SlideShare a Scribd company logo
1 of 29
OS SISTEMAS OU TEORÍAS ÉTICAS
 Ó longo dos séculos déronse diversas
posibilidades de xustificar a acción moral.
 Os sistemas éticos máis relevantes poden
reducirse a uns poucos modelos que, dende
diversas perspectivas tratan de ofrecer unha
xustificación das actitudes morais; as éticas
máis significativas poden concretarse en 3
modelos:
1. ÉTICAS TELEOLÓXICAS
2. ÉTICAS DEONTOLÓXICAS
3. ÉTICAS DIALÓXICAS
 Os que defenden este tipo de ética sosteñen que
a vida humana ten unha finalidade, por iso se
chaman teleolóxicas, porque se orientan á
consecución dun fin, que consideran o máximo
ben.
 As normas morais, os códigos morais
xustifícanse pola súa contribución ó logro dese
fin: debo obrar de tal modo que me encamiñe a
conseguir o considerado como máximo ben.
 Ese máximo ben non significa para todos o
mesmo, por iso existen distintos tipos de éticas
teleolóxicas. Examinaremos:
 O EUDEMONISMO ARISTOTÉLICO
 O HEDONISMO
 O UTILITARISMO
 O CREADOR E REPRESENTANTE MÁIS
SIGNIFICATIVO DO EUDEMONISMO FOI
O FILÓSOFO GREGO DO S. IV a.C.,
ARISTÓTELES.
 O TERMO “EUDEMONISMO” provén do
grego “eudaimonía” que significa
“felicidade”; esta consiste, para
Aristóteles, no exercicio, actividade e
a perfección das capacidades máis
propias do ser humano; ser feliz
consiste, pois, en autorrealizarse
exercitando as disposicións coas que
estamos doutados
 Para Aristóteles, a actividade máis
propiamente humana é o que os
gregos chamaban contemplación
(theoría) que non é senón o exercicio
das actividades intelectuais:
pensamento e argumentación; o ser
humano é un “animal racional” e,
por tanto, a súa felicidade está no
uso da súa facultade máis propia, a
RAZÓN.
 Pero a nosa vida non se reduce só á
contemplación senón que actuamos
constantemente noutras áreas vitais
e con outras motivacións
(económicas, laborais, sentimentais,
deportivas, etc.): estas actividades
tamén inflúen na felicidade humana
e, por elo, é necesario escollelas e
realizalas con sumo coidado. A
VIRTUDE guíanos na correcta
elección e é o que Aristóteles
chamou PRUDENCIA que, segundo el,
consiste na moderación e elección
do “termo medio” entre 2 extremos
relativos a nós –o exceso e o defecto
ou insuficiencia-.
O fin último do ser humano é a felicidadeO fin último do ser humano é a felicidade
Que é a
felicidade?
Que é a
felicidade?
A felicidade é
unha
actividade
da alma
conforme a
unha
virtude
perfecta
A felicidade é
unha
actividade
da alma
conforme a
unha
virtude
perfecta
. fainos humanos
. fainos bos
. fainos humanos
. fainos bos
pensamentopensamento
é un hábito
selectivo
é un hábito
selectivo
é unha disposición
estable
é unha disposición
estable
É UNHA ÉTICA DA
PERFECCIÓN
É UNHA ÉTICA DA
PERFECCIÓN
consiste enconsiste en
elixir o termo
medio entre dous
extremos (exceso
e defecto) para
nós, non en
relacion co
obxecto.
elixir o termo
medio entre dous
extremos (exceso
e defecto) para
nós, non en
relacion co
obxecto.
Con:
• sabedoría
• moderación
• constancia
 O hedonismo mentén que a
felicidade (máximo ben) consiste
no pracer. Por iso, a máxima moral
hedonista pode resumirse na
afirmación: “debes buscar o pracer
e rexeitar a dor”.
 Agora ben, por pracer non
entenden os hedonistas meramente
o pracer sensible, senón tamén e
fundamentalmente outro tipo de
praceres conectados coa
amizade, o uso do intelecto, os
sentimentos e a autorrealización
do individuo.
 O hedonismo aparece como tª ética
na obra do filósofo grego EPICURO
(341-270 a.C.) e será logo
continuada polo filósofo romano
Lucrecio (96-55 a.C.) e, dende
entón, por diversos pensadores ó
longo da historia do pensamento.
considera que
O PRACER é o
principio e o fin da
vida feliz, xa que
é o primeiro dos
bens conforme á
natureza
hedonéhedoné
consíguese a
través do
consíguese a
través do
propia do sabiopropia do sabio
gozoentendido comoentendido como
Aquel que:
• se substrae ás
opinións dos
libertinos
• escolle con
prudencia
• contense na
moderaciónimplica moderación
no pracer
implica moderación
no pracer
por isoEpicuro distingue 3 tipos de desexos
naturais e necesarios o que vive conforme á natureza é sempre rico
naturais e non necesarios
nacen do desexo de variar e deben ser moderados
pola prudencia
nin naturais nin necesarios
Nacen das opinións dos insensatos que non se
satisfacen co que teñen e aflíxense con que non
teñen
 O utilitarismo como corrente
ética aparece fundamentalmente
na obra de Jeremy Bentham
(1748–1832) e de John Stuart
Mill (1808-1876).
 Segundo estes autores, o móbil
da conduta humana está na
busca da felicidade, pero a súa
adquisición non se entende como
un logro do individuo singular,
senón da sociedade: a felicidade
consiste no benestar do maior
número posible de persoas.
 Así pois, o criterio racional que
temos que utilizar para apreciar
a moralidade dun acto é a
consideración das
consecuencias que se derivan
del para a felicidade humana.
UTILITARISMOUTILITARISMO
PrincipioPrincipio
A máxima felicidade posible para o maior número
posible de persoas
A máxima felicidade posible para o maior número
posible de persoas
Ten un carácter
altruísta
Ten un carácter
altruísta busca o interese dunha colectividadebusca o interese dunha colectividade
Baséase nun PRINCIPIO DE UTILIDADEBaséase nun PRINCIPIO DE UTILIDADE
Unha acción apróbase ou
non en función do
aumento ou diminución
da felicidade da parte
interesada
polo que:polo que:
un xuízo moral sempre está referido á felicidade
unha acción é boa na medida en que conduza á
felicidade dunha colectividade
Ten
consecuencias
políticas porque:
o lexislador actúa lexítimamente cando:
busca a maior felicidade do poboBENTHAM
STUART MILL
representantes
 As éticas deontolóxicas son
éticas que fundamentan a
acción moral no DEBER:
 É boa moralmente aquela
acción que se efectúa só
porque é un deber o
realizala e non por outro
motivo (utilidade, medo ás
consecuencias, esperanza
dun premio, pracer...).
 Os defensores desta
concepción criticaron de
modo radical ás éticas
teleolóxicas polo seu
carácter heterónomo.
 “HETERONOMÍA” significa
recibir doutro a lei.
 Dende un punto de vista moral,
con este concepto alúdese a
que as normas moais
recíbense dunha instancia
distinta de persoa mesma: eu
acato a norma moral que,
aínda que poida encontrala en
min mesmo, na miña razón,
procede de algo externo, xa
sexa a sociedade coas súas
