SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
A actividade económica 
Todos os seres humanos temos unas necesidades (comer, vestirnos, divertirnos,…) que son 
ilimitadas, pero os nosos recursos (cartos, tempo, bens, capacidades,…) para satisfacelas son escasos 
(máis para uns que para outros), e moitos teñen usos alternativos, ou sexa hai que escoller en que 
utilizan (por exemplo os cartos, o petróleo,…). Moitos dos bens que necesitamos para satisfacer as 
nosas necesidades non veñen dados pola natureza, senón que hai que producilos empregando a súa vez 
recursos,… 
A Actividade Económica ten por finalidade a satisfacción das necesidades humanas 
empregando medios escasos que se intentan aproveitar ó máximo. Ponse de manifesto en operacións 
como comprar, vender, traballar, consumir, producir, distribuír,…As tres actividades económicas máis 
importantes son a produción, o consumo e a distribución. 
O tipo de actividades económicas que os humanos realizamos ó longo da historia evolucionou e 
esta evolución podemos resumila en 5 etapas: 
 1ª ETAPA: o ser humano era nómade. Realizaba as actividades económicas de caza, pesca e 
recolección de froitos silvestres . 
 2ª ETAPA: o ser humano para sobrevivir agrúpouse nas primeiras comunidades primitivas onde 
apareceu a primeira especialización do traballo: os homes realizaban actividades de caza e pesca 
e as mulleres de agricultura e gandería. Nesta etapa o ser humano producía e en ocasións obtiña 
excedentes (máis cantidade da que necesitaba dalgún ben) e con eles producíronse os primeiros 
intercambios de bens por medio do troco. 
 3ª ETAPA: o comercio xeneralizouse e apareceu o diñeiro para favorecelo. Cada vez había máis 
produtos a disposición das persoas. 
 4ª ETAPA: A colonización de outros continentes, o aumento da poboación e os avances técnicos 
fan que aparezan os bancos e as primeiras industrias que necesitan grandes aportes de capital. 
 5ª ETAPA: xeneralizouse o comercio internacional, e o sector industrial perdeu importancia en 
comparación co sector servizos que pasou a ser o máis importante. 
A economía como ciencia 
Dende sempre os humanos temos pois un problema: como satisfacer as nosas necesidades 
ilimitadas de maneira óptima, utilizando uns recursos escasos que teñen ademais usos alternativos. A 
Economía é a ciencia que se ocupa disto.
Polo tanto podemos defini-la Economía como : “a ciencia que se ocupa de satisfacer, de 
maneira óptima, as necesidades ilimitadas dos seres humanos, utilizando uns recursos escasos que 
teñen ademais usos alternativos”. 
Para entendelo mellor podemos dar outra definición de Economía: 
“A Economía ocúpase da maneira en que se administran uns recursos escasos co obxecto de 
producir bens e servizos e distribuílos para o seu consumo entre os individuos da sociedade”. 
A Economía ocúpase pois da forma en que os individuos “economizan” os seus recursos, e dicir, 
de como empregan a súa renda de forma coidadosa e sabia para consegui-lo máximo proveito ou 
satisfacción. 
Socialmente no seu conxunto, a Economía trata de como os individuos acadan o nivel de 
benestar material máis alto posible a partir dos recursos que eles teñen dispoñibles. 
A Economía é unha ciencia social e empírica (analiza o que pasa na vida real, saca conclusións 
ou teorías e comproba que funcionan sempre ou case sempre). É unha das ciencias máis novas e polo 
tanto se aproveita dos estudos e conclusións doutras ciencias coas que está relacionada: matemáticas, 
estatística, xeografía,, psicoloxía,… 
Tradicionalmente a Economía divídese para o seu estudo en dúas disciplinas: a Micro e a Macro 
Economía. 
A Microeconomía céntrase na análise do comportamento dos axentes económicos de forma 
individual : as economías domésticas (familias) ou consumidores e as empresas así como as relacións 
que se establecen entre elas a través do mercado. Por exemplo a microeconomía estuda que razóns 
levan: 
- a unha familia a consumir uns determinados bens 
- a unha empresa a producir uns determinados bens… 
A Macroeconomía polo contrario ocúpase do estudio do funcionamento da economía no seu 
conxunto. Analiza o comportamento global da economía dun país ou rexión a través dos datos dun 
número reducido de variables como: a produción total da economía, o seu investimento e consumo 
globais, o nivel xeral de prezos, o número de parados, etc. 
O seu propósito é obter unha visión simplificada da economía, pero que o mesmo tempo permita 
coñecer e actuar sobre o nivel de actividade económica dun país determinado ou dun conxunto de 
países. 
Por exemplo a macroeconomía analiza como varia consumo global de todas as familias do país ou a 
produción de tódalas empresas e as causas dese cambio.

