SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
PAAU (LOE)
2010
Código:
08
HISTORIA DA FILOSOFÍA
Opción A
Lea atentamente o seguinte e texto e a partir del compoña un texto de carácter filosófico que dea
resposta ás cuestións que se formulan.
Teña en conta que:
a) non se trata de contestar meramente esas cuestións senón de integrar a resposta no texto, que
ha de ser composto de maneira unitaria. As cuestións han ser tomadas como unha sorte de
guión interno do texto.
b) na avaliación da proba teranse en conta non só a maior ou menor corrección no que atinxe ao
contido do exposto, senón tamén á forma da exposición, o vocabulario e a corrección sintáctica,
ortográfica e retórica.
TEXTO
Xa que existen dúas clases de virtude, a dianoética e a ética, a dianoética xorde e
medra principalmente pola aprendizaxe e por iso precisa de experiencia e de tempo. En cambio
a ética xorde do costume, por iso o seu nome varía un pouco do de costume. Deste feito resulta
evidente que ningunha das virtudes éticas se dá en nós por natureza, pois nada do que existe
por natureza cambia por costume. Así, por exemplo, a pedra, que por natureza vai para abaixo,
non se afaría a ir para arriba por máis que se intentase meterlle o costume tirándoa moitas
veces cara a arriba, nin o lume se afaría a ir cara a abaixo, nin ningunha outra cousa que é de
certa natureza podería afacerse a ter outra distinta. Así é que as virtudes non se producen por
natureza nin contra a natureza, senón porque temos de noso aptitude para recibilas e
perfeccionalas mediante o costume. Ademais, de todo o que está na nosa natureza, primeiro
acadamos as capacidades e logo desenvolvemos as actividades (isto é evidente no tocante ós
sentidos; non adquirimos os sentidos por ver moitas veces ou oír moitas veces, senón o
contrario: usámolos porque os temos, non os temos porque os usamos). En cambio, as virtudes
adquirímolas porque antes as exercitamos, como ocorre coas demais artes. Pois o que hai que
facer despois de aprendelo, aprendémolo facéndoo. Por exemplo, facémonos construtores
construíndo e citaristas tocando a cítara. Así, tamén, practicando a xustiza facémonos xustos,
moderados practicando a moderación e fortes practicando a fortaleza. Proba disto é o que
sucede nas cidades. Os lexisladores fan bos ós cidadáns ensinándolles certos costumes, e esa
é a vontade de todo lexislador; os que non o fan ben equivócanse e niso distínguese un bo
réxime dun mal réxime.
ARISTÓTELES, Etíca a Nicómaco, libro II, 1103a14
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual : O tránsito cara á época helenística. (avaliación:de 0 a 3
puntos)
II ) Comprensión: A ética aristotélica: ethos e praxe, o concepto de areté. (avaliación:de 0 a 4
puntos)
III) Coñecemento específico: Diferenza fundamental entre a ética material de Aristóteles e a
formal de Kant (avaliación:de 0 a 3 puntos)
PAAU (LOE)
2010
Código:
08
HISTORIA DA FILOSOFÍA
Opción B
Lea atentamente o seguinte e texto e a partir del compoña un texto de carácter filosófico que dea
resposta ás cuestións que se formulan.
Teña en conta que:
c) non se trata de contestar meramente esas cuestións senón de integrar a resposta no texto, que
ha de ser composto de maneira unitaria. As cuestións han de ser tomadas como unha sorte
de guión interno do texto.
d) na avaliación da proba teranse en conta non só a maior ou menor corrección no que atinxe ao
contido do exposto, senón tamén á forma da exposición, o vocabulario e a corrección sintáctica,
ortográfica e retórica.
TEXTO
A autonomía da vontade é o único principio de todas as leis morais e de todos os
deberes conformes a elas: toda heteronomía do libre arbitrio, pola contra, non só non funda
ningunha obrigatoriedade senón que é máis ben contraria ó principio desta e da moralidade da
vontade. É que o principio único da moralidade consiste na independencia da lei verbo de toda
materia (a saber, dun obxecto desexado) e, ó tempo, na determinación do libre arbitrio pola
mera forma lexisladora universal de que unha máxima ten que ser capaz. Aquela
independencia é a liberdade en sentido negativo, mais esta lexislación propia da razón pura e,
en canto tal, práctica, é a liberdade en sentido positivo. Por conseguinte, a lei moral non
expresa nada máis que a autonomía da razón pura práctica, é dicir, a liberdade, e esta é
mesmo a condición formal de todas as máximas, as cales unicamente baixo de tal condición
poden coincidir coa lei práctica suprema.
I. KANT; Crítica da razón práctica (1788); Parte 1ª: Doutrina elemental da
razón práctica. L.I: Analítica da razón práctica pura; Cap-I: Dos principios da
razón práctica pura. §8 Teorema IV. (Trad. de Rafael Martínez, USC)
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual: Características da razón ilustrada. (avaliación:de 0 a 3
puntos)
II ) Comprensión: O formalismo moral en Kant. (avaliación:de 0 a 4 puntos)
III) Coñecemento específico: Liberdade e determinismo. ¿En que medida o ser humano é
libre e en que medida está determinado? (avaliación:de 0 a 3 puntos)

