SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
deaula
OllOs ANO III - Nº 22 - Xuño 2015
Revista para as familias do alumnado
Chegaron as
vacacións!
Coeducación,
moito por
facer
Repasar no
verán?
Da lingua
Equipo de futuro
8
Detrás de Ollos de aula, en cada liña, en cada sección, hai moita
xente ilusionada a dar o mellor do seu talento.
Desde o primeiro número quixemos que esta revista fose un lu-
gar de encontro. Un espazo aberto para a divulgación de valores
e ideas que dan sentido á educación: democracia, igualdade e
civismo, tratados sempre desde unha actitude integradora, mais
tamén con espírito crítico.
Detrás desta revista hai toneladas de esforzo. Non só do Conse-
llo de Redacción, senón, sobre todo, desas persoas do ámbito
educativo que foron colaborando con nós de modo desinteresa-
do, compartindo de forma xenerosa os seus coñecementos sobre
mil e un temas que non somos quen de resumir neste espazo
mínimo.
Todas esas persoas, a quen tanto lles debemos, son tamén parte
desta Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamiza-
ción Lingüística. Forman, pois, o núcleo dunha comunidade de
afectos que procura un obxectivo común: conseguir que a nosa
lingua sexa un idioma vivo, que usamos acotío para educar e
educarnos, sen escusas nin comple-
xos. Porque preferimos dar
trigo a predicar en falso,
convencendo con argu-
mentos.
E grazas tamén a
vós: a todas esas
familias que pro-
curades nestas
páxinas un guieiro
de esperanza para
o porvir da nosa
lingua.
Porque vós si que sodes
equipo de futuro.
7
CADENCIASGracia Santorum
Para o lectorado máis novo:
Para o lectorado máis avanzado:
Para a adolescencia:
Amizades secretas [Ed. Rodeira-Edebé]. Con este
libro podemos comprender mellor como a vida dos
animais, neste caso unha familia de ratos, seméllase
á vida dos humanos, de como unha ratiña espelida
quere adentrarse en novos mundos e explorar para
satisfacer a súa curiosidade... A perspectiva «ratonil»
está presente en todo o texto. Pero o autor tamén nos
amosa outra perspectiva ben diferente: a dos huma-
nos.
O segredo da Illa Negra [Ed. Xerais] Dúas
historias onde as protagonistas son dúas ne-
nas afoutas, que fan da valentía a súa gran
virtude e que axudarán a salvar a quen teñen
arredor. De fondo, o mar e o maxín, bugui-
nas amigas e unha néboa mesta que todo o
envolve.
A escrita do mestre adobiada polas ilustra-
cións do máis grande, Miguelanxo Prado.
Que máis se pode pedir?
A neve interminable [Ed. Xerais]. O mellor desta
obra é a variedade de historias que nos propón a tra-
ma principal, ese xogo de escritos e argumentos para
escollermos cal nos gusta máis, unha historia de histo-
rias de diferentes voces narrativas que intercalan o que
acontece cos contos que escriben os e as protagonis-
tas, esa mestura de pantasmas que foxen da soidade,
vampiros moi familiares, monstros que ninguén ve e
vinganzas eternas. Ao tempo, unha homenaxe perma-
nente e típica do autor, ao mundo do cine e a autores
de referencia como Howard Phillips Lovecraft, Mary
Shelley e Lord Byron.
UNHA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
NO ÚLTIMO NÚMERO (OU DERRADEIRO)
2
Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetación:tallerDD.com
Do 3 ao
11 de xullo
achégate
coa familia
a Cangas
e gozade da XXXII
Mostra Internacional de
Teatro Cómico e Festivo.
Infórmate en www.
mostrateatrocangas.org
Música, xénero,
reflexións,
publicidade… e,
sobre todo, literatura,
moita, moita
literatura no blog da
nosa colaboradora
Gracia Santorum. De
visita imprescindible:
http://ir.gl/adf287
Anima ao teu fillo/a e
xuntos/as buscade e
