SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
BASES PARA A CONTRATACIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 09 SOCORRISTAS
PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PRAIAS DO CONCELLO DE BUEU.
1ª Obxecto.
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal de nove (09) socorristas acuáticos
para a prestación do servizo de salvamento e socorrismo acuático nas praias do Concello de Bueu.
Tres (03) prazas reservaranse para aqueles candidatos que, superando o proceso selectivo,
acreditaron na instancia de participación dispor do título de patrón para navegación básica ou
equivalente.
O sistema de selección é o de oposición libre, de conformidade co disposto na Lei 7/2007, de 12 de
abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de
réxime local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto
refundido das disposición legais vixentes en materia de réxime local; o Decreto Lexislativo 1/2008, de
13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, o Real
Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores,
aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, e demais disposicións de pertinente
aplicación.
2ª Modalidade de contratación e duración do contrato.
Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de duración determinada, por obra ou servizo
determinado, para a prestación do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas Praias do Concello de
Bueu durante a tempada de verán do ano 2015, a xornada completa (37,5 horas semanais), que se
prestarán en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, en
quendas de mañá ou tarde, tódolos días da semana, cos descansos que regulamentariamente
correspondan.
Tendo en conta o obxecto do contrato, a prestación dos servizos realizarase durante o período
comprendido do 15 de xuño ao 15 de setembro de 2015, ámbolos dous inclusive. En función das
necesidades do servizo, poderase adiantar ou atrasar o inicio da relación laboral naquelas praias que
máis o demanden, sendo a duración máxima dos contratos de tres meses.
As retribucións mensuais serán de mil douscentos cinco euros con nove céntimos (1.205,09 €),
incluído o prorrateo das pagas extraordinarias e se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria
172.131.00.
As funcións dos socorristas son as seguintes: prever accidentes ou situacións de emerxencia nas
praias do Concello de Bueu realizando tarefas de vixilancia e información; rescatar persoas en casos
de accidente ou situación de emerxencia; asistir como primeiro intervinte no caso de accidente ou
situación de emerxencia; velar pola seguridade dos usuarios das praias do Concello de Bueu
previndo situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e
intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.
3ª Requisitos dos aspirantes.
Para participar no proceso selectivo, os/as aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos mínimos
de carácter xeral:
1. Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no art.
57 da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público. Os estranxeiros residentes
legalmente en España poderán acceder aos postos convocados e reservados para persoal
laboral, debendo acreditar na fase de comprobación de requisitos, unha vez superado o
proceso selectivo, que reúnen as condicións legais para a súa contratación.
2. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
3. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade de xubilación prevista
na normativa vixente.
4. Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de
presentación de instancias) do graduado escolar ou equivalente, que deberá acreditar
1
mediante documento oficial expedido polo organismo competente. No caso de titulacións
obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión (na mesma data do remate do prazo para
presentalas instancias) da credencial que acredite a súa homologación expedida polo
Organismo competente.
5. Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, na sección
correspondente a socorristas en espazos acuáticos naturais ou, no seu defecto, ter solicitada
a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, na sección
correspondente a socorristas en espazos acuáticos naturais e presentada declaración
responsable do cumprimento dos requisitos para o exercicio da actividade de socorrismo, que
deberá acreditarse mediante copia do documento da solicitude presentada dirixida á
Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública e copia do documento da
declaración presentada. Todo isto, de conformidade co Decreto 104/2012, do 16 de marzo,
polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro
Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
6. Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de
presentación de instancias) o título de socorrista acuático que se deberá acreditar mediante
documento oficial expedido polo organismo competente.
7. Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das
funcións correspondentes ao posto de traballo para o que se opta. O cumprimento deste
requisito acreditarase mediante certificado médico oficial. O certificado deberá ser aportado
unha vez finalizado o proceso selectivo unicamente por aqueles candidatos que se propoñan
para ser contratados. Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o
desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta. A este efectos,
establécese a igualdade de condicións das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non
podendo fixarse con carácter xeral limitación físicas ou psíquicas senón nos casos en que
sexan incompatibles co normal desempeño de traballo correspondente, adoptándose polo
Tribunal Cualificador medidas e medios para a realizacións das probas, de forma que gocen
de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa
compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente.
8. Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo das Administracións
Públicas, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións asignadas á praza
convocada.
9. Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na lei
53/1984, do 26 decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións
Públicas.
Estes requisitos deberán ser cumpridos no momento de finalización do prazo de presentación de
solicitudes e durante o proceso selectivo ata o momento de formalizar a contratación.
4ª Solicitudes de admisión e prazo de presentación.
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ó
señor Alcalde, en modelo que se facilitará no rexistro da Corporación e na páxina Web da mesma
(www.concellodebueu.org) e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Bueu, en horario de 9
a 14 horas, de luns a venres ou de 9 a 13 horas os sábados. As instancias tamén poderán ser
presentadas nas formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das
Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común. As persoas que non presenten
