SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
Download to read offline
novas da xustiza
Número 1022 Edita: CCOO de Xustiza 1 de abril de 2014
Arquivos e expurgo
CCOO denuncia ante a
Inspección de traballo a
situación dos arquivos
CCOO inicia unha campaña de denuncias ante
a Inspección de traballo ata que a Dirección
Xeral recoñeza as reivindicacións sindicais na
materia. Arrancamos a campaña en Ferrol
Páxina 2
Mobilizacións
O 8 de abril concentracións en todas as
capitais de provincia convocadas por
CCOO e os demais sindicatos
Contra as privatizacións previstas polo Ministro Gallardón do
Rexistro Civil e dos actos de comunicación e contra o ataque contra
os funcionarios de Xustiza que supón a reforma da Lei Orgánica do
Poder Xudicial, só cabe un camiño: Mobilización!
Páxina 7
Mesa sectorial
CCOO salienta a mala fe negocial da
Dirección Xeral nas substitucións
O compromiso adquirido no mes de decembro pola Dirección
Xeral de Xustiza para retribuír o 100% das substitucións e
revisar un sistema de quendas que non funciona, unha vez máis
INCUMPRIDO
P á x i n a 9
Taboleiro de avisos
Campaña da Renda 2013
Xa podedes consultar e
confirmar, se estades de
acordo, o borrador da Renda
2013 no portal do
empregado público. Preme
aquí para facelo.
2Novas da Xustiza
Gaceta Especial
Gaceta especial
Xubilacións dos
funcionarios de Xustiza
Achegámosvos unha gaceta onde veñen
recollidos os parámetros para calcular a
pensión dos funcionarios de xustiza e outras
informacións relacionadas coa nosa xubilación
Páxina 10
Humor
Números
Publicado na nosa páxina web
Outras novas
 Montorazo electoral: asalto a Bruselas
 CCOO reclama al Ministerio que retire la orden de
implantación de la Nueva Oficina Fiscal
 Concurso de traslado 2014. Prazas vacantes Galicia
3Novas da Xustiza
Arquivos e expurgo
CCOO denuncia ante a Inspección de
traballo a situación dos arquivos
No día de onte, o Sector de Xustiza de CCOO, presentou denuncia ante a
Inspección de Traballo da Coruña, pola nefasta situaci ón dos arquivos na
cidade de Ferrol, un estado lamentable que, por desgraza, é o común
denominador a todos os arquivos xudiciais de Galicia.
Este é o inicio dunha campaña que levaremos a cabo en todos os arquivos dos
partidos xudiciais que se atopen en similar estado, xa que dende a Direcci ón
Xeral de Xustiza tomaron a decisión unilateral de atribuírnos unha nova
función, utilizando aos Secretarios Coordinadores como brazo armado : o
expurgo, e, dado que os compromisos adquiridos en mesa técnica foron
sistematicamente incumpridos, nós, como organización sindical, damos por rota
a negociación ata que ditos compromisos se reflictan en realidades.
Recordamos os puntos que reivindicamos as organizacións sindicais de
común acordo despois da última reunión, e que, en tanto nos se vexan
satisfeitos, non daremos fin a unha campaña que non ten nada de
agresivo, senón que é tan só a constatación dunha realidade, a Dirección
Xeral considera os arquivos como vertedoiros de papel :
1.- A convocatoria inmediata dunha mesa técnica de arquivos e expurgo,
paralizándose en tanto non teña lugar a atribución de funcións de expurgo aos
funcionarios de xustiza.
2.- O nomeamento de dúas prazas por provincia de funcionarios de reforzo
itinerantes, persoal que estaría especializado e cualificado para facer o expurgo
con máis eficacia e rapidez. Subsidiariamente, que se oferten prolongacións de
xornada voluntarias aos funcionarios de xustiza para levar a cabo estas tarefas.
3.- A creación de verdadeiros arquivos territoriais, e non pequenas salas nas
Audiencias ou TSXG, que son de todo punto insuficientes como arquivos
definitivos e perpetuarían os problemas de espazo.
4.- A participación sindical na Xunta de Expurgo, co fin de coñecer o ritmo dos
traballos e servir de canle de unión entre dito órgano e os traballadores
5.- A dotación suficiente das plantillas de persoal laboral, que está a desempeñar
un gran traballo, inasumible cos raquíticos cadros de persoal de que dispoñen, e
que a Dirección Xeral pretende solventar derivando funcións destes corpos aos
funcionarios de xustiza
4Novas da Xustiza
Arquivos e expurgo
CCOO denuncia el “peligroso e insalubre”
estado de los archivos judiciales de Ferrol
La delegada de prevención del sector de Xustiza de CCOO en Galicia, Ana Díaz
Quiza, denunció ayer ante la Inspección de Trabajo la caótica situación en la
que se encuentran los archivos de los juzgados de Ferrol, por posible infracción
de la normativa de prevención de riesgos laborales. La denuncia se dirige
contra el director xeral de Xustiza y el jefe territorial del servicio de Xustiza de
la Consellería de Presidencia, Administracións Pública s e Xustiza de A Coruña.
El sindicato recuerda que el 18 de enero de 2011 ya había presentado otra
denuncia ante la Inspección de Trabajo por la situación “insalubre y penosa” en
la que se encontraban los sótanos de los juzgados ferrolanos, como
consecuencia de las obras. Aquel escrito propició la visita de un inspector en
febrero de ese mismo año.
