Guenon rene simbolos fundamentales de la ciencia sagrada
Juan lópez suárez fillos de galicia
1. Juan López Suárez, médico e filántropo (1884-1970).
Juan López Suárez, máis coñecido como Xan de Forcados, nado no lugar de
Forcados (parroquia de Vilacaíz, concello do Saviñao) en 1884 e finado en
Madrid en 1970), foi un médico e filántropo galego, impulsor en Galicia de
iniciativas científicas, culturais, económicas e sociais.
TRAXECTORIA
López Suárez estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e en
Madrid para logo marchar como investigador bioquímico a outros centros de
Europa e América. Á súa volta a Galicia implicouse de cheo no pulo de
numerosas iniciativas sociais e culturais. Pero tamén científicas, como a Misión
Biolóxica de Galicia que fundou co fin de renovar a agricultura galega mediante a
introdución de modernas técnicas de cultivo e de cría de gando. En 1916 adquiriu
o Pazo de Arxeriz no Saviñao, onde máis adiante, no ano 1922, fundaría a
industria láctea Arxeriz, iniciativa pioneira en Galicia da que logo xurdiría o
grupo LARSA.
No eido máis propiamente académico, Xan de Forcados destacou pola súa grande
implicación na Junta de Ampliación de Estudios, impulsada en 1907 dentro do
proxecto da Institución Libre de Enseñanza por José Castillejo, quen por outra
banda era o seu cuñado. Grazas a ela, e co esforzo concreto do mecenas do
Saviñao, recoñecidas personalidades da vida cultural e intelectual galega (Cruz
Gallástegui Unamuno, Isidro Parga Pondal, Domingo García-Sabell, Bibiano
Fernández Osorio-Tafall, entre outros) puideron realizar estadías no estranxeiro
cunha bolsa da que era unha das principais entidades da vida cultural española e
que o alzamento militar truncou e reprimiu no 36. Foi entón, na Guerra Civil,
cando Xan de Forcados axudou a moitos represaliados polo réxime franquista.
No referente á cultura, López Suárez promoveu o estudo da riqueza patrimonial
da Terra de Lemos. Do seu mecenado dá fe a publicación Los Castros de la Tierra
de Saviñao de Florentino López Cuevillas e Antón Fraguas, así como o estudo da
mámoa de Abuíme e a necrópole da Moura, a publicación de Cuevillas e Pura
Lorenzana. Cabe destacar o seu decidido papel na defensa da muralla de Lugo,
fronte a quen promovían a súa demolición (en dúas ocasións: o alcalde Ángel
López Pérez, baixo a ditadura de Primo de Rivera, e as autoridades municipais da
II República); tamén da integridade arquitectónica da Praza da Compañía de
Monforte.
2. Home preocupado pola situación de Galicia, entre as súas prioridades figuraban a
alfabetización da poboación rural, a súa alimentación e a mellora da calidade de
vida dos labregos. O seu forte carácter filantrópico fixo que do seu propio
patrimonio sufragase moitas obras de mellora e acción cultural na súa terra, a
Comarca de Lemos, pola que sentía verdadeira paixón.
http://www.fillosdegalicia.com.br/anosaorixe/lugo_savinao.htm