colaborade con ditos,
recitados e cancións
infantís en www.
orellapendella.org Estades preparando
a chegada dun
novo membro á
familia ou tedes na
casa un neno/a de
menos de 6 anos?
Entón deberiades
visitar
www.apego.gal
Grazas a todos e todas
por colaborar, ler e
difundir Ollos de aula ao
longo destes tres anos.
Boas vacacións!
A Xunta modifica o
sistema de axudas
para a adquisición
de libros de texto.
Así funciona o novo
modelo: http://ir.gl/
df68a3
3
A pregunta
?
Responde: Carme Moure Espiño
[Profesora de Lingua e Literatura Galega do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa)]
Por que se precisan proxectos
de sensibilización coeducativa?
Cantas veces, no cine, na tele, na música… temos escoitado iso de “Quérote
máis que á miña vida” ou “Sen ti non son nada”? É algo que pertence ao pa-
sado? Pois non, a realidade tende a desmentilo habitualmente.
Moitos e, sobre todo, moitas mozas seguen a ter no seu ideario romántico
esa mestura de AMOR e DOR. Esta combinación implica renuncia, perda e
sufrimento. Son elas as que, normalmente, soportan a carga negativa da rela-
ción, sobrevalorándose así o sacrificio feminino, pensando que a capacidade
de amar pode con todo, transformando, coma no conto, o lobo en cordeiro.
De aí que se confundan os celos co afecto, que se busquen razóns para o
comportamento violento, crendo que este se pode controlar, que prevaleza a
subxectividade á hora de considerar ou non unha actitude como violenta…
Por iso, resultan imprescindibles proxectos educativos que ensinen a xente
nova a manter relacións sentimentais me-
nos tóxicas e máis igualitarias:
- Visibilizando o que significa a
violencia de “dominio emocio-
nal”.
- Axudando a percibir os mi-
lleiros de estereotipos sociais,
tanto femininos como mascu-
linos, que se amorean a diario
nas nosas retinas.
- Educando emocionalmente para
saber pór límites, traballando o em-
poderamento das mozas.
En definitiva, cómpre axudalas a construír
espazos persoais, a ter un “cuarto propio” que
fomente a súa autoestima e lles permita escoller o
camiño, lonxe de princesas Disney ou bonecas Barbie.
Como ben di Sés no seu último disco, Tronzar os valos,
“o amor, cando é verdade / non pode amargar a vida /
non ten que pagar a pena / ten que pagar a alegría”.
6
Lines Salgado
Palabras do ensino
{OS ESTÁNDARES DA LOMCE}
Outra das novidades da LOMCE son os estándares de
aprendizaxe, uns novos elementos que se deben de ter en
conta á hora de avaliar o noso alumnado. Que son exac-
tamente? Pois, polo que puidemos ir lendo ata agora, os
estándares son valores medibles e observables cos que se
pretende concretar os criterios de avaliación. Dito doutra
maneira: trátase de especificar o máximo posible o que
os rapaces teñen que aprender e cuantificalo con táboas
de puntuación moi detalladas. Esas táboas, nas que imos
establecendo os graos de coñece-
mento e a súa puntuación, chá-
manse rúbricas e constan
de filas e columnas.
Por exemplo, para
avaliar un rapaz
de 2º curso na
área de Ciencias
Sociais e no tema
das festas do seu
contorno, creamos
unha táboa cunha fila
na que establecemos un
estándar: “Explica oralmente festas e cos-
tumes propios do seu lugar”, e asignámoslle un valor, por
exemplo, do 20% da cualificación total. E dentro deste
estándar establecemos diferentes graos de coñecemento
(por columnas): por exemplo, se cumpre o estándar previo,
estaría na columna 2; se ademais coñece festas doutras
comunidades e sabe explicalas, entraría na columna 3; se
pode comparar festas presentes e pasadas e asocialas con
acontecementos históricos, pasaría á columna 4, etc.