En la actualidad, en dicho sótano se encuentra el juzgado de guardia, de
reciente inauguración, y también el lugar destinado a albergar los archivos
judiciales.
Según CCOO, la empresa responsable de las obras del juzgado de guardia
recolocó los expedientes que conforman el archivo sin ningún tipo de medida,
5Novas da Xustiza
Arquivos e expurgo
ni en lo relativo a la ordenación de los mismos ni en cuanto a la limpieza, de
forma que el local puede calificarse como “insalubre y peligroso”.
Una inundación y un incendio sufridos en dichas dependencias contribuyeron a
mayores a generar un entorno no saludable, con escombros, insectos, trampas
para ratones, humedades y restos del incendio, según manifiesta n los
trabajadores que desempeñan en él su labor.
Las estanterías son demasiado elevadas, con lo que el acceso a los archivos
más altos tiene que realizarse con ayuda de una escalera.
Otro caso sangrante, según este sindicato, es el de un funcionario judic ial que
tiene su mesa de trabajo en un archivo situado en la cuarta planta del Palacio
de Justicia de Ferrol.
CCOO sostiene que la Dirección Xeral de Xustiza “non foi quen de acometer
unha actuación integral nos arquivos de Ferrol, pese á denuncia anterior mente
presentada e escudándose nun futuro expurgo”.
Los problemas en los archivos de Ferrol aumentan exponencialmente, ya que
cada año hay más procedimientos y piezas de convicción de dudosa
procedencia y generalmente en mal estado.
La denuncia de CCOO se fundamenta en la Ley de Prevención de Riesgos
Laborales, que establece que el empresario que dirige y controla la actividad
laboral tiene la obligación de garantizar la seguridad y la salud en el trabajo.
“É, por tanto, deudor da seguridade. O incumpriment o desa obriga implica a
responsabilidade administrativa, penal, civil, laboral ou de seguridade social do
infractor”, apunta el sindicato, añadiendo que la Consellería imcumple, por
tanto, la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, que fija los principios
generales de tutela de la salud y garantiza la seguridad de todos los
trabajadores a su servicio en los aspectos relacionados con su actividad laboral
mediante la adopción de cuantas medidas sean necesarias.
Denuncia, asimismo, que también se incumple el a rtículo 2 del capítulo I del
Real Decreto 486/97 sobre disposiciones mínimas de seguridad y salud en los
lugares de trabajo. En este sentido, aclara que una de las funciones
encomendadas al cuerpo de Auxilio Judicial de la Administración de Justicia es
la de realizar el archivo de los autos y expedientes judiciales, por lo que su
permanencia en las dependencias de los archivos es de obligado cumplimiento.
CCOO precisa que en el Palacio de Justicia de Ferrol hay 16 trabajadores de
diferentes juzgados –Instrucción, Primera Instancia, Contencioso-
6Novas da Xustiza
Arquivos e expurgo
Administrativo, Penal y Social– que deben trabajar con asiduidad en los
archivos de la sede judicial.
El artículo 3 del capítulo II del citado Real Decreto recoge, asimismo, la
obligación del empresario de adoptar las medidas necesarias para que la
utilización de los lugares de trabajo no origine riesgos para la salud y la
seguridad de los trabajadores.
A raíz de todo lo expuesto, el sindicato solicita de la Inspección de Trabajo
que, a la vista de los hechos denunciados, compruebe su veracidad
practicando, a la mayor brevedad posible, la oportuna visita a los archivos del
edificio judicial de Ferrol, levantando, si procede, la oportuna acta de
infracción.
La delegada de prevención del sector de Xustiza de CCOO interes a, asimismo,
que se le tenga por parte a todos los efectos, notificándole el resultado de las
gestiones y que, con el objeto de facilitar con mayor detalle a la Inspección los
fundamentos de la presente denuncia, se le comunique el momento en el que
se va a realizar la visita.
Denuncia presentada ante a inspección de traballo: preme aquí
Enlace permanente, preme aquí
Novas relacionadas:
El sindicato prevé que el expurgo no comience antes de dos o tres años
La falta de espacio obliga a archivar expedientes en los juzga dos, restando
espacio a los trabajadores
7Novas da Xustiza
MOBILIZACIÓNS
O 8 de abril concentracións en todas as
capitais de provincia convocadas por
CCOO e os demais sindicatos
A intención do Goberno de privatizar os Rexistros Civís continúa, polo que é
imprescindible manter a presión e a mobilización para impedilo.
Son centos os compañeiros e compañeiras que nos concentramos ante os Rexistros
Civís esixindo parar a súa privatización. Segundo informan os nosos compañeiros
do sector estatal, o Ministerio de Xustiza segue empeñado en entregalo aos
Rexistradores, cunha ruptura de negociacións máis aparente que real. Seguiremos
reivindicando un servizo público e gratuíto, servido por funcionarios de Xustiza..
Pero o Goberno e Gallardón non se quedan aí: é de inminente aprobación o
anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, unha agresión de tal calado que
podería ser o comezo do desmantelamento da Administración de Xustiza, ademáis
