SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
O reinado de Fernando VII pode definirse como unha etapa de conflito permanente entre o Antigo
Réxime, que se resiste a desaparecer, e o novo modelo liberal que quere imporse. Dita pugna,
manifestada no recurso continuo á forza (pronunciamentos), vese claramente na alternancia das
etapas.
Fernando VII, aclamado polo pobo español tras a victoria na guerra de Independencia (“o desexado”),
decide anular en 1814 a obra lexislativa que os representantes da Nación aprobaran en Cádiz durante
o seu exilio francés (exilio consecuencia das renuncias de Bayona de 1808). Unha vez pactada con
Napoleón a súa restauración no trono, dacordo co estipulado no tratado de ValenÇay, ¿que leva a
Fernando a actuar “coma se non tivesen pasado xamais tales actos”?.
Non nos debería estranar esta aposta de retorno aos principios do Antigo Réxime pois:
– O monarca é consciente da debilidade dos proliberais (as clases medias ilustradas eran en
realidade un grupo relativamente minoritario que non representaba os intereses e principios
ideolóxicos da maioría dos españois – campesiñado fiel ás clases exclusivas -), aos que acusa de
revestir de “vontade xeral” (os deputados das Cortes de Cádiz representan ao pobo) unha serie
de decisións que considera encamiñadas a favorecer os seus propios intereses (“as leis que
quixeron”) e que teñen moito que ver cos códigos aprobados polo invasor francés.
– Por outra banda, esta decisión está condicionada polo contexto internacional: superioridade da
coalición fronte a Napoleón, isto é, predominio das nacións con réximes absolutistas (patente
no cercano Congreso de Viena de 1815, claro exemplo de resistencia ao cambio).
– Ademáis, e non menos importante, debemos ter en conta a posición de Fernando en
acontecementos anteriores (motín de Aranxuez co apoio da nobreza antirreformista).
Deste modo entenderemos mellor o posicionamento do rei ao carón das antigas clases sociais
privilexiadas (nobreza e clero), apoios tradicionais da coroa e monopolizadoras con ésta do poder
político e económico, duns estamentos que se resisten a perder dita exclusividade para convertérense
en cidadáns (tal e como piden ao rei no chamado “Manifesto dos persas”).
Polo tanto, o Sexenio absolutista (1814-1820) inaugúrase cunha anulación (Decreto de Valencia) da
obra lexislativa das Cortes de Cádiz encamiñada a preservar os fundamentos do Antigo Réxime: fronte
á Constitución que limita os poderes do rei e outorga a soberanía á Nación (mediante o dereito a voto),
soberanía Real e carencia de participación política (retorno ó absolutismo, á concentración de
poderes); fronte a igualdade de todos os cidadáns ante a lei (e polo tanto ante a xustiza), tamén
garantida pola “Pepa”, retorno á desigualdade legal e xudicial propia da sociedade estamental
(privilexiados e non privilexiados); restauración do tribunal da Inquisición (que fóra abolido por un
decreto de 1813), isto é, da censura e os procesos arbitrarios; fronte á centralización, privatización e
racionalización promovida polos liberais, reposición do réxime señorial; fronte a liberdade de
comercio, volven a estar vixentes os privilexios da Mesta e a regulación gremial.
O novo réxime completa a súa obra coa persecución (destitución, exclusión política, detención) dos
afrancesados que colaboraron con Xosé Bonaparte e dos liberais. A única vía posible para estes grupos
será o exilio, desde onde en numerosas ocasións organizarán pronunciamentos co fin de restituir o
modelo de estado liberal. O documento 2 remítenos a unha das moitas tentativas. Os pronunciamentos
de Espoz y Mina en Pamplona, Lacy en Barcelona, e este de Porlier en A Coruña, fracasan. Aínda así
os liberais, buscando o apoio de sociedades secretas como a masonería, tentarán unha e outra vez
