SlideShare a Scribd company logo
1 of 15
Download to read offline
www.ccooxustiza.com 
1 Edición 1035 www.ccooxustiza.com 14 de outubro de 2014 
Decreto de servizos comúns procesuais, e isto como se come? 
Que é? 
É o anticipo da Nova Oficina Xudicial, esa entelequia da que levamos falando dende tempos inmemoriais. Segundo o preámbulo do propio decreto os Servizos Comúns Procesuais son aquelas unidades da oficina xudicial que, sen estar integrada nun órgano xudicial concreto asume labores centralizadas de xestión e apoio en actuacións derivadas da aplicación das leis procesuais. Estes servizos comúns procesuais prestarán o seu apoio a todos ou algún dos órganos xudiciais do seu ámbito
www.ccooxustiza.com 
2 
territorial, con independencia da orde xurisdicional á que pertenza e da extensión da súa xurisdición. 
En qué se traduce iso? 
De levarse a cabo suporía o cambio nas nosas condicións laborais máis radical dende o traslado das competencias de Xustiza á Xunta de Galicia. 
A intención e crear un centro de destino xenérico onde estarían englobados a inmensa maioría dos funcionarios do corpo de auxilio xudicial máis un número importante de tramitadores e xestores. 
Cómo se reorganizará ao persoal? 
O motivo principal para que CCOO non avale este decreto e que non fai mención algunha nin ofrece garantías ao mantemento das nosas condicións laborais, retributivas nin establece baixo qué parámetros vanse articular as mobilidades entre centros de destino. 
Unicamente a diposición transitoria terceira fala do mantemento de retribucións, pero, e así se di literalmente, unicamente das fixas, polo que funcionarios con gardas ou complementos por estar nun servizo común non teñen garantido a continuación do seu cobro.
www.ccooxustiza.com 
3 
Qué funcións terá este servizo? 
Ademais deste maremagnum de funcións hai que engadir o caixón de sastre final a que é dada a nosa administración: “outras funcións análogas”, onde cabe o totum revolutum para meternos funcións paralegais non recollidas na Lei Orgánica do Poder Xudicial 
Qué sabemos da RPT ou da dotación económica? 
Absolutamente nada. Sen unha relación de postos de traballo, onde se diga cómo van estar dotados, con cánto persoal e sen mención algunha a súa ubicación física. 
Rexistro Xeral de Entrada 
Actos de comunicación e execución 
Repartición 
Funcións auxiliares 
Información e asistencia ás vítimas 
Depósito de efectos 
Arquivo Territorial 
Apoio Local 
Arquivo de xestión 
Apoio a labores gobernativas 
Auxilio xudicial nacional e internacional
www.ccooxustiza.com 
4 
E por iso que CCOO non avala este decreto, do que non sabemos máis que comezará a aplicarse cunha experiencia piloto en Pontevedra, que semella ser a cidade campo de experimentación da Dirección Xeral de Xustiza, pero é un laboratorio sen prazos, carga económica e orzamentaria e sen un proxecto definido de mobilidade funcional do persoal 
Qué eivas vemos no Decreto? 
Ao igual que sucedeu coa Nova oficina fiscal, o Decreto amosa postos específicos que inclúen concursos da mesma natureza, que CCOO considera innecesario e que pode supor discriminación entre compañeiros. 
Fala de protocolos de actuación e manuais de postos, instrumentos que serven para consagra funcións que non nos corresponden, propias doutros corpos (como as apud- actas dos Secretarios) ou doutras administracións, como o traslado de pezas de convicción aos arquivos (persoal laboral) 
A maiores inclúe funcións absurdas como crear carteis ou documentos informativos necesarios ou valorar a satisfacción polo servizo, facendo dos funcionarios de xustiza comerciais da boa praxe da administración 
Así mesmo, na coletilla final de cada unha das funcións dos diferentes servizos aparece a expresión “calquera función análoga as anteriores”, que xa quedou dito que invalida toda a descrición de funcións, xa que pode incluír todo o que o superior xerárquico considere oportuno. 
Cómo afecta aos interinos este Decreto? 
Este decreto afecta de maneira moi especial aos interinos, supón un ataque frontal ao desempeño da súa labor, xa que no artigo 2.9, apartado a) Apoio Local di literalmente:
www.ccooxustiza.com 
5 
Adscribir os funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza para prestaren servizos..... en situacións de sobrecarga de traballo ou de suplir as ausencias temporais 
Isto representa que os chamamentos de interinos serían limitados a cubrir vacantes unicamente o que deixaría sen efecto as diferentes bolsas, unha eliminación de facto dos dereitos dos funcionarios interinos 
Senón me gusta, cámbiocho por outro.... 