de constituír un ataque de enormes dimensións ao emprego, aos dereitos dos
traballadores e traballadoras, a un servizo público fundamental para que existan
dereitos e garantías. Por poñer un par de exemplos clarificadores das dimensións
deste ataque masivo aos funcionarios salientar que o noso centro de traballo
pasaría a ser a provincia, co que poderían movernos libremente e erradicaría os
Xulgados de Paz e Agrupacións.
Por iso, debemos mobilizarnos, porque a modificación sustancial das nosas
condicións de traballo estase xa a cociñar nos despachos, e senón damos un paso,
se permanecemos resignados esperando a que escampe, cando levantemos a
cabeza xa non quedará nada do que tanto nos custou conseguir. A vosa forza
mobilizadora é a nosa forza para plantarnos ante a administración e demostrar que
temos detrás un cadro de persoal indignado e disposto á mobilización total contra
os recortes.
8Novas da Xustiza
MOBILIZACIÓNS
► NON Á PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL!!
► PAREMOS Á REFORMA DA LOPX
● DESAPARECERÁN CENTOS DE ÓRGANOS XUDICIAIS
● DESTRUIRANSE MILES DE POSTOS DE TRABALLO
● ESNAQUIZAN AS NOSAS CONDICIÓNS DE TRABALLO
► DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS LABORAIS E RETRIBUTIVOS
►NON Á MOBILIDADE FORZOSA!!
►NON Á PRIVATIZACIÓN DOS ACTOS DE COMUNICACIÓN!!
►EN DEFENSA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTICIA COMO SERVIZO PÚBLICO
EMPREGA A TÚA FORZA,
IMOS CAMBIAR AS COUSAS
PÓDESE!!
MOBILÍZATE E LOITA!!
9Novas da Xustiza
Mesa sectorial
Substitucións: fiasco e ruina
Dende o Sector de Xustiza de CCOO cremos que capacidade de negociación coa
Dirección Xeral é nula, damos por rematada a confianza nunha mesa sectorial onde
se prometen constantemente cambios, melloras, boa fe negocial, etc... para logo
atravesar longas travesías no deserto onde nada se sabe do máximo responsable,
máis que nos medios de comunicación codeándose coa alta clase política, para logo,
como o Guadiana, reaparecer, pero iso sí, para autoinmolarse recoñecendo que non
ten capacidade de negociación, e que, o que verdadeiramente move os fíos das
nosas depauperadas condicións laborais , non é outro que o Conselleiro Rueda.
No mes de decembro de 2013, o Director Xeral, Juan José Martín, confirmou que a
Dirección Xeral estaba en disposición de acometer unha nova regulación que
subsanase as deficiencias da anterior orde de substitucións, de xeito que:
1. Se retribuísen o 100% das substitucións, como así sucede no resto do
territorio nacional, baixo un principio básico de igualdade: mesmo traballo,
mesmo soldo
2. Se regulasen as quendas: o desleixo da Dirección Xeral provoca o
desconcerto entre as propias delegacións provinciais, mentres en Pontevedra
reúnense asiduamente para publicar as quendas e os seus integrantes, na
Coruña fan gala dunha opacidade total.
3. Se retribuísen en todo caso as atribucións de funcións, como acontece en
todas as Comunidades.
Estamos xa en abril e non hai noticias nin desta mesa, nin da Nova oficina xudicial,
nin da creación de prazas coas que foron amortizadas. Dende o Sector de Xustiza
de CCOO non estamos dispostos a ser partícipes de mesas dilatorias e instamos a
Dirección Xeral a que tome a determinación de buscar solucións aos problemas
laborais ou rache definitiva e abertamente a mesa sectorial.
10Novas da Xustiza
Gaceta especial
XUBILACIÓNS DOS FUNCIONARIOS DE
XUSTIZA
Este boletín ten por obxecto aclarar as dúbidas acerca da nosa xubilación, cómo se
solicita, cal será a súa contía, as diferenzas entre xubilación forzosa e anticipada.
Se ben seguimos a pertencer ao réxime de clases pasivas, veremos por canto tempo, o
último pensionazo aféctanos, e de que maneira, xa que a revalorización das pensións,
que inclúe a todos os pensionistas sen distincións, fixa un tope máximo de subida moi
afastado do custo da vida, co que o goberno estimula os fondos de pensións privados,
desincentiva o consumo e deixa aos maiores nunha situación de precariedade
económica raiana co subsidio, cando a pensión é un dereito, un salario diferido que
gañamos aportando mensualmente a cantidade correspondente ás arcas do Estado.
Deste xeito, para o ano 2014, os pensionistas verán como a súa paga se incrementa
unicamente no 0,25%; se temos en conta a subida dos recibos da luz (2,3%), o
mantemento dun IVE abusivo, os continuos repagos dos gastos médicos imprescindibles
para a terceira idade, o aumento do prezo dos carburantes e transportes públicos, etc...
vemos como, cada día máis, os últimos anos de vida dun traballador, o seu merecido
descanso, vanse converter nunha verdadeira loita pola subsistencia.
Para descargar á gaceta preme aquí
11Novas da Xustiza
Novas da Xustiza
Edita
CCOO de Xustiza
Subscricións-Colaboracións
Se queres publicar un artigo ou un
comentario no boletín, se queres
realizar unha consulta ou unha
suxestión ou se queres recibir o
boletín remítenos un correo
electrónico a
sectorxustizaccoo@gmail.com
Síguenos en
www.ccooxustiza.com
twitter
facebook
google +

