Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Eneas no Máis Alá

Aparición da imaxe de Anquises
Federico Barocci 1587
- Atende, Eneas, os consellos de Nautes: leva a Italia a fl...
Preocupacións de Venus
- A terrible ira de Xuno e o seu inexorable corazón obríganme, Neptuno, a rebaixarme a todo ti...
A resposta de Neptuno
JeauratEtienne (1699-1789)
- Persevero nos mesmos sentimentos para  o teu fillo. Non temas...
O piloto Palinuro  cae ao mar
Despois de tranquilizar á deusa, xunguiu os seus cabalos e soltoulles as rendas.   Era ...
Cumas

Na ribeira de Cumas
Así, despois de chorar a morte do piloto Palinuro, sóltalle as amarras á flota e arriba finalm...
Visita a Sibila e o templo de Apolo
O piadoso Eneas encamíñase ás alturas que preside o soberano Apolo, e á pavorosa ...
As respostas da Sibila
- Unha soa cousa che pido: xa que esta é a porta do mundo infernal e do Aqueronte, permíteme i...
- Chegarán os dardánidas a Lavinio: non teñas ningunha dúbida; pero lamentarano. Vexo horrendas guerras e o Tiber con caud...
Minos
Radamante
Eaco
Campos Elíseos
Palacio de Hades
Tisifone
Leteo
Tártaro
Almas ...
Os consellos da Sibila
- Concibido de sangue de deuses, fácil é  o descenso ao Averno, pero regresar é o difícil. Nun...
O sacrificio dos xatos
Había unha profunda caverna defendida por un negro lago e a escuridade do bosque. Tan fétidos ...
Camiño ao Máis Alá
Escuros ían na soidade  da noite, a través da sombra, polos silenciosos palacios de Ditis, como po...
O olmo dos falsos soños
No centro desprega as súas resecas ramas un inmenso olmo. É fama que alí habitan os falsos So...
Eneas coa Sibila e Caronte
Proseguen polo bosque silencioso o camiño comezado e acércanse ao río; o horrendo barqueir...
Cérbero
llustrationen der BerlinerEneit-Handschrift
Tendido na súa cova, atrona estes reinos co seu triple ladri...
O sopor de Cérbero
... cae de seguido no chan, vencido por un sono profundo. Ao velo durmido, Eneas segue adiante e p...
Do Limiar Primeiro aos Campos Chorosos
Illustrationen der Berliner Eneit-Handschrift
NoLIMIAR PRIMEIRO oíu voces...
Nos Campos Chorosos
No lonxe de alí, esténdense osCAMPOS CHOROSOS, onde secretas vereas, que circunda unha selva de m...
Camiñando cara ós Últimos Campos
Onde moran os manes dos guerreiros ilustres.
- A noite cae, Eneas, e nós en pra...
Os xuíces do inferno: Radamante, Minos y Eaco
Minos, inquisidor , move a urna; el reúne en asemblea os silenciosos e ...
Entrando nos Campos Elíseos
The VaticanVergil
Chegaron aos sitios risoños e aos amenos verxeis dos bosques afort...
Nos Campos Elíseos, encontro con Anquises
Uns exercitan os seus corpos, outros danzan  e recitan versos tendidos na h...
Leteo, o río do esquecemento

Illustrationen der BerlinerEneit-Handschrift

Ve Eneas, nunha angosta ca...
Os últimos consellos de Anquises
Illustrationen der BerlinerEneit-Handschrift
Despois de que Anquises conducira ...
A porta de marfil
Hai dúas portas do Soño, unha de corno, pola cal teñen fácil saída as visión verdadeiras; a outra d...
Eneas outra vez cos seus

Illustrationen der BerlinerEneit-Handschrift

... ... dirixíndose Eneas  apr...
O  mundo do máis alá na Eneida
O  mundo do máis alá na Eneida
Upcoming SlideShare
Loading in …5

O mundo do máis alá na Eneida

893 views

Published on

Published in: Education
• Be the first to comment

O mundo do máis alá na Eneida

1. 1. Eneas no Máis Alá

2. 2. Aparición da imaxe de Anquises
Federico Barocci 1587
- Atende, Eneas, os consellos de Nautes: leva a Italia a flor dos teus guerreiros, tes que pelexar no Lacio con xente brava. Antes descende ás moradas infernais de Dite e búscame nos amenos Campos Elíseos. Da man da casta Sibila coñecerás toda a túa descendencia e que cidades che están destinadas.

