SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
Download to read offline
O patrimonio cultural: un recurso endóxeno esquecido
Premio da Fundación Antonio Fraguas.2006
                           Introdución
IES Ponte Caldelas              Quen somos?
                                Onde estamos?
                                Que pretendemos?
                           Que temos? Tipoloxía dos elementos patrimoniais
                                Do Camiño: sendas, pontes, pontellas,
                                pasos, valados.
                                Dos animais: foxos, currais, sesteiros,
                                pombais.
                                Da auga e vida: presas, levadas,fontes,
                                lavadoiros
                                De produción e almacenamento: hórreos,
                                palleiras, muíños, eiras, batán.
                                Desta vida e da outra:torreiros,
                                cruceiros,petos
                           As ameazas
                           Un futuro posible
                           Quen nos axudou?
O mundo rural tradicional que
                As ameazas            sostiña e daba sentido a todos
                                      estes elementos chega ao final
                                      da súa prolongada crise na
                                      década dos setenta. Os muíños
                                      deixan de moer, as levadas non
                                      se limpan, moitas eiras e vellos
                                      camiños son asfaltados, os
                                      valados ou as presas deixan de
                                      manterse... precipítase o final.
                                      Estes elementos perden a súa
                                      función e son abandonados. O
                Incendios forestais   feito de lembrar moito unha
                                      vida sacrificada e en moitos
O abandono                            casos de miseria produce unha
                                      negación vergoñenta do seu
                                      valor, o valor da memoria. Non
                                      se aceptan como elementos
                                      identitarios,      construtores
                                      dunha cultura depurada pola
                                      historia.     A     falta     de
                                      sensibilidade     trae     como
                   Vandalismo         resultado     o   abandono,    a
Usos espurios                         destrución e os usos espurios.
As novas ameazas
O    repertorio     de    ameazas,
consecuencia do abandono e perda
do valor de uso destes elementos,
vese agravado polo plan de
construción de minicentrais. Esta
forma de producir enerxía non só
causa impactos formidables na vida       Na esquerda: Pintadas de protesta pola construción da minicentral sobre o ríoVerdugo no lugar de Abelaído
                                         (A Lama). Na dereita, obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén.
dos ríos e da paisaxe en xeral,
tamén supón un perigo adicional
para moitos elementos patrimoniais
que habitualmente ocupan estes
espazos       (muíños,      pontes,
pasadoiros). Hai unha alteración da
                                        Ponte Casariño no Suíño. Transformada
beleza do enclave de moitos destes      respecto da traza orixinaria, atópase

elementos, cando non a súa propia       esquecida ao carón da estrada. Esta
                                        ponte formaba parte do Camiño Real de
destrución.                             Pontevedra a Ribadavia.
                                        Presenza de maquinaria na área do Suído. A proliferación de pistas, ademais da alteración paisaxística, pon
Outra ameaza é a proliferación de       en perigo a existencia de restos arqueolóxicos (mámoas) e construcións de tipo etnográfico como os neveiros
                                        e sesteiros.
pistas nos montes, moitas veces
para facilitar a instalación de
parques eólicos e explotacións
gandeiras que, en ocasións, levaron
canda si algún elemento, tal é o caso
dun neveiro no Suído.                   O muíño de Abaixo, o muíño de Arriba e os pasais sobre o río Verdugo están na relación de patrimonio
                                        etnográfico afectado polo proxecto da minicentral Boca do Inferno. Este espazo está a ser recuperado por
                                        xentes de Taboadelo que anualmente celebran a Festa do Muíño.
Minicentrais históricas no río Verdugo: Feixa I, Feixa II e Ponte Inferno




Imaxe do río Verdugo antes de chegar aos edificios da centrais Feixa I e Feixa II. O río discorre por un espectacular terreo
fallado de encanto paisaxístico e patrimonial importante. Parte do seu caudal foi desviado anteriormente, nas proximidades de
Ponte Caldelas, para as canles de alimentación das dúas minicentrais . O tubo causa un evidente impacto paisaxístico.



