3. Que é un ditongo?
É a xuntanza de dúas
vogais que VAN NA
MESMA SÍLABA.
4. Como se acentúan os ditongos?
En xeral, seguen as regras xerais de
acentuación.
AGÁS:
Os DITONGOS DECRECENTES (ai, ei, oi,
au, eu, ou), que nunca levan til se van na última
sílaba tónica dunha palabra.
Exemplos: camtei, chapeu, cantou…
6. Que é un hiato?
É a xuntanza de dúas vogais, pero estas van
en sílabas diferentes.
Exemplos: mu-í-ño, mi-ú-do, lú-a, tí-a…
7. Como se acentúa un hiato?
En xeral, seguen as REGRAS XERAIS DE
ACENTUACIÓN.
Pero…
8. SEMPRE LEVAN TIL cando temos
ou
E A FORZA DE VOZ RECAE NA PECHADA.
Exemplos: chí-o, ra-í-ña,
VOGAL ABERTA (a, e, o) +. VOGAL PECHADA (i, u)
VOGAL PECHADA (i, u) + VOGAL ABERTA (a, e, o)
9. Secuencias -ui e -iu
PODEN SER:
HIATOS: cando a VOGAL TÓNICA é a SEGUNDA.
Exemplos: mu-í-ño, mi-ú-da.
DITONGOS: cando a VOGAL TÓNICA é a PRIMEIRA.
Exemplos: pe-diu, pui-do.
10. PARELLAS DE PALABRAS
Hai algunhas parellas de palabras que se diferencian
por ter ditongo ou hiato e, por tanto, teñen unha
acentuación diferente. Por exemplo:
Sa-ia Sa-í-a Ai A-í
Pais Pa-ís Pui-do Pu-í-do
12. Que é un tritongo?
É a unión de TRES vogais nunha mesma sílaba.
Exemplos: presenciais, desperdicieino…
Realmente na nosa lingua temos moi poucos tritongos e
na fala hai tendencia a desfacelos e pronunciar coma se
fosen dúas sílabas separadas [vi-ei-ro].
13. Como se acentúan os tritongos?
Case sempre SEGUEN AS REGRAS XERAIS DE
ACENTUACIÓN.
De teren que levalo, o til vai sempre na vogal tónica
aberta (a, e, o): Exemplo: cambiéillela.