SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
CONCELLO DE REDONDELA

BASES PARA A SELECCIÓN DUN/HA TÉCNICO DE PROSPECCIÓN LABORAL PARA
O

PLAN

DE

EMPREGO

DE

REDONDELA

(PER

III),

FINANCIADO

POLA

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR
Primeira- Obxecto da convocatoria:
O obxecto da convocatoria é a selección dun/ha técnico/a de Prospección Laboral, grupo A2, en réxime
de funcionario/a interino/a ao abeiro do establecido no Estatuto Básico do Empregado Público no seu
artigo 10.1.c), para colaborar no desenvolvemento do Plan integral de emprego (PER III), financiado
pola Consellería de Traballo e Benestar e que desenvolverá este Concello:
•

Dende o nomeamento e ata que a xuízo do concello deixe de ser necesaria a intervención

deste/a profesional e, en todo caso, ata o 14 de xuño do 2014 ou como máximo ata que finalice o
PER III.
•

30 horas semanais (80%) xornada de traballo, a razón de 6 horas/día, de luns a venres e en

horario variable segundo as necesidades do servizo.
Segunda- Funcións:
Tendo en conta que este/a técnico/a terá como obxectivo esencial promover a inserción social e
laboral dos beneficiarios do programa, mediante a prospección o desenvolvemento de itinerarios
individualizados e integrais de inserción. As súas principais funcións serán:
- Deseño, seguimento e execución de accións de intermediación para as persoas do proxecto.
- Apoio ás accións de orientación e acompañamento.
- Análise do mercado de traballo.
-Captación de ofertas de emprego.
-Apoio na selección dos/as candidatos/as con posibilidades de inserción sociolaboral.
-Mantemento de relacións e contactos directos co tecido empresarial, creando unha rede estable de
contactos entre o empresariado da área e o concello que facilite a incorporación das persoas
beneficiarias do programa no mercado laboral, a través de: ofertas de emprego, convenios, etc.
-Detección de necesidades formativas, así como axuda no deseño, programación, posta en marcha e
seguimento das mesmas (cursos de formación, convenios de colaboración con empresas, etc...).
-Colaboración na inserción laboral efectiva co/ca orientador/a laboral e o resto do equipo técnico
na adecuación dos perfiles ás necesidades das empresas xestionando as ofertas e facendo a
derivación das persoas candidatas ós postos ofertados.
-Elaboración de informes, memorias, seguimento e xustificación de proxectos.
-Mecanización no aplicativo informático de toda a información xerada e outras tarefas
administrativas necesarias.
r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

-Realizar todas as actividades e accións que se consideren necesarias para acadar os obxectivos
mínimos de inserción que esixe o proxecto.
-Calquera outra relacionada co posto de traballo.
Terceira- Retribución e orzamento:
Funcionario/a interino/a, cunhas retribucións brutas mensuais de 1.671,61 euros, máis parte
proporcional da paga extra (238,60 euros).
Cuarta- Requisitos dos/as aspirantes:
Poderán solicitar tomar parte nesta convocatoria as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser español/a. As/os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e as/os
estranxeiras/os residentes en España poderán acceder en igualdade de condicións que as/os
españolas/españois a aqueles sectores da función pública aos que segundo o Dereito Comunitario
sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Deberán acreditar a súa nacionalidade ou a
súa residencia respectivamente e o cumprimento das condicións establecidas para todas/os as/os
aspirantes, mediante tarxeta acreditativa orixinal ou fotocopia cotexada, da súa identidade, expedida
polas autoridades competentes do seu país de orixe.
b) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Posuír unha titulación de diplomado/a ou equivalente aos efectos de acceso ao emprego público.
Acreditarase mediante fotocopia compulsada do título ou no seu caso, do resgardo de ter efectuado o
depósito para obtelo, ou certificación oficial de ter superados os estudios conducentes para a súa
expedición.
d) Posuír a capacidade funcional así como a capacidade física necesaria para o desenvolvemento das
tarefas.
e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das
Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades
Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por
resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario. No caso de ser nacional doutro
Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego
público.
f) Non estar incurso/a en causas de incompatibilidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de
26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
g) Posuír carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo para desenvolver as funcións.
As/os aspirantes teñen que estar en posesión de todos os requisitos no intre en que remate o prazo de
presentación de instancias.
Quinta- Solicitudes:
As solicitudes das/dos candidatas/os poderá presentarse no rexistro xeral do Concello ou a través de
calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, xunto coa documentación acreditativa dos
méritos e dos requisitos establecidos na base cuarta no prazo máximo de 5 días hábiles, a contar
dende o día seguinte da publicación desta convocatoria nun diario de maior difusión da zona. Así
mesmo, as bases publicaranse na páxina web do Concello (www.redondela.es).
No caso de presentarse fóra do Concello o/a aspirante deberá dirixir por fax ao núm.: 986 403 894,
unha copia da instancia e documentación que presenta, con anterioridade ao remate do prazo para os
efectos de que poida ser incluído/a na relación de admitidos/as. No caso de non enviala por fax
quedará automaticamente excluído/a.
As/os aspirantes acompañarán ás instancias a seguinte documentación:
•

Fotocopia compulsada do DNI.