                                          Augas máis abaixo atopamos a minicentral de
                                          Ponte Inferno, unha vella instalación
                                          hidroeléctrica localizada nun tramo acoutado de
                                          pesca fluvial, constituíndo o primeiro obstáculo
                                          que debe superar a fauna salvaxe do río. As
                                          levadas abertas para a condución da auga están
                                          bastante integradas na paisaxe e discorren por
                                          un terreo moi encaixado. O edificio da
                                          minicentral presenta o deseño típico da
                                          arquitectura industrial das vellas fábricas de luz,
                                          a modo dun enorme casal, que semella querer
                                          domesticar unha natureza que se resiste a perder
                                          a súa forza e beleza.
Minicentral Hidro Giesta sobre o río Xesta, unha realidade moi polémica




                                                                A toma desta minicentral está enclavada na
                                                                fervenza sobre o río Xesta, nas proximidades
                                                                do núcleo de Liñares (A Lama). A auga
                                                                desviada cara aos tubos provoca unha
                                                                diminución enorme do caudal, afectando a un
                                                                dos espectáculos máis fermosos que gardaban
                                                                estas terras. A canle de desviación percorre
                                                                paralela ao curso do Xesta por unha aba de
                                                                acentuado desnivel ata a central onde baixa de
                                                                xeito brusco, repercutindo de forma notable
                                                                sobre unha zona paisaxisticamente sensible.




                                             Na imaxe superior esquerda podemos ver o caudal do río antes
                                             de chegar á presa.
                                             Abaixo: o resultado despois de desviar a auga para as canles de
                                             alimentación da minicentral.
                                             Arriba á dereita, o edificio da minicentral. Nas proximidades
                                             existe un cartel moi curioso que avisa dos perigos do río por mor
                                             da alteración do caudal provocada pola minicentral , pero non
                                             explica a traxedia que isto ten para a fauna fluvial que acusa
                                             moito as variacións de velocidade e temperatura.
Minicentrais en construción: O Ramallal e Gaxate




Na actualidade e malia a oposición social que espertan este tipo de instalacións está a piques de rematar a construción da minicentral
do Ramallal sobre o río Verdugo. As imaxes corresponden co tramo do río na zona de Abelaído, A Lama. Esta central recolle as augas
sobre unha área fallada de gran valor paisaxístico. Resulta incrible e grave a falta de sensibilidade dunha Administración que concede
autorización para este proxecto malia estar sobre un solo rústico de protección de espazo natural e máis aínda despois do acontecido coa
fervenza de Liñares.




As imaxes corresponden ás obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén. A presa está localizada moi próxima
ao núcleo principal da parroquia de Gaxate, nun lugar onde aínda hai bastante harmonía entre o casal e os elementos naturais,
destacando de forma portentosa a magnífica integración da arquitectura indiana. Un núcleo fermoso ao que se lle debería dedicar unha
atención especial. Por moito esmero que poñan nos traballos de redución dos efectos da creación da minicentral sobre a paisaxe, o río e
as súas marxes xa non volverán a ser o mesmo.
Minicentrais outorgadas aínda non construídas. As tres sobre o río Parada.




Contorno natural onde stá previsto construír o Salto da Laxe, Fornelos. Se este é o nivel de auga que presenta o río despois dun inverno bastante
chuvioso, que será deste río cando o nivel de precipitación sexa menor? A proximidade ao seu nacemento non propicia un caudal abondoso. Ademais
os núcleos da parroquia toman a auga dos seus mananciais para o seu abastecemento. Limitalo por un salto semella un desatino. No listado de
patrimonio etnográfico afectado pola construción deste salto figuran elementos singulares como os casetos de Carballo Branco, antigos currais para o
gando e os gandeiros. O edificio da minicentral estará moi próxima á fermosa Ponte da Laxe.




Nas fotografías podemos apreciar varios muíños e a ponte de Berducido.
Entre Berducido (A Lama) e Estacas (Fornelos) atopamos este enclave de patrimonio
etnográfico extraordinario. Resulta arrepiante pensar en explotar a forza das augas en lugar
de mimar esta contorna. O Salto do Parada Medio ten previsto construír o edificio da
minicentral nas súas proximidades.
                                                                                       A construción da presa do Salto do Bico do Foxo está
                                                                                       proxectada nun lugar onde o río Parada describe un
                                                                                       percorrido con continuos trocos de dirección en función das
                                                                                       fracturas do terreo. Espazo bastante abrupto, pero de
                                                                                       vexetación degradada. Nese mesmo lugar localizamos un par
                                                                                       de muíños de enclave espectacular.
Minicentral outorgada aínda non construída sobre o río Verdugo: Boca do Inferno

                                  1                                      4                                    5




                                                                                    3
                                  2




                                                                              6

No seu percorrido, o río Verdugo vese interrompido polo funcionamento das presas pertencentes ás
minicentrais de Hidrofeixa I e II e á minicentral Ponte Inferno. Por se estes obstáculos non foran suficientes,
alguén autorizou a construción dunha presa máis entre estas minicentrais. Falamos da minicentral Boca
do Inferno que, ademais, afectaría a unha zona de enorme encanto a cabalo entre as parroquias de
Taboadelo e A Insua cunha presenza de patrimonio etnográfico bastante notable:
 O muíño de Arriba (1), o muíño de Abaixo (2), os pasais (3) que unen as parroquias de Taboadelo e A
Insua, os muíños da Raxiña (4), o muíño da Rocha (5) e o batán e muíño de Laforet (6)
Posibilidades, recursos, ideas

