SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
1.- Título do proxecto:
COÑECER A COSTA DE RIBADEO,
Introdución (sinopse do proxecto):
Tal e como se desprende do título, COÑECER A COSTA DE RIBADEO,
é un proxecto orientado a que os alumnos do Terceiro Ciclo (5º e 6º de E.
Primaria) coñezan o litoral do noso Concello. Está encadrado nas áreas de
Coñecemento do Medio, Lingua e de Educación Física e, pretende os
obxectivos que máis adiante se mencionan.
Salientar que este proxecto xa se ven levando a cabo neste Centro
dende o curso 2008-2009 e que, a novidade máis destacable no presente
ano académico foi a introdución do estudo das aves que habitan na zona e a
limpeza de algunha das praias.
2.- Grao de consecución dos obxectivos:
O obxectivo principal era o coñecemento do noso litoral por parte dos
alumno/as , sendo unha actividade conxunta das áreas de Educación Física,
Lingua e Coñecemento do Medio. Hai outros obxectivos específicos de cada
unha destas áreas; a de Ed. Física, xa veñen dados ó ser unha actividade
practicamente física como rota de sendeirismo e propiamente actividades de
orientación; en canto a de Coñecemento do Medio, ademais do traballo de
nosa contorna e do coñecemento e a interacción co mundo físico , unha forma
de contactar era traballar co medio natural, social e cultural e dentro desta
competencia está a observación e conservación da flora mariña e das aves
típicas desta zona do litoral.
No que se refire a Área de Lingua, entrarán os obxectivos propios desta
en canto ó dominio que se lles esixe ós alumnos destes niveis cando sexa de
confeccionar actividades ou ben descricións do que se fixo nas visitas.
Outro obxectivo moi importante era a explicación por parte de persoas
idóneas de algúns sitios ou instalacións concretas que entraban previstas nas
rotas (xa mencionado no punto anterior).
Engadir outro obxectivo non menos importante: compartir unha xornada
en grupo, valorando os traballos construtivos, responsables e solidarios co
medio natural, social e cultural.
E que o alumado colaborase con noso ámbito na limpeza de praias e
conciencialos en ser respectuoso con noso medio ambiente e co coidado de
noso litoral.
Os obxectivos foron acadados con éxito e temos previsto para o
vindeiro curso continuar co proxecto .
3.- Organización, desenvolvemento e metodoloxía:
A primeira medida organizativa para lograr o noso fin foi respectar a
división do percorrido da Costa de Ribadeo nas catro rotas xa implantadas . A
segunda realizar unha visita previa co obxecto de poder programar as saídas
e, finalmente confeccionar os cadernos de campo e programar as diferentes
actividades a realizar antes, durante e despois das saídas.
Rota 1: VILAVELLA – FARO DA ILLA PANCHA
Rota 2: INSUA (Castro de As Grobas) – A. RECREATIVA DE
VILAFRAMIL
Rota 3 - RINLO: Dende a Área Recreativa de Vilaframil ata a Praia
dos Xuncos
Rota 4 - PRAIA DOS XUNCOS – PRAIA DAS CATEDRAIS
As rotas 1 e 2 realizáronse, a pé, cos alumnos de quinto curso e as
rutas 3 e 4 cos de sexto. Deste xeito, o alumnado logra coñecer a costa do
concello ó finalizar o ciclo.
Co obxecto de enriquecer o proxecto e cumprir tódolos obxectivos
educativos que nos ofrecen estas rutas, visitáronse instalacións de interese
didáctico, contouse coa colaboración de institucións e persoas para explicar,
dende diferentes ámbitos de coñecemento (histórico, económico, natural,
ambiental, de valores …) ; realizáronse actividades de limpeza de diferentes
