SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Boletín do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe
Nº 12 novembro de 2007
VIII
[…]Viñeron xentes de fóra,
xentes de dentro marcharon,
e a lingua da nosa xente
nos escritos esqueceron.
Galicia foi sometida
polo xugo de Castela,
e os que mandan en Galicia
non falan na lingua dela.
Pero as xentes desta terra,
columna do noso pobo,
non deixan de ser galegos
nin falan idioma novo.
Artesáns e mariñeiros
e burgueses e labregos
levan no peito Galicia
e nos labios o galego.
Darío Xoán Cabana
Humor
COIDAMOS DA SAÚDE
Agora neste tempo en que se aproxima o inverno resulta moi fácil arrefriarse e coller unha FARINXITE. Mais o
frío non só afecta ao APARELLO respiratorio, se non nos abrigamos ben canda as baixas temperaturas, pode-
mos enfermar de CISTITE. Tamén cómpre non esquecer que cando o frío é moito poden aparecer FRIEIRAS, ou
incluso LAÑAS nas mans ou nos BEIZOS, iso sábeno ben os que practican esquí, polo que sempre levan luvas.
Porén o maior risco que teñen os deportes de neve son as fracturas de ÓSOS consecuencia das caídas, que
nalgúns casos non se poden amañar sen unha operación CIRÚRXICA.
Nestas datas tamén hai que ter moito coidado coa GRIPE ou INFLUENZA. A FEBRE alta pode ser un ACENO,
un SINAL ou SÍNTOMA desa enfermidade, e tamén a DOR nas articulacións, que por iso esta enfermidade ta-
mén se chama TRANCAZO. Todos os anos lémbrannos que os grupos de risco deben VACINARSE.
A aplicación da VACINA da gripe consiste nunha INXECCIÓN que os enfermeiros e enfermeiras poñen no bra-
zo cunha pequena XIRINGA. Unha sinxela PICADELA é tamén a única molestia que padecemos cando nos tiran
un pouco de SANGUE para facer unha ANÁLISE, claro que non todas as ANÁLISES son de sangue, dentro das
máis habituais están tamén as de OURIÑOS. As análises de sangue adóitanse facer en XAXÚN.
Lembra que nos centros de saúde
e nos hospitais, no trato co persoal
sanitario e da administración, po-
demos falar galego e recibir toda a
asistencia na nosa lingua.
frieira s.f. Inflamación na pel, acompañada de
proído e dor, producida polo frío, especialmente nos
dedos, dedas e orellas.
laña s.f. 1. Greta na pel, nas mucosas ou nos la-
bios, especialmente a causa do frío.
xaxún s.m. 1. Abstención total ou parcial de co-
mer e de beber. 2. Estado de quen non comeu dende
o día anterior.
É habitual a terminación en
e para unha morea de nomes
de enfermidades. Así en gale-
go debemos dicir: apendicite,
artrite, artrose, cirrose, diabe-
te, fibrose, etc. En xeral co-
rresponde cos termos que en
castelán rematan en is.
Esta rapaza
é moi afouta
e non ten me-
do ás inxec-
cións.
A pediatra pal-
pa o abdome do
naipelo por se
t i v e r u n h a
apendicite.
A cirurxiá la-
va as mans
antes de en-
trar no quiró-
fano

More Related Content

More from ceiprandufe

More from ceiprandufe (20)

N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historia
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesía
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017
 
Día biblioteca
Día bibliotecaDía biblioteca
Día biblioteca
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
 
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
Nº 62 outubro 2016  en galego,.Nº 62 outubro 2016  en galego,.
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
 
Nº 61 xuño 2016 en galego,.
Nº 61 xuño 2016  en galego,.Nº 61 xuño 2016  en galego,.
Nº 61 xuño 2016 en galego,.
 
Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016Andoriña xuño 2016
Andoriña xuño 2016
 
Nº 60 abril 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 60 abril 2016  en galego,...máis e mellorNº 60 abril 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 60 abril 2016 en galego,...máis e mellor
 
Nº 59 febreiro 2016 en galego,.
Nº 59 febreiro 2016  en galego,.Nº 59 febreiro 2016  en galego,.
Nº 59 febreiro 2016 en galego,.
 
Nº 58 xaneiro 2016 en galego,.
Nº 58 xaneiro 2016  en galego,.Nº 58 xaneiro 2016  en galego,.
Nº 58 xaneiro 2016 en galego,.
 
Nº 57 decembro 2015 en galego,.
Nº 57 decembro 2015  en galego,.Nº 57 decembro 2015  en galego,.
Nº 57 decembro 2015 en galego,.
 

Nº 12 novembro 2007 en galego,..

  • 1. Boletín do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Randufe Nº 12 novembro de 2007 VIII […]Viñeron xentes de fóra, xentes de dentro marcharon, e a lingua da nosa xente nos escritos esqueceron. Galicia foi sometida polo xugo de Castela, e os que mandan en Galicia non falan na lingua dela. Pero as xentes desta terra, columna do noso pobo, non deixan de ser galegos nin falan idioma novo. Artesáns e mariñeiros e burgueses e labregos levan no peito Galicia e nos labios o galego. Darío Xoán Cabana Humor
  • 2. COIDAMOS DA SAÚDE Agora neste tempo en que se aproxima o inverno resulta moi fácil arrefriarse e coller unha FARINXITE. Mais o frío non só afecta ao APARELLO respiratorio, se non nos abrigamos ben canda as baixas temperaturas, pode- mos enfermar de CISTITE. Tamén cómpre non esquecer que cando o frío é moito poden aparecer FRIEIRAS, ou incluso LAÑAS nas mans ou nos BEIZOS, iso sábeno ben os que practican esquí, polo que sempre levan luvas. Porén o maior risco que teñen os deportes de neve son as fracturas de ÓSOS consecuencia das caídas, que nalgúns casos non se poden amañar sen unha operación CIRÚRXICA. Nestas datas tamén hai que ter moito coidado coa GRIPE ou INFLUENZA. A FEBRE alta pode ser un ACENO, un SINAL ou SÍNTOMA desa enfermidade, e tamén a DOR nas articulacións, que por iso esta enfermidade ta- mén se chama TRANCAZO. Todos os anos lémbrannos que os grupos de risco deben VACINARSE. A aplicación da VACINA da gripe consiste nunha INXECCIÓN que os enfermeiros e enfermeiras poñen no bra- zo cunha pequena XIRINGA. Unha sinxela PICADELA é tamén a única molestia que padecemos cando nos tiran un pouco de SANGUE para facer unha ANÁLISE, claro que non todas as ANÁLISES son de sangue, dentro das máis habituais están tamén as de OURIÑOS. As análises de sangue adóitanse facer en XAXÚN. Lembra que nos centros de saúde e nos hospitais, no trato co persoal sanitario e da administración, po- demos falar galego e recibir toda a asistencia na nosa lingua. frieira s.f. Inflamación na pel, acompañada de proído e dor, producida polo frío, especialmente nos dedos, dedas e orellas. laña s.f. 1. Greta na pel, nas mucosas ou nos la- bios, especialmente a causa do frío. xaxún s.m. 1. Abstención total ou parcial de co- mer e de beber. 2. Estado de quen non comeu dende o día anterior. É habitual a terminación en e para unha morea de nomes de enfermidades. Así en gale- go debemos dicir: apendicite, artrite, artrose, cirrose, diabe- te, fibrose, etc. En xeral co- rresponde cos termos que en castelán rematan en is. Esta rapaza é moi afouta e non ten me- do ás inxec- cións. A pediatra pal- pa o abdome do naipelo por se t i v e r u n h a apendicite. A cirurxiá la- va as mans antes de en- trar no quiró- fano