normas e costumes, a relixión
coas súas crenzas e dogmas ou
a propia natureza cos seus
instintos e inclinacións.
 En tódolos casos anteriores a
moral é heterónoma porque a
súa fonte non é a razón do
propio individuo, non é o
propio individuo.
 Fronte á heteronomía está a
AUTONOMÍA MORAL: a norma moral non
só a encontro en mín mesmo senón que
ademais procede de mín: eu me dou a
min mesmo a miña propia norma moral
establecéndoa dende a miña
racionalidade: a orixe e fundamento da
norma moral reside no uso práctico da
razón (na “razón práctica”).
 Os defensores da autonomía moral
supoñen que o ser humano só adquire
dignidade cando se sustrae á orde
natural e é capaz de ditarse a si mesmo
as súas propias leis, cando é lexislador
autónomo, cando as normas nacen de si
mesmo, cando ó obedecer, obedécese a
si mesmo.
Así pois, os defensores de felicidade ou do pracer como principios da vida moral,
quitan ó ser humano a súa dignidade, pois, aínda que sexa certo que o ser humano
tende a buscar o seu benestar e a sua felicidade, isto é algo que tamén fan os animais
e, por tanto, se queremos que a nosa vida non se reduza a nivel do puramente
animal, non podemos reducila a algo que non vai máis alá das tendencias instintivas e
naturais, como é a utilidade, o pracer ou a felicidade.
 As éticas deontolóxicas,
por tanto, sosteñen que o
deber que motiva a acción
moral provén da norma
moral que, á súa vez,
encontra a súa orixe e
fundamento na propia
razón humana.
 Ó longo da historia houbo
diversas doutrinas éticas
deontolóxicas, pero a máis
importante e exemplar é a
ética do filósofo alamán I.
Kant (1724-1804):
o A ética kantiana estrutúrase en torno ó principio de actuar
conforme ó deber;
o Como sei cal é o deber? O deber determínase dende o que
dita a razón.
o Esta ética non nos di o que hai que facer en cada momento
ou situación senón que NOS PROPORCIONA A FORMA (a
estrutura racional) que debe ter calquera dos nosos actos
para que sexan morais: só se indica un motivo formal á
VONTADE, válido para todo ser humano e para calquera
ocasión.
o E, as únicas esixencias que impón a nosa razón á acción
moral son: que sexa universalizable e que respecte a miña
humanidade e a dos demais.
o A ética de Kant pretende, por tanto, ser universal e
necesaria (como o son as afirmacións da matemática ou a
física): nela non cabe nin o interese propio nin o egoísmo,
senón só a boa vontade de actuar de acordo co deber que
dita a razón (no seu uso práctico).
 A esta ética chámalle Kant “formal” e
“autónoma”; as outras éticas son
“materiais” e “heterónomas”, xa que
nelas a vontade humana é determinada a
actuar por motivos prácticos e non por
motivos estritamente morais.
 Así, se queremos unha ética universal que
sirva para todos e para todo tempo, unha
ética para a que o que é bo ou malo non
depende do momento ou das circunstancias
ou do interese individual, entón temos que
fundamentala nun principio ó que Kant
denomina IMPERATIVO CATEGÓRICO que
atende ó que dita a razón, e que se
formula do seguinte modo:
 “Obra só segundo aquela máxima que
podeas querer que se convirta en lei
universal” (a razón esixe universalidade)
 “Procede de modo que trates á
humanidade, tanto na túa persoa como na
dos demais, sempre como un fin en si
mesmo e nunca como un medio” (a razón
esixe respecto á dignidade dos seres
humanos)
A ÉTICA FORMAL DE KANTA ÉTICA FORMAL DE KANT
A ética responde á pregunta Que debo facer?
Que condicións debe ter unha norma
moral para que obrigue?
As normas morais deben posuír
validez universal
“Todos deben (incondicionadamente) facer X”
Kant rexeita as éticas do ben
(éticas teleolóxicas)
Kant rexeita as éticas do ben
(éticas teleolóxicas)
por isoporque
Un fin determinado non pode
fundar normas universais
Un fin determinado non pode
fundar normas universais
e propón unha
Ética deontolóxica e procedimentalÉtica deontolóxica e procedimental
que se centra en
o procedemento para establecer qué é o
correcto
a forma da norma moral
que se fundamenta en
O Imperativo categórico: principio de universalidade
A liberdade: autonomía do individuo
A boa vontade: é unha moral da intención
 Hoxe en día hai dúas tendencias opostas en canto
á concepción da moral:
- por un lado, doutrinas que seguen tendencias
relativistas e hedonistas (pragmatismo,
postmodernidade...)
- por outro, doutrinas que recuperan a concepción
kantiana de que a ética do universalizable da
moral: entre estas últimas encóntranse as éticas
dialóxicas.
 As ÉTICAS DIALÓXICAS:
- Sosteñen que as normas morais deben ser froito
dun acordo baseado no diálogo argumentativo en
condicións de igualdade, entre persoas racionais
e libres.
- Son, por tanto, éticas da comunicación, do
discurso, que sitúan os mandatos que constitúen
o deber nas normas que resulta do acordo ó que
chegaran despois de argumentar racionalmente,
cada un deles en defensa da súa posición.
- A diferencia de Kant, os defensores das éticas
dialóxicas, especialmente K.O. Apel (1922-) e J.
Habermas (1929-), entenden que non é unha soa
persoa quen ten que comprobar se unha norma é
universalizable, senón que han comprobalo todos
os afectados por ela, utilizando a razón
discursiva, é dicir, o diálogo racional. Neste
sentido falan dunha “comunidade ideal de
diálogo” como un espazo de discusión que non
admite represión ou desigualdade.
 Habermas propón como regras do
discurso as seguintes:
1. Calquera suxeito capaz de
linguaxe e acción pode participar
no discurso.
2. Calquera pode problematizar
calquera afirmación.
3. Calquera pode introducir no
discurso calquera afirmación.
4. Calquera pode expresar as súas
posicións, desexos e necesidades.
5. Non pode impedirse a ningún
falante facer valer os seus
dereitos, establecidos nas regras
anteriores, mediante coacción
interna ou externa ó discurso.
Nas éticas dialóxicas o individuo moralmente
bo é aquel que está disposto a resolver
situacións de conflito mediante un DISCURSO
ARGUMENTADO, un diálogo encamiñado a
lograr o CONSENSO, e disposto asimesmo a
comportarse como se decida nese consenso.
 A xustificación das normas morais provén,
por tanto, do acordo racional e establécese
en función de dous principios:
- Universalización: unha norma será válida cando
todos os afectados por ela poidan aceptar
libremente as consecuencias e efectos secundarios
que se seguirían, previsiblemente, do seu
