a estrutura do átomo.
En 1913 publicou o seu modelo atómico baseándose nas teorías
propostas por Rutherford. Este modelo indica que os electróns do
átomo se atopan arredor do núcleo en niveis enerxéticos definidos.
Recibiu o premio Nobel de Física en 1922.
En 1945 comezou a desenvolver usos pacifistas para a enerxía nuclear.
Un dos seus máis famosos estudantes foi Heisenberg.
ROBERT BOYLE
Inglaterra (1627 - 1691)
ROBERT BOYLE
Inglaterra (1627 - 1691)
Considérase que a Química nace como ciencia a partir das súas
numerosas contribucións neste campo.
Estableceu a chamada “lei de Boyle” que relaciona o volume e a
presión dun gas.
Avanzou cara á versión moderna dos elementos como os constituíntes
do corpos materiais.
Comprendeu a diferenza entre as mesturas e os compostos.
Realizou estudos sobre a combustión e a respiración descubrindo a
intervención do osíxeno.
NICOLÁS COPÉRNICO
Polonia (1473 - 1543)
NICOLÁS COPÉRNICO
Polonia (1473 - 1543)
Clérigo, médico e matemático, considérase o fundador da astronomía
moderna.
Estudou os escritos dos filósofos gregos buscando referencias ao
problema do movemento terrestre.
Desenvolveu o primeiro modelo matemático heliocéntrico do sistema
solar: a Terra e os planetas xiran ao redor do sol.
Personaxe clave na Revolución Científica.
A súa obra De revolutionibus orbium coelestium, que escribiu entre
1507 e 1532, non foi publicada ata 1543, ano do seu pasamento.
GALILEO GALILEI
Italia (1564 - 1642)
GALILEO GALILEI
Italia (1564 - 1642)
Astrónomo e físico italiano relacionado estreitamente coa Revolución
Científica. O seu traballo rompe coas ideas da física aristotélica.
Foi xulgado por herexía ante a Inquisición debido aos seus
argumentos en favor do sistema heliocéntrico: a Terra e os planetas
xiran ao redor do Sol.
Formulou as leis de caída libre dos corpos e da traxectoria parabólica
dos proxectís e estudou o movemento do péndulo.
Deseñou un telescopio co que observou os satélites de Xúpiter.
En 1992, a Igrexa Católica admitiu que se equivocara ao condenalo.
JOHANNES KEPLER
Alemaña (1571 - 1630)
JOHANNES KEPLER
Alemaña (1571 - 1630)
Astrónomo, matemático e teólogo alemán partidario da controvertida
teoría heliocéntrica copernicana e figura clave na revolución científica.
Coñecido principalmente polas súas tres leis sobre o movemento dos
planetas ao redor do sol, publicadas en 1609 no seu libro Astronomia
nova.
Na primeira das leis afirma que as órbitas planetarias son elípticas
e rompe así coa idea de que as órbitas eran circulares.
Abriu o camiño para que Newton conseguise explicar o porqué destes
movementos.
ALBERT EINSTEIN
Alemaña (1879 - 1955)
ALBERT EINSTEIN
Alemaña (1879 - 1955)
Físico teórico alemán que revolucionou os conceptos de espazo e
tempo a principios do século XX.
En 1905 publico a Teoría de Relatividade Especial.
Deduciu a equivalencia masa – enerxía que se resume na popular
expresión matemática E = m·C2
En 1915 publicou a Teoría Xeral da Relatividade, na que reformulou o
concepto de gravidade.
Obtivo o premio Nobel de Física en 1921 pola súa explicación do
Efecto Fotoeléctrico.
ISAAC NEWTON
Inglaterra (1642 -1727)
ISAAC NEWTON
Inglaterra (1642 -1727)
Matemático, físico e alquimista. Estudou na Universidade de
Cambridge, na que foi profesor aos 27 anos.
A súa contribución científica é das máis prolíficas que existiu:
Desenvolveu a teoría do cálculo diferencial e integral.
Formulou as leis da dinámica.
Interpretou a natureza da luz.
Formulou a lei da gravitación universal.
A súa Philosophiae Naturalis Principia Mathematica, os Principia,
consíderase como o libro máis importante da historia da ciencia.
WERNER HEISENBERG
Alemaña (1901 - 1979)
WERNER HEISENBERG
Alemaña (1901 - 1979)
Físico teórico alemán que realizou importantes contribucións no
campo da estrutura atómica.
Entre 1925 e 1926 desenvolveu unha das formulacións da Mecánica
Cuántica, teoría que se convertiría nunha das grandes revolucións
científicas do século XX.
En 1927 formulou o principio de incertidume e en 1932 propuxo unha
teoría que explicaba a estrutura dos núcleos atómicos.
Recibiu o premio Nobel de Física en 1932 cando tiña tan só 32 anos.
Estivo a cargo do proxecto alemán para fabricar unha bomba atómica.
MARIE SKLODOWSKA - CURIE
Polonia (1867 - 1934)
MARIE SKLODOWSKA - CURIE
Polonia (1867 - 1934)
Química e física polaca pioneira no campo da radiactividade.
Casou co físico francés Pierre Curie en 1895 e xuntos descubriron os
elementos químicos Radio e Polonio.
O estudo do matrimonio Curie dos elementos radiactivos axudou á
comprensión da natureza dos átomos.
Foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e a
única galardoada co premio Nobel en dúas ocasións, 1903 e 1911.
Durante a 1ª guerra mundial equipou camionetas con aparellos de
raios X para seren empregados no campo de batalla.
J. J. THOMSON
Inglaterra (1856 - 1940)
J. J. THOMSON
Inglaterra (1856 - 1940)
Físico británico e brillante experimentador.
Realizou unha serie de experimentos en tubos de raios catódicos que
o levaron ao descubrimento do electrón.
En 1897 determinou a relación carga-masa do electrón.
Propuxo o segundo modelo atómico para o átomo que consistía nunha
esfera maciza cargada positivamente, na que se atopaban incrustadas
unhas partículas cargadas negativamente: os electróns.
Recibiu o premio Nobel de Física en 1906 polo seu traballo sobre a
condución da electricidade a través dos gases.
ERNST RUTHERFORD
Nueva Zelanda (1871 - 1937)
ERNST RUTHERFORD
Nueva Zelanda (1871 - 1937)
Considerado un dos pais da Física Atómica.
Traballou no laboratorio Cavendish de Cambridge baixo o mandato de
J.J. Thomson.
Estudou as emisións radioactivas descubertas por H. Becquerel e
clasificounas alfa, beta e gamma.
Demostrou, xunto con Geiger e Marsden, que o átomo é unha estrutura
principalmente oca.
Conseguiu realizar a primeira reacción nuclear artificial en 1921.
Recibiu o premio Nobel de Química en 1908.
JOHN DALTON
Inglaterra (1766 - 1844)
JOHN DALTON
Inglaterra (1766 - 1844)
Naturalista, químico, matemático e meteorólogo.
Estudou a enfermidade que padecía, coñecida como acromatopsia, e
chamada posteriormente daltonismo na súa honra.
Realizou estudos da variación da presión de vapor de varios líquidos,
entre eles auga, en función da temperatura.
En 1805 publicou a máis importante das súas contribucións á ciencia:
A Teoría Atómica. Nela indica que a materia está formada por átomos:
partículas indivisibles que se poden combinar para formar compostos.
JAMES CLERCK MAXWELL
Escocia (1831 - 1879)
JAMES CLERCK MAXWELL
Escocia (1831 - 1879)
Brillante físico escocés coñecido principalmente polas súas achegas aos
campos da termodinámica e do electromagnetismo.
Baseándose en estudos realizados por Faraday e Ampère, expresou
matematicamente en catro ecuacións a relación entre os fenómenos
eléctricos e magnéticos.
A partir das súas ecuacións deduciu que a luz é unha onda
electromagnética que viaxa a 300 000 km/s.
Morreu en 1879, nove anos antes da confirmación experimental da súa
teoría electromagnética da man de Hertz.
LISE MEITNER
Austria (1878 - 1968)
LISE MEITNER
Austria (1878 - 1968)
Física de orixe xudía que estudou en Viena aínda que traballou en Berlín con
Otto Hann durante máis de trinta anos.
Xunto con Otto Hann descubriu un novo elemento radiactivo, o protactinio e
estudou a primeira reacción de fisión nuclear.
Otto Hann publicou os resultados desta nova reacción, xunto co tamén físico
Fritz Strassman polos que recibiron o premio Nobel en 1944.
Foi Lise quen realmente soubo explicar o mecanismo da fisión nuclear. As
súas contribucións á física non foron recoñecidas ata 1966 cando recibiu a
medalla Enrico Fermi nos Estados Unidos.
Na súa honra nomeouse Meitnerio ao elemento número 109 do sistema
periódico.
IRENE JOLIOT-CURIE
Francia (1897 - 1956)
IRENE JOLIOT-CURIE
Francia (1897 - 1956)
Física e química francesa filla de Pierre e Marie Curie.
Durante a primeira guerra mundial foi asistente de radioloxía en varios
hospitais franceses.
Traballou como axudante da súa nai no Instituto do Radio de París,
máis tarde coñecido como Instituto Curie.
Casou co tamén físico Frederic Joliot e con el dedicouse á
investigación no campo da Física Nuclear.
En 1934 conseguiron producir artificialmente elementos radiactivos.
Foron galardoados co premio Nobel de Química en 1935.
DIMITRI MENDELEIEV
Rusia (1834 - 1907)
DIMITRI MENDELEIEV
Rusia (1834 - 1907)
Químico ruso que destacou principalmente polo establecemento do
sistema periódico dos elementos. Clasificou os elementos químicos en
función das súas masas atómicas e tendo en conta as súas propiedades.
A súa obra abriu o paso aos avances na química do século XX.
Entre os seus traballos tamén destacan:
Estudos sobre a expansión térmica dos líquidos.
Estudo das desviacións dos gases reais do comportamento descrito
por Boyle-Mariotte.
Contribucións á industria da sosa e do petróleo en Rusia
Na súa honra nomeouse Mendelevio ao elemento químico número 101.
SEVERO OCHOA
España (1905 - 1993)
SEVERO OCHOA
España (1905 - 1993)
Bioquímico e biólogo molecular.
Realizou importantes investigacións nos campos da farmacoloxía e da
bioquímica .
Estudou a replicación dos virus que teñen ARN como material xenético.
Estudou a síntese proteica, descubrindo os factores de iniciación da
tradución.
Descobre, xunto con Arthur Kornberg, o mecanismo de síntese do ARN
e do ADN, polo que reciben o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en
1959.
JANE GOODALL
Inglaterra (1934)
JANE GOODALL
Inglaterra (1934)
Zoóloga e antropóloga.
Dedica a súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés en
África. As súas observacións sobre a conduta instrumental destes
animais, os seus hábitos de caza, a súa intelixencia, as súas emocións
e a súa personalidade individual, revolucionaron a bioloxía e a nosa
percepción sobre os outros primates, pois ata entón considerábase
