SlideShare a Scribd company logo
1 of 50
DeclaraciónDeclaración
Universal dosUniversal dos
Dereitos HumanosDereitos Humanos
Adoptada e proclamada polaAdoptada e proclamada pola
Resolución da Asemblea Xeral 217 A (iii) doResolución da Asemblea Xeral 217 A (iii) do
10 de decembro de 194810 de decembro de 1948
Declaración Universal
dos Dereitos Humanos
O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das
Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración
Universal de Dereitos Humanos.
Tras este acto histórico, a Asemblea pediu a
tódolos Países Membros que publicaran o texto da
Declaración e dispuxesen que fose «distribuído,
exposto, lido e comentado nas escolas e outros
establecementos de ensino, sen distinción fundada
na condición política dos países ou dos territorios».
Preámbulo
Considerando que a liberdade, a
xustiza e a paz no mundo teñen por
base o recoñecemento da dignidade
intrínseca e dos dereitos iguais e
inalienables de tódolos membros da
familia humana;
Preámbulo
Considerando que o descoñecemento e o
menosprezo dos dereitos humanos teñen
orixinado actos de barbarie aldraxantes para
a conciencia da humanidade; e que se
proclamou, como a aspiración máis elevada do
home, a chegada dun mundo no que os seres
humanos, liberados do temor e da miseria,
gocen da liberdade de palabra e da liberdade
de crenzas;
Preámbulo
Considerando esencial que os dereitos
humanos sexan protexidos por un
réxime de Dereito, a fin de que o home
non se vexa compelido ao supremo
recurso da rebelión contra a tiranía e a
opresión;
Preámbulo
Considerando tamén esencial
promover o desenvolvemento de
relacións de amizade entre as nacións;
Preámbulo
Considerando que os pobos das Nacións
Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos
dereitos fundamentais do home, na dignidade
e o valor da persoa humana e na igualdade de
dereitos de homes e mulleres, e declaráronse
resoltos a promover o progreso social e a
elevar o nivel de vida dentro dun concepto
máis amplo da liberdade;
Preámbulo
Considerando que os Estados
Membros comprometéronse a asegurar,
en cooperación coa Organización das
Nacións Unidas, o respecto universal e
efectivo aos dereitos e liberdades
fundamentais do home; e
Preámbulo
Considerando que unha concepción
común destes dereitos e liberdades é
da maior importancia para o pleno
cumprimento do devandito compromiso;
Preámbulo
A Asamblea Xeral proclama a presente Declaración
Universal de Dereitos humanos como ideal común polo
que tódolos pobos e nacións deben esforzarse, a fin de
que tanto os individuos como as institucións,
inspirándose constantemente nela, promovan, mediante
a ensinanza e a educación, o respecto a estes dereitos
e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de
carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento
e aplicación universais e efectivos, tanto entre os
pobos dos Estados Membros como entre os dos
territorios colocados baixo a súa xurisdición.
Artigo 1
Tódolos seres humanos nacen libres e
iguais en dignidade e dereitos e,
dotados como están de razón e
conciencia, deben comportarse
fraternalmente os uns cos outros.
Artigo 2
Toda persoa ten tódolos dereitos e
liberdades proclamados nesta Declaración,
sen distinción ningunha de raza, cor, sexo,
idioma, relixión, opinión política ou de
calquera outra índole, orixe nacional ou
social, posición económica, nacemento ou
calquera outra condición.
Artigo 2
Ademais, non se fará distinción ningunha
fundada na condición política, xurídica ou
internacional do país ou territorio de cuxa
xurisdición dependa unha persoa, tanto se se
trata dun país independente, como dun
territorio baixo administración fiduciaria,
non autónomo ou sometido a calquera outra
limitación de soberanía.
Artigo 3
Todo individuo ten dereito á vida, á
liberdade e á seguridade da súa persoa.
Artigo 4
Ninguén estará sometido a
escravitude nin a servidume; a
escravitude e a trata de escravos están
prohibidas en tódalas súas formas.
Artigo 5
Ninguén será sometido a torturas nin
a penas ou tratos crueis, inhumanos ou
degradantes.
Artigo 6
Todo ser humano ten dereito, en