•

Fotocopia compulsada do título universitario.

• A cumprimentación do Anexo I que supón as declaracións xuradas de cumprir os requisitos
sinalados na base 4.ª apartados d),e), f).
•
Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos que se aleguen, tanto a
experiencia profesional como a formación.
-A experiencia profesional acreditarase do seguinte xeito:

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

- Os servizos prestados na Administración Pública, mediante copia compulsada do certificado
orixinal destes servizos, con especificación das funcións realizadas, expedido polo órgano de xestión
de persoal da administración pública competente.
- Os servizos prestados noutras entidades distintas da Administración Pública así como en empresas
privadas acreditaranse mediante copia compulsada do contrato laboral con especificación de
categoría laboral, certificación de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería da Seguridade
Social, así como unha certificación expedida polo órgano competente das devanditas entidades onde
se prestou servizos na que figure de forma detallada as funcións desempeñadas e o tempo durante o
cal as desempeñou.
-A formación acreditarase achegando fotocopia compulsada do certificado do curso.
Tras rematar o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde ou órgano no que delegue aprobará a
lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, no prazo máximo de 7 días hábiles, que será
exposta no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web do Concello para os efectos de
reclamacións, as cales poderán presentarse no prazo de 2 días hábiles. De non haber reclamacións a
lista provisional, esta elevarase a definitiva.
De haber reclamacións e unha vez resoltas, o alcalde ou órgano no que delegue aprobará a lista
definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que se publicará no Taboleiro de Edictos do Concello e
na páxina web do Concello.
Sexta- Tribunal cualificador:
O Tribunal cualificador e avaliador deste procedemento de selección será designado polo Alcalde e
estará integrado por:
O/A Presidente/a:

Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo.

As/Os Vogais:

Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo.

O/A Secretaria/o:

Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo.

As persoas integrantes do Tribunal deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior
para o acceso á praza convocada.
r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

A composición do Tribunal tenderá á paridade caso de que sexa posible entre mulleres e homes.
O Tribunal quedará integrado, ademais, polas/os respectivas/os suplentes que serán designadas/os
coas/os titulares.
A designación das/os integrantes do Tribunal farase mediante Resolución do alcalde ou órgano no
que delegue na que se fixará a data, hora e lugar no que se valorarán os méritos.
Os membros do tribunal estarán suxeitos ao disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Sétima- Sistema de selección:
O proceso constará de 2 fases: valoración de currículo e proba tipo tema - entrevista persoal máis proba
de galego:
1.ª FASE: VALORACIÓN DE CURRÍCULO: 50% da puntuación. Máximo 5 puntos.
A- Experiencia Laboral: Máximo 2,5 puntos.
- 0,25 puntos por cada período de seis meses de experiencia en posto igual ou similar ao que aspira.
De ser a tempo parcial terase en conta na proporción que corresponda: programas integrados de
emprego, programas de recolocación ou servizos de outplacement, experiencia comercial en venta de
produtos relacionados con recursos humanos, experiencia comercial en xestión e venta de plans de
formación ocupacional ou continua, desenvolvemento de convenios de colaboración para a inserción
laboral, tanto na Administración Pública, como noutras entidades, así como en empresas privadas.
Os servizos prestados na Administración Pública acreditaranse mediante copia compulsada do
certificado orixinal dos servizos prestados, con especificación das funcións realizadas, expedido polo
órgano de xestión de persoal da administración pública competente.
A experiencia alegada noutras entidades distintas da Administración Pública así como nas empresas
privadas, acreditaranse mediante copia autenticada do contrato laboral con especificación de
categoría laboral, certificación de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería da Seguridade
Social, así como unha certificación expedida polo órgano competente das devanditas entidades onde

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

se prestou servizos na que figure de forma detallada as funcións desempeñadas e o tempo durante o
cal as desempeñou.
B- Titulación académica: Máximo 0,5 puntos
Por posuír calquera titulación media ou superior, agás a alegada para acceder ao posto.
No caso de posuír titulación superior e media na mesma especialidade só se puntuará a superior.
C- Formación complementaria: Máximo 1 punto
Valorarase ter asistido a másters e cursos de formación en materias relacionadas coas técnicas de
inserción, técnicas de comunicación e motivación, técnicas de venta, atención ao público e en xeral
cursos relacionados coa mediación laboral.
Só se valorarán os cursos organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado,
Comunidades Autónomas e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da
Administración Pública, incluídos os organizados por sindicatos, entidades sen ánimo de lucro e
organizacións empresariais no marco dos Acordos Nacionais ou Autonómicos de Formación
Continua e sempre que teñan relación coas funcións propias do posto a xuízo do tribunal
Non se computarán cursos de menos de 20 horas nin xornadas, seminarios, congresos ou similares,
nin os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da correspondente acción
formativa.
Acreditarase coa correspondente fotocopia compulsada do título do curso.
Puntuación de 0,05 puntos por cada 20 horas formativas.
D- Informática: Máximo 0, 5 puntos
Por cursos sobre coñecementos informáticos en:
.- Procesador de texto…………………………………………….0,10 puntos
.- Folla de cálculo……………………………………………….. 0,10 puntos
.- Base de datos……………………………………………..……0,10 puntos
.- Xestión de presentacións mediante diapositivas…………....... 0,10 puntos
.- Manexo de internet………………………………………...…. 0,10 puntos

