2. Presentación grupo:
Ola! Somos un grupo de alumnos de segundo da ESO
que estamos a elaborar un proxecto para as materias de
galego e cidadanía. O noso proxecto é sobre o acoso
escolar aínda que o resto dos nosos compañeiros
tocoulles outras cousas diferentes como ecoloxismo,
violencia de xénero, etc.
3. Aviso:
Estade ben atentos a exposición xa que logo vos
faremos unhas cantas preguntas e se acertades pode
que podades conseguir un premio …
4. Acoso escolar:
O acoso escolar é o abuso reiterado física ou
psicolóxicamente de parte dun ou máis escolares cara
outro compañeiro/a.
O tipo de violencia dominante é o emocional e se da
maioritariamente nas aulas e nos patios dos centros
escolares.
5. Cando ocorre?
Sucede principalmente en nenos e nenas entrados na
adolescencia.
Son un pouco máis frecuentes as nenas vítimas.
6. Causas do acoso escolar:
Pode ser por motivos persoais, familiares e escolares.
É dicir, pode ser que o acosador créase superior, que na
casa os seus pais teñan problemas, que teña demasiada
autoestima …
7. Síntomas do acoso escolar:
Tristeza e depresión.
Dor abdominal e vómitos.
Descende o rendemento escolar.
Non fala nada da escola.
Falta de enerxía e exceso de fatiga.
8. Como intervir no acoso escolar:
Informar aos pais e titores. Axudar non é chibarse!
Non deixar soa a vítima, estar ao seu lado.
Non burlarse dos insultos que lle poidan dicir ao
acosado.
As propias vítimas deben gravar as condutas agresivas
para poder presentarllas ao colexio.
9. Preguntámosvos
1. Que é o acoso escolar?
2. Cando ocorre?
3. Dinos 2 síntomas
4. Dinos 2 causas
5. Dinos 2 formas de intervir
6. Como actuarías ti?