SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
Xa podedes consultar as BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA
DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE
ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON
NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS




O prazo para solicitar as axudas é dende o día 1 de decembro do 2012 ata o 15 de
xaneiro do 2013, ámbolos dous inclusive.




Os documentos que debedes presentar no Rexistro do Concello de Boiro son:




a) Certificado ou resgardo da matrícula.

b) Xustificantes de ingresos económicos (última declaración da renda da unidade
familiar, conxunta ou individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia
tributaria no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, ou
copia das dúas últimas nóminas).

c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha
antigüidade mínima do solicitante de 2 anos.

d) Certificación, no seu caso,de minusvalías.

e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante.

f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados
anteriores.

g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados.




Para calquera dúbida:

Oficina de Información Xuvenil(Centro Social de Boiro-1º andar)

R/ Poeta Manuel María s/n. 15930. Boiro

981842635/omix@boiro.org
BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO
DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS,
MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES
EDUCATIVAS ESPECIAIS

DISPOSICIÓNS XERAIS.
Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos para a
concesión de axudas ao desprazamento para o alumnado que curse estudos
técnicos, medios ou superiores, ou para o alumnado con necesidades educativas
especiais, no curso 2012-2013 de acordo cos principios de obxectividade,
igualdade, concurrencia e publicidade.

1ª.- FINALIDADE E OBXECTO.
A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas
aos alumnos/as para os seguintes desprazamentos :
       a. Boiro - Santiago :
               a.1. Modalidade diaria.
               a.2. Modalidade fin de semana.
       b. Boiro – Pontevedra :
               b.1 Modalidade fin de semana.
       c. Boiro – Vigo :
               c.1. Modalidade fin de semana.
        d. Boiro - Santiago- A Coruña :
               d.1. Modalidade fin de semana.

2ª .- FINANCIACIÓN DAS AXUDAS.
As citadas axudas concederanse con cargo ás partidas e disponibilidades
orzamentarias contempradas no orzamento xeral da corporación para o exercicio
económico 2013. A mencionada aplicación orzamentaria é a 324/48000 e contará
cun orzamento de 5.000 €

3ª.- PROCEDEMENTO E PRAZOS.
As solicitudes de axudas deberán presentarse no rexistro xeral do Concello a través
de instancia individualizada indicando modalidade de desprazamento e centro onde
se cursan os estudos. As solicitudes formularanse segundo o modelo que figura
como Anexo I desta convocatoria e dirixiranse ao Sr. alcalde-presidente.
Establécese un prazo de presentación das solicitudes dende o día 1 de decembro
do 2012 ata o 15 de xaneiro do 2013, ámbolos dous inclusive.

4º DOCUMENTOS A PRESENTAR
a) Certificado ou resgardo da matrícula.
b) Xustificantes de ingresos económicos (última declaración da renda da unidade
familiar, conxunta ou individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia
tributaria no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, ou
copia das dúas últimas nóminas).
c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha antigüidade
mínima do solicitante de 2 anos.
d) Certificación, no seu caso,de minusvalías.
e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante.
f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados
anteriores.
g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados.
5ª .- ÓRGANOS COMPETENTES PARA A INSTRUCCIÓN, VALORACIÓN E
RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES.

a) As axudas serán outorgadas pola Xunta de Goberno Local, previo informe da
comisión de valoración, debidamente motivada, de acordo cos criterios recollidos no
punto 6ª das presentes bases.

b) A instrucción do procedemento de concesión de axudas corresponde aos servizos
técnicos das Concellerías de Educación e Cultura do Concello de Boiro que terán as
seguintes funcións :

       1. Comprobar que os posibles beneficiarios/as cumpren cos requisitos
esixidos nestas bases.
       2. Elevar un informe á comisión de valoración.

c) Constituirase unha comisión de valoración formada por :

1. O Sr. alcalde-presidente, ou concelleiro/a en quen delegue, que actuará como
presidente/a da comisión.
2. Os concelleiros de educación e cultura.
3. 2 técnicos/as das concellerías de educación e cultura, designados pola Alcaldía.
4. A coordinadora de servizos sociais.
5. O secretario da corporación, ou funcionario/a en quen delegue, que actuará
como secretario/a da comisión, con voz pero sen voto.