cumprimento xeral para a satisfacción dos
intereses de cada un.
- Ética do discurso: só poden pretender validez as
normas que encontran (ou poderían encontrar)
aceptación por parte de todos os afectados, como
participantes nun discurso práctico.
 Así pois, unha norma é aceptable só no caso
de que todos os afectados por ela estean de
acordo en darlle o seu consentimento
porque satisface intereses universalizables
(e non só os intereses dun colectivo ou dun
individuo).
Os filósofos que defenden estas ideas son conscientes de que os diálogos reais son
bastante distintos ás condicións ideais que describemos: os diálogos prodúcense
moitas veces en condicións de desigualdade e coacción e os participantes non
buscan satisfacer intereses universalizables, senón intereses individuais ou grupais.
Por iso, consideran que nos diálogos reais a súa teoría ética ha servir como ideal
regulativo, isto é, como unha concepción ideal que se presenta como modelo
exemplar ó que a discusión debe aproximarse.
Os filósofos que defenden estas ideas son conscientes de que os diálogos reais son
bastante distintos ás condicións ideais que describemos: os diálogos prodúcense
moitas veces en condicións de desigualdade e coacción e os participantes non
buscan satisfacer intereses universalizables, senón intereses individuais ou grupais.
Por iso, consideran que nos diálogos reais a súa teoría ética ha servir como ideal
regulativo, isto é, como unha concepción ideal que se presenta como modelo
exemplar ó que a discusión debe aproximarse.
Pero a ética do discurso non pretende quedarse só no plano da fundamentación
teórica senón que busca internarse tamén na práctica, isto é, na resolución de
conflitos morais que se dan de feito no momento actual: refírense sobre todo á
ecoloxía e medio ambiente, ó reparto da riqueza e expolio do terceiro mundo, á
industria de armamentos e a xustificación das guerras, a bioloxía e á medicina en
cuestións relacionadas coas posibilidades da xenética, a experimentación con seres
vivos, a eutanasia, etc.
Pero a ética do discurso non pretende quedarse só no plano da fundamentación
teórica senón que busca internarse tamén na práctica, isto é, na resolución de
conflitos morais que se dan de feito no momento actual: refírense sobre todo á
ecoloxía e medio ambiente, ó reparto da riqueza e expolio do terceiro mundo, á
industria de armamentos e a xustificación das guerras, a bioloxía e á medicina en
cuestións relacionadas coas posibilidades da xenética, a experimentación con seres
vivos, a eutanasia, etc.
ÉTICA COMUNICATIVA
OU DISCURSIVA
ApelApel
HabermasHabermas
proposta por
deontolóxica
cognitivista
formalista
universalista
é
fundaméntase en
como a ética de Kantcomo a ética de Kant
pero
non se basea na
boa vontade
solitaria de Kant
non se basea na
boa vontade
solitaria de Kant
non é unha
ética da
intención
non é unha
ética da
intención
senón
una ética da
responsabilidade
una ética da
responsabilidade
senón
que debe estar libre
de
represións
desigualdades
polo que
é o único criterio lexítimo de validez das
normas morais
é o único criterio lexítimo de validez das
normas morais
e debe ter en conta as consecuencias da acciónas consecuencias da acción
os intereses dos individuosos intereses dos individuos
o seu fin é
mostrar os procedementos que permitan que a xustificación das
normas poida acadar un consenso
mostrar os procedementos que permitan que a xustificación das
normas poida acadar un consenso
Segundo Aristóteles, o fin último das accións humanas é:
1.Obter pracer
2.Acadar a felicidade
3.Respectar a dignidade humana
Segundo Aristóteles, o fin último das accións humanas é:
1.Obter pracer
2.Acadar a felicidade
3.Respectar a dignidade humana
As teorías que pretenden satisfacer esta aspiración do ser humano chámanse:
1.Dialóxicas
2.Eudemonistas
3.Hedonistas
4.Formais
As teorías que pretenden satisfacer esta aspiración do ser humano chámanse:
1.Dialóxicas
2.Eudemonistas
3.Hedonistas
4.Formais
Para acadar ese fin último do ser humano, Aristóteles propón a:
1. Racionalidade calculadora
2. Racionalidade prudencial
3. Razón práctica
4. Racionalidade comunicativa
Para acadar ese fin último do ser humano, Aristóteles propón a:
1. Racionalidade calculadora
2. Racionalidade prudencial
3. Razón práctica
4. Racionalidade comunicativa
O Criterio moral para Aristóteles é:
1. O acordo entre todos os afectados
2. O test do imperativo categórico
3. A obtención do maior pracer para o maior número
4. O termo medio entre o exceso e o defecto
O Criterio moral para Aristóteles é:
1. O acordo entre todos os afectados
2. O test do imperativo categórico
3. A obtención do maior pracer para o maior número
4. O termo medio entre o exceso e o defecto
Para obter o pracer e a felicidade, os hedonistas propoñen unha:
1. Racionalidade calculadora
2. Racionalidade práctica
3. Racionalidade comunicativa
4. Racionalidade prudencial
Para obter o pracer e a felicidade, os hedonistas propoñen unha:
1. Racionalidade calculadora
2. Racionalidade práctica
3. Racionalidade comunicativa
4. Racionalidade prudencial
Hedonismo de Epicuro é:
1. Social
2. Individualista
Hedonismo de Epicuro é:
1. Social
2. Individualista
A simpatía é un sentimento social moi importante para
1. Kant
2. O hedonismo de Epicuro
3. O utilitarismo
A simpatía é un sentimento social moi importante para
1. Kant
2. O hedonismo de Epicuro
3. O utilitarismo
Criterio para a ética dialóxica é
1. O acordo entre todos os afectados
2. O test do imperativo categórico
3. A obtención do maior pracer para o maior número
4. O termo medio entre o exceso e o defecto
5. O pacto entre os afectados
Criterio para a ética dialóxica é
1. O acordo entre todos os afectados
2. O test do imperativo categórico
3. A obtención do maior pracer para o maior número
4. O termo medio entre o exceso e o defecto
5. O pacto entre os afectados
Unha norma moral universalizable é unha norma correcta para
1. A ética dialóxica
2. Epicuro
3. Kant
4. O utilitarismo
5. Aristóteles
Unha norma moral universalizable é unha norma correcta para
1. A ética dialóxica
2. Epicuro
3. Kant
4. O utilitarismo
5. Aristóteles
Segundo a ética discursiva, a racionalidade propia da moral é
1. Prudencial
2. Calculadora
3. Comunicativa
4. Práctica
Segundo a ética discursiva, a racionalidade propia da moral é
1. Prudencial
2. Calculadora
3. Comunicativa
4. Práctica