More Related Content

Viewers also liked

Mxx, Kospi, Wig20, Ssmi
Mxx, Kospi, Wig20, SsmiMxx, Kospi, Wig20, Ssmi
Mxx, Kospi, Wig20, Ssmiguestda8e9f2
 
ABCD NCCGP 2013
ABCD NCCGP 2013ABCD NCCGP 2013
ABCD NCCGP 2013NCCGP
 
JOBDOH: seeking capital
JOBDOH: seeking capitalJOBDOH: seeking capital
JOBDOH: seeking capitalTWFHK
 
Michelle Plaster Resume 09-2015
Michelle Plaster Resume 09-2015Michelle Plaster Resume 09-2015
Michelle Plaster Resume 09-2015Michelle Plaster
 
Apresentacao Teleconferencia 3 T07
Apresentacao Teleconferencia 3 T07Apresentacao Teleconferencia 3 T07
Apresentacao Teleconferencia 3 T07Arteris S.A.
 
[DE] "Bye-bye Management! Warum Management verzichtbar ist", Vortrag von Niel...
[DE] "Bye-bye Management! Warum Management verzichtbar ist", Vortrag von Niel...[DE] "Bye-bye Management! Warum Management verzichtbar ist", Vortrag von Niel...
[DE] "Bye-bye Management! Warum Management verzichtbar ist", Vortrag von Niel...Niels Pflaeging
 
Cívica y ética sonycid
Cívica y ética sonycidCívica y ética sonycid
Cívica y ética sonycidAula Sonycid
 
Jordanna,júlia,isabela,alice e luiza
Jordanna,júlia,isabela,alice e luizaJordanna,júlia,isabela,alice e luiza
Jordanna,júlia,isabela,alice e luizaEscola Santi
 
Rock N Roll Collection Elvs Prsly 15
Rock N Roll Collection Elvs Prsly 15Rock N Roll Collection Elvs Prsly 15
Rock N Roll Collection Elvs Prsly 15ForMovieFansOnly
 
SharePoint Saturday Indy - Streamlining Business Processes with InfoPath and ...
SharePoint Saturday Indy - Streamlining Business Processes with InfoPath and ...SharePoint Saturday Indy - Streamlining Business Processes with InfoPath and ...
SharePoint Saturday Indy - Streamlining Business Processes with InfoPath and ...Rob Wilson
 
Duke And Us Higher Educ(Copy)
Duke And Us Higher Educ(Copy)Duke And Us Higher Educ(Copy)
Duke And Us Higher Educ(Copy)lmoneta
 

Viewers also liked (17)

Mxx, Kospi, Wig20, Ssmi
Mxx, Kospi, Wig20, SsmiMxx, Kospi, Wig20, Ssmi
Mxx, Kospi, Wig20, Ssmi
 
ABCD NCCGP 2013
ABCD NCCGP 2013ABCD NCCGP 2013
ABCD NCCGP 2013
 
Food drive storyx
Food drive storyxFood drive storyx
Food drive storyx
 
Bankruptcy 85
Bankruptcy 85Bankruptcy 85
Bankruptcy 85
 
The iliad 04
The iliad 04The iliad 04
The iliad 04
 
Manga artists
Manga artistsManga artists
Manga artists
 
Coneo 2
Coneo 2Coneo 2
Coneo 2
 
JOBDOH: seeking capital
JOBDOH: seeking capitalJOBDOH: seeking capital
JOBDOH: seeking capital
 
Boletín Reflejos Edición Nro 2
Boletín Reflejos Edición Nro 2Boletín Reflejos Edición Nro 2
Boletín Reflejos Edición Nro 2
 