directamente a documentación no Rexistro municipal deberán comunicalo por fax o mesmo día da
imposición ao número 986322099 coa copia da solicitude presentada no organismo correspondente.
Así mesmo procederase a súa publicación no taboleiro de edictos e a título informativo e
complementario na web do Concello. Os aspirantes con algunha capacidade diminuída terán que
indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa da minusvalía. Así
mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos
exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.
2
O prazo de presentación de solicitudes é de 05 días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da
publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun dos
diarios de maior difusión da provincia. O prazo iniciarase coa publicación no Boletín Oficial da
Provincia de Pontevedra.
Nas respectivas instancias, os aspirantes farán constar que reúnen todos e cada un dos requisitos
establecidos na base 3ª, e iran acompañadas inescusablemente dos seguintes documentos:
– Copia do DNI ou documento identificativo.
– Copia do título do graduado escolar ou título equivalente
– Copia do documento que acredita a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas
Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia a que se refire o punto 5 da base 3ª. En
defecto de documentación que acredite a inscrición no citado rexistro, fotocopia
compulsada da solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos
da Comunidade Autónoma de Galicia (modelo normalizado que figura como Anexo III ao
Decreto 104/2012 xa citado). Neste caso os/as aspirantes deberán achegar,
inescusablemente, fotocopia compulsada da titulación esixida no punto 6 da base 3ª.
– Copia do título de socorrista acuático que se deberá acreditar mediante documento oficial
expedido polo organismo competente.
– Copia do título de patrón para navegación básica ou equivalente, de acordo co disposto
pola Orde do Ministerio de Fomento 3200/2007, de 26 de outubro, pola que se regulan as
condicións para o goberno de embarcacións de recreo, a Orde da Consellería de Pesca e
Asuntos Marítimos de 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se
regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das
embarcacións de recreo na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán válidos os títulos
emitidos polas comunidades autónomas que teñan competencias na materia. A
presentación do título será requisito imprescindible para aqueles candidatos que opten as
03 prazas reservadas a socorristas acuáticos con título de patrón para navegación básica
ou equivalente. Aqueles candidatos que aporten o título deste inciso optarán
indistintamente as 09 prazas, os que non o aporten soamente poderán optar as 06 prazas
de socorristas acuáticos.
Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar
expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou
castelán).No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado
Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo
organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país
estranxeiro, deberán estar debidamente traducidos, validados e apostilados pola correspondente
oficina diplomática española ou organismo competente. Os aspirantes que non posúan a
nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado membro da Unión Europea, con dereito a
participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte ou documento
que acredite a súa identidade e nacionalidade. De se-lo caso, tamén presentaran os documentos que
confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha persoa
nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración
xurada ou promesa da dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo
caso, do feito de que o aspirante vive ás expensas ou de que está ó seu cargo.
Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán
acompañar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen
limitación ó mercado laboral en España.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as
interesados aceptan en acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
3
5ª Admisión de aspirantes. Data e lugar de celebración das probas.
1. Rematado o prazo de presentación de documentación o alcalde ditará resolución no prazo
máximo de tres días hábiles declarando aprobada a listaxe provisional de admitidos/as e
excluídos/as, con indicación se é o caso, das causas de exclusión. Esta resolución será
publicada no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na súa páxina web
(www.concellodebueu.org). Os/as aspirantes excluídos/as, dispoñen dun prazo de dous
días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da antedita resolución, para
presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do artigo 71 da Lei
30/1992. así como a composición do tribunal cualificador. De non existir aspirantes
excluídos/as elevará a
definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación. así como a composición o
tribunal cualificador.
2. Posteriormente, o Alcalde declarará aprobada a listaxe definitiva de admitidos/as e
excluídos/as, que se publicará no taboleiro de Anuncios e na páxina web do concello. Na
mesma resolución determinarase o lugar e data de celebración da primeira proba do proceso
selectivo.
6ª Tribunal cualificador.
A composición do Tribunal axustarase ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado
Público non podendo ser parte do mesmo os funcionarios interinos nin o persoal eventual.
O Tribunal estará integrado por:
- Presidente/a: un/ha funcionario/a da Corporación Municipal, con titulación igual ou superior
a esixida para os postos convocados.
- Secretario/a: o da Corporación ou funcionario en quen delegue.
- Vogais: tres funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo do Concello de Bueu ou de
calquera outra Administración Pública, con titulación igual ou superior a esixida para os
postos convocados.
Todos os membros do tribunal actuarán con voz e voto. O alcalde poderá designar mediante
resolución suplentes dos titulares en caso de necesidade. A composición nominal dos membros do
tribunal cualificador, farase pública coa resolución que fixe a data da celebración do exame. O tribunal
cualificador non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, alomenos, tres dos seus membros
(titulares ou suplentes, indistintamente) e, en todo caso, coa asistencia do /a presidente/a e do/a
secretario/a. O tribunal poderá contar coa asistencia e a incorporación aos seus traballos de
asesores especialistas , para todas ou algunha das probas, de acordo co disposto no artigo 13.3 do
Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba el Regulamento Xeral de Ingreso do
Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e
Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado. Ditos asesores
colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas.
