Edipo Rei

1,066 views

Published on

Comentario e selecta de fragmentos da traxedia "Edipo Rei" de Sófocles. Case todas as páxinas acompañadas de imaxes levan notas, que só se verán se a presentación é descargada. Outro tanto ocorre para poder escoitar a música de fondo.

Published in: Education, Health & Medicine
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,066
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
6
Actions
Shares
0
Downloads
14
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide
  • Edipo Rei

    1. 1. Edipo Rei Sófocles Realizado por J. FUENTES NOVO Fondo musical: Aria “Liberi, vos liberabo” de Oedipus Rex de I. Stravinsky
    2. 2. Edipo Rei preséntase en escena arredor do 430 a.C. É a traxedia modélica na Poética de Aristóteles. Modelo de fábula tráxica que move a compaixón (por non merecer a súa desdita) e temor a quen escoita dos acontecementos que a constitúen. E desta maneira leva á catarse ou purificación. Temor e compaixón poden nacer do espectáculo, pero tamén da estrutura mesma dos feitos. O material mítico seleccionado foi o evocador dunha peripecia patética do protagonista, por causa dun erro, acompañada do recoñecemento ou agnanórise na súa desgraza. A obra desenvólvese cun mecanismo de suspense case perfecto. Debemos salientar no caso de Edipo Rei a orixinal construción do drama: Respectando as regras clásicas de unidade de acción, lugar e tempo, nunhas horas e na dianteira do pazo real de Tebas, Sófocles presenta a historia como unha investigación persoal de Edipo rei sobre o seu pasado.
    3. 3. Prólogo (1-150) No prólogo sitúase ao espectador nos antecedentes da acción. A obra comeza cando xa Edipo ocupa o trono de Tebas e leva uns 18 ou 20 anos casado con Iocasta. Tivo dous fillos e dúas fillas. A poboación de Tebas, que confiou nel dende que salvou á cidade da esfinxe, considérao un rei xusto e sabio, por iso acude onda el pedir a súa axuda ante a angustiosa situación provocada pola peste, que está a decimar a cidade. Este é o gran Edipo que aparece na primeira escena como un rei paternal, quen se dirixe aos supricantes encabezados por un sacerdote.
    4. 4. A peste de Tebas
    5. 5. EDIPO: Fillos, descendencia recente do antigo Cadmo, por que estes asentos diante miña ocupades, portando ramos de supricantes? A cidade está ateigada de incienso, 5 á vez que de peáns e de laios. SACERDOTE: Ea! o máis nobre dos mortais, endereita de novo a cidade .
    6. 6. Edipo mandou ao seu cuñado Creonte consultar o oráculo délfico. A resposta de Apolo é vingar a morte do rei Laio e castigar aos asasinos. Edipo comprométese a aclaralo todo “dende o empezo”. Esta escena é a presentadora da “lea” ou conflicto dramático que dará arranque á acción, centrada nas averiguacións feitas polo rei Edipo.
    7. 7. EDIPO: 70 A Creonte, o meu propio cuñado, á mansión pítica de Febo mandeino, para que se informe do que debo facer ou hei dicir, de xeito que salve a cidade.
    8. 8. CREONTE: Vou dicir o que oín de parte do deus. Ordénanos con toda claridade o soberano Febo que unha mancha que, según el, medrou nesta nosa terra, expulsémola da rexión e non a alimentemos ata ser incurable.
    9. 9. EDIPO: Con que clase de purificación? Cal é o carácter da desgraza? CREONTE: 100 Co desterro, ou reparando unha morte con morte de novo, posto que este sangue é o que está sacudindo a cidade.
    10. 10. ...Morto el, manda agora o deus con toda claridade que sexa vingado castigando con enerxía aos autores quenqueira que sexan. ...A consultar os oráculos, según dixo, marchara fóra do país, e xa non volveu á casa. ...Pois morreron, agás un que tras fuxir, asustado, do que 119 sabía e con excepción dunha soa cousa nada soubo dicir con seguridade. ... Dixo que uns bandidos atopáronse con el e deronlle morte non baixo un só brazo, senón baixo moitas mans.