No Decreto, a propia Consellería resérvase o dereito a desbotalo e poñelo a súa conveniencia. No artigo 7, a Consellería atribúese a potestade de ampliar de forma gradual e progresiva as funcións, segundo as necesidades de cada partido xudicial. Outra cláusula de salvagarda que converte o decreto en papel mollado 
ANEXO : ESTRUTURA TERRITORIAL PREVISTA 
Previsión dos Servizos comúns procesuais xerais a crear nos distintos partidos xudiciais e da súa estrutura, que se establece en tres niveis: 
NIVEL I. Servizo común xeral procesual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 
Existirá un servizo común xeral procesual común a todas as Salas, Sala de Goberno, Secretaría de Goberno e Unidade de Apoio da Presidencia. 
Asumirá as funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, información e atención ao cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos, apoio territorial e soporte administrativo da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial e Galicia.
www.ccooxustiza.com 
6 
NIVEL II. Servizo común xeral procesual nas cidades 
Existirá un servizo común procesual xeral nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. 
Cada un deles asumirá as funcións de rexistro xeral de entrada , reparto, información e atención ao cidadán e vítima, actos de comunicación e execución (excepto Vigo e Coruña que manterán diferenciado o Servizo Común de Notificacións e Embargos), funcións auxiliares, apoio local, arquivo e depósito de efectos. 
En A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, sede dos arquivos territoriais, as funcións correspondente a este tipo de arquivos. 
NIVEL III. Servizo común xeral procesual nas vilas con tres ou máis xulgados 
En cada unha das vilas de Betanzos, Carballo, Ribeira, Cambados, O Porriño, Vilagarcía, Ponteareas, Cangas de Morrazo e Tui existirá un servizo común xeral procesual que prestará servizo centralizado a todos os xulgados de primeira instancia e instrución. Este servizo asumirá as seguintes funcións: rexistro xeral de entrada, reparto, información xeral ao público, actos de comunicación e execución, funcións auxiliares, arquivo de xestión e depósito de efectos. 
Enlace ao borrador de Decreto
www.ccooxustiza.com 
7 
Eleccións a compromisarios da Mutualidade xeral xudicial, 22 outubro 2014. Carta dos nosos candidatos 
Considerado mutualista: 
Dirixímonos a ti, novamente, tras cinco anos de singradura como compromisarios de Galicia na Mutualidade Xeral Xudicial, á que pertencemos grazas ao voso apoio maioritario nas eleccións de 2009. Longo foi o camiño e curto o tempo en que intentamos dirixir os nosos esforzos para nun período especialmente duro -onde os recortes orzamentarios aplicados á sanidade minguaron as nosas prestacións dunha forma absolutamente inxustificada- tervos informados a través de todos os medios ao noso alcance. 
Nin debemos, nin pretendemos facer crer que se encontra nas nosas mans a posibilidade de paralizar o ataque radical ao dereito inalienable de toda persoa a "unha sanidade pública e universal para todos", pero si podemos asegurar que como fixemos neste lustro, como compromisarios loitaremos sen cuartel contra todo e todos os que pretendan contribuír a iso, empezando por insistir en que a MUGEJU non é un ente abstracto. Todos formamos parte del. Da Mutualidade dependen axudas e prestacións de carácter sanitario ou farmacéutico, e mesmo económico, para todos, dende a asistencia médica primaria aos tratamentos máis complexos. Se existe algo que nos fai a todos iguais é a "Saúde", con maiúscula, participar activamente e en primeira liña na súa defensa entendemos que é un deber que por principio e convicción queremos seguir asumindo.
www.ccooxustiza.com 
8 
Por iso solicitamos a vosa participación activa no proceso electoral, ben votando directamente no colexio electoral que para o efecto se constituirá no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o próximo día 22 de outubro ou ben a través do voso voto por correo. Cantos máis mutualistas de Galicia participemos no proceso maior forza se lles outorgará aos novos compromisarios para defender na Asemblea Xeral a razón ante aqueles membros sempiternos da Presidencia e Xerencia da Mutualidade que, obstinadamente, pretenden facer desaparecer este órgano de control e facerlles ver que a Mutualidade é a casa común de todos, por enriba de tratamentos ou títulos, e que o obxectivo único é non o mantemento da súa situación actual senón a recuperación e mellora de todas as prestacións e beneficios aos que lexitimamente temos dereito. 
Grazas de antemán pola vosa colaboración -e esperemos que polo voso voto-. Que non vos caiba dúbida de que parafraseando un gran cantautor, seguiremos, teimudamente erguidos, proclamando os dereitos, o tempo e o lugar que a todos nos pertence. 