Os membros do tribunal cualificador deberán absterse de intervir, cando concorran neles algunha das
circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das
Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Así mesmo, os aspirantes, poderán recusar os membros do Tribunal cando nos mesmos concorra
algunha das circunstancias previstas para a abstención de conformidade co establecido no art. 29 da
lei 30/1992.
O Tribunal quedará facultado para resolver todas as dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas
bases e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto
nas presentes bases. A actuación do tribunal rexerase polo disposto nas presentes bases e na Lei
30/1992.
4
7ª Procedemento de selección.
Os aspirantes serán convocados para cada exercício en chamamento único e a sua non presentación
no momento do chamamento suporá a sua exclusión do proceso selectivo, agás nos casos de forza
maior debidamente xustificados e apreciados polo tribunal.
Para concorrer aos diferentes exercicios os aspirantes deberán ir provistos dun documento
identificativo da persoa (DNI ou semellante), e a segunda parte do proceso con bolígrafo para a
realización do exame tipo test. O procedemento consistirá na realización de dúas probas, que de
seguido se relacionan.
Primeira proba:
de caracter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na realización dunha proba de aptitude física
para comprobar a existencia da capacidade necesaria para as funcións que van a desenvolver
Realizarase nunha das praias do termo municipal do Concello de Bueu, e consistirá nunha proba
combinada de carreira continua e nado libre, a realizar da seguinte forma:
1. Os participantes poranse de pé no punto de partida que se determine e portarán na man o
material de salvamento (aletas e flopi,ou torpedo) en función das existencias de material, e,
se o consideran oportuno, poderán vestir traxe de neopreno.
2. Despois do sinal de saída terán que correr ata chegar á baliza indicativa do punto de entrada
no mar, que deberán superar pola parte exterior antes de facer a entrada á auga.
3. Unha vez dentro do mar colocaranse as aletas e nadarán (estilo libre) co material de
salvamento, ata a boia colocada fronte á baliza de terra, debendo superala pola parte
exterior.
4. Nado libre ata a seguinte boia, colocada á altura da baliza de meta, superandoa polo exterior.
5. Saída do mar, retirada das aletas e carreira ata a baliza de meta. Os participantes deberán
carrexar as aletas ata superar a liña de meta.
Nesta proba realizaráse un total de 250 metros de nado libre e 150 metros de desprazamento
terrestre (carreira).
Este exercicio terá unha puntuación máxima de 40 puntos de xeito que esta irá decrecendo de acordo
á táboa que se presenta de seguido.
Os candidatos que non rematen a proba serán cualificados coma NON APTOS ao igual que aqueles
que non acaden o tempo mínimo establecido, e quedarán excluídos do proceso selectivo.
Cada aspirante terá que traer as súas propias aletas para a realización da proba.
Táboa de tempos e puntos:
Inferior ou igual a 3´15”, 40 puntos. Inferior ou igual a 4´18”, 19 puntos.
Inferior ou igual a 3´18”, 39 puntos. Inferior ou igual a 4´21”, 18 puntos.
Inferior ou igual a 3´21”, 38 puntos. Inferior ou igual a 4´24”, 17 puntos.
Inferior ou igual a 3´24”, 37 puntos. Inferior ou igual a 4´27”, 16 puntos.
Inferior ou igual a 3´27”, 36 puntos. Inferior ou igual a 4´30”, 15 puntos.
Inferior ou igual a 3´30”, 35 puntos. Inferior ou igual a 4´33”, 14 puntos.
Inferior ou igual a 3´33”, 34 puntos. Inferior ou igual a 4´36”, 13 puntos.
Inferior ou igual a 3´36”, 33 puntos. Inferior ou igual a 4´39”, 12 puntos.
Inferior ou igual a 3´39”, 32 puntos. Inferior ou igual a 4´42”, 11 puntos.
Inferior ou igual a 3´42”, 31 puntos. Inferior ou igual a 4´45”, 10 puntos.
Inferior ou igual a 3´45”, 30 puntos. Inferior ou igual a 4´48”, 9 puntos.
Inferior ou igual a 3´48”, 29 puntos. Inferior ou igual a 4´51”, 8 puntos.
5
Inferior ou igual a 3´51”, 28 puntos. Inferior ou igual a 4´54”, 7 puntos.
Inferior ou igual a 3´54”, 27 puntos. Inferior ou igual a 4´57”, 6 puntos.
Inferior ou igual a 3´57”, 26 puntos. Inferior ou igual a 5´00”, 5 puntos.
Inferior ou igual a 4´00”, 25 puntos. Inferior ou igual a 5´03”, 4 puntos.
Inferior ou igual a 4´03”, 24 puntos. Inferior ou igual a 5´06”, 3 puntos.
Inferior ou igual a 4´06”, 23 puntos. Inferior ou igual a 5´09”, 2 puntos.
Inferior ou igual a 4´09”, 22 puntos. Inferior ou igual a 5´12”, 1 puntos.
Inferior ou igual a 4´12”, 21 puntos. Máis de 5´12”, NON APTO.
Inferior ou igual a 4´15”, 20 puntos.
A cualificación do exercicio será de 0 a 40 puntos, e será necesario obter polo menos 1 punto para
superalo.
O día seguinte hábil o Tribunal publicará as puntuacións acadadas no taboleiro de anuncios e na
páxina web e concederá un prazo máximo de 03 días hábiles para a presentación das reclamacións e
alegacións que se estimen oportunas.
Finalizado o prazo de alegacións o Tribunal resolverá as que se presentaran en tempo e forma,
elevando a definitiva a lista de candidatos que superaron a primeira proba e sinalará a data, hora e
lugar de celebración da proba teórica da segunda parte do proceso selectivo.
Segunda proba: proba teórica obrigatoria e eliminatoria.
Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test, de vinte (20) preguntas relativas ao
temario que figura no anexo I destas bases, no tempo de realización que acorde o Tribunal.
Esta proba cualificarase de 0 a 20 puntos, debendo acadar un mínimo de 10 puntos para a súa
superación. O Tribunal establecerá o nivel de coñecementos mínimo dos aspirantes para obter a
puntuación de 10 puntos.
O día seguinte hábil o Tribunal publicará as puntuacións acadadas no taboleiro de anuncios e na
páxina web e concederá un prazo máximo de 03 días hábiles para a presentación das reclamacións e
alegacións que se estimen oportunas.
Finalizado o prazo de alegacións o Tribunal resolverá as que se presentaran en tempo e forma,
elevando a definitiva a lista de candidatos que superaron a segunda proba.
8ª Cualificación final e relación de aprobados.
A cualificación final obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos
distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios. Serán seleccionados aqueles que obteñan maior
puntuación global. Concluída a cualificación final do proceso selectivo , o Tribunal publicará no citado
Taboleiro de Anuncios a relación de aspirantes aprobados por orde da puntuación total final, con
especificación da mesma, e elevará a correspondente proposta de contratación a favor dos aspirantes
que obtiveran a puntuación máis alta. O Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de
contratación a favor dun número de aspirantes superior ó da prazas convocadas.
De se producir empate na puntuación final, para dirimilo terase en conta as puntuacións parciais
acadadas no proceso selectivo, pola orde de preferencia seguinte:
1º a puntuación obtida no exercicio práctico .
2º a puntuación obtida na proba teórica.
De persistir o empate dirimirase por sorteo público a celebrar ante o Tribunal Cualificador, do que se
levantará a correspondente acta.
O tribunal elaborará, tamén por orden decrecente de puntuación, unha lista de reserva, con aqueles
aspirantes que aínda que superasen o proceso selectivo, non resultasen seleccionados entre os seis
6
primeiros de maior puntuación. No caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos
para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida, ou outros supostos nos que o aspirante
aprobado no chegue a formaliza-lo contrato de reserva, segundo a orde de puntuación acadada, de
conformidade co previsto no artigo 61.8 da Lei 7/2007, do 12 de abril do Estatuto Básico do
empregado Público. No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante
a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente
cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.
9ª Contratación das persoas seleccionadas
Rematado o proceso selectivo, o tribunal formulará a proposta de contratación a favor dos seis
aspirantes que acadasen a maior puntuación final.
Os/as aspirantes propostos/as deberán achegar no prazo máximo de 02 días hábiles dende a
proposta de contratación a seguinte documentación:
— Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que
o/a inhabilite para o desenvolvemento das funcións propias da praza.
— Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo
de calquera das administracións públicas, e non atoparse en ningunha das causas de
incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
— Os orixinais das copias da documentación presentada xunto coa instancia para o seu cotexo
polo departamento de persoal: DNI ou documento identificativo, título do graduado escolar ou
título equivalente, documento que acredita a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas
Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia e título de patrón para navegación básica ou
equivalente.
— Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo
de calquera das administracións públicas, e non atoparse en ningunha das causas de
incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
Se dentro do prazo indicado, e salvo supostos de forza maior, o/a aspirante proposto/a non
presentase a súa documentación ou non reunira os requisitos esixidos para ser contratado, este
decaerá nos seu dereitos e quedarán anuladas todas as actuacións realizadas a favor do mesmo sen
perxuizo das responsabilidades nas que puidera incorrer por falsidade na instancia.
Para o suposto de que algún dos/as aspirantes inicialmente propostos/as (ou os/as sucesivos
seguintes) renunciasen á contratación ou non reunira os requisitos esixidos na convocatoria,
trasladarase a proposta de contratación a favor do/a seguinte aspirante (ou se e o caso, dos
seguintes aspirantes) que maior puntuación obtivese de acordo coa resultante da cualificación final
obtida polos aspirantes. Os candidatos que superando o proceso selectivo non obtuveran praza
pasarán a formar parte dunha lista complementaria para atender posibles necesidades de
contratación ou cubrir as vacantes que se produzan no servizo durante o ano 2014, sin perxuizo
daqueles procesos que se poidan iniciar por atoparse vencellados a concesión de subvencións
condicionadas ao cumprimento de determinados requisitos por parte dos candidatos.
Presentada a citada documentación os/as aspirantes propostos/a serán contratados mediante
contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo.
10ª Período de proba.
O persoal contratado quedará sometido a un período de proba de quince (15) días, de conformidade
co artigo 14 do Estatuto dos Traballadores. O período de proba non se verá interrompido polas
situacións de incapacidade laboral, maternidade e adopción ou acollemento, que poida afectar ao
traballador/a.
11ª Incidencias.
O Tribunal queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas
dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando
a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.
7
12ª Disposicións derradeiras.
Primeira.—Para todo o non previsto nestas Bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei
de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, no Estatuto
Básico do Empregado Público, na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei de
Administración Local de Galicia e demais lexislación vixente que sexa de aplicación e no Estatuto dos
Traballadores.
Segunda.—As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesma e das
actuacións do Tribunal Cualificador, poderán ser impugnados polos/as interesados/as no caso e na
forma establecidos na Lei Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento
Administrativo Común, así como na Lei Reguladora da Xurisdicción Contencioso Administrativa e
normas vixentes concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do
proceso selectivo salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.
13ª Publicidade do procedemento.
A publicidade do presente procedemento selectivo realizarase mediante a publicación da
convocatoria Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web
municipal. As bases e o resto de actos do procedemento publicaranse no taboleiro de anuncios e na
páxina web.
ANEXO I: TEMARIO PRIMEIROS AUXILIOS E SALVAMENTO ACUÁTICO.
Tema 1. Actuacións do socorrista como primeiro intervinte ante unha situación de emerxencia.
Tema 2. A cadea de supervivencia. Resurrección cardo-pulmonar básica (RCPB). Valoración do
paciente traumático.
Tema 3.Urxencias médicas. Feridas, queimaduras, hemorraxias e traumatismos.
Tema 4. Lesións producidas por axentes físicos: Corpos estraños, accidentes eléctricos, picaduras e
intoxicacións.
Tema 5. O socorrismo acuático. Concepto, obxectivos e límites. O socorrista acuático profesional e a
súa formación.
Tema 6. Prevención de accidentes acuáticos e afogamentos: Educación, información e recursos.
Prevención en programas e actividades acuáticas.
Tema 7. A vixilancia. Secuencia de actuación en accidentes acuáticos.
Tema 8. Técnicas para entrar na auga. Técnicas de nado adaptado. O mergullo.
Tema 9.Técnicas de re-control e zafaduras. Traslado do accidentado no medio acuático.
Tema 10.Técnicas de traslado de accidentados no medio acuático con material.
Tema 11. Técnicas para a extracción de accidentados no medio acuático.
Tema 12. Intervención pre-hospitalaria ante posibles lesionados medulares no medio acuático.
Tema 13. Os espazos acuáticos: características e diferencias de interese no socorrismo acuático.
Tema 14. O número de atención de emerxencias 112.
Tema 15. A regulamentación do socorrismo acuático en Galicia. ORDE do 14 de maio de 2012 polo
que se regula o modelo de distintivo dos socorristas acuáticos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e
se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
8