retornar á “senda constitucional”. Finalmente un destes golpes de forza triunfa: trátase do
pronunciamento de Rafael Riego en Cabezas de San Juan, que aproveita o mando das tropas que tiñan
como misión sofocar os movementos independentistas das colonias americanas para reclamar a
reposición da Constitución gaditana.
A vía de “reclamar coas armas na man” o que se nega, de defender os intereses de clase pola forza,
será unha constante durante todo o século XIX español (incluso o XX), tanto durante o reinado de
Fernando VII (e por parte das dúas tendencias enfrontadas neste momento: absolutismo/liberalismo)
como en etapas posteriores (liberais moderados e progresistas durante as Rexencias e reinado de
Isabel II; demócratas na revolución Gloriosa; monárquicos para acadar a restauración borbónica... E
poderiamos seguir). O protagonismo dos militares na vida política española pode considerarse como
unha situación endémica.
O éxito de Riego en 1820 (que responde máis aos erros e ao mal goberno da etapa absolutista, á recesión
económica que á forza e apoios dos liberais que seguen a ser unha minoría) da pé ao inicio dunha nova
etapa na que o monarca terá que dobregarse aos principios do liberalismo aceptando o que negara en
1814: a limitación do seu poder restablecendo “aquela Constitución”. O triunfo electoral liberal (“Oín
os vosos votos”) permite recuperar a lexislación de Cádiz e ampliala con medidas como a creación da
Milicia Nacional, a continuación da desamortización (ordes monacais) ou a elaboración dunha nova
planta de municipios e provincias.
Sen embargo os gobernos do Trienio Liberal terán que facer fronte a graves obstáculos que rematarán
por debilitar o réxime e favorecer a súa caída en 1823: a crise económica-déficit da Facenda
(arrastrada desde antes da guerra e agravada pola independencia das colonias), a súa propia división
(moderados/exaltados), o descontento do campesiñado (molesto pola privatización dos antigos señoríos
e o pago de impostos en metálico), a aberta oposición de nobreza e clero (que queren volver á situación
anterior e así recuperar os seus privilexios) e a extraoficial oposición do monarca (que trata de
paralizar o proceso co seu dereito de veto e inspira revoltas como a que culmina coa proclamación da
rexencia de Urxell) que, lonxe de ser o “tenro pai” que acepta o novo réxime, conspira continuamente
para recuperar o seu poder absoluto.
Así que, “pola man sabia e xusta do Omnipotente”, Fernando consegue a intervención da Santa
Alianza, brazo armado creado polas potencias europeas reunidas no Congreso de Viena de 1815 co fin
de protexer o absolutismo ante ameaza do liberalismo. Deste modo o monarca recupera os seus plenos
poderes, anula os “actos do goberno chamado constitucional” e restablece a maior parte das
institucións e códigos do Antigo Réxime. A restauración non será total (Inquisición) e, aínda que a
década ominosa caracterizouse pola dura represión dos liberais (execución de Riego, Mariana
Pineda...), Fernando VII terá que emprender certas reformas co fin de frear a ruina da Facenda. Esta
débil adaptación aos tempos non será comprendida polos grupos máis intransixentes dentro do sector
absolutista: o monarca terá que facer fronte aos “voluntarios realistas” (malcontents en Cataluña...),
xermen do futuro movemento carlista. Dito grupo cobrará protagonismo a partires do problema
sucesorio aberto tras a sinatura da Pragmática Sanción.
A década, e o reinado de Fernando VII, remata coa reedición da loita absolutismo (agora defendido
polos carlistas) – liberalismo (esta vez co apoio da coroa); co enfrontamento entre un mundo que se
resiste a desaparecer e un novo modelo que, aínda que presentará dificultades para asentarse de modo
estable, rematará por impoñerse e dará paso a novas problemáticas.

