SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 17 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras
e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación
apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, de
acordo co que establece o Estatuto de autonomía de Galicia nos artigos 32 e 27.18, exerce
a competencia exclusiva en materia de bibliotecas que non sexan de titularidade estatal,
así recollida no artigo 9 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e desenvolvida a través da Lei 5/2012, do 15 de xuño, de
bibliotecas de Galicia.
Consonte esta responsabilidade, a Consellería é consciente de que un dos elementos
fundamentais no funcionamento das bibliotecas é unha cualificación e formación técnica
dos responsables destas. Por iso, a través da súa Secretaría Xeral de Cultura, vén ocupándose mediante a realización de cursos de formación da instrución tanto básica como
de perfeccionamento dos futuros bibliotecarios da Rede de bibliotecas de Galicia. Esta
formación, esencialmente teórica, non quedaría rematada se non se complementa coa
realización de prácticas en bibliotecas que permitan non só a formación nas diversas áreas
destes centros, senón tamén contacto diario e directo dos/as bolseiros/as, durante un tempo suficiente, cos problemas e demandas reais dunha biblioteca, debidamente guiados por

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

persoas con coñecementos e experiencia dabondo, como medio de promoción profesional.
Por esta razón, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través
da Secretaría Xeral de Cultura, realiza un plan de preparación de profesionais para a Rede
de bibliotecas de Galicia, a través de bolsas de formación en biblioteconomía mediante a
formación apoiada por titores en diversos centros dependentes desta.
Por todo isto,
DISPOÑO:
Artigo 1.  Obxecto e finalidade
1. Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación en bibliotecono-

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8207

mía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos, así como calquera
outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.
2. Os bolseiros recibirán a súa formación nas bibliotecas públicas a que sexan destinados e serán coordinados e dirixidos pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do persoal técnico debidamente
cualificado, designado para tal efecto por aquela. A relación das bibliotecas públicas en que
deberán realizar a actividade publicarase conxuntamente coa resolución de adxudicación
das bolsas.
3. A formación comprenderá unha parte teórica e outra práctica que será impartida por
persoal técnico bibliotecario.
Artigo 2.  Número, duración e importe das bolsas
1. O número de prazas convocadas será de trinta e unha (31) que se adxudicarán mediante a aplicación do baremo indicado no artigo 6 desta convocatoria.
2. A bolsa terá unha duración total de oito meses, contados desde a data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura e poderán ser prorrogadas dependendo
do informe favorable do titor responsable e mais da existencia de crédito adecuado e suficiente para o seu financiamento.

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

3. Financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 2014 09.20.432.A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, por un importe total
de douscentos quince mil setecentos sesenta euros (215.760 €).
4. En cumprimento do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan
os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas
que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición
adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, destinaranse 8.610,56 euros, en concepto
de cotizacións á Seguridade Social por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por continxencias comúns e profesionais.
5. O importe individualizado de cada bolsa será de 870 euros brutos mensuais.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8208

6. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de que as
bolsas concedidas non cubrisen a totalidade do crédito asignado, pode realizar unha nova
convocatoria pública, nos mesmos ou en diferentes termos desta.
Artigo 3.  Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
– Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia, Filoloxía ou Humanidades.
– Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das
reguladas por medio desta orde.
– Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior
aos seis (6) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.
– Non poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas que se atopen nalgún dos
supostos previstos no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia, e deberán achegar, para estes efectos, unha declaración responsable de que non
concorre ningunha das circunstancias previstas no referido artigo.
A concesión da bolsa será incompatible con outras subvencións ou axudas para a mesCVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

ma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, de acordo co disposto
no artigo 14.1.p) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 4.  Obrigas dos bolseiros
Ás persoas seleccionadas, logo de aceptaren as bolsas, seralles de aplicación o disposto
no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e, así mesmo, quedarán obrigadas a:
– Incorporarse aos centros a que sexan destinadas dentro do prazo que estipule a Secretaría Xeral de Cultura.
– Asistir aos centros onde resulten destinadas, de acordo coas directrices que fixen os
responsables da execución do programa de formación teórica e práctica.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8209

– Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas
funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
– Cumprir o compromiso de formación durante todo o período para o cal se lle concedeu
a bolsa.
Artigo 5.  Presentación das solicitudes, documentación e prazos
1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de
acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns
aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o
desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela
dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de
identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da
Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na
CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da
convocatoria.
2. Documentación que cómpre achegar:
– Solicitude segundo o modelo que figura como anexo I nesta convocatoria.
– Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar, no anexo I, a súa consulta no sistema de verificación de identidades, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 255/2008,
do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade
do solicitante no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda
e Administracións Públicas.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8210