More Related Content

Similar to Introdución economía

RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISRESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISFiz
 
As raices ideoloxicas da crise ecoloxica
As raices ideoloxicas da crise ecoloxicaAs raices ideoloxicas da crise ecoloxica
As raices ideoloxicas da crise ecoloxicacontemporanea07
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicascaruncho
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicascaruncho
 
Tema 2 A organización económica das sociedades
Tema 2 A organización económica das sociedadesTema 2 A organización económica das sociedades
Tema 2 A organización económica das sociedadesRosacidgalante
 
A economía como obxecto de estudo
A economía como obxecto de estudoA economía como obxecto de estudo
A economía como obxecto de estudoecocabe
 
Organización económica das sociedades
Organización económica das sociedadesOrganización económica das sociedades
Organización económica das sociedadespindusa
 
Actividade económica
Actividade económicaActividade económica
Actividade económicaMANEIRO
 
UD 6 Servizos
UD 6 Servizos  UD 6 Servizos
UD 6 Servizos EvaPaula
 
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024iesgontor
 
Proposta de examen tema 7y8
Proposta de examen tema 7y8Proposta de examen tema 7y8
Proposta de examen tema 7y8mssl1998
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiroecursocig
 
Siciais
SiciaisSiciais
Siciaisahiacg
 
Siciais
SiciaisSiciais
Siciaisahiacg
 

Similar to Introdución economía (20)

2 a organización da economía mundial
2 a organización da economía mundial2 a organización da economía mundial
2 a organización da economía mundial
 
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISRESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
 
Economía
EconomíaEconomía
Economía
 
As raices ideoloxicas da crise ecoloxica
As raices ideoloxicas da crise ecoloxicaAs raices ideoloxicas da crise ecoloxica
As raices ideoloxicas da crise ecoloxica
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
 
Tema 2 A organización económica das sociedades
Tema 2 A organización económica das sociedadesTema 2 A organización económica das sociedades
Tema 2 A organización económica das sociedades
 
A economía como obxecto de estudo
A economía como obxecto de estudoA economía como obxecto de estudo
A economía como obxecto de estudo
 
Organización económica das sociedades
Organización económica das sociedadesOrganización económica das sociedades
Organización económica das sociedades
 
consumo
consumoconsumo
consumo
 
Actividadeeconmica
Actividadeeconmica Actividadeeconmica
Actividadeeconmica
 
Tema 7 - Xeografía.
Tema 7 - Xeografía.Tema 7 - Xeografía.
Tema 7 - Xeografía.
 
Actividade económica
Actividade económicaActividade económica
Actividade económica
 
UD 6 Servizos
UD 6 Servizos  UD 6 Servizos
UD 6 Servizos
 
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
Itinerarios e materias de Bacharelato. Ponderacións ABAU 2024
 
Proposta de examen tema 7y8
Proposta de examen tema 7y8Proposta de examen tema 7y8
Proposta de examen tema 7y8
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Siciais
SiciaisSiciais
Siciais
 
