SlideShare a Scribd company logo
1 of 15
PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA DO 2º CICLO.

Obxectivos do 2º ciclo

1. Coñecer e valorar o propio corpo e a actividade física como medio de
exploración e de gozo das propias posibilidades motoras e de relación coas
demais persoas.
2. Utilizar as propias capacidades motrices, habilidades e destrezas e o
coñecemento do corpo para adaptar o movemento ás circunstancias e
condicións de diversas situacións.
3. Utilizar os recursos expresivos do corpo e do movemento, de xeito creativo,
comunicando sensacións, emocións, ideas e estados de ánimo.
4. Regular e dosificar o esforzo, asumindo un nivel de autoesixencia acorde coas
súas posibilidades e con tarefas sinxelas.
5. Apreciar a actividade física para o benestar, manifestando unha actitude
responsable cara a si e cara ao resto das persoas e recoñecendo algúns efectos
da actividade física, da hixiene corporal, da alimentación e dos hábitos posturais
sobre a saúde.
6. Participar en actividades físico-deportivas establecendo relacións de cooperación
para alcanzar obxectivos comúns, resolvendo por medio do diálogo os conflitos
que poidan xurdir e evitando discriminacións por características persoais, de
xénero, sociais e culturais.
7. Coñecer e valorar a diversidade de actividades físicas, lúdicas e deportivas como
elementos culturais, amosando unha actitude favorable cara á súa práctica.
8. Aplicar principios e regras para resolver problemas motores e actuar de xeito
eficaz na práctica de actividades físicas, deportivas e artístico-expresivas.
9. Coñecer e practicar xogos, deportes e/ou bailes tradicionais propios da cultura
galega amosando interese pola propia indagación neste eido e pola súa difusión.

CONTIDOS do segundo ciclo. (secuenciación e temporalización)

Bloque 1. O corpo: imaxe e percepción.
• Interiorización do esquema corporal e utilización dos elementos orgánico-funcionais no
movemento.
• Conciencia e control do corpo en relación coa tensión, coa relaxación global e segmentaria e
coa respiración.
• Adecuación da postura ás necesidades expresivas e motrices.
• Consolidación da lateralidade e da súa proxección no espazo.
• Práctica de equilibrio estático, dinámico e con obxectos en situacións coñecidas.
• Estruturación espacial e temporal en diversas situacións.
• Valoración e aceptación da propia realidade corporal e da do resto das persoas.
• Autonomía persoal e confianza nas propias posibilidades.
Bloque 2. Habilidades motrices.
•

Práctica

das

habilidades

motrices

básicas:

desprazamentos,

saltos,

xiros

e

lanzamentos/recepcións.
• Uso eficaz das habilidades e das destrezas en situacións motrices coñecidas e tarefas lúdicomotrices.
• Control motor e dominio corporal, adaptándose a medios diversos: natural, acuático...
• Mellora das capacidades físicas básicas de forma xenérica e orientada á execución motriz.
• Execución de movementos coordinados desde un punto de vista motor.
• Reflexión sobre a competencia motriz do alumnado e interese por mellorala.
• Disposición favorable a participar en actividades diversas, esforzándose e aceptando as
diferenzas individuais en canto á habilidade para executalas.
Bloque 3. Actividades físicas artístico-expresivas.
• Utilización do corpo e do movemento como instrumentos de expresión e de comunicación.
• Representación de obxectos e de personaxes reais e ficticios en diferentes situacións.
• Expresión de ideas, de emocións e de sentimentos a través do corpo, do xesto e do movemento.
• Utilización de obxectos e de materiais para a dramatización e para a comunicación.
• Adecuación do movemento a ritmos diversos e a estruturas espazo-temporais.
• Execución de danzas, de bailes e de coreografías simples.
• Participación desinhibida en situacións que supoñan comunicación corporal, valorando as
diferenzas no xeito de expresarse.
• Gozo mediante a expresión e a comunicación a través do propio corpo.
Bloque 4. Actividade física e saúde.
• Consolidación dos hábitos de hixiene corporal e adquisición de hábitos posturais correctos na
práctica física.
• Interiorización de hábitos alimentarios saudables relacionados coa actividade física.
• Recoñecemento dos beneficios da actividade física en relación coa saúde e co benestar.
• Práctica de actividades que melloren de xeito xenérico a condición física orientada á saúde.
• Adquisición de hábitos que proporcionen seguridade na práctica da actividade física.
• Uso correcto dos materiais e dos espazos, adoptando medidas básicas de seguridade e
prevención durante a práctica da actividade física.
• Actitude favorable cara á actividade física con relación á saúde.

Bloque 5. Xogos e deportes.
• Apreciación do xogo e do deporte como elementos da realidade social.
• Comprensión, aceptación e cumprimento das regras e das normas de xogo e actitude
responsable con relación ás estratexias acordadas.
• Participación e práctica de xogos diversos e de actividades de iniciación predeportiva.
• Busca de información sobre xogos populares, autóctonos e tradicionais de Galicia e práctica
destes.
• Experimentación das estratexias básicas de xogo relacionadas coa cooperación, coa oposición
e coa cooperación/oposición.
• Respecto cara ás persoas participantes no xogo, valorando o esforzo e rexeitando os
comportamentos antisociais.
• Valoración do xogo e das actividades deportivas como medio de gozo, de relación e de emprego
do tempo de lecer.
Unidades didácticas temporalizadas.

Primeiro Trimestre.

Unidade 1: Xuntos máis forte.
● Anotar e analizar as medidas antropométricas.
● Mellorar o traballo en equipo e o coñecemento dos seus integrantes.
● Realizar anotacións da frecuencia cardíaca.
● Realizar xogos de cohesión grupal.

Unidades 2: Xogos tradicionais, con trompos e bólas.
● Recopilar información sobre os xogos tradicionais do entorno.
● Coñecer as normas básicas dalgúns xogos recollidos.
● Practicar e recoñecer a importancia de ditos xogos.
● Diferenciar diversos xogos coas bolas e co trompo.

Unidade 3: Xogos de raqueta.
● Adaptación á utilización do implemento.
● Coñecer diferentes xogos de raqueta e practicalos de forma modificada.
● Adaptar os movementos ás diversas traxectorias dependendo do mobil (pelota de tenis de
mesa, de tenis, indiacas e volantes).
● Coñecer as normas básicas dos distintos xogos de raqueta.

Segundo Trimestre.

Unidade 4: Habilidades ximnásticas.
● Recoñecer e vivenciar diferentes xiros, saltos suspensións e apoios en equilibrio propio
das habilidades ximnásticas.
● Practicar en parella e con compañeiros algunhas delas.
● Recoñecer as axudas como elemento importante na práctoca de estas actividades.
● Mellorar na realización dos diferentes volteos adiante, atrás, apisonadora en parellas.
● Evolucionar no acondicionamento do tren superior para a realización dos apoios invertidos
e da roda lateral e diversas carretillas.
● Vivenciar os rebotes no minitramp.

Unidade 5: Bailes e Expresión corporal.
● Realizar coreografía de baile tradicional galego.
● Compoñer unha coreografía de baile moderno.
● Crear situacións para favorecer a expresión e a desinhibición por medio dos movementos
corporais.
● Respectar as producións alleas creando un clima positivo dentro da aula.

Unidade 6: Habilidades básicas combinadas e multideportes coletivos.
● Experimentar e combinar habilidades básicas utilizadas en diversos deportes.
● Realizar circuitos para a mellora da competencia motriz na práctica de diversos deportes.
● Realizar modificacións nos diversos deportes para adaptalos aos alumnos de segundo
ciclo sen perder a esencia táctica das estratexias convenientes na súa posta en práctica.
● Dominar termos básicos dos sistemas ofensivos e defensivos (marcaxe, desmarque,
avance ...)

Terceiro trimestre.

Unidade 7: Patinaxe e Educación Viaria.
● Recoñecer as normas de circulación básicas e os sinais de tráfico máis comúns.
● Practicar os deslizamentos por medio da patinaxe.
● Propoñer xogos diversos utilizando os patíns.
● Valorar as medidas de seguridade para a realización de estas actividades.

Unidade 8: Deportes e xogos alternativos cooperativos.
● Experimentar estratexias de cooperación.
● Fabricar xogos con material reciclado.
● Coñecer deportes pouco coñecidos.
● Utilizar materiais pouco habituais na Educación Física.

Unidade 9: Orientación e xogos ao aire libre.
● Practicar xogos relacionados co medio natural.
● Iniciar a orientación no medio natural.
● Utilizar un plano para orientarse e localizar obxectos.
● Coñecer e practocar habilidades motrices no medio natural.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
3º e 4º CURSO
-

Amosar coñecementos do corpo controlando diferentes situacións.

