TOPONIMIA DO
CONCELLO DE SILLEDA IV
    Parroquias e aldeas

   Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe




                                          por Laura Fernández Suárez
                                           Beatriz González Fernández
                                                      (Curso 2011-12)

                       A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda,
                           de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
14.- LAMELA
14. Lamela (San Miguel)
No latín vulgar foi lamella, diminutivo de lama, topónimo
moi común no NO hispánico, de orixe probablemente
prelatina.
14. Lamela (San Miguel)
Lugares de Lamela:

•   Barravaite: parece composto de
    barra ‘banco de area que se forma
    na desembocadura dun río’, e dun
    nome persoal como Baitus
    presbiter.
•   A Brea: traduce o baixo latín
    vereda ‘camiño vello estreito’.
•   A Casela: co sufixo do latín
    vulgar -ella, vólvese diminutivo
    de casa.
•   A Codeseira: fai referencia á
    planta cutisus no latín vulgar
    ‘codeso’, equivalente a cytisus,
    voz greco-latina.
14. Lamela (San Miguel)
Lugares de Lamela:

•   A Goleta: sería palabra
    árabe co significado de
    ‘boca de río’ ou derivada de
    gula ‘gola, garganta’.

•   Gorís: parece proceder do
    antropónimo visigótico
    *Golaricus ou Goiaricus.

•   Peroxa: puido ser unha
    (Villa) Perusia, é dicir, unha
    vila propia de Perusius,
    nome persoal.
14. Lamela (San Miguel)
Lugares de Lamela:

•   Santa Cristina: foi Sancta Christina,
    mártir de Tiro na persecución de
    Diocleciano, con nome greco-latino
    derivado de Christus.

•   O Souto: de saltus en latín, que
    significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro
    con bosque’. Saltus foi tamén nome
    persoal.

•   Vilariño: é diminutivo románico do
    latín villaris -are, adxectivo que se
    substantivou en Vilar, que é unha
    pequena vila.
15.- LARO
15. Laro (San Salvador)
Laro puido ser o persoal e primitivo Larus, que levaba o
apelido de Cantaber ‘cántabro’ no poema de Silio Itálico e
reaparece o seu xenitivo Lari na epigrafía hispana.
15. Laro (San Salvador)
Lugares de Laro:

•   Forcas: traduce a furca en acusativo de plural, referíndose
    posiblemente a unha bifurcación de camiños, máis có suplicio
    da forca.
•   Freixeiro: co sufixo -arius >
    -eiro indica o sitio dun colectivo
    de fraxinus ‘freixo’
•   Galán: ou foi un alcume persoal
    orixinado no xermánico *wallan
    ou o nome visigótico Gella -anis,
    con referencia ao posuidor
    daquela vila.
15. Laro (San Salvador)
Lugares de Laro:

•   A Pereira: alude á árbore que
    ten a súa raíz etimolóxica no
    latín neutro pirum, plural pira
    ‘pera’.

•   O Pereiro: alude á árbore que
    ten a súa raíz etimolóxica no
    latín neutro pirum, plural pira
    ‘pera’.

•   Riobó: procede do latín
    rivus/rius bonus ‘río bo’.
15. Laro (San Salvador)
Lugares de Laro:

•   Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de
    Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome
    teofórico, derivado de Mars ‘Marte’.
•   Sante: reflexa o xenitivo do antropónimo Sanctius, que
    orixinou o persoal Sancho; a forma plena foi Villa Sancti, que
    quedou fosilizada no topónimo Vilasante.
•   O Souto: foi saltus en latín,
    que significou ‘salto,
    desfiladerio, pasteiro con
    bosque’. Saltus foi tamén
    nome persoal.
16.- MANDUAS
16. Manduas (San Tirso)
Manduas foi un diminutivo suévico Mandolas no século VI.
16. Manduas (San Tirso)
Lugares de Manduas:

•   Andamollo: aparenta un topónimo bitemático, pero de difícil
    atribución.
•   A Bandeira: parece un derivado de banda, feminino do gótico
    bandwo ‘signo, estandarte’.
•   Bravil: aseméllase algo a bravío, relacionado con barbarus;
    pero puido ser metátese do persoal Barbillus, en xenitivo.
•   O Castro: traduce a castrum, nome de fortaleza prerromana e
    quizais tamén préstamo dunha palabra anterior á latina.
16. Manduas (San Tirso)
Lugares de Manduas:

•   Crestelle: foi un antropónimo co sufixo diminutivo -ellus do
    latín vulgar, derivado do greco-latino Crestus/Chrestus
    ‘servidor, bo, virtuoso’.