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

No caso de que nun mesmo curso se impartira un paquete informático, que inclúa todos ou algúns
dos anteriores, valoraranse por separado segundo o que se desprenda do programa do diploma
acreditativo.
Só se valorarán os cursos organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado,
Comunidades Autónomas e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da
Administración Pública, incluídos os organizados por sindicatos, entidades sen ánimo de lucro e
organizacións empresariais no marco dos Acordos Nacionais ou Autonómicos de Formación
Continua.
No caso de acreditar varios cursos en cada unha das categorías só se valorará un deles.
Acreditarase coa correspondente fotocopia compulsada do título do curso.
E- Galego: Máximo 0,5 puntos.
Curso de perfeccionamento ou Celga 4..................................................... .0,10 puntos
Linguaxe administrativa nivel medio……………………………………..0,15 puntos
Linguaxe administrativa nivel superior……………………………… …0,25 puntos
No caso de acreditar varios cursos, só se puntuará o de maior puntuación.
Só se concederá validez aos cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política
Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Acreditarase coa correspondente fotocopia compulsada do título, diploma ou certificación expedida
para o efecto.
2ª FASE: PROBA TIPO TEMA: 50% da puntuación. Máximo 5 puntos.
Os/as aspirantes deberán desenvolver un programa de Prospección Laboral para a inserción das
persoas usuarias do PER III, que teña como ámbito de actuación o concello de Redondela e os
concellos da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (totalmente inventado e deseñado por
eles) cunha duración de 12 meses.
O colectivo para o que deberá estar destinado o Programa será: mozos/as menores de 30 anos,
mulleres, persoas desempregadas de longa duración e procedentes de empresas en crise.

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

A programación incluirá necesariamente:
1- Enumeración e descrición de cada unha das accións a desenvolver cos colectivos descritos..
2- Descrición dos recursos a utilizar no seguimentos das distintas accións propostas.
3- Cronograma de execución do programa.
4- Sistema de avaliación e seguimento das distintas accións programadas.
O programa a desenvolver adaptarase necesariamente aos colectivos e ao ámbito de actuación
descritos.
Esta programación, dun máximo de 6 folios a unha cara (portada incluída) en letra Times New
Roman 12, interliñado sinxelo e marxes 3,3,3 e 2, deberá ser entregada polas persoas aspirantes ao
tribunal o mesmo día en que deban proceder á exposición desta. As persoas aspirantes disporán de 15
minutos para realizar a exposición e defensa da programación que será pública.
A data de exposición e defensa da programación publicarase no taboleiro de anuncios e na paxina
web do concello polo menos con 3 días de antelación.
O tribunal disporá de 10 minutos para realizar ás persoas aspirantes preguntas que versen acerca da
programación por eles presentada así como acerca do funcionamento dos programas integrados en
xeral.
PROBA GALEGO: DE CARACTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO, SOBRE
COÑECEMENTO DO GALEGO PARA ASPIRANTES NON EXENTOS/AS
Estarán exentos de realizar esta proba os/as aspirantes que acrediten estar en posesión, como mínimo,
do CELGA 4.
A proba consistirá en comentar en galego, sen axuda de dicionario, un texto elixido polo tribunal
inmediatamente antes do inicio do exercicio, no tempo establecido polo tribunal. A cualificación
deste exercicio será de apto ou non apto.
A cualificación final estará determinada pola suma total das puntuacións obtidas nas fases do
concurso e da oposición propóndose polo tribunal o nomeamento da persoa aspirante que acade a
maior puntuación global.
Oitava:
Tras rematar a cualificación, o tribunal publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello
a relación da persoa seleccionada por orde de puntuación obtida. No caso de empate resolverase a
r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

favor do/a aspirante que obtivera maior puntuación na proba práctica e de manterse a igualdade,
adxudicaríase ao/á aspirante que obtivera maior puntuación no apartado de experiencia profesional e
de persistir o empate ó /á persoa que tivera máis puntuación no apartado de formación
complementaria.
O tribunal proporá ao alcalde xunto coa acta da sesión o nomeamento da persoa seleccionada. Así
mesmo elaborará unha relación de reservas por orde da puntuación obtida por se fose necesario cubrir
algunha baixa ou renuncia da persoa seleccionada.
A persoa seleccionada presentará, no prazo máximo de dous (2) días, certificado médico oficial no
que se faga constar que reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias para o desenvolvemento
das tarefas obxecto da convocatoria, fotocopias do DNI, da tarxeta da Seguridade Social e
certificación bancaria, segundo o modelo que lle achegará o Concello.
Novena- Normas de aplicación:
Para o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril así como cantas
normas de igual ou superior rango sexan aplicables. A convocatoria, bases e actos administrativos
derivados da mesma serán recorribles nos termos previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei
29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Décima- Prazos:
Se os días de finalización dalgún prazo ou actuación obrigada destas bases fosen festivo ou sábado,
pasarase ao seguinte día hábil.