tódalas partes, ao recoñemento da súa
personalidade xurídica.
Artigo 7
Todos son iguais ante a lei e teñen,
sen distinción, dereito a igual
protección da lei. Todos teñen dereito
a igual protección contra toda
discriminación que infrinxa esta
Declaración e contra toda provocación
a tal discriminación.
Artigo 8
Toda persoa ten dereito a un recurso
efectivo ante os tribunais nacionais
competentes, que a ampare contra
actos que violen os seus dereitos
fundamentais recoñecidos pola
constitución ou pola lei.
Artigo 9
Ninguén poderá ser arbitrariamente
detido, preso nin desterrado.
Artigo 10
Toda persoa ten dereito, en
condicións de plena igualdade, a ser
oída publicamente e con xustiza por un
tribunal independente e imparcial, para
a determinación dos seus dereitos e
obrigas ou para o exame de calquera
acusación contra ela en materia penal.
Artigo 11
Toda persoa acusada de delito ten
dereito a que se presuma a súa
inocencia mentres non se probe a súa
culpabilidade, conforme á lei e en xuízo
público no que se lle aseguren tódalas
garantías necesarias para a súa
defensa.
Artigo 11
Ninguén será condenado por actos ou
omisións que no momento de cometerse
non foran delituosos segundo o Dereito
nacional ou internacional. Tampouco se
imporá pena máis grave que a aplicable
no momento da comisión do delito.
Artigo 12
Ninguén será obxeto de inxerencias
arbitrarias na súa vida privada, a súa
familia, o seu domicilio ou a súa
correspondencia, nin de ataques á súa
honra ou á súa reputación. Toda persoa
ten dereito á protección da lei contra
tales inxerencias ou ataques.
Artigo 13
Toda persoa ten dereito a circular
libremente e a elixir a súa residencia
no territorio dun Estado.
Toda persoa ten dereito a saír de
calquera país, incluso do propio, e a
regresar ao seu país.
Artigo 14
En caso de persecución, toda persoa ten
dereito a buscar asilo, e a gozar del, en
calquera país.
Este dereito non poderá ser invocado
contra unha acción xudicial realmente
orixinada por delitos comúns ou por actos
opostos aos propósitos e principios das
Nacións Unidas.
Artigo 15
Toda persoa ten dereito a unha
nacionalidade.
A ninguén se privará arbitrariamente
da súa nacionalidade nin do dereito a
cambiar de nacionalidade.
Artigo 16
Os homes e as mulleres, a partir da idade
núbil, teñen dereito, sen restrición ningunha
por motivos de raza, nacionalidade ou
relixión, a casarse e fundar unha familia, e
gozarán de iguais dereitos en canto ao
matrimonio, durante o matrimonio e en caso
de disolución do matrimonio.
Artigo 16
Só mediante libre e pleno
consentimento dos futuros esposos
poderá contraerse o matrimonio.
A familia é o elemento natural e
fundamental da sociedade e ten
dereito á protección da sociedade e do
Estado.
Artigo 17
Toda persoa ten dereito á
propiedade, individual e colectivamente.
Ninguén será privado arbitrariamente
da súa propiedade.
Artigo 18
Toda persoa ten dereito á liberdade de
pensamento, de conciencia e de relixión; este
dereito inclúe a liberdade de cambiar de
relixión ou de crenza, así como a liberdade
de manifestar a súa relixión ou a súa crenza,
individual e colectivamente, tanto en público
como en privado, pola ensinanza, a práctica, o
culto e a observancia.
Artigo 19
Todo individuo ten dereito á
liberdade de opinión e de expresión;
este dereito inclúe o de non ser
molestado por causa das súas opinións,
o de investigar e recibir informacións e
opinións, e o de difundilas, sen
limitación de fronteiras, por calquera
medio de expresión.
Artigo 20
Toda persoa ten dereito á liberdade
de reunión e de asociación pacíficas.
Ninguén poderá ser obrigado a
pertencer a unha asociación.
Artigo 21
Toda persoa ten dereito a participar
no goberno do seu país, directamente
ou por medio de representantes
libremente escollidos.
Toda persoa ten o dereito de acceso,
en condicións de igualdade, ás funcións
públicas do seu país.
Artigo 21
A vontade do pobo é a base da autoridade
do poder público; esta vontade expresarase
mediante eleccións auténticas que se
haberán de celebrar periodicamente, por
sufraxio universal e igual e por voto secreto
ou otro procedemento equivalente que