A Comisión de valoración elaborá proposta na que se incluirá os beneficiarios e a
súa contía, ata completar como máximo o importe da axuda total destinada a tal
fin. Asemade elaborará unha lista de suplentes por orde de puntuacion atendendo
aos criterios de seleccion e indicará de forma expresa os solicitantes aos que se lle
denega a solicitude de axuda.

d) A proposta de resolución, logo da valoración da comisión, será elevada polo
órgano instructor á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación.

e) A resolución da concesión de axudas ao abeiro do disposto nestas bases farase
pública mediante a súa exposición no taboleiro de anuncios e na páxina web do
concello, e será notificada a tódolos solicitantes de forma fidedigna. En todo caso
esta resolución farase pública antes do 15 de febreiro de 2013.

Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán
formularse os recursos que procedan.


f) Toda alteración das condicións para a concesión da axuda poderá dar lugar, no
seu caso, á modificación do acordo.

6ª .- CRITERIOS DE SELECCIÓN.

a) Orde de presentación das solicitudes.
b) Nivel de renda familiar :

de efectos múltiples; para o ano 2010 = 7.445,14 € anual con 14 pagas).
             i. Ata 26.092,99 €.
             ii. Para valorar o nivel de renda familiar teranse en conta as casillas
       455 (base impoñible xeral) e 465 (base impoñible de aforro).

computables da familia
i. O pai.
             ii. A nai.
             iii. O titor/a ou, no seu caso, persoa encargada da garda e protección
      do menor.
             iv. Solicitante.
             v. Irmáns solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio
      familiar ou maiores de 25 anos cando se trate de persoas con discapacidade.

tamén se consideran membros computables o cónxuxe ou, no seu caso, a persoa á
que se atope unida por análoga relación, así como os fillos/as se os houbera.
c) No caso de agotarse a partida orzamentaria sin poder satisfacer todas as
solicitudes presentadas, a comisión de valoración terá en conta en primeiro lugar as
de menor nivel de renda familiar.
d) En caso de rendas de igual cuantía, primaranse as solicitudes que certifiquen a
existencia de discapacidades ou minusvalías dalgún dos membros computables da
unidade familiar.

7ª.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS/AS.
a) Destinar a cuantía das axudas para o fin que foron concedidas.
b) O sometemento ás actuacións de comprobación do Concello da efectiva
realización das actividades para as que se outorgara a axuda.
c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos,
incluidos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións
de comprobación e control.
d) Facilitar canta información sexa requerida polo Concello.

8ª.- CONTÍA DAS AXUDAS.

a) A axuda concedida terá o límite máximo do 30% dos gastos totais de
desprazamento ao longo do curso escolar; esta porcentaxe estimarase en función
dos prezos establecidos polas empresas de transportes, das tarifa do billete
individual e dos traslados que deban realizar os usuarios/as, no transcurso do curso
académico según a modalidade solicitada.

b) A Porcentaxe de axuda concedida baremarase da seguinte maneira:
       OPCIÓN A: NIVEL DE RENTA ≤ 200 €                    Axuda: 30%
       OPCIÓN B: NIVEL DE RENTA entre 201-300 €            Axuda: 27 %
       OPCIÓN C: NIVEL DE RENTA entre 301-400 €            Axuda: 21%
       OPCIÓN D: NIVEL DE RENTA entre 401-500 €            Axuda: 19%
       OPCIÓN E: NIVEL DE RENTA > 500 €                    Axuda: 17%

c) En todo caso, as axudas concedidas non superarán a aplicación      orzamentaria
correspondente.

d) Transcorrido o prazo de xustificación e posterior acordo do órgano competente
sobre cumprimento das obrigas por parte dos beneficiarios (fase O do gasto), o
órgano competente poderá acordar, no caso de que quedaran fondos liberados,
conceder axudas seguindo a lista de suplentes enumerada no apartado c) da Base
5ª d, sen que se poida superar o importe maximo establecido na Base 2ª. En tal
caso procederase a notificar de forma individual concedendo prazo de 15 días para
presentar a xustificación da axuda concedida.