More Related Content

Viewers also liked

Dewi fitria e istima'
Dewi fitria e istima'Dewi fitria e istima'
Dewi fitria e istima'fitriyahdewi
 
குற்றியலுகரம்
குற்றியலுகரம்குற்றியலுகரம்
குற்றியலுகரம்Eric Adreec
 
Washington Souvenir Book - AAPI Regional Conferences
Washington Souvenir Book - AAPI Regional ConferencesWashington Souvenir Book - AAPI Regional Conferences
Washington Souvenir Book - AAPI Regional ConferencesSa2014
 
New York Souvenir Book - AAPI Regional Conference
New York Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceNew York Souvenir Book - AAPI Regional Conference
New York Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceSa2014
 
Service thinking cases consolidated v6
Service thinking cases   consolidated v6Service thinking cases   consolidated v6
Service thinking cases consolidated v6Anna Dimerin
 
Los Angeles AAPI Regional Conference
Los Angeles AAPI Regional ConferenceLos Angeles AAPI Regional Conference
Los Angeles AAPI Regional ConferenceSa2014
 
Si tienes una PYME
Si tienes una PYMESi tienes una PYME
Si tienes una PYMEAlan Woloski
 
Atlanta Souvenir Book - AAPI Regional Conference
Atlanta Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceAtlanta Souvenir Book - AAPI Regional Conference
Atlanta Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceSa2014
 
Teori pembelajaran sosial
Teori pembelajaran sosialTeori pembelajaran sosial
Teori pembelajaran sosialEric Adreec
 
New Jersey Souvenir Book - AAPI Regional Conference
New Jersey Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceNew Jersey Souvenir Book - AAPI Regional Conference
New Jersey Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceSa2014
 
English language kssr year 4 paper 2
English language kssr year 4 paper 2English language kssr year 4 paper 2
English language kssr year 4 paper 2connie mie
 
Comparing three customer_loyalty_mobile_apps (1)
Comparing three customer_loyalty_mobile_apps (1)Comparing three customer_loyalty_mobile_apps (1)
Comparing three customer_loyalty_mobile_apps (1)Liberteks
 
ข้อสอบโอเน็ตคณิตศาสตร์ 2552
ข้อสอบโอเน็ตคณิตศาสตร์ 2552ข้อสอบโอเน็ตคณิตศาสตร์ 2552
ข้อสอบโอเน็ตคณิตศาสตร์ 2552Chayagon Mongkonsawat
 
Tooth brushing mistakes
Tooth brushing mistakesTooth brushing mistakes
Tooth brushing mistakeswazeefa1
 
International Journal of Engineering Research and Development (IJERD)
International Journal of Engineering Research and Development (IJERD)International Journal of Engineering Research and Development (IJERD)
International Journal of Engineering Research and Development (IJERD)IJERD Editor
 
Adult learning - learning styles - Global Learning Framework theory SUNY co...
Adult learning -   learning styles - Global Learning Framework theory SUNY co...Adult learning -   learning styles - Global Learning Framework theory SUNY co...
Adult learning - learning styles - Global Learning Framework theory SUNY co...Chrysalis Campaign, Inc.
 

