O Monte Do Facho

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

1 comments

Comments 1 - 1 of 1 previous next Post a comment

  • + ovando Ana Ovando 2 years ago
    Me lo apunto para la próxima vez que tenga la suerte de acercarme por ahí, seguro que es un lugar muy interesante.
Post a comment
Embed Video
Edit your comment Cancel

Favorites, Groups & Events

O Monte Do Facho - Presentation Transcript

  1. O MONTE DO FACHO O legado do deus Berobreo
  2. O accidente xeográfico coñecido como Monte do Facho érguese uns 157 m sobre o nivel do mar, no extremo occidental da Península do Morrazo – concello de Cangas, Pontevedra –, xusto enriba do acantilado denominado Costa da Vela ou Soavela. O lugar máis próximo, de onde parten os principais accesos ao monte, é a aldea de Donón na parroquia d' O Hío.
    •  
  3. Desde o ano 2003 – van xa pola sexta campaña no 2008 – véñense realizando traballos de escavación que teñen como obxectivo completar o coñecemento do santuario galaico romano, consolidar a intervención no poboado castrexo e achegarse á ocupación da Idade do Bronce. O equipo está dirixido polo arqueólogo cangués Xosé Suárez e participa nel o Instituto Arqueolóxico Alemán – Thomas Schattner e Michael Koch –.
    •  
    •  
  4. Asentamentos
    • Ca. II milenio a.C.
    • Desta época son os gravados rupestres dispostos na parte alta das rochas. Estes gravados recollen os motivos más estendidos e simples dos petroglifos galegos: cazoletas e círculos, e tamén outros de difícil interpretación. Probablemente todos eles teñan que ver co seu posible uso como lugar de culto.
    •  
  5. Asentamentos
    • Poboado da Idade de Bronce(ca. 800-600 a.C.)
    • A primeira ocupación humana do monte remóntase a finais da Idade de Bronce (ca. s. IX a.C.). Este asentamento estaría caracterizado pola estrutura dos materiais perecedoiros con zócolos de pedra, uso e elaboración de útiles en bronce e unha olería manual, ruda e con escasa decoración.
  6. Asentamentos
    • Trátase realmente dun castro que podería remontarse ao século VI a.C. e que perduraría durante o período comprendido entre os séculos V ao II a.C., aínda que os restos conservados reflicten xa o contacto coa cultura romana (s. I a.C. – I d.C.).
    Aldea fortificada : Idade do Ferro (400 a.C. – 100 d.C.)
  7. Asentamentos
    • Aldea fortificada : Idade do Ferro (400 a.C. – 100 d.C.)
    • A arquitectura caracterízase polo uso da cachotería e con formas maioritariamente curvas, aínda que existen edificacións de planta rectangular. Resulta significativa dentro desta arquitectura a presenza de casas con vestíbulos e incluso a aparición de diversa decoración – couzóns, amarradoiras e perpiaños decorados –.
  8. Asentamentos
    • O gran santuario galaico romano (ca. 250-500 d.C.)
    • Este lugar de culto debeu xurdir a mediados do século III. A área sagrada estaba composta de pequenos socalcos que aproveitaban as ruínas do antigo poboado como muros de contención e nos que se colocaban as ofrendas en forma de pequenos altares.
  9. Asentamentos
    • O gran santuario galaico romano (ca. 250-500 d.C.)
    • As aras, arae , son sen dúbida os achados máis significativos, pois constitúen unha pequena ofrenda ao deus e que recolle nunha inscrición – exvoto – á divindade á que vai dirixida, incluíndo ás veces o nome do dedicante e os motivos da ofrenda.
  10. BEROBREO
    • Na actualidade o número de aras achégase ás duascentas, tanto as que se atopan en perfecto estado de conservación como aquelas que se conservan fragmentariamente, o que converte o Monte do Facho nun lugar singular no conxunto do Imperio Romano.
    O texto de case todas as inscricións é moi sinxelo. O texto estatísticamente dominante é:   DEO LARI BEROBREO ARAM POSVI Algunhas veces segue a fórmula:   PRO SALVTE
  11. A presentación está baseada en traballos elaborados polo equipo encargado das escavacións: - Monte do Facho. Misterio, historia y paisaje en los confines del mundo . Textos de Xosé Suárez Otero. Concello de Cangas 2007. -  Michael Koch, "El santuario dedicado a Berobreo en el Monte do Facho". Paleohispanica 5, 2005, pp. 823-836. - Tríptico editado polo Institutum Arqueologicum Germanicum e o Concello de Cangas con motivo da exposición "Escavacións Arqueolóxicas no Monte do Facho 2005-2006", en agosto do 2006.

+ xmartinsxmartins, 2 years ago

custom

322 views, 0 favs, 2 embeds more stats

More info about this presentation

© All Rights Reserved

  • Total Views 322
    • 318 on SlideShare
    • 4 from embeds
  • Comments 1
  • Favorites 0
  • Downloads 0
Most viewed embeds
  • 3 views on http://alteraliaclassica.blogspot.com
  • 1 views on http://octocapita.blogspot.com

more

All embeds
  • 3 views on http://alteraliaclassica.blogspot.com
  • 1 views on http://octocapita.blogspot.com

less

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

Cancel
File a copyright complaint
Having problems? Go to our helpdesk?

Categories