9ª.- PRAZO DE XUSTIFICACIÓN, FORMA DE XUSTICACION E COBRO DAS
AXUDAS.

1.- O prazo de xustificación das axudas rematará o 28 de xuño de 2013, agás que
se solicitara e fose outorgada prórroga, debendo no seu caso, motivarse esta
concesión. En todo caso, esta solicitude deberá ser motivada e deberá realizarse
por escrito antes da data sinalada anteriormente.

O 30 de decembro do ano 2013, anularanse automaticamente os compromisos de
axuda pendentes de xustificación ou sen concesión de prórroga.

No   caso de non presentarse xustificación da totalidade ou parte da axuda
concedida dentro do prazo (inicial ou prorrogado), o órgano competente acordará a
perda do dereito á axuda concedida (parcial ou total)


2.- Condicións da xustificación.-

O presuposto subvencionado a xustificar será o importe da subvención concedida.

No caso de ter outras subvencións para o mesmo obxecto, o presuposto subvencionado
a xustificar será a suma das subvencións.

O importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en
concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades
privadas, supere o custo da actividade ou investimento feito polo beneficiario.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo
caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou
entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

 O beneficiario deberá someterse aos procedementos de control ou auditoría que se
realicen pola Intervención Municipal, polos seus propios medios ou a través de
empresas colaboradoras, e tamén, na condición de contadante, aos procedementos de
control que poida realizar o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou
calquera outro órgano de control interno ou externo nacional ou europeo. E como
resultado de ditos procedementos, poderase esixir responsabilidade administrativa,
consonte ao previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e no seu caso
responsabilidade penal,de conformidade co Código Penal.


3.- A xustificación dos gastos, de acordo co fin para o que se outorgou a axuda,
deberase realizar presentando a documentación xustificativa seguinte, nos prazos
indicados na presente convocatoria :

a. Facturas orixinais ou copias cotexadas, de pago das viaxes : As facturas
deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos:
       1. Nome, razón social, NIF ou CIF e enderezo de quen emite a factura.
       2. Desglose do IVE ou imposto correspondente.
       3. Nome, domicilio, NIF ou CIF do beneficiario/a.
       4. Descrición detallada do servizo (modalidade da viaxe).
       5. Número de factura, data de emisión e denominación de “Factura”.

Non se admitirá ningún outro documento xustificativo de pago distinto do descrito
no apartado anterior.

b.Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras administracións
públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou, pola contra, declaración de
non ter outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo obxecto.


c.Declaración de non ter débedas coa Facenda Estatal, Seguridade Social e co concello
de Boiro e autorización para consulta destes datos.
3. Á vista da documentación xustificativa presentada, o órgano competente, prévio
informe técnico, estimará o cumprimento das obrigas.

No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase
un prazo de dez días para a súa corrección.

Esta axuda ten carácter postpagable. O pago efectuarase mediante transferencia
bancaria á conta sinalada polo solicitante, que será o titular de dita conta.

10ª.- REFORMULACION DE SOLICITUDES.-
De acordo co estabelecido no art.27 da Ley xeral de subvencións e no 61 do seu
regulamento, a reformulación de solicitudes realizarase de forma automática, de
xeito que se o importe da subvención é inferior ao solicitado polo beneficiario, o
presuposto subvencionado que deberá ser xustificado posteriormente será o da
subvención concedida.

11.- REINTEGRO DAS AXUDAS.

O beneficiario/a procederá ó reintegro do total ou parcial das cantidades percibidas
dende o momento do pago da axuda nos seguintes casos :
      a) Incumprimento da finalidade para a que foi outorgada a axuda.
      b) Obtención da axuda sen reunir as condicións requeridas ou falseándoas.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Estas bases foron aprobadas na Xunta de Goberno Local de _____________.