que só a especie humana era capaz de utilizar ferramentas.
Preocupouse por promover estilos de vida máis sostibles en todo o
planeta.
CARL LINNEO
Suecia (1707 - 1778)
CARL LINNEO
Suecia (1707 - 1778)
Científico, naturalista, botánico e zoólogo.
Estableceu un sistema de nomenclatura binomial para nomear os
seres vivos, sistema que rápidamente se utilizou como sistema
estándar para nomear as especies.
Considérase o pai da Taxonomía, ciencia que clasifica os seres vivos
en niveis xerárquicos.
Demostrou a reprodución sexual das plantas e deu o nome actual ás
partes da flor.
Tamén se considera un dos pais da Ecoloxía.
MARGARITA SALAS
España (1938)
MARGARITA SALAS
España (1938)
Bioquímica asturiana discípula de Severo Ochoa.
A súa maior contribución á ciencia son traballos sobre enzimas e
sobre xenética, centrados no mecanismo de transmisión da
información xenética.
Xunto co seu equipo deseñou unha reacción en cadea chamada PCR,
capaz de producir millóns de copias dun fragmento de ADN, aínda que
o premio Nobel por estas investigacións levouno un home, Kary Mullis,
en 1983.
Traballa no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” e no CSIC.
LYNN MARGULIS
EE.UU. (1938 - 2011)
LYNN MARGULIS
EE.UU. (1938 - 2011)
Catedrática de Bioloxía e Xenética.
Xunto con James Lovelock ideou a hipótese Gaia que propón que a
Terra e todos os seus seres vivos constitúen unha entidade complexa
autorregulada.
Autora da Teoría da Endosimbiose segundo a cal, as células eucariotas
orixináronse pola simbiose permanente de diferentes tipos de células
procariotas.
Propuxo unha clasificación dos seres vivos en cinco Reinos: Moneras,
Protoctistas, Fungos, Metafitas e Metazoos.
ALFRED WEGENER
Alemania(1880 - 1930)
ALFRED WEGENER
Alemania(1880 - 1930)
Xeofísico e meteorólogo.
Foi profesor de meteoroloxía na universidade de Marburgo.
Desenvolveu a Teoría da Deriva Continental: impresionado polas
semellanzas das liñas de costa de África e América do Sur, ademais da
presenza de fósiles similares en ambos os continentes, supuxo que os
actuais continentes xurdiron da fragmentación dun único
supercontinente, Panxea, hai 200 millóns de anos.
Morreu nunha expedición a Groenlandia sen que a súa teoría fose
totalmente aceptada.
WATSON &
CRICK
WATSON &
CRICK
James Watson (1928): biólogo e zoólogo estadounidense.
Francis Crick (1916 – 2004): biólogo británico
Baseándose nos estudos realizados por Rosalind Franklin
determinaron a estrutura tridimensional en dobre hélice do ADN en
1953. Este descubrimento foi esencial para o posterior
desenvolvemento da Bioloxía e da Xenética e por el recibiron o premio
Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962.
James Watson tamén participou no Proxecto Xenoma Humano, no que
se determinou a secuencia de bases que compoñen o noso ADN.
CHARLES DARWIN
Inglaterra(1809 - 1882)
CHARLES DARWIN
Inglaterra(1809 - 1882)
Estudou Medicina na Universidade de Edimburgo, aínda que deixou
estes estudos para dedicarse á investigación dos invertebrados
mariños.
Aos 22 anos embarcouse no Beagle como naturalista co que
emprendeu unha expedición científica ao redor do mundo durante
cinco anos.
Sentou as bases da moderna teoría evolutiva, ao presentar o concepto
de que todas as formas de vida se desenvolveron a través dun lento
proceso de selección natural a partir dun antepasado común.
ALEXANDER FLEMING
Escocia (1881 - 1955)
ALEXANDER FLEMING
Escocia (1881 - 1955)
Médico microbiólogo
Desenvolveu importantes investigacións nos campos da bacterioloxía,
a quimioterapia e a inmunoloxía.
Descubriu a lisozima, unha encima antimicrobiana.
Coñecido principalmente polo descubrimento en 1928 da penicilina, no
curso das súas investigacións sobre a gripe. A penicilina é un
antibiótico producido polo fungo Penicillium notatum. Este
descubrimento supuxo un cambio drástico para a medicina moderna,
iniciando a chamada “Era dos antibióticos”.
GREGOR MENDEL
Austria (1822 - 1884)
GREGOR MENDEL
Austria (1822 - 1884)
Alternou os estudos de Teoloxía cos de Ciencias Naturais.
A partir dos seus experimentos nos que realizou cruzamentos con
guisantes, estableceu as primeiras hipóteses sobre a herdanza dos
caracteres e formulou as tres leis da herdanza coñecidas como Leis de
Mendel, grazas ás que foi posible iniciar os coñecementos sobre os
mecanismos da herdanza:
1ª lei ou lei da uniformidade.
2ª lei ou lei da segregación independente.
3ª lei ou lei da independencia dos caracteres.
S. RAMÓN Y CAJAL
España(1852 - 1934)
S. RAMÓN Y CAJAL
España(1852 - 1934)
Cursou a carreira de Medicina en Zaragoza.
Foi catedrático de anatomía na Universidade de Valencia, destacando
na loita contra a epidemia de cólera que azoutou esta cidade en 1885.
Dedicouse ao estudo das conexións entre as neuronas, para o que
desenvolveu métodos de tinción propios. Grazas a isto demostrou que
as neuronas son os constituíntes fundamentais do tecido nervioso e a
discontinuidade celular das mesmas. Tamén anticipou o mecanismo de
propagación do impulso nervioso.
Recibiu o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1906.
ROSALIND FRANKLIN
Inglaterra(1920-1958)
ROSALIND FRANKLIN
Inglaterra(1920-1958)
Doutorada en química e física na Universidade de Cambridge en 1941.
Realizou estudos da microestrutura do carbón e do grafito.
Utilizou técnicas de raios X para o estudo das febras de ADN. Mediante
difracción de raios X tomou fotografías de mostras de ADN, facendo
posible a identificación da súa estrutura helicoidal. As imaxes obtidas
foron utilizadas, sen a súa autorización, para a realización do modelo
de dobre hélice do ADN, polo que Watson e Crick obtiveron o Premio
Nobel en 1962. Hoxe sábese que a verdadeira mente mestra que houbo
detrás deste descubrimento foi Rosalind Franklin.
LOUIS PASTEUR
Francia(1822 - 1895)
LOUIS PASTEUR
Francia(1822 - 1895)
Químico e bacteriólogo.
En 1848 descubriu a isomería óptica.
Estudou os procesos de fermentación e demostrou que se deben á
presenza de microorganismos.
Rebatiu de forma definitiva a antiga teoría da xeración espontánea.
En 1870 orientou a súa actividade ao estudo das enfermidades
infecciosas, demostrando que se producen pola entrada de
microorganismos patóxenos no corpo.
Obtivo unha vacina contra a rabia.
MIGUEL SERVET
España(1511 - 1553)
MIGUEL SERVET
España(1511 - 1553)
Teólogo e médico.
O seu interese abarcou varias ciencias: astronomía, xeografía,
anatomía, meteoroloxía,...
Realizou un estudo sobre o sistema da circulación pulmonar ou menor
do sangue, describindo con precisión o seu percorrido desde o
corazón ata os pulmóns para a súa osixenación e descartando así as
ideas de Galeno que supoñía que os ventrículos dereito e esquerdo
estaban comunicados.
Foi xulgado por herexe e condeado a morrer queimado.
JOHN NEPER
Escocia (1550 - 1617)
JOHN NEPER
Escocia (1550 - 1617)
Coñecido por introducir o primeiro sistema de logaritmos, método
matemático que exercería unha enorme influencia en todos os campos
da matemática aplicada.
Foi o primeiro en utilizar a notación decimal para expresar fraccións
decimais de forma sistemática.
Inventou sistemas mecánicos para realizar cálculos aritméticos.
SOPHIE GERMAIN
Francia (1776 - 1831)
SOPHIE GERMAIN
Francia (1776 - 1831)
Matemática autodidacta: estudou o Cálculo Diferencial consultando libros
da biblioteca do seu pai.
Aprendeu soa latín para poder ler a Newton e a Euler.
A Escola Politécnica de París non admitía mulleres, pero ela conseguiu
facerse con apuntamentos dalgúns cursos.
Asinaba os seus traballos con pseudónimos masculinos para que llos
tivesen en conta.
Estudou as superficies elásticas e fixo importantes contribucións á Teoría
de Números e ás Matemáticas Aplicadas, achegas que aínda hoxe seguen
en vigor.
PAOLO RUFFINI
Italia (1765 - 1822)
PAOLO RUFFINI
Italia (1765 - 1822)
Estudou medicina aínda que dedicou a súa vida ás matemáticas.
Descubridor do chamado método de Ruffini que permite calcular os
coeficientes do polinomio que resulta da división dun polinomio
calquera polo binomio (x-a).
Xunto con Abel, demostrou a imposibilidade de resolver mediante
procesos elementais de álxebra as ecuacións xerais de un grao
superior a catro (teorema de Abel – Ruffini).
No campo da medicina, estudou o tifo durante a epidemia de 1817.
Entre as súas obras destaca Teoría xeral das ecuacións (1798).
ISAAC BARROW
Inglaterra (1630 - 1677)
ISAAC BARROW
Inglaterra (1630 - 1677)
Matemático e profesor de grego e xeometría en Cambridge.
Foi mestre de Isaac Newton.
Os seus coñecementos de grego permitíronlle interpretar e editar
obras de grandes sabios, como Arquímedes, Apolonio e Euclides.
Desenvolveu un método para determinar a tanxente mediante métodos
de cálculo aproximado.
Foi o primeiro en observar a reciprocidade entre diferenciación e
integración.
LEONHARD EULER
Suiza (1707 - 1783)
LEONHARD EULER
Suiza (1707 - 1783)
A pesar de ter serios problemas de vista desde antes de cumprir os 30
anos, Euler produciu numerosas e moi importantes obras matemáticas.
Realizou o primeiro tratamento analítico completo da álxebra, a teoría de
ecuacións, a trigonometría e a xeometría analítica.
Estudou o desenvolvemento de series de funcións.
Estudou as superficies tridimensionais e demostrou que as seccións
cónicas se representan mediante a ecuación xeral de segundo grao en
dúas dimensións.
Realizou contribucións á astronomía, á mecánica, á óptica e á acústica.
B. BOLZANO
R. Checa (1781 - 1848)
B. BOLZANO
R. Checa (1781 - 1848)
Matemático e filósofo.
Fíxose sacerdote en 1805, ano no que foi designado profesor de
filosofía da relixión na Universidade de Praga.
Apartado do seu cargo polo seu pensamento liberal, continuou
publicando obras tan importantes como Teoría da ciencia (1837)
e Paradoxos do infinito (1851).
O seu traballo serviu de base e influíu no desenvolvemento da teoría
de conxuntos de Georg Cantor en matemáticas e no desenvolvemento