 O monte:
 Se hai un elemento que define a paisaxe destes tres concellos é a extensa
 superficie que ocupa o monte. A superficie máis significativa é o Suído.
 Incluída na proposta de espazos de interese ecolóxico da Rede Natura 2000,
 está, porén, a padecer algunhas agresións importantes que poñen en perigo a
 súa integridade. O plan de construción de minicentrais e a instalación de
 parques eólicos supoñen unha alteración pouco sensible co medio.


 As nosas propostas para o Suído son:
 •    Apostar por manter as actividades agro- silvo- pastoris que, durante
      tantos anos, cumpriron unha función económica sostible e conservadora
      do medio.
 •    Acoutar espazos para a produción de biocombustible e de materia prima
      para abonos orgánicos.
 •    Preservar as áreas de turbeiras, por constituír espazos onde se
      concentra a flora autóctona con especies que comezan a ser raras
      noutros montes galegos.
 •    Frear definitivamente a instalación de máis pistas, parques eólicos,
      canteiras e todo aquel uso que faga insostible a xestión do territorio.
 •    Potenciar e poñer en valor os currais, foxos e outros elementos de
      interese patrimonial da zona, por exemplo mediante a definición de
      rutas de sendeirismo ou creación de centros de interpretación da vida
      no monte. Potenciar un turismo respectuoso co medio natural.
Para o resto da superficie de monte




As nosas propostas son:
•     Orientar os usos do monte a algo máis que á produción de
      madeira, apoiando iniciativas como a explotación de froitos do
      bosque (castañas, abelás, arandos, abruños), cogomelos ou
      produción de abono natural.
•     Explotar racionalmente a madeira, ordenando o monte,
      recuperando espazos para as especies autóctonas e buscando a
      ecocertificación.
•     Crear corredores ecolóxicos que conecten os ríos e o monte para
      garantir o mantemento da biodiversidade a nivel de flora e fauna
      e evitar a proliferación de pragas.
•     Poñer en valor o patrimonio etnográfico existente deseñando
      algún roteiro ou algunha festa divulgativa.
Os ríos:
O Verdugo e o Oitavén veñen padecendo unha alteración sistemática nas últimas
    décadas. O cambio de mentalidade na sociedade esixe:
1.   RÍOS VIVOS. Paralización da construción de minicentrais.
2.   RÍOS LIMPOS. Instalación e mantemento de sistemas de depuración.
3.   RÍOS PROTEXIDOS. Cumprimento da normativa que protexe as beiras dos ríos.


As nosas propostas para os ríos son:
1.   Converter as beiras dos ríos en verdadeiros espazos públicos, pero sen
     que isto implique a súa radical transformación. Utilizar as sendas dos
     pescadores ou a presenza de antigos muíños para promover rutas de
     turismo activo, ecolóxico, cultural...
2.   Rehabilitar as construcións patrimoniais máis destacadas: pontes,
     pontellas pasos, presas... Neste apartado queremos animar aos
     particulares, asociacións ou institucións para que leven a cabo obras de
     rehabilitación nalgúns destes elementos que non presenten excesivo
     deterioro e poidan ser mantidos para usos diversos (locais culturais, aulas
     de interpretación, rutas turísticas..)
3.   Promover actividades didácticas para sensibilizar as novas xeracións
     sobre a importancia de preservar o patrimonio natural e cultural como
     parte da nosa herdanza e identidade.
A aldea


Unhas ameazadas polo abandono, outras en perigo por transformacións pouco sensibles co contorno e
convertidas progresivamente en segundas residencias, as nosas aldeas necesitan a execución dun
programa de protección e reactivación de forma urxente.