More Related Content

Viewers also liked

Bases carreira
Bases carreiraBases carreira
Bases carreiraomixboiro
 
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up Solomon Siegel
 
identitas nasional ( 2012)
identitas nasional ( 2012)identitas nasional ( 2012)
identitas nasional ( 2012)suher lambang
 
Konstitusi rule of law
Konstitusi rule of lawKonstitusi rule of law
Konstitusi rule of lawsuher lambang
 
pengertian sosiologi
 pengertian sosiologi pengertian sosiologi
pengertian sosiologisuher lambang
 
Stress.kesehatan dan coping
Stress.kesehatan dan coping Stress.kesehatan dan coping
Stress.kesehatan dan coping suher lambang
 

Viewers also liked (7)

Bases carreira
Bases carreiraBases carreira
Bases carreira
 
Negligence hl
Negligence hlNegligence hl
Negligence hl
 
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
Bottom’s up! the birth of the dry shake, last word & pin up
 
identitas nasional ( 2012)
identitas nasional ( 2012)identitas nasional ( 2012)
identitas nasional ( 2012)
 
Konstitusi rule of law
Konstitusi rule of lawKonstitusi rule of law
Konstitusi rule of law
 
pengertian sosiologi
 pengertian sosiologi pengertian sosiologi
pengertian sosiologi
 
Stress.kesehatan dan coping
Stress.kesehatan dan coping Stress.kesehatan dan coping
Stress.kesehatan dan coping
 

Similar to Informacion e bases

35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risgainfobueu
 
Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónkikovsli
 
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasOrde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasCRISTINABERMDEZDOMNG
 
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015mjosebarxas
 
Cartel informativo axudasle
Cartel informativo axudasle Cartel informativo axudasle
Cartel informativo axudasle Cristina Eiras
 
1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015infobueu
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Plastilina3
 
XestióN Orzamentaria Das SubvencióNs
XestióN Orzamentaria Das SubvencióNsXestióN Orzamentaria Das SubvencióNs
XestióN Orzamentaria Das SubvencióNsMCORGOS
 
Centos residenciais docentes 2018
Centos residenciais docentes 2018Centos residenciais docentes 2018
Centos residenciais docentes 2018lunas_lunas
 
Axudas universitarios
Axudas universitariosAxudas universitarios
Axudas universitariosodesvanmarita
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glCharo García
 
Axudas para a adquisicion de material escolar
Axudas para a adquisicion de material escolar Axudas para a adquisicion de material escolar
Axudas para a adquisicion de material escolar Anpa Limiar
 
Prestación económica de pagamento único por fillas
Prestación económica de pagamento único por fillasPrestación económica de pagamento único por fillas
Prestación económica de pagamento único por fillasoscargaliza
 
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Charo García
 

Similar to Informacion e bases (20)

35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga
 
Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputación
 
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasOrde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
 
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
 
Cartel 2015 2
Cartel 2015 2Cartel 2015 2
Cartel 2015 2
 
Cartel informativo axudasle
Cartel informativo axudasle Cartel informativo axudasle
Cartel informativo axudasle
 
Cartel axudasle 2016
Cartel axudasle 2016Cartel axudasle 2016
Cartel axudasle 2016
 
1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015
 
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
 
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13
 
XestióN Orzamentaria Das SubvencióNs
XestióN Orzamentaria Das SubvencióNsXestióN Orzamentaria Das SubvencióNs
XestióN Orzamentaria Das SubvencióNs
 
Axudas ingles cartel 2017
Axudas ingles cartel 2017Axudas ingles cartel 2017
Axudas ingles cartel 2017
 
Centos residenciais docentes 2018
Centos residenciais docentes 2018Centos residenciais docentes 2018
Centos residenciais docentes 2018
 