More Related Content

Viewers also liked (10)

Tema 7-kant 1. a idea kantiana de ilustración
Tema 7-kant 1. a idea kantiana de ilustraciónTema 7-kant 1. a idea kantiana de ilustración
Tema 7-kant 1. a idea kantiana de ilustración
 
Tome 08-09-t2
Tome 08-09-t2Tome 08-09-t2
Tome 08-09-t2
 
Greek philosophy programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Greek philosophy programacion-unidad-didactica-clil-template 1Greek philosophy programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Greek philosophy programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Pau 2013 h_filosofia
Pau 2013 h_filosofia Pau 2013 h_filosofia
Pau 2013 h_filosofia
 
Agostino 08-09-t3
Agostino 08-09-t3Agostino 08-09-t3
Agostino 08-09-t3
 
Platon 08-09-t1
Platon 08-09-t1Platon 08-09-t1
Platon 08-09-t1
 
Pau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofiaPau 2015 h_filosofia
Pau 2015 h_filosofia
 
Pau 2014 h_filosofia
Pau 2014 h_filosofiaPau 2014 h_filosofia
Pau 2014 h_filosofia
 
Pau 2010 filosofia (1)
Pau 2010 filosofia (1)Pau 2010 filosofia (1)
Pau 2010 filosofia (1)
 
Pau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofiaPau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofia
 

Similar to Kant 10-11-t1

Modelo de exame
Modelo de exameModelo de exame
Modelo de exameEva Garea
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoEva Garea
 
Textos Aristóteles
Textos AristótelesTextos Aristóteles
Textos Aristótelesnieveslopez
 
Etica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióNEtica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióNguest9b27c
 
Textos aristóteles
Textos aristótelesTextos aristóteles
Textos aristótelesnieveslopez
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivopremiogd
 

Similar to Kant 10-11-t1 (8)

Modelo de exame
Modelo de exameModelo de exame
Modelo de exame
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
 
Textos Aristóteles
Textos AristótelesTextos Aristóteles
Textos Aristóteles
 
Etica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióNEtica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióN
 
Textos aristóteles
Textos aristótelesTextos aristóteles
Textos aristóteles
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
 
Teorías éticas
Teorías éticasTeorías éticas
Teorías éticas
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 

More from Filosofia Ies A Pinguela

Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Filosofia Ies A Pinguela
 
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Filosofia Ies A Pinguela
 
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeFilosofia Ies A Pinguela
 
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeFilosofia Ies A Pinguela
 

More from Filosofia Ies A Pinguela (19)

Glosario4 video
Glosario4 videoGlosario4 video
Glosario4 video
 
Glosario3 audio
Glosario3 audioGlosario3 audio
Glosario3 audio
 
Glosario2 imagen
Glosario2 imagenGlosario2 imagen
Glosario2 imagen
 
Glosario1 blogs
Glosario1 blogsGlosario1 blogs
Glosario1 blogs
 
Filosofía antigua y medieval
Filosofía antigua y medievalFilosofía antigua y medieval
Filosofía antigua y medieval
 
01 blogs[1]
01 blogs[1]01 blogs[1]
01 blogs[1]
 
Moodle manual del_usuario_ulpgc
Moodle manual del_usuario_ulpgcMoodle manual del_usuario_ulpgc
Moodle manual del_usuario_ulpgc
 
Principios y aspectos básicos de aicle
Principios y aspectos básicos de aiclePrincipios y aspectos básicos de aicle
Principios y aspectos básicos de aicle
 
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Cm 2009 - amarelo - ciencias sociais
Cm   2009 - amarelo - ciencias sociaisCm   2009 - amarelo - ciencias sociais
Cm 2009 - amarelo - ciencias sociais
 
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
 
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
 
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amareloSol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
 
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azulSol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
 
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
 Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
 
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
 Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
 