Nicolau Santos Álvarez -Nico-, Compromisario Grupo I 
Juan Manuel Amado Rodríguez -Juanma- , Compromisario Grupo II 
Saúde Juanma e Nico. 
PROGRAMA DE CCOO E SOLICITUDE VOTO POR CORREO
www.ccooxustiza.com 
9 
CCOO advierte al nuevo ministro de Justicia que no aceptará de ningún modo el mantenimiento de la decisión de Gallardón y de Rajoy de entregar la gestión de los Registros Civiles a los registradores mercantiles. Para impedirlo, no bastan las palabras. A la denuncia presentada en solitario por CCOO ante la Fiscalía General del Estado contra el presidente del Gobierno y el dimitido Gallardón por haber vulnerado presuntamente la legalidad en la decisión de otorgar la gestión de los Registros Civiles a los registradores mercantiles. CCOO anuncia que va a impulsar además, entre otras actuaciones, una Iniciativa Legislativa Popular (ILP), que logre el mantenimiento de los Registros Civiles como servicio público y gratuito y en el ámbito de la Administración de Justicia. 
Madrid a 13 de octubre de 2014 
La ILP, recogida en el artículo 87.3 de nuestra Constitución y desarrollada en la LO 3/1984, consiste en que, mediante la recogida de más de 500.000 firmas, la ciudadanía exija al Gobierno la aprobación de una proposición de ley, en este caso, para impedir la privatización de los Registros Civiles. 
El rechazo a la privatización del Registro Civil de prácticamente todas las organizaciones profesionales del ámbito de la justicia, distintas organizaciones sociales y ciudadanas, cientos de ayuntamientos y varios parlamentos autonómicos (mediante la aprobación en sus plenos de mociones propuestas por CCOO), así como de todos los partidos políticos excepto el PP, y el muy significativo varapalo que el Consejo de Estado da en su dictamen al proyecto de Real Decreto por el que se aprueban los Estatutos de la Corporación Pública para el desarrollo del sistema registral electrónico, otorga optimismo para detener esta monstruosidad. Tras la denuncia ante la Fiscalía General del Estado presentada por CCOO en solitario, debemos dar un paso más, implicar a todas las organizaciones que rechazan la privatización del Registro Civil para lograr que llegue al Parlamento español esta Iniciativa Legislativa Popular (ILP), y así parar este desastre. Hay antecedentes como la ILP por la dación en pago, la paralización de los desahucios y el alquiler social, que logró una movilización social sin precedentes. 
CCOO ha trasladado al nuevo ministro de Justicia como cuestiones fundamentales, junto a la oposición frontal a la privatización de los Registros Civiles, las siguientes reclamaciones:
www.ccooxustiza.com 
10 Retirada del proyecto de reforma de la LOPJ. CCOO ha defendido y seguirá defendiendo el mantenimiento todos los partidos judiciales y órganos judiciales actuales y de todos los Juzgados de Paz y de las Agrupaciones, la garantía del mantenimiento de todos los puestos de trabajo y de las retribuciones actuales, la prohibición expresa de imponer la movilidad forzosa fuera del municipio, que los actos de comunicación y ejecución seguirán siendo competencia exclusiva del personal funcionario de la Administración de Justicia... Devolución de todos los derechos robados desde 2010, con establecimiento de la fecha efectiva para su restitución: el ministro de Justicia debe reclamar al ministro de Hacienda y AAPP y al presidente del Gobierno la recuperación del salario recortado en 2010, la devolución del 100% de la paga extra de diciembre de 2012 (no aceptamos ese ridículo 24 % de devolución que anuncia Montoro en la LPGE 2015), el abono del 100% del salario en caso de baja por IT, la reposición de todos los días de asuntos particulares y los días adicionales por antigüedad (tanto de asuntos particulares como de vacaciones), y todos los demás derechos hurtados. Convocatoria en la OEP 2015 de todas las plazas vacantes de la Administración de Justicia de todos los cuerpos, cifradas en más de 10.000. Derogación de la Ley de Tasas 
CCOO también le ha reclamado al nuevo ministro: 
Convocatoria urgente de la mesa sectorial de la Administración de Justicia para abordar la negociación de todas estas reclamaciones. Recuperación del poder adquisitivo perdido en estos años. Modificación sustancial del proyecto de ley de Jurisdicción Voluntaria (aprobado en consejo de ministros el 1 de agosto de 2014), suprimiendo la entrega a los notarios y registradores de procedimientos y tareas que deben seguir siendo competencia exclusiva de la Administración de Justicia. Rectificación del proyecto de ley de asistencia jurídica gratuita (aprobado en consejo de ministros del 21 de febrero de 2014), garantizando la gratuidad en el acceso a la Administración de Justicia a toda la población sin recursos, y a todos los empleados/as públicos cuando acuden en nombre propio a realizar una reclamación en defensa de sus derechos.