More Related Content

What's hot

Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema4 av
Tema4 avTema4 av
Tema4 avaialo1
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 
A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)xosea
 
fin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEfin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEcamposseijo
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX Dudas-Historia
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenDudas-Historia
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réximexosea
 
Open office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touroOpen office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touroSheilaPanda99
 
T E M A 3 RevolucióN Liberal
T E M A 3  RevolucióN LiberalT E M A 3  RevolucióN Liberal
T E M A 3 RevolucióN Liberalcamposseijo
 
Sociais tema 2
Sociais tema 2Sociais tema 2
Sociais tema 2ahia5
 
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime EspañaTema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime Españaaialo1
 

What's hot (19)

Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema4 av
Tema4 avTema4 av
Tema4 av
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
fin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIMEfin ANTIGO RÉXIME
fin ANTIGO RÉXIME
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
 
Tema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimenTema 1. antiguo régimen
Tema 1. antiguo régimen
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réxime
 
Open office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touroOpen office revolución francesa_touro
Open office revolución francesa_touro
 
T E M A 3 RevolucióN Liberal
T E M A 3  RevolucióN LiberalT E M A 3  RevolucióN Liberal
T E M A 3 RevolucióN Liberal
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
Sociais tema 2
Sociais tema 2Sociais tema 2
Sociais tema 2
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
Tema 4 sociais
Tema 4 sociaisTema 4 sociais
Tema 4 sociais
 
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime EspañaTema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
 

Similar to Comentario 2

Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Agrela Elvixeo
 
Orientacións sobre os contidos
Orientacións sobre os contidosOrientacións sobre os contidos
Orientacións sobre os contidosdudashistoria
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesaaialo1
 
Tema 2 Historia Alberto Rivas
Tema 2 Historia Alberto RivasTema 2 Historia Alberto Rivas
Tema 2 Historia Alberto RivasAlberto Rivas
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíapablokatt
 
A Revolución Francesa
A Revolución FrancesaA Revolución Francesa
A Revolución Francesaelvinha
 
O inicio da idade contemporánea (1789 1815)
O inicio da idade contemporánea (1789 1815)O inicio da idade contemporánea (1789 1815)
O inicio da idade contemporánea (1789 1815)Luisa Márquez Rodríguez
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democráticolorenaamarelle
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
Historia tema V Alberto Rivas
Historia tema V Alberto RivasHistoria tema V Alberto Rivas
Historia tema V Alberto RivasAlberto Rivas
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIDavid Barrán Ferreiro
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 

Similar to Comentario 2 (20)

Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Orientacións sobre os contidos
Orientacións sobre os contidosOrientacións sobre os contidos
Orientacións sobre os contidos
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
Tema 2 Historia Alberto Rivas
Tema 2 Historia Alberto RivasTema 2 Historia Alberto Rivas
Tema 2 Historia Alberto Rivas
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Restauración
RestauraciónRestauración
Restauración
 
RestauracióN
RestauracióNRestauracióN
RestauracióN
 
Tema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografíaTema 4 traballo xeografía
Tema 4 traballo xeografía
 
A Revolución Francesa
A Revolución FrancesaA Revolución Francesa
A Revolución Francesa
 
O inicio da idade contemporánea (1789 1815)
O inicio da idade contemporánea (1789 1815)O inicio da idade contemporánea (1789 1815)
O inicio da idade contemporánea (1789 1815)
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Historia tema V Alberto Rivas
Historia tema V Alberto RivasHistoria tema V Alberto Rivas
Historia tema V Alberto Rivas
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 

More from Iván Grrrrrrrrrrr (20)

Pintura gótica
Pintura góticaPintura gótica
Pintura gótica
 
Escultura gótica
Escultura góticaEscultura gótica
Escultura gótica
 
Arte gótica: arquitectura
Arte gótica: arquitecturaArte gótica: arquitectura
Arte gótica: arquitectura
 
Arte gótica: contexto
Arte gótica: contextoArte gótica: contexto
Arte gótica: contexto
 
Arquitectura cisterciense: mosteiro de Oseira
Arquitectura cisterciense: mosteiro de OseiraArquitectura cisterciense: mosteiro de Oseira
Arquitectura cisterciense: mosteiro de Oseira
 
Románico
RománicoRománico
Románico
 
Arte prerrománica
Arte prerrománicaArte prerrománica
Arte prerrománica
 
Xeografía física II
Xeografía física IIXeografía física II
Xeografía física II
 
Arte bizantina
Arte bizantinaArte bizantina
Arte bizantina
 
Arte paleocristiá
Arte paleocristiáArte paleocristiá
Arte paleocristiá
 
Arte romana II:as artes plásticas
Arte romana II:as artes plásticasArte romana II:as artes plásticas
Arte romana II:as artes plásticas
 
Arte da antiga Grecia II: escultura
Arte da antiga Grecia II: esculturaArte da antiga Grecia II: escultura
Arte da antiga Grecia II: escultura
 