– Declaración expresa de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso de o ter, un compromiso expreso de renunciar con
anterioridade ao momento da incorporación ao centro a que sexa destinado consonte o
modelo que se inclúe no anexo I.
– Copia da certificación académica do expediente coas cualificacións obtidas nas diferentes materias.
– Copia dos documentos que acrediten os méritos alegados.
– Declaración responsable de que non concorre en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 10.3º da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o previsto no artigo 11.g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o
Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xullo, de subvencións de Galicia, consonte o modelo
que se inclúe no anexo I.
3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando
calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias
dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da
persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para
o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007,
do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010,
do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
4. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
5. Serán causa de exclusión a demostración de falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais e a incorrección na documentación presentada.
6. Se as solicitudes non reúnen os requisitos sinalados, os solicitantes serán requiridos
para que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación exixida, de
acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para o que se lles concederá
un prazo de dez (10) días hábiles, contados desde a recepción do escrito de requirimento
correspondente.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8211

Artigo 6.  Instrución, avaliación e criterios de valoración
1. A instrución do procedemento de concesión das bolsas levaraa a cabo a Secretaría
Xeral de Cultura.
O órgano competente para a instrución realizará de oficio cantas actuacións considere
necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos
cales se debe formular a proposta de resolución.
2. As solicitudes serán analizadas e valoradas por unha comisión presidida pola persoa
titular da Subdirección Xeral de Bibliotecas, da que serán vogais a xefa do Servizo do
Sistema de Bibliotecas e o/a director/a dunha das bibliotecas da Rede de bibliotecas de
Galicia, actuará como secretario/a, con voz pero sen voto, un/unha funcionario/a ou laboral
da Subdirección Xeral de Bibliotecas.
3. Esta comisión avaliará consonte os seguintes criterios:
– Doutoramento en Biblioteconomía ou Documentación: 1 punto.
– Expediente: puntuarase en función do número de materias estudadas relacionadas
especificamente con bibliotecas ou centros de documentación e da puntuación obtida en
cada unha delas. Máximo: 15 puntos.
– Cursos de biblioteconomía, bibliografía, documentación, historia do libro e informática

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

aplicada a bibliotecas, organizados exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de bibliotecarios ou documentalistas:
a) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 250 horas: 1 punto por curso, ata un máximo de 2 puntos.
b) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 100 horas: 0,75 puntos por
curso, ata un máximo de 1,50 puntos.
c) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 40 horas: 0,50 puntos por
curso, ata un máximo de 1,50 puntos.
d) Con acreditación expresa de duración inferior a 40 horas: 0,25 puntos por curso, ata
un máximo de 0,75 puntos.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8212

Non se valorarán os cursos de menos de 10 horas lectivas nin aqueles que non acrediten as horas lectivas.
– Cursos de biblioteconomía, bibliografía, documentación, historia do libro e informática
aplicada a bibliotecas impartidos por outros organismos: valoraranse, ata un máximo de
0,75 puntos.
a) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 250 horas: 0,15 puntos por
curso, ata un máximo de 0,30 puntos.
b) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 100 horas: 0,10 puntos por
curso, ata un máximo de 0,20 puntos.
c) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 40 horas: 0,05 puntos por
curso, ata un máximo de 0,15 puntos.
d) Con acreditación expresa de duración inferior a 40 horas: 0,02 puntos por curso, ata
un máximo de 0,10 puntos.
– Impartición de cursos de bibliotecas, ata 1,50 puntos, en función das horas impartidas:
a) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 40 horas: 0,75 puntos por

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

curso, ata un máximo de 1,50 puntos.
b) Con acreditación expresa de duración inferior a 40 horas: 0,50 puntos por curso, ata
un máximo de 1,50 puntos.
– Asistencia a congresos de biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do
libro: 0,10 puntos por congreso, ata un máximo de 0,75 punto.
– Presentación de comunicacións en congresos de biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do libro: 0,25 puntos por comunicación, ata un máximo de 1,25 puntos.
– Publicacións relacionadas con biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia
do libro: 0,25 puntos por publicación, ata o máximo de 1,5 puntos. O mesmo mérito valorarase unha soa vez: como comunicación, publicación ou asistencia a congresos.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8213

– Cursos de galego:
Celga 3 ou equivalente: 2,5 puntos.
Celga 4 ou equivalente: 3,5 puntos.
Ata o máximo de 3,5 puntos.
O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da comisión de valoración, formulará a
proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que se fará pública, para os efectos
de notificación aos interesados, no portal da Rede de bibliotecas (www.rbgalicia.xunta.es), na
páxina web oficial da Secretaría Xeral de Cultura, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións territoriais.
Concederase un prazo de dez (10) días para presentar alegacións. Examinadas as alegacións aducidas, de ser o caso, polos interesados, formularase a proposta de resolución
definitiva, que deberá expresar o solicitante ou solicitantes para os cales se propón a concesión da bolsa, especificando a puntuación total obtida na valoración dos méritos.

