SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
RESUMO TEMA 6 SOCIAIS SEXTO
Chamamos actividade económica a calquera proceso que supón a xeración e o
intercambio de produtos, bens e servizos. Pode dividirse en 3 fases: produción,
distribución e consumo.
*O sector primario ocúpase de obter materias primas da natureza (agricultura,
gandaría, pesca, minaría,...). Hoxe en día, en España, menos do 5% da poboación
traballa neste sector, debido á mecanización.
*O sector secundario transforma as materias primas en produtos elaborados.
Traballa neste sector un 20% da poboación española.Podemos diferenciar tres tipos:
-Industrias de bens de equipo: fábricas de máquinas, coches, material eléctrico...
-Industrias de base: metalúrxicas e químicas.
-Industrias de bens de consumo:fábricas téxtiles, alimentarias, hixiene e limpeza...
* O sector terciario (ou servizos) ocúpase de prestar servizos. Hostalaría,
educación, sanidade, comercio, administración, transporte... Máis do 70% da xente.
Durante séculos, empregáronse moedas de metal. Co tempo, apareceu o papel
moeda e, ultimamente, as tarxetas e o diñeiro dixital. O euro (€) comezou a circular
no ano 2002. Emprégase en 19 dos 28 países da UE (Eurozona).
Hai diversos termos empregados en relación cos cartos que debes coñecer:
• Ingresos: son a cantidade de cartos que se recibe por un traballo.
• Gastos: son a cantidade de cartos que se dan a cambio de algo.
• Aforro: cando se obteñen cartos e non se gastan.
• Beneficios ou ganancias: diferenza resultante de restar os gastos aos ingresos.
• Investimento: diñeiro gastado en algo do que se espera obter un beneficio.
En relación ao traballo, a poboación divídese en poboación activa (persoas
entre 16 e 67 anos que están en condicións de traballar. Comprende tanto á
xente que ten traballo como á que non o ten e se atopa no paro) e
poboación non activa (persoas que non están en idade ou condicións de
traballar).
Chamamos autónomos ás persoas que traballan por conta propia. Os que
traballan para unha empresa son asalariados.
Unha empresa é unha organización creada con fins comerciais que satisfai as
necesidades en bens e servizos dos demandantes. Podemos agrupalas segundo:
*tamaño.- pequena (<50), mediana (entre 50 e 250) e grande (<250).
*sector económico: primario, secundario e terciario.
*ámbito: local, nacional ou multinacional.
A publicidade.- O obxectivo principal da publicidade é dar a coñecer un produto
ou servizo determinado e convencer a xente para que o consuma. Ten un papel moi
importante no resultado das empresas. Coidado: existe publicidade enganosa.
Tamén existe publicidade non comercial. Por exemplo campañas de prevención
de accidentes de tráfico, de doazón de sangue, contra do tabaco e drogas...
ACTIVIDADES:
1- A que chamamos actividade económica? En que tres fases se pode dividir?
2- De que se ocupa cada un dos sectores?
3- Di en que sector traballa o teu pai e a túa nai (se é o caso) e a profesión.
4- No sector secundario, que tres tipos de industrias podemos diferenciar?
5- Di o nome dalgunhas actividades que estean dentro do sector terciario.
6- Ordena os tres sectores de maior a menor ocupación da poboación en España.
7- Cando se comezou a empregar o euro en Europa? Serías capaz de dicir o nome
dalgunhas das moedas ás que substituíu? En cantos países se emprega?
8- Define: gastos, ingresos, aforro, beneficio, investimento.
9- Das persoas que viven na túa casa, di cales pertencen á poboación activa e cales á
non activa.
10- Que son autónomos?
11- Como se chaman as persoas que traballan para unha empresa?
12- Di se son autónomos ou asalariados os teus pais.
13- Que é unha empresa?
14- Coñeces o nome dalgunha empresa da contorna que sexa grande?
15- Cal é o obxectivo da publicidade?

More Related Content

Similar to RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS

A organización económica das sociedades
A organización económica das sociedadesA organización económica das sociedades
A organización económica das sociedadesrubempaul
 
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdfVanessa Felípez
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicascaruncho
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicascaruncho
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7ahiacg
 
Aactividadeeconmica 2016
Aactividadeeconmica 2016Aactividadeeconmica 2016
Aactividadeeconmica 2016Iolanda
 
Introdución economía
Introdución economíaIntrodución economía
Introdución economíainma1969
 
Terrae pdf
Terrae pdfTerrae pdf
Terrae pdfAna cn
 
Terrae , alimentación ecolóxica.
Terrae , alimentación ecolóxica.Terrae , alimentación ecolóxica.
Terrae , alimentación ecolóxica.maria_090
 
Tema 2 A organización económica das sociedades
Tema 2 A organización económica das sociedadesTema 2 A organización económica das sociedades
Tema 2 A organización económica das sociedadesRosacidgalante
 

Similar to RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS (20)

A organización económica das sociedades
A organización económica das sociedadesA organización económica das sociedades
A organización económica das sociedades
 
Aactividade econ
Aactividade econAactividade econ
Aactividade econ
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
2 a organización da economía mundial
2 a organización da economía mundial2 a organización da economía mundial
2 a organización da economía mundial
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Aactividadeeconmica 2016
Aactividadeeconmica 2016Aactividadeeconmica 2016
Aactividadeeconmica 2016
 
Introdución economía
Introdución economíaIntrodución economía
Introdución economía
 
Terrae pdf
Terrae pdfTerrae pdf
Terrae pdf
 
Terrae , alimentación ecolóxica.
Terrae , alimentación ecolóxica.Terrae , alimentación ecolóxica.
Terrae , alimentación ecolóxica.
 
A empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contornoA empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contorno
 
Tema 2 A organización económica das sociedades
Tema 2 A organización económica das sociedadesTema 2 A organización económica das sociedades
Tema 2 A organización económica das sociedades
 

More from Fiz

LISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdfLISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdfFiz
 
PARIS.pdf
PARIS.pdfPARIS.pdf
PARIS.pdfFiz
 
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfTarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfFiz
 
Situacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdfSituacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdfFiz
 
RUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdfRUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdfFiz
 
Artropodos
ArtropodosArtropodos
ArtropodosFiz
 
Dinosauros
DinosaurosDinosauros
DinosaurosFiz
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSFiz
 
Escarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaFiz
 
Papagaio
PapagaioPapagaio
PapagaioFiz
 
Castelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_diaCastelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_diaFiz
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacionFiz
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacionFiz
 
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández PazAgustín Fernández Paz
Agustín Fernández PazFiz
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Fiz
 
R10 lingua sexto
R10 lingua sextoR10 lingua sexto
R10 lingua sextoFiz
 
Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6Fiz
 
Repaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sextoRepaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sextoFiz
 
Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Fiz
 
Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6Fiz
 

More from Fiz (20)

LISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdfLISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdf
 
PARIS.pdf
PARIS.pdfPARIS.pdf
PARIS.pdf
 
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfTarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
 
Situacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdfSituacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdf
 
RUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdfRUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdf
 
Artropodos
ArtropodosArtropodos
Artropodos
 
Dinosauros
DinosaurosDinosauros
Dinosauros
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
Escarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defunta
 
Papagaio
PapagaioPapagaio
Papagaio
 
Castelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_diaCastelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_dia
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández PazAgustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
 
R10 lingua sexto
R10 lingua sextoR10 lingua sexto
R10 lingua sexto
 
Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6
 
Repaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sextoRepaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sexto
 
Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6
 
Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6
 

RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS

  • 1. RESUMO TEMA 6 SOCIAIS SEXTO Chamamos actividade económica a calquera proceso que supón a xeración e o intercambio de produtos, bens e servizos. Pode dividirse en 3 fases: produción, distribución e consumo. *O sector primario ocúpase de obter materias primas da natureza (agricultura, gandaría, pesca, minaría,...). Hoxe en día, en España, menos do 5% da poboación traballa neste sector, debido á mecanización. *O sector secundario transforma as materias primas en produtos elaborados. Traballa neste sector un 20% da poboación española.Podemos diferenciar tres tipos: -Industrias de bens de equipo: fábricas de máquinas, coches, material eléctrico... -Industrias de base: metalúrxicas e químicas. -Industrias de bens de consumo:fábricas téxtiles, alimentarias, hixiene e limpeza... * O sector terciario (ou servizos) ocúpase de prestar servizos. Hostalaría, educación, sanidade, comercio, administración, transporte... Máis do 70% da xente. Durante séculos, empregáronse moedas de metal. Co tempo, apareceu o papel moeda e, ultimamente, as tarxetas e o diñeiro dixital. O euro (€) comezou a circular no ano 2002. Emprégase en 19 dos 28 países da UE (Eurozona). Hai diversos termos empregados en relación cos cartos que debes coñecer: • Ingresos: son a cantidade de cartos que se recibe por un traballo. • Gastos: son a cantidade de cartos que se dan a cambio de algo. • Aforro: cando se obteñen cartos e non se gastan. • Beneficios ou ganancias: diferenza resultante de restar os gastos aos ingresos. • Investimento: diñeiro gastado en algo do que se espera obter un beneficio. En relación ao traballo, a poboación divídese en poboación activa (persoas entre 16 e 67 anos que están en condicións de traballar. Comprende tanto á xente que ten traballo como á que non o ten e se atopa no paro) e poboación non activa (persoas que non están en idade ou condicións de traballar). Chamamos autónomos ás persoas que traballan por conta propia. Os que traballan para unha empresa son asalariados. Unha empresa é unha organización creada con fins comerciais que satisfai as necesidades en bens e servizos dos demandantes. Podemos agrupalas segundo: *tamaño.- pequena (<50), mediana (entre 50 e 250) e grande (<250). *sector económico: primario, secundario e terciario. *ámbito: local, nacional ou multinacional. A publicidade.- O obxectivo principal da publicidade é dar a coñecer un produto ou servizo determinado e convencer a xente para que o consuma. Ten un papel moi importante no resultado das empresas. Coidado: existe publicidade enganosa. Tamén existe publicidade non comercial. Por exemplo campañas de prevención de accidentes de tráfico, de doazón de sangue, contra do tabaco e drogas... ACTIVIDADES: 1- A que chamamos actividade económica? En que tres fases se pode dividir? 2- De que se ocupa cada un dos sectores? 3- Di en que sector traballa o teu pai e a túa nai (se é o caso) e a profesión. 4- No sector secundario, que tres tipos de industrias podemos diferenciar? 5- Di o nome dalgunhas actividades que estean dentro do sector terciario. 6- Ordena os tres sectores de maior a menor ocupación da poboación en España. 7- Cando se comezou a empregar o euro en Europa? Serías capaz de dicir o nome dalgunhas das moedas ás que substituíu? En cantos países se emprega? 8- Define: gastos, ingresos, aforro, beneficio, investimento. 9- Das persoas que viven na túa casa, di cales pertencen á poboación activa e cales á non activa. 10- Que son autónomos? 11- Como se chaman as persoas que traballan para unha empresa? 12- Di se son autónomos ou asalariados os teus pais. 13- Que é unha empresa? 14- Coñeces o nome dalgunha empresa da contorna que sexa grande? 15- Cal é o obxectivo da publicidade?