As nosas propostas neste caso son:
1.   Preservar os sinais de identidade, evitando o descontrol que se está a producir
     en moitos núcleos rurais en relación con construcións e rehabilitacións.
2.   Apoiar as iniciativas que supoñan un desenvolvemento dos recursos propios:
     cooperativas, agricultura e gandaría ecolóxicas, agroturismo, etc.
3.   Apoiar a produción de forma tradicional daqueles bens demandados pola
     sociedade actual. Recuperar os saberes e os oficios artesanais.
4.   Promover o turismo rural integrado con programas de valorización do patrimonio
     natural e cultural existente na zona
5.   Potenciar e mellorar a oferta gastronómica da zona: caza, troita...
6.   Introducir as novas tecnoloxías no rural, orientadas á formación, comunicación,
     etc., e á produción e distribución das empresas locais.
7.   Recuperar o patrimonio cultural, involucrando ás comunidades e asociacións
     veciñais. Preservar os camiños de interese natural e patrimonial, creando rutas
     temáticas e introducíndoas na rede oficial de sendeiros.
8.   Volver a prestixiar o feito de vivir no rural.
Neste traballo participaron de forma voluntaria alumnos e
alumnas de 3º da ESO e 4º da ESO dos concellos de A Lama,
Fornelos e Ponte Caldelas.
Fotografaron, buscaron información e cubriron as fichas de
inventario. Todo isto no seu tempo de lecer.
A todos eles MIL GRACIAS




                                         O alumnado avalía:
                                         As maiores aportacións deste
                                         traballo:
                                         “Aprendín a valorar uns
                                         elementos que estaban aí, pero
                                         aos que non lles daba
                                         importancia”.
                                         “Coñecín recantos fermosos da
                                         miña zona que ignoraba que
                                         existían”.
                                         “Comprendín a dureza dos modos
                                         de vida dos nosos avós e bisavós”
                                         “Concienceime do estado do noso
                                         patrimonio. Unha mágoa
                                         estragalo!”.
Quen nos axudou?

• Fundación Antonio Fraguas.     • ANPA do IES de Ponte
• Dirección Xeral de               Caldelas.
  Patrimonio.                    • Veciños e veciñas de
• Dirección Xeral do FOGGA         Ponte Caldelas, A Lama e
• Augas de Galicia.                Fornelos de Montes.
• Sitga.                         • Paula Ballesteros.
• PLADEVER                       • Os compañeiros e a
                                   Dirección do IES de Ponte
• Mancomunidade de Ponte           Caldelas
  Caldelas.
• Concellos de Ponte Caldelas,
  Fornelos de Montes e A
  Lama.
• PRODER de Pontevedra.
Bibliografía consultada:


“As construcións da arquitectura popular”. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ. Ed.Consello
galego de colexios de aparelladores e arquitécts técnicos.
“Feismo? Destruir un país.VVAA. ED. Difusora de letras, artes e ideas.
“Muíños nas terras de Redondela. Estudio etnolóxico dos muíños de auga. MIGUEL ÁNGEL
ABRAIRA PÉREZ. Ed.Deputación Provincial de Pontevedra.
“Cultura tradicional e desenvolvemento rural” VVAA. Ed.Xavier Simón Fdez e Xabier Prado
Orbán.
“ Ponte Caldelas 1500-1936. Memoria escrita dun pobo.”.MERCEDES MARTÍNEZ
PLASENCIA E TERESA SÁNCHEZ CORA. Ed. Deputación de Pontevedra.
“ As construccións primitivas dos pastores galegos. Chozos da serra do Suído, Montemaior
e Faro de Avión”. ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA. Ed Asociación galega para a
cultura e a ecoloxía.
 Artigo de CARLOS MORGADE: “Os muíños da Lama, un tesouro esquecido” na páxina web
http://www.concellodalama.com/apedreira.htm
 Páxinas web do PRODER da comarca de Vigo,PRODER da comarca de Pontevedra e
LEADER de Terras de Montes.
Coordinaron o traballo:
Cristina Ogando Díaz. Profesora de
ciencias sociais.
Chus Diéguez Rojo. Profesora de lingua
galega.
Humberto Martínez Gargamala. Profesor
de ciencias sociais.
                          Ponte Caldelas, 6 de outubro de 2007

More Related Content

Similar to Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural (20)

44 2 natureza
44 2 natureza44 2 natureza
44 2 natureza
 
Guia natural
Guia naturalGuia natural
Guia natural
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Proxecto ríos valiñadares grupo 2
Proxecto ríos  valiñadares grupo 2Proxecto ríos  valiñadares grupo 2
Proxecto ríos valiñadares grupo 2
 
O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
Río Arnoia
Río ArnoiaRío Arnoia
Río Arnoia
 
Río Xallas
Río XallasRío Xallas
Río Xallas
 
Humidais da Terra Cha
Humidais da Terra ChaHumidais da Terra Cha
Humidais da Terra Cha
 
Río Arnoia
Río ArnoiaRío Arnoia
Río Arnoia
 
Río Monelos
Río MonelosRío Monelos
Río Monelos
 
Rio Eume
Rio EumeRio Eume
Rio Eume
 
Río Eume
Río EumeRío Eume
Río Eume
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
Río Landro
Río LandroRío Landro
Río Landro
 