3. 3. Preocupacións de Venus
- A terrible ira de Xuno e o seu inexorable corazón obríganme, Neptuno, a rebaixarme a todo tipo de súplicas. Valéndose do criminal furor infundido ás matronas troianas, incendiou as naves. Ten a ben concederlle una navegación feliz e que arriben ao Tiber.
François Perrier, Bourguignon (Saint-Jean-de-Losne, 1594 - Paris, 1650)

4. 4. A resposta de Neptuno
JeauratEtienne (1699-1789)
- Persevero nos mesmos sentimentos para o teu fillo. Non temas. Chegará ao porto do Averno; só chorará a un dos seus, perdido nos abismos do mar; unha soa vida polo ben de moitos.

5. 5. O piloto Palinuro cae ao mar
Despois de tranquilizar á deusa, xunguiu os seus cabalos e soltoulles as rendas. Era media noite. O Sono, baixo a figura de Forbas, apodérase de Palinuro, piloto da escuadra, reclínase sobre el e precipítao ás ondas. Na súa caída chama a gritos aos compañeiros. Eneas toma agora o goberno da nave.
Limosin François II (avant 1554-1646)

6. 6. Cumas

7. 7.  Na ribeira de Cumas
Así, despois de chorar a morte do piloto Palinuro, sóltalle as amarras á flota e arriba finalmente ás costas euboicas de Cumas; a áncora clava as naves, que cobren a ribeira.
VI, 1 y ss
Claude Le Lorrain (1600 - 1682),

8. 8. Visita a Sibila e o templo de Apolo
O piadoso Eneas encamíñase ás alturas que preside o soberano Apolo, e á pavorosa caverna da horrenda Sibila, a quen o deus infunde intelixencia e revela o futuro. VI, 1 y ss.
Manuscrito Virgiliano Vaticano

9. 9. As respostas da Sibila
- Unha soa cousa che pido: xa que esta é a porta do mundo infernal e do Aqueronte, permíteme ir á presencia do meu pai querido. El indicoume que me acercase a ti. Se outros heroes van e veñen por este camiño, ¿por que non eu, que son da liñaxe de Xúpiter?

10. 10. - Chegarán os dardánidas a Lavinio: non teñas ningunha dúbida; pero lamentarano. Vexo horrendas guerras e o Tiber con caudal de sangue. O Lacio alumeou un segundo Aquiles, tamén nacido dunha deusa. A causa será outra vez unha esposa que dará hospitalidade aos troianos.

11. 11. Minos
Radamante
Eaco
Campos Elíseos
Palacio de Hades
Tisifone
Leteo
Tártaro
Almas bebendo auga do Leteo
Val dos lamentos
Flexetonte
Estixia
Estixia
Caronte o barqueiro
Cocito
Flexetonte
Almas de insepultos
Olmo dos falsos soños
MAPA DO MUNDO DOS
MORTOS
Eneas coa rama dourada
Entrada por Cumas

12. 12. Os consellos da Sibila
- Concibido de sangue de deuses, fácil é o descenso ao Averno, pero regresar é o difícil. Nunha árbore de espesa copa, hai un ramallo de follas douradas, consagrado a Xuno infernal. A ninguén se lle concede internarse nas entrañas da terra se antes non colleu o renovo das follas de ouro.VI, 131 y ss.
G. Gambarini
Richard Wilson

13. 13. O sacrificio dos xatos
Había unha profunda caverna defendida por un negro lago e a escuridade do bosque. Tan fétidos eran os seus vapores que ningunha ave o podía sobrevoar. O Averno para os gregos. Alí levou Eneas catro xatos negros, sobre a cerviz derramou a sacerdotisa o viño, despois, cortándolles as serdas entre os cornos, botounas ao lume sagrado, invocando a Hécate.

Manuscrito Virgiliano Vaticano

14. 14. Camiño ao Máis Alá
Escuros ían na soidade da noite, a través da sombra, polos silenciosos palacios de Ditis, como pola lúa incerta, baixo unha luz murcha, vai un camiño a través das selvas. Unha noite negra privou ás cousas da súa cor. VI 268-294

15. 15. O olmo dos falsos soños
No centro desprega as súas resecas ramas un inmenso olmo. É fama que alí habitan os falsos Soños, adheridos a cada unha das súas follas; moran ademais naquelas portas outras moitas feras monstruosas, Centauros, Escila, Briareo, o dos cen brazos, a Hidra de Lerna, a Quimera, as Gorgonas, as Harpías.VI, 282 y ss.m

16. 16.
17. 17. Eneas coa Sibila e Caronte
Proseguen polo bosque silencioso o camiño comezado e acércanse ao río; o horrendo barqueiro Caronte desde a ribeira da Estixia, onde ferve un turbio e voraz lamazal, incrépaos :
- Quen queira que sexas que armado te encamiñas aos nosos ríos, dáte presa a falar e dicirme a que ves, e non pases de aí. Este é o lugar das Sombras, o Sono e a Noite amodorrada.VI, 384-390
Joachim Patenier (c. 1480-1524)
Giuseppe Maria Crespi, 1665-1747

18. 18. Cérbero
llustrationen der BerlinerEneit-Handschrift
Tendido na súa cova, atrona estes reinos co seu triple ladrido o can Cérbero. A Sibila, vendo que ao can se lle arrepían as cobras do colo, bótalle unha torta amasada con mel e durmideiras, que el devora ao instante.
VI, 417 y ss

19. 19. O sopor de Cérbero
... cae de seguido no chan, vencido por un sono profundo. Ao velo durmido, Eneas segue adiante e pasa rapidamente a ribeira do río que ninguén cruza dúas veces.
VI, 420ss.