Viewers also liked (20)

Dewi fitria e istima'
Dewi fitria e istima'Dewi fitria e istima'
Dewi fitria e istima'
 
The swan and the crow
The swan and the crowThe swan and the crow
The swan and the crow
 
குற்றியலுகரம்
குற்றியலுகரம்குற்றியலுகரம்
குற்றியலுகரம்
 
Washington Souvenir Book - AAPI Regional Conferences
Washington Souvenir Book - AAPI Regional ConferencesWashington Souvenir Book - AAPI Regional Conferences
Washington Souvenir Book - AAPI Regional Conferences
 
New York Souvenir Book - AAPI Regional Conference
New York Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceNew York Souvenir Book - AAPI Regional Conference
New York Souvenir Book - AAPI Regional Conference
 
Service thinking cases consolidated v6
Service thinking cases   consolidated v6Service thinking cases   consolidated v6
Service thinking cases consolidated v6
 
Los Angeles AAPI Regional Conference
Los Angeles AAPI Regional ConferenceLos Angeles AAPI Regional Conference
Los Angeles AAPI Regional Conference
 
Si tienes una PYME
Si tienes una PYMESi tienes una PYME
Si tienes una PYME
 
16936968 dsm-iv
16936968 dsm-iv16936968 dsm-iv
16936968 dsm-iv
 
Atlanta Souvenir Book - AAPI Regional Conference
Atlanta Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceAtlanta Souvenir Book - AAPI Regional Conference
Atlanta Souvenir Book - AAPI Regional Conference
 
Teori pembelajaran sosial
Teori pembelajaran sosialTeori pembelajaran sosial
Teori pembelajaran sosial
 
New Jersey Souvenir Book - AAPI Regional Conference
New Jersey Souvenir Book - AAPI Regional ConferenceNew Jersey Souvenir Book - AAPI Regional Conference
New Jersey Souvenir Book - AAPI Regional Conference
 
English language kssr year 4 paper 2
English language kssr year 4 paper 2English language kssr year 4 paper 2
English language kssr year 4 paper 2
 
Ketaksamaan
KetaksamaanKetaksamaan
Ketaksamaan
 
Comparing three customer_loyalty_mobile_apps (1)
Comparing three customer_loyalty_mobile_apps (1)Comparing three customer_loyalty_mobile_apps (1)
Comparing three customer_loyalty_mobile_apps (1)
 
ข้อสอบโอเน็ตคณิตศาสตร์ 2552
ข้อสอบโอเน็ตคณิตศาสตร์ 2552ข้อสอบโอเน็ตคณิตศาสตร์ 2552
ข้อสอบโอเน็ตคณิตศาสตร์ 2552
 
Misturador caules
Misturador caulesMisturador caules
Misturador caules
 
Tooth brushing mistakes
Tooth brushing mistakesTooth brushing mistakes
Tooth brushing mistakes
 
International Journal of Engineering Research and Development (IJERD)
International Journal of Engineering Research and Development (IJERD)International Journal of Engineering Research and Development (IJERD)
International Journal of Engineering Research and Development (IJERD)
 
Adult learning - learning styles - Global Learning Framework theory SUNY co...
Adult learning -   learning styles - Global Learning Framework theory SUNY co...Adult learning -   learning styles - Global Learning Framework theory SUNY co...
Adult learning - learning styles - Global Learning Framework theory SUNY co...
 

Similar to Teorías éticas (20)

Esquema aristóteles
Esquema aristótelesEsquema aristóteles
Esquema aristóteles
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 
ESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELESESQUEMA ARISTÓTELES
ESQUEMA ARISTÓTELES
 
Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristóteles
 
Esquema meu
Esquema meuEsquema meu
Esquema meu
 
Textos aristóteles
Textos aristótelesTextos aristóteles
Textos aristóteles
 
Textos Aristóteles
Textos AristótelesTextos Aristóteles
Textos Aristóteles
 
10 kant e a ilustración
10 kant e a ilustración10 kant e a ilustración
10 kant e a ilustración
 
Etica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióNEtica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióN
 
Somoslibres
SomoslibresSomoslibres
Somoslibres
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Textos Kant
Textos KantTextos Kant
Textos Kant
 
Savaterpresentación
SavaterpresentaciónSavaterpresentación
Savaterpresentación
 
Unidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenesUnidade 7 Dominados polos xenes
Unidade 7 Dominados polos xenes
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
 
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanosLeticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
 