www.ccooxustiza.com 
11 Debe suprimirse también las costas en todos los procedimientos, con objeto de garantizar el acceso a la tutela judicial efectiva, también del personal de las Administraciones Públicas 
El nuevo ministro de Justicia interviene el próximo miércoles, 15 de octubre, en el Congreso de los Diputados para presentar sus propuestas para el año que resta de legislatura. CCOO ya le ha hecho llegar directamente estas demandas y reclamaciones, que son fundamentales para que comience a restaurarse la confianza entre los trabajadores y trabajadoras. Debe el Ministerio de Justicia ser capaz de dar un impulso para sacar de esta bochornosa situación a la Administración de Justicia, a la que se ha llegado en estos momentos por la tremenda incompetencia, egoísmo y falta de preocupación por los derechos de las personas de sus anteriores responsables, como el ex-ministro Gallardón. Pero ese impulso debe contar con las iniciativas necesarias como las que le hemos propuesto, cuya primera condición es que deben ser acordadas con el personal funcionario y laboral, nunca impuestas.
www.ccooxustiza.com 
12 
Opinión: Combustión espontánea 
Existe unha lenda urbana baseada nunha superstición medieval que fala de seres humanos que arden sen unha fonte externa de ignición. Ir pola rúa e ver como un home comeza a arder sen máis nin máis deixaríanos patidifusos, non si? As organizacións sindicais, máis alá de que sexan de clase ou corporativas, que estean máis ou menos desacreditadas, son unha ferramenta. Non son un fin en si mesmas, senón un medio, un medio de que os traballadores sexan representados para reivindicar unhas condicións de traballo dignas. Son polo tanto un conxunto de traballadores que nun momento determinado e durante un ciclo temporal deciden cometer a ousadía de ofrecerse voluntarios para darse cabezazos contra o monstro da administración. Non son heroes lexendarios, por suposto, pero tampouco marcianos redentores. 
Son tempos de derrota. O modelo neoliberal que está implantado no noso país non é unha novidade, o Chile de Pinochet, a Inglaterra de Margaret Thatcher, a Indonesia de Suharto ou os EEUU de Reagan viviron situacións idénticas as que estamos a vivir:
www.ccooxustiza.com 
13 
- Creación dunha crise ficticia pola presión dos mercados, que non son máis que bancos, grandes empresas e núcleos de poder en mans duns poucos que queren manter o seu status quo 
- Como consecuencia incremento dunha débeda pública insostible por un sistema baseado no endebedamento para financiar o gasto público. Os mercados encarecen os xuros e en consecuencia os investimentos freanse 
- Axuda financieira externa a cambio de medidas de axuste que pasan pola esnaquización dos servizos públicos, a privatización das partes máis valiosas do Estado e recortes de dereitos sociais que aumentan a desigualdade, os ricos son máis ricos, os pobres máis pobres. 
Aquí é onde nos xogamos un papel, en poñer coto e denuncia á privatización do estado en si mesmo. Pero, como din por aí, a policía non é parva, e todas estas medidas veñen acompasadas dun ataque mediático e dende o goberno ás organizacións sindicais, que son convertidas en corresponsables da crise. Tamén é certo que a corrupción de determinados elementos dentro dos sindicatos contribúen a este desprestixio... 
Temos ante nós un tempo de extrema dificultade. O goberno de España enviou a Europa un memorando onde se compromete a recortar 47.000 millóns de gasto
www.ccooxustiza.com 
14 
público no período 2014-2017 para axustar o déficit público. Cando escoitamos iso sabemos onde están por meter a tesoira: nos nosos xa furados e refurados petos. 
Qué facer? Pechamos o chiringuito y que sea lo que dios quiera? Matámonos entre as sete organizacións sindicais que actualmente aspiran a representar ao noso colectivo? Ardemos espontaneamente en praza pública para ledicia dos compañeiros máis acérrimos inimigos da loita colectiva e sindical? Ou arrimamos o ombreiro para ser un único corpo en defensa dos nosos dereitos? Vós diredes...
www.ccooxustiza.com 
15 
Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com 
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917 
Delegados/as: 
Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com 
Ferrol Mati matildeav1@gmail.com 
Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com 
Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es 
Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com 
Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com 
Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es

