SlideShare a Scribd company logo
1 of 32
cousiñas feitas na casa
Mon Daporta
Cousas da rata Luisa
UNHA VISITA Á GRANXA
O outro día Luisa recibeu unha carta,
do seu curmán Antón, o que vive na granxa.
E como non estaban xuntos desde hai moito tempo,
esta fin de semana achegáronse a velo
E despois dos saúdos, e as apertas…os bicos
foron dar unha volta para ver a facenda.
Empezaron a visita mirando, no prado, a égoa co poldro…
Luisa na granxa
…e a vaca co xato.
E moi preto delas, en outros cerrados, a cabra cos chivos…
…e a ovella cos años.
Foron logo ás cortes para ver os coellos,
e as coellas nais cos cazapos pequenos.
E pasaron un anaco do máis divertido
vendo á porca aleitar aos seus bacoriños
Foron ao galiñeiro para veren ao galo…
…e a galiña cos pitos;
E no estanque á parrula cos seus parruliños.
Achegarse ao pombal tamén lles fixo ilusión…
…para ver ás pombas, darlle a bicada aos pichóns.
Ata viron ás abellas, a ir e vir sen acougo,
apañando doce das flores para facer mel no seu trobo
Xa de volta na casa tamén viron á cadela,
cos seus cans pequeniños achegados a ela
Agochados e de lonxe, caladiños como petos,
viron, a mamar da gata,catro gatiños pequenos
Logo foron comer: queixo, froita, ensalada…
que hai que ver que rica estaba, fresca, recén apañada!
E logo, pola tarde, foron dar outra volta
para ver canto había plantado na horta.
patacas
tomates
chícharos
cebolas
allos
fabóns
acelgas cenorias
E o bonitas que estaban,aquí e alá, pola eira,
cargadas de flor, as árbores froiteiras
O pexegueiro a ameixeira
a maceira
a cerdeira
E o aroma, do azahar, da laranxeira.
E á tarde baixa, felices e cansados,
volveron á casa cargados de agasallos.
Trouxeron uns queixos, e ovos, e mel,
Ducias de historias… e gañas de volver.
fin
As fotografías son, case todas, collidas da Internet.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade,
e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

More from MonContos

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

A rata Luisa na granxa