Good Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them well
Protocolo uso de mbot
1. PROTOCOLO USO DE MBOT
CEIP Plurilingüe Anxo da Garda
1. O mestre/a que desexe empregar os robots será o responsable de
recollelos e deixalos na aula de Informática comprobando que non falte
nada.
2. Deberá rexistrarse na folla correspondente indicando o número de robot/s,
o tempo que os precisa e as posibles incidencias ocorridas.
3. Cada alumno/a empregará sempre o mesmo equipo. A tal fin deberá
elaborarse unha lista cos nomes dos alumnos e o número de robot
asignado.
4. En caso de detectar algún problema co equipamento ou ausencia do
mesmo contactarase coa coordinadora do proxecto de robótica.
5. Advertirase o alumnado da importancia de controlar sempre cada unha
das pezas.
6. No caso de ser necesaria unha restauración, haberá que advertir a
coordinadora e anotala na folla de incidencias.