More Related Content

Viewers also liked

Právo stavby - advokátní kancelář Pavelec
Právo stavby - advokátní kancelář PavelecPrávo stavby - advokátní kancelář Pavelec
Právo stavby - advokátní kancelář PavelecTomas Pavelec
 
Evaluation Question 6
Evaluation Question 6Evaluation Question 6
Evaluation Question 6LucyWalters
 
Social Media Forensics for Investigators
Social Media Forensics for InvestigatorsSocial Media Forensics for Investigators
Social Media Forensics for InvestigatorsCase IQ
 
JanBatten_CV_22-Apr-2015
JanBatten_CV_22-Apr-2015JanBatten_CV_22-Apr-2015
JanBatten_CV_22-Apr-2015Jan Batten
 
Certidão vintenaria
Certidão vintenariaCertidão vintenaria
Certidão vintenariaJamildo Melo
 

Viewers also liked (6)

Právo stavby - advokátní kancelář Pavelec
Právo stavby - advokátní kancelář PavelecPrávo stavby - advokátní kancelář Pavelec
Právo stavby - advokátní kancelář Pavelec
 
Evaluation Question 6
Evaluation Question 6Evaluation Question 6
Evaluation Question 6
 
Filosofía breve historia
Filosofía breve historiaFilosofía breve historia
Filosofía breve historia
 
Social Media Forensics for Investigators
Social Media Forensics for InvestigatorsSocial Media Forensics for Investigators
Social Media Forensics for Investigators
 
JanBatten_CV_22-Apr-2015
JanBatten_CV_22-Apr-2015JanBatten_CV_22-Apr-2015
JanBatten_CV_22-Apr-2015
 
Certidão vintenaria
Certidão vintenariaCertidão vintenaria
Certidão vintenaria
 

Similar to 1416 1 bases_socorristas_2015

Similar to 1416 1 bases_socorristas_2015 (20)

Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
 
35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga
 
Bolsas invest diput coruña14
Bolsas invest diput coruña14Bolsas invest diput coruña14
Bolsas invest diput coruña14
 
Bases 2014
Bases 2014Bases 2014
Bases 2014
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Bases animador socio cultural
Bases animador socio culturalBases animador socio cultural
Bases animador socio cultural
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014
 
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA Forense
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA ForenseRegulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA Forense
Regulamento Do Servizo De IntervencióN En PsicoloxíA Forense
 
Basesbus
BasesbusBasesbus
Basesbus
 
Informacion e bases
Informacion e basesInformacion e bases
Informacion e bases
 
Novas nº 1039
Novas nº 1039 Novas nº 1039
Novas nº 1039
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060Novas da xustiza 1060
Novas da xustiza 1060
 
Anuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glAnuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-gl
 
Axudas universitarios
Axudas universitariosAxudas universitarios
Axudas universitarios
 
Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017Novas da Xustiza abril 2017
Novas da Xustiza abril 2017
 
Profesores interinos
Profesores interinosProfesores interinos
Profesores interinos
 
Admisión 2012/2013
Admisión 2012/2013Admisión 2012/2013
Admisión 2012/2013
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 