    11. 11. Sibila de Delfos
    12. 12. EDIPO: Que caste de desgraza se interpuxo, cando caeu a soberanía, e non deixaba saber isto con exactitude? CREONTE: 130 A esfinxe de cantos enigmáticos facíanos atender ao de entre os nosos pés, deixando de lado os asuntos fóra da vista. EDIPO: Está ben. Dende o empezo voltando cara atrás eu poreino en claro,...
    13. 13. A parodos era a primeira saída do coro, na que entoaba fragmentos líricos. Párodo (151-215) Este canto de entrada do coro consta de tres pares de estrofas. O coro de tebanos anciáns cos seus laios describe os males que causa a peste e invoca ás divindades para se fortaleceren fronte o mal. Pregan ao Oráculo, á tríada de divindades e agardan anguriados signos de resposta. Velaí a escena que dá comezo ao drama propiamente dito.
    14. 14. CORO: Estrofa 1 Nado de Zeus Oráculo de doce palabra, que é o que dende Pitón, a rica en ouro, á esplendente Tebas traer viñeches? Antístrofa 3 202 Soberano Liceo, os teus dardos da corda do teu arco, trenza de ouro, eu quixera que indómitos se repartisen tal que unha muralla defensora,
    15. 15. e de Artemis os fachos que levan lume, cos que polos montes de Licia vai correndo.
    16. 16. Comezo da acción , trala retirada do coro da escena. Os episodios ou actos son as partes recitadas polos actores. Episodio 1º (216-462) Neste primeiro episodio Edipo proclama a maldición contra quen asasinara a Laio.
    17. 17. EDIPO: A este home prohíbo, calquera que sexa, que ninguén desta terra, da que rexento poderes e atribucións, nin o acolla dentro da súa casa nin lle dirixa a palabra, ... senón que o boten todos das súas casas, coma unha mancha que este é para nós, ... Como se realmente se tratase de meu pai, 265 esta batalla na súa defensa vou entaboar, e ata o cabo hei chegar, no intento de coller ao autor do asasinato do fillo de Lábdaco ...
    18. 18. Algúns episodios constituían agóns ou enfrontamentos dialogados entre protagonista e antagonistas. Por consello de Creonte chaman polo adiviño Tiresias. Ten lugar un diálogo entre Edipo e Tiresias que dexenera nun enfrontamento, no que se pronuncian insultos: De primeiras Tiresias advirte da utilidade de non saber, e só por mor das ameazas de Edipo, acusa ao rei de ser o asasino que se está a buscar e de ter provocado horribles feitos. Edipo cre que se disimula así unha conspiración argallada por Tiresias e Creonte. O adiviño despídese co mal agoiro para o asasino de Laio, que “se marchará despois de ver”.
    19. 19. EDIPO: Entérate de que ao meu parecer participaches realmente na confección da empresa, e cometíchela, só que non o mataches coas túas mans... TIRESIAS: 350 De verdade? Conmínote a que perseveres na proclama que en público fixeches, e que dende o día de hoxe non nos dirixas a palabra nin a estes nin a min, pois eres o aldraxador impuro desta terra.
    20. 20. EDIPO: Ata tal punto de desvergonza levaches estas palabras?... TIRESIAS: Digo que ti eres o asasino de aquel home, o asasino que buscas... Non te derrubará o destino por obra miña, pois abonda Apolo, a quen interesa levar isto ao seu total cumprimento.
    21. 21. EDIPO: 390 Porque, ea!, di, en que ocasión fuches ti un adiviño veraz? Como, cando a cadela cantora aquí estivo, non dixeches algo liberador polo ben desta cidadanía? ... Fun eu, Edipo, o que nada sabía, quen ao chegar acabei con el, acadándoo con cavilación e non por telo aprendido das aves. E a este ti agora tentas botalo fóra con mentes de pórte á beira do trono rexido por Creonte...