Axudas universitarios
Axudas universitariosAxudas universitarios
Axudas universitarios
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Axudas para a adquisicion de material escolar
Axudas para a adquisicion de material escolar Axudas para a adquisicion de material escolar
Axudas para a adquisicion de material escolar
 
Prestación económica de pagamento único por fillas
Prestación económica de pagamento único por fillasPrestación económica de pagamento único por fillas
Prestación económica de pagamento único por fillas
 
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
 

More from omixboiro

Anexo 2 modelo xustificacion 2013
Anexo 2  modelo xustificacion 2013Anexo 2  modelo xustificacion 2013
Anexo 2 modelo xustificacion 2013omixboiro
 
Romeria das letras
Romeria das letrasRomeria das letras
Romeria das letrasomixboiro
 
Convite pastor rodri_guez
Convite pastor rodri_guezConvite pastor rodri_guez
Convite pastor rodri_guezomixboiro
 
Bases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localBases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localomixboiro
 
20130409102224
2013040910222420130409102224
20130409102224omixboiro
 
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1omixboiro
 
Ruta senderismo san ramon
Ruta senderismo san ramonRuta senderismo san ramon
Ruta senderismo san ramonomixboiro
 
O marco persoal
O marco persoalO marco persoal
O marco persoalomixboiro
 
Festival alternativo de treato
Festival alternativo de treatoFestival alternativo de treato
Festival alternativo de treatoomixboiro
 
20120304 oferta publica_emprego
20120304 oferta publica_emprego20120304 oferta publica_emprego
20120304 oferta publica_empregoomixboiro
 
Listado beneficiarios axudas transporte
Listado beneficiarios axudas transporteListado beneficiarios axudas transporte
Listado beneficiarios axudas transporteomixboiro
 
Bases certamen carteles
Bases certamen cartelesBases certamen carteles
Bases certamen cartelesomixboiro
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventudeomixboiro
 
Bases certamen carteles
Bases certamen cartelesBases certamen carteles
Bases certamen cartelesomixboiro
 
Certame poesía
Certame poesíaCertame poesía
Certame poesíaomixboiro
 
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanza
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanzaPrograma vii encontro arqueolóxico do barbanza
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanzaomixboiro
 
Viaxe a luarca
Viaxe a luarcaViaxe a luarca
Viaxe a luarcaomixboiro
 
Boletín empregate
Boletín empregateBoletín empregate
Boletín empregateomixboiro
 

More from omixboiro (20)

Anexo 2 modelo xustificacion 2013
Anexo 2  modelo xustificacion 2013Anexo 2  modelo xustificacion 2013
Anexo 2 modelo xustificacion 2013
 
Cartel pdf
Cartel pdfCartel pdf
Cartel pdf
 
Romeria das letras
Romeria das letrasRomeria das letras
Romeria das letras
 
Convite pastor rodri_guez
Convite pastor rodri_guezConvite pastor rodri_guez
Convite pastor rodri_guez
 
Bases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia localBases auxiliares policia local
Bases auxiliares policia local
 
20130409102224
2013040910222420130409102224
20130409102224
 
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
Anuncio ca05 220313-0002-gl-1
 
Ruta senderismo san ramon
Ruta senderismo san ramonRuta senderismo san ramon
Ruta senderismo san ramon
 
Doe mestres
Doe mestresDoe mestres
Doe mestres
 
O marco persoal
O marco persoalO marco persoal
O marco persoal
 
Festival alternativo de treato
Festival alternativo de treatoFestival alternativo de treato
Festival alternativo de treato
 
20120304 oferta publica_emprego
20120304 oferta publica_emprego20120304 oferta publica_emprego
20120304 oferta publica_emprego
 
Listado beneficiarios axudas transporte
Listado beneficiarios axudas transporteListado beneficiarios axudas transporte
Listado beneficiarios axudas transporte
 
Bases certamen carteles
Bases certamen cartelesBases certamen carteles
Bases certamen carteles
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventude
 
Bases certamen carteles
Bases certamen cartelesBases certamen carteles
Bases certamen carteles
 