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
 
Workbook i tae2
Workbook i tae2Workbook i tae2
Workbook i tae2
 

Kant 10-11-t1

  • 1. PAAU (LOE) 2010 Código: 08 HISTORIA DA FILOSOFÍA Opción A Lea atentamente o seguinte e texto e a partir del compoña un texto de carácter filosófico que dea resposta ás cuestións que se formulan. Teña en conta que: a) non se trata de contestar meramente esas cuestións senón de integrar a resposta no texto, que ha de ser composto de maneira unitaria. As cuestións han ser tomadas como unha sorte de guión interno do texto. b) na avaliación da proba teranse en conta non só a maior ou menor corrección no que atinxe ao contido do exposto, senón tamén á forma da exposición, o vocabulario e a corrección sintáctica, ortográfica e retórica. TEXTO Xa que existen dúas clases de virtude, a dianoética e a ética, a dianoética xorde e medra principalmente pola aprendizaxe e por iso precisa de experiencia e de tempo. En cambio a ética xorde do costume, por iso o seu nome varía un pouco do de costume. Deste feito resulta evidente que ningunha das virtudes éticas se dá en nós por natureza, pois nada do que existe por natureza cambia por costume. Así, por exemplo, a pedra, que por natureza vai para abaixo, non se afaría a ir para arriba por máis que se intentase meterlle o costume tirándoa moitas veces cara a arriba, nin o lume se afaría a ir cara a abaixo, nin ningunha outra cousa que é de certa natureza podería afacerse a ter outra distinta. Así é que as virtudes non se producen por natureza nin contra a natureza, senón porque temos de noso aptitude para recibilas e perfeccionalas mediante o costume. Ademais, de todo o que está na nosa natureza, primeiro acadamos as capacidades e logo desenvolvemos as actividades (isto é evidente no tocante ós sentidos; non adquirimos os sentidos por ver moitas veces ou oír moitas veces, senón o contrario: usámolos porque os temos, non os temos porque os usamos). En cambio, as virtudes adquirímolas porque antes as exercitamos, como ocorre coas demais artes. Pois o que hai que facer despois de aprendelo, aprendémolo facéndoo. Por exemplo, facémonos construtores construíndo e citaristas tocando a cítara. Así, tamén, practicando a xustiza facémonos xustos, moderados practicando a moderación e fortes practicando a fortaleza. Proba disto é o que sucede nas cidades. Os lexisladores fan bos ós cidadáns ensinándolles certos costumes, e esa é a vontade de todo lexislador; os que non o fan ben equivócanse e niso distínguese un bo réxime dun mal réxime. ARISTÓTELES, Etíca a Nicómaco, libro II, 1103a14 CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN I) Marco histórico e conceptual : O tránsito cara á época helenística. (avaliación:de 0 a 3 puntos) II ) Comprensión: A ética aristotélica: ethos e praxe, o concepto de areté. (avaliación:de 0 a 4 puntos) III) Coñecemento específico: Diferenza fundamental entre a ética material de Aristóteles e a formal de Kant (avaliación:de 0 a 3 puntos)
  • 2. PAAU (LOE) 2010 Código: 08 HISTORIA DA FILOSOFÍA Opción B Lea atentamente o seguinte e texto e a partir del compoña un texto de carácter filosófico que dea resposta ás cuestións que se formulan. Teña en conta que: c) non se trata de contestar meramente esas cuestións senón de integrar a resposta no texto, que ha de ser composto de maneira unitaria. As cuestións han de ser tomadas como unha sorte de guión interno do texto. d) na avaliación da proba teranse en conta non só a maior ou menor corrección no que atinxe ao contido do exposto, senón tamén á forma da exposición, o vocabulario e a corrección sintáctica, ortográfica e retórica. TEXTO A autonomía da vontade é o único principio de todas as leis morais e de todos os deberes conformes a elas: toda heteronomía do libre arbitrio, pola contra, non só non funda ningunha obrigatoriedade senón que é máis ben contraria ó principio desta e da moralidade da vontade. É que o principio único da moralidade consiste na independencia da lei verbo de toda materia (a saber, dun obxecto desexado) e, ó tempo, na determinación do libre arbitrio pola mera forma lexisladora universal de que unha máxima ten que ser capaz. Aquela independencia é a liberdade en sentido negativo, mais esta lexislación propia da razón pura e, en canto tal, práctica, é a liberdade en sentido positivo. Por conseguinte, a lei moral non expresa nada máis que a autonomía da razón pura práctica, é dicir, a liberdade, e esta é mesmo a condición formal de todas as máximas, as cales unicamente baixo de tal condición poden coincidir coa lei práctica suprema. I. KANT; Crítica da razón práctica (1788); Parte 1ª: Doutrina elemental da razón práctica. L.I: Analítica da razón práctica pura; Cap-I: Dos principios da razón práctica pura. §8 Teorema IV. (Trad. de Rafael Martínez, USC) CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN I) Marco histórico e conceptual: Características da razón ilustrada. (avaliación:de 0 a 3 puntos) II ) Comprensión: O formalismo moral en Kant. (avaliación:de 0 a 4 puntos) III) Coñecemento específico: Liberdade e determinismo. ¿En que medida o ser humano é libre e en que medida está determinado? (avaliación:de 0 a 3 puntos)