1416 1 bases_socorristas_2015

  • 1. BASES PARA A CONTRATACIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 09 SOCORRISTAS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PRAIAS DO CONCELLO DE BUEU. 1ª Obxecto. Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal de nove (09) socorristas acuáticos para a prestación do servizo de salvamento e socorrismo acuático nas praias do Concello de Bueu. Tres (03) prazas reservaranse para aqueles candidatos que, superando o proceso selectivo, acreditaron na instancia de participación dispor do título de patrón para navegación básica ou equivalente. O sistema de selección é o de oposición libre, de conformidade co disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais vixentes en materia de réxime local; o Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, o Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, e demais disposicións de pertinente aplicación. 2ª Modalidade de contratación e duración do contrato. Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de duración determinada, por obra ou servizo determinado, para a prestación do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas Praias do Concello de Bueu durante a tempada de verán do ano 2015, a xornada completa (37,5 horas semanais), que se prestarán en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, en quendas de mañá ou tarde, tódolos días da semana, cos descansos que regulamentariamente correspondan. Tendo en conta o obxecto do contrato, a prestación dos servizos realizarase durante o período comprendido do 15 de xuño ao 15 de setembro de 2015, ámbolos dous inclusive. En función das necesidades do servizo, poderase adiantar ou atrasar o inicio da relación laboral naquelas praias que máis o demanden, sendo a duración máxima dos contratos de tres meses. As retribucións mensuais serán de mil douscentos cinco euros con nove céntimos (1.205,09 €), incluído o prorrateo das pagas extraordinarias e se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria 172.131.00. As funcións dos socorristas son as seguintes: prever accidentes ou situacións de emerxencia nas praias do Concello de Bueu realizando tarefas de vixilancia e información; rescatar persoas en casos de accidente ou situación de emerxencia; asistir como primeiro intervinte no caso de accidente ou situación de emerxencia; velar pola seguridade dos usuarios das praias do Concello de Bueu previndo situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia. 3ª Requisitos dos aspirantes. Para participar no proceso selectivo, os/as aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos mínimos de carácter xeral: 1. Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no art. 57 da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público. Os estranxeiros residentes legalmente en España poderán acceder aos postos convocados e reservados para persoal laboral, debendo acreditar na fase de comprobación de requisitos, unha vez superado o proceso selectivo, que reúnen as condicións legais para a súa contratación. 2. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 3. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade de xubilación prevista na normativa vixente. 4. Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do graduado escolar ou equivalente, que deberá acreditar 1
  • 2. mediante documento oficial expedido polo organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión (na mesma data do remate do prazo para presentalas instancias) da credencial que acredite a súa homologación expedida polo Organismo competente. 5. Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, na sección correspondente a socorristas en espazos acuáticos naturais ou, no seu defecto, ter solicitada a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, na sección correspondente a socorristas en espazos acuáticos naturais e presentada declaración responsable do cumprimento dos requisitos para o exercicio da actividade de socorrismo, que deberá acreditarse mediante copia do documento da solicitude presentada dirixida á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública e copia do documento da declaración presentada. Todo isto, de conformidade co Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. 6. Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) o título de socorrista acuático que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. 7. Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes ao posto de traballo para o que se opta. O cumprimento deste requisito acreditarase mediante certificado médico oficial. O certificado deberá ser aportado unha vez finalizado o proceso selectivo unicamente por aqueles candidatos que se propoñan para ser contratados. Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta. A este efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitación físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño de traballo correspondente, adoptándose polo Tribunal Cualificador medidas e medios para a realizacións das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente. 8. Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións asignadas á praza convocada. 9. Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na lei 53/1984, do 26 decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Estes requisitos deberán ser cumpridos no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes e durante o proceso selectivo ata o momento de formalizar a contratación. 4ª Solicitudes de admisión e prazo de presentación. As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ó señor Alcalde, en modelo que se facilitará no rexistro da Corporación e na páxina Web da mesma (www.concellodebueu.org) e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Bueu, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres ou de 9 a 13 horas os sábados. As instancias tamén poderán ser presentadas nas formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común. As persoas que non presenten directamente a documentación no Rexistro municipal deberán comunicalo por fax o mesmo día da imposición ao número 986322099 coa copia da solicitude presentada no organismo correspondente. Así mesmo procederase a súa publicación no taboleiro de edictos e a título informativo e complementario na web do Concello. Os aspirantes con algunha capacidade diminuída terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa da minusvalía. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. 2
  • 3. O prazo de presentación de solicitudes é de 05 días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun dos diarios de maior difusión da provincia. O prazo iniciarase coa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Nas respectivas instancias, os aspirantes farán constar que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base 3ª, e iran acompañadas inescusablemente dos seguintes documentos: – Copia do DNI ou documento identificativo. – Copia do título do graduado escolar ou título equivalente – Copia do documento que acredita a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia a que se refire o punto 5 da base 3ª. En defecto de documentación que acredite a inscrición no citado rexistro, fotocopia compulsada da solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia (modelo normalizado que figura como Anexo III ao Decreto 104/2012 xa citado). Neste caso os/as aspirantes deberán achegar, inescusablemente, fotocopia compulsada da titulación esixida no punto 6 da base 3ª. – Copia do título de socorrista acuático que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. – Copia do título de patrón para navegación básica ou equivalente, de acordo co disposto pola Orde do Ministerio de Fomento 3200/2007, de 26 de outubro, pola que se regulan as condicións para o goberno de embarcacións de recreo, a Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de recreo na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán válidos os títulos emitidos polas comunidades autónomas que teñan competencias na materia. A presentación do título será requisito imprescindible para aqueles candidatos que opten as 03 prazas reservadas a socorristas acuáticos con título de patrón para navegación básica ou equivalente. Aqueles candidatos que aporten o título deste inciso optarán indistintamente as 09 prazas, os que non o aporten soamente poderán optar as 06 prazas de socorristas acuáticos. Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán).No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar debidamente traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado membro da Unión Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De se-lo caso, tamén presentaran os documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha persoa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración xurada ou promesa da dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive ás expensas ou de que está ó seu cargo. Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán acompañar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ó mercado laboral en España. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as interesados aceptan en acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria. 3
