3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)

4,986 views
4,672 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
4,986
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
4,190
Actions
Shares
0
Downloads
10
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

3º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2013 (2)

  1. 1. 3.º CANCIONEIRO C.E.I.P. DA ESPIÑEIRA -ALDÁN 2013
  2. 2. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 2 ÍNDICE Limiar ........................................................................................ 3 “A vaca”— CD Pista 1 —............................................................ 3 “A ranciña verde”— CD Pista 2 — ............................................. 4 “Pedra, pedriña”— CD Pista 3 —.............................................. 4 “Os oficios”— CD Pista 4 —...................................................... 5 “As cores” — CD Pista 5 — ....................................................... 5 “A abelliña” — CD Pista 6 —...................................................... 6 “O monicreque” — CD Pista 7 — .............................................. 6 “Xan Perillán” — CD Pista 8 — ................................................. 7 “O galo cando canta é día” — CD Pista 9 — ............................. 7 “Fun, fun”— CD Pista 10 —...................................................... 8 “Os nosos reis de Aldán” — CD Pista 11 — .............................. 9 “Alegría” — CD Pista 12 — ........................................................ 10 “O cabalo galopín” — CD Pista 13 —........................................ 11 “O meu can”— CD Pista 14 —.................................................. 11 “Eu quero divertirme” — CD Pista 15 —.................................. 12 “Dúrmete Lúa” — CD Pista 16 — ............................................. 12 “Xan de Outeiro” — CD Pista 17 —.......................................... 13 “A vaca amarela” — CD Pista 18 — .......................................... 14 “O noso Maio de Aldán” — CD Pista 19 —............................... 15 “O sancristán de Coímbra”— CD Pista 20 —............................ 16 “Marica se vas ao río a lavar”— CD Pista 21 —........................ 17 “Catro vellos mariñeiros”— CD Pista 22 — .............................. 18
  3. 3. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 3 LIMIAR Como se pode comprobar, case todas as cancións que incluímos neste novo cancioneiro son populares, recollendo suxestións da avaliación desta actividade que foi considerada como moi positiva nestes últi- mos cursos. Acordamos continuar afondando neste proxecto que chamamos Ao galego cantando (e danzando) con alegría e bo humor, con amor … Entre outros, temos como obxectivo fomentar a ora- lidade de moitos xeitos, destacando a busca e posterior aprendizaxe de coplas, cantigas, recita- dos, xogos orais … xa que queremos contribuír no que poidamos a que este marabilloso patrimonio cultural, que ademais pode enchernos de ledicia, non vaia a menos ou remate por desaparecer. Queremos agradecer o labor desenvolvido neste campo por moitas persoas. Recollendo propostas, intentamos que as cantigas fosen doadamente asimilables por todos os compoñentes da comu- nidade escolar, especialmente dos máis novos. Lembrámonos e falamos con xente de “Preescolar na Casa” para poder incluír algunhas coplas sinxelas que tiñan recollido. As indicacións que van despois dalgúns títulos son simplemente ideas por se lle serven a alguén. Seguimos agradecendo suxestións para completar, adaptar, corrixir … Os debuxos están realizados coa idea de que cada membro do alumnado poida completalos, colorealos... como máis lle guste, despois de coñecer o que di a letra da canción. Comprobado que podemos pasalo ben aprendendo cantigas, soltándonos e mellorando a oralidade, se o tempo e as forzas para traballar acompañan, pensamos seguir con este proxecto coas modificacións que fose necesario introducir despois da correspondente avaliación. Que vos siga sendo de proveito! A VACA A vaca e o cuxiño saen a pasear ; a vaca vai diante e o cuxiño vai detrás. O cuxo vai dicindo : “mamá, mamá, mamá” e a vaca contesta : “la ra la ra la rá” Despois de aprender a canción, pasamos a dramatizala xogando e cantando á vez. Poden facer uns de vacas e outros de cuxos, movén- dose todos na 1ª estrofa. Na 2ª , andan só os cuxos ou só as vacas, segundo se fale duns ou doutras.