da fenomenoloxía de Edmund Hursserl en filosofía.
C. F. GAUSS
Alemania (1777 - 1855)
C. F. GAUSS
Alemania (1777 - 1855)
Traballou fundamentalmente en Matemáticas e Física Matemática,
aínda que tamén fixo importantes contribucións á Astronomía.
É autor do Teorema Fundamental da Álxebra.
Desenvolveu o método dos mínimos cadrados e as leis fundamentais
da distribución da probabilidade.
Desenvolveu o teorema dos números primos.
Aplicou as matemáticas ao magnetismo e á electricidade (unha
unidade de inducción magnética leva o seu nome).
PITÁGORAS
Grecia (570 a.C – 469 a.C)
PITÁGORAS
Grecia (570 a.C – 469 a.C)
Filósofo e matemático.
Atribúeselle o teorema que leva o seu nome e que establece a relación
entre os lados dun triángulo rectángulo.
Fundó unha escola en Crotona (Italia) que funcionaba como unha secta
relixiosa.
A escola de Crotona admitía mulleres. Entre elas estaba Teano, unha
das máis importantes matemáticas da época e posiblemente esposa de
Pitágoras.
EUCLIDES
Grecia (325 a.C – 265 a.C)
EUCLIDES
Grecia (325 a.C – 265 a.C)
É coñecido como o “pai da xeometría”, aínda que non hai seguridade
de que sexa autor de todo o que se lle atribúe.
Fundou unha escola matemática en Alejandría.
A súa principal obra é Os elementos, na que se formulan os cinco
postulados sobre os que se constrúe toda a xeometría euclidiana.
É autor do algoritmo que leva o seu nome para o cálculo do máximo
común divisor de dous números.
TALES
Mileto (624 a.C – 548 a.C)
TALES
Mileto (624 a.C – 548 a.C)
Astrónomo e xeómetra.
Considérase o “pai da filosofía”, xa que foi o primeiro filósofo grego
que intentou dar unha explicación física do Universo, evitando recorrer
á mitoloxía.
É autor de varios teoremas xeométricos que foron posteriormente
recollidos por Euclides na súa obra Elementos.
Mediu as pirámides de Exipto a partir da súa sombra.
Predixo a eclipse que tivo lugar no ano 585 a. C.
RENÉ DESCARTES
Francia (1596 - 1650)
RENÉ DESCARTES
Francia (1596 - 1650)
Filósofo, matemático e físico francés considerado como o pai da
xeometría analítica e da filosofía moderna.
Foi unha das principais figura da Idade da Razón.
Traballou no campo da álxebra e das matemáticas, no que creou o
sistema de coordenadas cartesianas.
Inventou a regra do paralelogramo, que permitiu combinar forzas non
paralelas.
BLAISE PASCAL
Francia (1623 - 1662)
BLAISE PASCAL
Francia (1623 - 1662)
Matemático, físico e filósofo relixioso que traballou nos campos da
aritmética, xeometría e cálculo de probabilidades.
En 1642 inventou a primeira calculadora e en 1648 demostrou que o
nivel de mercurio dun barómetro determínao o aumento ou diminución
da presión atmosférica.
Na súa honra denomínase Pascal a unidade de presión no Sistema
Internacional.
JAMES WATT
Escocia (1736 - 1819)
JAMES WATT
Escocia (1736 - 1819)
Enxeñeiro escocés cuxas melloras na eficiencia da máquina de
Newcomen deron lugar á máquina de vapor de auga e, con ela, á primeira
Revolución Industrial.
Inventou un conversor de movemento circular a rectilíneo, tamén un
medidor de presión de vapor no cilindro.
Creou a unidade “Cabalo de Potencia” para comparar rendementos de
máquinas e motores.
O Vatio (unidade de Potencia Eléctrica no Sistema Internacional) chámase
así na súa honra.
1769: Patenta a máquina de vapor
ANDRÉ-MARIE AMPÈRE
Francia (1775 – 1836)
ANDRÉ-MARIE AMPÈRE
Francia (1775 – 1836)
Matemático e físico francés considerado coma un dos descubridores
do electromagnetismo.
En 1827 publicou a súa Teoría matemática dos fenómenos
electrodinámicos, na que presentou a famosa Lei de Ampére.
O amperio é a unidade de intensidade de corriente eléctrica no Sistema
Internacional, nomeada así na súa honra.
HANS CHRISTIAN OERSTED
Dinamarca (1777 – 1851)
HANS CHRISTIAN OERSTED
Dinamarca (1777 – 1851)
Físico e químico danés estudoso do electromagnetismo.
En 1820 descubriu a relación entre a electricidade e o magnetismo:
demostrou que un fío condutor de corrente podía mover a agulla
imantada dun compás.
Ampère baseouse nos experimentos de Oersted para desenvolver a
súa teoría sobre o electromagnetismo.
Foi o primeiro en illar e producir o aluminio.
MICHAEL FARADAY
Inglaterra (1791–1867)
MICHAEL FARADAY
Inglaterra (1791–1867)
Este británico foi un dos científicos máis importantes do século XIX
pois realizou importantes contribucións á física e á química.
Descubriu o fenómeno coñecido como indución electromagnética.
Estableceu as leis da electrolise.
Descubriu o benceno.
Na súa honra nomeouse Faradio (F) á unidade de capacidade eléctrica
do Sistema Internacional.
JAMES PRESCOTT JOULE
Inglaterra (1818 – 1889)
JAMES PRESCOTT JOULE
Inglaterra (1818 – 1889)
Físico inglés coñecido principalmente polas súas investigacións en
electricidade, termodinámica e enerxía.
Descubriu a natureza da calor e investigou a súa relación co traballo
mecánico.
Na súa honra, a unidade de enerxía no Sistema Internacional chámase
Joule (J).
Atopou unha relación entre a corrente eléctrica que atravesa un
condutor e a calor desprendida: Efecto Joule.
Thomas Alva EDISON
EEUU (1847 - 1931)
Thomas Alva EDISON
EEUU (1847 - 1931)
Inventor, científico e empresario americano
En 1877 inventa o fonógrafo.
En 1879 desenvolve a primeira lámpada práctica de filamento
incandescente. O 21 de Outubro consegue que funcione 48 horas
seguidas.
En 1883 descobre o efecto Edison: paso de electricidade dende un
filamento a unha lámina metálica dentro dun globo de lámpada
incandescente
En 1894 inventa unha máquina de cine rudimentaria.
GRAHAM BELL
Escocia (1847 - 1922)
GRAHAM BELL
Escocia (1847 - 1922)
Físico, científico e inventor Británico.
No ano 1876 consegue a patente do teléfono (aínda que este xa fora
inventado polo italiano Antonio Meucci, 20 anos antes).
No ano 1877 crea a compañía de teléfonos Bell. En 1886, xa había mais
de 150000 teléfonos en Estados Unidos.
O 25 de Xaneiro de 1915 fai a primeira chamada transcontinental entre
Nueva York e San Francisco.
NIKOLA TESLA
Smiljan, Croacia (1856 - 1943)
NIKOLA TESLA
Smiljan, Croacia (1856 - 1943)
Prolífico inventor, enxeñeiro mecánico, enxeñeiro electricista e físico
de orixe serbia.
En 1888 patenta o motor de indución e outros dispositivos de campo
magnético rotatorio.
En 1943, a Corte Suprema dos Estados Unidos acreditouno como
inventor da radio.
Entre os numerosos inventos aos que contribuiu figuran tamén: o
motor de corrente alterna, a corrente alterna polifásica, o microscopio
electrónico, o radar, o control remoto, a produción Raios X, a bobina
Tesla...
HEINRICH HERTZ
Alemania (1857 - 1894)
HEINRICH HERTZ
Alemania (1857 - 1894)
Físico alemán descubridor do efecto fotoeléctrico, explicado anos
máis tarde por Einstein.
En 1888 demostrou a existencia da radiación electromagnética ao
fabricar un aparato capaz de producir ondas de radio.
Na súa honra nomeouse o hercio (Hz) como a unidade de frecuencia
no Sistema Internacional.
Os seus artigos foron utilizados por Marconi para construír un emisor
de radio.
HENRY T. FORD
EEUU (1863 - 1947)
HENRY T. FORD
EEUU (1863 - 1947)
Empresario fundador da empresa automovilística FORD e pai dos
modernos sistemas de produción en cadea.
En 1896 inventa o seu propio vehículo autopropulsado.
En 1903 a compañía Ford Motor Company da que era socio lanza o modelo
Ford 999 que amosa unhas características técnicas superiores.
En 1908 lanza o Ford T: barato e fácil de conducir. A rede de distribución
expande e potencia o modelo de integración vertical.
En 1914 a compañía multiplica o salario dos seus empregados co cal
consegue o persoal máis cualificado e aumenta exponencialmente a
productividade.
JOHN VON NEUMANN
Hungría (1903 - 1957)
JOHN VON NEUMANN
Hungría (1903 - 1957)
Matemático húngaro-estadounidense con contribucións fundamentais
en computación, física, economía, análise, estatística,...
En 1943 é recrutado para o proxecto Manhattan (bomba atómica) no
que deseñou o método de implosión.
Deu nome á arquitectura Von Neumann empregada por case tódolos
ordenadores.
Deseñou modelos de autómatas celulares autorreplicables.
Os seus algoritmos para o estudo da viscosidade foron claves en
avances aeronáuticos tales coma jets ou motores espaciais.
Wernher Von BRAUN
Alemania (1912 - 1977)
Wernher Von BRAUN
Alemania (1912 - 1977)
Enxeñeiro aeroespacial alemán (nacionalizado estadounidense pola
NASA), considerado un dos mellores deseñadores de cohetes do S.XX
Xefe de deseño dos cohetes supersónicos V2, empregados polos
alemáns na Segunda Guerra Mundial.
Xefe de deseño do cohete Saturno V que levou os americanos á lúa
entre os anos 1969 e 1972.
STEVE JOBS
EEUU (1955 - 2011)
STEVE JOBS
EEUU (1955 - 2011)
Empresario estadounidense do sector informático e do ocio.
En 1976 funda, xunto a Steve Wozniak a empresa Apple. O éxito da
compañía faino, con só 26 anos, un personaxe popular e millonario.
En 1984 Apple lanza o Macintosh 128K, o primeiro ordenador persoal
exitoso fronte á competencia, pola novidade da interface gráfica
manexada cun rato.
Durante os anos 90, adquire “Lucasfilm” que transforma en “Pixar” e que
tras o éxito de “Toy Story “ se integra en Disney.
Co lanzamento en 2001 do Ipod e en 2003 da tenda online iTunes, cambia
o negocio da música en liña.
BILL GATES
EEUU (1955)
BILL GATES
EEUU (1955)
Programador, empresario e filántropo estadounidense.
En 1976 funda, xunto a Paul Allen, a empresa Microsoft Corporation para a
produción de software informático.
En 1980 chegan a un acordo para subministrar o sistema operativo MS-
DOS aos novos equipos de IBM. Este S. O. xeneralízase.
No ano 1983 introduce o rato e o S. Operativo Windows para o manexo da
interface do ordenador.
O patrimonio de Bill Gates medra paralelo á expansión de Microsoft ata
que no ano 2006 abandona a compañía para dedicarse a labores
filantrópicos a través da “fundación Bill e Melinda Gates”.
IES “Ramón Mª Aller Ulloa”
Lalín