praias; e elixíronse como temas concretos as aves e a flora que habitan a
zona.
 Na ROTA 1, visitamos as instalacións do Centro de Cultivos
Mariños,sito no peirao de Porcillán, onde persoal empregado neste
Centro explicou ós alumnos de quinto curso a labor que
desenvolven cas especies mariñas que alí se cultivan. Asemade
paseamos O forte de San Damían e, con permiso previo da
Dirección de Portos de Galicia, o encargado das sinais marítimas
amosou ós citados alumnos ás instalacións do Faro da Illa Pancha.
Limpeza da praia de Rocas Brancas e obsevación de aves da Ría de
Ribadeo
 Na ROTA 2, contamos coa colaboración dun veciño de Vilaselán,
gran coñecedor das construcións castrexas, que explicou ós
alumnos de quinto curso o Castro das Grobas preto da Insua,
cabeceira da rota.Limpeza da praia de Piñeira.
 Na ROTA 3, acompañounos un veciño da parroquia de Rinlo, antigo
empregado das cetarias e xubilado dende hai uns anos, para contar
os alumnos de sexto curso as peculiaridades destas instalacións,
ademais un pouco da súa historia. Non foi posible contar coa
colaboración dunha marisqueira tal e como estaba previsto.
 Na ROTA 4, a empregada da Oficina de Turismo do Concello de
Ribadeo explicoulles a rara formación das rochas da praia e
acantilado da Praia das Catedrais.
A metodoloxía foi activa, participativa e colaborativa. Previo ás saídas
entregouse caderno de campo aos alumnos /as. Durante a saída os rapaces
organizábanse en grupos pequenos e tomaban nota das informacións ,
observacións … ademais de facer fotos. Tras a visita realizábase un traballo
grupal para rematar as actividades no caderno, e facer actividades interactivas
no ordenador.
4.- Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos):
Para o mellor desenvolvemento da actividade, contamos con mapas do
litoral do concello de Ribadeo. Estes mapas –tanto clásicos como de fotografía
de satélite- de distinto tamaño para traballar con eles na aula ou ben un deles a
tamaño grande (2,5 x 0,9 m.) exposto nun mural da pranta baixa do centro
onde se pode ver o que é o litoral do Concello de Ribadeo e a toponimia dos
diversos accidentes costeiros.
Antes de comezar cada rota mostrábase ao alumnado a través de
proxeccións o percorrido e as visitas, así como el obxectivo de cada actividade
( as aves, a flora mariña, observación das rochas de noso litoral)
En cada rota a visitar facilitábamos uns cadernos de campo da rota,
lugares que van ver e outros consellos para a saída, cuestionario de enquisa
para facelas coa persoas que explicaba in situ e actividades para traballar
despois en grupo.
O alumnado mostrou interese pola actividade e, despois desta experiencia con
eles o vindeiro curso temos pensado continuar co proxecto, pero facendo
fincapé en aquelas tarefas que amosaron máis curiosidade.
Algo curioso é que moito dos rapaces/zas descoñecían a súa costa. É
algo moi importante para o profesorado é que eles e elas coñezan o ámbito
onde viven no seu concello.
Valoración grao de consecución de obxectivos
Valoración das partes implicadas e do proxecto: punto de partida e resultado
final.
Recollida de información: opinión dos alumnos /as entorno a experiencia
levada a cabo.
Despois de rematar as primeiras rotas elaboráronse actividades LIM (libro
interactivo multimedia) e o alumnado ía contestando e lembrando a súa
experiencia.
Nas seguintes actividades coa axuda do profesorado realizaron presentaciones
sobre os percorridos.