20. 20. Do Limiar Primeiro aos Campos Chorosos
Illustrationen der Berliner Eneit-Handschrift
NoLIMIAR PRIMEIRO oíu voces, pranto de nenos, ve a aqueles que un destino cruel sumiu nunha morte prematura, os condenados a morte por sentencia inxusta, cerca están os desventurados que se quitaron a vida pola propia man.
VI, 445 y ss
Jan Brueghel o Vello, 1600

21. 21. Nos Campos Chorosos
No lonxe de alí, esténdense osCAMPOS CHOROSOS, onde secretas vereas, que circunda unha selva de mirtos, ocultan os que en vida consumiu un cruel amor, alí ve a Fedra e recoñece a Dido. VI, 450 ss
JanBreughel de Oudere, 1598

22. 22. Camiñando cara ós Últimos Campos
Onde moran os manes dos guerreiros ilustres.
- A noite cae, Eneas, e nós en prantos pasamos as horas. Este é o lugar onde o camiño se bifurca en dous: o da esquerda conduce ao Tártaro e pola dereita chegaremos aos Campos Elíseos
VI, 477 ss

Jan Brueghel el Viejo 1600

23. 23. Os xuíces do inferno: Radamante, Minos y Eaco
Minos, inquisidor , move a urna; el reúne en asemblea os silenciosos e xulga os seus crimes e as súas vidas....
Radamante goberna estes reinos durísimos, e investiga os enganos e castígaos, e obriga a confesar todas as culpas que alá arriba cada quen cometeu.
VI, 432/565

24. 24. Entrando nos Campos Elíseos
The VaticanVergil
Chegaron aos sitios risoños e aos amenos verxeis dos bosques afortunados, moradas da felicidade ...
VI, 635-55

25. 25. Nos Campos Elíseos, encontro con Anquises
Uns exercitan os seus corpos, outros danzan e recitan versos tendidos na herba.
Estaba o pai Anquises examinando unhas almas encerradas nun frondosos val, a penas viu a Eneas, deixou caer dos seus labios: - Ao fin viñeches, a túa tan probada piedade filial superou este arduo camiño.
VI, 655 y ss.
Dosso Dossi

26. 26. Leteo, o río do esquecemento

Illustrationen der BerlinerEneit-Handschrift

Ve Eneas, nunha angosta cañada, un apartado e espeso bosque e o río Leteo; vagaban xentes incontables. Pregunta Eneas que río é aquel, e responde Anquises:

VI, 705 y ss

As almas destinadas polo fado a animar outros corpos, están bebendo nas tranquilas augas do Leteo o completo esquecemento do pasado .

Anquises revela a Eneas a gloria futura de Roma
- Vou revelarche os teus propios fados e a gloria que logo ha de seguir á prole dardania, os netos que da xente itala están reservados e as almas ilustres que se sumarán ao noso nome: o que ocupa o lugar máis preto da luz é Silvio, por el a nosa liñaxe enseñorará Alba Longa, preo Procas, Capis e Numitor, e Silvio Eneas...VI, 765 y ss
Bardellino, Pietro (1728-1810):

27. 27. Os últimos consellos de Anquises
Illustrationen der BerlinerEneit-Handschrift
Despois de que Anquises conducira o seu fillo por aqueles sitios, e inflamara o seu ánimo co desexo da futura gloria, advírtelle das guerras ás que ha facer fronte, dálle noticias dos pobos de Laurento, a cidade de Latino, e aconséllao como resistir as penalidades que lle esperan.

28. 28. A porta de marfil
Hai dúas portas do Soño, unha de corno, pola cal teñen fácil saída as visión verdadeiras; a outra de marfil, primorosamente labrada, por ela envían os manes á terra imaxes falsas. Anquises despídeos por la porta de marfil...
I, 893 y ss.
Manuscrito Virgiliano Vaticano

29. 29. Eneas outra vez cos seus

Illustrationen der BerlinerEneit-Handschrift

... ... dirixíndose Eneas apresurado cara aos barcos para ver os compañeiros. Navegan en seguida a Caieta onde botan áncoras.
VI, 893 y ss.