Redondela, 29 de novembro de 2013.
O alcalde

Javier Bas Corugeira

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
CONCELLO DE REDONDELA

ANEXO I

Eu, don/dona___________________________________ con NIF _________________ e domicilio
en _______________________________________ achego esta declaración xunto coa solicitude para
participar na selección para a contratación dun/ha Técnico/a de Prospección Laboral para o Plan de
Emprego do Concello de Redondela:
a)

Que posúo a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

b)

Que non fun separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das

Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades
Autónomas, nin me atopo en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos
por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións
similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separada/o ou inhabilitada/o.
No caso de ser nacional doutro Estado, non me atopo inhabilitada/o ou en situación equivalente nin
teño sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos
termos o acceso ao emprego público.
c)

Que non estou incursa/o en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que

determinen as disposicións vixentes.

Redondela,

de

de 2013.

r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894

More Related Content

Viewers also liked

Viewers also liked (20)

Mat zubir
Mat zubirMat zubir
Mat zubir
 
Canfoodposter
CanfoodposterCanfoodposter
Canfoodposter
 
Zonas 2do bimestre y notas 4to a
Zonas 2do bimestre y notas 4to aZonas 2do bimestre y notas 4to a
Zonas 2do bimestre y notas 4to a
 
Proposal koperasi kompas
Proposal koperasi kompasProposal koperasi kompas
Proposal koperasi kompas
 
KENDRICK KIM_SYLLABUSFALL2014_RE 102F
KENDRICK KIM_SYLLABUSFALL2014_RE 102FKENDRICK KIM_SYLLABUSFALL2014_RE 102F
KENDRICK KIM_SYLLABUSFALL2014_RE 102F
 
Interactive upload
Interactive uploadInteractive upload
Interactive upload
 
Create Your Own Job 1-19-13.ppt
Create Your Own Job 1-19-13.pptCreate Your Own Job 1-19-13.ppt
Create Your Own Job 1-19-13.ppt
 
Stages of education in england
Stages of education in englandStages of education in england
Stages of education in england
 
Gradien garis singgung ppt
Gradien garis singgung pptGradien garis singgung ppt
Gradien garis singgung ppt
 
Y12 presentation 2
Y12 presentation 2Y12 presentation 2
Y12 presentation 2
 
best real estate services Posts - Page 1
best real estate services Posts - Page 1best real estate services Posts - Page 1
best real estate services Posts - Page 1
 
인터렉티브 김지혜
인터렉티브 김지혜인터렉티브 김지혜
인터렉티브 김지혜
 
Alfredo Volpi pelo olhar do 1º ano C
Alfredo Volpi pelo olhar do 1º ano CAlfredo Volpi pelo olhar do 1º ano C
Alfredo Volpi pelo olhar do 1º ano C
 
Fcc cultura y regimen tributario
Fcc cultura y regimen tributarioFcc cultura y regimen tributario
Fcc cultura y regimen tributario
 
Bab 1
Bab 1Bab 1
Bab 1
 
Bab 4
Bab 4Bab 4
Bab 4
 
Bab 3
Bab 3Bab 3
Bab 3
 
Bab 2
Bab 2Bab 2
Bab 2
 
2013 hedge fund_outlook
2013 hedge fund_outlook2013 hedge fund_outlook
2013 hedge fund_outlook
 
Michael ppp
Michael pppMichael ppp
Michael ppp
 

Similar to Bases tecnico a prospeccion laboral-1

1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015infobueu
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glCharo García
 
Anuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glAnuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glCharo García
 
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA Forense
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA ForenseRegulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA Forense
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA ForenseClara Isabel Fernández Rodicio
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaOscar Feijoo
 
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.Charo García
 
Informacion e bases
Informacion e basesInformacion e bases
Informacion e basesomixboiro
 
Axudas universitarios
Axudas universitariosAxudas universitarios
Axudas universitariosodesvanmarita
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASH2040
 
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía TangramInformación Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangramtangrampontevedra
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Celia Conde Pumpido
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Celia Conde Pumpido
 
2019 0000008878
2019 00000088782019 0000008878
2019 0000008878satelite1
 

Similar to Bases tecnico a prospeccion laboral-1 (20)

1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 
Profesores interinos
Profesores interinosProfesores interinos
Profesores interinos
 