Certame poesía
Certame poesíaCertame poesía
Certame poesía
 
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanza
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanzaPrograma vii encontro arqueolóxico do barbanza
Programa vii encontro arqueolóxico do barbanza
 
Viaxe a luarca
Viaxe a luarcaViaxe a luarca
Viaxe a luarca
 
Boletín empregate
Boletín empregateBoletín empregate
Boletín empregate
 

Informacion e bases

  • 1. Xa podedes consultar as BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS O prazo para solicitar as axudas é dende o día 1 de decembro do 2012 ata o 15 de xaneiro do 2013, ámbolos dous inclusive. Os documentos que debedes presentar no Rexistro do Concello de Boiro son: a) Certificado ou resgardo da matrícula. b) Xustificantes de ingresos económicos (última declaración da renda da unidade familiar, conxunta ou individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia tributaria no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, ou copia das dúas últimas nóminas). c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha antigüidade mínima do solicitante de 2 anos. d) Certificación, no seu caso,de minusvalías. e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante. f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados anteriores. g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados. Para calquera dúbida: Oficina de Información Xuvenil(Centro Social de Boiro-1º andar) R/ Poeta Manuel María s/n. 15930. Boiro 981842635/omix@boiro.org
  • 2. BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS DISPOSICIÓNS XERAIS. Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de axudas ao desprazamento para o alumnado que curse estudos técnicos, medios ou superiores, ou para o alumnado con necesidades educativas especiais, no curso 2012-2013 de acordo cos principios de obxectividade, igualdade, concurrencia e publicidade. 1ª.- FINALIDADE E OBXECTO. A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos alumnos/as para os seguintes desprazamentos : a. Boiro - Santiago : a.1. Modalidade diaria. a.2. Modalidade fin de semana. b. Boiro – Pontevedra : b.1 Modalidade fin de semana. c. Boiro – Vigo : c.1. Modalidade fin de semana. d. Boiro - Santiago- A Coruña : d.1. Modalidade fin de semana. 2ª .- FINANCIACIÓN DAS AXUDAS. As citadas axudas concederanse con cargo ás partidas e disponibilidades orzamentarias contempradas no orzamento xeral da corporación para o exercicio económico 2013. A mencionada aplicación orzamentaria é a 324/48000 e contará cun orzamento de 5.000 € 3ª.- PROCEDEMENTO E PRAZOS. As solicitudes de axudas deberán presentarse no rexistro xeral do Concello a través de instancia individualizada indicando modalidade de desprazamento e centro onde se cursan os estudos. As solicitudes formularanse segundo o modelo que figura como Anexo I desta convocatoria e dirixiranse ao Sr. alcalde-presidente. Establécese un prazo de presentación das solicitudes dende o día 1 de decembro do 2012 ata o 15 de xaneiro do 2013, ámbolos dous inclusive. 4º DOCUMENTOS A PRESENTAR a) Certificado ou resgardo da matrícula. b) Xustificantes de ingresos económicos (última declaración da renda da unidade familiar, conxunta ou individuais, ou certificado de ingresos expedido pola axencia tributaria no caso de non existir obriga de presentación da declaración da renda, ou copia das dúas últimas nóminas). c) Volante de empadronamento da unidade familiar. Debe constar unha antigüidade mínima do solicitante de 2 anos. d) Certificación, no seu caso,de minusvalías. e) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante. f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados anteriores. g) Os documentos que se aporten coa solicitude deberán estar cotexados.