More Related Content

Viewers also liked

Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.marelatarabela
 
Presentación proxecto equinoccio
Presentación proxecto equinoccioPresentación proxecto equinoccio
Presentación proxecto equinocciomarelatarabela
 
Comprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei KeplerComprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei Keplermarelatarabela
 
Motor levitante de enerxía solar.
Motor levitante de enerxía solar.Motor levitante de enerxía solar.
Motor levitante de enerxía solar.marelatarabela
 
Propiedades dos líquidos
Propiedades dos líquidosPropiedades dos líquidos
Propiedades dos líquidosmarelatarabela
 
Resolución examen "Comunicación oral y escrita en lengua española I", Grado e...
Resolución examen "Comunicación oral y escrita en lengua española I", Grado e...Resolución examen "Comunicación oral y escrita en lengua española I", Grado e...
Resolución examen "Comunicación oral y escrita en lengua española I", Grado e...José-Ramón Carriazo Ruiz
 
Guía del curso virtual literatura inglesa I ejes de la literatura medieval ...
Guía del curso virtual   literatura inglesa I ejes de la literatura medieval ...Guía del curso virtual   literatura inglesa I ejes de la literatura medieval ...
Guía del curso virtual literatura inglesa I ejes de la literatura medieval ...cansadodesperar
 

Viewers also liked (9)

Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.
 
Presentación proxecto equinoccio
Presentación proxecto equinoccioPresentación proxecto equinoccio
Presentación proxecto equinoccio
 
Comprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei KeplerComprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei Kepler
 
Física recreativa
Física recreativaFísica recreativa
Física recreativa
 
Motor levitante de enerxía solar.
Motor levitante de enerxía solar.Motor levitante de enerxía solar.
Motor levitante de enerxía solar.
 
Física sorprendente
Física sorprendenteFísica sorprendente
Física sorprendente
 
Propiedades dos líquidos
Propiedades dos líquidosPropiedades dos líquidos
Propiedades dos líquidos
 
Resolución examen "Comunicación oral y escrita en lengua española I", Grado e...
Resolución examen "Comunicación oral y escrita en lengua española I", Grado e...Resolución examen "Comunicación oral y escrita en lengua española I", Grado e...
Resolución examen "Comunicación oral y escrita en lengua española I", Grado e...
 
Guía del curso virtual literatura inglesa I ejes de la literatura medieval ...
Guía del curso virtual   literatura inglesa I ejes de la literatura medieval ...Guía del curso virtual   literatura inglesa I ejes de la literatura medieval ...
Guía del curso virtual literatura inglesa I ejes de la literatura medieval ...
 

Similar to Xincana_fichas_biograficas

Similar to Xincana_fichas_biograficas (20)

Cmc científicos século xx (resumo).docx
Cmc científicos século xx (resumo).docxCmc científicos século xx (resumo).docx
Cmc científicos século xx (resumo).docx
 
Grandes Científicos Touro_2015
Grandes Científicos Touro_2015Grandes Científicos Touro_2015
Grandes Científicos Touro_2015
 
Mulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da cienciaMulleres na historia da ciencia
Mulleres na historia da ciencia
 
Presentación2 (2)
Presentación2 (2)Presentación2 (2)
Presentación2 (2)
 
Presentación1 Adri
Presentación1 AdriPresentación1 Adri
Presentación1 Adri
 
Grandes astrónomos
Grandes astrónomosGrandes astrónomos
Grandes astrónomos
 
As mulleres científicas máis influíntes na historia
As mulleres científicas máis influíntes na historiaAs mulleres científicas máis influíntes na historia
As mulleres científicas máis influíntes na historia
 
O entroido no 3º ciclo 2014
O entroido no 3º ciclo 2014O entroido no 3º ciclo 2014
O entroido no 3º ciclo 2014
 
Rutherford
RutherfordRutherford
Rutherford
 
Estructuramateria3eso
Estructuramateria3esoEstructuramateria3eso
Estructuramateria3eso
 
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena TorranoMarie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
 
Ciencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleresCiencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleres
 
Stephen Hawking
Stephen HawkingStephen Hawking
Stephen Hawking
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
George Cuvier (Noelia e Nuria)
George Cuvier (Noelia e Nuria)George Cuvier (Noelia e Nuria)
George Cuvier (Noelia e Nuria)
 