Michelle Plaster Resume 09-2015
Michelle Plaster Resume 09-2015Michelle Plaster Resume 09-2015
Michelle Plaster Resume 09-2015
 
Apresentacao Teleconferencia 3 T07
Apresentacao Teleconferencia 3 T07Apresentacao Teleconferencia 3 T07
Apresentacao Teleconferencia 3 T07
 
[DE] "Bye-bye Management! Warum Management verzichtbar ist", Vortrag von Niel...
[DE] "Bye-bye Management! Warum Management verzichtbar ist", Vortrag von Niel...[DE] "Bye-bye Management! Warum Management verzichtbar ist", Vortrag von Niel...
[DE] "Bye-bye Management! Warum Management verzichtbar ist", Vortrag von Niel...
 
Cívica y ética sonycid
Cívica y ética sonycidCívica y ética sonycid
Cívica y ética sonycid
 
Jordanna,júlia,isabela,alice e luiza
Jordanna,júlia,isabela,alice e luizaJordanna,júlia,isabela,alice e luiza
Jordanna,júlia,isabela,alice e luiza
 
Rock N Roll Collection Elvs Prsly 15
Rock N Roll Collection Elvs Prsly 15Rock N Roll Collection Elvs Prsly 15
Rock N Roll Collection Elvs Prsly 15
 
SharePoint Saturday Indy - Streamlining Business Processes with InfoPath and ...
SharePoint Saturday Indy - Streamlining Business Processes with InfoPath and ...SharePoint Saturday Indy - Streamlining Business Processes with InfoPath and ...
SharePoint Saturday Indy - Streamlining Business Processes with InfoPath and ...
 
Duke And Us Higher Educ(Copy)
Duke And Us Higher Educ(Copy)Duke And Us Higher Educ(Copy)
Duke And Us Higher Educ(Copy)
 

Similar to Novas 1022

Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056CCOOXustiza
 
Alegacións decreto nof
Alegacións decreto nofAlegacións decreto nof
Alegacións decreto nofCCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055CCOOXustiza
 
Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blogCCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOOCCOOXustiza
 

Similar to Novas 1022 (14)

Novas 1021
Novas 1021Novas 1021
Novas 1021
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 
Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042
 
Novas 1023.
Novas 1023. Novas 1023.
Novas 1023.
 
Novas 1029
Novas 1029Novas 1029
Novas 1029
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
 
Alegacións decreto nof
Alegacións decreto nofAlegacións decreto nof
Alegacións decreto nof
 
Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055Novas da xustiza nº 1055
Novas da xustiza nº 1055
 
Novas da xustiza maio 2017 blog
Novas da xustiza maio 2017   blogNovas da xustiza maio 2017   blog
Novas da xustiza maio 2017 blog
 
Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037 Novas da xustiza nº1037
Novas da xustiza nº1037
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
 
Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 

More from CCOOXustiza

Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017CCOOXustiza
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017 CCOOXustiza
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017CCOOXustiza
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058CCOOXustiza
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051CCOOXustiza
 

More from CCOOXustiza (20)

Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
Novas marzo 2017
Novas  marzo 2017 Novas  marzo 2017
Novas marzo 2017
 
S.g. entroido coruña 2017
S.g.  entroido coruña 2017S.g.  entroido coruña 2017
S.g. entroido coruña 2017
 
Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017Semanas grandes de galicia 2017
Semanas grandes de galicia 2017
 
Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064Novas da xustiza 1064
Novas da xustiza 1064
 
Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063Novas da xustiza 1063
Novas da xustiza 1063
 
Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062Novas da xustiza 1062
Novas da xustiza 1062
 
Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061Novas da xustiza 1061
Novas da xustiza 1061
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059Novas da xustiza 1059
Novas da xustiza 1059
 
Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058Novas da xustiza 1058
Novas da xustiza 1058
 
NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057NOvas da xustiza 1057
NOvas da xustiza 1057
 
Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054Novas da xustiza 1054
Novas da xustiza 1054
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053Novas da xustiza 1053
Novas da xustiza 1053
 
Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052Novas da xustiza nº 1052
Novas da xustiza nº 1052
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 
Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051Novas da xustiza nº 1051
Novas da xustiza nº 1051
 