-

Reproducir e compoñer estruturas rítmicas sinxelas a través do corpo.

-

Desprazarse e saltar, combinando as habilidades de forma coordinada.

-

Xirar sobre os eixes lonxitudinal e transversal mantendo o equilibrio.

-

Lanzar, pasar e recibir pelotas ou móbiles con control adaptándose ás traxectorias.

-

Utilizar os recursos expresivos do corpo, obxectos e materiais para a comunicación de
emocións e sentimentos.

-

Manter unha predisposición positiva cara a práctica da actividade física.

-

Buscar información sobre xogos populares tradicionais galegos, interesarse porcoñecelos
e practicalos.

-

Participar en xogos e actividades deportivas respectando regras e normas.

-

Realizar actividades de forma cooperativa.

METODOLOXÍA
A metodoloxía constitúe o conxunto de normas e decisións que organizan, de forma global,
a acción didáctica no noso centro baseado nun modelo de educación constructivista, o cal supón
que o proceso de ensino - aprendizaxe ha de adecuarse ao alumno e alumna, ao contexto, á
materia, de forma que tódolos recursos dos que nos sirvamos neste proceso, nos axuden á
consecución dunha aprendizaxe significativa. Por todo isto o proceso de ensino-aprendizaxe
deberá cumprir os seguintes requisitos:


Partir do nivel de desenvolvemento do alumnado e das súas aprendizaxes previas.



Asegurar a construción de aprendizaxes significativas a través da mobilización dos seus
coñecementos previos e da memorización comprensiva.



Posibilitar que os alumnos realicen aprendizaxes significativas por si sos.



Favorecer situación nas que os alumnos deben actualizar os seus coñecementos.



Proporcionar situación de aprendizaxe que teñen sentido para os alumnos, co fin de que
resulten motivadoras.

En coherencia co exposto, os principios que orientan a nosa práctica educativa son os
seguintes:
•

Metodoloxía activa, ou integración activa dos alumnos na dinámica xeral da aula e na

adquisición e configuración das aprendizaxes.
•

A consistencia evolutiva: supón unha adecuación dos contidos ao nivel do grupo e ao

estadio evolutivo dos nosos alumnos. Isto significa que partimos do nivel de desenvolvemento do
alumnado, para que a aprendizaxe sexa constructivista.
•

A aprendizaxe significativa: o que supón a modificación dos esquemas iniciais de

coñecemento que as novas aprendizaxes conecten coas que os alumnos posúen (coñecementos
previos) para que a aprendizaxe non solo sexa memorístico, senón significativo.
•

Principio de socialización: fomentaremos as actividades de grupo, de forma que os

alumnos aprendan a respectarse, adquiran valores de cooperación e axuda entre moitos outros,
aprendan a resolver conflitos, etc.
•

A metodoloxía en espiral, traballando os mesmos obxectivos e contidos durante todo o

ciclo, pero variando o grao de dificultade a medida que ascendemos de nivel.
•

Motivación, posto que consideramos que é fundamental partir dos intereses, demandas,

necesidades e expectativas dos alumnos.
A finalidade destes principios será a aplicación dunha metodoloxía que oriente o
desenvolvemento integral dos alumnos, adaptándose aos diferentes ritmos de aprendizaxe de
cada un deles e para iso partiremos dunha prospección inicial que debuxe o perfil de cada un
deles.
Como consecuencia dos puntos anteriores, podemos concretar a nosa metodoloxía nos
seguintes aspectos:
•

Utilización dunha linguaxe sinxela, clara e estruturada na presentación dos novos
contidos.

•

A gradación das actividades, cuxa xerarquización varía segundo a natureza de cada
programa, aparecendo en último lugar as que requiren un maior grao de habilidade e
autonomía.

•

A énfase nos procedementos e técnicas de aprendizaxe, que inclúen unha reflexión
sobre os contidos obxecto de estudo e unha revisión final.

•

A atención á diversidade do alumnado.

En Educación Física utilizarase o xogo como recurso metodolóxico en todas as sesións
(como mínimo na animación e na volta á calma), se ben se recorrerá igualmente a diversos
estilos de ensino.
Respecto aos estilos de ensino, cabe destacar que, como se podería observar no
desenvolvemento das unidades didácticas, aparece reflectido que estilo ou estilos se utilizan
nestas. A continuación dáse unha breve información de cada un:
⇒ Mando directo: Este estilo ten unha longa historia na Educación Física. Está baseado no
estímulo-resposta. O alumno/a responde a uns estímulos, que poden ser dados en varias
canles (auditivo, visual, táctil). As súas características básicas son a disciplina, as disposicións
xeométricas e as respostas ao unísono. O docente establece os obxectivos, orde, cantidade
de execución-actividade, calidade... e observa as accións do alumnado. Segundo Muska
Mosston (1978), esta estrutura parece ser bastante pura e perfecta, e quizais non existe na
realidade. O esquema que segue é: Demostración Explicación Execución Avaliación.
⇒ Asignación de tarefas: O alumno/a actúa, realiza a tarefa, de acordo á súa propia vontade. O
mestre/a ten un contacto máis directo coa clase. Facilítanse as tarefas e non se obriga o
alumnado. Unha vez explicado o que hai que facer, o alumno/a é independente á hora de
elixir, finalizar a tarefa, número de repeticións ou tempo a dedicar. Segundo Muska Mosston
(1978), está considerado como un dos estilos que máis motiva, porque sempre se adapta aos
diferentes niveis.
⇒ Ensino recíproco: O alumno/a pasa a ser profesor/a. Pódese realizar en pequeno grupo ou
en gran grupo. O alumno/a é observador e corrector. Aínda que o profesor/a decide as tarefas
e exercicios que se van realizar, ademais do patrón de organización da clase, o neno/a pode
traer o seu propio material á escola, e posúe unha boa relación co docente, xa que este confía
nel unha nova función: observador. Só se debe corrixir a estes observadores. Úsase este
estilo só no terceiro ciclo.

⇒ Descubrimento guiado: Proponse unha tarefa para que o alumno/a descubra. O profesor/a
guía a consecución dos obxectivos, pero nunca dá a solución. Acontece que: Disonancia
cognitiva Investigación Descubrimento. Hai que ter en conta que, como di Piaget (1946), “O
feito de que o alumno obteña unha resposta que lle pertence por descubrila el mesmo, reflicte
unha dimensión especial na internalización dos datos”. O mestre/a dará pistas, e pasará á
seguinte cando a resposta anterior sexa correcta. Se hai varias respostas posibles, darase un
indicio para que o alumnado se decida por unha.
⇒ Resolución de problemas: Formúlanse problemas nos que hai varias solucións; Trabállase,
igual que no estilo anterior, a disonancia cognitiva. O grao de liberdade e participación
individual é case completo. O alumno/a motívase polo descubrimento de “novas” solucións (a
diferenza do descubrimento guiado, aquí non hai só unha execución). Acontece, igual que no
estilo anterior: Disonancia cognitiva Investigación Descubrimento. Este estilo xera un máis
alto nivel de resistencia na realización da tarefa que obedece a unha automotivación.
CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
A raíz da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación ( LOE), e no marco da Unión
LOE
Europea, identificáronse 8 competencias básicas. Poderíanse considerar, seguindo o actual
currículo da Educación Primaria, como “a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en
contextos e situacións diversas, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais
adquiridas; inclúe tanto os saberes como as habilidades e actitudes e vai máis alá de saber e de
saber facer, incluíndo saber ser ou estar”.
Actualmente hai 8 competencias básicas, as cales deben ser traballadas ao longo da
educación obrigatoria, tanto en Educación Primaria como Secundaria. O conxunto de unidades
didácticas da presente programación trabállaas na súa totalidade en cada un dos cursos. A
continuación coméntase cada unha:
 Competencia en comunicación lingüística: Desenvólvese