Astronom@s
Astronom@sAstronom@s
Astronom@s
 
Premio Fonseca
Premio FonsecaPremio Fonseca
Premio Fonseca
 
Traballo ciencias
Traballo cienciasTraballo ciencias
Traballo ciencias
 
Unidade didáctica 2 o universo
Unidade didáctica 2 o universoUnidade didáctica 2 o universo
Unidade didáctica 2 o universo
 

More from marelatarabela

Mujeres que hacen historia: Marie Curie
Mujeres que hacen historia: Marie CurieMujeres que hacen historia: Marie Curie
Mujeres que hacen historia: Marie Curiemarelatarabela
 
Presentación proxecto equinoccio
Presentación proxecto equinoccioPresentación proxecto equinoccio
Presentación proxecto equinocciomarelatarabela
 
A hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_realA hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_realmarelatarabela
 
MINERAIS - CRISTALOGRAFÍA - TOC TOCA CIENCIA
MINERAIS - CRISTALOGRAFÍA - TOC TOCA CIENCIAMINERAIS - CRISTALOGRAFÍA - TOC TOCA CIENCIA
MINERAIS - CRISTALOGRAFÍA - TOC TOCA CIENCIAmarelatarabela
 
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallegomarelatarabela
 
2º concurso ies ramón maría aller ulloa.castellano
2º concurso ies ramón maría aller ulloa.castellano2º concurso ies ramón maría aller ulloa.castellano
2º concurso ies ramón maría aller ulloa.castellanomarelatarabela
 
Exposición de pneumática
Exposición de pneumáticaExposición de pneumática
Exposición de pneumáticamarelatarabela
 
Exposición electronica
Exposición electronicaExposición electronica
Exposición electronicamarelatarabela
 
Lombarda 1ª exposición tocaciencia-2: A química dos alimentos
Lombarda 1ª exposición tocaciencia-2: A química dos alimentosLombarda 1ª exposición tocaciencia-2: A química dos alimentos
Lombarda 1ª exposición tocaciencia-2: A química dos alimentosmarelatarabela
 
Ano internacional da química
Ano internacional da químicaAno internacional da química
Ano internacional da químicamarelatarabela
 

More from marelatarabela (17)

Mujeres que hacen historia: Marie Curie
Mujeres que hacen historia: Marie CurieMujeres que hacen historia: Marie Curie
Mujeres que hacen historia: Marie Curie
 
Presentación proxecto equinoccio
Presentación proxecto equinoccioPresentación proxecto equinoccio
Presentación proxecto equinoccio
 
A hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_realA hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_real
 
A hemofilia
A hemofiliaA hemofilia
A hemofilia
 
Exposicion magnetismo
Exposicion magnetismoExposicion magnetismo
Exposicion magnetismo
 
Ilusións ópticas
Ilusións ópticas Ilusións ópticas
Ilusións ópticas
 
MINERAIS - CRISTALOGRAFÍA - TOC TOCA CIENCIA
MINERAIS - CRISTALOGRAFÍA - TOC TOCA CIENCIAMINERAIS - CRISTALOGRAFÍA - TOC TOCA CIENCIA
MINERAIS - CRISTALOGRAFÍA - TOC TOCA CIENCIA
 
Matematicas maxicas
Matematicas maxicasMatematicas maxicas
Matematicas maxicas
 
Microscopio optico
Microscopio opticoMicroscopio optico
Microscopio optico
 
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
 
2º concurso ies ramón maría aller ulloa.castellano
2º concurso ies ramón maría aller ulloa.castellano2º concurso ies ramón maría aller ulloa.castellano
2º concurso ies ramón maría aller ulloa.castellano
 
Exposición de pneumática
Exposición de pneumáticaExposición de pneumática
Exposición de pneumática
 
Química recreativa
Química recreativaQuímica recreativa
Química recreativa
 
Amidón
AmidónAmidón
Amidón
 
Exposición electronica
Exposición electronicaExposición electronica
Exposición electronica
 
Lombarda 1ª exposición tocaciencia-2: A química dos alimentos
Lombarda 1ª exposición tocaciencia-2: A química dos alimentosLombarda 1ª exposición tocaciencia-2: A química dos alimentos
Lombarda 1ª exposición tocaciencia-2: A química dos alimentos
 
Ano internacional da química
Ano internacional da químicaAno internacional da química
Ano internacional da química
 