garanta a liberdade do voto.
Artigo 22
Toda persoa, como membro da sociedade,
ten dereito á seguridade social, e a obter,
mediante o esforzo nacional e a cooperación
internacional, tendo en conta a organización e
os recursos de cada Estado, a satisfacción
dos dereitos económicos, sociais e culturais,
indispensables á súa dignidade e ao libre
desenvolvemento da súa personalidade.
Artigo 23
Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre
elección do seu traballo, a condicións
equitativas e satisfactorias de traballo e á
protección contra o desemprego.
Toda persoa ten dereito, sen
discriminación ningunha, a igual salario por
traballo igual.
Artigo 23
Toda persoa que traballa ten dereito a
unha remuneración equitativa e satisfactoria,
que lle asegure, así como á súa familia, unha
existencia conforme á dignidade humana e
que será completada, en caso necesario, por
cales queira outros medios de protección
social.
Toda persoa ten dereito a fundar
sindicatos e a sindicarse para a defensa dos
seus intereses.
Artigo 24
Toda persoa ten dereito ao
descanso, ao goce do tempo libre, a
unha limitación razoable da duración do
traballo e a vacacións periódicas
pagadas.
Artigo 25
Toda persoa ten dereito a un nivel de vida
axeitado que lle asegure, así como á súa familia,
a saúde e o benestar, e en especial a
alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia
médica e os servizos sociais necesarios; ten así
mesmo dereito aos seguros en caso de
desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez,
vellez ou outros casos de perda dos seus medios
de subsistencia por circunstancias
independentes da súa voluntade.
Artigo 25
A maternidade e a infancia teñen
dereito a coidados e asistencia
especiais. Tódolos nenos, nacidos de
matrimonio ou fóra de matrimonio,
teñen dereito a igual protección social.
Artigo 26
Toda persoa ten dereito á educación. A
educación debe ser gratuíta, polo menos no
concernente á instrución elemental e
fundamental. A instrución elemental será
obrigatoria. A instrución técnica e
profesional deberá ser xeneralizada; o
acceso aos estudos superiores será igual para
todos, en función dos méritos respectivos.
Artigo 26
A educación terá por obxecto o pleno
desenvolvemento da personalidade humana e o
fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e
ás liberdades fundamentais; favorecerá a
comprensión, a tolerancia e a amizade entre tódalas
nacións e tódolos grupos étnicos ou relixiosos, e
promoverá o desenvolvemento das actividades das
Nacións Unidas para o mantemento da paz.
Os pais terán dereito preferente a escoller o tipo
de educación que haberá de darse aos seus fillos.
Artigo 27
Toda persoa ten dereito a tomar
parte libremente na vida cultural da
comunidade, a gozar das artes e a
participar no progreso científico e nos
beneficios que del resulten.
Artigo 27
Toda persoa ten dereito á protección
dos intereses morais e materiais que lle
correspondan por razón das producións
científicas, literarias ou artísticas de
que sexa autora.
Artigo 28
Toda persoa ten dereito a que se
estableza unha orde social e
internacional na que os dereitos e
liberdades proclamados nesta
Declaración se fagan plenamente
efectivos.
Artigo 29
Toda persoa ten deberes respecto á
comunidade, posto que só nela pode
desenvolverse libre e plenamente a súa
personalidade.
Artigo 29
No exercicio dos seus dereitos e no goce
das súas liberdades, toda persoa estará
soamente suxeita ás limitacións establecidas
pola lei co único fin de asegurar o
recoñecemento e o respecto dos dereitos e
liberdades dos demais, e de satisfacer as
xustas esixencias da moral, da orde pública e
do benestar xeral nunha sociedade
democrática.
Artigo 29
Estes dereitos e liberdades non
poderán, en ningún caso, ser exercidos
en oposición aos propósitos e principios
das Nacións Unidas.
Artigo 30
Nada nesta Declaración poderá
interpretarse no sentido de que confire
dereito algún ao Estado, a un grupo ou a unha
persoa, para emprender e desenvolver
actividades ou realizar actos tendentes á
supresión de calquera dos dereitos e
liberdades proclamados nesta Declaración.