    22. 22. TIRESIAS: E dígoche, xa que agora me ultraxaches por cego, que ti tés vista e non ves en que grao de desgraza estás, nin onde habitas, non con quen vives. Seica sabes de quen vés? 438 O día de hoxe xerarate e destruirate. 450 E dígoche: o home este que dende hai tempo vés buscando con ameazas e proclamas como asasino de Laio, ese velaiquí está, como estranxeiro residente de palabra, pero despois aparecerá de liñaxe tebana, e non se aledará co suceso, porque cego de vidente que era, e pobre no lugar de rico sobre terra estranxeira camiñará atentando previamente o camiño cun bastón...
    23. 23. Stasimon vén sendo o canto (sen anapesto e sen troqueo) do coro que servía de intermedio entre os episodios, e permitía o cambio de máscara e traxe dos actores. A súa estrutura semella a dun poema coral: estrofa, antístrofa e épodo . Estásimo 1º (463-512) O primeiro estásimo abrangue dous pares de estrofas. O coro anuncia a condena a morte do anónimo asasino. Nas dúas últimas estrofas expresa a súa confusión e desconcerto, e non dá admitido a acusación non probada sobre do seu rei Edipo.
    24. 24. CORO: Estrofa 2 488 Turbación terrible, si, turbación terrible cáusame o sabio augur, que nin o creo nin o rexeito, e que vou dicir, estou confuso, pois abaneo na esperanza sen ver nin diante nin detrás nada.
    25. 25. Episodio 2º (513-862) Creonte presenta a súa defensa ante Edipo, pero este négase a crelo, discutindo ambos os dous de tal maneira que só a aparición da raíña lle pon remate. Iocasta volve por seu irmán e fai por desenganar a Edipo.
    26. 26. EDIPO: 558 Canto tempo vai certamente dende que Laio ... sen ser visto morreu baixo mortal golpe de man? Como en tal caso, este sabio non dixo daquela isto de agora? ... que de non me ter unido a ti, nunca había de dicir que eu matei a Laio. CREONTE : Se dis iso, ti saberás. Eu pola miña banda creo que o xusto é que me informe de ti coma tamén ti de min agora. EDIPO : Pregunta. De ningún modo serei collido coma asasino.
    27. 27. CORIFEO: 631 Deixade soberáns. Oportuna para vós velaiquí vexo que sae do pazo Iocasta, coa súa intervención é preciso resolver a lea agora xurdida.
    28. 28. IOCASTA: Por que esta tola refrega da lingua, desditados, levantastes, e non sentides vergonza de andar ás gritas axitando rancores particulares, cando a nosa terra esta enfirmidade sofre? ... CREONTE: Que non sexa eu agora ditoso, senón que maldito pereza, se eu dixen algo do que me acusas. IOCASTA : Ai, polos deuses!, Cre isto, Edipo,... EDIPO : Está ben. Que este se vaia, inda que me sexa preciso de certo morrer ou, privado do honor, lonxe desta terra ser botado á forza...
    29. 29. Trala saída de Creonte de escena, o rei faille o relato da acusación verquida encol del. A raíña móstralle que ninguén posúe a arte adiviñatoria porque os vellos vaticinios dados a Laio, de que sería asasinado polo seu fillo, non eran certos, pois este fillo pereceu e el morreu a mans duns ladróns nunha encrucillada de camiños.
    30. 30. IOCASTA: 688 Polos deuses, explícame tamén a min, señor, por que asunto puideches dar lugar a unha cólera tan grande... EDIPO: Di que eu vin ser o asasino de Laio. IOCASTA: Escóitame a min, e entérate de que non hai mortal algún que dispoña de arte adiviñatoria. 700 Amosareiche probas concisas disto.
    31. 31. Chegou un día un oráculo a Laio ... consistente en que a el o alcanzaría o destino de morrer a mans dun fillo que habería de nacer de min e del. E a este, según anda o rumor, uns salteadores estranxeiros son quen o mataron nunha encrucillada de dous camiños. Doutra banda, aínda non pasaran tres días do nacemento do neno cando Laio, despois de lle ataren xuntos os dous pés, botouno por man doutros a un monte inaccesible. E, neste caso, Apolo non levou a cumprimento que aquel fose o asasino de seu pai ...
