Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Agosto 2014

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Agosto 2014

  1. 1. agosto august août agosto
  2. 2. Agosto é o octavo mes do ano e recibe o seu nome en honra ao Emperador romano Augusto. Ten 31 días. A pedra de agosto é o sardónice e a súa flor a papoula.
  3. 3. sandía -Maduran moitos froitos silvestres: estalan as vaíñas das xestas e dos toxos deixando libres as sementes. Maduran as sandías, os calacús, os melóns, as uvas...
  4. 4. xesta
  5. 5. Inula crithmoides
  6. 6. Flor de xeranio silvestre
  7. 7. Caravel
  8. 8. Rabo de lebre
  9. 9. -Sulfátanse as viñas -Páñanse os pendóns do millo -Plántase a verdura. Seméntanse as nabizas, o nabicol e os grelos.
  10. 10. Millo
  11. 11. cuco -Desovan os atúns, -A finais do mes comezan e emigrar algunhas aves
  12. 12. - Crían a maioría dos insectos. Eiruga de bolboreta
  13. 13. barbantesa
  14. 14. TEMPERATURA MÁXIMA (ºC) (media) TEMPERATURA MÍNIMA (ºC) (media) O TEMPO TEMPERATURA MEDIA (ºC) HUMIDADE MEDIA (%) VELOCIDADE DO VENTO (km/h) CHUVIA TOTAL (l) DÍA CHUVIA MÁXIMA (l/m2) DIAS CHUVIA 24,2 14,5 19,07 87 3,24 50,9 14,2 l (8) 12
  15. 15. As horas de luz diminuíron en 75 minutos.
  16. 16. REFRANEIRO -Agosto madura e setembro vendima a uva -En agosto chove mel e mosto
  17. 17. -No agosto á fariña e no setembro á fouciña (millo)
  18. 18. -A castaña no agosto quere beber e no setembro comer
  19. 19. -Polvo no maio e lama no agosto pon ao labrego de mal rostro -Máis vale nubrado de agosto ca sol de setembro -En agosto secan os montes, e en setembro, as fontes.
  20. 20. -En agosto, sol posto, noite connosco. -Despois da Peregrina, o inverno ven enriba.
  21. 21. 1ºdomingo de agosto Festa do viño Albariño En Cambados
  22. 22. 1-7 de agosto Semana mundial da lactancia
  23. 23. 2de agosto de 1922 morre Alexander Graham Bell, inventor do teléfono
  24. 24. 3de agosto de 2014. Terremoto de 6,1 graos en China, na província de Yunan. O máis forte en 14 anos. Máis de 615 motrtos, 3.100 feridos e danos moi graves.
  25. 25. 4de agosto Estoupa a balsa de lodos dunha mina de ouro e cobre de Mount Polley (Columbia Británica, Canadá) liberando 5 millóns de metros cúbicos de lodos con arsénico, mercurio e xofre no regato Hazeltine que desemboca no lago Quesnel que, á súa vez, alimenta aos ríos Quesnel e Cariboo.
  26. 26. 6de agosto de 1881 nace Alexander Fleming, científico británico, descubridor da penicilina
  27. 27. 6de agosto de 1945 Estados Unidos realiza o primeiro bombardeo atómico da historia, en Hiroshima (Xapón), o único sobre poboación civil. 9de agosto de 1945 bombardeo de Nagasaki. Morreron máis de 120.000 persoas e moitas padeceron as secuelas da radiación.
  28. 28. 14de agosto de 1910: inaugúranse 8 kilómetros da Canle de Panamá entre o océano Pacífico e o mar Caribe. 15de agosto de 1914: apertura oficial da Canle de Panamá.
  29. 29. 19de agosto Día Internacional da aviación
  30. 30. 19de agosto Día Internacional da fotografía. O 19 de agosto de 1839 está considerado, o día do nacemiento oficial da fotografía, en Francia. Daguerrotipo de Nicéphore Niépce, 1825
  31. 31. 23de agosto de 79 Comeza a erupción do Monte Vesuvio, que destrúe, ao día seguinte, as cidades de Pompeia e Herculano
  32. 32. 23de agosto de 1966: o satélite espacial estadounidense Lunar Orbiter, toma a primeira fotografía da Terra vista desde o Espazo.
  33. 33. 3ºdomingo de agosto Romería da Lanzada
  34. 34. 25de agosto de 1867 morre Michael Faraday, químico e físico inglés. O 29 de agosto de 1831 descobre a inducción electromagnética.
  35. 35. 27de agosto de 1859 Descóbrese petróleo en Pensilvania (Estados Unidos) Primeiro pozo petrolífero explotado comercialmente.
  36. 36. 27de agosto de 1883 Entra en erupción o Krakatoa (Indonesia). A explosión é visible a 5.000 quilómetros. O día máis violento foi o cuarto, con 36.417 víctimas. A última explosión fai voar toda a illa.
  37. 37. 28de agosto de 1883 primeiro voo nunha máquina controlada máis pesada que o aire, o planeador de El John Joseph Montgomery.
  38. 38. 29de agosto Día Internacional contra os Ensaios Nucleares
  39. 39. 29de agosto de 2005 O furacán Katrina (categoría 4) toca terra en Luisiana (Estados Unidos). Inúndase un 80% de Nova Orleáns. Causa máis de 1.200 mortos e máis de 115.000 millóns de dólares de perdas.
  40. 40. 30 de agosto de 1871 nace Ernest Rutherford, físico e químico británico, premio Nobel de Química en 1908.
  41. 41. 30de agosto de 1940 Morre Joseph John Thomson, físico británico, Premio Nobel de Física en 1906 polo polo seu traballo sobre a condución da electricidade a través dos gases. Descubridor do electrón.
  42. 42. FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon Daporta agosto 2014 Departamento de Ciencias 1º ESO Xuncos

×