Non sei se é o cansazo dun curso que xa chega ao remate,
ou este sol quentacabezas, pero tanta táboa lémbrame
máis a bonoloto ca unha avaliación educativa. Que Deus
nos colla confesados. Bo verán!!
Repasar no verán?
escritas, grabadas, debuxadas, a elaboración dun libro propio...
- Os nenos e as nenas deben asumir responsabilidades directas na vida
familiar. Por exemplo, unha primeira actividade pode ser elaborar un
plan de que facer cada día, que se poderá realizar por escrito, por
imaxes, etc.
- Colaborar nas tarefas diarias da casa.
- A realización da lista da compra implicará
lectura, escritura e mesmo matemáticas, que
poden complementarse con facer un segui-
mento das necesidades de compra, buscar na publicidade onde hai
eses produtos a prezos máis axustados, elaborar a listaxe, facer un
presuposto, colaborar na propia conta, etc.
- Encargarse de organizar, clasificar e etiquetar caixóns da roupa, a li-
brería, os CD e DVD, etc.
- Se se vai facer unha viaxe, a implicación para a selección do lugar, o
medio de transporte, o presuposto económico, mirar mapas, identifi-
car lugares de interese.
- Se non hai viaxe, encargarlles a busca de actividades para o
ocio e o tempo libre no seu contorno próximo, tanto para el
ou ela como para familia. Fixarse nos taboleiros, na publicida-
de, nas axendas de xornais e de internet.
- A realización de coleccións, álbums de fotos, de recortes...
das temáticas máis varia-
das. A recollida de obxec-
tos, a pesquisa en libros,
facer fotos, baleirar
catálogos de viaxes, de
revistas temáticas, procurar
información en internet, etc.
- Unha lupa, un metro, unha
cámara de fotos, algún apare-
llo para a investigación, etc.
Coa chegada das
vacacións de verán,
chega unha época
de toma de decisións
das familias. A estas
alturas de curso,
as crianzas máis
pequenas están
cansas e xa custa
seguir o ritmo. Que
deben facer os nenos
e as nenas durante
o verán? Asistencia
a campamentos?
Deixámonos sucumbir
ante a impresionante
oferta das editoriais
de cadernos e demais
complementos?...
4
O tema
Mª Montserrat Castro Rodríguez
[Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña]
Parece evidente que os nenos e as nenas teñen
que descansar porque están cansos/as. Descan-
sar non quere dicir non facer nada, senón que
poidan realizar actividades que, como aos adul-
tos, lles axuden a desconectar do saturado curso
académico... Polo tanto, a oferta de iniciativas
debe ter en consideración que se poden buscar
alternativas coas que seguir aprendendo e gozan-
do á vez, premisa que non sempre se consegue
no colexio. Debemos concienciarnos de que as
aprendizaxes da escola deben estar e servir para a
vida ordinaria. Polo tanto, o verán pode ser unha
boa oportunidade para darlle cabida a todo iso
que aprenden na escola, adaptalo aos gustos e
intereses do rapaz e da rapaza. Conxuntamen-
te identifiquemos que lles gusta e, a partir de
aí, organicemos as actividades que se queren
desenvolver. Para o repaso ou o perfeccionamen-
to dos contidos académicos, non é preciso nin-
gún caderno ad hoc. Algúns exemplos...
- A lectura debe ser unha compañeira, gratifican-
te e non imposta. Crear o hábito lector non
é doado, pero é imprescindible buscalo.
No verán deben ler todo aquilo que os/
as deleite”, que satisfa-
ga os seus intereses e
gustos... Tempo para
as exploracións de
ámbitos de lectura...
Unha opción para o
tempo libre. Os con-
tos, a banda deseñada,
libros de colorido sen
excesiva lectura, no caso dos
non grandes lectores. E, por
que non?, se cadra, fomentar
a invención de historias, que poderán ser
Para repasar non é
preciso ningún caderno