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
 
Resumo platón
Resumo platónResumo platón
Resumo platón
 
Kant 10-11-t1
Kant 10-11-t1Kant 10-11-t1
Kant 10-11-t1
 
Unidade 4
Unidade 4Unidade 4
Unidade 4
 

Teorías éticas

  • 1. OS SISTEMAS OU TEORÍAS ÉTICAS
  • 2.  Ó longo dos séculos déronse diversas posibilidades de xustificar a acción moral.  Os sistemas éticos máis relevantes poden reducirse a uns poucos modelos que, dende diversas perspectivas tratan de ofrecer unha xustificación das actitudes morais; as éticas máis significativas poden concretarse en 3 modelos: 1. ÉTICAS TELEOLÓXICAS 2. ÉTICAS DEONTOLÓXICAS 3. ÉTICAS DIALÓXICAS
  • 3.
  • 4.  Os que defenden este tipo de ética sosteñen que a vida humana ten unha finalidade, por iso se chaman teleolóxicas, porque se orientan á consecución dun fin, que consideran o máximo ben.  As normas morais, os códigos morais xustifícanse pola súa contribución ó logro dese fin: debo obrar de tal modo que me encamiñe a conseguir o considerado como máximo ben.  Ese máximo ben non significa para todos o mesmo, por iso existen distintos tipos de éticas teleolóxicas. Examinaremos:  O EUDEMONISMO ARISTOTÉLICO  O HEDONISMO  O UTILITARISMO
  • 5.
  • 6.  O CREADOR E REPRESENTANTE MÁIS SIGNIFICATIVO DO EUDEMONISMO FOI O FILÓSOFO GREGO DO S. IV a.C., ARISTÓTELES.  O TERMO “EUDEMONISMO” provén do grego “eudaimonía” que significa “felicidade”; esta consiste, para Aristóteles, no exercicio, actividade e a perfección das capacidades máis propias do ser humano; ser feliz consiste, pois, en autorrealizarse exercitando as disposicións coas que estamos doutados  Para Aristóteles, a actividade máis propiamente humana é o que os gregos chamaban contemplación (theoría) que non é senón o exercicio das actividades intelectuais: pensamento e argumentación; o ser humano é un “animal racional” e, por tanto, a súa felicidade está no uso da súa facultade máis propia, a RAZÓN.  Pero a nosa vida non se reduce só á contemplación senón que actuamos constantemente noutras áreas vitais e con outras motivacións (económicas, laborais, sentimentais, deportivas, etc.): estas actividades tamén inflúen na felicidade humana e, por elo, é necesario escollelas e realizalas con sumo coidado. A VIRTUDE guíanos na correcta elección e é o que Aristóteles chamou PRUDENCIA que, segundo el, consiste na moderación e elección do “termo medio” entre 2 extremos relativos a nós –o exceso e o defecto ou insuficiencia-.
  • 7. O fin último do ser humano é a felicidadeO fin último do ser humano é a felicidade Que é a felicidade? Que é a felicidade? A felicidade é unha actividade da alma conforme a unha virtude perfecta A felicidade é unha actividade da alma conforme a unha virtude perfecta . fainos humanos . fainos bos . fainos humanos . fainos bos pensamentopensamento é un hábito selectivo é un hábito selectivo é unha disposición estable é unha disposición estable É UNHA ÉTICA DA PERFECCIÓN É UNHA ÉTICA DA PERFECCIÓN consiste enconsiste en elixir o termo medio entre dous extremos (exceso e defecto) para nós, non en relacion co obxecto. elixir o termo medio entre dous extremos (exceso e defecto) para nós, non en relacion co obxecto. Con: • sabedoría • moderación • constancia
  • 8.
  • 9.  O hedonismo mentén que a felicidade (máximo ben) consiste no pracer. Por iso, a máxima moral hedonista pode resumirse na afirmación: “debes buscar o pracer e rexeitar a dor”.  Agora ben, por pracer non entenden os hedonistas meramente o pracer sensible, senón tamén e fundamentalmente outro tipo de praceres conectados coa amizade, o uso do intelecto, os sentimentos e a autorrealización do individuo.  O hedonismo aparece como tª ética na obra do filósofo grego EPICURO (341-270 a.C.) e será logo continuada polo filósofo romano Lucrecio (96-55 a.C.) e, dende entón, por diversos pensadores ó longo da historia do pensamento.
  • 10. considera que O PRACER é o principio e o fin da vida feliz, xa que é o primeiro dos bens conforme á natureza hedonéhedoné consíguese a través do consíguese a través do propia do sabiopropia do sabio gozoentendido comoentendido como Aquel que: • se substrae ás opinións dos libertinos • escolle con prudencia • contense na moderaciónimplica moderación no pracer implica moderación no pracer por isoEpicuro distingue 3 tipos de desexos naturais e necesarios o que vive conforme á natureza é sempre rico naturais e non necesarios nacen do desexo de variar e deben ser moderados pola prudencia nin naturais nin necesarios Nacen das opinións dos insensatos que non se satisfacen co que teñen e aflíxense con que non teñen
  • 11.
  • 12.  O utilitarismo como corrente ética aparece fundamentalmente na obra de Jeremy Bentham (1748–1832) e de John Stuart Mill (1808-1876).  Segundo estes autores, o móbil da conduta humana está na busca da felicidade, pero a súa adquisición non se entende como un logro do individuo singular, senón da sociedade: a felicidade consiste no benestar do maior número posible de persoas.  Así pois, o criterio racional que temos que utilizar para apreciar a moralidade dun acto é a consideración das consecuencias que se derivan del para a felicidade humana.
  • 13. UTILITARISMOUTILITARISMO PrincipioPrincipio A máxima felicidade posible para o maior número posible de persoas A máxima felicidade posible para o maior número posible de persoas Ten un carácter altruísta Ten un carácter altruísta busca o interese dunha colectividadebusca o interese dunha colectividade Baséase nun PRINCIPIO DE UTILIDADEBaséase nun PRINCIPIO DE UTILIDADE Unha acción apróbase ou non en función do aumento ou diminución da felicidade da parte interesada polo que:polo que: un xuízo moral sempre está referido á felicidade unha acción é boa na medida en que conduza á felicidade dunha colectividade Ten consecuencias políticas porque: o lexislador actúa lexítimamente cando: busca a maior felicidade do poboBENTHAM STUART MILL representantes
  • 14.  As éticas deontolóxicas son éticas que fundamentan a acción moral no DEBER:  É boa moralmente aquela acción que se efectúa só porque é un deber o realizala e non por outro motivo (utilidade, medo ás consecuencias, esperanza dun premio, pracer...).  Os defensores desta concepción criticaron de modo radical ás éticas teleolóxicas polo seu carácter heterónomo.