More Related Content

What's hot

Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5
comiteportos
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028
CCOOXustiza
 

What's hot (9)

Novas 1027
Novas 1027Novas 1027
Novas 1027
 
Gaceta its
Gaceta itsGaceta its
Gaceta its
 
Moción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña
Moción apoio servizo Correos polo Concello da CoruñaMoción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña
Moción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
 
Valedor do pobo
Valedor do poboValedor do pobo
Valedor do pobo
 
Buzón rebelde número 17 nadal definitivo
Buzón rebelde número 17 nadal definitivoBuzón rebelde número 17 nadal definitivo
Buzón rebelde número 17 nadal definitivo
 
Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5Nota informativa sentenza 5
Nota informativa sentenza 5
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028
 

Similar to Novas da xustiza nº1035.

Alegacións decreto nof
Alegacións decreto nofAlegacións decreto nof
Alegacións decreto nof
CCOOXustiza
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuño
oscargaliza
 
Boe a-2012-9112-glei5-2012
Boe a-2012-9112-glei5-2012Boe a-2012-9112-glei5-2012
Boe a-2012-9112-glei5-2012
AMEGAmediacion
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
CCOOXustiza
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Ansotegi GZ
 

Similar to Novas da xustiza nº1035. (20)

Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Novas 1029
Novas 1029Novas 1029
Novas 1029
 
Novas 1021
Novas 1021Novas 1021
Novas 1021
 
Alegacións decreto nof
Alegacións decreto nofAlegacións decreto nof
Alegacións decreto nof
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058
 
Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuño
 
Boe a-2012-9112-glei5-2012
Boe a-2012-9112-glei5-2012Boe a-2012-9112-glei5-2012
Boe a-2012-9112-glei5-2012
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galegoOpinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
 
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
 
Manifiesto
ManifiestoManifiesto
Manifiesto
 
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial NadalO Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
 

More from CCOOXustiza

More from CCOOXustiza (20)

Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civilNovas da xustiza nº 1050 rexistro civil
Novas da xustiza nº 1050 rexistro civil
 
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civilNovas da xustiza nº 1050 registro civil
Novas da xustiza nº 1050 registro civil
 
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
El Gobierno decide paralizar la privatización del Registro Civil.
 
Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049Novas da xustiza nº 1049
Novas da xustiza nº 1049
 

Novas da xustiza nº1035.