    32. 32. Os personaxes coa súa intervención van elevando a complicación do drama. A mención daquel lugar pola raíña Iocasta inquieta a Edipo e comeza a súa pescuda. Daquela o Edipo Rei preséntasenos coma unha obra que en cine chamarían en flash-back . Edipo empeza a buscar o asasino de Laio e a retroceder no tempo. Malia a que dende o comezo ata o final da obra non pasan máis de dúas ou tres horas na escena, contouse toda unha vida grazas a ese procedemento de reconto do pasado para expresar o presente, unha técnica que Sófocles domina á perfección.
    33. 33. EDIPO: E onde está o sitio no que tivo lugar este infortunio? IOCASTA: Fócida chámase a rexión, e a encrucillada é a confluencia dos camiños que veñen de Delfos e de Daulia.
    34. 34. EDIPO: 750 Marchaba con reducido séquito, ou levando unha chea de escolta, coma persoa detentadora de poder? IOCASTA: Cinco eran todos os que o acompañaban, e entre eles había un arauto; e un só carro, que levaba a Laio.
    35. 35. O relatado vén confirmar a Edipo que el foi o autor. Só queda a esperanza de seren varios bandidos como dixera o criado de Laio que sobreviviu, e non un só, coma no caso de Edipo. Mandan chamar polo vello criado de Laio.
    36. 36. EDIPO: Ai, isto xa está de todo claro! Quen foi, muller o que vos dou tal nova? IOCASTA: Un criado, que precisamente foi o único que volveu san e salvo. EDIPO: Seica, logo, atópase no pazo agora presente? IOCASTA: Non. Dende que volveu dalí e veu que ti ocupabas o poder e que Laio estaba morto, supricoume colléndome da man que para o campo o mandase ...
    37. 37. Na construción dun maior crescendo dramático Edipo decide contrastar a súa propia historia ata chegar a aqueloutra encrucillada, co xa contado pola raíña. Edipo relata como decidira en Corinto consultar o oráculo de Delfos sobre a súa verdadeira identidade.
    38. 38. EDIPO: A quen podería logo mellor que a ti falarlle, cando a través de tal clase de azar camiño? Meu pai era Pólibo, corintio, e miña nai Mérope, doria. Eu era estimado coma o máis importante dos cidadáns aqueles, antes de que sobre de min fose inminente tal destino,... un home nun banquete, bébedo, chámame, mentres bebiamos, coma se eu fose falso fillo de meu pai. ... este asunto aguilloábame seguido, porque moi adentro se me esvarara.
    39. 39. Ás agachadas de miña nai e de meu pai marchei a Pitón, e Febo ...
    40. 40. EDIPO: 790 cousas terribles e desgrazadas diante de min, desventurado, púxome de manifesto ao me dicir que a miña nai me había unir, ... e que o asasino eu sería do pai que me xerou. E ao oír isto, tras calcular polos astros para o futuro a situación da terra corintia, fuxín ... 800 Na miña marcha chego a eses lugares nos que ti dis que pereceu este soberano.
    41. 41. Cando no meu camiño estaba preto desta encrucillada, nese momento un heraldo e un home montado nun carro tirado por poldros como o que ti dis, atopáronse comigo ,
    42. 42. e fóra do camiño o guía e mailo ancián mesmo botáronme ás bravas. ... o ancián, cando me ve, dende o carro, tras agardar a que me achegase, no medio da cabeza deume cunha pica de dobre aguillón. Non, por certo, pagou o mesmo, senón que coa mesma, batido co bastón por estas man, de costas cae a rolos inmediatamente do centro do carro, e mato a todos os que o acompañan.
    43. 43. Se neste estranxeiro hai algunha relación con Laio, quen hai agora incluso máis desditado que este home? Que home máis odiado polas divindades podería haber?