  • 3. 5ª .- ÓRGANOS COMPETENTES PARA A INSTRUCCIÓN, VALORACIÓN E RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES. a) As axudas serán outorgadas pola Xunta de Goberno Local, previo informe da comisión de valoración, debidamente motivada, de acordo cos criterios recollidos no punto 6ª das presentes bases. b) A instrucción do procedemento de concesión de axudas corresponde aos servizos técnicos das Concellerías de Educación e Cultura do Concello de Boiro que terán as seguintes funcións : 1. Comprobar que os posibles beneficiarios/as cumpren cos requisitos esixidos nestas bases. 2. Elevar un informe á comisión de valoración. c) Constituirase unha comisión de valoración formada por : 1. O Sr. alcalde-presidente, ou concelleiro/a en quen delegue, que actuará como presidente/a da comisión. 2. Os concelleiros de educación e cultura. 3. 2 técnicos/as das concellerías de educación e cultura, designados pola Alcaldía. 4. A coordinadora de servizos sociais. 5. O secretario da corporación, ou funcionario/a en quen delegue, que actuará como secretario/a da comisión, con voz pero sen voto. A Comisión de valoración elaborá proposta na que se incluirá os beneficiarios e a súa contía, ata completar como máximo o importe da axuda total destinada a tal fin. Asemade elaborará unha lista de suplentes por orde de puntuacion atendendo aos criterios de seleccion e indicará de forma expresa os solicitantes aos que se lle denega a solicitude de axuda. d) A proposta de resolución, logo da valoración da comisión, será elevada polo órgano instructor á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación. e) A resolución da concesión de axudas ao abeiro do disposto nestas bases farase pública mediante a súa exposición no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello, e será notificada a tódolos solicitantes de forma fidedigna. En todo caso esta resolución farase pública antes do 15 de febreiro de 2013. Contra a desestimación expresa ou presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan. f) Toda alteración das condicións para a concesión da axuda poderá dar lugar, no seu caso, á modificación do acordo. 6ª .- CRITERIOS DE SELECCIÓN. a) Orde de presentación das solicitudes. b) Nivel de renda familiar : de efectos múltiples; para o ano 2010 = 7.445,14 € anual con 14 pagas). i. Ata 26.092,99 €. ii. Para valorar o nivel de renda familiar teranse en conta as casillas 455 (base impoñible xeral) e 465 (base impoñible de aforro). computables da familia
  • 4. i. O pai. ii. A nai. iii. O titor/a ou, no seu caso, persoa encargada da garda e protección do menor. iv. Solicitante. v. Irmáns solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar ou maiores de 25 anos cando se trate de persoas con discapacidade. tamén se consideran membros computables o cónxuxe ou, no seu caso, a persoa á que se atope unida por análoga relación, así como os fillos/as se os houbera. c) No caso de agotarse a partida orzamentaria sin poder satisfacer todas as solicitudes presentadas, a comisión de valoración terá en conta en primeiro lugar as de menor nivel de renda familiar. d) En caso de rendas de igual cuantía, primaranse as solicitudes que certifiquen a existencia de discapacidades ou minusvalías dalgún dos membros computables da unidade familiar. 7ª.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS/AS. a) Destinar a cuantía das axudas para o fin que foron concedidas. b) O sometemento ás actuacións de comprobación do Concello da efectiva realización das actividades para as que se outorgara a axuda. c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluidos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. d) Facilitar canta información sexa requerida polo Concello. 8ª.- CONTÍA DAS AXUDAS. a) A axuda concedida terá o límite máximo do 30% dos gastos totais de desprazamento ao longo do curso escolar; esta porcentaxe estimarase en función dos prezos establecidos polas empresas de transportes, das tarifa do billete individual e dos traslados que deban realizar os usuarios/as, no transcurso do curso académico según a modalidade solicitada. b) A Porcentaxe de axuda concedida baremarase da seguinte maneira: OPCIÓN A: NIVEL DE RENTA ≤ 200 € Axuda: 30% OPCIÓN B: NIVEL DE RENTA entre 201-300 € Axuda: 27 % OPCIÓN C: NIVEL DE RENTA entre 301-400 € Axuda: 21% OPCIÓN D: NIVEL DE RENTA entre 401-500 € Axuda: 19% OPCIÓN E: NIVEL DE RENTA > 500 € Axuda: 17% c) En todo caso, as axudas concedidas non superarán a aplicación orzamentaria correspondente. d) Transcorrido o prazo de xustificación e posterior acordo do órgano competente sobre cumprimento das obrigas por parte dos beneficiarios (fase O do gasto), o órgano competente poderá acordar, no caso de que quedaran fondos liberados, conceder axudas seguindo a lista de suplentes enumerada no apartado c) da Base 5ª d, sen que se poida superar o importe maximo establecido na Base 2ª. En tal caso procederase a notificar de forma individual concedendo prazo de 15 días para presentar a xustificación da axuda concedida. 9ª.- PRAZO DE XUSTIFICACIÓN, FORMA DE XUSTICACION E COBRO DAS AXUDAS. 1.- O prazo de xustificación das axudas rematará o 28 de xuño de 2013, agás que se solicitara e fose outorgada prórroga, debendo no seu caso, motivarse esta