  4. 4. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 4 A ranciña verde Pedra, pedriña, ben redondiña, Tiro liro lá, tiro liro liña. PEDRA, PEDRIÑA Cada persoa ten diante dela unha pedra pequena, agachadas en crequenas facendo unha roda. Van pasando a pedra seguindo o ritmo da canción a quen está á súa es- querda, facendo coincidir o feito de pousala coa sílaba subliñada. Logo pasan a pe- dra á súa dereita. Podemos marcar as sílabas subliñadas cun pandeiro ou similar. A ranciña verde púxose a saltar, chove polo río, chove polo mar. Clin, clan, clin, clan. Veu un sapo gordo, púxose a cantar, chove polo río, chove polo mar. Clin, clan, clin, clan. Aprendemos a cantiga e logo xogamos saltando coma rás. Podemos imitar o son da chuvia petando cun dedo na palma da outra man ou coa voz. Podemos cantar o clin clan forte ou moi pianiño...
  5. 5. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 5 Co meu martelo, martelo, martelo, co meu martelo, martelo eu. Coa miña serra, serro, serro, coa miña serra, serro eu. Coa miña sacha, sacho, sacho, coa miña sacha, sacho eu. Co meu fouciño, sego, sego, co meu fouciño, sego eu. ... OS OFICIOS Verde, verde, levo a camisa, verde, verde, levo o pantalón, porque a min me gustan as plantas verdes, porque o meu amigo é labrador. Encarnada levo a camisa, encarnado levo o pantalón, porque a min me gusta o lume encarnado, porque o meu amigo é leñador. Azulada levo a camisa, azulado levo o pantalón, porque a min me gusta o mar azulado, porque o meu amigo é pescador. ... Pódese continuar a canción con máis cores, engadindo novas estrofas, acompañala, segundo o esquema rítmico, con palmas … Dun xeito moi lúdico, pasándoo moi ben mentres cantamos, dramatizamos … imos imitando os movementos propios de cada oficio. Podemos continuar engadindo aquelas profesións que consideremos segundo o alumnado, o ambiente ... AS CORES
  6. 6. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 6 A abelliña Zum, zum, zum, abelliña, zum. Non se para, non se cansa, vai e vén, nunca descansa. Zum, zum, zum, abelliña, zum. Zum, zum, zum, abelliña, zum. Voa sempre moi lixeira, polas rosas da roseira. Zum, zum, zum, abelliña, zum. O MONICREQUE Primeiro aprendemos a cantiga e logo debuxamos unha circunferencia grande no chan. Dentro é a casa das abellas, onde van descansar. Imos xogar facendo de abellas que, cando soe a canción, saen da casa voando buscando o néctar das flores. No momento en que pare de soar hai que volver á casa e descansar. Son un monicreque, (bis) ergo as miñas mans, (bis) movo a man dereita, a man esquerda, as dúas mans, movo o pé dereito, o pé esquerdo, os dous pés. Son un monicreque, (bis) bótome a durmir, (bis) movo a man dereita, a man esquerda, as dúas mans, movo o pé dereito, o pé esquerdo, os dous pés. Son un monicreque, (bis) salto sen parar, (bis) movo a man dereita, a man esquerda, as dúas mans, movo o pé dereito, o pé esquerdo, os dous pés. ... Podemos aproveitar esta cantiga para xogar facendo distintos movementos co noso corpo, seguindo o que nos vai indicando a letra da cantiga. Coma sempre, podemos axeitala á nosa maneira, engadindo máis accións ...
  7. 7. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 7 Xan Perillán (ou San Sebastián) a cabalo dun can; o can era coxo, tirouno nun pozo; o pozo era frío, tirouno nun río; o río era branco, tirouno nun campo; o campo era roxo, tirouno nun toxo; o toxo picaba, Xan Perillán berraba (ou San Sebastián) e o can escapaba. O galo cando canta é día, é día, é día. O galo cando canta é día, vamos de varanda, de noite e de día. (bis) O galo cando canta é hora, é hora, é hora, o galo cando canta é hora, bótate María, bota o galo fóra. (bis) E como somos da ribeira, ribeira, ribeira, e como somos da ribeira, vamos de varanda a semana enteira. (bis) Xan peRILLÁN O GALO CANDO CANTA É DÍA