nalgunhas unidades

didácticas, ao utilizar a linguaxe oral como transmisora da información. Ademais, ao
principio e ao final de cada sesión fálase cos alumnos/as, preguntándolles sobre detalles
acerca desta. Incídese especialmente na competencia en comunicación lingüística ao
buscar información por Internet ou consultar a biblioteca de aula.
 Competencia matemática: Trabállase sobre todo nas unidades de xogos e deportes
colectivos (ao calcular traxectorias ou velocidades de móbiles...), nas que haxa ocupación
de espazos, interpretación de símbolos (ao orientarse co mapa...), toma de pulsacións...
 Competencia do coñecemento e a interacción co mundo físico: Increméntase ao
mellorar a saúde e calidade de vida. Outra forma de contribuír a esta competencia é
realizar actividades no medio natural, xa que así se aumenta o coñecemento do alumnado
sobre a contorna que o rodea.
 Tratamento da información e competencia dixital: É traballada en unidades didácticas
nas cales se vaia á aula de informática para buscar información en Internet sobre un tema
en concreto. A citada LOE considera moi importante a utilización das Tecnoloxías da
Información e a Comunicación (TIC), co cal hai varias sesións nas cales se insistirá nelas.
 Competencia social e cidadá: Incídese na competencia social e cidadá cos xogos e
actividades cooperativas, conseguindo obxectivos grupais; tamén coas accións que
impliquen a resolución pacífica de conflitos, xa que así se aprende a respectar outras
decisións e a manexar estratexias para facerse entender.
 Competencia cultural e artística: Ten unha especial relación coas unidades vinculadas á
expresión corporal, xa que se buscará o aspecto artístico do movemento. Ademais,
aumentarase o acerbo cultural coa aprendizaxe de tradicións de Galicia, como por
exemplo os xogos propios dela.
 Competencia para aprender a aprender: Favorécese especialmente coa utilización de
metodoloxías pouco directivas, que potencien a disonancia cognitiva, así como con xogos
e actividades lúdicas. Isto fará que os nenos/as teñan que buscar múltiples solucións entre
os problemas propostos.
 Autonomía e iniciativa persoal: Ao aumentar o coñecemento do propio corpo e o que se
ten do contorno, así como as posibilidades de movemento de si mesmo/a (co incremento
da condición física e os niveis de habilidade), estase a contribuír a esta competencia.

Relación con outras áreas (Interdisciplinariedade)
A área de Educación Física non debe estar á marxe das demais áreas e, polo tanto, ten
que relacionarse constantemente con elas (é o que se denomina interdisciplinariedade). Así, é
importante que determinados contidos que poden ser comúns a Matemáticas, Lingua,... se dean
de forma coordinada e complementaria polos docentes que as imparten, podendo haber un maior
aproveitamento destes.
A área de Educación Física vincúlase coas demais do seguinte xeito:


ÁREA DE MATEMÁTICAS: Algúns aspectos en común son os puntos e sistemas de
referencia (situación dun obxecto no espazo, distancias, desprazamentos, xiros),
representación elemental do espazo (planos, mapas e maquetas), agrupacións e operacións
básicas, disposicións xeométricas, etc.



ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA: Componse de Música e Plástica. Respecto á
Música, poderíase relacionar cos aspectos temporais (ritmo, duración, secuencia,
velocidade, ...), o corpo como instrumento de expresión e comunicación (recursos
expresivos, xesto, movemento), danzas e bailes... Respecto á Plástica, coa imaxe como
elemento de comunicación, a construción de xoguetes con material de refugallo, a utilización
de diversos materiais e recursos, etc.



ÁREA DE COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL, SOCIAL E CULTURAL:
Trabállase a percepción do propio corpo (identificación e localización dos principais
órganos), a percepción espacial (orientación, puntos cardinais, distancias), a identificación
de situacións de colaboración en conflitos sociais e culturais, a participación nas tomas de
decisións do grupo...



ÁREAS

DE

LINGUA

CASTELÁ,

GALEGA

E

ESTRANXEIRA:

Vincúlase

principalmente con sistemas e elementos de comunicación verbal e non verbal (imaxe, son,
xesto, movemento), etc.
Relación coa Educación en Valores
Existe un conxunto de aspectos aos que a sociedade é especialmente sensible nos
últimos anos (consumismo, saúde,...), e que pola súa relevancia deben ser tratados en todas as
áreas do currículo; é a educación en valores, antigamente denominada como “temas
transversais”. Teñen que ser desenvolvidos en todas as áreas. Atendendo ao currículo actual
(Decreto 130/2007, do 28 de xuño), son os seguintes:
Decreto
xuño


Educación Moral e Cívica : Axudaranos á convivencia cos demais e ao respecto polos
valores máis importantes da nosa sociedade. Traballarase constantemente.



Educación para a Paz: A práctica de actividades físicas de cooperación/oposición,
propicia situacións de tensión e rivalidade que é necesario resolver co diálogo. Á vez son
útiles para promover actitudes de convivencia, respecto, solidariedade...



Educación para a Igualdade entre os sexos : Respectaranse as características de
cada un/unha, contribuíndo a eliminar os estereotipos sexistas.



Educación Ambiental: Dende a nosa área promoveranse actividades que axuden a
coñecer, gozar, respectar e coidar a contorna.



Educación para a Saúde e Calidade de Vida : Relaciónase directamente cun dos
bloques de contidos da área, polo que se desenvolve en boa medida.



Educación para o Lecer: Ensinarase a gozar do tempo de lecer por medio da
actividade física: en contacto coa natureza, a través de xogos tradicionais...



Educación do Consumidor: É importante desmitificar a carga consumista que teñen
os artigos deportivos, e sobre todo algunhas marcas e personaxes públicos.



Educación Vial: Fomentaranse hábitos encamiñados á creación do sentido vial,
exploración da contorna urbana e desprazamentos nela de forma autónoma e segura.

PROCEDEMENTOS/ INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
A avaliación será referida ao alumnado e ao propio docente, cuestionándose aspectos da
programación ou do proceso de ensino-aprendizaxe que puidesen fallar. Así, o obxecto da
avaliación educativa esténdese dende a valoración do nivel de aprendizaxe do alumnado, ata a
análise global de todos os compoñentes do modelo educativo de que se trate (obxectivos,
contidos, materiais e recursos, actuación do docente, ata a metaavaliación, que é a avaliación do
propio sistema de avaliación).
Seguirase a Orde do 23 de novembro de 2007 (DOG do 30-11-07), pola que se regula a
avaliación na Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Un dos aspectos destacables que determina esta orde é que os resultados da avaliación
se expresarán como insuficiente (IN), suficiente (SF), ben (BE), notable (NT) e sobresaínte (SB).
Para cualificar baseándose nestes criterios, obterase información cualitativa (subxectiva)
do progreso do alumnado por medio das escalas de valoración. Cada unha delas posúe unha
numeración de 1 a 5, en función do grao de consecución do ítem formulado. A avaliación será
criterial, interpretando os resultados en función do alumno/a e avaliando o seu propio progreso.
Ademais, cada trimestre preténdese dar aos alumnos/as unha documentación elaborada
polo propio docente, na cal se comentan as características máis interesantes das aprendizaxes
levadas a cabo nesa avaliación. Posteriormente farase un exame teórico (no 3º ciclo), que tamén
se terá en conta para emitir a cualificación final da área.
Nalgunhas unidades didácticas (por exemplo nas que desenvolven a condición física),
realízase un test de condición física. Isto correspóndese coa avaliación cuantitativa (obxectiva,
medible e cuantificable), pero non se usará para cualificar, senón para comprobar o nivel
madurativo e motor do alumnado con respecto á súa media de idade e, en caso de observar que
algún alumno/a non se mantén nos percentís normais para a súa idade, poder adoptar as
medidas oportunas. É dicir, nese caso farase unha avaliación normativa, comparando os
resultados de cada alumno/a cos do resto do grupo.
O docente utilizará como instrumento de avaliación, ademais das escalas de valoración
citadas, un anecdotario ou rexistro anecdótico, que cubrirá ao finalizar cada sesión e no que
rexistrará as incidencias observadas, os aspectos máis representativos da sesión, dos
alumnos/as, etc.
Respecto aos momentos da avaliación:
•

Ao principio da unidade didáctica é conveniente ter un coñecemento preciso sobre o
estado en que se atopan nosos alumnos/as respecto aos novos contidos a desenvolver. En
todas as unidades que se aplican ao longo do curso, a primeira sesión ten a función de
avaliación inicial, valorando os coñecementos do alumnado sobre os novos contidos a tratar. É
inicial
dicir, será unha sesión ordinaria, pero facendo especial fincapé en tomar rexistros (por medio
dunha escala de valoración).
•

Ao longo da unidade, seremos conscientes das incidencias presentadas: Se están claros
os obxectivos, se a selección de contidos é axustada, o enfoque metodolóxico apropiado, as
actividades atractivas ou eficaces, así como o xeito en que os alumnos/ás responden ao
traballo. Todo isto forma parte da avaliación continua, que tamén se identifica coa avaliación
continua
formativa, porque se entende que os resultados serven para realizar os axustes e correccións
formativa
necesarias.