Novas 1022

  • 1. novas da xustiza Número 1022 Edita: CCOO de Xustiza 1 de abril de 2014 Arquivos e expurgo CCOO denuncia ante a Inspección de traballo a situación dos arquivos CCOO inicia unha campaña de denuncias ante a Inspección de traballo ata que a Dirección Xeral recoñeza as reivindicacións sindicais na materia. Arrancamos a campaña en Ferrol Páxina 2 Mobilizacións O 8 de abril concentracións en todas as capitais de provincia convocadas por CCOO e os demais sindicatos Contra as privatizacións previstas polo Ministro Gallardón do Rexistro Civil e dos actos de comunicación e contra o ataque contra os funcionarios de Xustiza que supón a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, só cabe un camiño: Mobilización! Páxina 7 Mesa sectorial CCOO salienta a mala fe negocial da Dirección Xeral nas substitucións O compromiso adquirido no mes de decembro pola Dirección Xeral de Xustiza para retribuír o 100% das substitucións e revisar un sistema de quendas que non funciona, unha vez máis INCUMPRIDO P á x i n a 9 Taboleiro de avisos Campaña da Renda 2013 Xa podedes consultar e confirmar, se estades de acordo, o borrador da Renda 2013 no portal do empregado público. Preme aquí para facelo.
  • 2. 2Novas da Xustiza Gaceta Especial Gaceta especial Xubilacións dos funcionarios de Xustiza Achegámosvos unha gaceta onde veñen recollidos os parámetros para calcular a pensión dos funcionarios de xustiza e outras informacións relacionadas coa nosa xubilación Páxina 10 Humor Números Publicado na nosa páxina web Outras novas  Montorazo electoral: asalto a Bruselas  CCOO reclama al Ministerio que retire la orden de implantación de la Nueva Oficina Fiscal  Concurso de traslado 2014. Prazas vacantes Galicia
  • 3. 3Novas da Xustiza Arquivos e expurgo CCOO denuncia ante a Inspección de traballo a situación dos arquivos No día de onte, o Sector de Xustiza de CCOO, presentou denuncia ante a Inspección de Traballo da Coruña, pola nefasta situaci ón dos arquivos na cidade de Ferrol, un estado lamentable que, por desgraza, é o común denominador a todos os arquivos xudiciais de Galicia. Este é o inicio dunha campaña que levaremos a cabo en todos os arquivos dos partidos xudiciais que se atopen en similar estado, xa que dende a Direcci ón Xeral de Xustiza tomaron a decisión unilateral de atribuírnos unha nova función, utilizando aos Secretarios Coordinadores como brazo armado : o expurgo, e, dado que os compromisos adquiridos en mesa técnica foron sistematicamente incumpridos, nós, como organización sindical, damos por rota a negociación ata que ditos compromisos se reflictan en realidades. Recordamos os puntos que reivindicamos as organizacións sindicais de común acordo despois da última reunión, e que, en tanto nos se vexan satisfeitos, non daremos fin a unha campaña que non ten nada de agresivo, senón que é tan só a constatación dunha realidade, a Dirección Xeral considera os arquivos como vertedoiros de papel : 1.- A convocatoria inmediata dunha mesa técnica de arquivos e expurgo, paralizándose en tanto non teña lugar a atribución de funcións de expurgo aos funcionarios de xustiza. 2.- O nomeamento de dúas prazas por provincia de funcionarios de reforzo itinerantes, persoal que estaría especializado e cualificado para facer o expurgo con máis eficacia e rapidez. Subsidiariamente, que se oferten prolongacións de xornada voluntarias aos funcionarios de xustiza para levar a cabo estas tarefas. 3.- A creación de verdadeiros arquivos territoriais, e non pequenas salas nas Audiencias ou TSXG, que son de todo punto insuficientes como arquivos definitivos e perpetuarían os problemas de espazo. 4.- A participación sindical na Xunta de Expurgo, co fin de coñecer o ritmo dos traballos e servir de canle de unión entre dito órgano e os traballadores 5.- A dotación suficiente das plantillas de persoal laboral, que está a desempeñar un gran traballo, inasumible cos raquíticos cadros de persoal de que dispoñen, e que a Dirección Xeral pretende solventar derivando funcións destes corpos aos funcionarios de xustiza
  • 4. 4Novas da Xustiza Arquivos e expurgo CCOO denuncia el “peligroso e insalubre” estado de los archivos judiciales de Ferrol La delegada de prevención del sector de Xustiza de CCOO en Galicia, Ana Díaz Quiza, denunció ayer ante la Inspección de Trabajo la caótica situación en la que se encuentran los archivos de los juzgados de Ferrol, por posible infracción de la normativa de prevención de riesgos laborales. La denuncia se dirige contra el director xeral de Xustiza y el jefe territorial del servicio de Xustiza de la Consellería de Presidencia, Administracións Pública s e Xustiza de A Coruña. El sindicato recuerda que el 18 de enero de 2011 ya había presentado otra denuncia ante la Inspección de Trabajo por la situación “insalubre y penosa” en la que se encontraban los sótanos de los juzgados ferrolanos, como consecuencia de las obras. Aquel escrito propició la visita de un inspector en febrero de ese mismo año. En la actualidad, en dicho sótano se encuentra el juzgado de guardia, de reciente inauguración, y también el lugar destinado a albergar los archivos judiciales. Según CCOO, la empresa responsable de las obras del juzgado de guardia recolocó los expedientes que conforman el archivo sin ningún tipo de medida,