5.- Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas por
cadaquén:
FRANCISCA DÍAZ CASTAÑEIRA
Realizou as saídas cos alumnos de quinto (rota 1 e 2) e traballou as
actividades do proxecto dende as áreas de Coñecemento do Medio e Lingua
na súa titoría. Colaborou na realización de diferentes obradoiros de reciclaxe.
Mª MERCEDES RODRIGUEZ RÍOS
Gran coñecedora da zona, traballou na programación das rotas e contactou
con personas externas colaboradoras no proxecto.
JOSÉ Mª RAÑÓN MOIRÓN
Coñecedor do proxecto dotros cursos, asesorou nas rutas, realizou as rota 1 e
traballou co alumnado na paxina web co obxecto de actualizala coas
actividades que se realizaron durante o curso. Tamén na organización das
saídas, e na elaboración de recursos e materiais dixitais para a web do centro
e os blog da biblioteca e blog do Gregorio Sanz. Participou una elaboración da
da memoria final do proxecto.
LOURDES MARQUÉS ESPINA
Coñecedora do proxecto doutros cursos, dinamizou ao grupo para participar
no proxecto e realizou a inscribción. Asesorou nas rutas, colaborou na
elaboración de cadernos de campo e nas tarefas organizativas para as saídas
(autobuses, materiais de limpeza…)
Mª TERESA GARCÍA LÓPEZ
Realizou as saídas previas obxecto da programación, colaborou na
elaboración de cadernos de campo, contactou con colaboradores externos e
realizou as saídas 2, 3 e 4
Mª CARMEN MARQUÉS RODRÍGUEZ
Traballou cos/coas alumnos/as na aula aspectos previos ás saídas e estivo
informada todo o tempo sobre os obxectivos do proxecto
CONCEPCIÓN C. SANTANA MÉNDEZ
Coordinadora do plan Proxecta programou as rotas coa axuda dos demais
membros do proxecto.
Realizou as saídas previas obxecto da programación, colaborou na elaboración
de cadernos de campo, contactou con colaboradores externos e realizou e
estivo presente en tódalas saídas Tamén colaborou coas actividades
realizadas antes, durante e despois dos percorridos.
Respondable da elaboración da memoria final.
5.- Bibliografía e ligazóns utilizadas:
 A Ría de Ribadeo. Natureza entre dúas augas. José María Fernández
Díaz-Formentí. Ed. Varias
 Enrique Sampedro Miranda – Blog Ría de Ribadeo (http://ria-de-
ribadeo.blogspot.com) – Ilustr.: RSPB e BirdGuides – p. 1/5
 Día Mundial dos Humidais Ría de Ribadeo, 2 de febreiro de 2013.
Enrique Sampedro Miranda.
 Video sobre as aves de Ribadeo, elaborado por profesores de IES
Porta de Auga.
 Proxecións sobre o caderno de campo e imaxes sobre as rotas e
obxectivos a traballar.
 Alcalde de Ribadeo. Debate social sobre As Catedrais
http://www.youtube.com/watch?v=xaiG_bYuZFo
 Proxecións sobre as rotas.
 Consultas de diferentes páxinas web de aves .
 Consultas de diferentes páxinas web de a Praia das Catedrais.
 Un sabotaje provoca un vertido en la playa de las catedrales
en Ribadeo
http://www.antena3.com/noticias/sociedad/sabotaje-provoca-vertido-playa-catedrales-
ribadeo_2013031800014.html
 Infoormación sobre o Castro das Grobas en internet
/http://patrimoniogalego.net/index.php/5775/2011/09/castro-de-as-grobas/
http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/02/11/0003_7521215.htm
Estivemos en contacto con Turimo de Ribadeo e co Concello que en
todo momento colaborou con nós sobre as rotas e nas explicacions e
temas de interese para o alumnado.
O alumnado estivo sempre informado en todo momento sobre os
obxectivos das rota e traballaron actividades relacionadas con este
proxecto, antes, durante e despois das saídas

More Related Content

Similar to Memoria plan proxecta. final

O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.Leonor Mazgar
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdfartemalone
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaEncarna Lago
 
Crónica antonio gonzález a d e g a
Crónica antonio gonzález a d e g aCrónica antonio gonzález a d e g a
Crónica antonio gonzález a d e g asatelite1
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 
Plan PARTICIP@ NA REDE de municipios OURENSÁNS de cara a sostibilidade
Plan PARTICIP@ NA REDE de municipios OURENSÁNS de cara a sostibilidadePlan PARTICIP@ NA REDE de municipios OURENSÁNS de cara a sostibilidade
Plan PARTICIP@ NA REDE de municipios OURENSÁNS de cara a sostibilidadeclimatlantic
 
Unidade didctica auga
Unidade didctica augaUnidade didctica auga
Unidade didctica augaEstherv
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1pastoraastray
 
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...chusiadai
 
Antonio gonzález plan proxecta
Antonio gonzález plan proxectaAntonio gonzález plan proxecta
Antonio gonzález plan proxectasatelite1
 

Similar to Memoria plan proxecta. final (20)

O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
Detalles da tarefa escolar
Detalles da tarefa escolarDetalles da tarefa escolar
Detalles da tarefa escolar
 
Detalles da tarefa escolar
Detalles da tarefa escolarDetalles da tarefa escolar
Detalles da tarefa escolar
 
Crónica antonio gonzález a d e g a
Crónica antonio gonzález a d e g aCrónica antonio gonzález a d e g a
Crónica antonio gonzález a d e g a
 
UNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADA
UNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADAUNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADA
UNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADA
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Unha montana de cine
Unha montana de cineUnha montana de cine
Unha montana de cine
 
Plan PARTICIP@ NA REDE de municipios OURENSÁNS de cara a sostibilidade
Plan PARTICIP@ NA REDE de municipios OURENSÁNS de cara a sostibilidadePlan PARTICIP@ NA REDE de municipios OURENSÁNS de cara a sostibilidade
Plan PARTICIP@ NA REDE de municipios OURENSÁNS de cara a sostibilidade
 
Unidade didctica auga
Unidade didctica augaUnidade didctica auga
Unidade didctica auga
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1
 
Programacion a auga
Programacion a augaProgramacion a auga
Programacion a auga
 
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
 
Antonio gonzález plan proxecta
Antonio gonzález plan proxectaAntonio gonzález plan proxecta
Antonio gonzález plan proxecta
 

More from senlleiro2

Analisis proyecto
Analisis proyectoAnalisis proyecto
Analisis proyectosenlleiro2
 
As nosas reseñas
As nosas reseñasAs nosas reseñas
As nosas reseñassenlleiro2
 
O comic tamen_nos_mola
O comic tamen_nos_molaO comic tamen_nos_mola
O comic tamen_nos_molasenlleiro2
 
Outros informes
Outros informesOutros informes
Outros informessenlleiro2
 
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
Rota de 6º.  xunco ata as catedraisRota de 6º.  xunco ata as catedrais
Rota de 6º. xunco ata as catedraissenlleiro2
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º cursosenlleiro2
 
Rota 3 6º curso
Rota 3   6º cursoRota 3   6º curso
Rota 3 6º cursosenlleiro2
 
Plan proxeecta coñece a costa de ribadeo. rota 1 - 5º curso
Plan proxeecta  coñece a costa de ribadeo. rota 1 -  5º cursoPlan proxeecta  coñece a costa de ribadeo. rota 1 -  5º curso
Plan proxeecta coñece a costa de ribadeo. rota 1 - 5º cursosenlleiro2
 
Este lobo da para moito conto!
Este lobo da para moito conto!Este lobo da para moito conto!
Este lobo da para moito conto!senlleiro2
 
Os tres porquiños!
Os tres porquiños!Os tres porquiños!
Os tres porquiños!senlleiro2
 
Nos tamén creamos...
Nos tamén creamos...Nos tamén creamos...
Nos tamén creamos...senlleiro2
 
Brinqui informa
Brinqui informaBrinqui informa
Brinqui informasenlleiro2
 
Rota 6º curso
Rota 6º cursoRota 6º curso
Rota 6º cursosenlleiro2
 

More from senlleiro2 (16)

Analisis proyecto
Analisis proyectoAnalisis proyecto
Analisis proyecto
 
As nosas reseñas
As nosas reseñasAs nosas reseñas
As nosas reseñas
 
Contos
ContosContos
Contos
 
Lemos teatro
Lemos teatroLemos teatro
Lemos teatro
 
O comic tamen_nos_mola
O comic tamen_nos_molaO comic tamen_nos_mola
O comic tamen_nos_mola
 
Outros informes
Outros informesOutros informes
Outros informes
 
Cartel normas
Cartel normasCartel normas
Cartel normas
 
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
Rota de 6º.  xunco ata as catedraisRota de 6º.  xunco ata as catedrais
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º curso
 
Rota 3 6º curso
Rota 3   6º cursoRota 3   6º curso
Rota 3 6º curso
 
Plan proxeecta coñece a costa de ribadeo. rota 1 - 5º curso
Plan proxeecta  coñece a costa de ribadeo. rota 1 -  5º cursoPlan proxeecta  coñece a costa de ribadeo. rota 1 -  5º curso
Plan proxeecta coñece a costa de ribadeo. rota 1 - 5º curso
 
Este lobo da para moito conto!
Este lobo da para moito conto!Este lobo da para moito conto!
Este lobo da para moito conto!
 
Os tres porquiños!
Os tres porquiños!Os tres porquiños!
Os tres porquiños!
 
Nos tamén creamos...
Nos tamén creamos...Nos tamén creamos...
Nos tamén creamos...
 
Brinqui informa
Brinqui informaBrinqui informa
Brinqui informa
 
Rota 6º curso
Rota 6º cursoRota 6º curso
Rota 6º curso
 

Memoria plan proxecta. final

  • 1. 1.- Título do proxecto: COÑECER A COSTA DE RIBADEO, Introdución (sinopse do proxecto): Tal e como se desprende do título, COÑECER A COSTA DE RIBADEO, é un proxecto orientado a que os alumnos do Terceiro Ciclo (5º e 6º de E. Primaria) coñezan o litoral do noso Concello. Está encadrado nas áreas de Coñecemento do Medio, Lingua e de Educación Física e, pretende os obxectivos que máis adiante se mencionan. Salientar que este proxecto xa se ven levando a cabo neste Centro dende o curso 2008-2009 e que, a novidade máis destacable no presente ano académico foi a introdución do estudo das aves que habitan na zona e a limpeza de algunha das praias. 2.- Grao de consecución dos obxectivos: O obxectivo principal era o coñecemento do noso litoral por parte dos alumno/as , sendo unha actividade conxunta das áreas de Educación Física, Lingua e Coñecemento do Medio. Hai outros obxectivos específicos de cada unha destas áreas; a de Ed. Física, xa veñen dados ó ser unha actividade practicamente física como rota de sendeirismo e propiamente actividades de orientación; en canto a de Coñecemento do Medio, ademais do traballo de nosa contorna e do coñecemento e a interacción co mundo físico , unha forma de contactar era traballar co medio natural, social e cultural e dentro desta competencia está a observación e conservación da flora mariña e das aves típicas desta zona do litoral. No que se refire a Área de Lingua, entrarán os obxectivos propios desta en canto ó dominio que se lles esixe ós alumnos destes niveis cando sexa de confeccionar actividades ou ben descricións do que se fixo nas visitas.
  • 2. Outro obxectivo moi importante era a explicación por parte de persoas idóneas de algúns sitios ou instalacións concretas que entraban previstas nas rotas (xa mencionado no punto anterior). Engadir outro obxectivo non menos importante: compartir unha xornada en grupo, valorando os traballos construtivos, responsables e solidarios co medio natural, social e cultural. E que o alumado colaborase con noso ámbito na limpeza de praias e conciencialos en ser respectuoso con noso medio ambiente e co coidado de noso litoral. Os obxectivos foron acadados con éxito e temos previsto para o vindeiro curso continuar co proxecto . 3.- Organización, desenvolvemento e metodoloxía: A primeira medida organizativa para lograr o noso fin foi respectar a división do percorrido da Costa de Ribadeo nas catro rotas xa implantadas . A segunda realizar unha visita previa co obxecto de poder programar as saídas e, finalmente confeccionar os cadernos de campo e programar as diferentes actividades a realizar antes, durante e despois das saídas. Rota 1: VILAVELLA – FARO DA ILLA PANCHA Rota 2: INSUA (Castro de As Grobas) – A. RECREATIVA DE VILAFRAMIL Rota 3 - RINLO: Dende a Área Recreativa de Vilaframil ata a Praia dos Xuncos Rota 4 - PRAIA DOS XUNCOS – PRAIA DAS CATEDRAIS As rotas 1 e 2 realizáronse, a pé, cos alumnos de quinto curso e as rutas 3 e 4 cos de sexto. Deste xeito, o alumnado logra coñecer a costa do concello ó finalizar o ciclo. Co obxecto de enriquecer o proxecto e cumprir tódolos obxectivos educativos que nos ofrecen estas rutas, visitáronse instalacións de interese
  • 3. didáctico, contouse coa colaboración de institucións e persoas para explicar, dende diferentes ámbitos de coñecemento (histórico, económico, natural, ambiental, de valores …) ; realizáronse actividades de limpeza de diferentes praias; e elixíronse como temas concretos as aves e a flora que habitan a zona.  Na ROTA 1, visitamos as instalacións do Centro de Cultivos Mariños,sito no peirao de Porcillán, onde persoal empregado neste Centro explicou ós alumnos de quinto curso a labor que desenvolven cas especies mariñas que alí se cultivan. Asemade paseamos O forte de San Damían e, con permiso previo da Dirección de Portos de Galicia, o encargado das sinais marítimas amosou ós citados alumnos ás instalacións do Faro da Illa Pancha. Limpeza da praia de Rocas Brancas e obsevación de aves da Ría de Ribadeo  Na ROTA 2, contamos coa colaboración dun veciño de Vilaselán, gran coñecedor das construcións castrexas, que explicou ós alumnos de quinto curso o Castro das Grobas preto da Insua, cabeceira da rota.Limpeza da praia de Piñeira.  Na ROTA 3, acompañounos un veciño da parroquia de Rinlo, antigo empregado das cetarias e xubilado dende hai uns anos, para contar os alumnos de sexto curso as peculiaridades destas instalacións, ademais un pouco da súa historia. Non foi posible contar coa colaboración dunha marisqueira tal e como estaba previsto.  Na ROTA 4, a empregada da Oficina de Turismo do Concello de Ribadeo explicoulles a rara formación das rochas da praia e acantilado da Praia das Catedrais. A metodoloxía foi activa, participativa e colaborativa. Previo ás saídas entregouse caderno de campo aos alumnos /as. Durante a saída os rapaces
  • 4. organizábanse en grupos pequenos e tomaban nota das informacións , observacións … ademais de facer fotos. Tras a visita realizábase un traballo grupal para rematar as actividades no caderno, e facer actividades interactivas no ordenador. 4.- Avaliación (instrumentos utilizados e resultados obtidos): Para o mellor desenvolvemento da actividade, contamos con mapas do litoral do concello de Ribadeo. Estes mapas –tanto clásicos como de fotografía de satélite- de distinto tamaño para traballar con eles na aula ou ben un deles a tamaño grande (2,5 x 0,9 m.) exposto nun mural da pranta baixa do centro onde se pode ver o que é o litoral do Concello de Ribadeo e a toponimia dos diversos accidentes costeiros. Antes de comezar cada rota mostrábase ao alumnado a través de proxeccións o percorrido e as visitas, así como el obxectivo de cada actividade ( as aves, a flora mariña, observación das rochas de noso litoral) En cada rota a visitar facilitábamos uns cadernos de campo da rota, lugares que van ver e outros consellos para a saída, cuestionario de enquisa para facelas coa persoas que explicaba in situ e actividades para traballar despois en grupo. O alumnado mostrou interese pola actividade e, despois desta experiencia con eles o vindeiro curso temos pensado continuar co proxecto, pero facendo fincapé en aquelas tarefas que amosaron máis curiosidade. Algo curioso é que moito dos rapaces/zas descoñecían a súa costa. É algo moi importante para o profesorado é que eles e elas coñezan o ámbito onde viven no seu concello.
  • 5. Valoración grao de consecución de obxectivos Valoración das partes implicadas e do proxecto: punto de partida e resultado final. Recollida de información: opinión dos alumnos /as entorno a experiencia levada a cabo. Despois de rematar as primeiras rotas elaboráronse actividades LIM (libro interactivo multimedia) e o alumnado ía contestando e lembrando a súa experiencia. Nas seguintes actividades coa axuda do profesorado realizaron presentaciones sobre os percorridos. 5.- Listaxe de profesorado participante e tarefas realizadas por cadaquén: FRANCISCA DÍAZ CASTAÑEIRA Realizou as saídas cos alumnos de quinto (rota 1 e 2) e traballou as actividades do proxecto dende as áreas de Coñecemento do Medio e Lingua na súa titoría. Colaborou na realización de diferentes obradoiros de reciclaxe. Mª MERCEDES RODRIGUEZ RÍOS Gran coñecedora da zona, traballou na programación das rotas e contactou con personas externas colaboradoras no proxecto. JOSÉ Mª RAÑÓN MOIRÓN Coñecedor do proxecto dotros cursos, asesorou nas rutas, realizou as rota 1 e traballou co alumnado na paxina web co obxecto de actualizala coas actividades que se realizaron durante o curso. Tamén na organización das saídas, e na elaboración de recursos e materiais dixitais para a web do centro e os blog da biblioteca e blog do Gregorio Sanz. Participou una elaboración da da memoria final do proxecto.
  • 6. LOURDES MARQUÉS ESPINA Coñecedora do proxecto doutros cursos, dinamizou ao grupo para participar no proxecto e realizou a inscribción. Asesorou nas rutas, colaborou na elaboración de cadernos de campo e nas tarefas organizativas para as saídas (autobuses, materiais de limpeza…) Mª TERESA GARCÍA LÓPEZ Realizou as saídas previas obxecto da programación, colaborou na elaboración de cadernos de campo, contactou con colaboradores externos e realizou as saídas 2, 3 e 4 Mª CARMEN MARQUÉS RODRÍGUEZ Traballou cos/coas alumnos/as na aula aspectos previos ás saídas e estivo informada todo o tempo sobre os obxectivos do proxecto CONCEPCIÓN C. SANTANA MÉNDEZ Coordinadora do plan Proxecta programou as rotas coa axuda dos demais membros do proxecto. Realizou as saídas previas obxecto da programación, colaborou na elaboración de cadernos de campo, contactou con colaboradores externos e realizou e estivo presente en tódalas saídas Tamén colaborou coas actividades realizadas antes, durante e despois dos percorridos. Respondable da elaboración da memoria final. 5.- Bibliografía e ligazóns utilizadas:  A Ría de Ribadeo. Natureza entre dúas augas. José María Fernández Díaz-Formentí. Ed. Varias  Enrique Sampedro Miranda – Blog Ría de Ribadeo (http://ria-de- ribadeo.blogspot.com) – Ilustr.: RSPB e BirdGuides – p. 1/5
  • 7.  Día Mundial dos Humidais Ría de Ribadeo, 2 de febreiro de 2013. Enrique Sampedro Miranda.  Video sobre as aves de Ribadeo, elaborado por profesores de IES Porta de Auga.  Proxecións sobre o caderno de campo e imaxes sobre as rotas e obxectivos a traballar.  Alcalde de Ribadeo. Debate social sobre As Catedrais http://www.youtube.com/watch?v=xaiG_bYuZFo  Proxecións sobre as rotas.  Consultas de diferentes páxinas web de aves .  Consultas de diferentes páxinas web de a Praia das Catedrais.  Un sabotaje provoca un vertido en la playa de las catedrales en Ribadeo http://www.antena3.com/noticias/sociedad/sabotaje-provoca-vertido-playa-catedrales- ribadeo_2013031800014.html  Infoormación sobre o Castro das Grobas en internet /http://patrimoniogalego.net/index.php/5775/2011/09/castro-de-as-grobas/ http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/02/11/0003_7521215.htm Estivemos en contacto con Turimo de Ribadeo e co Concello que en todo momento colaborou con nós sobre as rotas e nas explicacions e temas de interese para o alumnado. O alumnado estivo sempre informado en todo momento sobre os obxectivos das rota e traballaron actividades relacionadas con este proxecto, antes, durante e despois das saídas