•   Devesa: procede do latín defensa, referida a un terreo
    protexido por unha cerca, como unha chousa.

•   Ferrozos: debeu ser o nome persoal Ferruzus, da familia de
    Ferrus, baseados no latín ferrum ‘ferro’.

•   Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a
    ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.
16. Manduas (San Tirso)
Lugares de Manduas:

•   Letros: poderíase relacionar co celta
    letron ‘pel, coiro’ ou co greco-latino
    lectrum ‘cama, faldistorio’.
•   Lourás: pódese vencellar cos nomes
    persoais Laurius, Laurianus, Laurea.
•   Medelo: aseméllase ao cognomen
    persoal latino Metellus, derivado de
    meta ‘meda’ co sufixo -ellus.
•   A Moa: traduce o latín mola con perda
    do -l- intervocálico.
16. Manduas (San Tirso)
Lugares de Manduas:

•   Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras
    usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou
    elevado.
•   Quintela: é o diminutivo latino
    de quintella, formado sobre
    quinta. Puido ser unha (Villa)
    Quintella, propia de Quintellus.
•   Vilaverde: sería unha Villa
    Virdii ou Viridii, a vila do
    propietario Virdius/Viridius.
17.- MARGARIDE
17. Margaride (San Fiz)
Topónimo que se orixinou en Margaritus, un “signum”
procedente da voz grega margarites ‘perla’.
17. Margaride (San Fiz)
Lugares de Margaride:

•   Costela: alude a unha
    pequena costa ‘ladeira’, voz
    latina co sufixo diminutivo -
    ella.
•   Gamil: foi nome persoal,
    quizais o gótico Walamirus
    ou o romano Gamillus, de
    orixe celta?
•   San Fiz: o patrón
    parroquial, foi S. Félix.
•   Vilanova: traduce a villa
    nova.
18.- MARTIXE
18. Martixe (San Cristovo)


Martixe é evocador dun
xenitivo do primeiro
posuidor daquela villa
primitiva, o cal chamaríase
Martidius.
18. Martixe (San Cristovo)
Lugares de Martixe:

•   A Moa: traduce o latín mola con perda do -l- intervocálico.

•   Paradela: é un diminutivo de Parada que alude a unha parata,
    onde os viandantes antigos facían un alto no camiño,
    parándose e preparándose para novas andaduras.

Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe)