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

Artigo 7.  Resolución
1. A resolución da convocatoria correspóndelle ao conselleiro de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, ditarase no prazo de quince (15) días desde a elevación da proposta de resolución e publicarase no DOG. Así mesmo, farase pública no portal da Rede de
bibliotecas de Galicia (www.rbgalicia.xunta.es), na páxina web oficial da Secretaría Xeral
de Cultura, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria e nas súas delegacións territoriais. Esta publicación substituirá a notificación
persoal e producirá os mesmos efectos. En todo caso, o prazo máximo para resolver e
notificar a resolución do procedemento non poderá superar os cinco meses.
A resolución deberá expresar a relación de solicitantes aos cales se lles conceden as
bolsas convocadas, poderanse designar ademais os adxudicatarios suplentes, en orde de
prioridade, que serán notificados como adxudicatarios de forma sucesiva cando non se
puidese formalizar a aceptación da bolsa ou se produza unha renuncia.
2. No suposto de que non recaese ningunha resolución expresa dentro do prazo previsto para resolver, o sentido do silencio será negativo.
3. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos
como beneficiarios disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación; transcorrido
este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8214

De non se incorporaren no prazo que se determine para tal efecto na resolución da
concesión sen causa suficiente, ou de demostrarse falsidade ou non correspondencia cos
orixinais ou incorrección na documentación presentada, o secretario xeral de Cultura poderá propoñer o seguinte ou seguintes candidatos, por orde de puntuación, e quedará sen
efecto o nomeamento das persoas que se atopen nalgunha destas situacións.
4. Unha vez outorgadas as bolsas, a Secretaría Xeral de Cultura poderá solicitarlles aos
seleccionados a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada dos méritos alegados,
que deberán entregar nun prazo non superior aos dez (10) días.
5. De acordo co artigo 14.m) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da bolsa e, en
todo caso, a obtención concorrente de axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á
modificación da resolución de concesión.
6. Incluiranse nos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados
nos artigos 44 e 45 da Lei 16/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e
subvencións recibidas, así como as sancións impostas, segundo autorización do solicitante
que figure na convocatoria correspondente.
7. A resolución de adxudicación ponlle fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109
da citada Lei 30/1992, e contra ela cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, no
CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

prazo dun mes contado a partir da data de notificación desta aos interesados ou recurso
contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de
dous meses, contados a partir da data de notificación.
8. Unha vez rematado o período de percepción da bolsa, as persoas non seleccionadas
poderán solicitar a devolución da documentación presentada.
Artigo 8.  Pagamento das bolsas
1. O pagamento da bolsa axustarase á normativa orzamentaria de aplicación, e repartirase en oito (8) mensualidades, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, logo da
certificación da Secretaría Xeral de Cultura de que a persoa beneficiaria realizou, de conformidade, as actividades formativas que son obxecto da bolsa.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8215

2. Ás persoas beneficiarias das bolsas poderáselles requirir a documentación necesaria
para proceder ao seu pagamento.
Artigo 9.  Renuncias, revogación e reintegro das cantidades
1. A renuncia á bolsa por parte do beneficiario, unha vez iniciado o desfrute desta, deberá ser comunicada polo menos con sete días de antelación á data establecida para a súa
renuncia. Esta dará lugar á devolución das cantidades percibidas, se procede, e determinará a perda dos dereitos económicos da parte da bolsa non realizada.
2. O persoal técnico e facultativo que coordine e dirixa os bolseiros poderá propoñerlle
á Secretaría Xeral de Cultura a revogación da bolsa por falta de aproveitamento ou incumprimento das condicións sinaladas.
3. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de mora nos
casos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 10.  Réxime xurídico
En todo o non previsto nesta orde observarase o sinalado na Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se
aproba o regulamento da lei anterior. Con carácter supletorio será de aplicación o disposto
na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e no seu regulamento, aprobado por Real decreCVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

to 887/2006, do 21 de xullo.
Artigo 11.  Carácter das bolsas
Os adxudicatarios adquiren exclusivamente a condición de bolseiros, coas obrigas e
dereitos desta, conforme estas bases, sen ningún outro vencello laboral ou administrativo
coa Administración autonómica.
Disposición derradeira primeira
Autorízase o secretario xeral de Cultura para ditar, no ámbito das súas competencias,
as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8216

Disposición derradeira segunda
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8217