  • 1. www.ccooxustiza.com 1 Edición 1035 www.ccooxustiza.com 14 de outubro de 2014 Decreto de servizos comúns procesuais, e isto como se come? Que é? É o anticipo da Nova Oficina Xudicial, esa entelequia da que levamos falando dende tempos inmemoriais. Segundo o preámbulo do propio decreto os Servizos Comúns Procesuais son aquelas unidades da oficina xudicial que, sen estar integrada nun órgano xudicial concreto asume labores centralizadas de xestión e apoio en actuacións derivadas da aplicación das leis procesuais. Estes servizos comúns procesuais prestarán o seu apoio a todos ou algún dos órganos xudiciais do seu ámbito
  • 2. www.ccooxustiza.com 2 territorial, con independencia da orde xurisdicional á que pertenza e da extensión da súa xurisdición. En qué se traduce iso? De levarse a cabo suporía o cambio nas nosas condicións laborais máis radical dende o traslado das competencias de Xustiza á Xunta de Galicia. A intención e crear un centro de destino xenérico onde estarían englobados a inmensa maioría dos funcionarios do corpo de auxilio xudicial máis un número importante de tramitadores e xestores. Cómo se reorganizará ao persoal? O motivo principal para que CCOO non avale este decreto e que non fai mención algunha nin ofrece garantías ao mantemento das nosas condicións laborais, retributivas nin establece baixo qué parámetros vanse articular as mobilidades entre centros de destino. Unicamente a diposición transitoria terceira fala do mantemento de retribucións, pero, e así se di literalmente, unicamente das fixas, polo que funcionarios con gardas ou complementos por estar nun servizo común non teñen garantido a continuación do seu cobro.
  • 3. www.ccooxustiza.com 3 Qué funcións terá este servizo? Ademais deste maremagnum de funcións hai que engadir o caixón de sastre final a que é dada a nosa administración: “outras funcións análogas”, onde cabe o totum revolutum para meternos funcións paralegais non recollidas na Lei Orgánica do Poder Xudicial Qué sabemos da RPT ou da dotación económica? Absolutamente nada. Sen unha relación de postos de traballo, onde se diga cómo van estar dotados, con cánto persoal e sen mención algunha a súa ubicación física. Rexistro Xeral de Entrada Actos de comunicación e execución Repartición Funcións auxiliares Información e asistencia ás vítimas Depósito de efectos Arquivo Territorial Apoio Local Arquivo de xestión Apoio a labores gobernativas Auxilio xudicial nacional e internacional
  • 4. www.ccooxustiza.com 4 E por iso que CCOO non avala este decreto, do que non sabemos máis que comezará a aplicarse cunha experiencia piloto en Pontevedra, que semella ser a cidade campo de experimentación da Dirección Xeral de Xustiza, pero é un laboratorio sen prazos, carga económica e orzamentaria e sen un proxecto definido de mobilidade funcional do persoal Qué eivas vemos no Decreto? Ao igual que sucedeu coa Nova oficina fiscal, o Decreto amosa postos específicos que inclúen concursos da mesma natureza, que CCOO considera innecesario e que pode supor discriminación entre compañeiros. Fala de protocolos de actuación e manuais de postos, instrumentos que serven para consagra funcións que non nos corresponden, propias doutros corpos (como as apud- actas dos Secretarios) ou doutras administracións, como o traslado de pezas de convicción aos arquivos (persoal laboral) A maiores inclúe funcións absurdas como crear carteis ou documentos informativos necesarios ou valorar a satisfacción polo servizo, facendo dos funcionarios de xustiza comerciais da boa praxe da administración Así mesmo, na coletilla final de cada unha das funcións dos diferentes servizos aparece a expresión “calquera función análoga as anteriores”, que xa quedou dito que invalida toda a descrición de funcións, xa que pode incluír todo o que o superior xerárquico considere oportuno. Cómo afecta aos interinos este Decreto? Este decreto afecta de maneira moi especial aos interinos, supón un ataque frontal ao desempeño da súa labor, xa que no artigo 2.9, apartado a) Apoio Local di literalmente:
  • 5. www.ccooxustiza.com 5 Adscribir os funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza para prestaren servizos..... en situacións de sobrecarga de traballo ou de suplir as ausencias temporais Isto representa que os chamamentos de interinos serían limitados a cubrir vacantes unicamente o que deixaría sen efecto as diferentes bolsas, unha eliminación de facto dos dereitos dos funcionarios interinos Senón me gusta, cámbiocho por outro.... No Decreto, a propia Consellería resérvase o dereito a desbotalo e poñelo a súa conveniencia. No artigo 7, a Consellería atribúese a potestade de ampliar de forma gradual e progresiva as funcións, segundo as necesidades de cada partido xudicial. Outra cláusula de salvagarda que converte o decreto en papel mollado ANEXO : ESTRUTURA TERRITORIAL PREVISTA Previsión dos Servizos comúns procesuais xerais a crear nos distintos partidos xudiciais e da súa estrutura, que se establece en tres niveis: NIVEL I. Servizo común xeral procesual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Existirá un servizo común xeral procesual común a todas as Salas, Sala de Goberno, Secretaría de Goberno e Unidade de Apoio da Presidencia. Asumirá as funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, información e atención ao cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos, apoio territorial e soporte administrativo da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial e Galicia.
  • 6. www.ccooxustiza.com 6 NIVEL II. Servizo común xeral procesual nas cidades Existirá un servizo común procesual xeral nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Cada un deles asumirá as funcións de rexistro xeral de entrada , reparto, información e atención ao cidadán e vítima, actos de comunicación e execución (excepto Vigo e Coruña que manterán diferenciado o Servizo Común de Notificacións e Embargos), funcións auxiliares, apoio local, arquivo e depósito de efectos. En A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, sede dos arquivos territoriais, as funcións correspondente a este tipo de arquivos. NIVEL III. Servizo común xeral procesual nas vilas con tres ou máis xulgados En cada unha das vilas de Betanzos, Carballo, Ribeira, Cambados, O Porriño, Vilagarcía, Ponteareas, Cangas de Morrazo e Tui existirá un servizo común xeral procesual que prestará servizo centralizado a todos os xulgados de primeira instancia e instrución. Este servizo asumirá as seguintes funcións: rexistro xeral de entrada, reparto, información xeral ao público, actos de comunicación e execución, funcións auxiliares, arquivo de xestión e depósito de efectos. Enlace ao borrador de Decreto