  • 4. 5ª Admisión de aspirantes. Data e lugar de celebración das probas. 1. Rematado o prazo de presentación de documentación o alcalde ditará resolución no prazo máximo de tres días hábiles declarando aprobada a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación se é o caso, das causas de exclusión. Esta resolución será publicada no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na súa páxina web (www.concellodebueu.org). Os/as aspirantes excluídos/as, dispoñen dun prazo de dous días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992. así como a composición do tribunal cualificador. De non existir aspirantes excluídos/as elevará a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación. así como a composición o tribunal cualificador. 2. Posteriormente, o Alcalde declarará aprobada a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no taboleiro de Anuncios e na páxina web do concello. Na mesma resolución determinarase o lugar e data de celebración da primeira proba do proceso selectivo. 6ª Tribunal cualificador. A composición do Tribunal axustarase ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público non podendo ser parte do mesmo os funcionarios interinos nin o persoal eventual. O Tribunal estará integrado por: - Presidente/a: un/ha funcionario/a da Corporación Municipal, con titulación igual ou superior a esixida para os postos convocados. - Secretario/a: o da Corporación ou funcionario en quen delegue. - Vogais: tres funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo do Concello de Bueu ou de calquera outra Administración Pública, con titulación igual ou superior a esixida para os postos convocados. Todos os membros do tribunal actuarán con voz e voto. O alcalde poderá designar mediante resolución suplentes dos titulares en caso de necesidade. A composición nominal dos membros do tribunal cualificador, farase pública coa resolución que fixe a data da celebración do exame. O tribunal cualificador non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, alomenos, tres dos seus membros (titulares ou suplentes, indistintamente) e, en todo caso, coa asistencia do /a presidente/a e do/a secretario/a. O tribunal poderá contar coa asistencia e a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas , para todas ou algunha das probas, de acordo co disposto no artigo 13.3 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba el Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado. Ditos asesores colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas. Os membros do tribunal cualificador deberán absterse de intervir, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Así mesmo, os aspirantes, poderán recusar os membros do Tribunal cando nos mesmos concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención de conformidade co establecido no art. 29 da lei 30/1992. O Tribunal quedará facultado para resolver todas as dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas bases e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas presentes bases. A actuación do tribunal rexerase polo disposto nas presentes bases e na Lei 30/1992. 4
  • 5. 7ª Procedemento de selección. Os aspirantes serán convocados para cada exercício en chamamento único e a sua non presentación no momento do chamamento suporá a sua exclusión do proceso selectivo, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados polo tribunal. Para concorrer aos diferentes exercicios os aspirantes deberán ir provistos dun documento identificativo da persoa (DNI ou semellante), e a segunda parte do proceso con bolígrafo para a realización do exame tipo test. O procedemento consistirá na realización de dúas probas, que de seguido se relacionan. Primeira proba: de caracter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na realización dunha proba de aptitude física para comprobar a existencia da capacidade necesaria para as funcións que van a desenvolver Realizarase nunha das praias do termo municipal do Concello de Bueu, e consistirá nunha proba combinada de carreira continua e nado libre, a realizar da seguinte forma: 1. Os participantes poranse de pé no punto de partida que se determine e portarán na man o material de salvamento (aletas e flopi,ou torpedo) en función das existencias de material, e, se o consideran oportuno, poderán vestir traxe de neopreno. 2. Despois do sinal de saída terán que correr ata chegar á baliza indicativa do punto de entrada no mar, que deberán superar pola parte exterior antes de facer a entrada á auga. 3. Unha vez dentro do mar colocaranse as aletas e nadarán (estilo libre) co material de salvamento, ata a boia colocada fronte á baliza de terra, debendo superala pola parte exterior. 4. Nado libre ata a seguinte boia, colocada á altura da baliza de meta, superandoa polo exterior. 5. Saída do mar, retirada das aletas e carreira ata a baliza de meta. Os participantes deberán carrexar as aletas ata superar a liña de meta. Nesta proba realizaráse un total de 250 metros de nado libre e 150 metros de desprazamento terrestre (carreira). Este exercicio terá unha puntuación máxima de 40 puntos de xeito que esta irá decrecendo de acordo á táboa que se presenta de seguido. Os candidatos que non rematen a proba serán cualificados coma NON APTOS ao igual que aqueles que non acaden o tempo mínimo establecido, e quedarán excluídos do proceso selectivo. Cada aspirante terá que traer as súas propias aletas para a realización da proba. Táboa de tempos e puntos: Inferior ou igual a 3´15”, 40 puntos. Inferior ou igual a 4´18”, 19 puntos. Inferior ou igual a 3´18”, 39 puntos. Inferior ou igual a 4´21”, 18 puntos. Inferior ou igual a 3´21”, 38 puntos. Inferior ou igual a 4´24”, 17 puntos. Inferior ou igual a 3´24”, 37 puntos. Inferior ou igual a 4´27”, 16 puntos. Inferior ou igual a 3´27”, 36 puntos. Inferior ou igual a 4´30”, 15 puntos. Inferior ou igual a 3´30”, 35 puntos. Inferior ou igual a 4´33”, 14 puntos. Inferior ou igual a 3´33”, 34 puntos. Inferior ou igual a 4´36”, 13 puntos. Inferior ou igual a 3´36”, 33 puntos. Inferior ou igual a 4´39”, 12 puntos. Inferior ou igual a 3´39”, 32 puntos. Inferior ou igual a 4´42”, 11 puntos. Inferior ou igual a 3´42”, 31 puntos. Inferior ou igual a 4´45”, 10 puntos. Inferior ou igual a 3´45”, 30 puntos. Inferior ou igual a 4´48”, 9 puntos. Inferior ou igual a 3´48”, 29 puntos. Inferior ou igual a 4´51”, 8 puntos. 5