•

Ao final da unidade didáctica, é preciso que se comprobe o grao de aprendizaxe dos
contidos por parte dos alumnos/as; isto coñécese como avaliación sumativa ou final.
final
Igualmente rexistrarase por medio dunha escala de valoración.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Tendo en conta os exposto no apartado anterior, tomaremos a superación dos obxectivos
como medida de cualificación. Para iso, faremos un seguimento sistemático dos resultados
obtidos coas diferentes técnicas de avaliación, para elaborar un informe individualizado e
trimestral no que se informará aos pais dos nosos alumnos do proceso de ensino-aprendizaxe.
Hai que dicir que tamén informarase aos pais noutros momentos que se consideren oportunos,
ben sexa a petición dos propios pais ou de nos mesmos.
Da mesma maneira o mestre ou mestra de calquera área, informará oralmente ao propio
alumno da evolución do seu proceso de ensino-aprendizaxe e fará as correccións oportunas no
caso de que os resultados non sexan os adecuados.
Cando se realicen probas tanto orais como escritas ou avalíese o traballo realizado na
aula, valorarase da seguinte maneira (no caso de probas de 10

ítems ou na proporción

adecuada):


1 a 4 puntos: Insuficiente



5 puntos: Suficiente



6 puntos: Ben



7 a 8 puntos: Notable



9 a 10 puntos: Sobresaínte.

Valoraremos o traballo e o esforzo diario na clase, a realización de exercicios, o seu interese,
as tarefas feitas na casa e a teremos en conta sempre que o consideremos oportuno, para
subir nota.
MINIMOS EXIXIBLES PARA OBTER UNA AVALIACIÓN POSITIVA

3º e 4º CURSO
1. Coñece o corpo en diferentes situación.
2. Desprázase e salta, combinando as habilidades de forma coordinada.
3. É capaz de xirar sobre os eixos lonxitudinal e transversal.
4. Lanza, pasa e recibe pelotas ou móviles de forma controlada.
5. Participa nos xogos e actividades deportivas respectando as regras e normas.
6. É capaz de estruturar o espazo e o tempo.
7. Controla o corpo en situación variadas de tensión-relaxación, respiración.
8. É capaz de reproducir e componer estruturas rítmicas sinxelas a través do corpo.
9. Pode levar a cabo habilidades motoras básicas a través de desprazamentos e saltos.
10. Pode xirar sobre os eixes lonxitudinal e transversal mantendo o equilibrio.
11. Utiliza o corpo para a comunicación de ideas , emocións, sentimentos…
12. Participa en xogos populares en distintos medios.
13. Coopera cos compañeiros/as nas distintas actividades.

More Related Content

Viewers also liked

Programacion TOE 2º año secundaria 2015
Programacion  TOE  2º año secundaria 2015Programacion  TOE  2º año secundaria 2015
Programacion TOE 2º año secundaria 2015Beder Leonardo Monteza
 
Programación de Aula Educación Física.
Programación de Aula Educación Física.Programación de Aula Educación Física.
Programación de Aula Educación Física.Alvaro Candon
 
Programacion Educación Física
Programacion Educación FísicaProgramacion Educación Física
Programacion Educación FísicaPedro Benitez Lara
 
2011 plan anual de tutoria 2011 ugel otuzco
2011 plan anual de tutoria 2011 ugel otuzco2011 plan anual de tutoria 2011 ugel otuzco
2011 plan anual de tutoria 2011 ugel otuzcoTEAL3
 
Plan anual 2014 mat carmen
Plan anual 2014 mat carmenPlan anual 2014 mat carmen
Plan anual 2014 mat carmenCarblanco
 
001. programacion curricular anual - tercer grado ok
001. programacion curricular anual - tercer grado ok001. programacion curricular anual - tercer grado ok
001. programacion curricular anual - tercer grado okEphraim Pando
 
PROGRAMACIÓN ANUAL EDUCACION FISICA 2016 - 1° SEC
PROGRAMACIÓN ANUAL EDUCACION FISICA 2016 - 1° SECPROGRAMACIÓN ANUAL EDUCACION FISICA 2016 - 1° SEC
PROGRAMACIÓN ANUAL EDUCACION FISICA 2016 - 1° SECDalmiro Gomez Villa
 
Programacion didactica educacion fisica
Programacion didactica educacion fisicaProgramacion didactica educacion fisica
Programacion didactica educacion fisicaOv_Danitza
 
Programación Didáctica de Educación Física LOE 2015-16 2º y 4º eso
Programación Didáctica de Educación Física LOE 2015-16 2º y 4º esoProgramación Didáctica de Educación Física LOE 2015-16 2º y 4º eso
Programación Didáctica de Educación Física LOE 2015-16 2º y 4º esoCiclos Formativos
 
Programación didáctica de Educación Física LOMCE 2015-16 1º y 3º ESO y 1º de ...
Programación didáctica de Educación Física LOMCE 2015-16 1º y 3º ESO y 1º de ...Programación didáctica de Educación Física LOMCE 2015-16 1º y 3º ESO y 1º de ...
Programación didáctica de Educación Física LOMCE 2015-16 1º y 3º ESO y 1º de ...Ciclos Formativos
 
Programación anual matematica y raz mat 4to grado
Programación anual matematica y raz mat 4to gradoProgramación anual matematica y raz mat 4to grado
Programación anual matematica y raz mat 4to gradoCarlos De La Rosa
 
Planeacion Tutoria de Secundaria
Planeacion Tutoria de SecundariaPlaneacion Tutoria de Secundaria
Planeacion Tutoria de SecundariaEditorial MD
 
Examen de ingles para primero de primaria, dias de la semana, meses del año, ...
Examen de ingles para primero de primaria, dias de la semana, meses del año, ...Examen de ingles para primero de primaria, dias de la semana, meses del año, ...
Examen de ingles para primero de primaria, dias de la semana, meses del año, ...Sharaid Cervantes
 
Planeaciones de historia secundaria-segundo y tercer grado
Planeaciones de historia secundaria-segundo y tercer gradoPlaneaciones de historia secundaria-segundo y tercer grado
Planeaciones de historia secundaria-segundo y tercer gradoEditorial MD
 

Viewers also liked (20)

Programacion TOE 2º año secundaria 2015
Programacion  TOE  2º año secundaria 2015Programacion  TOE  2º año secundaria 2015
Programacion TOE 2º año secundaria 2015
 
Plan anual de tutoria 241
Plan anual de tutoria 241Plan anual de tutoria 241
Plan anual de tutoria 241
 
Carpeta pedag 2014 digete
Carpeta pedag 2014 digeteCarpeta pedag 2014 digete
Carpeta pedag 2014 digete
 
Programación de Aula Educación Física.
Programación de Aula Educación Física.Programación de Aula Educación Física.
Programación de Aula Educación Física.
 
Programacion Educación Física
Programacion Educación FísicaProgramacion Educación Física
Programacion Educación Física
 
2011 plan anual de tutoria 2011 ugel otuzco
2011 plan anual de tutoria 2011 ugel otuzco2011 plan anual de tutoria 2011 ugel otuzco
2011 plan anual de tutoria 2011 ugel otuzco
 
Plan anual 2014 mat carmen
Plan anual 2014 mat carmenPlan anual 2014 mat carmen
Plan anual 2014 mat carmen
 
Tutoria planeacion
Tutoria planeacionTutoria planeacion
Tutoria planeacion
 
001. programacion curricular anual - tercer grado ok
001. programacion curricular anual - tercer grado ok001. programacion curricular anual - tercer grado ok
001. programacion curricular anual - tercer grado ok
 
PROGRAMACIÓN ANUAL EDUCACION FISICA 2016 - 1° SEC
PROGRAMACIÓN ANUAL EDUCACION FISICA 2016 - 1° SECPROGRAMACIÓN ANUAL EDUCACION FISICA 2016 - 1° SEC
PROGRAMACIÓN ANUAL EDUCACION FISICA 2016 - 1° SEC
 
Programacion didactica educacion fisica
Programacion didactica educacion fisicaProgramacion didactica educacion fisica
Programacion didactica educacion fisica
 
Programación Didáctica de Educación Física LOE 2015-16 2º y 4º eso
Programación Didáctica de Educación Física LOE 2015-16 2º y 4º esoProgramación Didáctica de Educación Física LOE 2015-16 2º y 4º eso
Programación Didáctica de Educación Física LOE 2015-16 2º y 4º eso
 
Programación didáctica de Educación Física LOMCE 2015-16 1º y 3º ESO y 1º de ...
Programación didáctica de Educación Física LOMCE 2015-16 1º y 3º ESO y 1º de ...Programación didáctica de Educación Física LOMCE 2015-16 1º y 3º ESO y 1º de ...
Programación didáctica de Educación Física LOMCE 2015-16 1º y 3º ESO y 1º de ...
 