  • 7. www.ccooxustiza.com 7 Eleccións a compromisarios da Mutualidade xeral xudicial, 22 outubro 2014. Carta dos nosos candidatos Considerado mutualista: Dirixímonos a ti, novamente, tras cinco anos de singradura como compromisarios de Galicia na Mutualidade Xeral Xudicial, á que pertencemos grazas ao voso apoio maioritario nas eleccións de 2009. Longo foi o camiño e curto o tempo en que intentamos dirixir os nosos esforzos para nun período especialmente duro -onde os recortes orzamentarios aplicados á sanidade minguaron as nosas prestacións dunha forma absolutamente inxustificada- tervos informados a través de todos os medios ao noso alcance. Nin debemos, nin pretendemos facer crer que se encontra nas nosas mans a posibilidade de paralizar o ataque radical ao dereito inalienable de toda persoa a "unha sanidade pública e universal para todos", pero si podemos asegurar que como fixemos neste lustro, como compromisarios loitaremos sen cuartel contra todo e todos os que pretendan contribuír a iso, empezando por insistir en que a MUGEJU non é un ente abstracto. Todos formamos parte del. Da Mutualidade dependen axudas e prestacións de carácter sanitario ou farmacéutico, e mesmo económico, para todos, dende a asistencia médica primaria aos tratamentos máis complexos. Se existe algo que nos fai a todos iguais é a "Saúde", con maiúscula, participar activamente e en primeira liña na súa defensa entendemos que é un deber que por principio e convicción queremos seguir asumindo.
  • 8. www.ccooxustiza.com 8 Por iso solicitamos a vosa participación activa no proceso electoral, ben votando directamente no colexio electoral que para o efecto se constituirá no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o próximo día 22 de outubro ou ben a través do voso voto por correo. Cantos máis mutualistas de Galicia participemos no proceso maior forza se lles outorgará aos novos compromisarios para defender na Asemblea Xeral a razón ante aqueles membros sempiternos da Presidencia e Xerencia da Mutualidade que, obstinadamente, pretenden facer desaparecer este órgano de control e facerlles ver que a Mutualidade é a casa común de todos, por enriba de tratamentos ou títulos, e que o obxectivo único é non o mantemento da súa situación actual senón a recuperación e mellora de todas as prestacións e beneficios aos que lexitimamente temos dereito. Grazas de antemán pola vosa colaboración -e esperemos que polo voso voto-. Que non vos caiba dúbida de que parafraseando un gran cantautor, seguiremos, teimudamente erguidos, proclamando os dereitos, o tempo e o lugar que a todos nos pertence. Nicolau Santos Álvarez -Nico-, Compromisario Grupo I Juan Manuel Amado Rodríguez -Juanma- , Compromisario Grupo II Saúde Juanma e Nico. PROGRAMA DE CCOO E SOLICITUDE VOTO POR CORREO
  • 9. www.ccooxustiza.com 9 CCOO advierte al nuevo ministro de Justicia que no aceptará de ningún modo el mantenimiento de la decisión de Gallardón y de Rajoy de entregar la gestión de los Registros Civiles a los registradores mercantiles. Para impedirlo, no bastan las palabras. A la denuncia presentada en solitario por CCOO ante la Fiscalía General del Estado contra el presidente del Gobierno y el dimitido Gallardón por haber vulnerado presuntamente la legalidad en la decisión de otorgar la gestión de los Registros Civiles a los registradores mercantiles. CCOO anuncia que va a impulsar además, entre otras actuaciones, una Iniciativa Legislativa Popular (ILP), que logre el mantenimiento de los Registros Civiles como servicio público y gratuito y en el ámbito de la Administración de Justicia. Madrid a 13 de octubre de 2014 La ILP, recogida en el artículo 87.3 de nuestra Constitución y desarrollada en la LO 3/1984, consiste en que, mediante la recogida de más de 500.000 firmas, la ciudadanía exija al Gobierno la aprobación de una proposición de ley, en este caso, para impedir la privatización de los Registros Civiles. El rechazo a la privatización del Registro Civil de prácticamente todas las organizaciones profesionales del ámbito de la justicia, distintas organizaciones sociales y ciudadanas, cientos de ayuntamientos y varios parlamentos autonómicos (mediante la aprobación en sus plenos de mociones propuestas por CCOO), así como de todos los partidos políticos excepto el PP, y el muy significativo varapalo que el Consejo de Estado da en su dictamen al proyecto de Real Decreto por el que se aprueban los Estatutos de la Corporación Pública para el desarrollo del sistema registral electrónico, otorga optimismo para detener esta monstruosidad. Tras la denuncia ante la Fiscalía General del Estado presentada por CCOO en solitario, debemos dar un paso más, implicar a todas las organizaciones que rechazan la privatización del Registro Civil para lograr que llegue al Parlamento español esta Iniciativa Legislativa Popular (ILP), y así parar este desastre. Hay antecedentes como la ILP por la dación en pago, la paralización de los desahucios y el alquiler social, que logró una movilización social sin precedentes. CCOO ha trasladado al nuevo ministro de Justicia como cuestiones fundamentales, junto a la oposición frontal a la privatización de los Registros Civiles, las siguientes reclamaciones:
  • 10. www.ccooxustiza.com 10 Retirada del proyecto de reforma de la LOPJ. CCOO ha defendido y seguirá defendiendo el mantenimiento todos los partidos judiciales y órganos judiciales actuales y de todos los Juzgados de Paz y de las Agrupaciones, la garantía del mantenimiento de todos los puestos de trabajo y de las retribuciones actuales, la prohibición expresa de imponer la movilidad forzosa fuera del municipio, que los actos de comunicación y ejecución seguirán siendo competencia exclusiva del personal funcionario de la Administración de Justicia... Devolución de todos los derechos robados desde 2010, con establecimiento de la fecha efectiva para su restitución: el ministro de Justicia debe reclamar al ministro de Hacienda y AAPP y al presidente del Gobierno la recuperación del salario recortado en 2010, la devolución del 100% de la paga extra de diciembre de 2012 (no aceptamos ese ridículo 24 % de devolución que anuncia Montoro en la LPGE 2015), el abono del 100% del salario en caso de baja por IT, la reposición de todos los días de asuntos particulares y los días adicionales por antigüedad (tanto de asuntos particulares como de vacaciones), y todos los demás derechos hurtados. Convocatoria en la OEP 2015 de todas las plazas vacantes de la Administración de Justicia de todos los cuerpos, cifradas en más de 10.000. Derogación de la Ley de Tasas CCOO también le ha reclamado al nuevo ministro: Convocatoria urgente de la mesa sectorial de la Administración de Justicia para abordar la negociación de todas estas reclamaciones. Recuperación del poder adquisitivo perdido en estos años. Modificación sustancial del proyecto de ley de Jurisdicción Voluntaria (aprobado en consejo de ministros el 1 de agosto de 2014), suprimiendo la entrega a los notarios y registradores de procedimientos y tareas que deben seguir siendo competencia exclusiva de la Administración de Justicia. Rectificación del proyecto de ley de asistencia jurídica gratuita (aprobado en consejo de ministros del 21 de febrero de 2014), garantizando la gratuidad en el acceso a la Administración de Justicia a toda la población sin recursos, y a todos los empleados/as públicos cuando acuden en nombre propio a realizar una reclamación en defensa de sus derechos.
  • 11. www.ccooxustiza.com 11 Debe suprimirse también las costas en todos los procedimientos, con objeto de garantizar el acceso a la tutela judicial efectiva, también del personal de las Administraciones Públicas El nuevo ministro de Justicia interviene el próximo miércoles, 15 de octubre, en el Congreso de los Diputados para presentar sus propuestas para el año que resta de legislatura. CCOO ya le ha hecho llegar directamente estas demandas y reclamaciones, que son fundamentales para que comience a restaurarse la confianza entre los trabajadores y trabajadoras. Debe el Ministerio de Justicia ser capaz de dar un impulso para sacar de esta bochornosa situación a la Administración de Justicia, a la que se ha llegado en estos momentos por la tremenda incompetencia, egoísmo y falta de preocupación por los derechos de las personas de sus anteriores responsables, como el ex-ministro Gallardón. Pero ese impulso debe contar con las iniciativas necesarias como las que le hemos propuesto, cuya primera condición es que deben ser acordadas con el personal funcionario y laboral, nunca impuestas.
  • 12. www.ccooxustiza.com 12 Opinión: Combustión espontánea Existe unha lenda urbana baseada nunha superstición medieval que fala de seres humanos que arden sen unha fonte externa de ignición. Ir pola rúa e ver como un home comeza a arder sen máis nin máis deixaríanos patidifusos, non si? As organizacións sindicais, máis alá de que sexan de clase ou corporativas, que estean máis ou menos desacreditadas, son unha ferramenta. Non son un fin en si mesmas, senón un medio, un medio de que os traballadores sexan representados para reivindicar unhas condicións de traballo dignas. Son polo tanto un conxunto de traballadores que nun momento determinado e durante un ciclo temporal deciden cometer a ousadía de ofrecerse voluntarios para darse cabezazos contra o monstro da administración. Non son heroes lexendarios, por suposto, pero tampouco marcianos redentores. Son tempos de derrota. O modelo neoliberal que está implantado no noso país non é unha novidade, o Chile de Pinochet, a Inglaterra de Margaret Thatcher, a Indonesia de Suharto ou os EEUU de Reagan viviron situacións idénticas as que estamos a vivir:
  • 13. www.ccooxustiza.com 13 - Creación dunha crise ficticia pola presión dos mercados, que non son máis que bancos, grandes empresas e núcleos de poder en mans duns poucos que queren manter o seu status quo - Como consecuencia incremento dunha débeda pública insostible por un sistema baseado no endebedamento para financiar o gasto público. Os mercados encarecen os xuros e en consecuencia os investimentos freanse - Axuda financieira externa a cambio de medidas de axuste que pasan pola esnaquización dos servizos públicos, a privatización das partes máis valiosas do Estado e recortes de dereitos sociais que aumentan a desigualdade, os ricos son máis ricos, os pobres máis pobres. Aquí é onde nos xogamos un papel, en poñer coto e denuncia á privatización do estado en si mesmo. Pero, como din por aí, a policía non é parva, e todas estas medidas veñen acompasadas dun ataque mediático e dende o goberno ás organizacións sindicais, que son convertidas en corresponsables da crise. Tamén é certo que a corrupción de determinados elementos dentro dos sindicatos contribúen a este desprestixio... Temos ante nós un tempo de extrema dificultade. O goberno de España enviou a Europa un memorando onde se compromete a recortar 47.000 millóns de gasto
  • 14. www.ccooxustiza.com 14 público no período 2014-2017 para axustar o déficit público. Cando escoitamos iso sabemos onde están por meter a tesoira: nos nosos xa furados e refurados petos. Qué facer? Pechamos o chiringuito y que sea lo que dios quiera? Matámonos entre as sete organizacións sindicais que actualmente aspiran a representar ao noso colectivo? Ardemos espontaneamente en praza pública para ledicia dos compañeiros máis acérrimos inimigos da loita colectiva e sindical? Ou arrimamos o ombreiro para ser un único corpo en defensa dos nosos dereitos? Vós diredes...
  • 15. www.ccooxustiza.com 15 Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com Tfno do Sector de Xustiza: 619282917 Delegados/as: Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com Ferrol Mati matildeav1@gmail.com Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es