  • 5. 5Novas da Xustiza Arquivos e expurgo ni en lo relativo a la ordenación de los mismos ni en cuanto a la limpieza, de forma que el local puede calificarse como “insalubre y peligroso”. Una inundación y un incendio sufridos en dichas dependencias contribuyeron a mayores a generar un entorno no saludable, con escombros, insectos, trampas para ratones, humedades y restos del incendio, según manifiesta n los trabajadores que desempeñan en él su labor. Las estanterías son demasiado elevadas, con lo que el acceso a los archivos más altos tiene que realizarse con ayuda de una escalera. Otro caso sangrante, según este sindicato, es el de un funcionario judic ial que tiene su mesa de trabajo en un archivo situado en la cuarta planta del Palacio de Justicia de Ferrol. CCOO sostiene que la Dirección Xeral de Xustiza “non foi quen de acometer unha actuación integral nos arquivos de Ferrol, pese á denuncia anterior mente presentada e escudándose nun futuro expurgo”. Los problemas en los archivos de Ferrol aumentan exponencialmente, ya que cada año hay más procedimientos y piezas de convicción de dudosa procedencia y generalmente en mal estado. La denuncia de CCOO se fundamenta en la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, que establece que el empresario que dirige y controla la actividad laboral tiene la obligación de garantizar la seguridad y la salud en el trabajo. “É, por tanto, deudor da seguridade. O incumpriment o desa obriga implica a responsabilidade administrativa, penal, civil, laboral ou de seguridade social do infractor”, apunta el sindicato, añadiendo que la Consellería imcumple, por tanto, la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, que fija los principios generales de tutela de la salud y garantiza la seguridad de todos los trabajadores a su servicio en los aspectos relacionados con su actividad laboral mediante la adopción de cuantas medidas sean necesarias. Denuncia, asimismo, que también se incumple el a rtículo 2 del capítulo I del Real Decreto 486/97 sobre disposiciones mínimas de seguridad y salud en los lugares de trabajo. En este sentido, aclara que una de las funciones encomendadas al cuerpo de Auxilio Judicial de la Administración de Justicia es la de realizar el archivo de los autos y expedientes judiciales, por lo que su permanencia en las dependencias de los archivos es de obligado cumplimiento. CCOO precisa que en el Palacio de Justicia de Ferrol hay 16 trabajadores de diferentes juzgados –Instrucción, Primera Instancia, Contencioso-
  • 6. 6Novas da Xustiza Arquivos e expurgo Administrativo, Penal y Social– que deben trabajar con asiduidad en los archivos de la sede judicial. El artículo 3 del capítulo II del citado Real Decreto recoge, asimismo, la obligación del empresario de adoptar las medidas necesarias para que la utilización de los lugares de trabajo no origine riesgos para la salud y la seguridad de los trabajadores. A raíz de todo lo expuesto, el sindicato solicita de la Inspección de Trabajo que, a la vista de los hechos denunciados, compruebe su veracidad practicando, a la mayor brevedad posible, la oportuna visita a los archivos del edificio judicial de Ferrol, levantando, si procede, la oportuna acta de infracción. La delegada de prevención del sector de Xustiza de CCOO interes a, asimismo, que se le tenga por parte a todos los efectos, notificándole el resultado de las gestiones y que, con el objeto de facilitar con mayor detalle a la Inspección los fundamentos de la presente denuncia, se le comunique el momento en el que se va a realizar la visita. Denuncia presentada ante a inspección de traballo: preme aquí Enlace permanente, preme aquí Novas relacionadas: El sindicato prevé que el expurgo no comience antes de dos o tres años La falta de espacio obliga a archivar expedientes en los juzga dos, restando espacio a los trabajadores
  • 7. 7Novas da Xustiza MOBILIZACIÓNS O 8 de abril concentracións en todas as capitais de provincia convocadas por CCOO e os demais sindicatos A intención do Goberno de privatizar os Rexistros Civís continúa, polo que é imprescindible manter a presión e a mobilización para impedilo. Son centos os compañeiros e compañeiras que nos concentramos ante os Rexistros Civís esixindo parar a súa privatización. Segundo informan os nosos compañeiros do sector estatal, o Ministerio de Xustiza segue empeñado en entregalo aos Rexistradores, cunha ruptura de negociacións máis aparente que real. Seguiremos reivindicando un servizo público e gratuíto, servido por funcionarios de Xustiza.. Pero o Goberno e Gallardón non se quedan aí: é de inminente aprobación o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, unha agresión de tal calado que podería ser o comezo do desmantelamento da Administración de Xustiza, ademáis de