More Related Content

Viewers also liked

Proyecto Socrates Comenius
Proyecto Socrates ComeniusProyecto Socrates Comenius
Proyecto Socrates Comeniuspilarricobernal
 
DKSMagazine Edicion Febrero 2014
DKSMagazine Edicion Febrero 2014DKSMagazine Edicion Febrero 2014
DKSMagazine Edicion Febrero 2014Kelly Martínez
 
Cap 12 5 Ways U Can Join The Conversation
Cap 12 5 Ways U Can Join The ConversationCap 12 5 Ways U Can Join The Conversation
Cap 12 5 Ways U Can Join The Conversationguestbbab8a
 
Todo En Un SóLo Clic Ii
Todo En Un SóLo Clic IiTodo En Un SóLo Clic Ii
Todo En Un SóLo Clic Iicaritopismantea
 
Banco Experiencias
Banco ExperienciasBanco Experiencias
Banco ExperienciasIsabel Ruiz
 
Textos FantáSticos En LatíN
Textos FantáSticos En LatíNTextos FantáSticos En LatíN
Textos FantáSticos En LatíNmaria
 
Chapola N°1 Intercambio Humanitario
Chapola  N°1 Intercambio HumanitarioChapola  N°1 Intercambio Humanitario
Chapola N°1 Intercambio Humanitariogueste0337b
 
iCapax Soluciones Informáticas para todos
iCapax Soluciones Informáticas para todosiCapax Soluciones Informáticas para todos
iCapax Soluciones Informáticas para todosmanuel.escobar
 
Encuentro Cont Am
Encuentro  Cont AmEncuentro  Cont Am
Encuentro Cont Amguestd2a1a5
 
y ahora pare de sufrir ....
y ahora pare de sufrir ....y ahora pare de sufrir ....
y ahora pare de sufrir ....Mardelita
 
Mlaga.En Imgenes
Mlaga.En ImgenesMlaga.En Imgenes
Mlaga.En ImgenesTere
 
La India
La IndiaLa India
La IndiaTere
 
Gobernabilidad Seguridad Ciudadana y Construcción de Consensos
Gobernabilidad Seguridad Ciudadana y Construcción de ConsensosGobernabilidad Seguridad Ciudadana y Construcción de Consensos
Gobernabilidad Seguridad Ciudadana y Construcción de ConsensosWalter Raul Pinedo Caldas
 

Viewers also liked (20)

Proyecto Socrates Comenius
Proyecto Socrates ComeniusProyecto Socrates Comenius
Proyecto Socrates Comenius
 
yonlymec
yonlymecyonlymec
yonlymec
 
Malware
MalwareMalware
Malware
 
Manos Unidas
Manos UnidasManos Unidas
Manos Unidas
 
DKSMagazine Edicion Febrero 2014
DKSMagazine Edicion Febrero 2014DKSMagazine Edicion Febrero 2014
DKSMagazine Edicion Febrero 2014
 
Cap 12 5 Ways U Can Join The Conversation
Cap 12 5 Ways U Can Join The ConversationCap 12 5 Ways U Can Join The Conversation
Cap 12 5 Ways U Can Join The Conversation
 
Todo En Un SóLo Clic Ii
Todo En Un SóLo Clic IiTodo En Un SóLo Clic Ii
Todo En Un SóLo Clic Ii
 
La Salud Pública
La Salud PúblicaLa Salud Pública
La Salud Pública
 
Banco Experiencias
Banco ExperienciasBanco Experiencias
Banco Experiencias
 
Textos FantáSticos En LatíN
Textos FantáSticos En LatíNTextos FantáSticos En LatíN
Textos FantáSticos En LatíN
 
Chapola N°1 Intercambio Humanitario
Chapola  N°1 Intercambio HumanitarioChapola  N°1 Intercambio Humanitario
Chapola N°1 Intercambio Humanitario
 
iCapax Soluciones Informáticas para todos
iCapax Soluciones Informáticas para todosiCapax Soluciones Informáticas para todos
iCapax Soluciones Informáticas para todos
 
Encuentro Cont Am
Encuentro  Cont AmEncuentro  Cont Am
Encuentro Cont Am
 
Desarrollo Local: Ciudades y la Regiones
Desarrollo Local: Ciudades y la Regiones Desarrollo Local: Ciudades y la Regiones
Desarrollo Local: Ciudades y la Regiones
 
y ahora pare de sufrir ....
y ahora pare de sufrir ....y ahora pare de sufrir ....
y ahora pare de sufrir ....
 