  8. 8. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 8 Fun, fun, fun e peteiche na porta; non me quixeches abrir. Fun, fun, fun e peteiche na porta; non me quixeches abrir. Ao pasar polo rueiro fixéchesme quiquiriquí. Ao pasar polo rueiro fixéchesme quiquiriquí. - Ne, ne, nena que vendes as peras, cantas che mandaron dar? - Ne, ne, nena que vendes as peras, cantas che mandaron dar? - Para ti meu queridiño, non mas mandaron contar. - Para ti meu queridiño, non mas mandaron contar. Fun, fun, fun e peteiche na porta; non me quixeches abrir. Fun, fun, fun e peteiche na porta; non me quixeches abrir. Ao pasar polo rueiro fixéchesme quiquiriquí. Ao pasar polo rueiro fixéchesme quiquiriquí. Esta canción popular soe encantarlles. Pódense facer xestos, á vez que a cantan, co- mo petar co puño na palma da outra man co “fun, fun”, poñer a crista do galo, as peras, sinalar co furabolos no “para ti”, unha aperta no “meu queridiño”, mover cabeza e brazos facendo o “non” que sae varias veces… a gusto de cada grupo. Fun, fun
  9. 9. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 9 OS NOSOS REIS DE ALDÁN Tradicional de Aldán, recuperada e interpretada pola comunidade escolar. Bando 1: Boas entradas de Reis teñan vosas señorías toda a xente da casa e a demais compañía. (bis) Vivan todos os señores que viven neste palacio que xa naceu o meniño noso remedio e amparo. (bis) Bando 2: De Oriente saen tres Reis por unha estrela guiados entran por Xerusalén e a voces van preguntando. (bis) No parto polo que obrou o divino “espírito” santo mandaredes dar os reis aos do sombreiro encarnado. (bis) Remate: A honra deste misterio señora dea o aguinaldo. (bis) Se nos ha dar a esmola señora ama desta casa se nos ha dar a esmola mándea pola rapaza. (bis) Mándenos señora mande que temos moito que andar todo o reino de Galicia e mais o de Portugal. (bis)
  10. 10. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 10 Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día. ( Retrouso ) O día amañece; e con el o noso sol, brillante e colorido; nun sorriso alto, astral. Ás veces é a chuvia que nos vén despertar; máis sempre todo o día, a alegría vai estar. Alegría ... ( Repítese o retrouso ) Hai días que desperto e síntome feliz. Eu salto entón da cama, eu quero ser máis feliz. O día vai pasando, e a alegría vou xuntando; a noite vén chegando, a alegría está sobrando. Alegría ... ( Repítese o retrouso ) ALEGRÍA Son de axuda as animacións do libro+cd+dvd karaoke“María Fumaça” da editorial Galaxia. Pode servirnos para distintas celebracións, o día da paz … Letra e música: Sèrgio Tannus
  11. 11. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 11 O CABALO GALOPÍN O cabalo galopín, pin, pin, pin, pin. A vaquiña vai detrás, tras, tras, tras, tras, O pitiño ten frío, pío, pío, pío, pío. Aprendemos e cantamos, podendo dar palmas nas sílabas subliñadas: pin …, tras…, pío... Logo xogamos. Unhas persoas poden imitar ao cabalo, outras á vaca e outras ao pito. A cada grupo correspóndelle un instrumento como poden ser axóuxeres, pandeiro, clavecíns … , e só se moverán cando soe o seu instrumento ... O MEU CAN Eu teño un canciño que ladra, ladra; eu teño un canciño que di guau, guau. Sempre está contento e corre, corre; sempre está contento e di guau, guau.
  12. 12. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 12 EU QUERO DIVERTIRME Eu quero divertirme, que farei? Eu quero divertirme, que farei? ( Retrouso ) Canta, canta, la la la la la, canta, canta, la la la la la. Eu quero divertirme, … ( Repítese o retrouso ) Toca a frauta, ti ru li ru li, toca a frauta, ti ru li ru li. Eu quero divertirme, … ( Repítese o retrouso ) Baila, baila, tra la ra la ra, baila, baila, tra la ra la ra. ... Esta cantiga soe dar moito xogo para continuala con outras actividades que lles gus- te facer ao alumnado. DÚRMETE LÚA Quiquiriquí, cocorocó, dúrmete, lúa, que xa sae o sol. Vén por aquí, vén por alí, dúrmete, lúa, que o sol, xa está aquí.
