1. TÂCHE 1. CONNAÎTRE
SA CLASSE
Laura Ferro Rodríguez
Aprendizaxe da lingua estranxeira: francés
2. A MIÑA CLASE
É un centro público que está situado no concello de Vigo, pola zona
de Camelias.
A maior parte das familias pertence a un nivel socio-económico
medio. En canto o tipo de familia, a gran maioría son heteroparental.
Ademais, estas están bastante involucradas na educación dos seus
fillos.
A clase que imaxinei para realizar esta
tarefa corresponde ao primeiro curso do
segundo ciclo de Educación Infantil, polo
que a maioría do alumnado ten entre tres
e catro anos.
A clase está formada por un total de vinte
nenos.
3. CRITERIOS A AVALIAR
A continuación, falarei sobre os criterios que decidín
tratar na avaliación diagnóstica inicial. Ademais
xustificarei porqué os escollín e a forma en que obter
a información.
4. 1º LINGUA MATERNA, LINGUA SEGUNDA E LINGUA
ESTRANXEIRA
Saber cal é a lingua materna, a lingua segunda e a
lingua estranxeira do alumnado é importante para
poder comunicarnos con el e permitir ao neno
expresarse na súa lingua materna, e para poder
traballar de diferente forma estas linguas.
Esta información obterase enviando unha enquisa
as familias.
5.
6. 2º RELACIÓN SOCIAL E PERSONALIDADE
É moi importante coñecer as características de cada
alumno e así poder adaptarnos e responder as súas
necesidades. Neste caso centrariámonos máis nas
necesidades emocionais e sociais. Isto permitiríanos
saber que roles debemos potenciar na metodoloxía da
aula.
Esta información obteriámola facendo unha entrevista á
familia e isto completariámolo mediante observación
directa na aula:
7. Na entrevista coa familia tratariamos os seguintes aspectos:
como é a relación cos demais membros da familia e cos seus
amigos, se vai a algunha actividade
A observación directa fariámola coa axuda da seguinte ficha
de observación:
extraescolar, os seus gustos, se é un
neno alegre, tranquilo, sociable,
tímido, etc.
8.
9. 3º AUTONOMÍA PERSOAL
Este factor é moi importante para saber cal é o
grado de autonomía do alumnado e así poder
adaptar as actividades as súas posibilidades.
A información relativa a este criterio a obteriamos
mediante unha entrevista
coa familia e mediante preguntas feitas ao
alumnado na aula:
10. Na entrevista coa familia trataríanse aspectos
como: se o neno dorme só, control de esfínteres,
se se viste só, se é autónomo no seu aseo persoal,
sabe atarse os cordóns, abotoar, etc.
Para realizar as preguntas
na aula axudariámonos de
debuxos como os
seguintes:
11. REFLEXIÓN
Comment t’es-tu organisé(e) pour réaliser cette tâche?
O primeiro que fixen foi ler as indicacións para realizar a tarefa.
Á hora de facela fun vendo a rúbrica de avaliación. Realizar o
exemplo na aula serviume de guía.
As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
O principal problema que atopei foi escoller os criterios que
avaliar. Ademais, tiven a dúbida de se os criterios tiñan que
estar relacionados coa lingua ou non.
12. Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport
aux compétences indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu
as appris d’autre?
Ser capaz de levar a cabo un tipo de avaliación (avaliación
diagnóstica inicial) foi a competencia que adquirín con esta
tarefa. Ademais, aprendín como facer unha enquisa con Google
Docs e a importancia de coñercer cal é a lingua materna,
segunda e estranxiera do alumnado.
Quel est ton avis général sur la tâche?
Non foi unha tarefa moi difícil pero si de gran utilidade para a
nosa profesión. Ademais, serviume para recordar como se facía
unha avaliación inicial.