  • 6. Inferior ou igual a 3´51”, 28 puntos. Inferior ou igual a 4´54”, 7 puntos. Inferior ou igual a 3´54”, 27 puntos. Inferior ou igual a 4´57”, 6 puntos. Inferior ou igual a 3´57”, 26 puntos. Inferior ou igual a 5´00”, 5 puntos. Inferior ou igual a 4´00”, 25 puntos. Inferior ou igual a 5´03”, 4 puntos. Inferior ou igual a 4´03”, 24 puntos. Inferior ou igual a 5´06”, 3 puntos. Inferior ou igual a 4´06”, 23 puntos. Inferior ou igual a 5´09”, 2 puntos. Inferior ou igual a 4´09”, 22 puntos. Inferior ou igual a 5´12”, 1 puntos. Inferior ou igual a 4´12”, 21 puntos. Máis de 5´12”, NON APTO. Inferior ou igual a 4´15”, 20 puntos. A cualificación do exercicio será de 0 a 40 puntos, e será necesario obter polo menos 1 punto para superalo. O día seguinte hábil o Tribunal publicará as puntuacións acadadas no taboleiro de anuncios e na páxina web e concederá un prazo máximo de 03 días hábiles para a presentación das reclamacións e alegacións que se estimen oportunas. Finalizado o prazo de alegacións o Tribunal resolverá as que se presentaran en tempo e forma, elevando a definitiva a lista de candidatos que superaron a primeira proba e sinalará a data, hora e lugar de celebración da proba teórica da segunda parte do proceso selectivo. Segunda proba: proba teórica obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test, de vinte (20) preguntas relativas ao temario que figura no anexo I destas bases, no tempo de realización que acorde o Tribunal. Esta proba cualificarase de 0 a 20 puntos, debendo acadar un mínimo de 10 puntos para a súa superación. O Tribunal establecerá o nivel de coñecementos mínimo dos aspirantes para obter a puntuación de 10 puntos. O día seguinte hábil o Tribunal publicará as puntuacións acadadas no taboleiro de anuncios e na páxina web e concederá un prazo máximo de 03 días hábiles para a presentación das reclamacións e alegacións que se estimen oportunas. Finalizado o prazo de alegacións o Tribunal resolverá as que se presentaran en tempo e forma, elevando a definitiva a lista de candidatos que superaron a segunda proba. 8ª Cualificación final e relación de aprobados. A cualificación final obtida polos aspirantes, resultante da suma das puntuacións outorgadas nos distintos exercicios obrigatorios e eliminatorios. Serán seleccionados aqueles que obteñan maior puntuación global. Concluída a cualificación final do proceso selectivo , o Tribunal publicará no citado Taboleiro de Anuncios a relación de aspirantes aprobados por orde da puntuación total final, con especificación da mesma, e elevará a correspondente proposta de contratación a favor dos aspirantes que obtiveran a puntuación máis alta. O Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ó da prazas convocadas. De se producir empate na puntuación final, para dirimilo terase en conta as puntuacións parciais acadadas no proceso selectivo, pola orde de preferencia seguinte: 1º a puntuación obtida no exercicio práctico . 2º a puntuación obtida na proba teórica. De persistir o empate dirimirase por sorteo público a celebrar ante o Tribunal Cualificador, do que se levantará a correspondente acta. O tribunal elaborará, tamén por orden decrecente de puntuación, unha lista de reserva, con aqueles aspirantes que aínda que superasen o proceso selectivo, non resultasen seleccionados entre os seis 6
  • 7. primeiros de maior puntuación. No caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida, ou outros supostos nos que o aspirante aprobado no chegue a formaliza-lo contrato de reserva, segundo a orde de puntuación acadada, de conformidade co previsto no artigo 61.8 da Lei 7/2007, do 12 de abril do Estatuto Básico do empregado Público. No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases. 9ª Contratación das persoas seleccionadas Rematado o proceso selectivo, o tribunal formulará a proposta de contratación a favor dos seis aspirantes que acadasen a maior puntuación final. Os/as aspirantes propostos/as deberán achegar no prazo máximo de 02 días hábiles dende a proposta de contratación a seguinte documentación: — Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que o/a inhabilite para o desenvolvemento das funcións propias da praza. — Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, e non atoparse en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. — Os orixinais das copias da documentación presentada xunto coa instancia para o seu cotexo polo departamento de persoal: DNI ou documento identificativo, título do graduado escolar ou título equivalente, documento que acredita a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia e título de patrón para navegación básica ou equivalente. — Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, e non atoparse en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. Se dentro do prazo indicado, e salvo supostos de forza maior, o/a aspirante proposto/a non presentase a súa documentación ou non reunira os requisitos esixidos para ser contratado, este decaerá nos seu dereitos e quedarán anuladas todas as actuacións realizadas a favor do mesmo sen perxuizo das responsabilidades nas que puidera incorrer por falsidade na instancia. Para o suposto de que algún dos/as aspirantes inicialmente propostos/as (ou os/as sucesivos seguintes) renunciasen á contratación ou non reunira os requisitos esixidos na convocatoria, trasladarase a proposta de contratación a favor do/a seguinte aspirante (ou se e o caso, dos seguintes aspirantes) que maior puntuación obtivese de acordo coa resultante da cualificación final obtida polos aspirantes. Os candidatos que superando o proceso selectivo non obtuveran praza pasarán a formar parte dunha lista complementaria para atender posibles necesidades de contratación ou cubrir as vacantes que se produzan no servizo durante o ano 2014, sin perxuizo daqueles procesos que se poidan iniciar por atoparse vencellados a concesión de subvencións condicionadas ao cumprimento de determinados requisitos por parte dos candidatos. Presentada a citada documentación os/as aspirantes propostos/a serán contratados mediante contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo. 10ª Período de proba. O persoal contratado quedará sometido a un período de proba de quince (15) días, de conformidade co artigo 14 do Estatuto dos Traballadores. O período de proba non se verá interrompido polas situacións de incapacidade laboral, maternidade e adopción ou acollemento, que poida afectar ao traballador/a. 11ª Incidencias. O Tribunal queda facultado para interpretar as bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo. 7
  • 8. 12ª Disposicións derradeiras. Primeira.—Para todo o non previsto nestas Bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, no Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia e demais lexislación vixente que sexa de aplicación e no Estatuto dos Traballadores. Segunda.—As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesma e das actuacións do Tribunal Cualificador, poderán ser impugnados polos/as interesados/as no caso e na forma establecidos na Lei Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, así como na Lei Reguladora da Xurisdicción Contencioso Administrativa e normas vixentes concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo. 13ª Publicidade do procedemento. A publicidade do presente procedemento selectivo realizarase mediante a publicación da convocatoria Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal. As bases e o resto de actos do procedemento publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web. ANEXO I: TEMARIO PRIMEIROS AUXILIOS E SALVAMENTO ACUÁTICO. Tema 1. Actuacións do socorrista como primeiro intervinte ante unha situación de emerxencia. Tema 2. A cadea de supervivencia. Resurrección cardo-pulmonar básica (RCPB). Valoración do paciente traumático. Tema 3.Urxencias médicas. Feridas, queimaduras, hemorraxias e traumatismos. Tema 4. Lesións producidas por axentes físicos: Corpos estraños, accidentes eléctricos, picaduras e intoxicacións. Tema 5. O socorrismo acuático. Concepto, obxectivos e límites. O socorrista acuático profesional e a súa formación. Tema 6. Prevención de accidentes acuáticos e afogamentos: Educación, información e recursos. Prevención en programas e actividades acuáticas. Tema 7. A vixilancia. Secuencia de actuación en accidentes acuáticos. Tema 8. Técnicas para entrar na auga. Técnicas de nado adaptado. O mergullo. Tema 9.Técnicas de re-control e zafaduras. Traslado do accidentado no medio acuático. Tema 10.Técnicas de traslado de accidentados no medio acuático con material. Tema 11. Técnicas para a extracción de accidentados no medio acuático. Tema 12. Intervención pre-hospitalaria ante posibles lesionados medulares no medio acuático. Tema 13. Os espazos acuáticos: características e diferencias de interese no socorrismo acuático. Tema 14. O número de atención de emerxencias 112. Tema 15. A regulamentación do socorrismo acuático en Galicia. ORDE do 14 de maio de 2012 polo que se regula o modelo de distintivo dos socorristas acuáticos na Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. 8