Programación anual matematica y raz mat 4to grado
Programación anual matematica y raz mat 4to gradoProgramación anual matematica y raz mat 4to grado
Programación anual matematica y raz mat 4to grado
 
Planeacion Tutoria de Secundaria
Planeacion Tutoria de SecundariaPlaneacion Tutoria de Secundaria
Planeacion Tutoria de Secundaria
 
2º programacion anual FCC - 2014
2º programacion anual FCC - 20142º programacion anual FCC - 2014
2º programacion anual FCC - 2014
 
Carpeta pedagogica 2013
Carpeta pedagogica 2013Carpeta pedagogica 2013
Carpeta pedagogica 2013
 
Sesiones de tutoria
Sesiones de tutoriaSesiones de tutoria
Sesiones de tutoria
 
Examen de ingles para primero de primaria, dias de la semana, meses del año, ...
Examen de ingles para primero de primaria, dias de la semana, meses del año, ...Examen de ingles para primero de primaria, dias de la semana, meses del año, ...
Examen de ingles para primero de primaria, dias de la semana, meses del año, ...
 
Planeaciones de historia secundaria-segundo y tercer grado
Planeaciones de historia secundaria-segundo y tercer gradoPlaneaciones de historia secundaria-segundo y tercer grado
Planeaciones de historia secundaria-segundo y tercer grado
 

Similar to Programación educación física 2ºciclo

Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosUnidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosmariafatimasanchez
 
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de GaliciaCoñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galiciametodosinnovadores
 
EDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLO
EDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLOEDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLO
EDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLOpsargibay
 
3. CurríCulo EducacióN FíSica Galicia
3. CurríCulo EducacióN FíSica Galicia3. CurríCulo EducacióN FíSica Galicia
3. CurríCulo EducacióN FíSica Galiciaiesoteropedrayoef
 
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosXogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosLOPEZMOURENZA
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galiciamalubei
 
EpS_aliméntate connosco
EpS_aliméntate connoscoEpS_aliméntate connosco
EpS_aliméntate connoscoTIC31BACH31
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreFran Argibay
 
Breve introducción á aprendizaxe autorregulada
Breve introducción á aprendizaxe autorreguladaBreve introducción á aprendizaxe autorregulada
Breve introducción á aprendizaxe autorreguladaManuel Caeiro Rodríguez
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015cmariacoruna
 
Tema 4. o animador deportivo. funcións, modelos e actitudes.
Tema 4. o animador deportivo. funcións, modelos e actitudes.Tema 4. o animador deportivo. funcións, modelos e actitudes.
Tema 4. o animador deportivo. funcións, modelos e actitudes.pabloalonsosuarez
 

Similar to Programación educación física 2ºciclo (20)

Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosUnidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
 
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de GaliciaCoñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
Coñecemento da contorna,currículo de educación infantil de Galicia
 
EDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLO
EDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLOEDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLO
EDUCACIÓN FÍSICA 2º CICLO
 
3. CurríCulo EducacióN FíSica Galicia
3. CurríCulo EducacióN FíSica Galicia3. CurríCulo EducacióN FíSica Galicia
3. CurríCulo EducacióN FíSica Galicia
 
Tâche 2 exemple maternelle
Tâche 2 exemple maternelleTâche 2 exemple maternelle
Tâche 2 exemple maternelle
 
De infantil a primaria
De infantil a primariaDe infantil a primaria
De infantil a primaria
 
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosXogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
 
Coñecemento da contorna
Coñecemento da contornaCoñecemento da contorna
Coñecemento da contorna
 
Tache 2 déborah
Tache 2 déborahTache 2 déborah
Tache 2 déborah
 
Froita pondal
Froita pondalFroita pondal
Froita pondal
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galicia
 
Tâche 2 xutificacións
Tâche 2 xutificaciónsTâche 2 xutificacións
Tâche 2 xutificacións
 
EpS_aliméntate connosco
EpS_aliméntate connoscoEpS_aliméntate connosco
EpS_aliméntate connosco
 
Titoría 5º-
Titoría 5º-Titoría 5º-
Titoría 5º-
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
 
Breve introducción á aprendizaxe autorregulada
Breve introducción á aprendizaxe autorreguladaBreve introducción á aprendizaxe autorregulada
Breve introducción á aprendizaxe autorregulada
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015
 
Tâche 2 Comment s'y prendre?
Tâche 2 Comment s'y prendre?Tâche 2 Comment s'y prendre?
Tâche 2 Comment s'y prendre?
 
Tema 4. o animador deportivo. funcións, modelos e actitudes.
Tema 4. o animador deportivo. funcións, modelos e actitudes.Tema 4. o animador deportivo. funcións, modelos e actitudes.
Tema 4. o animador deportivo. funcións, modelos e actitudes.
 
Tache 2
Tache 2 Tache 2
Tache 2
 

More from ismadeuhia

Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picotaismadeuhia
 
Obradoiro de camisetas
Obradoiro de camisetasObradoiro de camisetas
Obradoiro de camisetasismadeuhia
 
Día da muller/deusa traballadora CPI A PICOTA
Día da muller/deusa traballadora  CPI A PICOTADía da muller/deusa traballadora  CPI A PICOTA
Día da muller/deusa traballadora CPI A PICOTAismadeuhia
 
Presentación Atenea
Presentación Atenea Presentación Atenea
Presentación Atenea ismadeuhia
 
Deusas no día da muller traballadora
Deusas no día da muller traballadoraDeusas no día da muller traballadora
Deusas no día da muller traballadoraismadeuhia
 
Rankincoruña.atetismo.2014
Rankincoruña.atetismo.2014Rankincoruña.atetismo.2014
Rankincoruña.atetismo.2014ismadeuhia
 

More from ismadeuhia (8)

Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
Magosto 2015
Magosto 2015 Magosto 2015
Magosto 2015
 
Obradoiro de camisetas
Obradoiro de camisetasObradoiro de camisetas
Obradoiro de camisetas
 
Isis
 Isis Isis
Isis
 
Día da muller/deusa traballadora CPI A PICOTA
Día da muller/deusa traballadora  CPI A PICOTADía da muller/deusa traballadora  CPI A PICOTA
Día da muller/deusa traballadora CPI A PICOTA
 
Presentación Atenea
Presentación Atenea Presentación Atenea
Presentación Atenea
 
Deusas no día da muller traballadora
Deusas no día da muller traballadoraDeusas no día da muller traballadora
Deusas no día da muller traballadora
 
Rankincoruña.atetismo.2014
Rankincoruña.atetismo.2014Rankincoruña.atetismo.2014
Rankincoruña.atetismo.2014
 