ANEXO I

PROCEDEMENTO

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

DOCUMENTO

CT233A

SOLICITUDE

BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
NOME

PRIMEIRO APELIDO

TIPO DE VÍA
CP

NOME DA VÍA

PROVINCIA

TELÉFONO

SEGUNDO APELIDO

NÚMERO BLOQUE
CONCELLO

FAX

NIF

ANDAR

PORTA

ANDAR

PORTA

LOCALIDADE

ENDEREZO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)
NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NIF

ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior)
TIPO DE VÍA
CP

NOME DA VÍA

PROVINCIA

TELÉFONO

NÚMERO BLOQUE
CONCELLO

FAX

LOCALIDADE

ENDEREZO ELECTRÓNICO

A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA
1. Que non ten emprego remunerado nin goza doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta ou, no caso de o ter, comprométese expresamente
a renunciar con anterioridade ao momento da incorporación ao centro ao que sexa destinado/a.
2. Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei
9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU SE DECLARA QUE ESTÁ EN PODER DA ADMINISTRACIÓN
PRESENTADO

CÓD. PROC.

EXPTE.

ANO

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de
verificación de datos de identidade.
Copia da certificación académica do expediente
Copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados
Autorizo a Secretaría Xeral de Cultura, de conformidade co artigo 35, letra f), da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a
habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, á consulta da
documentación indicada anteriormente.
Así mesmo, declaro que a dita documentación se mantén vixente na actualidade e que non trascorreron máis de cinco anos desde o
financiamento do procedemento a que corresponden.
Autorizo a Secretaría Xeral de Cultura, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante
no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
SI

NON (neste caso achegarase a documentación correspondente)

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co
previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de
decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura publicará na súa páxina web oficial a
relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que,
como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a
autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 39	

Mércores, 26 de febreiro de 2014	

Páx. 8218

ANEXO I
(continuación)
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de
que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste
procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido
a este centro directivo como responsable do ficheiro.

LEXISLACIÓN APLICABLE
Orde do 17 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a
formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0

,

de

de

Secretaría Xeral de Cultura

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

More Related Content

Viewers also liked

Viewers also liked (12)

Voip2Day 2008 - Asterisk en Entornos Corporativos
Voip2Day 2008 - Asterisk en Entornos CorporativosVoip2Day 2008 - Asterisk en Entornos Corporativos
Voip2Day 2008 - Asterisk en Entornos Corporativos
 
Seguridad en las redes sociales
Seguridad en las redes socialesSeguridad en las redes sociales
Seguridad en las redes sociales
 
Jaime Fuenzalida Unir 2010
Jaime Fuenzalida Unir 2010Jaime Fuenzalida Unir 2010
Jaime Fuenzalida Unir 2010
 
PowerBuilder11
PowerBuilder11PowerBuilder11
PowerBuilder11
 
Oa
OaOa
Oa
 
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas.
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas. OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas.
OFERTA PÚBLICA DE EMPLEO 2015. 7416 plazas nuevas.
 
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicasConvocatoria 7ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 7ª edicion emprende tus practicas
 
BOLSAS DO ICEX
BOLSAS DO ICEXBOLSAS DO ICEX
BOLSAS DO ICEX
 
Tema 4.2
Tema  4.2Tema  4.2
Tema 4.2
 
Introduccion Css
Introduccion CssIntroduccion Css
Introduccion Css
 
Aprende Ajax
Aprende AjaxAprende Ajax
Aprende Ajax
 
Emerging Trends In Pharma - HR Update
Emerging Trends In Pharma - HR UpdateEmerging Trends In Pharma - HR Update
Emerging Trends In Pharma - HR Update
 

Similar to Anuncio g0164 180214-0005-gl

Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Oferta formativa 2014 2015
Oferta  formativa  2014 2015Oferta  formativa  2014 2015
Oferta formativa 2014 2015gelesmaral
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Celia Conde Pumpido
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Celia Conde Pumpido
 
Axudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesAxudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesodesvanmarita
 
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnosticoceipvicenterisco
 
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015nogais
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014CCOOXustiza
 
Currículum tecnico superior telecomunicaciones
Currículum tecnico superior telecomunicacionesCurrículum tecnico superior telecomunicaciones
Currículum tecnico superior telecomunicacionesbiofito
 
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Anpa Limiar
 
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasOrde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasCRISTINABERMDEZDOMNG
 
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Charo García
 
Anuncio g0253 200214-0001-gl
Anuncio g0253 200214-0001-glAnuncio g0253 200214-0001-gl
Anuncio g0253 200214-0001-glCharo García
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xovesatelite1
 

Similar to Anuncio g0164 180214-0005-gl (20)

Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Oferta formativa 2014 2015
Oferta  formativa  2014 2015Oferta  formativa  2014 2015
Oferta formativa 2014 2015
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
 
