SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
1. A idea kantiana de Ilustración
A crítica da razón como tarefa fundamental da filosofía.
Como filósofo ilustrado, Kant asume a clarificación do home e da sociedade. Pero remite esa
esixencia de clarificación, primaria e fundamentalmente, á propia razón.
En primeiro lugar, trata de resolver o antagonismo entre as diferentes interpretacións da razón:
1. Dunha parte, a posición racionalista que consiste na pretensión de que só a razón,
autosuficiente e ao marxe da experiencia, é capaz de interpretar e descubrir a estrutura e o
sentido do real.
2. Doutra parte, o empirismo, cuxa expresión última é o escepticismo, como intento de reducir
o pensamento ao dado.
Estas interpretacións antagónicas da razón impoñen, segundo Kant, a necesidade de levar a cabo
unha crítica da mesma.
Ilustración e liberdade como meta da razón.
Kant cre que a crítica da razón resulta absolutamente necesaria non só a causa da diversidade de
interpretacións que da razón teñen dado os filósofos, senón tamén a causa do modo en que os homes
da súa época viven a súa vida humana: un modo que non é ilustrado, é dicir, non emancipado, de
“minoría de razón”.
Pese a tratarse dunha época de Ilustración, os homes desta época , pensa Kant, non chegaron a facer
dela unha época “ilustrada” realmente.
Kant cre que a situación de minoría de razón na que se atopan os homes da súa época débese,
fundamentalmente, ás restricións ou limitacións, é dicir, a falta de verdadeira liberdade.
A tarefa da crítica da razón (no seu sentido máis pleno) terá como obxectivo primordial a
realización da liberdade, a superacións da súas limitacións: tanto a restrición civil ou social como a
restrición da conciencia (xa sexa pola relixión, xa sexa polas normas social e historicamente
recibidas).
O remedio de tal situación só pode ser a crítica da razón levada a cabo por si mesma, para buscar en
si mesma a liberdade e a verdade. Unha crítica da razón será, pois, a esixencia que o ser humano
imponse de clarificarse sobre o que é e sobre os últimos fins e intereses. “A máxima de pensar por si
mesmo: iso é a Ilustración”; é dicir, a necesidade e esixencia dun pensar emancipado.
Neste sentido, precisamente, dise que a crítica da razón proponse o exercicio e realización da
liberdade, unha liberdade non só subxectiva, senón que ten que proxectarse na estruturación dunha
nova orde social.
Toda a obra kantiana, como en xeral toda a Ilustración, é un alegato en favor da liberalización de
toda tutela (tradicións, autoridade, fe irracional), e en favor dese heroísmo que se precisa para
atreverse a pensar por un mesmo.
Sen embargo, para Kant, esta defensa do uso da razón de cada un ten un certo límite. Kant distingue
o uso público da razón do seu uso privado. En canto ao uso público ten que haber unha total
liberdade do uso da razón. En canto ao uso privado esta poderá (e incluso deberá) ceñirse a certos
límites. Por uso público entende a discusión pública de todos os problemas que poidan afectar aos
individuos con vistas a atopar fórmulas mellores para resolvelos. Por uso privado entende o uso que
como profesional (como funcionario) vese obrigado a facer da razón. Así, di Kant, un cidadán pode
criticar publicamente os impostos que rexen no seu Estado e intentar ofrecer sistemas mellores na
súa distribución, recadación, etc. Pero non pode negarse (en virtude do uso privado da súa razón) a
pagar os impostos sen máis.

More Related Content

More from Filosofia Ies A Pinguela

Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Filosofia Ies A Pinguela
 
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Filosofia Ies A Pinguela
 
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeFilosofia Ies A Pinguela
 
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeFilosofia Ies A Pinguela
 

More from Filosofia Ies A Pinguela (20)

Glosario4 video
Glosario4 videoGlosario4 video
Glosario4 video
 
Glosario3 audio
Glosario3 audioGlosario3 audio
Glosario3 audio
 
Glosario2 imagen
Glosario2 imagenGlosario2 imagen
Glosario2 imagen
 
Glosario1 blogs
Glosario1 blogsGlosario1 blogs
Glosario1 blogs
 
Filosofía antigua y medieval
Filosofía antigua y medievalFilosofía antigua y medieval
Filosofía antigua y medieval
 
01 blogs[1]
01 blogs[1]01 blogs[1]
01 blogs[1]
 
