2. A orixe do Universo na Prehistoria
O estudo do Universo na América Precolombina
As teorías en Babilonia e en Exipto
Teoría Xeocéntrica
Teoría Heliocéntrica
Lei de Hubble
Teoría do Big Bang
Teoría inflacionaria
3. Localizado a cen quilómetros ao oeste de
Londres, atópase un dos monumentos
máis inquietantes da humanidade. É o
chamado STONENHENGE
Stonehenge é a construción megalítica
máis fascinante da historia. Está formado
por colosais rocas, cuxos pesos varían de
dos a trinta e cinco toneladas,
4.
5. As culturas máis importantes de América
Precolombina son a Maia, a Azteca e a Inca.
Todas elas estaban xa interesadas en coñecer
a orixe do Universo.
Os Maias
Esta civilización demostrou ao longo da historia unha
evolución incrible para a súa época.
No Popol Vuh, o libro sagrado dos maias, atopamos
o mito da creación do Universo. Segundo eles, o
Universo creouse grazas a tres deuses: Tepeu,
Gucumatz e Huracán.
Os dous primeros Deuses, realizaron unha especie de
conferencia, onde conclúen que é necesario
manter a súa herdanza. Así comezan a Terra cos
animais e esta é a orixe do universo.
6. Os Incas
Son o imperio máis representativo de
América do Sur.
Coñecían a revolución sinódica dos
planetas.
Coñecían constelacións como a de
Orión. Posuían as súas propias
constelacións entre as que destacan
a Cruz do Sur e o Centauro.
7.
8.
9. Os Aztecas
Para os Aztecas, ese lume desprendía unha
forza particular: unha enerxía provinte do
Universo que se encarnaba no Espazo-Tempo
para entrar en resonancia coa Terra.
Esta enerxía, reunindo as forzas do Universo e as
de diferentes ceos, era distribuída polo sol que é
a fonte de vida do noso sistema planetario. No
centro da pedra atópase a cara do sol.
Representa a crenza azteca de que o universo
pasou por catro mundos anteriores que foron
destruídos. Agora atopámonos no quinto
mundo, condenado a ser destruído por
terremotos. De acordo coa mitoloxía azteca, o
sol, a lúa e os seres humanos foron creados con
éxito ao principio da quinta era.
10.
11. Babilónicos
Existe a certeza de que 5.000 anos a.C. os babilónicos
iniciaron, dun xeito rudimentario, o estudo científico do
Universo.
A astronomía Babilónica baseouse en crenzas
astrolóxicas. Este pobo, xa coñecía e utilizaba as
constelacións do zodíaco.
A vía do Sol foi dividida polos Babilonios en catro partes
correspondentes ás estacións.
Coñecían tamén a eclíptica, liña ideal que divide o
zodíaco en dúas partes iguais e que constitúe o círculo
máximo da esfera celeste.
Utilizaron tamén un calendario lunar de 12 meses.
12. Exipcios
En diferentes partes de Exipto e en diferentes épocas
déronse tres crenzas sobre a creación do universo.
Na cidade de Hieracómpolis a crenza era que antes de que
existira o universo, existía so un inmenso océano, que
simbolizaba o caos, chamado Nun. Desde as profundidades
de Nun apareceu unha gran montaña, onde se posou Horus,
o deus falcón, e voou en todas as direccións á vez, creando
así o universo.
O mito da creación en Heliópolis contaba que no inmenso
mar de Nun, xurdiu das profundidades una gran pirámide, e
sobre ela o ollo de Ra abriuse e iluminou todo o universo,
dándolle forma e orde.
A crenza na cidade de Memphis foi máis adiantada ca do
resto dos exipcios, xa que era monoteístas. Incluso, é moi
parecida á que teñen as culturas xudeo-cristiáns sobre o
comezo do universo. Neste mito, Pteh, deus único, crea o
mundo mediante a acción do seu pensamento e a
pronuncia da palabra.
14. A Teoría xeocéntrica é unha antiga teoría de
ubicación da Terra no Universo. Coloca a
Terra no centro do Universo, e o resto dos
astros, incluido o Sol, xirando arredor dela.
Creer ca Terra é o centro do universo é a
opinión de quen non se plantexa achar unha
solución aos problemas que presentan os
movementos dos corpos celestes.
O xeocentrismo estivo vixente nas máis
remotas civilizacións.
16. A Teoría Heliocéntrica é o modelo astronó-
mico que sostén que a Terra e os demais
planetas xiran ao redor do Sol.
A diferenza fundamental entre a proposta
de Aristarco na antigüidade e a teoría de
Copérnico é que este último emprega
cálculos matemáticos para sustentar a súa
hipótese. Por iso, as súas ideas marcaron o
comezo do que se coñece como a revolu-
ción científica.
17.
18.
19. A lei de Hubble establece que as gala-
xias afástanse unhas das outras a
unha velocidade proporcional a súa
distancia.
Esta lei conduce ao modelo do Universo
en expansión e retroceso no tempo, é dicir,
á teoría do Big Bang.
Foi formulada por primeira vez por Edwin
Hubble en 1929
21. Formulada polo matemático Alexander Alexandrovich Friedmann
en 1922; Cinco anos máis tarde, Georges Lemaître propuxo unha
teoría similar.
Supón que, fai 13 700 millóns de anos, a materia do Universo estaba
concentrada nunha zona extraordinariamente pequeña do
espazo, e estoupou. A materia saiu impulsada con gran enerxía en
todas direccións.
22. Os choques e unha certa desorde fixeron ca
materia se agrupara e se concentrara máis
nalgúns lugares do espazo, así formáronse as
primeiras estrelas e as primeiras galaxias.
Desde entón, o Universo continuou en
constante movemento e evolución.
Baséase en observacións rigorosas e é
matematicamente correcta desde un
instante despois da explosión, pero non ten
unha explicación para o momento cero da
orixe do Universo, chamado "singularidade".
23.
24. Foi proposta polo físico e cosmólogo
estadounidense Alan Guth en 1981 e
despois Andrei Linde, Andreas Albrecht e Paul
Steinhardt déronlle a súa forma moderna.
A teoría inflacionaria de Alan Guth intenta explicar
a orixe e os primeiros instantes do Universo.
Baséase en estudos sobre campos gravitatorios
fortísimos, como os que hai cerca dun burato
negro.
25. Supón que unha forza única dividiuse nas catro que
agora se coñecen, producindo a orixe do Universo. As
catro forzas fundamentais, que determinan todas as
formas de interacción da materia son:
› interaccións nucleares fortes
› electromagnetismo
› interaccións nucleares débiles
› gravitación
A gravidade é a máis débil das catro e a única
que só actúa nun sentido
O empuxe inicial durou un tempo practicamente
inapreciable, pero foi tan violento que, a pesar de
que a atracción da gravidade frea as galaxias, o
Universo aínda segue a crecer.
26. Como antes citamos, na
antigüidade as
diferentes culturas e
relixións intentaban
explicar a orixe do
universo mediante as
súas crenzas, mitos e
deuses.
“Apocalipto” este filme
está relacionado co
punto anterior, ligando a
supervivencia á
realización de diferentes
sacrificios.
27. Grazas ás observacións que se fixeron
na antigüidade e as diferentes culturas
cunha simple observación durante
moito tempo do ceo, hoxe en día,
coñecemos moito máis do universo. Isto
foinos de gran axuda para saber todo o
que coñecemos ata agora sobre el e o
seu desenvolvemento.