  • 1.
    TOPONIMIA DO CONCELLO DESILLEDA IV Parroquias e aldeas Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
  • 2.
  • 3.
    14. Lamela (SanMiguel) No latín vulgar foi lamella, diminutivo de lama, topónimo moi común no NO hispánico, de orixe probablemente prelatina.
  • 4.
    14. Lamela (SanMiguel) Lugares de Lamela: • Barravaite: parece composto de barra ‘banco de area que se forma na desembocadura dun río’, e dun nome persoal como Baitus presbiter. • A Brea: traduce o baixo latín vereda ‘camiño vello estreito’. • A Casela: co sufixo do latín vulgar -ella, vólvese diminutivo de casa. • A Codeseira: fai referencia á planta cutisus no latín vulgar ‘codeso’, equivalente a cytisus, voz greco-latina.
  • 5.
    14. Lamela (SanMiguel) Lugares de Lamela: • A Goleta: sería palabra árabe co significado de ‘boca de río’ ou derivada de gula ‘gola, garganta’. • Gorís: parece proceder do antropónimo visigótico *Golaricus ou Goiaricus. • Peroxa: puido ser unha (Villa) Perusia, é dicir, unha vila propia de Perusius, nome persoal.
  • 6.
    14. Lamela (SanMiguel) Lugares de Lamela: • Santa Cristina: foi Sancta Christina, mártir de Tiro na persecución de Diocleciano, con nome greco-latino derivado de Christus. • O Souto: de saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal. • Vilariño: é diminutivo románico do latín villaris -are, adxectivo que se substantivou en Vilar, que é unha pequena vila.
  • 7.
  • 8.
    15. Laro (SanSalvador) Laro puido ser o persoal e primitivo Larus, que levaba o apelido de Cantaber ‘cántabro’ no poema de Silio Itálico e reaparece o seu xenitivo Lari na epigrafía hispana.
  • 9.
    15. Laro (SanSalvador) Lugares de Laro: • Forcas: traduce a furca en acusativo de plural, referíndose posiblemente a unha bifurcación de camiños, máis có suplicio da forca. • Freixeiro: co sufixo -arius > -eiro indica o sitio dun colectivo de fraxinus ‘freixo’ • Galán: ou foi un alcume persoal orixinado no xermánico *wallan ou o nome visigótico Gella -anis, con referencia ao posuidor daquela vila.
  • 10.
    15. Laro (SanSalvador) Lugares de Laro: • A Pereira: alude á árbore que ten a súa raíz etimolóxica no latín neutro pirum, plural pira ‘pera’. • O Pereiro: alude á árbore que ten a súa raíz etimolóxica no latín neutro pirum, plural pira ‘pera’. • Riobó: procede do latín rivus/rius bonus ‘río bo’.
  • 11.
    15. Laro (SanSalvador) Lugares de Laro: • Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome teofórico, derivado de Mars ‘Marte’. • Sante: reflexa o xenitivo do antropónimo Sanctius, que orixinou o persoal Sancho; a forma plena foi Villa Sancti, que quedou fosilizada no topónimo Vilasante. • O Souto: foi saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal.
  • 12.
  • 13.
    16. Manduas (SanTirso) Manduas foi un diminutivo suévico Mandolas no século VI.
  • 14.
    16. Manduas (SanTirso) Lugares de Manduas: • Andamollo: aparenta un topónimo bitemático, pero de difícil atribución. • A Bandeira: parece un derivado de banda, feminino do gótico bandwo ‘signo, estandarte’. • Bravil: aseméllase algo a bravío, relacionado con barbarus; pero puido ser metátese do persoal Barbillus, en xenitivo. • O Castro: traduce a castrum, nome de fortaleza prerromana e quizais tamén préstamo dunha palabra anterior á latina.
  • 15.
    16. Manduas (SanTirso) Lugares de Manduas: • Crestelle: foi un antropónimo co sufixo diminutivo -ellus do latín vulgar, derivado do greco-latino Crestus/Chrestus ‘servidor, bo, virtuoso’. • Devesa: procede do latín defensa, referida a un terreo protexido por unha cerca, como unha chousa. • Ferrozos: debeu ser o nome persoal Ferruzus, da familia de Ferrus, baseados no latín ferrum ‘ferro’. • Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.
  • 16.
    16. Manduas (SanTirso) Lugares de Manduas: • Letros: poderíase relacionar co celta letron ‘pel, coiro’ ou co greco-latino lectrum ‘cama, faldistorio’. • Lourás: pódese vencellar cos nomes persoais Laurius, Laurianus, Laurea. • Medelo: aseméllase ao cognomen persoal latino Metellus, derivado de meta ‘meda’ co sufixo -ellus. • A Moa: traduce o latín mola con perda do -l- intervocálico.
  • 17.
    16. Manduas (SanTirso) Lugares de Manduas: • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. • Quintela: é o diminutivo latino de quintella, formado sobre quinta. Puido ser unha (Villa) Quintella, propia de Quintellus. • Vilaverde: sería unha Villa Virdii ou Viridii, a vila do propietario Virdius/Viridius.
  • 18.
  • 19.
    17. Margaride (SanFiz) Topónimo que se orixinou en Margaritus, un “signum” procedente da voz grega margarites ‘perla’.
  • 20.
    17. Margaride (SanFiz) Lugares de Margaride: • Costela: alude a unha pequena costa ‘ladeira’, voz latina co sufixo diminutivo - ella. • Gamil: foi nome persoal, quizais o gótico Walamirus ou o romano Gamillus, de orixe celta? • San Fiz: o patrón parroquial, foi S. Félix. • Vilanova: traduce a villa nova.
  • 21.
  • 22.
    18. Martixe (SanCristovo) Martixe é evocador dun xenitivo do primeiro posuidor daquela villa primitiva, o cal chamaríase Martidius.
  • 23.
    18. Martixe (SanCristovo) Lugares de Martixe: • A Moa: traduce o latín mola con perda do -l- intervocálico. • Paradela: é un diminutivo de Parada que alude a unha parata, onde os viandantes antigos facían un alto no camiño, parándose e preparándose para novas andaduras.