Siciais
SiciaisSiciais
Siciais
 

Introdución economía

  • 1. A actividade económica Todos os seres humanos temos unas necesidades (comer, vestirnos, divertirnos,…) que son ilimitadas, pero os nosos recursos (cartos, tempo, bens, capacidades,…) para satisfacelas son escasos (máis para uns que para outros), e moitos teñen usos alternativos, ou sexa hai que escoller en que utilizan (por exemplo os cartos, o petróleo,…). Moitos dos bens que necesitamos para satisfacer as nosas necesidades non veñen dados pola natureza, senón que hai que producilos empregando a súa vez recursos,… A Actividade Económica ten por finalidade a satisfacción das necesidades humanas empregando medios escasos que se intentan aproveitar ó máximo. Ponse de manifesto en operacións como comprar, vender, traballar, consumir, producir, distribuír,…As tres actividades económicas máis importantes son a produción, o consumo e a distribución. O tipo de actividades económicas que os humanos realizamos ó longo da historia evolucionou e esta evolución podemos resumila en 5 etapas:  1ª ETAPA: o ser humano era nómade. Realizaba as actividades económicas de caza, pesca e recolección de froitos silvestres .  2ª ETAPA: o ser humano para sobrevivir agrúpouse nas primeiras comunidades primitivas onde apareceu a primeira especialización do traballo: os homes realizaban actividades de caza e pesca e as mulleres de agricultura e gandería. Nesta etapa o ser humano producía e en ocasións obtiña excedentes (máis cantidade da que necesitaba dalgún ben) e con eles producíronse os primeiros intercambios de bens por medio do troco.  3ª ETAPA: o comercio xeneralizouse e apareceu o diñeiro para favorecelo. Cada vez había máis produtos a disposición das persoas.  4ª ETAPA: A colonización de outros continentes, o aumento da poboación e os avances técnicos fan que aparezan os bancos e as primeiras industrias que necesitan grandes aportes de capital.  5ª ETAPA: xeneralizouse o comercio internacional, e o sector industrial perdeu importancia en comparación co sector servizos que pasou a ser o máis importante. A economía como ciencia Dende sempre os humanos temos pois un problema: como satisfacer as nosas necesidades ilimitadas de maneira óptima, utilizando uns recursos escasos que teñen ademais usos alternativos. A Economía é a ciencia que se ocupa disto.
  • 2. Polo tanto podemos defini-la Economía como : “a ciencia que se ocupa de satisfacer, de maneira óptima, as necesidades ilimitadas dos seres humanos, utilizando uns recursos escasos que teñen ademais usos alternativos”. Para entendelo mellor podemos dar outra definición de Economía: “A Economía ocúpase da maneira en que se administran uns recursos escasos co obxecto de producir bens e servizos e distribuílos para o seu consumo entre os individuos da sociedade”. A Economía ocúpase pois da forma en que os individuos “economizan” os seus recursos, e dicir, de como empregan a súa renda de forma coidadosa e sabia para consegui-lo máximo proveito ou satisfacción. Socialmente no seu conxunto, a Economía trata de como os individuos acadan o nivel de benestar material máis alto posible a partir dos recursos que eles teñen dispoñibles. A Economía é unha ciencia social e empírica (analiza o que pasa na vida real, saca conclusións ou teorías e comproba que funcionan sempre ou case sempre). É unha das ciencias máis novas e polo tanto se aproveita dos estudos e conclusións doutras ciencias coas que está relacionada: matemáticas, estatística, xeografía,, psicoloxía,… Tradicionalmente a Economía divídese para o seu estudo en dúas disciplinas: a Micro e a Macro Economía. A Microeconomía céntrase na análise do comportamento dos axentes económicos de forma individual : as economías domésticas (familias) ou consumidores e as empresas así como as relacións que se establecen entre elas a través do mercado. Por exemplo a microeconomía estuda que razóns levan: - a unha familia a consumir uns determinados bens - a unha empresa a producir uns determinados bens… A Macroeconomía polo contrario ocúpase do estudio do funcionamento da economía no seu conxunto. Analiza o comportamento global da economía dun país ou rexión a través dos datos dun número reducido de variables como: a produción total da economía, o seu investimento e consumo globais, o nivel xeral de prezos, o número de parados, etc. O seu propósito é obter unha visión simplificada da economía, pero que o mesmo tempo permita coñecer e actuar sobre o nivel de actividade económica dun país determinado ou dun conxunto de países. Por exemplo a macroeconomía analiza como varia consumo global de todas as familias do país ou a produción de tódalas empresas e as causas dese cambio.