B A L D A I O
B A L D A I OB A L D A I O
B A L D A I O
 
Río Mandeo
Río MandeoRío Mandeo
Río Mandeo
 
Río Mero
Río MeroRío Mero
Río Mero
 
Lagos lagoas
Lagos lagoasLagos lagoas
Lagos lagoas
 
Auga e pedra
Auga e pedraAuga e pedra
Auga e pedra
 

More from Humberto Martínez

Proyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPProyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPHumberto Martínez
 
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoEstrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoHumberto Martínez
 
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaVentajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaHumberto Martínez
 
As transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoAs transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoHumberto Martínez
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisHumberto Martínez
 
Cartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraCartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraHumberto Martínez
 
Alegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraAlegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraHumberto Martínez
 
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Humberto Martínez
 
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Humberto Martínez
 
Intercambio educativo Galicia Canarias
Intercambio educativo Galicia  CanariasIntercambio educativo Galicia  Canarias
Intercambio educativo Galicia CanariasHumberto Martínez
 
Reportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoReportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoHumberto Martínez
 

More from Humberto Martínez (20)

Proyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPProyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABP
 
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoEstrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
 
Análise dun proxecto
Análise dun proxectoAnálise dun proxecto
Análise dun proxecto
 
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaVentajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
 
Imperialismo no s. xix
Imperialismo no s. xixImperialismo no s. xix
Imperialismo no s. xix
 
Lectura comprensiva
Lectura comprensivaLectura comprensiva
Lectura comprensiva
 
As transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoAs transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismo
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberais
 
O proceso industrializador
O proceso industrializadorO proceso industrializador
O proceso industrializador
 
Cartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraCartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeira
 
Alegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraAlegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de Cotodeira
 
Proposta Ministerio
Proposta MinisterioProposta Ministerio
Proposta Ministerio
 
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
 
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
 
Kakarot
KakarotKakarot
Kakarot
 
Intercambio educativo Galicia Canarias
Intercambio educativo Galicia  CanariasIntercambio educativo Galicia  Canarias
Intercambio educativo Galicia Canarias
 
Reportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoReportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galego
 
Xestos Sostibles ( Galego)
Xestos Sostibles ( Galego)Xestos Sostibles ( Galego)
Xestos Sostibles ( Galego)
 