Encuentro 1
Encuentro 1Encuentro 1
Encuentro 1
 
Mlaga.En Imgenes
Mlaga.En ImgenesMlaga.En Imgenes
Mlaga.En Imgenes
 
La India
La IndiaLa India
La India
 
La Navidad
La NavidadLa Navidad
La Navidad
 
Gobernabilidad Seguridad Ciudadana y Construcción de Consensos
Gobernabilidad Seguridad Ciudadana y Construcción de ConsensosGobernabilidad Seguridad Ciudadana y Construcción de Consensos
Gobernabilidad Seguridad Ciudadana y Construcción de Consensos
 

Similar to Declaracion universal dos_dereitos_humanos

Similar to Declaracion universal dos_dereitos_humanos (18)

Dereitos Humanos
Dereitos HumanosDereitos Humanos
Dereitos Humanos
 
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanosLeticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
 
10 de decembro
10 de decembro10 de decembro
10 de decembro
 
Rosas gallego
Rosas gallegoRosas gallego
Rosas gallego
 
presentacion_prensa_alex_otero
presentacion_prensa_alex_oteropresentacion_prensa_alex_otero
presentacion_prensa_alex_otero
 
Presentaciónpaz2014
Presentaciónpaz2014Presentaciónpaz2014
Presentaciónpaz2014
 
4º Tema Xeografía
4º Tema Xeografía4º Tema Xeografía
4º Tema Xeografía
 
Tema 5. Ciudadanía
Tema 5. CiudadaníaTema 5. Ciudadanía
Tema 5. Ciudadanía
 
A constitución española.ppt juan rial
A constitución española.ppt juan rialA constitución española.ppt juan rial
A constitución española.ppt juan rial
 
Esixe Dignidade
Esixe DignidadeEsixe Dignidade
Esixe Dignidade
 
Jose suarez rial
Jose suarez rialJose suarez rial
Jose suarez rial
 
DEREITOS DOS NENOS E NENAS
DEREITOS DOS NENOS E NENASDEREITOS DOS NENOS E NENAS
DEREITOS DOS NENOS E NENAS
 
Obradoiro de prensa
Obradoiro de prensaObradoiro de prensa
Obradoiro de prensa
 
John locke
John locke John locke
John locke
 
Contra a homofobia o racismo e o machismo
Contra a homofobia o racismo e o machismo Contra a homofobia o racismo e o machismo
Contra a homofobia o racismo e o machismo
 
Tema 13
Tema 13Tema 13
Tema 13
 
Unidade 8: SEGUNDA REPÚBLICA
Unidade 8: SEGUNDA REPÚBLICAUnidade 8: SEGUNDA REPÚBLICA
Unidade 8: SEGUNDA REPÚBLICA
 
A Constitución de 1978
A Constitución de 1978A Constitución de 1978
A Constitución de 1978
 

More from MANEIRO

Sector terciario
Sector terciarioSector terciario
Sector terciarioMANEIRO
 
Sector secundario
Sector secundarioSector secundario
Sector secundarioMANEIRO
 
Sector primario
Sector primarioSector primario
Sector primarioMANEIRO
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleMANEIRO
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarMANEIRO
 
Pedra sobre pedra
Pedra sobre pedra Pedra sobre pedra
Pedra sobre pedra MANEIRO
 
Actividade económica
Actividade económicaActividade económica
Actividade económicaMANEIRO
 
Revolucion rusa
Revolucion rusaRevolucion rusa
Revolucion rusaMANEIRO
 
A 2ª revolucion industrial
A 2ª revolucion industrialA 2ª revolucion industrial
A 2ª revolucion industrialMANEIRO
 
Arte cristia na idade media pintura
Arte cristia na idade media pinturaArte cristia na idade media pintura
Arte cristia na idade media pinturaMANEIRO
 
Arte cristia na idade media escultura
Arte cristia na idade media esculturaArte cristia na idade media escultura
Arte cristia na idade media esculturaMANEIRO
 
Arte cristiá na Idade Media. Arquitectura
Arte cristiá na Idade Media. ArquitecturaArte cristiá na Idade Media. Arquitectura
Arte cristiá na Idade Media. ArquitecturaMANEIRO
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 
Restauracion
RestauracionRestauracion
RestauracionMANEIRO
 