    44. 44. Estásimo 2º (863-910) Este segundo estásimo comprende dúas estrofas e as súas correspondentes antístrofas. Velaiquí na boca do coro a censura da arrogancia do rei con Creonte. Na segunda estrofa tócalle á impiedade de Iocasta por negar a veracidade dos oráculos.
    45. 45. É importante sinalar que na versión do mito de Edipo que fixo Sófocles aparece a súa idea da piedade: detrás de todo o acontecido semellaban estaren as divindades terribles e incomprensibles de Grecia. Aínda na súa orixe, o mito exemplifica a fatalidade do destino, expresado polo terrible oráculo de Delfos, Edipo é moito máis. A obra está a presentar a fráxil condición do ser humano, ignorante do que fai, ao que esas divindades poden sacudir en calquera momento para que teña conciencia do fráxil que é. El é Edipo a facer xusto o que o leva á destrución. Os deuses non lle marcaran o camiño, pero o camiño que el elixiu pensando que o levaría á verdade non o fai, senón que o leva a caer nunha trampa preparada antes. Esa é a grande ironía tráxica .
    46. 46. CORIFEO: ... ata que te informes do que estivo presente ten esperanza. CORO: Antístrofa 1 A insolencia cría ao tirano. A insolencia, se de moitas cousas se enche á tola que non son nin oportunas nin convenientes, aos máis elevados saíntes ascendendo ao punto sempre se precipita en fatalidade cortante, ...
    47. 47. Estrofa 2 E se alguén con ollar altivo de obra ou de palabra se conduce, sen medo de Xustiza nin as sés das divindades respectando, oxalá que fatal destino o arrebate, por mor da súa arrogancia desditada, se a gañancia non vai gañala con xustiza 890 e de accións impías arredarse non pensa,..
    48. 48. Episodio 3º (911-1085) No episodio terceiro chega un mensaxeiro de Corinto avisar da morte do rei Pólibo e da proclamación como sucesor de Edipo. Iocasta e Edipo alédanse da nova que parece negar de novo a determinación dos oráculos. Pola contra, Edipo teme aínda a outra predicción, que anunciaba a unión con súa nai.
    49. 49. MENSAXEIRO: Se cadra de vós, estranxeiros, podería eu enterarme de onde está o pazo do soberano Edipo?... CORIFEO: A casa é esta, e el está dentro, estranxeiro. A súa esposa e nai... dos seus fillos é esta. MENSAXEIRO: De Corinto. E da nova que vou dicir xa ... aledaraste –como non?- e apenaraste da mesma maneira.
    50. 50. IOCASTA: Como dis? Está morto Pólibo? MENSAXEIRO: Se non digo efectivamente a verdade, sexa merecedor da morte. EDIPO: 971 Pólibo xace no Hades levándose consigo os presentes oráculos de ningunha consideración merecedores.
    51. 51. IOCASTA: Por que habería de sentir medo o ser humano, cando polo que a el respecta son os acaeceres do azar quen teñen poder, e a súa previsión de nada é clara coñecedora? 980 O mellor é vivir as toas, na medida que un poida. Ti polas vodas con túa nai non teñas medo. Moitos entre os mortais xa compartiron o leito con súa nai tamén en soños. Pola contra, aquel para o que estas cousas nada valen, ese coa máxima facilidade leva adiante a súa vida. ..
    52. 52. EDIPO: Non, nunca irei á beira de quen me deron a vida. MENSAXEIRO: Fillo, ben certo está que non sabes o que fas... E. E que temo que Febo me resulte verdadeiro. .. M. Non sabes, logo, que no que atingue á xustiza non tés motivo algún de temor? E. E como non, se fillo en efecto son destes pais? M. Porque contigo Pólibo nada tiña que ver en ascendencia... E. Por que, entón, me chamaba fillo? M. Despois de te recibir como agasallo un día, sábeo, das miñas mans...