Moodle manual del_usuario_ulpgc
Moodle manual del_usuario_ulpgcMoodle manual del_usuario_ulpgc
Moodle manual del_usuario_ulpgc
 
Principios y aspectos básicos de aicle
Principios y aspectos básicos de aiclePrincipios y aspectos básicos de aicle
Principios y aspectos básicos de aicle
 
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Cm 2009 - amarelo - ciencias sociais
Cm   2009 - amarelo - ciencias sociaisCm   2009 - amarelo - ciencias sociais
Cm 2009 - amarelo - ciencias sociais
 
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
 
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
 
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amareloSol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
 
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azulSol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
 
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
 Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
 
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
 Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
 
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
 
Workbook i tae2
Workbook i tae2Workbook i tae2
Workbook i tae2
 
Tome 08-09-t2
Tome 08-09-t2Tome 08-09-t2
Tome 08-09-t2
 

Recently uploaded

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 

Recently uploaded (11)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 

Tema 7-kant 1. a idea kantiana de ilustración

  • 1. 1. A idea kantiana de Ilustración A crítica da razón como tarefa fundamental da filosofía. Como filósofo ilustrado, Kant asume a clarificación do home e da sociedade. Pero remite esa esixencia de clarificación, primaria e fundamentalmente, á propia razón. En primeiro lugar, trata de resolver o antagonismo entre as diferentes interpretacións da razón: 1. Dunha parte, a posición racionalista que consiste na pretensión de que só a razón, autosuficiente e ao marxe da experiencia, é capaz de interpretar e descubrir a estrutura e o sentido do real. 2. Doutra parte, o empirismo, cuxa expresión última é o escepticismo, como intento de reducir o pensamento ao dado. Estas interpretacións antagónicas da razón impoñen, segundo Kant, a necesidade de levar a cabo unha crítica da mesma. Ilustración e liberdade como meta da razón. Kant cre que a crítica da razón resulta absolutamente necesaria non só a causa da diversidade de interpretacións que da razón teñen dado os filósofos, senón tamén a causa do modo en que os homes da súa época viven a súa vida humana: un modo que non é ilustrado, é dicir, non emancipado, de “minoría de razón”. Pese a tratarse dunha época de Ilustración, os homes desta época , pensa Kant, non chegaron a facer dela unha época “ilustrada” realmente. Kant cre que a situación de minoría de razón na que se atopan os homes da súa época débese, fundamentalmente, ás restricións ou limitacións, é dicir, a falta de verdadeira liberdade. A tarefa da crítica da razón (no seu sentido máis pleno) terá como obxectivo primordial a realización da liberdade, a superacións da súas limitacións: tanto a restrición civil ou social como a restrición da conciencia (xa sexa pola relixión, xa sexa polas normas social e historicamente recibidas). O remedio de tal situación só pode ser a crítica da razón levada a cabo por si mesma, para buscar en si mesma a liberdade e a verdade. Unha crítica da razón será, pois, a esixencia que o ser humano imponse de clarificarse sobre o que é e sobre os últimos fins e intereses. “A máxima de pensar por si mesmo: iso é a Ilustración”; é dicir, a necesidade e esixencia dun pensar emancipado. Neste sentido, precisamente, dise que a crítica da razón proponse o exercicio e realización da liberdade, unha liberdade non só subxectiva, senón que ten que proxectarse na estruturación dunha nova orde social. Toda a obra kantiana, como en xeral toda a Ilustración, é un alegato en favor da liberalización de toda tutela (tradicións, autoridade, fe irracional), e en favor dese heroísmo que se precisa para atreverse a pensar por un mesmo. Sen embargo, para Kant, esta defensa do uso da razón de cada un ten un certo límite. Kant distingue o uso público da razón do seu uso privado. En canto ao uso público ten que haber unha total liberdade do uso da razón. En canto ao uso privado esta poderá (e incluso deberá) ceñirse a certos límites. Por uso público entende a discusión pública de todos os problemas que poidan afectar aos individuos con vistas a atopar fórmulas mellores para resolvelos. Por uso privado entende o uso que como profesional (como funcionario) vese obrigado a facer da razón. Así, di Kant, un cidadán pode criticar publicamente os impostos que rexen no seu Estado e intentar ofrecer sistemas mellores na súa distribución, recadación, etc. Pero non pode negarse (en virtude do uso privado da súa razón) a pagar os impostos sen máis.