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
Bolsas estadias investigadores en centros tecnoloxicos,xullo 13
 
Axudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesAxudas campamentos ingles
Axudas campamentos ingles
 
Profesores interinos
Profesores interinosProfesores interinos
Profesores interinos
 
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
 
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
CALENDARIO ESCOLAR 2014-2015
 
BOLSAS DO IGAPE
BOLSAS DO IGAPEBOLSAS DO IGAPE
BOLSAS DO IGAPE
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014
 
Currículum tecnico superior telecomunicaciones
Currículum tecnico superior telecomunicacionesCurrículum tecnico superior telecomunicaciones
Currículum tecnico superior telecomunicaciones
 
Dep lugo, bolsas formacion museistica
Dep lugo, bolsas formacion museisticaDep lugo, bolsas formacion museistica
Dep lugo, bolsas formacion museistica
 
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
Regula o fondo solidario de libros de texto 2015 16
 
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasOrde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
 
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
 
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
 
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
 
Anuncio g0253 200214-0001-gl
Anuncio g0253 200214-0001-glAnuncio g0253 200214-0001-gl
Anuncio g0253 200214-0001-gl
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xove
 

More from Charo García

Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"Charo García
 
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...Charo García
 
Oferta de emprego_allegheny_college
Oferta de emprego_allegheny_collegeOferta de emprego_allegheny_college
Oferta de emprego_allegheny_collegeCharo García
 
Boletín de Información Profesional do mes de decembro
Boletín de Información Profesional do mes de decembro Boletín de Información Profesional do mes de decembro
Boletín de Información Profesional do mes de decembro Charo García
 
Deloitte Business Game
Deloitte Business GameDeloitte Business Game
Deloitte Business GameCharo García
 
Ingeniero ventas galicia
Ingeniero ventas galiciaIngeniero ventas galicia
Ingeniero ventas galiciaCharo García
 
A economía dixital e o novo mercado laboral
A economía dixital e o novo mercado laboralA economía dixital e o novo mercado laboral
A economía dixital e o novo mercado laboralCharo García
 
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.Charo García
 
¿Tu identidad digital es tu marca personal?
¿Tu identidad digital es tu marca personal?¿Tu identidad digital es tu marca personal?
¿Tu identidad digital es tu marca personal?Charo García
 
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?Charo García
 
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.Charo García
 
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.Charo García
 
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014Charo García
 
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoBoletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoCharo García
 
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.Charo García
 

More from Charo García (20)

Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
Xornada "Vivir e Traballar en Alemaña"
 
Xornada móvete
Xornada móveteXornada móvete
Xornada móvete
 
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
Oferta de traballo para titulad@s en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ...
 
Oferta de emprego_allegheny_college
Oferta de emprego_allegheny_collegeOferta de emprego_allegheny_college
Oferta de emprego_allegheny_college
 
Boletín de Información Profesional do mes de decembro
Boletín de Información Profesional do mes de decembro Boletín de Información Profesional do mes de decembro
Boletín de Información Profesional do mes de decembro
 
Deloitte Business Game
Deloitte Business GameDeloitte Business Game
Deloitte Business Game
 
Ingeniero ventas galicia
Ingeniero ventas galiciaIngeniero ventas galicia
Ingeniero ventas galicia
 
A economía dixital e o novo mercado laboral
A economía dixital e o novo mercado laboralA economía dixital e o novo mercado laboral
A economía dixital e o novo mercado laboral
 
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
 
¿Tu identidad digital es tu marca personal?
¿Tu identidad digital es tu marca personal?¿Tu identidad digital es tu marca personal?
¿Tu identidad digital es tu marca personal?
 
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
A túa identidade dixital é a túa marca persoal?
 
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
 
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
622 plazas de profesores visitantes en EEUU y Canadá.
 
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
Oferta técnico de recursos humanos coruña 15 09 2014
 
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoBoletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
 
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
Becas del Consejo de Consumidores y Usuarios.
 