Xincana_fichas_biograficas

  • 1. XINCANA BIOGRÁFICAXINCANA BIOGRÁFICA 58 biografías da ciencia e a tecnoloxía 58 biografías da ciencia e a tecnoloxía
  • 2. ANTOINE LAVOISIER Francia (1746 - 1794) ANTOINE LAVOISIER Francia (1746 - 1794) Químico e economista francés considerado como o fundador da Química moderna. Foi un personaxe destacado na sociedade francesa do seu tempo e desempeñou diversos cargos públicos. Demostrou que nunha reacción química a cantidade de materia é a mesma ao final e ao comezo dela. En 1789 publicou o “Tratado Elemental de Química”, libro que se empregaría durante décadas nas universidades. En 1794 foi condenado a morte e guillotinado.
  • 3. NIELS BÖHR Dinamarca (1885 - 1962) NIELS BÖHR Dinamarca (1885 - 1962) Estudou en Inglaterra baixo o mandato de Rutherford. Realizou importantes contribucións sobre a estrutura do átomo. En 1913 publicou o seu modelo atómico baseándose nas teorías propostas por Rutherford. Este modelo indica que os electróns do átomo se atopan arredor do núcleo en niveis enerxéticos definidos. Recibiu o premio Nobel de Física en 1922. En 1945 comezou a desenvolver usos pacifistas para a enerxía nuclear. Un dos seus máis famosos estudantes foi Heisenberg.
  • 4. ROBERT BOYLE Inglaterra (1627 - 1691) ROBERT BOYLE Inglaterra (1627 - 1691) Considérase que a Química nace como ciencia a partir das súas numerosas contribucións neste campo. Estableceu a chamada “lei de Boyle” que relaciona o volume e a presión dun gas. Avanzou cara á versión moderna dos elementos como os constituíntes do corpos materiais. Comprendeu a diferenza entre as mesturas e os compostos. Realizou estudos sobre a combustión e a respiración descubrindo a intervención do osíxeno.
  • 5. NICOLÁS COPÉRNICO Polonia (1473 - 1543) NICOLÁS COPÉRNICO Polonia (1473 - 1543) Clérigo, médico e matemático, considérase o fundador da astronomía moderna. Estudou os escritos dos filósofos gregos buscando referencias ao problema do movemento terrestre. Desenvolveu o primeiro modelo matemático heliocéntrico do sistema solar: a Terra e os planetas xiran ao redor do sol. Personaxe clave na Revolución Científica. A súa obra De revolutionibus orbium coelestium, que escribiu entre 1507 e 1532, non foi publicada ata 1543, ano do seu pasamento.
  • 6. GALILEO GALILEI Italia (1564 - 1642) GALILEO GALILEI Italia (1564 - 1642) Astrónomo e físico italiano relacionado estreitamente coa Revolución Científica. O seu traballo rompe coas ideas da física aristotélica. Foi xulgado por herexía ante a Inquisición debido aos seus argumentos en favor do sistema heliocéntrico: a Terra e os planetas xiran ao redor do Sol. Formulou as leis de caída libre dos corpos e da traxectoria parabólica dos proxectís e estudou o movemento do péndulo. Deseñou un telescopio co que observou os satélites de Xúpiter. En 1992, a Igrexa Católica admitiu que se equivocara ao condenalo.
  • 7. JOHANNES KEPLER Alemaña (1571 - 1630) JOHANNES KEPLER Alemaña (1571 - 1630) Astrónomo, matemático e teólogo alemán partidario da controvertida teoría heliocéntrica copernicana e figura clave na revolución científica. Coñecido principalmente polas súas tres leis sobre o movemento dos planetas ao redor do sol, publicadas en 1609 no seu libro Astronomia nova. Na primeira das leis afirma que as órbitas planetarias son elípticas e rompe así coa idea de que as órbitas eran circulares. Abriu o camiño para que Newton conseguise explicar o porqué destes movementos.
  • 8. ALBERT EINSTEIN Alemaña (1879 - 1955) ALBERT EINSTEIN Alemaña (1879 - 1955) Físico teórico alemán que revolucionou os conceptos de espazo e tempo a principios do século XX. En 1905 publico a Teoría de Relatividade Especial. Deduciu a equivalencia masa – enerxía que se resume na popular expresión matemática E = m·C2 En 1915 publicou a Teoría Xeral da Relatividade, na que reformulou o concepto de gravidade. Obtivo o premio Nobel de Física en 1921 pola súa explicación do Efecto Fotoeléctrico.
  • 9. ISAAC NEWTON Inglaterra (1642 -1727) ISAAC NEWTON Inglaterra (1642 -1727) Matemático, físico e alquimista. Estudou na Universidade de Cambridge, na que foi profesor aos 27 anos. A súa contribución científica é das máis prolíficas que existiu: Desenvolveu a teoría do cálculo diferencial e integral. Formulou as leis da dinámica. Interpretou a natureza da luz. Formulou a lei da gravitación universal. A súa Philosophiae Naturalis Principia Mathematica, os Principia, consíderase como o libro máis importante da historia da ciencia.
  • 10. WERNER HEISENBERG Alemaña (1901 - 1979) WERNER HEISENBERG Alemaña (1901 - 1979) Físico teórico alemán que realizou importantes contribucións no campo da estrutura atómica. Entre 1925 e 1926 desenvolveu unha das formulacións da Mecánica Cuántica, teoría que se convertiría nunha das grandes revolucións científicas do século XX. En 1927 formulou o principio de incertidume e en 1932 propuxo unha teoría que explicaba a estrutura dos núcleos atómicos. Recibiu o premio Nobel de Física en 1932 cando tiña tan só 32 anos. Estivo a cargo do proxecto alemán para fabricar unha bomba atómica.
  • 11. MARIE SKLODOWSKA - CURIE Polonia (1867 - 1934) MARIE SKLODOWSKA - CURIE Polonia (1867 - 1934) Química e física polaca pioneira no campo da radiactividade. Casou co físico francés Pierre Curie en 1895 e xuntos descubriron os elementos químicos Radio e Polonio. O estudo do matrimonio Curie dos elementos radiactivos axudou á comprensión da natureza dos átomos. Foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e a única galardoada co premio Nobel en dúas ocasións, 1903 e 1911. Durante a 1ª guerra mundial equipou camionetas con aparellos de raios X para seren empregados no campo de batalla.
  • 12. J. J. THOMSON Inglaterra (1856 - 1940) J. J. THOMSON Inglaterra (1856 - 1940) Físico británico e brillante experimentador. Realizou unha serie de experimentos en tubos de raios catódicos que o levaron ao descubrimento do electrón. En 1897 determinou a relación carga-masa do electrón. Propuxo o segundo modelo atómico para o átomo que consistía nunha esfera maciza cargada positivamente, na que se atopaban incrustadas unhas partículas cargadas negativamente: os electróns. Recibiu o premio Nobel de Física en 1906 polo seu traballo sobre a condución da electricidade a través dos gases.
  • 13. ERNST RUTHERFORD Nueva Zelanda (1871 - 1937) ERNST RUTHERFORD Nueva Zelanda (1871 - 1937) Considerado un dos pais da Física Atómica. Traballou no laboratorio Cavendish de Cambridge baixo o mandato de J.J. Thomson. Estudou as emisións radioactivas descubertas por H. Becquerel e clasificounas alfa, beta e gamma. Demostrou, xunto con Geiger e Marsden, que o átomo é unha estrutura principalmente oca. Conseguiu realizar a primeira reacción nuclear artificial en 1921. Recibiu o premio Nobel de Química en 1908.
  • 14. JOHN DALTON Inglaterra (1766 - 1844) JOHN DALTON Inglaterra (1766 - 1844) Naturalista, químico, matemático e meteorólogo. Estudou a enfermidade que padecía, coñecida como acromatopsia, e chamada posteriormente daltonismo na súa honra. Realizou estudos da variación da presión de vapor de varios líquidos, entre eles auga, en función da temperatura. En 1805 publicou a máis importante das súas contribucións á ciencia: A Teoría Atómica. Nela indica que a materia está formada por átomos: partículas indivisibles que se poden combinar para formar compostos.
  • 15. JAMES CLERCK MAXWELL Escocia (1831 - 1879) JAMES CLERCK MAXWELL Escocia (1831 - 1879) Brillante físico escocés coñecido principalmente polas súas achegas aos campos da termodinámica e do electromagnetismo. Baseándose en estudos realizados por Faraday e Ampère, expresou matematicamente en catro ecuacións a relación entre os fenómenos eléctricos e magnéticos. A partir das súas ecuacións deduciu que a luz é unha onda electromagnética que viaxa a 300 000 km/s. Morreu en 1879, nove anos antes da confirmación experimental da súa teoría electromagnética da man de Hertz.
  • 16. LISE MEITNER Austria (1878 - 1968) LISE MEITNER Austria (1878 - 1968) Física de orixe xudía que estudou en Viena aínda que traballou en Berlín con Otto Hann durante máis de trinta anos. Xunto con Otto Hann descubriu un novo elemento radiactivo, o protactinio e estudou a primeira reacción de fisión nuclear. Otto Hann publicou os resultados desta nova reacción, xunto co tamén físico Fritz Strassman polos que recibiron o premio Nobel en 1944. Foi Lise quen realmente soubo explicar o mecanismo da fisión nuclear. As súas contribucións á física non foron recoñecidas ata 1966 cando recibiu a medalla Enrico Fermi nos Estados Unidos. Na súa honra nomeouse Meitnerio ao elemento número 109 do sistema periódico.
  • 17. IRENE JOLIOT-CURIE Francia (1897 - 1956) IRENE JOLIOT-CURIE Francia (1897 - 1956) Física e química francesa filla de Pierre e Marie Curie. Durante a primeira guerra mundial foi asistente de radioloxía en varios hospitais franceses. Traballou como axudante da súa nai no Instituto do Radio de París, máis tarde coñecido como Instituto Curie. Casou co tamén físico Frederic Joliot e con el dedicouse á investigación no campo da Física Nuclear. En 1934 conseguiron producir artificialmente elementos radiactivos. Foron galardoados co premio Nobel de Química en 1935.
  • 18. DIMITRI MENDELEIEV Rusia (1834 - 1907) DIMITRI MENDELEIEV Rusia (1834 - 1907) Químico ruso que destacou principalmente polo establecemento do sistema periódico dos elementos. Clasificou os elementos químicos en función das súas masas atómicas e tendo en conta as súas propiedades. A súa obra abriu o paso aos avances na química do século XX. Entre os seus traballos tamén destacan: Estudos sobre a expansión térmica dos líquidos. Estudo das desviacións dos gases reais do comportamento descrito por Boyle-Mariotte. Contribucións á industria da sosa e do petróleo en Rusia Na súa honra nomeouse Mendelevio ao elemento químico número 101.
  • 19. SEVERO OCHOA España (1905 - 1993) SEVERO OCHOA España (1905 - 1993) Bioquímico e biólogo molecular. Realizou importantes investigacións nos campos da farmacoloxía e da bioquímica . Estudou a replicación dos virus que teñen ARN como material xenético. Estudou a síntese proteica, descubrindo os factores de iniciación da tradución. Descobre, xunto con Arthur Kornberg, o mecanismo de síntese do ARN e do ADN, polo que reciben o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1959.
  • 20. JANE GOODALL Inglaterra (1934) JANE GOODALL Inglaterra (1934) Zoóloga e antropóloga. Dedica a súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés en África. As súas observacións sobre a conduta instrumental destes animais, os seus hábitos de caza, a súa intelixencia, as súas emocións e a súa personalidade individual, revolucionaron a bioloxía e a nosa percepción sobre os outros primates, pois ata entón considerábase que só a especie humana era capaz de utilizar ferramentas. Preocupouse por promover estilos de vida máis sostibles en todo o planeta.
  • 21. CARL LINNEO Suecia (1707 - 1778) CARL LINNEO Suecia (1707 - 1778) Científico, naturalista, botánico e zoólogo. Estableceu un sistema de nomenclatura binomial para nomear os seres vivos, sistema que rápidamente se utilizou como sistema estándar para nomear as especies. Considérase o pai da Taxonomía, ciencia que clasifica os seres vivos en niveis xerárquicos. Demostrou a reprodución sexual das plantas e deu o nome actual ás partes da flor. Tamén se considera un dos pais da Ecoloxía.
  • 22. MARGARITA SALAS España (1938) MARGARITA SALAS España (1938) Bioquímica asturiana discípula de Severo Ochoa. A súa maior contribución á ciencia son traballos sobre enzimas e sobre xenética, centrados no mecanismo de transmisión da información xenética. Xunto co seu equipo deseñou unha reacción en cadea chamada PCR, capaz de producir millóns de copias dun fragmento de ADN, aínda que o premio Nobel por estas investigacións levouno un home, Kary Mullis, en 1983. Traballa no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” e no CSIC.
  • 23. LYNN MARGULIS EE.UU. (1938 - 2011) LYNN MARGULIS EE.UU. (1938 - 2011) Catedrática de Bioloxía e Xenética. Xunto con James Lovelock ideou a hipótese Gaia que propón que a Terra e todos os seus seres vivos constitúen unha entidade complexa autorregulada. Autora da Teoría da Endosimbiose segundo a cal, as células eucariotas orixináronse pola simbiose permanente de diferentes tipos de células procariotas. Propuxo unha clasificación dos seres vivos en cinco Reinos: Moneras, Protoctistas, Fungos, Metafitas e Metazoos.
  • 24. ALFRED WEGENER Alemania(1880 - 1930) ALFRED WEGENER Alemania(1880 - 1930) Xeofísico e meteorólogo. Foi profesor de meteoroloxía na universidade de Marburgo. Desenvolveu a Teoría da Deriva Continental: impresionado polas semellanzas das liñas de costa de África e América do Sur, ademais da presenza de fósiles similares en ambos os continentes, supuxo que os actuais continentes xurdiron da fragmentación dun único supercontinente, Panxea, hai 200 millóns de anos. Morreu nunha expedición a Groenlandia sen que a súa teoría fose totalmente aceptada.
  • 25. WATSON & CRICK WATSON & CRICK James Watson (1928): biólogo e zoólogo estadounidense. Francis Crick (1916 – 2004): biólogo británico Baseándose nos estudos realizados por Rosalind Franklin determinaron a estrutura tridimensional en dobre hélice do ADN en 1953. Este descubrimento foi esencial para o posterior desenvolvemento da Bioloxía e da Xenética e por el recibiron o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1962. James Watson tamén participou no Proxecto Xenoma Humano, no que se determinou a secuencia de bases que compoñen o noso ADN.
  • 26. CHARLES DARWIN Inglaterra(1809 - 1882) CHARLES DARWIN Inglaterra(1809 - 1882) Estudou Medicina na Universidade de Edimburgo, aínda que deixou estes estudos para dedicarse á investigación dos invertebrados mariños. Aos 22 anos embarcouse no Beagle como naturalista co que emprendeu unha expedición científica ao redor do mundo durante cinco anos. Sentou as bases da moderna teoría evolutiva, ao presentar o concepto de que todas as formas de vida se desenvolveron a través dun lento proceso de selección natural a partir dun antepasado común.
  • 27. ALEXANDER FLEMING Escocia (1881 - 1955) ALEXANDER FLEMING Escocia (1881 - 1955) Médico microbiólogo Desenvolveu importantes investigacións nos campos da bacterioloxía, a quimioterapia e a inmunoloxía. Descubriu a lisozima, unha encima antimicrobiana. Coñecido principalmente polo descubrimento en 1928 da penicilina, no curso das súas investigacións sobre a gripe. A penicilina é un antibiótico producido polo fungo Penicillium notatum. Este descubrimento supuxo un cambio drástico para a medicina moderna, iniciando a chamada “Era dos antibióticos”.
  • 28. GREGOR MENDEL Austria (1822 - 1884) GREGOR MENDEL Austria (1822 - 1884) Alternou os estudos de Teoloxía cos de Ciencias Naturais. A partir dos seus experimentos nos que realizou cruzamentos con guisantes, estableceu as primeiras hipóteses sobre a herdanza dos caracteres e formulou as tres leis da herdanza coñecidas como Leis de Mendel, grazas ás que foi posible iniciar os coñecementos sobre os mecanismos da herdanza: 1ª lei ou lei da uniformidade. 2ª lei ou lei da segregación independente. 3ª lei ou lei da independencia dos caracteres.
  • 29. S. RAMÓN Y CAJAL España(1852 - 1934) S. RAMÓN Y CAJAL España(1852 - 1934) Cursou a carreira de Medicina en Zaragoza. Foi catedrático de anatomía na Universidade de Valencia, destacando na loita contra a epidemia de cólera que azoutou esta cidade en 1885. Dedicouse ao estudo das conexións entre as neuronas, para o que desenvolveu métodos de tinción propios. Grazas a isto demostrou que as neuronas son os constituíntes fundamentais do tecido nervioso e a discontinuidade celular das mesmas. Tamén anticipou o mecanismo de propagación do impulso nervioso. Recibiu o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1906.
  • 30. ROSALIND FRANKLIN Inglaterra(1920-1958) ROSALIND FRANKLIN Inglaterra(1920-1958) Doutorada en química e física na Universidade de Cambridge en 1941. Realizou estudos da microestrutura do carbón e do grafito. Utilizou técnicas de raios X para o estudo das febras de ADN. Mediante difracción de raios X tomou fotografías de mostras de ADN, facendo posible a identificación da súa estrutura helicoidal. As imaxes obtidas foron utilizadas, sen a súa autorización, para a realización do modelo de dobre hélice do ADN, polo que Watson e Crick obtiveron o Premio Nobel en 1962. Hoxe sábese que a verdadeira mente mestra que houbo detrás deste descubrimento foi Rosalind Franklin.
  • 31. LOUIS PASTEUR Francia(1822 - 1895) LOUIS PASTEUR Francia(1822 - 1895) Químico e bacteriólogo. En 1848 descubriu a isomería óptica. Estudou os procesos de fermentación e demostrou que se deben á presenza de microorganismos. Rebatiu de forma definitiva a antiga teoría da xeración espontánea. En 1870 orientou a súa actividade ao estudo das enfermidades infecciosas, demostrando que se producen pola entrada de microorganismos patóxenos no corpo. Obtivo unha vacina contra a rabia.
  • 32. MIGUEL SERVET España(1511 - 1553) MIGUEL SERVET España(1511 - 1553) Teólogo e médico. O seu interese abarcou varias ciencias: astronomía, xeografía, anatomía, meteoroloxía,... Realizou un estudo sobre o sistema da circulación pulmonar ou menor do sangue, describindo con precisión o seu percorrido desde o corazón ata os pulmóns para a súa osixenación e descartando así as ideas de Galeno que supoñía que os ventrículos dereito e esquerdo estaban comunicados. Foi xulgado por herexe e condeado a morrer queimado.
  • 33. JOHN NEPER Escocia (1550 - 1617) JOHN NEPER Escocia (1550 - 1617) Coñecido por introducir o primeiro sistema de logaritmos, método matemático que exercería unha enorme influencia en todos os campos da matemática aplicada. Foi o primeiro en utilizar a notación decimal para expresar fraccións decimais de forma sistemática. Inventou sistemas mecánicos para realizar cálculos aritméticos.
  • 34. SOPHIE GERMAIN Francia (1776 - 1831) SOPHIE GERMAIN Francia (1776 - 1831) Matemática autodidacta: estudou o Cálculo Diferencial consultando libros da biblioteca do seu pai. Aprendeu soa latín para poder ler a Newton e a Euler. A Escola Politécnica de París non admitía mulleres, pero ela conseguiu facerse con apuntamentos dalgúns cursos. Asinaba os seus traballos con pseudónimos masculinos para que llos tivesen en conta. Estudou as superficies elásticas e fixo importantes contribucións á Teoría de Números e ás Matemáticas Aplicadas, achegas que aínda hoxe seguen en vigor.
  • 35. PAOLO RUFFINI Italia (1765 - 1822) PAOLO RUFFINI Italia (1765 - 1822) Estudou medicina aínda que dedicou a súa vida ás matemáticas. Descubridor do chamado método de Ruffini que permite calcular os coeficientes do polinomio que resulta da división dun polinomio calquera polo binomio (x-a). Xunto con Abel, demostrou a imposibilidade de resolver mediante procesos elementais de álxebra as ecuacións xerais de un grao superior a catro (teorema de Abel – Ruffini). No campo da medicina, estudou o tifo durante a epidemia de 1817. Entre as súas obras destaca Teoría xeral das ecuacións (1798).
  • 36. ISAAC BARROW Inglaterra (1630 - 1677) ISAAC BARROW Inglaterra (1630 - 1677) Matemático e profesor de grego e xeometría en Cambridge. Foi mestre de Isaac Newton. Os seus coñecementos de grego permitíronlle interpretar e editar obras de grandes sabios, como Arquímedes, Apolonio e Euclides. Desenvolveu un método para determinar a tanxente mediante métodos de cálculo aproximado. Foi o primeiro en observar a reciprocidade entre diferenciación e integración.
  • 37. LEONHARD EULER Suiza (1707 - 1783) LEONHARD EULER Suiza (1707 - 1783) A pesar de ter serios problemas de vista desde antes de cumprir os 30 anos, Euler produciu numerosas e moi importantes obras matemáticas. Realizou o primeiro tratamento analítico completo da álxebra, a teoría de ecuacións, a trigonometría e a xeometría analítica. Estudou o desenvolvemento de series de funcións. Estudou as superficies tridimensionais e demostrou que as seccións cónicas se representan mediante a ecuación xeral de segundo grao en dúas dimensións. Realizou contribucións á astronomía, á mecánica, á óptica e á acústica.
  • 38. B. BOLZANO R. Checa (1781 - 1848) B. BOLZANO R. Checa (1781 - 1848) Matemático e filósofo. Fíxose sacerdote en 1805, ano no que foi designado profesor de filosofía da relixión na Universidade de Praga. Apartado do seu cargo polo seu pensamento liberal, continuou publicando obras tan importantes como Teoría da ciencia (1837) e Paradoxos do infinito (1851). O seu traballo serviu de base e influíu no desenvolvemento da teoría de conxuntos de Georg Cantor en matemáticas e no desenvolvemento da fenomenoloxía de Edmund Hursserl en filosofía.
  • 39. C. F. GAUSS Alemania (1777 - 1855) C. F. GAUSS Alemania (1777 - 1855) Traballou fundamentalmente en Matemáticas e Física Matemática, aínda que tamén fixo importantes contribucións á Astronomía. É autor do Teorema Fundamental da Álxebra. Desenvolveu o método dos mínimos cadrados e as leis fundamentais da distribución da probabilidade. Desenvolveu o teorema dos números primos. Aplicou as matemáticas ao magnetismo e á electricidade (unha unidade de inducción magnética leva o seu nome).
  • 40. PITÁGORAS Grecia (570 a.C – 469 a.C) PITÁGORAS Grecia (570 a.C – 469 a.C) Filósofo e matemático. Atribúeselle o teorema que leva o seu nome e que establece a relación entre os lados dun triángulo rectángulo. Fundó unha escola en Crotona (Italia) que funcionaba como unha secta relixiosa. A escola de Crotona admitía mulleres. Entre elas estaba Teano, unha das máis importantes matemáticas da época e posiblemente esposa de Pitágoras.
  • 41. EUCLIDES Grecia (325 a.C – 265 a.C) EUCLIDES Grecia (325 a.C – 265 a.C) É coñecido como o “pai da xeometría”, aínda que non hai seguridade de que sexa autor de todo o que se lle atribúe. Fundou unha escola matemática en Alejandría. A súa principal obra é Os elementos, na que se formulan os cinco postulados sobre os que se constrúe toda a xeometría euclidiana. É autor do algoritmo que leva o seu nome para o cálculo do máximo común divisor de dous números.
  • 42. TALES Mileto (624 a.C – 548 a.C) TALES Mileto (624 a.C – 548 a.C) Astrónomo e xeómetra. Considérase o “pai da filosofía”, xa que foi o primeiro filósofo grego que intentou dar unha explicación física do Universo, evitando recorrer á mitoloxía. É autor de varios teoremas xeométricos que foron posteriormente recollidos por Euclides na súa obra Elementos. Mediu as pirámides de Exipto a partir da súa sombra. Predixo a eclipse que tivo lugar no ano 585 a. C.
  • 43. RENÉ DESCARTES Francia (1596 - 1650) RENÉ DESCARTES Francia (1596 - 1650) Filósofo, matemático e físico francés considerado como o pai da xeometría analítica e da filosofía moderna. Foi unha das principais figura da Idade da Razón. Traballou no campo da álxebra e das matemáticas, no que creou o sistema de coordenadas cartesianas. Inventou a regra do paralelogramo, que permitiu combinar forzas non paralelas.
  • 44. BLAISE PASCAL Francia (1623 - 1662) BLAISE PASCAL Francia (1623 - 1662) Matemático, físico e filósofo relixioso que traballou nos campos da aritmética, xeometría e cálculo de probabilidades. En 1642 inventou a primeira calculadora e en 1648 demostrou que o nivel de mercurio dun barómetro determínao o aumento ou diminución da presión atmosférica. Na súa honra denomínase Pascal a unidade de presión no Sistema Internacional.
  • 45. JAMES WATT Escocia (1736 - 1819) JAMES WATT Escocia (1736 - 1819) Enxeñeiro escocés cuxas melloras na eficiencia da máquina de Newcomen deron lugar á máquina de vapor de auga e, con ela, á primeira Revolución Industrial. Inventou un conversor de movemento circular a rectilíneo, tamén un medidor de presión de vapor no cilindro. Creou a unidade “Cabalo de Potencia” para comparar rendementos de máquinas e motores. O Vatio (unidade de Potencia Eléctrica no Sistema Internacional) chámase así na súa honra. 1769: Patenta a máquina de vapor
  • 46. ANDRÉ-MARIE AMPÈRE Francia (1775 – 1836) ANDRÉ-MARIE AMPÈRE Francia (1775 – 1836) Matemático e físico francés considerado coma un dos descubridores do electromagnetismo. En 1827 publicou a súa Teoría matemática dos fenómenos electrodinámicos, na que presentou a famosa Lei de Ampére. O amperio é a unidade de intensidade de corriente eléctrica no Sistema Internacional, nomeada así na súa honra.
  • 47. HANS CHRISTIAN OERSTED Dinamarca (1777 – 1851) HANS CHRISTIAN OERSTED Dinamarca (1777 – 1851) Físico e químico danés estudoso do electromagnetismo. En 1820 descubriu a relación entre a electricidade e o magnetismo: demostrou que un fío condutor de corrente podía mover a agulla imantada dun compás. Ampère baseouse nos experimentos de Oersted para desenvolver a súa teoría sobre o electromagnetismo. Foi o primeiro en illar e producir o aluminio.
  • 48. MICHAEL FARADAY Inglaterra (1791–1867) MICHAEL FARADAY Inglaterra (1791–1867) Este británico foi un dos científicos máis importantes do século XIX pois realizou importantes contribucións á física e á química. Descubriu o fenómeno coñecido como indución electromagnética. Estableceu as leis da electrolise. Descubriu o benceno. Na súa honra nomeouse Faradio (F) á unidade de capacidade eléctrica do Sistema Internacional.
  • 49. JAMES PRESCOTT JOULE Inglaterra (1818 – 1889) JAMES PRESCOTT JOULE Inglaterra (1818 – 1889) Físico inglés coñecido principalmente polas súas investigacións en electricidade, termodinámica e enerxía. Descubriu a natureza da calor e investigou a súa relación co traballo mecánico. Na súa honra, a unidade de enerxía no Sistema Internacional chámase Joule (J). Atopou unha relación entre a corrente eléctrica que atravesa un condutor e a calor desprendida: Efecto Joule.
  • 50. Thomas Alva EDISON EEUU (1847 - 1931) Thomas Alva EDISON EEUU (1847 - 1931) Inventor, científico e empresario americano En 1877 inventa o fonógrafo. En 1879 desenvolve a primeira lámpada práctica de filamento incandescente. O 21 de Outubro consegue que funcione 48 horas seguidas. En 1883 descobre o efecto Edison: paso de electricidade dende un filamento a unha lámina metálica dentro dun globo de lámpada incandescente En 1894 inventa unha máquina de cine rudimentaria.
  • 51. GRAHAM BELL Escocia (1847 - 1922) GRAHAM BELL Escocia (1847 - 1922) Físico, científico e inventor Británico. No ano 1876 consegue a patente do teléfono (aínda que este xa fora inventado polo italiano Antonio Meucci, 20 anos antes). No ano 1877 crea a compañía de teléfonos Bell. En 1886, xa había mais de 150000 teléfonos en Estados Unidos. O 25 de Xaneiro de 1915 fai a primeira chamada transcontinental entre Nueva York e San Francisco.
  • 52. NIKOLA TESLA Smiljan, Croacia (1856 - 1943) NIKOLA TESLA Smiljan, Croacia (1856 - 1943) Prolífico inventor, enxeñeiro mecánico, enxeñeiro electricista e físico de orixe serbia. En 1888 patenta o motor de indución e outros dispositivos de campo magnético rotatorio. En 1943, a Corte Suprema dos Estados Unidos acreditouno como inventor da radio. Entre os numerosos inventos aos que contribuiu figuran tamén: o motor de corrente alterna, a corrente alterna polifásica, o microscopio electrónico, o radar, o control remoto, a produción Raios X, a bobina Tesla...
  • 53. HEINRICH HERTZ Alemania (1857 - 1894) HEINRICH HERTZ Alemania (1857 - 1894) Físico alemán descubridor do efecto fotoeléctrico, explicado anos máis tarde por Einstein. En 1888 demostrou a existencia da radiación electromagnética ao fabricar un aparato capaz de producir ondas de radio. Na súa honra nomeouse o hercio (Hz) como a unidade de frecuencia no Sistema Internacional. Os seus artigos foron utilizados por Marconi para construír un emisor de radio.
  • 54. HENRY T. FORD EEUU (1863 - 1947) HENRY T. FORD EEUU (1863 - 1947) Empresario fundador da empresa automovilística FORD e pai dos modernos sistemas de produción en cadea. En 1896 inventa o seu propio vehículo autopropulsado. En 1903 a compañía Ford Motor Company da que era socio lanza o modelo Ford 999 que amosa unhas características técnicas superiores. En 1908 lanza o Ford T: barato e fácil de conducir. A rede de distribución expande e potencia o modelo de integración vertical. En 1914 a compañía multiplica o salario dos seus empregados co cal consegue o persoal máis cualificado e aumenta exponencialmente a productividade.
  • 55. JOHN VON NEUMANN Hungría (1903 - 1957) JOHN VON NEUMANN Hungría (1903 - 1957) Matemático húngaro-estadounidense con contribucións fundamentais en computación, física, economía, análise, estatística,... En 1943 é recrutado para o proxecto Manhattan (bomba atómica) no que deseñou o método de implosión. Deu nome á arquitectura Von Neumann empregada por case tódolos ordenadores. Deseñou modelos de autómatas celulares autorreplicables. Os seus algoritmos para o estudo da viscosidade foron claves en avances aeronáuticos tales coma jets ou motores espaciais.
  • 56. Wernher Von BRAUN Alemania (1912 - 1977) Wernher Von BRAUN Alemania (1912 - 1977) Enxeñeiro aeroespacial alemán (nacionalizado estadounidense pola NASA), considerado un dos mellores deseñadores de cohetes do S.XX Xefe de deseño dos cohetes supersónicos V2, empregados polos alemáns na Segunda Guerra Mundial. Xefe de deseño do cohete Saturno V que levou os americanos á lúa entre os anos 1969 e 1972.
  • 57. STEVE JOBS EEUU (1955 - 2011) STEVE JOBS EEUU (1955 - 2011) Empresario estadounidense do sector informático e do ocio. En 1976 funda, xunto a Steve Wozniak a empresa Apple. O éxito da compañía faino, con só 26 anos, un personaxe popular e millonario. En 1984 Apple lanza o Macintosh 128K, o primeiro ordenador persoal exitoso fronte á competencia, pola novidade da interface gráfica manexada cun rato. Durante os anos 90, adquire “Lucasfilm” que transforma en “Pixar” e que tras o éxito de “Toy Story “ se integra en Disney. Co lanzamento en 2001 do Ipod e en 2003 da tenda online iTunes, cambia o negocio da música en liña.
  • 58. BILL GATES EEUU (1955) BILL GATES EEUU (1955) Programador, empresario e filántropo estadounidense. En 1976 funda, xunto a Paul Allen, a empresa Microsoft Corporation para a produción de software informático. En 1980 chegan a un acordo para subministrar o sistema operativo MS- DOS aos novos equipos de IBM. Este S. O. xeneralízase. No ano 1983 introduce o rato e o S. Operativo Windows para o manexo da interface do ordenador. O patrimonio de Bill Gates medra paralelo á expansión de Microsoft ata que no ano 2006 abandona a compañía para dedicarse a labores filantrópicos a través da “fundación Bill e Melinda Gates”.
  • 59. IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Lalín