More Related Content

What's hot

Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
satelite1
 

What's hot (19)

Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 

Viewers also liked (6)

Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Maternidade Xela Arias
Maternidade Xela AriasMaternidade Xela Arias
Maternidade Xela Arias
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Antigo Réxime. Víctor e Nati
Antigo Réxime. Víctor e NatiAntigo Réxime. Víctor e Nati
Antigo Réxime. Víctor e Nati
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 

Similar to Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)

Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
satelite1
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
satelite1
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amor
satelite1
 

Similar to Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015) (19)

Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Guia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudoGuia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudo
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Actividades
ActividadesActividades
Actividades
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
O voceiro do piñeiro manso
O voceiro do piñeiro mansoO voceiro do piñeiro manso
O voceiro do piñeiro manso
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amor
 

More from Coordinadora Galega ENDL

More from Coordinadora Galega ENDL (7)

Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)

  • 1. deaula OllOs ANO III - Nº 22 - Xuño 2015 Revista para as familias do alumnado Chegaron as vacacións! Coeducación, moito por facer Repasar no verán? Da lingua Equipo de futuro 8 Detrás de Ollos de aula, en cada liña, en cada sección, hai moita xente ilusionada a dar o mellor do seu talento. Desde o primeiro número quixemos que esta revista fose un lu- gar de encontro. Un espazo aberto para a divulgación de valores e ideas que dan sentido á educación: democracia, igualdade e civismo, tratados sempre desde unha actitude integradora, mais tamén con espírito crítico. Detrás desta revista hai toneladas de esforzo. Non só do Conse- llo de Redacción, senón, sobre todo, desas persoas do ámbito educativo que foron colaborando con nós de modo desinteresa- do, compartindo de forma xenerosa os seus coñecementos sobre mil e un temas que non somos quen de resumir neste espazo mínimo. Todas esas persoas, a quen tanto lles debemos, son tamén parte desta Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamiza- ción Lingüística. Forman, pois, o núcleo dunha comunidade de afectos que procura un obxectivo común: conseguir que a nosa lingua sexa un idioma vivo, que usamos acotío para educar e educarnos, sen escusas nin comple- xos. Porque preferimos dar trigo a predicar en falso, convencendo con argu- mentos. E grazas tamén a vós: a todas esas familias que pro- curades nestas páxinas un guieiro de esperanza para o porvir da nosa lingua. Porque vós si que sodes equipo de futuro.
  • 2. 7 CADENCIASGracia Santorum Para o lectorado máis novo: Para o lectorado máis avanzado: Para a adolescencia: Amizades secretas [Ed. Rodeira-Edebé]. Con este libro podemos comprender mellor como a vida dos animais, neste caso unha familia de ratos, seméllase á vida dos humanos, de como unha ratiña espelida quere adentrarse en novos mundos e explorar para satisfacer a súa curiosidade... A perspectiva «ratonil» está presente en todo o texto. Pero o autor tamén nos amosa outra perspectiva ben diferente: a dos huma- nos. O segredo da Illa Negra [Ed. Xerais] Dúas historias onde as protagonistas son dúas ne- nas afoutas, que fan da valentía a súa gran virtude e que axudarán a salvar a quen teñen arredor. De fondo, o mar e o maxín, bugui- nas amigas e unha néboa mesta que todo o envolve. A escrita do mestre adobiada polas ilustra- cións do máis grande, Miguelanxo Prado. Que máis se pode pedir? A neve interminable [Ed. Xerais]. O mellor desta obra é a variedade de historias que nos propón a tra- ma principal, ese xogo de escritos e argumentos para escollermos cal nos gusta máis, unha historia de histo- rias de diferentes voces narrativas que intercalan o que acontece cos contos que escriben os e as protagonis- tas, esa mestura de pantasmas que foxen da soidade, vampiros moi familiares, monstros que ninguén ve e vinganzas eternas. Ao tempo, unha homenaxe perma- nente e típica do autor, ao mundo do cine e a autores de referencia como Howard Phillips Lovecraft, Mary Shelley e Lord Byron. UNHA HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ NO ÚLTIMO NÚMERO (OU DERRADEIRO) 2 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com Do 3 ao 11 de xullo achégate coa familia a Cangas e gozade da XXXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo. Infórmate en www. mostrateatrocangas.org Música, xénero, reflexións, publicidade… e, sobre todo, literatura, moita, moita literatura no blog da nosa colaboradora Gracia Santorum. De visita imprescindible: http://ir.gl/adf287 Anima ao teu fillo/a e xuntos/as buscade e colaborade con ditos, recitados e cancións infantís en www. orellapendella.org Estades preparando a chegada dun novo membro á familia ou tedes na casa un neno/a de menos de 6 anos? Entón deberiades visitar www.apego.gal Grazas a todos e todas por colaborar, ler e difundir Ollos de aula ao longo destes tres anos. Boas vacacións! A Xunta modifica o sistema de axudas para a adquisición de libros de texto. Así funciona o novo modelo: http://ir.gl/ df68a3
  • 3. 3 A pregunta ? Responde: Carme Moure Espiño [Profesora de Lingua e Literatura Galega do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa)] Por que se precisan proxectos de sensibilización coeducativa? Cantas veces, no cine, na tele, na música… temos escoitado iso de “Quérote máis que á miña vida” ou “Sen ti non son nada”? É algo que pertence ao pa- sado? Pois non, a realidade tende a desmentilo habitualmente. Moitos e, sobre todo, moitas mozas seguen a ter no seu ideario romántico esa mestura de AMOR e DOR. Esta combinación implica renuncia, perda e sufrimento. Son elas as que, normalmente, soportan a carga negativa da rela- ción, sobrevalorándose así o sacrificio feminino, pensando que a capacidade de amar pode con todo, transformando, coma no conto, o lobo en cordeiro. De aí que se confundan os celos co afecto, que se busquen razóns para o comportamento violento, crendo que este se pode controlar, que prevaleza a subxectividade á hora de considerar ou non unha actitude como violenta… Por iso, resultan imprescindibles proxectos educativos que ensinen a xente nova a manter relacións sentimentais me- nos tóxicas e máis igualitarias: - Visibilizando o que significa a violencia de “dominio emocio- nal”. - Axudando a percibir os mi- lleiros de estereotipos sociais, tanto femininos como mascu- linos, que se amorean a diario nas nosas retinas. - Educando emocionalmente para saber pór límites, traballando o em- poderamento das mozas. En definitiva, cómpre axudalas a construír espazos persoais, a ter un “cuarto propio” que fomente a súa autoestima e lles permita escoller o camiño, lonxe de princesas Disney ou bonecas Barbie. Como ben di Sés no seu último disco, Tronzar os valos, “o amor, cando é verdade / non pode amargar a vida / non ten que pagar a pena / ten que pagar a alegría”. 6 Lines Salgado Palabras do ensino {OS ESTÁNDARES DA LOMCE} Outra das novidades da LOMCE son os estándares de aprendizaxe, uns novos elementos que se deben de ter en conta á hora de avaliar o noso alumnado. Que son exac- tamente? Pois, polo que puidemos ir lendo ata agora, os estándares son valores medibles e observables cos que se pretende concretar os criterios de avaliación. Dito doutra maneira: trátase de especificar o máximo posible o que os rapaces teñen que aprender e cuantificalo con táboas de puntuación moi detalladas. Esas táboas, nas que imos establecendo os graos de coñece- mento e a súa puntuación, chá- manse rúbricas e constan de filas e columnas. Por exemplo, para avaliar un rapaz de 2º curso na área de Ciencias Sociais e no tema das festas do seu contorno, creamos unha táboa cunha fila na que establecemos un estándar: “Explica oralmente festas e cos- tumes propios do seu lugar”, e asignámoslle un valor, por exemplo, do 20% da cualificación total. E dentro deste estándar establecemos diferentes graos de coñecemento (por columnas): por exemplo, se cumpre o estándar previo, estaría na columna 2; se ademais coñece festas doutras comunidades e sabe explicalas, entraría na columna 3; se pode comparar festas presentes e pasadas e asocialas con acontecementos históricos, pasaría á columna 4, etc. Non sei se é o cansazo dun curso que xa chega ao remate, ou este sol quentacabezas, pero tanta táboa lémbrame máis a bonoloto ca unha avaliación educativa. Que Deus nos colla confesados. Bo verán!!
  • 4. Repasar no verán? escritas, grabadas, debuxadas, a elaboración dun libro propio... - Os nenos e as nenas deben asumir responsabilidades directas na vida familiar. Por exemplo, unha primeira actividade pode ser elaborar un plan de que facer cada día, que se poderá realizar por escrito, por imaxes, etc. - Colaborar nas tarefas diarias da casa. - A realización da lista da compra implicará lectura, escritura e mesmo matemáticas, que poden complementarse con facer un segui- mento das necesidades de compra, buscar na publicidade onde hai eses produtos a prezos máis axustados, elaborar a listaxe, facer un presuposto, colaborar na propia conta, etc. - Encargarse de organizar, clasificar e etiquetar caixóns da roupa, a li- brería, os CD e DVD, etc. - Se se vai facer unha viaxe, a implicación para a selección do lugar, o medio de transporte, o presuposto económico, mirar mapas, identifi- car lugares de interese. - Se non hai viaxe, encargarlles a busca de actividades para o ocio e o tempo libre no seu contorno próximo, tanto para el ou ela como para familia. Fixarse nos taboleiros, na publicida- de, nas axendas de xornais e de internet. - A realización de coleccións, álbums de fotos, de recortes... das temáticas máis varia- das. A recollida de obxec- tos, a pesquisa en libros, facer fotos, baleirar catálogos de viaxes, de revistas temáticas, procurar información en internet, etc. - Unha lupa, un metro, unha cámara de fotos, algún apare- llo para a investigación, etc. Coa chegada das vacacións de verán, chega unha época de toma de decisións das familias. A estas alturas de curso, as crianzas máis pequenas están cansas e xa custa seguir o ritmo. Que deben facer os nenos e as nenas durante o verán? Asistencia a campamentos? Deixámonos sucumbir ante a impresionante oferta das editoriais de cadernos e demais complementos?... 4 O tema Mª Montserrat Castro Rodríguez [Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña] Parece evidente que os nenos e as nenas teñen que descansar porque están cansos/as. Descan- sar non quere dicir non facer nada, senón que poidan realizar actividades que, como aos adul- tos, lles axuden a desconectar do saturado curso académico... Polo tanto, a oferta de iniciativas debe ter en consideración que se poden buscar alternativas coas que seguir aprendendo e gozan- do á vez, premisa que non sempre se consegue no colexio. Debemos concienciarnos de que as aprendizaxes da escola deben estar e servir para a vida ordinaria. Polo tanto, o verán pode ser unha boa oportunidade para darlle cabida a todo iso que aprenden na escola, adaptalo aos gustos e intereses do rapaz e da rapaza. Conxuntamen- te identifiquemos que lles gusta e, a partir de aí, organicemos as actividades que se queren desenvolver. Para o repaso ou o perfeccionamen- to dos contidos académicos, non é preciso nin- gún caderno ad hoc. Algúns exemplos... - A lectura debe ser unha compañeira, gratifican- te e non imposta. Crear o hábito lector non é doado, pero é imprescindible buscalo. No verán deben ler todo aquilo que os/ as deleite”, que satisfa- ga os seus intereses e gustos... Tempo para as exploracións de ámbitos de lectura... Unha opción para o tempo libre. Os con- tos, a banda deseñada, libros de colorido sen excesiva lectura, no caso dos non grandes lectores. E, por que non?, se cadra, fomentar a invención de historias, que poderán ser Para repasar non é preciso ningún caderno