Bolsas invest diput coruña14
Bolsas invest diput coruña14Bolsas invest diput coruña14
Bolsas invest diput coruña14
 
Anuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glAnuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-gl
 
Boletin semanal oferta emprego alc
Boletin semanal oferta emprego alcBoletin semanal oferta emprego alc
Boletin semanal oferta emprego alc
 
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA Forense
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA ForenseRegulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA Forense
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA Forense
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinida
 
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
 
Basesbus
BasesbusBasesbus
Basesbus
 
Informacion e bases
Informacion e basesInformacion e bases
Informacion e bases
 
Axudas universitarios
Axudas universitariosAxudas universitarios
Axudas universitarios
 
Bases 2014
Bases 2014Bases 2014
Bases 2014
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PAS
 
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía TangramInformación Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
 
2019 0000008878
2019 00000088782019 0000008878
2019 0000008878
 

More from Charo García

Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"Charo García
 
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...Charo García
 
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicasConvocatoria 7ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicasCharo García
 
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas.
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas. OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas.
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas. Charo García
 
Oferta de emprego_allegheny_college
Oferta de emprego_allegheny_collegeOferta de emprego_allegheny_college
Oferta de emprego_allegheny_collegeCharo García
 
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOBOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOCharo García
 
Boletín de Información Profesional do mes de decembro
Boletín de Información Profesional do mes de decembro Boletín de Información Profesional do mes de decembro
Boletín de Información Profesional do mes de decembro Charo García
 
Deloitte Business Game
Deloitte Business GameDeloitte Business Game
Deloitte Business GameCharo García
 
Ingeniero ventas galicia
Ingeniero ventas galiciaIngeniero ventas galicia
Ingeniero ventas galiciaCharo García
 
A economía dixital e o novo mercado laboral
A economía dixital e o novo mercado laboralA economía dixital e o novo mercado laboral
A economía dixital e o novo mercado laboralCharo García
 
¿Tu identidad digital es tu marca personal?
¿Tu identidad digital es tu marca personal?¿Tu identidad digital es tu marca personal?
¿Tu identidad digital es tu marca personal?Charo García
 
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?Charo García
 
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.Charo García
 
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.Charo García
 
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014Charo García
 
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoBoletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoCharo García
 
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.Charo García
 

More from Charo García (20)

Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
 
Xornada móvete
Xornada móveteXornada móvete
Xornada móvete
 
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
 
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicasConvocatoria 7ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicas
 
BOLSAS DO ICEX
BOLSAS DO ICEXBOLSAS DO ICEX
BOLSAS DO ICEX
 
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas.
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas. OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas.
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas.
 
Oferta de emprego_allegheny_college
Oferta de emprego_allegheny_collegeOferta de emprego_allegheny_college
Oferta de emprego_allegheny_college
 
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOBOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
 
BOLSAS DO IGAPE
BOLSAS DO IGAPEBOLSAS DO IGAPE
BOLSAS DO IGAPE
 
Boletín de Información Profesional do mes de decembro
Boletín de Información Profesional do mes de decembro Boletín de Información Profesional do mes de decembro
Boletín de Información Profesional do mes de decembro
 
Deloitte Business Game
Deloitte Business GameDeloitte Business Game
Deloitte Business Game
 
Ingeniero ventas galicia
Ingeniero ventas galiciaIngeniero ventas galicia
Ingeniero ventas galicia
 
A economía dixital e o novo mercado laboral
A economía dixital e o novo mercado laboralA economía dixital e o novo mercado laboral
A economía dixital e o novo mercado laboral
 
¿Tu identidad digital es tu marca personal?
¿Tu identidad digital es tu marca personal?¿Tu identidad digital es tu marca personal?
¿Tu identidad digital es tu marca personal?
 
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
 
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
 
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
 
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
 
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoBoletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
 
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
 

Bases tecnico a prospeccion laboral-1

  • 1. CONCELLO DE REDONDELA BASES PARA A SELECCIÓN DUN/HA TÉCNICO DE PROSPECCIÓN LABORAL PARA O PLAN DE EMPREGO DE REDONDELA (PER III), FINANCIADO POLA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR Primeira- Obxecto da convocatoria: O obxecto da convocatoria é a selección dun/ha técnico/a de Prospección Laboral, grupo A2, en réxime de funcionario/a interino/a ao abeiro do establecido no Estatuto Básico do Empregado Público no seu artigo 10.1.c), para colaborar no desenvolvemento do Plan integral de emprego (PER III), financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e que desenvolverá este Concello: • Dende o nomeamento e ata que a xuízo do concello deixe de ser necesaria a intervención deste/a profesional e, en todo caso, ata o 14 de xuño do 2014 ou como máximo ata que finalice o PER III. • 30 horas semanais (80%) xornada de traballo, a razón de 6 horas/día, de luns a venres e en horario variable segundo as necesidades do servizo. Segunda- Funcións: Tendo en conta que este/a técnico/a terá como obxectivo esencial promover a inserción social e laboral dos beneficiarios do programa, mediante a prospección o desenvolvemento de itinerarios individualizados e integrais de inserción. As súas principais funcións serán: - Deseño, seguimento e execución de accións de intermediación para as persoas do proxecto. - Apoio ás accións de orientación e acompañamento. - Análise do mercado de traballo. -Captación de ofertas de emprego. -Apoio na selección dos/as candidatos/as con posibilidades de inserción sociolaboral. -Mantemento de relacións e contactos directos co tecido empresarial, creando unha rede estable de contactos entre o empresariado da área e o concello que facilite a incorporación das persoas beneficiarias do programa no mercado laboral, a través de: ofertas de emprego, convenios, etc. -Detección de necesidades formativas, así como axuda no deseño, programación, posta en marcha e seguimento das mesmas (cursos de formación, convenios de colaboración con empresas, etc...). -Colaboración na inserción laboral efectiva co/ca orientador/a laboral e o resto do equipo técnico na adecuación dos perfiles ás necesidades das empresas xestionando as ofertas e facendo a derivación das persoas candidatas ós postos ofertados. -Elaboración de informes, memorias, seguimento e xustificación de proxectos. -Mecanización no aplicativo informático de toda a información xerada e outras tarefas administrativas necesarias. r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 2. CONCELLO DE REDONDELA -Realizar todas as actividades e accións que se consideren necesarias para acadar os obxectivos mínimos de inserción que esixe o proxecto. -Calquera outra relacionada co posto de traballo. Terceira- Retribución e orzamento: Funcionario/a interino/a, cunhas retribucións brutas mensuais de 1.671,61 euros, máis parte proporcional da paga extra (238,60 euros). Cuarta- Requisitos dos/as aspirantes: Poderán solicitar tomar parte nesta convocatoria as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos: a) Ser español/a. As/os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e as/os estranxeiras/os residentes en España poderán acceder en igualdade de condicións que as/os españolas/españois a aqueles sectores da función pública aos que segundo o Dereito Comunitario sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Deberán acreditar a súa nacionalidade ou a súa residencia respectivamente e o cumprimento das condicións establecidas para todas/os as/os aspirantes, mediante tarxeta acreditativa orixinal ou fotocopia cotexada, da súa identidade, expedida polas autoridades competentes do seu país de orixe. b) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. c) Posuír unha titulación de diplomado/a ou equivalente aos efectos de acceso ao emprego público. Acreditarase mediante fotocopia compulsada do título ou no seu caso, do resgardo de ter efectuado o depósito para obtelo, ou certificación oficial de ter superados os estudios conducentes para a súa expedición. d) Posuír a capacidade funcional así como a capacidade física necesaria para o desenvolvemento das tarefas. e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 3. CONCELLO DE REDONDELA disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. f) Non estar incurso/a en causas de incompatibilidade de conformidade co disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. g) Posuír carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo para desenvolver as funcións. As/os aspirantes teñen que estar en posesión de todos os requisitos no intre en que remate o prazo de presentación de instancias. Quinta- Solicitudes: As solicitudes das/dos candidatas/os poderá presentarse no rexistro xeral do Concello ou a través de calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xunto coa documentación acreditativa dos méritos e dos requisitos establecidos na base cuarta no prazo máximo de 5 días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación desta convocatoria nun diario de maior difusión da zona. Así mesmo, as bases publicaranse na páxina web do Concello (www.redondela.es). No caso de presentarse fóra do Concello o/a aspirante deberá dirixir por fax ao núm.: 986 403 894, unha copia da instancia e documentación que presenta, con anterioridade ao remate do prazo para os efectos de que poida ser incluído/a na relación de admitidos/as. No caso de non enviala por fax quedará automaticamente excluído/a. As/os aspirantes acompañarán ás instancias a seguinte documentación: • Fotocopia compulsada do DNI. • Fotocopia compulsada do título universitario. • A cumprimentación do Anexo I que supón as declaracións xuradas de cumprir os requisitos sinalados na base 4.ª apartados d),e), f). • Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos que se aleguen, tanto a experiencia profesional como a formación. -A experiencia profesional acreditarase do seguinte xeito: r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 4. CONCELLO DE REDONDELA - Os servizos prestados na Administración Pública, mediante copia compulsada do certificado orixinal destes servizos, con especificación das funcións realizadas, expedido polo órgano de xestión de persoal da administración pública competente. - Os servizos prestados noutras entidades distintas da Administración Pública así como en empresas privadas acreditaranse mediante copia compulsada do contrato laboral con especificación de categoría laboral, certificación de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería da Seguridade Social, así como unha certificación expedida polo órgano competente das devanditas entidades onde se prestou servizos na que figure de forma detallada as funcións desempeñadas e o tempo durante o cal as desempeñou. -A formación acreditarase achegando fotocopia compulsada do certificado do curso. Tras rematar o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde ou órgano no que delegue aprobará a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, no prazo máximo de 7 días hábiles, que será exposta no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web do Concello para os efectos de reclamacións, as cales poderán presentarse no prazo de 2 días hábiles. De non haber reclamacións a lista provisional, esta elevarase a definitiva. De haber reclamacións e unha vez resoltas, o alcalde ou órgano no que delegue aprobará a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que se publicará no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web do Concello. Sexta- Tribunal cualificador: O Tribunal cualificador e avaliador deste procedemento de selección será designado polo Alcalde e estará integrado por: O/A Presidente/a: Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo. As/Os Vogais: Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo. O/A Secretaria/o: Un/unha funcionario/a de carreira ou persoal laboral fixo. As persoas integrantes do Tribunal deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior para o acceso á praza convocada. r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 5. CONCELLO DE REDONDELA A composición do Tribunal tenderá á paridade caso de que sexa posible entre mulleres e homes. O Tribunal quedará integrado, ademais, polas/os respectivas/os suplentes que serán designadas/os coas/os titulares. A designación das/os integrantes do Tribunal farase mediante Resolución do alcalde ou órgano no que delegue na que se fixará a data, hora e lugar no que se valorarán os méritos. Os membros do tribunal estarán suxeitos ao disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sétima- Sistema de selección: O proceso constará de 2 fases: valoración de currículo e proba tipo tema - entrevista persoal máis proba de galego: 1.ª FASE: VALORACIÓN DE CURRÍCULO: 50% da puntuación. Máximo 5 puntos. A- Experiencia Laboral: Máximo 2,5 puntos. - 0,25 puntos por cada período de seis meses de experiencia en posto igual ou similar ao que aspira. De ser a tempo parcial terase en conta na proporción que corresponda: programas integrados de emprego, programas de recolocación ou servizos de outplacement, experiencia comercial en venta de produtos relacionados con recursos humanos, experiencia comercial en xestión e venta de plans de formación ocupacional ou continua, desenvolvemento de convenios de colaboración para a inserción laboral, tanto na Administración Pública, como noutras entidades, así como en empresas privadas. Os servizos prestados na Administración Pública acreditaranse mediante copia compulsada do certificado orixinal dos servizos prestados, con especificación das funcións realizadas, expedido polo órgano de xestión de persoal da administración pública competente. A experiencia alegada noutras entidades distintas da Administración Pública así como nas empresas privadas, acreditaranse mediante copia autenticada do contrato laboral con especificación de categoría laboral, certificación de vida laboral actualizada expedida pola Tesourería da Seguridade Social, así como unha certificación expedida polo órgano competente das devanditas entidades onde r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 6. CONCELLO DE REDONDELA se prestou servizos na que figure de forma detallada as funcións desempeñadas e o tempo durante o cal as desempeñou. B- Titulación académica: Máximo 0,5 puntos Por posuír calquera titulación media ou superior, agás a alegada para acceder ao posto. No caso de posuír titulación superior e media na mesma especialidade só se puntuará a superior. C- Formación complementaria: Máximo 1 punto Valorarase ter asistido a másters e cursos de formación en materias relacionadas coas técnicas de inserción, técnicas de comunicación e motivación, técnicas de venta, atención ao público e en xeral cursos relacionados coa mediación laboral. Só se valorarán os cursos organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidades Autónomas e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración Pública, incluídos os organizados por sindicatos, entidades sen ánimo de lucro e organizacións empresariais no marco dos Acordos Nacionais ou Autonómicos de Formación Continua e sempre que teñan relación coas funcións propias do posto a xuízo do tribunal Non se computarán cursos de menos de 20 horas nin xornadas, seminarios, congresos ou similares, nin os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da correspondente acción formativa. Acreditarase coa correspondente fotocopia compulsada do título do curso. Puntuación de 0,05 puntos por cada 20 horas formativas. D- Informática: Máximo 0, 5 puntos Por cursos sobre coñecementos informáticos en: .- Procesador de texto…………………………………………….0,10 puntos .- Folla de cálculo……………………………………………….. 0,10 puntos .- Base de datos……………………………………………..……0,10 puntos .- Xestión de presentacións mediante diapositivas…………....... 0,10 puntos .- Manexo de internet………………………………………...…. 