2. Índice
• Por que é importante traballar en grupo
• Traballar en grupo dun xeito efectivo
– Organizarse
– Desenvolver habilidades de fala e escoita
– Dar retroalimentación positiva
– Xestión de conflitos no grupo
– Ser un bo compañeiro
• Referencias
3. Por que é importante traballar en grupo?
• Pode facer o teu estudo máis eficiente e
divertido, aclarar ideas vendo os problemas
dende diferentes puntos de vista.
• Os proxectos poden ser máis complexos,
pois abórdanse entre moitos individuos.
• Valórase polas empresas e organizacións o
día de mañá.
4. Por que é importante traballar en grupo?
Habilidades que se ven melloradas
Organización
Capacidade de delegar nos demais
Comunicación efectiva
Cooperación
Liderazgo
5. Traballar en grupo dun xeito efectivo
Pode ser estresante, pois:
• Non todo o mundo traballa igual.
• Nin ao mesmo ritmo.
• Nin cos mesmos obxectivos.
Hai que atopar un procedemento para falar e
negociar estes puntos.
6. Organizarse
Antes de comezar a traballar cómpre organizar
algúns aspectos básicos:
• Cando e onde quedar.
• Cal é o mellor método para manterse en contacto.
• Un calendario (realista).
• Incidir na importancia de participar e colaborar co grupo.
7. Organizarse
A clave é comezar e rematar con todo o mundo
sabendo o que se espera deles:
• Establecendo os mesmos obxectivos para todos.
• Definindo unha lista de tarefas.
• Se cadra sinalando a alguén para tomar nota dos pactos
establecidos.
• Rematando as reunións cun resumo do tratado nelas.
• Asegurándose de que tódolos membros entenderon o que
teñen que facer para a seguinte reunión.
• Fixando data e lugar da próxima reunión, se estes varían.
8. Desenvolver habilidades de fala e escoita
Escoitas de verdade ao que din os teus compañeiros? Preocúpaste
por como se senten? Desconectas cando te aburres?.
Estratexias para escoitar
• Concéntrate no que o outro di, non no que dirás ti despois.
• Espera a que este remate de falar, non o interrompas.
• Fíxate no contido do que comparten, e lígao a outras ideas.
• Ten en conta os sentimentos do falante.
• Importante: faille saber que estás a escoitar e entender –
sorrindo ou asentindo.
9. Desenvolver habilidades de fala e escoita
Fala en grupo, non ao grupo. Se o fas, tendes a dominar e non
escoitar aos demais.
Estratexias para falar
• Fai contribucións, pero non domines.
• Pregunta, pero non demasiado.
• Fálalle a todo o grupo – non só aos teus amigos.
• Recoñece os teus erros e descúlpate.
• Entra nos debates e anima a todos a participar nel, lembrando
cal é o tema do que se fala.
• Emprega as ideas dos demais se son boas, e suxire outras para
que o grupo as comente.
10. Dar retroalimentación positiva
Non é complicado que a xente desvincúlese dun grupo, por
exemplo se suxiren algo e son ignorados. Ten presente en todo
momento como te sentirías se alguén criticase as túas ideas,
sobre todo cando vas opinar sobre as dos demais:
• Atopa algo positivo que dicir: “O que dis é interesante porque...”
• Deixa claro cando estás a favor de algo.
• Se non o estás, non rexeites a idea, explóraa: “por que pensas logo
que..., tiveches en conta...?”.
• Se construtivo e específico. Se non estás de acordo, explica por que e
achega argumentos ou exemplos en vez de só dicir non.
11. Xestión de conflitos no grupo
Estar en desacordo ou ter diferentes puntos de vista non é
sempre negativo – pode dar lugar a novas ideas – pero o conflito
fai dano ao grupo cando convértese en algo persoal e agresivo.
• Se obxectivo sempre que poidas – concéntrate naquelo no que
non estás de acordo, non nos detalles persoais dos membros
do grupo.
• Se todo o mundo comeza a berrar á vez, establecede un
sistema de quendas para que, individualmente, as ideas de
todo o mundo sexan tidas en conta.
• Se non hai acordo, discutide pros e contras e levádeo a
votación.
12. Ser un bo compañeiro
Formar parte do grupo non só significa falar moito e sempre
suxerir algo. Ser un bo compañeiro é comprometerse e contribuír
ao grupo en base as túas posibilidades.
Cada quen pode destacar en algo e é lóxico asignar roles en base
a iso (por exemplo, presentacións orais).
13. Ser un bo compañeiro
A ter en conta:
Anima aos teus compañeiros – que sintan en todo momento,
mediante comunicación verbal e non verbal, que están a ser
escoitados.
Favorece o debate – non fuxir de problemas complicados, suxerir
ideas e basealas se é posible nas de outros compañeiros.
Non lle fagas mal ao grupo – chegando tarde ás reunións, non
preparándoas ou murmurando/falando mentres alguén expón en alto
algo.
Inclúe a todo o mundo – intenta que todos síntanse integrados. Se
alguén non participa, pregúntalle o que pensa ou se quere facer algo
en concreto. A idea é que se sintan cómodos participando.