Becas maec aecid
Becas maec aecidBecas maec aecid
Becas maec aecid
 
Boe a-2014-1626
Boe a-2014-1626Boe a-2014-1626
Boe a-2014-1626
 
Boe a-2014-1467
Boe a-2014-1467Boe a-2014-1467
Boe a-2014-1467
 
Boe a-2014-1467
Boe a-2014-1467Boe a-2014-1467
Boe a-2014-1467
 

Anuncio g0164 180214-0005-gl

  • 1. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8206 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 17 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, de acordo co que establece o Estatuto de autonomía de Galicia nos artigos 32 e 27.18, exerce a competencia exclusiva en materia de bibliotecas que non sexan de titularidade estatal, así recollida no artigo 9 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e desenvolvida a través da Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia. Consonte esta responsabilidade, a Consellería é consciente de que un dos elementos fundamentais no funcionamento das bibliotecas é unha cualificación e formación técnica dos responsables destas. Por iso, a través da súa Secretaría Xeral de Cultura, vén ocupándose mediante a realización de cursos de formación da instrución tanto básica como de perfeccionamento dos futuros bibliotecarios da Rede de bibliotecas de Galicia. Esta formación, esencialmente teórica, non quedaría rematada se non se complementa coa realización de prácticas en bibliotecas que permitan non só a formación nas diversas áreas destes centros, senón tamén contacto diario e directo dos/as bolseiros/as, durante un tempo suficiente, cos problemas e demandas reais dunha biblioteca, debidamente guiados por CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 persoas con coñecementos e experiencia dabondo, como medio de promoción profesional. Por esta razón, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, realiza un plan de preparación de profesionais para a Rede de bibliotecas de Galicia, a través de bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros dependentes desta. Por todo isto, DISPOÑO: Artigo 1.  Obxecto e finalidade 1. Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación en bibliotecono- ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 2. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8207 mía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos, así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios. 2. Os bolseiros recibirán a súa formación nas bibliotecas públicas a que sexan destinados e serán coordinados e dirixidos pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do persoal técnico debidamente cualificado, designado para tal efecto por aquela. A relación das bibliotecas públicas en que deberán realizar a actividade publicarase conxuntamente coa resolución de adxudicación das bolsas. 3. A formación comprenderá unha parte teórica e outra práctica que será impartida por persoal técnico bibliotecario. Artigo 2.  Número, duración e importe das bolsas 1. O número de prazas convocadas será de trinta e unha (31) que se adxudicarán mediante a aplicación do baremo indicado no artigo 6 desta convocatoria. 2. A bolsa terá unha duración total de oito meses, contados desde a data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura e poderán ser prorrogadas dependendo do informe favorable do titor responsable e mais da existencia de crédito adecuado e suficiente para o seu financiamento. CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 3. Financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 2014 09.20.432.A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, por un importe total de douscentos quince mil setecentos sesenta euros (215.760 €). 4. En cumprimento do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, destinaranse 8.610,56 euros, en concepto de cotizacións á Seguridade Social por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por continxencias comúns e profesionais. 5. O importe individualizado de cada bolsa será de 870 euros brutos mensuais. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 3. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8208 6. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de que as bolsas concedidas non cubrisen a totalidade do crédito asignado, pode realizar unha nova convocatoria pública, nos mesmos ou en diferentes termos desta. Artigo 3.  Beneficiarios Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos: – Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia, Filoloxía ou Humanidades. – Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde. – Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia. – Non poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán achegar, para estes efectos, unha declaración responsable de que non concorre ningunha das circunstancias previstas no referido artigo. A concesión da bolsa será incompatible con outras subvencións ou axudas para a mesCVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 ma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, de acordo co disposto no artigo 14.1.p) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 4.  Obrigas dos bolseiros Ás persoas seleccionadas, logo de aceptaren as bolsas, seralles de aplicación o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e, así mesmo, quedarán obrigadas a: – Incorporarse aos centros a que sexan destinadas dentro do prazo que estipule a Secretaría Xeral de Cultura. – Asistir aos centros onde resulten destinadas, de acordo coas directrices que fixen os responsables da execución do programa de formación teórica e práctica. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 4. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8209 – Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. – Cumprir o compromiso de formación durante todo o período para o cal se lle concedeu a bolsa. Artigo 5.  Presentación das solicitudes, documentación e prazos 1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. 2. Documentación que cómpre achegar: – Solicitude segundo o modelo que figura como anexo I nesta convocatoria. – Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar, no anexo I, a súa consulta no sistema de verificación de identidades, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 5. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8210 – Declaración expresa de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso de o ter, un compromiso expreso de renunciar con anterioridade ao momento da incorporación ao centro a que sexa destinado consonte o modelo que se inclúe no anexo I. – Copia da certificación académica do expediente coas cualificacións obtidas nas diferentes materias. – Copia dos documentos que acrediten os méritos alegados. – Declaración responsable de que non concorre en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 10.3º da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o previsto no artigo 11.g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xullo, de subvencións de Galicia, consonte o modelo que se inclúe no anexo I. 3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. 4. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. 5. Serán causa de exclusión a demostración de falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais e a incorrección na documentación presentada. 6. Se as solicitudes non reúnen os requisitos sinalados, os solicitantes serán requiridos para que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación exixida, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para o que se lles concederá un prazo de dez (10) días hábiles, contados desde a recepción do escrito de requirimento correspondente. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 6. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8211 Artigo 6.  Instrución, avaliación e criterios de valoración 1. A instrución do procedemento de concesión das bolsas levaraa a cabo a Secretaría Xeral de Cultura. O órgano competente para a instrución realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución. 2. As solicitudes serán analizadas e valoradas por unha comisión presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Bibliotecas, da que serán vogais a xefa do Servizo do Sistema de Bibliotecas e o/a director/a dunha das bibliotecas da Rede de bibliotecas de Galicia, actuará como secretario/a, con voz pero sen voto, un/unha funcionario/a ou laboral da Subdirección Xeral de Bibliotecas. 3. Esta comisión avaliará consonte os seguintes criterios: – Doutoramento en Biblioteconomía ou Documentación: 1 punto. – Expediente: puntuarase en función do número de materias estudadas relacionadas especificamente con bibliotecas ou centros de documentación e da puntuación obtida en cada unha delas. Máximo: 15 puntos. – Cursos de biblioteconomía, bibliografía, documentación, historia do libro e informática CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 aplicada a bibliotecas, organizados exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de bibliotecarios ou documentalistas: a) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 250 horas: 1 punto por curso, ata un máximo de 2 puntos. b) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 100 horas: 0,75 puntos por curso, ata un máximo de 1,50 puntos. c) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 40 horas: 0,50 puntos por curso, ata un máximo de 1,50 puntos. d) Con acreditación expresa de duración inferior a 40 horas: 0,25 puntos por curso, ata un máximo de 0,75 puntos. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 7. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8212 Non se valorarán os cursos de menos de 10 horas lectivas nin aqueles que non acrediten as horas lectivas. – Cursos de biblioteconomía, bibliografía, documentación, historia do libro e informática aplicada a bibliotecas impartidos por outros organismos: valoraranse, ata un máximo de 0,75 puntos. a) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 250 horas: 0,15 puntos por curso, ata un máximo de 0,30 puntos. b) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 100 horas: 0,10 puntos por curso, ata un máximo de 0,20 puntos. c) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 40 horas: 0,05 puntos por curso, ata un máximo de 0,15 puntos. d) Con acreditación expresa de duración inferior a 40 horas: 0,02 puntos por curso, ata un máximo de 0,10 puntos. – Impartición de cursos de bibliotecas, ata 1,50 puntos, en función das horas impartidas: a) Con acreditación expresa de duración igual ou superior a 40 horas: 0,75 puntos por CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 curso, ata un máximo de 1,50 puntos. b) Con acreditación expresa de duración inferior a 40 horas: 0,50 puntos por curso, ata un máximo de 1,50 puntos. – Asistencia a congresos de biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do libro: 0,10 puntos por congreso, ata un máximo de 0,75 punto. – Presentación de comunicacións en congresos de biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do libro: 0,25 puntos por comunicación, ata un máximo de 1,25 puntos. – Publicacións relacionadas con biblioteconomía, bibliografía, documentación e historia do libro: 0,25 puntos por publicación, ata o máximo de 1,5 puntos. O mesmo mérito valorarase unha soa vez: como comunicación, publicación ou asistencia a congresos. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 8. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8213 – Cursos de galego: Celga 3 ou equivalente: 2,5 puntos. Celga 4 ou equivalente: 3,5 puntos. Ata o máximo de 3,5 puntos. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da comisión de valoración, formulará a proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que se fará pública, para os efectos de notificación aos interesados, no portal da Rede de bibliotecas (www.rbgalicia.xunta.es), na páxina web oficial da Secretaría Xeral de Cultura, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións territoriais. Concederase un prazo de dez (10) días para presentar alegacións. Examinadas as alegacións aducidas, de ser o caso, polos interesados, formularase a proposta de resolución definitiva, que deberá expresar o solicitante ou solicitantes para os cales se propón a concesión da bolsa, especificando a puntuación total obtida na valoración dos méritos. CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 Artigo 7.  Resolución 1. A resolución da convocatoria correspóndelle ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ditarase no prazo de quince (15) días desde a elevación da proposta de resolución e publicarase no DOG. Así mesmo, farase pública no portal da Rede de bibliotecas de Galicia (www.rbgalicia.xunta.es), na páxina web oficial da Secretaría Xeral de Cultura, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións territoriais. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos. En todo caso, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá superar os cinco meses. A resolución deberá expresar a relación de solicitantes aos cales se lles conceden as bolsas convocadas, poderanse designar ademais os adxudicatarios suplentes, en orde de prioridade, que serán notificados como adxudicatarios de forma sucesiva cando non se puidese formalizar a aceptación da bolsa ou se produza unha renuncia. 