0,10 puntos r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 7. CONCELLO DE REDONDELA No caso de que nun mesmo curso se impartira un paquete informático, que inclúa todos ou algúns dos anteriores, valoraranse por separado segundo o que se desprenda do programa do diploma acreditativo. Só se valorarán os cursos organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidades Autónomas e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración Pública, incluídos os organizados por sindicatos, entidades sen ánimo de lucro e organizacións empresariais no marco dos Acordos Nacionais ou Autonómicos de Formación Continua. No caso de acreditar varios cursos en cada unha das categorías só se valorará un deles. Acreditarase coa correspondente fotocopia compulsada do título do curso. E- Galego: Máximo 0,5 puntos. Curso de perfeccionamento ou Celga 4..................................................... .0,10 puntos Linguaxe administrativa nivel medio……………………………………..0,15 puntos Linguaxe administrativa nivel superior……………………………… …0,25 puntos No caso de acreditar varios cursos, só se puntuará o de maior puntuación. Só se concederá validez aos cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Acreditarase coa correspondente fotocopia compulsada do título, diploma ou certificación expedida para o efecto. 2ª FASE: PROBA TIPO TEMA: 50% da puntuación. Máximo 5 puntos. Os/as aspirantes deberán desenvolver un programa de Prospección Laboral para a inserción das persoas usuarias do PER III, que teña como ámbito de actuación o concello de Redondela e os concellos da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (totalmente inventado e deseñado por eles) cunha duración de 12 meses. O colectivo para o que deberá estar destinado o Programa será: mozos/as menores de 30 anos, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e procedentes de empresas en crise. r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 8. CONCELLO DE REDONDELA A programación incluirá necesariamente: 1- Enumeración e descrición de cada unha das accións a desenvolver cos colectivos descritos.. 2- Descrición dos recursos a utilizar no seguimentos das distintas accións propostas. 3- Cronograma de execución do programa. 4- Sistema de avaliación e seguimento das distintas accións programadas. O programa a desenvolver adaptarase necesariamente aos colectivos e ao ámbito de actuación descritos. Esta programación, dun máximo de 6 folios a unha cara (portada incluída) en letra Times New Roman 12, interliñado sinxelo e marxes 3,3,3 e 2, deberá ser entregada polas persoas aspirantes ao tribunal o mesmo día en que deban proceder á exposición desta. As persoas aspirantes disporán de 15 minutos para realizar a exposición e defensa da programación que será pública. A data de exposición e defensa da programación publicarase no taboleiro de anuncios e na paxina web do concello polo menos con 3 días de antelación. O tribunal disporá de 10 minutos para realizar ás persoas aspirantes preguntas que versen acerca da programación por eles presentada así como acerca do funcionamento dos programas integrados en xeral. PROBA GALEGO: DE CARACTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO, SOBRE COÑECEMENTO DO GALEGO PARA ASPIRANTES NON EXENTOS/AS Estarán exentos de realizar esta proba os/as aspirantes que acrediten estar en posesión, como mínimo, do CELGA 4. A proba consistirá en comentar en galego, sen axuda de dicionario, un texto elixido polo tribunal inmediatamente antes do inicio do exercicio, no tempo establecido polo tribunal. A cualificación deste exercicio será de apto ou non apto. A cualificación final estará determinada pola suma total das puntuacións obtidas nas fases do concurso e da oposición propóndose polo tribunal o nomeamento da persoa aspirante que acade a maior puntuación global. Oitava: Tras rematar a cualificación, o tribunal publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello a relación da persoa seleccionada por orde de puntuación obtida. No caso de empate resolverase a r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 9. CONCELLO DE REDONDELA favor do/a aspirante que obtivera maior puntuación na proba práctica e de manterse a igualdade, adxudicaríase ao/á aspirante que obtivera maior puntuación no apartado de experiencia profesional e de persistir o empate ó /á persoa que tivera máis puntuación no apartado de formación complementaria. O tribunal proporá ao alcalde xunto coa acta da sesión o nomeamento da persoa seleccionada. Así mesmo elaborará unha relación de reservas por orde da puntuación obtida por se fose necesario cubrir algunha baixa ou renuncia da persoa seleccionada. A persoa seleccionada presentará, no prazo máximo de dous (2) días, certificado médico oficial no que se faga constar que reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias para o desenvolvemento das tarefas obxecto da convocatoria, fotocopias do DNI, da tarxeta da Seguridade Social e certificación bancaria, segundo o modelo que lle achegará o Concello. Novena- Normas de aplicación: Para o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril así como cantas normas de igual ou superior rango sexan aplicables. A convocatoria, bases e actos administrativos derivados da mesma serán recorribles nos termos previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Décima- Prazos: Se os días de finalización dalgún prazo ou actuación obrigada destas bases fosen festivo ou sábado, pasarase ao seguinte día hábil. Redondela, 29 de novembro de 2013. O alcalde Javier Bas Corugeira r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894
  • 10. CONCELLO DE REDONDELA ANEXO I Eu, don/dona___________________________________ con NIF _________________ e domicilio en _______________________________________ achego esta declaración xunto coa solicitude para participar na selección para a contratación dun/ha Técnico/a de Prospección Laboral para o Plan de Emprego do Concello de Redondela: a) Que posúo a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. b) Que non fun separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin me atopo en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separada/o ou inhabilitada/o. No caso de ser nacional doutro Estado, non me atopo inhabilitada/o ou en situación equivalente nin teño sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. c) Que non estou incursa/o en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determinen as disposicións vixentes. Redondela, de de 2013. r/ Alfonso XII, 2; 36800 Redondela (Pontevedra), NIF – P – 3604500 – C, Telf: 986 400 300 – Fax: 986 403 894