Auschwitz Gaza
Auschwitz   GazaAuschwitz   Gaza
Auschwitz Gaza
 
Arrieiros
ArrieirosArrieiros
Arrieiros
 

Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural

  • 1. O patrimonio cultural: un recurso endóxeno esquecido Premio da Fundación Antonio Fraguas.2006 Introdución IES Ponte Caldelas Quen somos? Onde estamos? Que pretendemos? Que temos? Tipoloxía dos elementos patrimoniais Do Camiño: sendas, pontes, pontellas, pasos, valados. Dos animais: foxos, currais, sesteiros, pombais. Da auga e vida: presas, levadas,fontes, lavadoiros De produción e almacenamento: hórreos, palleiras, muíños, eiras, batán. Desta vida e da outra:torreiros, cruceiros,petos As ameazas Un futuro posible Quen nos axudou?
  • 2. O mundo rural tradicional que As ameazas sostiña e daba sentido a todos estes elementos chega ao final da súa prolongada crise na década dos setenta. Os muíños deixan de moer, as levadas non se limpan, moitas eiras e vellos camiños son asfaltados, os valados ou as presas deixan de manterse... precipítase o final. Estes elementos perden a súa función e son abandonados. O Incendios forestais feito de lembrar moito unha vida sacrificada e en moitos O abandono casos de miseria produce unha negación vergoñenta do seu valor, o valor da memoria. Non se aceptan como elementos identitarios, construtores dunha cultura depurada pola historia. A falta de sensibilidade trae como Vandalismo resultado o abandono, a Usos espurios destrución e os usos espurios.
  • 3. As novas ameazas O repertorio de ameazas, consecuencia do abandono e perda do valor de uso destes elementos, vese agravado polo plan de construción de minicentrais. Esta forma de producir enerxía non só causa impactos formidables na vida Na esquerda: Pintadas de protesta pola construción da minicentral sobre o ríoVerdugo no lugar de Abelaído (A Lama). Na dereita, obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén. dos ríos e da paisaxe en xeral, tamén supón un perigo adicional para moitos elementos patrimoniais que habitualmente ocupan estes espazos (muíños, pontes, pasadoiros). Hai unha alteración da Ponte Casariño no Suíño. Transformada beleza do enclave de moitos destes respecto da traza orixinaria, atópase elementos, cando non a súa propia esquecida ao carón da estrada. Esta ponte formaba parte do Camiño Real de destrución. Pontevedra a Ribadavia. Presenza de maquinaria na área do Suído. A proliferación de pistas, ademais da alteración paisaxística, pon Outra ameaza é a proliferación de en perigo a existencia de restos arqueolóxicos (mámoas) e construcións de tipo etnográfico como os neveiros e sesteiros. pistas nos montes, moitas veces para facilitar a instalación de parques eólicos e explotacións gandeiras que, en ocasións, levaron canda si algún elemento, tal é o caso dun neveiro no Suído. O muíño de Abaixo, o muíño de Arriba e os pasais sobre o río Verdugo están na relación de patrimonio etnográfico afectado polo proxecto da minicentral Boca do Inferno. Este espazo está a ser recuperado por xentes de Taboadelo que anualmente celebran a Festa do Muíño.
  • 4. Minicentrais históricas no río Verdugo: Feixa I, Feixa II e Ponte Inferno Imaxe do río Verdugo antes de chegar aos edificios da centrais Feixa I e Feixa II. O río discorre por un espectacular terreo fallado de encanto paisaxístico e patrimonial importante. Parte do seu caudal foi desviado anteriormente, nas proximidades de Ponte Caldelas, para as canles de alimentación das dúas minicentrais . O tubo causa un evidente impacto paisaxístico. Augas máis abaixo atopamos a minicentral de Ponte Inferno, unha vella instalación hidroeléctrica localizada nun tramo acoutado de pesca fluvial, constituíndo o primeiro obstáculo que debe superar a fauna salvaxe do río. As levadas abertas para a condución da auga están bastante integradas na paisaxe e discorren por un terreo moi encaixado. O edificio da minicentral presenta o deseño típico da arquitectura industrial das vellas fábricas de luz, a modo dun enorme casal, que semella querer domesticar unha natureza que se resiste a perder a súa forza e beleza.
  • 5. Minicentral Hidro Giesta sobre o río Xesta, unha realidade moi polémica A toma desta minicentral está enclavada na fervenza sobre o río Xesta, nas proximidades do núcleo de Liñares (A Lama). A auga desviada cara aos tubos provoca unha diminución enorme do caudal, afectando a un dos espectáculos máis fermosos que gardaban estas terras. A canle de desviación percorre paralela ao curso do Xesta por unha aba de acentuado desnivel ata a central onde baixa de xeito brusco, repercutindo de forma notable sobre unha zona paisaxisticamente sensible. Na imaxe superior esquerda podemos ver o caudal do río antes de chegar á presa. Abaixo: o resultado despois de desviar a auga para as canles de alimentación da minicentral. Arriba á dereita, o edificio da minicentral. Nas proximidades existe un cartel moi curioso que avisa dos perigos do río por mor da alteración do caudal provocada pola minicentral , pero non explica a traxedia que isto ten para a fauna fluvial que acusa moito as variacións de velocidade e temperatura.
