O vento abriu os seus brazos
cara ós peixes pequechiños.
Peixes e ondas fixeron
unha roda de aloumiños.
García Teijeiro
Teño un barco de xoguete e
nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
¡quen me dera navegar!
García Teijeiro
DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR;
CAMIÑO DE IDA,
NON VOU REGRESAR.
AS ONDAS ME LEVEN
ONDE HAXA UN CANTAR.
DO BARCO DOS SOÑOS,
SEREI CAPITÁN.
Ana Mª Fernández
O peixiño
nada nada
polo río
ou polo mar.
Carapuchiña de escamas
e unha coliña
a remar
Ana Mª Fernández
Eu quero ser mariñeiro,
cos peixes xogar e cantar,
vivir buscando sereas
agochadas nos corais.
Julia González
Eu quero ser mariñeiro,
no meu barco navegar,
ir deixando no camiño
ronseles de escuma
que cortan o mar.
Julia González
Eu quero ser mariñeiro,
á lúa segredos contar,
pintar de azul os meus soños,
de azul e verde
como o mar.
Julia González
Eu quero ser mariñeiro,
lixeiro nas ondas brincar,
chegar ata o horizonte
co meu perfume de sal.
Julia González
De noite, a praia
fica baleira
só quedan pegadas
na area mollada
e a lúa que soña
co arrolo das ondas.
X. Neira e A. Ferrer
Paseos, carreiras,
castelos na area
e xogos na auga.
Na area mollada
quedan as pisadas
e a brisa na cara.
X. Neira e A. Ferrer
Ti nunca víche-lo mar
cos seus berros bruadores,
coas súas barcas de prata,
cos barcos e os pescadores.
Manuel María
-¿Ti nunca víche-lo mar
a tecer e a destecer
ondas azuis que van
á praia mansa morrer?
Manuel María
-¿Ti nunca viche-lo mar?
¿E sabes que non repousa?
-¡Se nunca víche-lo mar
non viches ningunha cousa!
Manuel María
Mar de illas de coral
praias, portos e gaivotas.
Ronseis de escuma moi
branca que se perden nas
súas ondas.
X. Neira e A. Ferrer
Mar de dornas e veleiros,
mar de barcazas e de soños
sucando a rosa dos ventos,
pintando viaxes nos ollos.
X. Neira e A. Ferrer
Mar de peixes de colores,
golfiños e tiburóns,
a agochar aló no fondo
tesouros e galeóns.
X. Neira e A. Ferrer

Poemas mariscadoras

  • 2.
    O vento abriuos seus brazos cara ós peixes pequechiños. Peixes e ondas fixeron unha roda de aloumiños. García Teijeiro Teño un barco de xoguete e nel me quero embarcar. Polos mares dos meus soños ¡quen me dera navegar! García Teijeiro
  • 3.
    DEIXÁDEME LIBRE, QUE QUEROIR Ó MAR; CAMIÑO DE IDA, NON VOU REGRESAR. AS ONDAS ME LEVEN ONDE HAXA UN CANTAR. DO BARCO DOS SOÑOS, SEREI CAPITÁN. Ana Mª Fernández O peixiño nada nada polo río ou polo mar. Carapuchiña de escamas e unha coliña a remar Ana Mª Fernández
  • 4.
    Eu quero sermariñeiro, cos peixes xogar e cantar, vivir buscando sereas agochadas nos corais. Julia González Eu quero ser mariñeiro, no meu barco navegar, ir deixando no camiño ronseles de escuma que cortan o mar. Julia González
  • 5.
    Eu quero sermariñeiro, á lúa segredos contar, pintar de azul os meus soños, de azul e verde como o mar. Julia González Eu quero ser mariñeiro, lixeiro nas ondas brincar, chegar ata o horizonte co meu perfume de sal. Julia González
  • 6.
    De noite, apraia fica baleira só quedan pegadas na area mollada e a lúa que soña co arrolo das ondas. X. Neira e A. Ferrer Paseos, carreiras, castelos na area e xogos na auga. Na area mollada quedan as pisadas e a brisa na cara. X. Neira e A. Ferrer
  • 7.
    Ti nunca víche-lomar cos seus berros bruadores, coas súas barcas de prata, cos barcos e os pescadores. Manuel María -¿Ti nunca víche-lo mar a tecer e a destecer ondas azuis que van á praia mansa morrer? Manuel María -¿Ti nunca viche-lo mar? ¿E sabes que non repousa? -¡Se nunca víche-lo mar non viches ningunha cousa! Manuel María
  • 8.
    Mar de illasde coral praias, portos e gaivotas. Ronseis de escuma moi branca que se perden nas súas ondas. X. Neira e A. Ferrer Mar de dornas e veleiros, mar de barcazas e de soños sucando a rosa dos ventos, pintando viaxes nos ollos. X. Neira e A. Ferrer Mar de peixes de colores, golfiños e tiburóns, a agochar aló no fondo tesouros e galeóns. X. Neira e A. Ferrer