  • 15.  “HETERONOMÍA” significa recibir doutro a lei.  Dende un punto de vista moral, con este concepto alúdese a que as normas moais recíbense dunha instancia distinta de persoa mesma: eu acato a norma moral que, aínda que poida encontrala en min mesmo, na miña razón, procede de algo externo, xa sexa a sociedade coas súas normas e costumes, a relixión coas súas crenzas e dogmas ou a propia natureza cos seus instintos e inclinacións.  En tódolos casos anteriores a moral é heterónoma porque a súa fonte non é a razón do propio individuo, non é o propio individuo.
  • 16.  Fronte á heteronomía está a AUTONOMÍA MORAL: a norma moral non só a encontro en mín mesmo senón que ademais procede de mín: eu me dou a min mesmo a miña propia norma moral establecéndoa dende a miña racionalidade: a orixe e fundamento da norma moral reside no uso práctico da razón (na “razón práctica”).  Os defensores da autonomía moral supoñen que o ser humano só adquire dignidade cando se sustrae á orde natural e é capaz de ditarse a si mesmo as súas propias leis, cando é lexislador autónomo, cando as normas nacen de si mesmo, cando ó obedecer, obedécese a si mesmo. Así pois, os defensores de felicidade ou do pracer como principios da vida moral, quitan ó ser humano a súa dignidade, pois, aínda que sexa certo que o ser humano tende a buscar o seu benestar e a sua felicidade, isto é algo que tamén fan os animais e, por tanto, se queremos que a nosa vida non se reduza a nivel do puramente animal, non podemos reducila a algo que non vai máis alá das tendencias instintivas e naturais, como é a utilidade, o pracer ou a felicidade.
  • 17.  As éticas deontolóxicas, por tanto, sosteñen que o deber que motiva a acción moral provén da norma moral que, á súa vez, encontra a súa orixe e fundamento na propia razón humana.  Ó longo da historia houbo diversas doutrinas éticas deontolóxicas, pero a máis importante e exemplar é a ética do filósofo alamán I. Kant (1724-1804):
  • 18. o A ética kantiana estrutúrase en torno ó principio de actuar conforme ó deber; o Como sei cal é o deber? O deber determínase dende o que dita a razón. o Esta ética non nos di o que hai que facer en cada momento ou situación senón que NOS PROPORCIONA A FORMA (a estrutura racional) que debe ter calquera dos nosos actos para que sexan morais: só se indica un motivo formal á VONTADE, válido para todo ser humano e para calquera ocasión. o E, as únicas esixencias que impón a nosa razón á acción moral son: que sexa universalizable e que respecte a miña humanidade e a dos demais. o A ética de Kant pretende, por tanto, ser universal e necesaria (como o son as afirmacións da matemática ou a física): nela non cabe nin o interese propio nin o egoísmo, senón só a boa vontade de actuar de acordo co deber que dita a razón (no seu uso práctico).
  • 19.  A esta ética chámalle Kant “formal” e “autónoma”; as outras éticas son “materiais” e “heterónomas”, xa que nelas a vontade humana é determinada a actuar por motivos prácticos e non por motivos estritamente morais.  Así, se queremos unha ética universal que sirva para todos e para todo tempo, unha ética para a que o que é bo ou malo non depende do momento ou das circunstancias ou do interese individual, entón temos que fundamentala nun principio ó que Kant denomina IMPERATIVO CATEGÓRICO que atende ó que dita a razón, e que se formula do seguinte modo:  “Obra só segundo aquela máxima que podeas querer que se convirta en lei universal” (a razón esixe universalidade)  “Procede de modo que trates á humanidade, tanto na túa persoa como na dos demais, sempre como un fin en si mesmo e nunca como un medio” (a razón esixe respecto á dignidade dos seres humanos)
  • 20. A ÉTICA FORMAL DE KANTA ÉTICA FORMAL DE KANT A ética responde á pregunta Que debo facer? Que condicións debe ter unha norma moral para que obrigue? As normas morais deben posuír validez universal “Todos deben (incondicionadamente) facer X” Kant rexeita as éticas do ben (éticas teleolóxicas) Kant rexeita as éticas do ben (éticas teleolóxicas) por isoporque Un fin determinado non pode fundar normas universais Un fin determinado non pode fundar normas universais e propón unha Ética deontolóxica e procedimentalÉtica deontolóxica e procedimental que se centra en o procedemento para establecer qué é o correcto a forma da norma moral que se fundamenta en O Imperativo categórico: principio de universalidade A liberdade: autonomía do individuo A boa vontade: é unha moral da intención
  • 21.  Hoxe en día hai dúas tendencias opostas en canto á concepción da moral: - por un lado, doutrinas que seguen tendencias relativistas e hedonistas (pragmatismo, postmodernidade...) - por outro, doutrinas que recuperan a concepción kantiana de que a ética do universalizable da moral: entre estas últimas encóntranse as éticas dialóxicas.  As ÉTICAS DIALÓXICAS: - Sosteñen que as normas morais deben ser froito dun acordo baseado no diálogo argumentativo en condicións de igualdade, entre persoas racionais e libres. - Son, por tanto, éticas da comunicación, do discurso, que sitúan os mandatos que constitúen o deber nas normas que resulta do acordo ó que chegaran despois de argumentar racionalmente, cada un deles en defensa da súa posición. - A diferencia de Kant, os defensores das éticas dialóxicas, especialmente K.O. Apel (1922-) e J. Habermas (1929-), entenden que non é unha soa persoa quen ten que comprobar se unha norma é universalizable, senón que han comprobalo todos os afectados por ela, utilizando a razón discursiva, é dicir, o diálogo racional. Neste sentido falan dunha “comunidade ideal de diálogo” como un espazo de discusión que non admite represión ou desigualdade.
  • 22.  Habermas propón como regras do discurso as seguintes: 1. Calquera suxeito capaz de linguaxe e acción pode participar no discurso. 2. Calquera pode problematizar calquera afirmación. 3. Calquera pode introducir no discurso calquera afirmación. 4. Calquera pode expresar as súas posicións, desexos e necesidades. 5. Non pode impedirse a ningún falante facer valer os seus dereitos, establecidos nas regras anteriores, mediante coacción interna ou externa ó discurso.
  • 23. Nas éticas dialóxicas o individuo moralmente bo é aquel que está disposto a resolver situacións de conflito mediante un DISCURSO ARGUMENTADO, un diálogo encamiñado a lograr o CONSENSO, e disposto asimesmo a comportarse como se decida nese consenso.
