1. RIO MIÑO
O río Miño é o río galego máis impotante que pasa polas provincias de
Lugo, Ourense e Pontevedra. Este río nace no Pedregal de Irimia
(provincia de Lugo) a 695 metros de altitude, e desemboca na Garda
(provincia de Pontevedra ).Ten unha lonxitude de 350 km, e o seu caudal
medio é de 340 m3/s . É navegable nos seus últimos 33 km ata Tui debido
ao seu alto caudal .
Os seus principais afluentes son o Sil, o Neira, o Avia, o Barbantiña, o
Bubal e o Arnoia, sendo o Sil o máis importante. Incluso hai un refrán que
di “O Miño leva a fama e o Sil dálle a súa auga “.
2. RIO SIL en Quiroga
No suroeste da provincia de Ourense, o Miño fai a fronteira de Portugal e
de España. Dende aí ata a súa desembocadura, este río serve como
frontera física entre España e Portugal. Por exemplo, se estas na vila de
Tui, só tes que cruzar a ponte por encima do Miño para chegar a Valença
(provincia de Portugal) .
As antigas lendas contaban que na conca do río Miño habitaban feiticeiras
e homes-peixe cando chegaron os romanos pensaron que era un río
embruxado, crían que tras el, agochado entre a néboa atopábase o final
da terra (Fisterra ).
O río Miño é un accidente xeográfico importante, e atrae unha gran
riqueza natural a nosa terra.
FIN
UXIA SANCHEZ PEDRERO