Programación educación física 2ºciclo

  • 1. PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA DO 2º CICLO. Obxectivos do 2º ciclo 1. Coñecer e valorar o propio corpo e a actividade física como medio de exploración e de gozo das propias posibilidades motoras e de relación coas demais persoas. 2. Utilizar as propias capacidades motrices, habilidades e destrezas e o coñecemento do corpo para adaptar o movemento ás circunstancias e condicións de diversas situacións. 3. Utilizar os recursos expresivos do corpo e do movemento, de xeito creativo, comunicando sensacións, emocións, ideas e estados de ánimo. 4. Regular e dosificar o esforzo, asumindo un nivel de autoesixencia acorde coas súas posibilidades e con tarefas sinxelas. 5. Apreciar a actividade física para o benestar, manifestando unha actitude responsable cara a si e cara ao resto das persoas e recoñecendo algúns efectos da actividade física, da hixiene corporal, da alimentación e dos hábitos posturais sobre a saúde. 6. Participar en actividades físico-deportivas establecendo relacións de cooperación para alcanzar obxectivos comúns, resolvendo por medio do diálogo os conflitos que poidan xurdir e evitando discriminacións por características persoais, de xénero, sociais e culturais. 7. Coñecer e valorar a diversidade de actividades físicas, lúdicas e deportivas como elementos culturais, amosando unha actitude favorable cara á súa práctica. 8. Aplicar principios e regras para resolver problemas motores e actuar de xeito eficaz na práctica de actividades físicas, deportivas e artístico-expresivas. 9. Coñecer e practicar xogos, deportes e/ou bailes tradicionais propios da cultura galega amosando interese pola propia indagación neste eido e pola súa difusión. CONTIDOS do segundo ciclo. (secuenciación e temporalización) Bloque 1. O corpo: imaxe e percepción. • Interiorización do esquema corporal e utilización dos elementos orgánico-funcionais no movemento.
  • 2. • Conciencia e control do corpo en relación coa tensión, coa relaxación global e segmentaria e coa respiración. • Adecuación da postura ás necesidades expresivas e motrices. • Consolidación da lateralidade e da súa proxección no espazo. • Práctica de equilibrio estático, dinámico e con obxectos en situacións coñecidas. • Estruturación espacial e temporal en diversas situacións. • Valoración e aceptación da propia realidade corporal e da do resto das persoas. • Autonomía persoal e confianza nas propias posibilidades. Bloque 2. Habilidades motrices. • Práctica das habilidades motrices básicas: desprazamentos, saltos, xiros e lanzamentos/recepcións. • Uso eficaz das habilidades e das destrezas en situacións motrices coñecidas e tarefas lúdicomotrices. • Control motor e dominio corporal, adaptándose a medios diversos: natural, acuático... • Mellora das capacidades físicas básicas de forma xenérica e orientada á execución motriz. • Execución de movementos coordinados desde un punto de vista motor. • Reflexión sobre a competencia motriz do alumnado e interese por mellorala. • Disposición favorable a participar en actividades diversas, esforzándose e aceptando as diferenzas individuais en canto á habilidade para executalas. Bloque 3. Actividades físicas artístico-expresivas. • Utilización do corpo e do movemento como instrumentos de expresión e de comunicación. • Representación de obxectos e de personaxes reais e ficticios en diferentes situacións. • Expresión de ideas, de emocións e de sentimentos a través do corpo, do xesto e do movemento. • Utilización de obxectos e de materiais para a dramatización e para a comunicación. • Adecuación do movemento a ritmos diversos e a estruturas espazo-temporais. • Execución de danzas, de bailes e de coreografías simples.
  • 3. • Participación desinhibida en situacións que supoñan comunicación corporal, valorando as diferenzas no xeito de expresarse. • Gozo mediante a expresión e a comunicación a través do propio corpo. Bloque 4. Actividade física e saúde. • Consolidación dos hábitos de hixiene corporal e adquisición de hábitos posturais correctos na práctica física. • Interiorización de hábitos alimentarios saudables relacionados coa actividade física. • Recoñecemento dos beneficios da actividade física en relación coa saúde e co benestar. • Práctica de actividades que melloren de xeito xenérico a condición física orientada á saúde. • Adquisición de hábitos que proporcionen seguridade na práctica da actividade física. • Uso correcto dos materiais e dos espazos, adoptando medidas básicas de seguridade e prevención durante a práctica da actividade física. • Actitude favorable cara á actividade física con relación á saúde. Bloque 5. Xogos e deportes. • Apreciación do xogo e do deporte como elementos da realidade social. • Comprensión, aceptación e cumprimento das regras e das normas de xogo e actitude responsable con relación ás estratexias acordadas. • Participación e práctica de xogos diversos e de actividades de iniciación predeportiva. • Busca de información sobre xogos populares, autóctonos e tradicionais de Galicia e práctica destes. • Experimentación das estratexias básicas de xogo relacionadas coa cooperación, coa oposición e coa cooperación/oposición. • Respecto cara ás persoas participantes no xogo, valorando o esforzo e rexeitando os comportamentos antisociais. • Valoración do xogo e das actividades deportivas como medio de gozo, de relación e de emprego do tempo de lecer.
  • 4. Unidades didácticas temporalizadas. Primeiro Trimestre. Unidade 1: Xuntos máis forte. ● Anotar e analizar as medidas antropométricas. ● Mellorar o traballo en equipo e o coñecemento dos seus integrantes. ● Realizar anotacións da frecuencia cardíaca. ● Realizar xogos de cohesión grupal. Unidades 2: Xogos tradicionais, con trompos e bólas. ● Recopilar información sobre os xogos tradicionais do entorno. ● Coñecer as normas básicas dalgúns xogos recollidos. ● Practicar e recoñecer a importancia de ditos xogos. ● Diferenciar diversos xogos coas bolas e co trompo. Unidade 3: Xogos de raqueta. ● Adaptación á utilización do implemento. ● Coñecer diferentes xogos de raqueta e practicalos de forma modificada. ● Adaptar os movementos ás diversas traxectorias dependendo do mobil (pelota de tenis de mesa, de tenis, indiacas e volantes).
  • 5. ● Coñecer as normas básicas dos distintos xogos de raqueta. Segundo Trimestre. Unidade 4: Habilidades ximnásticas. ● Recoñecer e vivenciar diferentes xiros, saltos suspensións e apoios en equilibrio propio das habilidades ximnásticas. ● Practicar en parella e con compañeiros algunhas delas. ● Recoñecer as axudas como elemento importante na práctoca de estas actividades. ● Mellorar na realización dos diferentes volteos adiante, atrás, apisonadora en parellas. ● Evolucionar no acondicionamento do tren superior para a realización dos apoios invertidos e da roda lateral e diversas carretillas. ● Vivenciar os rebotes no minitramp. Unidade 5: Bailes e Expresión corporal. ● Realizar coreografía de baile tradicional galego. ● Compoñer unha coreografía de baile moderno. ● Crear situacións para favorecer a expresión e a desinhibición por medio dos movementos corporais. ● Respectar as producións alleas creando un clima positivo dentro da aula. Unidade 6: Habilidades básicas combinadas e multideportes coletivos. ● Experimentar e combinar habilidades básicas utilizadas en diversos deportes. ● Realizar circuitos para a mellora da competencia motriz na práctica de diversos deportes.
  • 6. ● Realizar modificacións nos diversos deportes para adaptalos aos alumnos de segundo ciclo sen perder a esencia táctica das estratexias convenientes na súa posta en práctica. ● Dominar termos básicos dos sistemas ofensivos e defensivos (marcaxe, desmarque, avance ...) Terceiro trimestre. Unidade 7: Patinaxe e Educación Viaria. ● Recoñecer as normas de circulación básicas e os sinais de tráfico máis comúns. ● Practicar os deslizamentos por medio da patinaxe. ● Propoñer xogos diversos utilizando os patíns. ● Valorar as medidas de seguridade para a realización de estas actividades. Unidade 8: Deportes e xogos alternativos cooperativos. ● Experimentar estratexias de cooperación. ● Fabricar xogos con material reciclado. ● Coñecer deportes pouco coñecidos. ● Utilizar materiais pouco habituais na Educación Física. Unidade 9: Orientación e xogos ao aire libre. ● Practicar xogos relacionados co medio natural. ● Iniciar a orientación no medio natural. ● Utilizar un plano para orientarse e localizar obxectos. ● Coñecer e practocar habilidades motrices no medio natural.