  13. 13. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 13 XAN DE OUTEIRO Xan de Outeiro ten un can, que lle chaman Capitán. Tamén ten unha cadela, que lle chaman Micaela. (bis) Xan de Outeiro ten un boi, que lle chaman O Turroi. Tamén ten unha vaquiña, que lle chaman Mareliña. (bis) Xan de Outeiro ten un galo, que lle chaman Santiago. Tamén ten unha galiña, que lle chaman Mariquiña. (bis) Xan de Outeiro ten un gato, que lle chaman Escribano. Tamén ten unha ovella, que lle chaman Cotorella. (bis)
  14. 14. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 14 A vaca marela Eu teño unha vaca marela, que é o demo a condenada, presume de vaca moderna e non quere traballar. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Puxo a permanente no rabo e deulle esmalte aos cornos, ela di que quere mercar unhas medias de cristal. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Nin dá leite nin dá nada, dá patadas á canada, a herba xa non lle vai, quere palla integral. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis)
  15. 15. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 15 Eiquí vén o Maio, vestido de xestas, pra lle dar as grazas a señora Teresa. Eiquí vén o Maio, vestido de flores pra lle dar as grazas a señora Dolores. Eiquí vén o Maio, por riba dos tellados, eiquí vén o Maio de roubar os espantallos. Eiquí vén o Maio, por riba das testas, eiquí vén o Maio, vestido de xestas. Eiquí vén o Maio pola Costa da Vela, eiquí vén o Maio camiño de Compostela. Eiquí vén o Maio pola pescadería, eiquí vén o Maio camiño da romaría. Eiquí vén o Maio polos muros da eira, eiquí vén o Maio do colexio de Espiñeira. O NOSO MAIO DE ALDÁN Tradicional de Aldán, recuperada e ampliada pola comunidade escolar. Interpretada polo alumnado do centro.
  16. 16. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 16 O SANCRISTÁN DE COíMBRA O Sancristán de Coímbra facía de mil diabruras: (bis) mollaba o pan en aceite, deixaba os santos a escuras. (bis) E bate fado e bate ben, ti ére-la causa do meu desdén. (bis) (RETROUSO) O mar tamén ten amores, o mar tamén ten mulleres. (bis) Está casado coa area, dálle bicos cantos quere. (bis) E bate fado… (bis) Eu quixera ser merliño e ter o bico encarnado (bis) para facer o meu niño no teu cabelo dourado. (bis) E bate fado… (bis) Tirei unha laranxiña no medio de Portugal (bis) A quen lle foi a batere? Á filla dun xeneral. (bis) E bate fado… (bis) Miña nai xa non me deixa levar o leite a Coímbra (bis) porque di que din os mozos: Ai, que leiteira máis linda! (bis) E bate fado… (bis)
  17. 17. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 17 Marica se vas ao río a lavar, non bata-la roupa que a podes rachar, que a podes rachar, que a podes tender, Marica se vas ao río a beber. (Retrouso) Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, non chas quero, non chas quero, que me cheiran ao chamosco, que me cheiran ao chamosco, ailalelo, ailalalo. Marica se vas ao río a lavar … Que ben baila, que ben baila, a da chaqueta redonda, moito mellor bailaría, se a tivese máis longa, se a tivese máis longa, ailalelo, ailalalo. Marica se vas ao río a lavar … Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal, non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal, que me poden facer mal, ailalelo, ailalalo. Marica se vas ao río a lavar … Que ben baila, que ben baila, a do zapato baixiño, que ben baila, que ben baila, ai na beira do camiño, ai na beira do camiño, ailalelo, ailalalo. Marica se vas ao río a lavar ... Marica se vas ao río a lavar
  18. 18. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 18 Catro vellos mariñeiros, (bis) todos metidos nun bote. Boga, boga, mariñeiro, vamos pra Viveiro, xa se ve San Roque. (bis) Ailalélo, ailalalelo, ailalélo, ailalalá, ailalélo, ailalalelo, ailalalelo, ailalalá, (bis) (RETROUSO) Os mariñeiros traballan (bis) de noite coa luz da lúa. Dá gusto velos chegare pola mañá cedo cheirando a frescura. (bis) Ailalélo … (RETROUSO) Traio sardiña e bocarte, (bis) (ou levo sardiña e bocarte) (bis) tamén xurelo pequeno (ou vendo xurelo pequeno) Rapaciña de Viveiro ven buscar o lote do teu mariñeiro. (bis) Ailalélo … (RETROUSO) CATRO VELLOS MARIÑEIROS En toda esta zona é moi importante o mar e o traballo dos mariñeiros, armadores, bateeiros, mariscadores… Vívese moito cara ao mar que nos rodea por case todas as partes. Esta cantiga, aínda que se mencionan outros lugares, síntese como algo moi achegado.
  19. 19. Cancioneiro 2013 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 19
  20. 20. C.E.I.P. DA ESPIÑEIRA-ALDÁN Equipo de Dinamización da Lingua Galega Área de Música Páxina web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/

×