Arte romana I
Arte romana IArte romana I
Arte romana I
 
Xeografía física I
Xeografía física IXeografía física I
Xeografía física I
 
Arte grega I
Arte grega IArte grega I
Arte grega I
 
Historia da Arte: Imaxes para a avaliación inicial
Historia da Arte: Imaxes para a avaliación inicialHistoria da Arte: Imaxes para a avaliación inicial
Historia da Arte: Imaxes para a avaliación inicial
 
Evolución política na España do século XIX
Evolución política na España do século XIXEvolución política na España do século XIX
Evolución política na España do século XIX
 
Románico
RománicoRománico
Románico
 
Xeografía física
Xeografía físicaXeografía física
Xeografía física
 
Táboa climas e modelo de comentario
Táboa climas e modelo de comentarioTáboa climas e modelo de comentario
Táboa climas e modelo de comentario
 

Comentario 2

  • 1.
  • 2. O reinado de Fernando VII pode definirse como unha etapa de conflito permanente entre o Antigo Réxime, que se resiste a desaparecer, e o novo modelo liberal que quere imporse. Dita pugna, manifestada no recurso continuo á forza (pronunciamentos), vese claramente na alternancia das etapas. Fernando VII, aclamado polo pobo español tras a victoria na guerra de Independencia (“o desexado”), decide anular en 1814 a obra lexislativa que os representantes da Nación aprobaran en Cádiz durante o seu exilio francés (exilio consecuencia das renuncias de Bayona de 1808). Unha vez pactada con Napoleón a súa restauración no trono, dacordo co estipulado no tratado de ValenÇay, ¿que leva a Fernando a actuar “coma se non tivesen pasado xamais tales actos”?. Non nos debería estranar esta aposta de retorno aos principios do Antigo Réxime pois: – O monarca é consciente da debilidade dos proliberais (as clases medias ilustradas eran en realidade un grupo relativamente minoritario que non representaba os intereses e principios ideolóxicos da maioría dos españois – campesiñado fiel ás clases exclusivas -), aos que acusa de revestir de “vontade xeral” (os deputados das Cortes de Cádiz representan ao pobo) unha serie de decisións que considera encamiñadas a favorecer os seus propios intereses (“as leis que quixeron”) e que teñen moito que ver cos códigos aprobados polo invasor francés. – Por outra banda, esta decisión está condicionada polo contexto internacional: superioridade da coalición fronte a Napoleón, isto é, predominio das nacións con réximes absolutistas (patente no cercano Congreso de Viena de 1815, claro exemplo de resistencia ao cambio). – Ademáis, e non menos importante, debemos ter en conta a posición de Fernando en acontecementos anteriores (motín de Aranxuez co apoio da nobreza antirreformista). Deste modo entenderemos mellor o posicionamento do rei ao carón das antigas clases sociais privilexiadas (nobreza e clero), apoios tradicionais da coroa e monopolizadoras con ésta do poder político e económico, duns estamentos que se resisten a perder dita exclusividade para convertérense en cidadáns (tal e como piden ao rei no chamado “Manifesto dos persas”). Polo tanto, o Sexenio absolutista (1814-1820) inaugúrase cunha anulación (Decreto de Valencia) da obra lexislativa das Cortes de Cádiz encamiñada a preservar os fundamentos do Antigo Réxime: fronte á Constitución que limita os poderes do rei e outorga a soberanía á Nación (mediante o dereito a voto), soberanía Real e carencia de participación política (retorno ó absolutismo, á concentración de poderes); fronte a igualdade de todos os cidadáns ante a lei (e polo tanto ante a xustiza), tamén garantida pola “Pepa”, retorno á desigualdade legal e xudicial propia da sociedade estamental (privilexiados e non privilexiados); restauración do tribunal da Inquisición (que fóra abolido por un decreto de 1813), isto é, da censura e os procesos arbitrarios; fronte á centralización, privatización e racionalización promovida polos liberais, reposición do réxime señorial; fronte a liberdade de comercio, volven a estar vixentes os privilexios da Mesta e a regulación gremial. O novo réxime completa a súa obra coa persecución (destitución, exclusión política, detención) dos afrancesados que colaboraron con Xosé Bonaparte e dos liberais. A única vía posible para estes grupos