constituír un ataque de enormes dimensións ao emprego, aos dereitos dos traballadores e traballadoras, a un servizo público fundamental para que existan dereitos e garantías. Por poñer un par de exemplos clarificadores das dimensións deste ataque masivo aos funcionarios salientar que o noso centro de traballo pasaría a ser a provincia, co que poderían movernos libremente e erradicaría os Xulgados de Paz e Agrupacións. Por iso, debemos mobilizarnos, porque a modificación sustancial das nosas condicións de traballo estase xa a cociñar nos despachos, e senón damos un paso, se permanecemos resignados esperando a que escampe, cando levantemos a cabeza xa non quedará nada do que tanto nos custou conseguir. A vosa forza mobilizadora é a nosa forza para plantarnos ante a administración e demostrar que temos detrás un cadro de persoal indignado e disposto á mobilización total contra os recortes.
  • 8. 8Novas da Xustiza MOBILIZACIÓNS ► NON Á PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL!! ► PAREMOS Á REFORMA DA LOPX ● DESAPARECERÁN CENTOS DE ÓRGANOS XUDICIAIS ● DESTRUIRANSE MILES DE POSTOS DE TRABALLO ● ESNAQUIZAN AS NOSAS CONDICIÓNS DE TRABALLO ► DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS LABORAIS E RETRIBUTIVOS ►NON Á MOBILIDADE FORZOSA!! ►NON Á PRIVATIZACIÓN DOS ACTOS DE COMUNICACIÓN!! ►EN DEFENSA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTICIA COMO SERVIZO PÚBLICO EMPREGA A TÚA FORZA, IMOS CAMBIAR AS COUSAS PÓDESE!! MOBILÍZATE E LOITA!!
  • 9. 9Novas da Xustiza Mesa sectorial Substitucións: fiasco e ruina Dende o Sector de Xustiza de CCOO cremos que capacidade de negociación coa Dirección Xeral é nula, damos por rematada a confianza nunha mesa sectorial onde se prometen constantemente cambios, melloras, boa fe negocial, etc... para logo atravesar longas travesías no deserto onde nada se sabe do máximo responsable, máis que nos medios de comunicación codeándose coa alta clase política, para logo, como o Guadiana, reaparecer, pero iso sí, para autoinmolarse recoñecendo que non ten capacidade de negociación, e que, o que verdadeiramente move os fíos das nosas depauperadas condicións laborais , non é outro que o Conselleiro Rueda. No mes de decembro de 2013, o Director Xeral, Juan José Martín, confirmou que a Dirección Xeral estaba en disposición de acometer unha nova regulación que subsanase as deficiencias da anterior orde de substitucións, de xeito que: 1. Se retribuísen o 100% das substitucións, como así sucede no resto do territorio nacional, baixo un principio básico de igualdade: mesmo traballo, mesmo soldo 2. Se regulasen as quendas: o desleixo da Dirección Xeral provoca o desconcerto entre as propias delegacións provinciais, mentres en Pontevedra reúnense asiduamente para publicar as quendas e os seus integrantes, na Coruña fan gala dunha opacidade total. 3. Se retribuísen en todo caso as atribucións de funcións, como acontece en todas as Comunidades. Estamos xa en abril e non hai noticias nin desta mesa, nin da Nova oficina xudicial, nin da creación de prazas coas que foron amortizadas. Dende o Sector de Xustiza de CCOO non estamos dispostos a ser partícipes de mesas dilatorias e instamos a Dirección Xeral a que tome a determinación de buscar solucións aos problemas laborais ou rache definitiva e abertamente a mesa sectorial.
  • 10. 10Novas da Xustiza Gaceta especial XUBILACIÓNS DOS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA Este boletín ten por obxecto aclarar as dúbidas acerca da nosa xubilación, cómo se solicita, cal será a súa contía, as diferenzas entre xubilación forzosa e anticipada. Se ben seguimos a pertencer ao réxime de clases pasivas, veremos por canto tempo, o último pensionazo aféctanos, e de que maneira, xa que a revalorización das pensións, que inclúe a todos os pensionistas sen distincións, fixa un tope máximo de subida moi afastado do custo da vida, co que o goberno estimula os fondos de pensións privados, desincentiva o consumo e deixa aos maiores nunha situación de precariedade económica raiana co subsidio, cando a pensión é un dereito, un salario diferido que gañamos aportando mensualmente a cantidade correspondente ás arcas do Estado. Deste xeito, para o ano 2014, os pensionistas verán como a súa paga se incrementa unicamente no 0,25%; se temos en conta a subida dos recibos da luz (2,3%), o mantemento dun IVE abusivo, os continuos repagos dos gastos médicos imprescindibles para a terceira idade, o aumento do prezo dos carburantes e transportes públicos, etc... vemos como, cada día máis, os últimos anos de vida dun traballador, o seu merecido descanso, vanse converter nunha verdadeira loita pola subsistencia. Para descargar á gaceta preme aquí
  • 11. 11Novas da Xustiza Novas da Xustiza Edita CCOO de Xustiza Subscricións-Colaboracións Se queres publicar un artigo ou un comentario no boletín, se queres realizar unha consulta ou unha suxestión ou se queres recibir o boletín remítenos un correo electrónico a sectorxustizaccoo@gmail.com Síguenos en www.ccooxustiza.com twitter facebook google +