2. No suposto de que non recaese ningunha resolución expresa dentro do prazo previsto para resolver, o sentido do silencio será negativo. 3. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 9. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8214 De non se incorporaren no prazo que se determine para tal efecto na resolución da concesión sen causa suficiente, ou de demostrarse falsidade ou non correspondencia cos orixinais ou incorrección na documentación presentada, o secretario xeral de Cultura poderá propoñer o seguinte ou seguintes candidatos, por orde de puntuación, e quedará sen efecto o nomeamento das persoas que se atopen nalgunha destas situacións. 4. Unha vez outorgadas as bolsas, a Secretaría Xeral de Cultura poderá solicitarlles aos seleccionados a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada dos méritos alegados, que deberán entregar nun prazo non superior aos dez (10) días. 5. De acordo co artigo 14.m) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da bolsa e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. 6. Incluiranse nos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 16/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas, segundo autorización do solicitante que figure na convocatoria correspondente. 7. A resolución de adxudicación ponlle fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da citada Lei 30/1992, e contra ela cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, no CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 prazo dun mes contado a partir da data de notificación desta aos interesados ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da data de notificación. 8. Unha vez rematado o período de percepción da bolsa, as persoas non seleccionadas poderán solicitar a devolución da documentación presentada. Artigo 8.  Pagamento das bolsas 1. O pagamento da bolsa axustarase á normativa orzamentaria de aplicación, e repartirase en oito (8) mensualidades, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, logo da certificación da Secretaría Xeral de Cultura de que a persoa beneficiaria realizou, de conformidade, as actividades formativas que son obxecto da bolsa. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 10. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8215 2. Ás persoas beneficiarias das bolsas poderáselles requirir a documentación necesaria para proceder ao seu pagamento. Artigo 9.  Renuncias, revogación e reintegro das cantidades 1. A renuncia á bolsa por parte do beneficiario, unha vez iniciado o desfrute desta, deberá ser comunicada polo menos con sete días de antelación á data establecida para a súa renuncia. Esta dará lugar á devolución das cantidades percibidas, se procede, e determinará a perda dos dereitos económicos da parte da bolsa non realizada. 2. O persoal técnico e facultativo que coordine e dirixa os bolseiros poderá propoñerlle á Secretaría Xeral de Cultura a revogación da bolsa por falta de aproveitamento ou incumprimento das condicións sinaladas. 3. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de mora nos casos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 10.  Réxime xurídico En todo o non previsto nesta orde observarase o sinalado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da lei anterior. Con carácter supletorio será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e no seu regulamento, aprobado por Real decreCVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 to 887/2006, do 21 de xullo. Artigo 11.  Carácter das bolsas Os adxudicatarios adquiren exclusivamente a condición de bolseiros, coas obrigas e dereitos desta, conforme estas bases, sen ningún outro vencello laboral ou administrativo coa Administración autonómica. Disposición derradeira primeira Autorízase o secretario xeral de Cultura para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 11. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8216 Disposición derradeira segunda Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014 CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 Jesús Vázquez Abad Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 12. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8217 ANEXO I PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO CT233A SOLICITUDE BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA DATOS DA PERSOA SOLICITANTE NOME PRIMEIRO APELIDO TIPO DE VÍA CP NOME DA VÍA PROVINCIA TELÉFONO SEGUNDO APELIDO NÚMERO BLOQUE CONCELLO FAX NIF ANDAR PORTA ANDAR PORTA LOCALIDADE ENDEREZO ELECTRÓNICO E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito) NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non é necesario se coincide co anterior) TIPO DE VÍA CP NOME DA VÍA PROVINCIA TELÉFONO NÚMERO BLOQUE CONCELLO FAX LOCALIDADE ENDEREZO ELECTRÓNICO A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA 1. Que non ten emprego remunerado nin goza doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta ou, no caso de o ter, comprométese expresamente a renunciar con anterioridade ao momento da incorporación ao centro ao que sexa destinado/a. 2. Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU SE DECLARA QUE ESTÁ EN PODER DA ADMINISTRACIÓN PRESENTADO CÓD. PROC. EXPTE. ANO CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade. Copia da certificación académica do expediente Copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados Autorizo a Secretaría Xeral de Cultura, de conformidade co artigo 35, letra f), da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 4 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, á consulta da documentación indicada anteriormente. Así mesmo, declaro que a dita documentación se mantén vixente na actualidade e que non trascorreron máis de cinco anos desde o financiamento do procedemento a que corresponden. Autorizo a Secretaría Xeral de Cultura, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. SI NON (neste caso achegarase a documentación correspondente) De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 13. DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8218 ANEXO I (continuación) En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a este centro directivo como responsable do ficheiro. LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 17 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios. SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE Lugar e data CVE-DOG: syijcqe0-87p9-pju1-ccr7-cdioe767u0h0 , de de Secretaría Xeral de Cultura ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia