Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano,
con 28 días os anos normais e 29 os anos bisiestos.
Foi chamado así en honra ás festas “februas”, o festival da
purificación na antiga Roma, que naqueles tempos coincidían
co fin de ano.
A pedra de febreiro é a amatista e a flor a violeta.
Na natureza aparecen os primeiros sinais do final do inverno.
Comezan a inchar as xemas das árbores.
Carballo
Florecen os salgueiros, as mimosas, as acacias, os
amendoeiros, os pexegueiros, as magnolias, o romeu,
os loureiros, os narcisos, os xacintos, os toxos, os
cáncaros, as violetas, a herba de namorar...
salgueiro (flores femininas)
O TEMPO
(Estación Corón)
TEMPERATURA TEMPERATURA TEMPERATURA HUMIDADE VELOCIDADE DO CHUVIA DÍA CHUVIA DIAS
MÁXIMA-Media (ºC) MÍNIMA-Media (ºC) MEDIA (ºC) MEDIA (%) VENTO TOTAL (l) MÁXIMA CHUVIA
(km/h) (l/m2)
13,1 5,5 9,16 83 5,23 93,7 1 (23,2 l) 16
Os días medraron 60 minutos
-Polo San Brais, dúas horas máis.
-Por Santa Eulalia se chove e venta o inverno entra.
-Se chove o día de Santa Eulalia, chove sete días e unha semana.
-Pola Candelaria, se chove e venta, o inverno entra; se rí e chora, medio
inverno vai fóra; se non chora nen rí, o inverno está por vir; se chora e
deixa de chorar, a metade do inverno está por pasar; e se non chove nen
implora, o inverno xa vai fóra.
-Vaite febreiro cos teus vinteoito, se chegas a ter máis catro non queda
can nin gato.
-En febreiro, sete capas e un sombreiro.
-Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.
-Tal o vintesete, tal o mes seguinte, se o vinteoito consinte.
-Antroido á raxeira, Pascuas á lareira.
-Auga de febreiro enche o cabaceiro.
-Por Santa Eulalia trompos á borralla.
DÍAS SINALADOS
O termo “transistor é a contracción en inglés de
transfer resistor (resistencia de transferencia)
1 de febreiro de 1948
descubrimento do
transistor nos laboratorio
O transistor é un dispositivo electrónico
Bell de EE.UU. semicondutor que cumple funcións de
Jonhn Bardee, Walter Houser amplificador, oscilador, conmutador ou
rectificador.
Brattain e William Bradford
Shokley, que recibiron o premio Actualmente atópanse prácticamente en
todos os aparellos domésticos de uso
Nobel de Física en 1956 diario: radios, televisores, grabadoras,
reproductores de audio e video, fornos de
microondas, lavadoras, automóviles,
equipos de refrixeración, alarmas,
reloxos de cuarzo, computadoras,
calculadoras, impresoras, lámpadas
fluorescentes, equipos de raios X,
tomógrafos, ecógrafos, reprodutores
mp3, teléfonos móviles...
En conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar
sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como
Hábitats de Aves Acuáticas, o 2 de febreiro de 1971.
2 de febreiro de 1907:
morre Dimitri Mendeleyev,
químico ruso, creador da
TÁBOA PERIÓDICA DOS
ELEMENTOS QUÍMICOS.
Nacido o 8 de febreiro de
1834.
febreiro de 2004:
descóbrese en Guipúzcoa, nunha sima do monte Ernio, o
primeiro río de leite de lúa en estado líquido do mundo.
O leite de lúa está
composto xeralmente por
carbonatos de calcio e
1 magnesio, aínda que
poden aparecer outros
minerais como calcio,
xofre, sílice, carbono ou
xeso.
3 de febreiro de 1878:
nace en lalín Ramón María Aller Ulloa , astrónomo
galego.
3 de febreiro de 1966: A sonda soviética Lúa 9 é a
primeira en pousarse sobre a superficie da Lúa e emitir
fotografías desde o Mar das Tormentas.
6 de febreiro:
Día Internacional
contra a Mutilación Xenital Feminina
7 de febreiro de 2006: un equipo de científicos alemáns
consegue un rexistro histórico ao taladrar o xeo da Antártida
ata acadar os 2774 m de profundidade.
10 de febreiro de 1926: o hidroavión “Plus Ultra”,
tripulado por Ramón Franco, Julio Ruiz de Alda, Juan
Manuel Durán e Pablo Rada, chega a Bos Aires.
Realiza o primeiro voo entre España e América.
31-1
4-2
12
de febreiro
de 1809 nacemento de
Charles Darwin,
científico inglés autor
da teoría da Evolución.
12
de febreiro
Día Mundial
contra a
utilización dos
nenos soldado
Según datos de Amnistía
Internacional, máis de
300.000 menores
participan en conflictos
bélicos nuns 86 países do
mundo. O 40% son
nenas, que tamén son
empregadas como
escravas sexuais.
14 de febreiro 1779:
morre James Cook,
explorador británico.
15 de febreiro
de 1564: nace
Galileo Galilei,
astrónomo, físico e
filósofo italiano.
15 de febreiro de 2013:
o asteroide 2012 DA14
pasou a 27.860 km da Terra
a unha velocidade de
28.100 km/h.
A maior aproximación tivo
lugar ás 19.24 horas.
15 de febreiro de 2013: Chuvia de meteoritos en Rusia.
Un deles, de 17 metros deixou máis de 1.100 de feridos na provincia de
Cheliabinsk, liberou unha enerxía de 500 kilotóns, trinta veces superior á
bomba atómica de Hiroshima.
16 de febreiro de 2005: entra en vigor o
Protocolo de Kioto , convenio mundial para a
redución de gases do efecto invernadoiro.
18 de febreiro de
1745: nace
Alessandro
Volta, físico
italiano.
18
de febreiro
de 1930
o astrónomo
estadounidense Cyde
William Tombauh
descubre Plutón
desde o observatorio Lowell
en Arizona.
19 de febreiro de 1473:
nace Nicolás Copérnico,
astrónomo polaco.
19 de febreiro de 1941: na provincia de
Pontevedra, un furacán abate unhas 150.000 árbores
e destrúe as torres de máis de 300 igrexas.
21
de febreiro
DÍA
INTERNACIONAL
DA LÍNGUA
MATERNA
24
de febreiro
de 1837
nace
Rosalía de Castro, a
escritora galega máis
relevante
28 de febreiro de 1953:
Francis Crick e James Watson descobren a
estrutura helicoidal da molécula de ADN.
28
de febreiro de 1981
morre en Vigo
escritor galego
Álvaro Cunqueiro
29 de febreiro de 1968:
a astronoma irlandesa
Jocelyn Bell Burnell
descobre o primeiro pulsar.
FOTOS:
Departamento Alumnado 1º ESO, Adela Leiro,
de Ciencias Mon Daporta
FEBREIRO 2013