será o exilio, desde onde en numerosas ocasións organizarán pronunciamentos co fin de restituir o modelo de estado liberal. O documento 2 remítenos a unha das moitas tentativas. Os pronunciamentos de Espoz y Mina en Pamplona, Lacy en Barcelona, e este de Porlier en A Coruña, fracasan. Aínda así os liberais, buscando o apoio de sociedades secretas como a masonería, tentarán unha e outra vez retornar á “senda constitucional”. Finalmente un destes golpes de forza triunfa: trátase do pronunciamento de Rafael Riego en Cabezas de San Juan, que aproveita o mando das tropas que tiñan como misión sofocar os movementos independentistas das colonias americanas para reclamar a reposición da Constitución gaditana. A vía de “reclamar coas armas na man” o que se nega, de defender os intereses de clase pola forza, será unha constante durante todo o século XIX español (incluso o XX), tanto durante o reinado de Fernando VII (e por parte das dúas tendencias enfrontadas neste momento: absolutismo/liberalismo) como en etapas posteriores (liberais moderados e progresistas durante as Rexencias e reinado de Isabel II; demócratas na revolución Gloriosa; monárquicos para acadar a restauración borbónica... E
  • 3. poderiamos seguir). O protagonismo dos militares na vida política española pode considerarse como unha situación endémica. O éxito de Riego en 1820 (que responde máis aos erros e ao mal goberno da etapa absolutista, á recesión económica que á forza e apoios dos liberais que seguen a ser unha minoría) da pé ao inicio dunha nova etapa na que o monarca terá que dobregarse aos principios do liberalismo aceptando o que negara en 1814: a limitación do seu poder restablecendo “aquela Constitución”. O triunfo electoral liberal (“Oín os vosos votos”) permite recuperar a lexislación de Cádiz e ampliala con medidas como a creación da Milicia Nacional, a continuación da desamortización (ordes monacais) ou a elaboración dunha nova planta de municipios e provincias. Sen embargo os gobernos do Trienio Liberal terán que facer fronte a graves obstáculos que rematarán por debilitar o réxime e favorecer a súa caída en 1823: a crise económica-déficit da Facenda (arrastrada desde antes da guerra e agravada pola independencia das colonias), a súa propia división (moderados/exaltados), o descontento do campesiñado (molesto pola privatización dos antigos señoríos e o pago de impostos en metálico), a aberta oposición de nobreza e clero (que queren volver á situación anterior e así recuperar os seus privilexios) e a extraoficial oposición do monarca (que trata de paralizar o proceso co seu dereito de veto e inspira revoltas como a que culmina coa proclamación da rexencia de Urxell) que, lonxe de ser o “tenro pai” que acepta o novo réxime, conspira continuamente para recuperar o seu poder absoluto. Así que, “pola man sabia e xusta do Omnipotente”, Fernando consegue a intervención da Santa Alianza, brazo armado creado polas potencias europeas reunidas no Congreso de Viena de 1815 co fin de protexer o absolutismo ante ameaza do liberalismo. Deste modo o monarca recupera os seus plenos poderes, anula os “actos do goberno chamado constitucional” e restablece a maior parte das institucións e códigos do Antigo Réxime. A restauración non será total (Inquisición) e, aínda que a década ominosa caracterizouse pola dura represión dos liberais (execución de Riego, Mariana Pineda...), Fernando VII terá que emprender certas reformas co fin de frear a ruina da Facenda. Esta débil adaptación aos tempos non será comprendida polos grupos máis intransixentes dentro do sector absolutista: o monarca terá que facer fronte aos “voluntarios realistas” (malcontents en Cataluña...), xermen do futuro movemento carlista. Dito grupo cobrará protagonismo a partires do problema sucesorio aberto tras a sinatura da Pragmática Sanción. A década, e o reinado de Fernando VII, remata coa reedición da loita absolutismo (agora defendido polos carlistas) – liberalismo (esta vez co apoio da coroa); co enfrontamento entre un mundo que se resiste a desaparecer e un novo modelo que, aínda que presentará dificultades para asentarse de modo estable, rematará por impoñerse e dará paso a novas problemáticas.