1. UN DÍA “DE COMPRAS”…
Crónica de Antonio González López. Abril 2012
O 30 de marzo de 2012, fómonos de vacacións de Semana Santa, levamos as notas para a
casa… E algo máis…
Pois é que, por cuarta vez, cuarto ano consecutivo, no CPI “Virxe da Cela” celebramos
a xornada do Rastro Solidario 2012, co fin de recadar cartos para continuar cos nosos propósitos
solidarios, neste caso, para continuar a construción dunha escola na India. O ano pasado, cando
celebramos o III Rastro Solidario, recadamos algo máis de mil euros e, este ano, algo menos,
pero sumándolle o recadado na campaña de San Valentín, coa venda de flores e sobres,
conseguiuse pasar dos mil euros.
Quizais fose notoria unha baixada de participación, pero aínda así os nosos propósitos
continúan, xunto co espírito de Monferosolidario, latentes neste centro. O venres 30 poidemos
mercar dende cintas de vídeo ata pezas de cerámica, pasando por bisutería e alfaias de todo
tipo… (O Corte Inglés perdeu de vender).
No rastro mercamos todos os do colexio, incluso nos visitou unha antiga profesora, que
se xubilou hai tres anos, Mercedes Cachaza (é preciso darlle as grazas á profesora por vir, e
polos caramelos). En fín, continuamos forxando o que xa é tradición, sen esquecernos e
recoñecendo o traballo que desempeñaron algúns alumnos e alumnas que viñeron o día anterior,
voluntariamente, a axudarlles ás profesoras a montar o Rastro.
Unha vez que tivemos feitas as nosas compras, as alumnas e o alumno de 4º. Déronnos
unha charla sobre a India, os problemas que teñen cos cultivos e algúns aspectos nos que
traballa a Fundación Vicente Ferrer, asociación coa que se colabora.
Esperamos que se continúe con estas actividades e coa labor de Monferosolidario.