Pulsa flechas abajo a la derecha para ver a pantalla completa
1. Federación de Comercio Hostelería e Turismo
fecohtgalicia.blogspot.com
6º COMUNICADO
NEGOCIACIÓN CONVENIO COMERCIO METAL DE PONTEVEDRA
7 de febreiro de 2012
Esta reunión da mesa de negociación do Convenio de Comercio Metal da provincia
de Pontevedra deu pouco de sí.
A patronal presentouse na reunión sen ter moi claro como desbloquear a situación de
esta negociación e presentou a mesma proposta do pasado 21 de decembro con dous
matices que, inda que importantes, non conseguen que se produza un avance
substancial que nos faga pensar que están de verdade en disposición de alcanzar un
acordo.
Estes dous matices son a retirada das súas propostas sobre o complemento de IT
e a regulación das faltas e sancións. Recordarvos que na anterior reunión
planearamos por parte de CCOO como cuestión primordial a retirada de estes dous
temas, o primeiro por tratarse de unha rebaixa das condicións de traballo inasumible e
o segundo por que será regulado no Acordo Marco de Comercio,
A pesar de este avance, o escollo principal segue a estar no incremento salarial que
está moi lonxe da pretensión de CCOO de garantir o poder adquisitivo dos
salarios. A proposta da patronal (convenio a tres anos con incrementos do 0%, 1,25%
e 1,25%, sen cláusula de revisión) supón que se poida perder en torno a un 5% ou 6%
de poder adquisitivo na suma dos tres anos, sen garantías de poder recuperar cando a
situación económica mellore.
CCOO entendemos que os tempos que están a vivir algunhas empresas son moi
complicados, pero tamén os traballadores e traballadoras estamos a pasar por
situacións moi difíciles. Ante este panorama formulamos que se recollan no convenio
fórmulas para garantir a supervivencia das empresas con problemas sen que
necesariamente teñamos que hipotecar o futuro do convenio recortando dereitos ou
empeorando aínda mais o poder adquisitivo dos nosos salarios.
Estamos a vosa disposición para aclarar calquera dubida que teñades.