Nacionalismo s xix
Nacionalismo s xixNacionalismo s xix
Nacionalismo s xixMANEIRO
 
Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar MANEIRO
 
A Revolución Francesa
A Revolución Francesa A Revolución Francesa
A Revolución Francesa MANEIRO
 
Ferramentas paleoliticas
Ferramentas paleoliticasFerramentas paleoliticas
Ferramentas paleoliticasMANEIRO
 
Evolucion humana
Evolucion humanaEvolucion humana
Evolucion humanaMANEIRO
 
Relevo de Galicia
Relevo de GaliciaRelevo de Galicia
Relevo de GaliciaMANEIRO
 

More from MANEIRO (20)

Sector terciario
Sector terciarioSector terciario
Sector terciario
 
Sector secundario
Sector secundarioSector secundario
Sector secundario
 
Sector primario
Sector primarioSector primario
Sector primario
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simple
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
 
Pedra sobre pedra
Pedra sobre pedra Pedra sobre pedra
Pedra sobre pedra
 
Actividade económica
Actividade económicaActividade económica
Actividade económica
 
Revolucion rusa
Revolucion rusaRevolucion rusa
Revolucion rusa
 
A 2ª revolucion industrial
A 2ª revolucion industrialA 2ª revolucion industrial
A 2ª revolucion industrial
 
Arte cristia na idade media pintura
Arte cristia na idade media pinturaArte cristia na idade media pintura
Arte cristia na idade media pintura
 
Arte cristia na idade media escultura
Arte cristia na idade media esculturaArte cristia na idade media escultura
Arte cristia na idade media escultura
 
Arte cristiá na Idade Media. Arquitectura
Arte cristiá na Idade Media. ArquitecturaArte cristiá na Idade Media. Arquitectura
Arte cristiá na Idade Media. Arquitectura
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
Restauracion
RestauracionRestauracion
Restauracion
 
Nacionalismo s xix
Nacionalismo s xixNacionalismo s xix
Nacionalismo s xix
 
Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar
 
A Revolución Francesa
A Revolución Francesa A Revolución Francesa
A Revolución Francesa
 
Ferramentas paleoliticas
Ferramentas paleoliticasFerramentas paleoliticas
Ferramentas paleoliticas
 