  • 7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 3º e 4º CURSO - Amosar coñecementos do corpo controlando diferentes situacións. - Reproducir e compoñer estruturas rítmicas sinxelas a través do corpo. - Desprazarse e saltar, combinando as habilidades de forma coordinada. - Xirar sobre os eixes lonxitudinal e transversal mantendo o equilibrio. - Lanzar, pasar e recibir pelotas ou móbiles con control adaptándose ás traxectorias. - Utilizar os recursos expresivos do corpo, obxectos e materiais para a comunicación de emocións e sentimentos. - Manter unha predisposición positiva cara a práctica da actividade física. - Buscar información sobre xogos populares tradicionais galegos, interesarse porcoñecelos e practicalos. - Participar en xogos e actividades deportivas respectando regras e normas. - Realizar actividades de forma cooperativa. METODOLOXÍA A metodoloxía constitúe o conxunto de normas e decisións que organizan, de forma global, a acción didáctica no noso centro baseado nun modelo de educación constructivista, o cal supón que o proceso de ensino - aprendizaxe ha de adecuarse ao alumno e alumna, ao contexto, á materia, de forma que tódolos recursos dos que nos sirvamos neste proceso, nos axuden á consecución dunha aprendizaxe significativa. Por todo isto o proceso de ensino-aprendizaxe deberá cumprir os seguintes requisitos:  Partir do nivel de desenvolvemento do alumnado e das súas aprendizaxes previas.  Asegurar a construción de aprendizaxes significativas a través da mobilización dos seus coñecementos previos e da memorización comprensiva.  Posibilitar que os alumnos realicen aprendizaxes significativas por si sos.  Favorecer situación nas que os alumnos deben actualizar os seus coñecementos.  Proporcionar situación de aprendizaxe que teñen sentido para os alumnos, co fin de que resulten motivadoras. En coherencia co exposto, os principios que orientan a nosa práctica educativa son os seguintes: • Metodoloxía activa, ou integración activa dos alumnos na dinámica xeral da aula e na adquisición e configuración das aprendizaxes.
  • 8. • A consistencia evolutiva: supón unha adecuación dos contidos ao nivel do grupo e ao estadio evolutivo dos nosos alumnos. Isto significa que partimos do nivel de desenvolvemento do alumnado, para que a aprendizaxe sexa constructivista. • A aprendizaxe significativa: o que supón a modificación dos esquemas iniciais de coñecemento que as novas aprendizaxes conecten coas que os alumnos posúen (coñecementos previos) para que a aprendizaxe non solo sexa memorístico, senón significativo. • Principio de socialización: fomentaremos as actividades de grupo, de forma que os alumnos aprendan a respectarse, adquiran valores de cooperación e axuda entre moitos outros, aprendan a resolver conflitos, etc. • A metodoloxía en espiral, traballando os mesmos obxectivos e contidos durante todo o ciclo, pero variando o grao de dificultade a medida que ascendemos de nivel. • Motivación, posto que consideramos que é fundamental partir dos intereses, demandas, necesidades e expectativas dos alumnos. A finalidade destes principios será a aplicación dunha metodoloxía que oriente o desenvolvemento integral dos alumnos, adaptándose aos diferentes ritmos de aprendizaxe de cada un deles e para iso partiremos dunha prospección inicial que debuxe o perfil de cada un deles. Como consecuencia dos puntos anteriores, podemos concretar a nosa metodoloxía nos seguintes aspectos: • Utilización dunha linguaxe sinxela, clara e estruturada na presentación dos novos contidos. • A gradación das actividades, cuxa xerarquización varía segundo a natureza de cada programa, aparecendo en último lugar as que requiren un maior grao de habilidade e autonomía. • A énfase nos procedementos e técnicas de aprendizaxe, que inclúen unha reflexión sobre os contidos obxecto de estudo e unha revisión final. • A atención á diversidade do alumnado. En Educación Física utilizarase o xogo como recurso metodolóxico en todas as sesións (como mínimo na animación e na volta á calma), se ben se recorrerá igualmente a diversos estilos de ensino. Respecto aos estilos de ensino, cabe destacar que, como se podería observar no desenvolvemento das unidades didácticas, aparece reflectido que estilo ou estilos se utilizan nestas. A continuación dáse unha breve información de cada un:
  • 9. ⇒ Mando directo: Este estilo ten unha longa historia na Educación Física. Está baseado no estímulo-resposta. O alumno/a responde a uns estímulos, que poden ser dados en varias canles (auditivo, visual, táctil). As súas características básicas son a disciplina, as disposicións xeométricas e as respostas ao unísono. O docente establece os obxectivos, orde, cantidade de execución-actividade, calidade... e observa as accións do alumnado. Segundo Muska Mosston (1978), esta estrutura parece ser bastante pura e perfecta, e quizais non existe na realidade. O esquema que segue é: Demostración Explicación Execución Avaliación. ⇒ Asignación de tarefas: O alumno/a actúa, realiza a tarefa, de acordo á súa propia vontade. O mestre/a ten un contacto máis directo coa clase. Facilítanse as tarefas e non se obriga o alumnado. Unha vez explicado o que hai que facer, o alumno/a é independente á hora de elixir, finalizar a tarefa, número de repeticións ou tempo a dedicar. Segundo Muska Mosston (1978), está considerado como un dos estilos que máis motiva, porque sempre se adapta aos diferentes niveis. ⇒ Ensino recíproco: O alumno/a pasa a ser profesor/a. Pódese realizar en pequeno grupo ou en gran grupo. O alumno/a é observador e corrector. Aínda que o profesor/a decide as tarefas e exercicios que se van realizar, ademais do patrón de organización da clase, o neno/a pode traer o seu propio material á escola, e posúe unha boa relación co docente, xa que este confía nel unha nova función: observador. Só se debe corrixir a estes observadores. Úsase este estilo só no terceiro ciclo. ⇒ Descubrimento guiado: Proponse unha tarefa para que o alumno/a descubra. O profesor/a guía a consecución dos obxectivos, pero nunca dá a solución. Acontece que: Disonancia cognitiva Investigación Descubrimento. Hai que ter en conta que, como di Piaget (1946), “O feito de que o alumno obteña unha resposta que lle pertence por descubrila el mesmo, reflicte unha dimensión especial na internalización dos datos”. O mestre/a dará pistas, e pasará á seguinte cando a resposta anterior sexa correcta. Se hai varias respostas posibles, darase un indicio para que o alumnado se decida por unha. ⇒ Resolución de problemas: Formúlanse problemas nos que hai varias solucións; Trabállase, igual que no estilo anterior, a disonancia cognitiva. O grao de liberdade e participación individual é case completo. O alumno/a motívase polo descubrimento de “novas” solucións (a diferenza do descubrimento guiado, aquí non hai só unha execución). Acontece, igual que no estilo anterior: Disonancia cognitiva Investigación Descubrimento. Este estilo xera un máis alto nivel de resistencia na realización da tarefa que obedece a unha automotivación.
  • 10. CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS A raíz da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación ( LOE), e no marco da Unión LOE Europea, identificáronse 8 competencias básicas. Poderíanse considerar, seguindo o actual currículo da Educación Primaria, como “a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversas, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas; inclúe tanto os saberes como as habilidades e actitudes e vai máis alá de saber e de saber facer, incluíndo saber ser ou estar”. Actualmente hai 8 competencias básicas, as cales deben ser traballadas ao longo da educación obrigatoria, tanto en Educación Primaria como Secundaria. O conxunto de unidades didácticas da presente programación trabállaas na súa totalidade en cada un dos cursos. A continuación coméntase cada unha:  Competencia en comunicación lingüística: Desenvólvese nalgunhas unidades didácticas, ao utilizar a linguaxe oral como transmisora da información. Ademais, ao principio e ao final de cada sesión fálase cos alumnos/as, preguntándolles sobre detalles acerca desta. Incídese especialmente na competencia en comunicación lingüística ao buscar información por Internet ou consultar a biblioteca de aula.  Competencia matemática: Trabállase sobre todo nas unidades de xogos e deportes colectivos (ao calcular traxectorias ou velocidades de móbiles...), nas que haxa ocupación de espazos, interpretación de símbolos (ao orientarse co mapa...), toma de pulsacións...  Competencia do coñecemento e a interacción co mundo físico: Increméntase ao mellorar a saúde e calidade de vida. Outra forma de contribuír a esta competencia é realizar actividades no medio natural, xa que así se aumenta o coñecemento do alumnado sobre a contorna que o rodea.  Tratamento da información e competencia dixital: É traballada en unidades didácticas nas cales se vaia á aula de informática para buscar información en Internet sobre un tema en concreto. A citada LOE considera moi importante a utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), co cal hai varias sesións nas cales se insistirá nelas.  Competencia social e cidadá: Incídese na competencia social e cidadá cos xogos e actividades cooperativas, conseguindo obxectivos grupais; tamén coas accións que impliquen a resolución pacífica de conflitos, xa que así se aprende a respectar outras decisións e a manexar estratexias para facerse entender.  Competencia cultural e artística: Ten unha especial relación coas unidades vinculadas á expresión corporal, xa que se buscará o aspecto artístico do movemento. Ademais, aumentarase o acerbo cultural coa aprendizaxe de tradicións de Galicia, como por exemplo os xogos propios dela.