  • 5. concesión. En todo caso, esta solicitude deberá ser motivada e deberá realizarse por escrito antes da data sinalada anteriormente. O 30 de decembro do ano 2013, anularanse automaticamente os compromisos de axuda pendentes de xustificación ou sen concesión de prórroga. No caso de non presentarse xustificación da totalidade ou parte da axuda concedida dentro do prazo (inicial ou prorrogado), o órgano competente acordará a perda do dereito á axuda concedida (parcial ou total) 2.- Condicións da xustificación.- O presuposto subvencionado a xustificar será o importe da subvención concedida. No caso de ter outras subvencións para o mesmo obxecto, o presuposto subvencionado a xustificar será a suma das subvencións. O importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o custo da actividade ou investimento feito polo beneficiario. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión. O beneficiario deberá someterse aos procedementos de control ou auditoría que se realicen pola Intervención Municipal, polos seus propios medios ou a través de empresas colaboradoras, e tamén, na condición de contadante, aos procedementos de control que poida realizar o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo nacional ou europeo. E como resultado de ditos procedementos, poderase esixir responsabilidade administrativa, consonte ao previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e no seu caso responsabilidade penal,de conformidade co Código Penal. 3.- A xustificación dos gastos, de acordo co fin para o que se outorgou a axuda, deberase realizar presentando a documentación xustificativa seguinte, nos prazos indicados na presente convocatoria : a. Facturas orixinais ou copias cotexadas, de pago das viaxes : As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos: 1. Nome, razón social, NIF ou CIF e enderezo de quen emite a factura. 2. Desglose do IVE ou imposto correspondente. 3. Nome, domicilio, NIF ou CIF do beneficiario/a. 4. Descrición detallada do servizo (modalidade da viaxe). 5. Número de factura, data de emisión e denominación de “Factura”. Non se admitirá ningún outro documento xustificativo de pago distinto do descrito no apartado anterior. b.Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou, pola contra, declaración de non ter outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo obxecto. c.Declaración de non ter débedas coa Facenda Estatal, Seguridade Social e co concello de Boiro e autorización para consulta destes datos.
  • 6. 3. Á vista da documentación xustificativa presentada, o órgano competente, prévio informe técnico, estimará o cumprimento das obrigas. No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días para a súa corrección. Esta axuda ten carácter postpagable. O pago efectuarase mediante transferencia bancaria á conta sinalada polo solicitante, que será o titular de dita conta. 10ª.- REFORMULACION DE SOLICITUDES.- De acordo co estabelecido no art.27 da Ley xeral de subvencións e no 61 do seu regulamento, a reformulación de solicitudes realizarase de forma automática, de xeito que se o importe da subvención é inferior ao solicitado polo beneficiario, o presuposto subvencionado que deberá ser xustificado posteriormente será o da subvención concedida. 11.- REINTEGRO DAS AXUDAS. O beneficiario/a procederá ó reintegro do total ou parcial das cantidades percibidas dende o momento do pago da axuda nos seguintes casos : a) Incumprimento da finalidade para a que foi outorgada a axuda. b) Obtención da axuda sen reunir as condicións requeridas ou falseándoas. DISPOSICIÓNS FINAIS Estas bases foron aprobadas na Xunta de Goberno Local de _____________.