SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Boletín do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe
Nº 13 decembro de 2007
CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS
Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.
Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.
Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.
Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.
O idioma somos nós, povo común,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.
(Manuel María, do libro Canciós do lusco ó fusco)
Os cans non te-
ñen piollos, pero
poden padecer a
infestación doutros
parasitos coma pul-
gas e carrachas.
COIDAMOS DA SAÚDE (II)
No anterior boletín diciamos que nestas datas hai que ter coidado coa gripe, enfermidade que nalgunha oca-
sión ten provocado epidemias de graves consecuencias, aínda que por sorte as máis das veces non pasa de ser
un ANDAZO. Andazo tamén pode chegar a ser a pediculose, que non é outra cousa que a infestación de piollos
ou LENDIAS. Xa que estes incómodos PARASITOS, asemade de reproducírense moi rápido, pasan doadamen-
te de cabeza en cabeza.
Con todo non se sabe de ningunha morte producida polos piollos, en troca unha das enfermidades que produ-
ce máis defuncións é o CANCRO, que en moitas ocasións é consecuencia de malos hábitos de vida, entre eles o
consumo de tabaco, o abuso do alcol, ou unha má alimentación. Xa que logo cómpre procurar unha alimentación
SA e equilibrada.
Ademais de coidar o que metemos pola boca temos tamén que coidar da mesma boca. Levar unha hixiene co-
tiá é unha axuda para manter sans DENTES, CAÍÑOS e MOAS, así como as ENXIVAS, e evitar a aparición de
caries e outras enfermidades.
Sen ser unha enfermidade non podemos deixar de referirnos aos accidentes de circulación, que son a primeira
causa de mortalidade entre a xente moza. Ademais dos falecidos hai que engadir un elevado numero de persoas
feridas, algunhas de moita gravidade como as que sofren a rotura da MEDULA do ESPIÑAZO, que non SAN-
DARÁN das súas DOENZAS e son un exemplo das terríbeis consecuencias dos accidentes nas estradas.
andazo s.m. Epidemia de pouca importancia. cancro s.m. Tumor maligno provocado polo desenvolvemento anormal das células nun tecido
orgánico. doenza s.f. Achaque, enfermidade mental ou corporal, de carácter crónico e invalidante. lendia s.f. Ovo depositado polo piollo no
pelo. parasito s. m. Organismo animal, vexetal, ou microorganismo que vive sobre outro ou dentro del nutríndose á súa conta.
Obs.: parasito e medula son palabras graves, non esdrúxulas, polo que se deberán pronunciar con acento na penúltima sílaba.
O exercicio físico realizado con
moderación é unha actividade
saudábel en calquera idade, pero
no caso do ciclismo deberanse
tomar todas as precaucións de se
facer por estrada.

More Related Content

More from ceiprandufe

More from ceiprandufe (20)

N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historia
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesía
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017
 
Día biblioteca
Día bibliotecaDía biblioteca
Día biblioteca
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
 
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
Nº 62 outubro 2016  en galego,.Nº 62 outubro 2016  en galego,.
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
 
Nº 61 xuño 2016 en galego,.
Nº 61 xuño 2016  en galego,.Nº 61 xuño 2016  en galego,.
Nº 61 xuño 2016 en galego,.
 
Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016
 
Nº 60 abril 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 60 abril 2016  en galego,...máis e mellorNº 60 abril 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 60 abril 2016 en galego,...máis e mellor
 
Nº 59 febreiro 2016 en galego,.
Nº 59 febreiro 2016  en galego,.Nº 59 febreiro 2016  en galego,.
Nº 59 febreiro 2016 en galego,.
 
Nº 58 xaneiro 2016 en galego,.
Nº 58 xaneiro 2016  en galego,.Nº 58 xaneiro 2016  en galego,.
Nº 58 xaneiro 2016 en galego,.
 
Nº 57 decembro 2015 en galego,.
Nº 57 decembro 2015  en galego,.Nº 57 decembro 2015  en galego,.
Nº 57 decembro 2015 en galego,.
 

Nº 13 decembro 2007 en galego,..

  • 1. Boletín do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe Nº 13 decembro de 2007 CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS Hai que defender o idioma como sexa: con rabia, con furor, a metrallazos. Hai que defender a fala en loita rexa con tanques, avións e a puñetazos. Hai que ser duros, peleóns, intransixentes cos que teñen vocación de señoritos, cos porcos desertores repelentes, cos cabras, cos castróns e cos cabritos. Temos que pelexar cos renegados, cos que intentan borrar a nosa fala. Temos que loitar cos desleigados que desexan matala e enterrala. Seríamos, sen fala, unhos ninguén, unhas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben que as palabras vencen ás espadas. O idioma somos nós, povo común, vencello que nos xungue e ten en pé, herencia secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe. (Manuel María, do libro Canciós do lusco ó fusco)
  • 2. Os cans non te- ñen piollos, pero poden padecer a infestación doutros parasitos coma pul- gas e carrachas. COIDAMOS DA SAÚDE (II) No anterior boletín diciamos que nestas datas hai que ter coidado coa gripe, enfermidade que nalgunha oca- sión ten provocado epidemias de graves consecuencias, aínda que por sorte as máis das veces non pasa de ser un ANDAZO. Andazo tamén pode chegar a ser a pediculose, que non é outra cousa que a infestación de piollos ou LENDIAS. Xa que estes incómodos PARASITOS, asemade de reproducírense moi rápido, pasan doadamen- te de cabeza en cabeza. Con todo non se sabe de ningunha morte producida polos piollos, en troca unha das enfermidades que produ- ce máis defuncións é o CANCRO, que en moitas ocasións é consecuencia de malos hábitos de vida, entre eles o consumo de tabaco, o abuso do alcol, ou unha má alimentación. Xa que logo cómpre procurar unha alimentación SA e equilibrada. Ademais de coidar o que metemos pola boca temos tamén que coidar da mesma boca. Levar unha hixiene co- tiá é unha axuda para manter sans DENTES, CAÍÑOS e MOAS, así como as ENXIVAS, e evitar a aparición de caries e outras enfermidades. Sen ser unha enfermidade non podemos deixar de referirnos aos accidentes de circulación, que son a primeira causa de mortalidade entre a xente moza. Ademais dos falecidos hai que engadir un elevado numero de persoas feridas, algunhas de moita gravidade como as que sofren a rotura da MEDULA do ESPIÑAZO, que non SAN- DARÁN das súas DOENZAS e son un exemplo das terríbeis consecuencias dos accidentes nas estradas. andazo s.m. Epidemia de pouca importancia. cancro s.m. Tumor maligno provocado polo desenvolvemento anormal das células nun tecido orgánico. doenza s.f. Achaque, enfermidade mental ou corporal, de carácter crónico e invalidante. lendia s.f. Ovo depositado polo piollo no pelo. parasito s. m. Organismo animal, vexetal, ou microorganismo que vive sobre outro ou dentro del nutríndose á súa conta. Obs.: parasito e medula son palabras graves, non esdrúxulas, polo que se deberán pronunciar con acento na penúltima sílaba. O exercicio físico realizado con moderación é unha actividade saudábel en calquera idade, pero no caso do ciclismo deberanse tomar todas as precaucións de se facer por estrada.