    53. 53. Aristóteles sitúa aquí o exemplo de peripecia por excelencia: Quen chegou con mentes de aledar a Edipo e liberalo do temor relativo a súa nai, ao descubrir quen era, fixo o contrario. O mensaxeiro para tranquilizalo, desengánao do seu parentesco con Mérope, pois el mesmo o recolleu das mans dun pastor no monte Citerión cos nocellos furados.
    54. 54. E. E ti tras comprarme ou tras atoparme entregáchesme a el? M. Despois de te atopar nos boscosos desfiladeiros do Citerón... E. E que aflicción tiña cando me colliches no medio da desgraza?... M. Desateite, pois tiñas os nocellos de ámbolos dous pés perforados. E. Terrible afrenta en verdade saquei dos pañais.
    55. 55. M. De xeito que deste azar recibiches o nome que tés... E. É que acaso me tomaches de mans doutro e non me atopaches por casualidade ti mesmo? M. 1040 Non, senón que outro pastor entregoutémelle. E. Quen é ese? Sabes dalo a coñecer de palabra? M. Por un dos de Laio, creo que era tido...
    56. 56. A maldición da honradez do heroe ou da súa grandeza afúndeno na catástrofe porque insiste en averiguar a verdade. Na obra xa foi advertido por Tiresias de que non busquara máis, e agora por Iocasta. Mais Edipo non atende, antes anoxouse, agora cre que a raíña non quere ser rebaixada por ter el unha orixe humilde. Cunha exclamación desesperada vaise de escena Iocasta. E Edipo teimudo na busca da verdade precipítase cara á destrución. De se contentar coas aparencias, de ter sido máis vulgar, tería escapado; pero con tal maneira de ser vai cara o final xa coñecido. A trampa de destrución de Edipo está dentro del e consiste na súa grandeza.
    57. 57. IOCASTA: Desventurado, oxalá nunca saibas quen eres. EDIPO: 1 070 Irá alguén traerme aquí ao pastor? A esta deixádea que de opulenta liñaxe se xacte... CORIFEO: Por que se iría, Edipo, esta muller axitándose baixo unha dor salvaxe? Temo que deste silencio estale unha treboada de desgrazas.
    58. 58. EDIPO: Que estale o que queira. A miña estirpe, aínda que sexa baixa, quero sabela. Esta quizais, coma toda muller é fachendosa, da miña humilde ascendencia sente vergonza. Eu, xa que me teño por fillo de Fortuna a dadora de favores, non me verei deshonrado. ...
    59. 59. Estásimo 3º (1086-1109) Trátase dun brevísimo canto do coro “en falso” cunha soa estrofa e unha antístrofa, onde se anuncia a orixe tebana de Edipo e a súa probable orixe divina. Esta explosión de alegría, cando parece todo resolto, vai durar só ata a escena seguinte, ao se producir o verdadeiro desenlace da acción.
    60. 60. CORO Estrofa Se eu son adiviño e en cavilación experto, polo Olimpo!, non quedarás, oh Citerón!, sen saber que dende o plenilunio de mañán eu enxalzareite como rexión de Edipo, ao tempo que ama de cría e nai, e serás celebrado con coros por nós coma quen se fai protector dos meus reis. 1095 Oh Febo, que isto che sirva de satisfacción! Antístrofa Cal a ti, fillo, cal das ninfas inmortais te xerou, ...
    61. 61. Episodio 4º (1110-1185) Edipo é o primeiro en recoñecer intuitivamente o pastor tebano, como así o identifican o coro e o mensaxeiro de Corinto. O pastor revelará aos poucos –non sen antes tentar, mesmo disuadir a Edipo da súa indagación-, de quen o recibiu e cal era a súa orixe. Fala as últimas verdades. Edipo anguriado entra no pazo.
    62. 62. 1110 EDIPO: Se é preciso que dalgún xeito tamén eu faga cálculos, malia que antes de agora non tiven ralación con el, anciáns, creo estar a ver ao pastor que mesmo antes buscabamos. ..