  • 6. Minicentrais en construción: O Ramallal e Gaxate Na actualidade e malia a oposición social que espertan este tipo de instalacións está a piques de rematar a construción da minicentral do Ramallal sobre o río Verdugo. As imaxes corresponden co tramo do río na zona de Abelaído, A Lama. Esta central recolle as augas sobre unha área fallada de gran valor paisaxístico. Resulta incrible e grave a falta de sensibilidade dunha Administración que concede autorización para este proxecto malia estar sobre un solo rústico de protección de espazo natural e máis aínda despois do acontecido coa fervenza de Liñares. As imaxes corresponden ás obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén. A presa está localizada moi próxima ao núcleo principal da parroquia de Gaxate, nun lugar onde aínda hai bastante harmonía entre o casal e os elementos naturais, destacando de forma portentosa a magnífica integración da arquitectura indiana. Un núcleo fermoso ao que se lle debería dedicar unha atención especial. Por moito esmero que poñan nos traballos de redución dos efectos da creación da minicentral sobre a paisaxe, o río e as súas marxes xa non volverán a ser o mesmo.
  • 7. Minicentrais outorgadas aínda non construídas. As tres sobre o río Parada. Contorno natural onde stá previsto construír o Salto da Laxe, Fornelos. Se este é o nivel de auga que presenta o río despois dun inverno bastante chuvioso, que será deste río cando o nivel de precipitación sexa menor? A proximidade ao seu nacemento non propicia un caudal abondoso. Ademais os núcleos da parroquia toman a auga dos seus mananciais para o seu abastecemento. Limitalo por un salto semella un desatino. No listado de patrimonio etnográfico afectado pola construción deste salto figuran elementos singulares como os casetos de Carballo Branco, antigos currais para o gando e os gandeiros. O edificio da minicentral estará moi próxima á fermosa Ponte da Laxe. Nas fotografías podemos apreciar varios muíños e a ponte de Berducido. Entre Berducido (A Lama) e Estacas (Fornelos) atopamos este enclave de patrimonio etnográfico extraordinario. Resulta arrepiante pensar en explotar a forza das augas en lugar de mimar esta contorna. O Salto do Parada Medio ten previsto construír o edificio da minicentral nas súas proximidades. A construción da presa do Salto do Bico do Foxo está proxectada nun lugar onde o río Parada describe un percorrido con continuos trocos de dirección en función das fracturas do terreo. Espazo bastante abrupto, pero de vexetación degradada. Nese mesmo lugar localizamos un par de muíños de enclave espectacular.
  • 8. Minicentral outorgada aínda non construída sobre o río Verdugo: Boca do Inferno 1 4 5 3 2 6 No seu percorrido, o río Verdugo vese interrompido polo funcionamento das presas pertencentes ás minicentrais de Hidrofeixa I e II e á minicentral Ponte Inferno. Por se estes obstáculos non foran suficientes, alguén autorizou a construción dunha presa máis entre estas minicentrais. Falamos da minicentral Boca do Inferno que, ademais, afectaría a unha zona de enorme encanto a cabalo entre as parroquias de Taboadelo e A Insua cunha presenza de patrimonio etnográfico bastante notable: O muíño de Arriba (1), o muíño de Abaixo (2), os pasais (3) que unen as parroquias de Taboadelo e A Insua, os muíños da Raxiña (4), o muíño da Rocha (5) e o batán e muíño de Laforet (6)
  • 9. Posibilidades, recursos, ideas O monte: Se hai un elemento que define a paisaxe destes tres concellos é a extensa superficie que ocupa o monte. A superficie máis significativa é o Suído. Incluída na proposta de espazos de interese ecolóxico da Rede Natura 2000, está, porén, a padecer algunhas agresións importantes que poñen en perigo a súa integridade. O plan de construción de minicentrais e a instalación de parques eólicos supoñen unha alteración pouco sensible co medio. As nosas propostas para o Suído son: • Apostar por manter as actividades agro- silvo- pastoris que, durante tantos anos, cumpriron unha función económica sostible e conservadora do medio. • Acoutar espazos para a produción de biocombustible e de materia prima para abonos orgánicos. • Preservar as áreas de turbeiras, por constituír espazos onde se concentra a flora autóctona con especies que comezan a ser raras noutros montes galegos. • Frear definitivamente a instalación de máis pistas, parques eólicos, canteiras e todo aquel uso que faga insostible a xestión do territorio. • Potenciar e poñer en valor os currais, foxos e outros elementos de interese patrimonial da zona, por exemplo mediante a definición de rutas de sendeirismo ou creación de centros de interpretación da vida no monte. Potenciar un turismo respectuoso co medio natural.
  • 10. Para o resto da superficie de monte As nosas propostas son: • Orientar os usos do monte a algo máis que á produción de madeira, apoiando iniciativas como a explotación de froitos do bosque (castañas, abelás, arandos, abruños), cogomelos ou produción de abono natural. • Explotar racionalmente a madeira, ordenando o monte, recuperando espazos para as especies autóctonas e buscando a ecocertificación. • Crear corredores ecolóxicos que conecten os ríos e o monte para garantir o mantemento da biodiversidade a nivel de flora e fauna e evitar a proliferación de pragas. • Poñer en valor o patrimonio etnográfico existente deseñando algún roteiro ou algunha festa divulgativa.