  • 11.  Competencia para aprender a aprender: Favorécese especialmente coa utilización de metodoloxías pouco directivas, que potencien a disonancia cognitiva, así como con xogos e actividades lúdicas. Isto fará que os nenos/as teñan que buscar múltiples solucións entre os problemas propostos.  Autonomía e iniciativa persoal: Ao aumentar o coñecemento do propio corpo e o que se ten do contorno, así como as posibilidades de movemento de si mesmo/a (co incremento da condición física e os niveis de habilidade), estase a contribuír a esta competencia. Relación con outras áreas (Interdisciplinariedade) A área de Educación Física non debe estar á marxe das demais áreas e, polo tanto, ten que relacionarse constantemente con elas (é o que se denomina interdisciplinariedade). Así, é importante que determinados contidos que poden ser comúns a Matemáticas, Lingua,... se dean de forma coordinada e complementaria polos docentes que as imparten, podendo haber un maior aproveitamento destes. A área de Educación Física vincúlase coas demais do seguinte xeito:  ÁREA DE MATEMÁTICAS: Algúns aspectos en común son os puntos e sistemas de referencia (situación dun obxecto no espazo, distancias, desprazamentos, xiros), representación elemental do espazo (planos, mapas e maquetas), agrupacións e operacións básicas, disposicións xeométricas, etc.  ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA: Componse de Música e Plástica. Respecto á Música, poderíase relacionar cos aspectos temporais (ritmo, duración, secuencia, velocidade, ...), o corpo como instrumento de expresión e comunicación (recursos expresivos, xesto, movemento), danzas e bailes... Respecto á Plástica, coa imaxe como elemento de comunicación, a construción de xoguetes con material de refugallo, a utilización de diversos materiais e recursos, etc.  ÁREA DE COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL, SOCIAL E CULTURAL: Trabállase a percepción do propio corpo (identificación e localización dos principais órganos), a percepción espacial (orientación, puntos cardinais, distancias), a identificación de situacións de colaboración en conflitos sociais e culturais, a participación nas tomas de decisións do grupo...  ÁREAS DE LINGUA CASTELÁ, GALEGA E ESTRANXEIRA: Vincúlase principalmente con sistemas e elementos de comunicación verbal e non verbal (imaxe, son, xesto, movemento), etc.
  • 12. Relación coa Educación en Valores Existe un conxunto de aspectos aos que a sociedade é especialmente sensible nos últimos anos (consumismo, saúde,...), e que pola súa relevancia deben ser tratados en todas as áreas do currículo; é a educación en valores, antigamente denominada como “temas transversais”. Teñen que ser desenvolvidos en todas as áreas. Atendendo ao currículo actual (Decreto 130/2007, do 28 de xuño), son os seguintes: Decreto xuño  Educación Moral e Cívica : Axudaranos á convivencia cos demais e ao respecto polos valores máis importantes da nosa sociedade. Traballarase constantemente.  Educación para a Paz: A práctica de actividades físicas de cooperación/oposición, propicia situacións de tensión e rivalidade que é necesario resolver co diálogo. Á vez son útiles para promover actitudes de convivencia, respecto, solidariedade...  Educación para a Igualdade entre os sexos : Respectaranse as características de cada un/unha, contribuíndo a eliminar os estereotipos sexistas.  Educación Ambiental: Dende a nosa área promoveranse actividades que axuden a coñecer, gozar, respectar e coidar a contorna.  Educación para a Saúde e Calidade de Vida : Relaciónase directamente cun dos bloques de contidos da área, polo que se desenvolve en boa medida.  Educación para o Lecer: Ensinarase a gozar do tempo de lecer por medio da actividade física: en contacto coa natureza, a través de xogos tradicionais...  Educación do Consumidor: É importante desmitificar a carga consumista que teñen os artigos deportivos, e sobre todo algunhas marcas e personaxes públicos.  Educación Vial: Fomentaranse hábitos encamiñados á creación do sentido vial, exploración da contorna urbana e desprazamentos nela de forma autónoma e segura. PROCEDEMENTOS/ INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN A avaliación será referida ao alumnado e ao propio docente, cuestionándose aspectos da programación ou do proceso de ensino-aprendizaxe que puidesen fallar. Así, o obxecto da avaliación educativa esténdese dende a valoración do nivel de aprendizaxe do alumnado, ata a análise global de todos os compoñentes do modelo educativo de que se trate (obxectivos,
  • 13. contidos, materiais e recursos, actuación do docente, ata a metaavaliación, que é a avaliación do propio sistema de avaliación). Seguirase a Orde do 23 de novembro de 2007 (DOG do 30-11-07), pola que se regula a avaliación na Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Un dos aspectos destacables que determina esta orde é que os resultados da avaliación se expresarán como insuficiente (IN), suficiente (SF), ben (BE), notable (NT) e sobresaínte (SB). Para cualificar baseándose nestes criterios, obterase información cualitativa (subxectiva) do progreso do alumnado por medio das escalas de valoración. Cada unha delas posúe unha numeración de 1 a 5, en función do grao de consecución do ítem formulado. A avaliación será criterial, interpretando os resultados en función do alumno/a e avaliando o seu propio progreso. Ademais, cada trimestre preténdese dar aos alumnos/as unha documentación elaborada polo propio docente, na cal se comentan as características máis interesantes das aprendizaxes levadas a cabo nesa avaliación. Posteriormente farase un exame teórico (no 3º ciclo), que tamén se terá en conta para emitir a cualificación final da área. Nalgunhas unidades didácticas (por exemplo nas que desenvolven a condición física), realízase un test de condición física. Isto correspóndese coa avaliación cuantitativa (obxectiva, medible e cuantificable), pero non se usará para cualificar, senón para comprobar o nivel madurativo e motor do alumnado con respecto á súa media de idade e, en caso de observar que algún alumno/a non se mantén nos percentís normais para a súa idade, poder adoptar as medidas oportunas. É dicir, nese caso farase unha avaliación normativa, comparando os resultados de cada alumno/a cos do resto do grupo. O docente utilizará como instrumento de avaliación, ademais das escalas de valoración citadas, un anecdotario ou rexistro anecdótico, que cubrirá ao finalizar cada sesión e no que rexistrará as incidencias observadas, os aspectos máis representativos da sesión, dos alumnos/as, etc. Respecto aos momentos da avaliación: • Ao principio da unidade didáctica é conveniente ter un coñecemento preciso sobre o estado en que se atopan nosos alumnos/as respecto aos novos contidos a desenvolver. En todas as unidades que se aplican ao longo do curso, a primeira sesión ten a función de avaliación inicial, valorando os coñecementos do alumnado sobre os novos contidos a tratar. É inicial dicir, será unha sesión ordinaria, pero facendo especial fincapé en tomar rexistros (por medio dunha escala de valoración).
  • 14. • Ao longo da unidade, seremos conscientes das incidencias presentadas: Se están claros os obxectivos, se a selección de contidos é axustada, o enfoque metodolóxico apropiado, as actividades atractivas ou eficaces, así como o xeito en que os alumnos/ás responden ao traballo. Todo isto forma parte da avaliación continua, que tamén se identifica coa avaliación continua formativa, porque se entende que os resultados serven para realizar os axustes e correccións formativa necesarias. • Ao final da unidade didáctica, é preciso que se comprobe o grao de aprendizaxe dos contidos por parte dos alumnos/as; isto coñécese como avaliación sumativa ou final. final Igualmente rexistrarase por medio dunha escala de valoración. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Tendo en conta os exposto no apartado anterior, tomaremos a superación dos obxectivos como medida de cualificación. Para iso, faremos un seguimento sistemático dos resultados obtidos coas diferentes técnicas de avaliación, para elaborar un informe individualizado e trimestral no que se informará aos pais dos nosos alumnos do proceso de ensino-aprendizaxe. Hai que dicir que tamén informarase aos pais noutros momentos que se consideren oportunos, ben sexa a petición dos propios pais ou de nos mesmos. Da mesma maneira o mestre ou mestra de calquera área, informará oralmente ao propio alumno da evolución do seu proceso de ensino-aprendizaxe e fará as correccións oportunas no caso de que os resultados non sexan os adecuados. Cando se realicen probas tanto orais como escritas ou avalíese o traballo realizado na aula, valorarase da seguinte maneira (no caso de probas de 10 ítems ou na proporción adecuada):  1 a 4 puntos: Insuficiente  5 puntos: Suficiente  6 puntos: Ben  7 a 8 puntos: Notable  9 a 10 puntos: Sobresaínte. Valoraremos o traballo e o esforzo diario na clase, a realización de exercicios, o seu interese, as tarefas feitas na casa e a teremos en conta sempre que o consideremos oportuno, para subir nota.
  • 15. MINIMOS EXIXIBLES PARA OBTER UNA AVALIACIÓN POSITIVA 3º e 4º CURSO 1. Coñece o corpo en diferentes situación. 2. Desprázase e salta, combinando as habilidades de forma coordinada. 3. É capaz de xirar sobre os eixos lonxitudinal e transversal. 4. Lanza, pasa e recibe pelotas ou móviles de forma controlada. 5. Participa nos xogos e actividades deportivas respectando as regras e normas. 6. É capaz de estruturar o espazo e o tempo. 7. Controla o corpo en situación variadas de tensión-relaxación, respiración. 8. É capaz de reproducir e componer estruturas rítmicas sinxelas a través do corpo. 9. Pode levar a cabo habilidades motoras básicas a través de desprazamentos e saltos. 10. Pode xirar sobre os eixes lonxitudinal e transversal mantendo o equilibrio. 11. Utiliza o corpo para a comunicación de ideas , emocións, sentimentos… 12. Participa en xogos populares en distintos medios. 13. Coopera cos compañeiros/as nas distintas actividades.