    63. 63. MENSAXEIRO: ... Eu fareille lembrar na súa ignorancia. Sei ben que se acorda cando pola zona do Citerón, el con dous rabaños, eu cun só, á beira deste home estiven vivindo en tres ocasións dende a primavera ata a aparición de Arturo ao longo de seis meses completos. E xa no inverno aos meus establos conducía o meu gando, e este ás alquerías de Laio o seu. Tivo lugar o que digo, non si? SERVENTE: Dis verdade, pero disto vai xa moito andado.
    64. 64. M. Veña, di agora. Acórdaste que daquela entregáschesme un neno, coa fin de que como criatura miña propia eu o criara? S. Que ocorre? Por que sobre tal asunto indagas? M. Velaiquí, querido amigo, aquel que entón era pequeno... EDIPO: De onde o tomaches? Era da túa propia casa ou tomáchelo dalgún outro?... S. Non, polos deuses, non, señor, non indagues máis?
    65. 65. EDIPO: Morto estás se teño que voltar a che preguntar isto de novo. SERVENTE: Está ben. Era un dos nados da casa de Laio. E. Escravo ou pertencente á súa estirpe nacera? ... S. ... Fillo daquel era chamado. A que entrou no pazo ... a túa muller podería moi ben dicir como é isto. E. É que cho entregou ela? S. Tal que así, señor. E. Con que sentido? S. Para que o matase...
    66. 66. E. Ai, ai, todo resultará certo! Luz do sol, que por derradeira vez agora me comtemple, manifesto quedou ser eu nado de quen non debía, e con quen non debía terme unido, e a quen non había de ter dado morte.
    67. 67. Commoi eran os xemidos e lamentacións do coro cando sucedía a catástrofe. Estásimo 4º (1186-1222) Este cuarto estásimo está composto de senllos pares de estrofas e nel o Coro chora o destino de Edipo, quen veu caer dende a máis alta dignidade.
    68. 68. CORO: Estrofa 1 Ai, xeracións humanas, como a vós por igual tamén en nada mentres estades na vida vos considero! Quen, que humano unha medida superior 1190 de felicidade pode obter a tanta só canta o parece e despois de parecelo declina? Co teu como exemplo, co teu destino, si, co teu, infortunado Edipo, dos mortais nada teño por ditoso...
    69. 69. Acontecida a catástrofe, o coro retírase da escena. Éxodo (1223-1530) No derradeiro treito da traxedia aparece un mensaxeiro de dentro do pazo, anunciante das desgrazas sucedidas a ocultas do espectador: Iocasta aforcouse e Edipo, diante do seu corpo morto, cegou os seus ollos –símbolo da cegueira anterior-. Ten lugar un diálogo lírico de Edipo, sometido pola desgraza, co Corifeo. Fai unha súprica ao coro para que o desterre ou o mate.
    70. 70. CORIFEO: Desditada, por que causa? M. ... Cando levada da súa paixón, atravesou o vestíbulo camiño do interior da casa, dirixiuse dereita ao tálamo nupcial, arrincándose os cabelos coas dúas mans. ... Laiábase do leito, onde infortunada procreara dobre prole: esposo de esposo e fillos de fillos. 1250 E de que maneira despois disto pereceu xa eu nono sei, porque berrando irrompeu Edipo dentro da casa, ... MENSAXEIRO DO PAZO: ... morreu a soberana Iocasta.
    71. 71. ... enriba da porta de dobre folla precipitábase, e das súas bisagras facía saltar a fechadura que se combaba co empurrón, e penetraba dentro da estancia. Alí colgada vimos a muller, por cadreladas cordas enlazada. El, ao vela, tras lanzar, malpoucado, terribles bruídos, afrouxa o lazo que colga; ... Despois de arrincar dela os broches de ouro do manto, co que se adornaba, levantándoos no alto bateuse nas concas dos ollos, á vez que profería cousas tales como que non voltaría ver no tocante a el ...
    72. 72. EDIPO: Estrofa 2 Apolo foi, Apolo, amigos, 1330 quen levou a cabo estes funestos, si, funestos sufrimentos meus e moi meus. Non os feriu con man propia ningún outro senón eu, desgraciado. Por que ía eu seguir con vista, para quen na súa vista nada había doce de ver?...