  • 11. Os ríos: O Verdugo e o Oitavén veñen padecendo unha alteración sistemática nas últimas décadas. O cambio de mentalidade na sociedade esixe: 1. RÍOS VIVOS. Paralización da construción de minicentrais. 2. RÍOS LIMPOS. Instalación e mantemento de sistemas de depuración. 3. RÍOS PROTEXIDOS. Cumprimento da normativa que protexe as beiras dos ríos. As nosas propostas para os ríos son: 1. Converter as beiras dos ríos en verdadeiros espazos públicos, pero sen que isto implique a súa radical transformación. Utilizar as sendas dos pescadores ou a presenza de antigos muíños para promover rutas de turismo activo, ecolóxico, cultural... 2. Rehabilitar as construcións patrimoniais máis destacadas: pontes, pontellas pasos, presas... Neste apartado queremos animar aos particulares, asociacións ou institucións para que leven a cabo obras de rehabilitación nalgúns destes elementos que non presenten excesivo deterioro e poidan ser mantidos para usos diversos (locais culturais, aulas de interpretación, rutas turísticas..) 3. Promover actividades didácticas para sensibilizar as novas xeracións sobre a importancia de preservar o patrimonio natural e cultural como parte da nosa herdanza e identidade.
  • 12. A aldea Unhas ameazadas polo abandono, outras en perigo por transformacións pouco sensibles co contorno e convertidas progresivamente en segundas residencias, as nosas aldeas necesitan a execución dun programa de protección e reactivación de forma urxente. As nosas propostas neste caso son: 1. Preservar os sinais de identidade, evitando o descontrol que se está a producir en moitos núcleos rurais en relación con construcións e rehabilitacións. 2. Apoiar as iniciativas que supoñan un desenvolvemento dos recursos propios: cooperativas, agricultura e gandaría ecolóxicas, agroturismo, etc. 3. Apoiar a produción de forma tradicional daqueles bens demandados pola sociedade actual. Recuperar os saberes e os oficios artesanais. 4. Promover o turismo rural integrado con programas de valorización do patrimonio natural e cultural existente na zona 5. Potenciar e mellorar a oferta gastronómica da zona: caza, troita... 6. Introducir as novas tecnoloxías no rural, orientadas á formación, comunicación, etc., e á produción e distribución das empresas locais. 7. Recuperar o patrimonio cultural, involucrando ás comunidades e asociacións veciñais. Preservar os camiños de interese natural e patrimonial, creando rutas temáticas e introducíndoas na rede oficial de sendeiros. 8. Volver a prestixiar o feito de vivir no rural.
  • 13. Neste traballo participaron de forma voluntaria alumnos e alumnas de 3º da ESO e 4º da ESO dos concellos de A Lama, Fornelos e Ponte Caldelas. Fotografaron, buscaron información e cubriron as fichas de inventario. Todo isto no seu tempo de lecer. A todos eles MIL GRACIAS O alumnado avalía: As maiores aportacións deste traballo: “Aprendín a valorar uns elementos que estaban aí, pero aos que non lles daba importancia”. “Coñecín recantos fermosos da miña zona que ignoraba que existían”. “Comprendín a dureza dos modos de vida dos nosos avós e bisavós” “Concienceime do estado do noso patrimonio. Unha mágoa estragalo!”.
  • 14. Quen nos axudou? • Fundación Antonio Fraguas. • ANPA do IES de Ponte • Dirección Xeral de Caldelas. Patrimonio. • Veciños e veciñas de • Dirección Xeral do FOGGA Ponte Caldelas, A Lama e • Augas de Galicia. Fornelos de Montes. • Sitga. • Paula Ballesteros. • PLADEVER • Os compañeiros e a Dirección do IES de Ponte • Mancomunidade de Ponte Caldelas Caldelas. • Concellos de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes e A Lama. • PRODER de Pontevedra.
  • 15. Bibliografía consultada: “As construcións da arquitectura popular”. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ. Ed.Consello galego de colexios de aparelladores e arquitécts técnicos. “Feismo? Destruir un país.VVAA. ED. Difusora de letras, artes e ideas. “Muíños nas terras de Redondela. Estudio etnolóxico dos muíños de auga. MIGUEL ÁNGEL ABRAIRA PÉREZ. Ed.Deputación Provincial de Pontevedra. “Cultura tradicional e desenvolvemento rural” VVAA. Ed.Xavier Simón Fdez e Xabier Prado Orbán. “ Ponte Caldelas 1500-1936. Memoria escrita dun pobo.”.MERCEDES MARTÍNEZ PLASENCIA E TERESA SÁNCHEZ CORA. Ed. Deputación de Pontevedra. “ As construccións primitivas dos pastores galegos. Chozos da serra do Suído, Montemaior e Faro de Avión”. ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA. Ed Asociación galega para a cultura e a ecoloxía.  Artigo de CARLOS MORGADE: “Os muíños da Lama, un tesouro esquecido” na páxina web http://www.concellodalama.com/apedreira.htm  Páxinas web do PRODER da comarca de Vigo,PRODER da comarca de Pontevedra e LEADER de Terras de Montes.
  • 16. Coordinaron o traballo: Cristina Ogando Díaz. Profesora de ciencias sociais. Chus Diéguez Rojo. Profesora de lingua galega. Humberto Martínez Gargamala. Profesor de ciencias sociais. Ponte Caldelas, 6 de outubro de 2007