  • 24.  A xustificación das normas morais provén, por tanto, do acordo racional e establécese en función de dous principios: - Universalización: unha norma será válida cando todos os afectados por ela poidan aceptar libremente as consecuencias e efectos secundarios que se seguirían, previsiblemente, do seu cumprimento xeral para a satisfacción dos intereses de cada un. - Ética do discurso: só poden pretender validez as normas que encontran (ou poderían encontrar) aceptación por parte de todos os afectados, como participantes nun discurso práctico.  Así pois, unha norma é aceptable só no caso de que todos os afectados por ela estean de acordo en darlle o seu consentimento porque satisface intereses universalizables (e non só os intereses dun colectivo ou dun individuo).
  • 25. Os filósofos que defenden estas ideas son conscientes de que os diálogos reais son bastante distintos ás condicións ideais que describemos: os diálogos prodúcense moitas veces en condicións de desigualdade e coacción e os participantes non buscan satisfacer intereses universalizables, senón intereses individuais ou grupais. Por iso, consideran que nos diálogos reais a súa teoría ética ha servir como ideal regulativo, isto é, como unha concepción ideal que se presenta como modelo exemplar ó que a discusión debe aproximarse. Os filósofos que defenden estas ideas son conscientes de que os diálogos reais son bastante distintos ás condicións ideais que describemos: os diálogos prodúcense moitas veces en condicións de desigualdade e coacción e os participantes non buscan satisfacer intereses universalizables, senón intereses individuais ou grupais. Por iso, consideran que nos diálogos reais a súa teoría ética ha servir como ideal regulativo, isto é, como unha concepción ideal que se presenta como modelo exemplar ó que a discusión debe aproximarse. Pero a ética do discurso non pretende quedarse só no plano da fundamentación teórica senón que busca internarse tamén na práctica, isto é, na resolución de conflitos morais que se dan de feito no momento actual: refírense sobre todo á ecoloxía e medio ambiente, ó reparto da riqueza e expolio do terceiro mundo, á industria de armamentos e a xustificación das guerras, a bioloxía e á medicina en cuestións relacionadas coas posibilidades da xenética, a experimentación con seres vivos, a eutanasia, etc. Pero a ética do discurso non pretende quedarse só no plano da fundamentación teórica senón que busca internarse tamén na práctica, isto é, na resolución de conflitos morais que se dan de feito no momento actual: refírense sobre todo á ecoloxía e medio ambiente, ó reparto da riqueza e expolio do terceiro mundo, á industria de armamentos e a xustificación das guerras, a bioloxía e á medicina en cuestións relacionadas coas posibilidades da xenética, a experimentación con seres vivos, a eutanasia, etc.
  • 26. ÉTICA COMUNICATIVA OU DISCURSIVA ApelApel HabermasHabermas proposta por deontolóxica cognitivista formalista universalista é fundaméntase en como a ética de Kantcomo a ética de Kant pero non se basea na boa vontade solitaria de Kant non se basea na boa vontade solitaria de Kant non é unha ética da intención non é unha ética da intención senón una ética da responsabilidade una ética da responsabilidade senón que debe estar libre de represións desigualdades polo que é o único criterio lexítimo de validez das normas morais é o único criterio lexítimo de validez das normas morais e debe ter en conta as consecuencias da acciónas consecuencias da acción os intereses dos individuosos intereses dos individuos o seu fin é mostrar os procedementos que permitan que a xustificación das normas poida acadar un consenso mostrar os procedementos que permitan que a xustificación das normas poida acadar un consenso
  • 27. Segundo Aristóteles, o fin último das accións humanas é: 1.Obter pracer 2.Acadar a felicidade 3.Respectar a dignidade humana Segundo Aristóteles, o fin último das accións humanas é: 1.Obter pracer 2.Acadar a felicidade 3.Respectar a dignidade humana As teorías que pretenden satisfacer esta aspiración do ser humano chámanse: 1.Dialóxicas 2.Eudemonistas 3.Hedonistas 4.Formais As teorías que pretenden satisfacer esta aspiración do ser humano chámanse: 1.Dialóxicas 2.Eudemonistas 3.Hedonistas 4.Formais Para acadar ese fin último do ser humano, Aristóteles propón a: 1. Racionalidade calculadora 2. Racionalidade prudencial 3. Razón práctica 4. Racionalidade comunicativa Para acadar ese fin último do ser humano, Aristóteles propón a: 1. Racionalidade calculadora 2. Racionalidade prudencial 3. Razón práctica 4. Racionalidade comunicativa O Criterio moral para Aristóteles é: 1. O acordo entre todos os afectados 2. O test do imperativo categórico 3. A obtención do maior pracer para o maior número 4. O termo medio entre o exceso e o defecto O Criterio moral para Aristóteles é: 1. O acordo entre todos os afectados 2. O test do imperativo categórico 3. A obtención do maior pracer para o maior número 4. O termo medio entre o exceso e o defecto
  • 28. Para obter o pracer e a felicidade, os hedonistas propoñen unha: 1. Racionalidade calculadora 2. Racionalidade práctica 3. Racionalidade comunicativa 4. Racionalidade prudencial Para obter o pracer e a felicidade, os hedonistas propoñen unha: 1. Racionalidade calculadora 2. Racionalidade práctica 3. Racionalidade comunicativa 4. Racionalidade prudencial Hedonismo de Epicuro é: 1. Social 2. Individualista Hedonismo de Epicuro é: 1. Social 2. Individualista A simpatía é un sentimento social moi importante para 1. Kant 2. O hedonismo de Epicuro 3. O utilitarismo A simpatía é un sentimento social moi importante para 1. Kant 2. O hedonismo de Epicuro 3. O utilitarismo Criterio para a ética dialóxica é 1. O acordo entre todos os afectados 2. O test do imperativo categórico 3. A obtención do maior pracer para o maior número 4. O termo medio entre o exceso e o defecto 5. O pacto entre os afectados Criterio para a ética dialóxica é 1. O acordo entre todos os afectados 2. O test do imperativo categórico 3. A obtención do maior pracer para o maior número 4. O termo medio entre o exceso e o defecto 5. O pacto entre os afectados
  • 29. Unha norma moral universalizable é unha norma correcta para 1. A ética dialóxica 2. Epicuro 3. Kant 4. O utilitarismo 5. Aristóteles Unha norma moral universalizable é unha norma correcta para 1. A ética dialóxica 2. Epicuro 3. Kant 4. O utilitarismo 5. Aristóteles Segundo a ética discursiva, a racionalidade propia da moral é 1. Prudencial 2. Calculadora 3. Comunicativa 4. Práctica Segundo a ética discursiva, a racionalidade propia da moral é 1. Prudencial 2. Calculadora 3. Comunicativa 4. Práctica