    73. 73. Antístrofa 2 ... Se daquela fora morto, non sería para os meus nin para min pesar tan grande... Se existe unha desgraza superior aínda a outra desgraza, esa acadou Edipo...
    74. 74. Conclusión sobre os elementos fundamentais de Edipo Rei: O desencandeante anterior á acción: A hamartía (  ou falta de tipo moral, tantas veces orixinada pola hybris (  ou soberbia, foi no caso de Edipo cometida de xeito inconsciente; el nunca quixera matar o seu pai e casar coa súa nai. A complexidade do seu erro consiste en que Edipo é á vez culpable e inocente. Velaí como a peripecia ou cambio de fortuna foi perfecta: ao principio da traxedia Edipo era o heroe salvador da cidade, cando a esfinxe, e no remate resulta ser o asasino e autor de feitos horrendos. Unida a ela o recoñecemento da mesma atrocidade cometida sen saber, ao que se suma o doroso recoñecemento de si mesmo e o tomar conciencia da gravidade do feito. Anagnórise perfecta unida á peripecia porque Edipo recoñécese non como o rei glorioso que pensaba e ao que apuntaban as aparencias, senón como un criminal e orixe de desgrazas para os seus cun pasado autodesvelado ao longo da obra.
    75. 75. Eu non sei con que ollos, no caso de que seguira a ver, a meu pai podería ollar cando chegase ao Hades, nin de igual maneira a miña desventurada nai, ... Ai encrucillada de dobre senda e selvoso val oculto, aciñeiral e desfiladeiro 1400 nun cruce de camiños, que o sangue de meu pai que tamén é o meu por obra das miñas mans bebestes!...
    76. 76. CREONTE: ... no punto de necesidade no que estamos é mellor informarmos de que hai que facer. .. EDIPO: ... Déixame vivir nos montes, alí onde está o Citerón, que é chamado meu, a quen miña nai e meu pai dispuxeron, mentres os dous vivían, como tumba para min decretada, a fin de que eu morra a man daqueles dos que trataron de me arruinar.
    77. 77. Entra Creonte para levar ao rei dentro do pazo, e este entrégalle as súas fillas para que as protexa. Antígona e Crisóstemis son traídas ante seu pai, quen con palabras tristísimas se despide delas para sempre.
    78. 78. E por volas dúas choro –pois non podo ollarvos- ao pensar no que vos queda de amarga vida, cal será a que por necesidade habedes de vivir as dúas de parte dos homes. A que reunións de cidadáns poderedes ir, a que festas, de onde presas do pranto non voltaredes a casa no canto de presenciar o espectáculo?... ... pola contra, das miñas dúas infortunadas e pobres fillas, para quen nunca a miña mesa se dispuxo aparte na comida sen min, senón que canto eu tocaba de todo iso sempre elas tomaban a súa parte, a estas cóidamas... Con toda seguridade sen cultivo e sen vodas consumirédesvos á forza.
    79. 79. ... Emporén, fillo de Meneceo, posto que como único pai ti lles quedas a estas dúas, ... non consintas que elas coma esmoleiras sen esposo anden vagamundas sendo como son da túa mesma estirpe, e non nas iguales a min en desgrazas. ... C. Bota, logo, a andar, e solta as túas fillas. E. Non, non mas quites. C. Non queiras prevalecer en todo. Mesmo no que prevaleciches non acompañou á túa existencia para proveito teu.
    80. 80. CORIFEO: Da patria Tebas veciños, ollade, este é Edipo, o que os célebres enigmas chegou a ver, e o máis poderoso home era, do que ninguén houbo entre os cidadáns que con envexa o seu destino non mirase. A que turbulencia de terrible azar chegou! De tal forma que, sendo mortal, ata non ver o día postreiro a ninguén hai que chamar ditoso, 1530 antes que a meta da vida traspase sen ter sufrido dor algunha. O coro compadécese do protagonista e despide a obra.

    ×