Evolucion humana
Evolucion humanaEvolucion humana
Evolucion humana
 
Relevo de Galicia
Relevo de GaliciaRelevo de Galicia
Relevo de Galicia
 

Declaracion universal dos_dereitos_humanos

  • 1. DeclaraciónDeclaración Universal dosUniversal dos Dereitos HumanosDereitos Humanos Adoptada e proclamada polaAdoptada e proclamada pola Resolución da Asemblea Xeral 217 A (iii) doResolución da Asemblea Xeral 217 A (iii) do 10 de decembro de 194810 de decembro de 1948
  • 2. Declaración Universal dos Dereitos Humanos O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Tras este acto histórico, a Asemblea pediu a tódolos Países Membros que publicaran o texto da Declaración e dispuxesen que fose «distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros establecementos de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios».
  • 3. Preámbulo Considerando que a liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódolos membros da familia humana;
  • 4. Preámbulo Considerando que o descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos teñen orixinado actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade; e que se proclamou, como a aspiración máis elevada do home, a chegada dun mundo no que os seres humanos, liberados do temor e da miseria, gocen da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas;
  • 5. Preámbulo Considerando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de Dereito, a fin de que o home non se vexa compelido ao supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión;
  • 6. Preámbulo Considerando tamén esencial promover o desenvolvemento de relacións de amizade entre as nacións;
  • 7. Preámbulo Considerando que os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais do home, na dignidade e o valor da persoa humana e na igualdade de dereitos de homes e mulleres, e declaráronse resoltos a promover o progreso social e a elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo da liberdade;
  • 8. Preámbulo Considerando que os Estados Membros comprometéronse a asegurar, en cooperación coa Organización das Nacións Unidas, o respecto universal e efectivo aos dereitos e liberdades fundamentais do home; e
  • 9. Preámbulo Considerando que unha concepción común destes dereitos e liberdades é da maior importancia para o pleno cumprimento do devandito compromiso;
  • 10. Preámbulo A Asamblea Xeral proclama a presente Declaración Universal de Dereitos humanos como ideal común polo que tódolos pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante a ensinanza e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición.
  • 11. Artigo 1 Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.
  • 12. Artigo 2 Toda persoa ten tódolos dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.
  • 13. Artigo 2 Ademais, non se fará distinción ningunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdición dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.
  • 14. Artigo 3 Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.
  • 15. Artigo 4 Ninguén estará sometido a escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en tódalas súas formas.
  • 16. Artigo 5 Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.
  • 17. Artigo 6 Todo ser humano ten dereito, en tódalas partes, ao recoñemento da súa personalidade xurídica.
  • 18. Artigo 7 Todos son iguais ante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei. Todos teñen dereito a igual protección contra toda discriminación que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.
  • 19. Artigo 8 Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo ante os tribunais nacionais competentes, que a ampare contra actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.
  • 20. Artigo 9 Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.
  • 21. Artigo 10 Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para a determinación dos seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal.
  • 22. Artigo 11 Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle aseguren tódalas garantías necesarias para a súa defensa.
  • 23. Artigo 11 Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non foran delituosos segundo o Dereito nacional ou internacional. Tampouco se imporá pena máis grave que a aplicable no momento da comisión do delito.
  • 24. Artigo 12 Ninguén será obxeto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques.
  • 25. Artigo 13 Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a regresar ao seu país.
  • 26. Artigo 14 En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
  • 27. Artigo 15 Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade. A ninguén se privará arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade.
  • 28. Artigo 16 Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen restrición ningunha por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casarse e fundar unha familia, e gozarán de iguais dereitos en canto ao matrimonio, durante o matrimonio e en caso de disolución do matrimonio.
  • 29. Artigo 16 Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros esposos poderá contraerse o matrimonio. A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.
  • 30. Artigo 17 Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente. Ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade.
  • 31. Artigo 18 Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público como en privado, pola ensinanza, a práctica, o culto e a observancia.
  • 32. Artigo 19 Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado por causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.
  • 33. Artigo 20 Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas. Ninguén poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación.
  • 34. Artigo 21 Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos. Toda persoa ten o dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país.
  • 35. Artigo 21 A vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase mediante eleccións auténticas que se haberán de celebrar periodicamente, por sufraxio universal e igual e por voto secreto ou otro procedemento equivalente que garanta a liberdade do voto.
  • 36. Artigo 22 Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social, e a obter, mediante o esforzo nacional e a cooperación internacional, tendo en conta a organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais, indispensables á súa dignidade e ao libre desenvolvemento da súa personalidade.
  • 37. Artigo 23 Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego. Toda persoa ten dereito, sen discriminación ningunha, a igual salario por traballo igual.
  • 38. Artigo 23 Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por cales queira outros medios de protección social. Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.
  • 39. Artigo 24 Toda persoa ten dereito ao descanso, ao goce do tempo libre, a unha limitación razoable da duración do traballo e a vacacións periódicas pagadas.
  • 40. Artigo 25 Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten así mesmo dereito aos seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa voluntade.
  • 41. Artigo 25 A maternidade e a infancia teñen dereito a coidados e asistencia especiais. Tódolos nenos, nacidos de matrimonio ou fóra de matrimonio, teñen dereito a igual protección social.
  • 42. Artigo 26 Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, polo menos no concernente á instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional deberá ser xeneralizada; o acceso aos estudos superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos.
  • 43. Artigo 26 A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre tódalas nacións e tódolos grupos étnicos ou relixiosos, e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz. Os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de darse aos seus fillos.
  • 44. Artigo 27 Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten.
  • 45. Artigo 27 Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das producións científicas, literarias ou artísticas de que sexa autora.
  • 46. Artigo 28 Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na que os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración se fagan plenamente efectivos.
  • 47. Artigo 29 Toda persoa ten deberes respecto á comunidade, posto que só nela pode desenvolverse libre e plenamente a súa personalidade.
  • 48. Artigo 29 No exercicio dos seus dereitos e no goce das súas liberdades, toda persoa estará soamente suxeita ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática.
  • 49. Artigo 29 Estes dereitos e liberdades non poderán, en ningún caso, ser exercidos en oposición aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
  • 50. Artigo 30 Nada nesta Declaración poderá interpretarse no sentido de que confire dereito algún ao Estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración.