Esta presentación foi realizada para participar no V Premio TIC da Fundación Impuls cun proxecto para nenos de 3 e 4 anos sobre o ceo nocturno, a lúa e as estrelas.
1. O CEO NOCTURNO:
A LÚA E AS ESTRELAS
Proxecto desenvolvido na aula de 3 e 4 anos
do CEIP de Pazos – Ferrol
Curso 2009 / 2010
AUTORAS:
Rosa Grille Riazuelo e Ana Martínez Rey
3. Descrición do proxecto
Aproveitando que o ano 2009 foi declarado “Ano Internacional da
Astronomía” e que existe un interese natural nos nenos e nenas por indagar
nesta temática, xurde a idea de levar a cabo un proxecto de traballo sobre este
tema, que abranguese todas as áreas do currículo da Educación Infantil e no
que se puxeran en xogo todas as competencias básicas do noso alumnado,
segundo a Teoría das Intelixencias Múltiples de Gadner.
Moitos dos nenos e nenas que viven nas cidades descoñecen que as
estrelas do ceo teñen nome, simplemente porque a contaminación lumínica das
urbes impídelles velas.
O obxectivo fundamental foi achegarlle aos nenos e nenas da aula de 3 e
4 anos de Educación Infantil esta realidade tan lonxana pero que á súa vez lles
rodea, empregando como recursos por excelencia o xogo, a observación, a
exploración e a manipulación. Ademáis, como vez sendo habitual na nosa
práctica docente a integración das TIC na dinámica da aula, terá tamén un
papel moi importante no desenvolvemento do proxecto.
4. Fases do proxecto: motivación
• DESCUBRIMENTO DOS ELEMENTOS DO CEO NOCTURNO
GRAZAS Á SÚA PRESENZA NA LITERATURA INFANTIL.
– Conto principal:
• A QUE SABE A LÚA? , Ed. Kalandraka.
– Outros contos:
• BOAS NOITES, LÚA, Harper Collins.
• PACO, Ed. Kalandraka.
• QUEN ROUBOU A LÚA?, OQO editora.
• PAPÁ, ACHÉGAME A LÚA, POR FAVOR, Ed. Kalandraka.
5. Fases do proxecto: desenvolvemento
• LIBRO LIM DO CONTO “ A QUE SABE A LÚA?” CON
ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA E
LECTOESCRITURA NA PDI E NO ORDENADOR
DA AULA.
• MODELADO DA LÚA.
• OBSERVACIÓN E REXISTRO DO CALENDARIO
LUNAR.
• CELEBRACIÓN DA LÚA CHEA.
• FICHAS EN PAPEL SOBRE O PROXECTO DA LÚA.
• CALIGRAMAS CON POEMAS DA LÚA FEITOS CON
WORDLE.
• DESCUBRIMENTO DA OBRA DE JOAN MIRÓ: A PDI
COMO LENZO CONTEMPORÁNEO COAS OBRAS DE
MIRÓ.
6. Fases do proxecto: desenvolvemento
• CONTO (oral) DA MITOLOXÍA GREGA SOBRE A
HISTORIA DE ANDRÓMEDA.
• LIBRO LIM “O NOME DAS ESTRELAS”.
• FICHAS DO PROXECTO DAS ESTRELAS E AS
CONSTELACIÓNS E DOS SIGNOS DO ZODIACO.
• BÚSQUEDA EN GOOGLE DE IMAXES DAS
CONSTELACIÓNS PARA PROXECTAR NO TEITO DA
AULA.
• PINTAMOS UN CEO DE ESTRELAS.
• OS NENOS E NENAS SON FOTÓGRAFOS.
• TEATRO DE SOMBRAS “LEO E AS ESTRELAS”.
7. Fases do proxecto: finalización
• SAÍDA AO CONTORNO PARA OBSERVAR O
CEO NOCTURNO A TRAVÉS DUN
TELESCOPIO, COS NOSOS PROPIOS OLLOS
E A TRAVÉS DO PROGRAMA STELLARIUM.
• XOGAMOS CO STELLARIUM NA PDI E
RECORDAMOS TODOS OS CONTIDOS
TRABALLADOS.
8. Materiais elaborados
Todos os materias elaborados e a secuencia de
actividades deseñadas para desenvolver o proxecto da
Lúa e as estrelas está recollida neste blogue:
http://espazostelar.blogspot.com*
*Este blogue foi creado coa finalidade de presentarse ao premio TIC da Fundación Impuls. Se queredes visitar o noso caderno de aula, preme aquí.
9. Materiais elaborados
Ademáis, subíronse na ftp da páxina web do noso centro
tres aplicacións de elaboración propia:
– LIBRO LIM: “A que sabe a Lúa?”.
– LIBRO LIM: “O nome das estrelas”.
– Smart Notebook: “Joan Miró: a PDI como lenzo
contemporáneo”.
10. Requerimentos de software
Desde aquí podes descargar o software que
precises.
Adobe Flash Player
Java
Smart notebook
ediLIM
Stellarium