SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas.
1. Innovación pedagóxica
Os docentes propuxeron métodos pedagóxicos variados, tales como: a exposición de preguntas dirixidas que favoreceron a investigación e a análise por parte dos alumnos, a
organización do traballo en equipo para garantir a colaboración, permitir que os alumnos elixan as formas de atopar e amosar a información, etc.
Dependendo do contexto e da idade dos alumnos, a situación favoreceu que se convirtan en verdadeiros protagonistas do proxecto, creativos, responsables e autónomos.e non
simples executores das ideas do docente.
Escala de valoración Puntuación
0 Non hai intentos de implicar a alumnos nin a outros profesores (é estraño atopar este caso)
1 Pobre – A maior parte das actividades están deseñadas polos docentes e realízanas os alumnos. Non se ofrecen posibilidades ós
alumnos para que participen de maneira máis activa.
2 Aceptable- Polo menos algunhas actividades deseñáronse utilizando metodoloxías distintas da clase expositiva. Os métodos de
traballo permitiron que os alumnos interactúen cos seus socios (por exemplo, comparando información, traballando xuntos para
obter un produto común…).
3 Ben- O proxecto deseñouse e implementouse para que os alumnos:
- Interactúen cos seus compañeiros
- Organicen o traballo de forma variada (individualmente, en subgrupos, en equipos internacionais…)
4 Moi ben- O proxecto promove una pedagoxía interactiva e colaborativa: os métodos de aprendizaxe identifícanse con claridade
(recollida de información, traballo comparativo, resolución de problemas, creación colaborativa: literaria, artística, técnica, científica,
periodística… )
5 Excelente – Ademais do punto 4, existe unha forte relación entre o rigor académico e a creatividade na xestión e desenvolvemento do
proxecto, hai orixinalidade no tema de traballo elixido.
Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas.
2. Integración curricular nunha ou máis áreas/materias
O traballo do proxecto basease no currículo e na programación. A maior parte do traballo realizado polos alumnos foi en horario escolar, o proxecto non se basea únicamente no traballo
levado a cabo polos alumnos na casa.
Obsérvanse claros esforzos estratéxicos para desenvolver as competencias do alumnado en diferentes áreas/materias.
O traballo do proxecto está claramente integrado no traballo escolar dalgunha materia/área. O docente desenvolve claramente o currículo mediante este proyecto eTwinning.
Escala de valoración Puntuación
0 Non se intenta traballar ningún aspecto curricular. (É estraño atopar este caso)
1 Pobre – Este caso tamén é pouco probable xa que sempre se traballa, polo menos, algunhas competencias curriculares, aínda que só sexa
no referido ó uso das TIC.
2 Aceptable – Proxectos que se desenvolven de maneira extracurricular mediante talleres, con alumnos voluntarios. Nestes casos, a
integración curricular non é unha prioridade.Os seus obxectivos poden ter un carácter máis educativo que pedagóxico. A miúdo son
proxectos excelentes, creativos e orixinais nos que os alumnos se implican enormemente, o que lles permite obter boas puntuacións
noutros criterios de avaliación de calidade.
3 Ben – Presenta unha integración curricular obvia pero non queda explícito na solicitude nin na descrición do proxecto, nin nas actividades
dos alumnos.
4 Moi ben – Está moi clara a integración curricular: o proxecto basease claramente na metodoloxía de aprendizaxe por proxectos, cuxos
obxectivos permiten que os alumnos desenvolvan destrezas e adquiran as aprendizaxes curriculares das áreas/materias traballadas
5 Excelente – Ademais do descrito no punto anterior, o docente explicou o marco pedagóxico no que se basea o proxecto, por exemplo,
describindo os obxectivos que se perseguen coas actividades propostas…
Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas.
3. Comunicación e intercambio de información entre os centros participantes
A maior parte dos proxectos eTwinning desenvolven procesos de comunicación e intercambio de información entre docentes e alumnos. Este criterio avalía a calidade das actividades de comunicación que
os docentes deseñan
para/con os alumnos para compartir o traballo realizado por cada clase sobre los temas tratados no proxecto.
Esta comunicación puede ser tanto individual como en pequenos grupos e pode incluír votacións, concursos, etc. deseñados para animar ós alumnos a ler, oír ou ver o traballo dos seus compañeiros.
Escala de valoración
Puntuación
0 Hai pouca evidencia de comunicación entre os docentes ou os alumnos. Por exemplo, non hai alumnos no TwinSpace ou outra plataforma similar, o
docente traballou só, non hai un impacto positivo nos alumnos.
1 Pobre – Pídese que os alumnos se comuniquen de maneira moi limitada, por exemplo, mediante o intercambio de emails baseados en modelos (a
modo de exercicios prácticos máis que como actividades dun proxecto). É un proxecto de Pen-pal básico o “coñecéndote”, pero ningún ou moi pocos
alumnos usan o TwinSpace ou outras ferramentas de comunicación; os docentes soben o traballo dos alumnos, non hai un produto final.
2 Aceptable – Os alumnos socios crean una variedade de produccións e compártenas no TwinSpace ou outra ferramenta como poden ser blogs
externos. Porén, os docentes propuxeron poucas actividades (ou ningunha) que aseguren que os alumnos compartan de maneira real. Os alumnos
de cada país traballan por separado, existe pouca coordinación nos temas tratados polos docentes asociados, non se planificou un produto final.
Algúns alumnos están dados de alta no TwinSpace ou outras ferramentas comunicativas.
3 Ben – Os alumnos compatiron os seus produtos e estes foron mellorados con outras aportacións xa que os docentes propuxeron actividades
específicas para que se produza a interacción entre os alumnos dos diferentes países. O traballo realizado polos diferentes centros tratou o mesmo
tema seguindo instrucións comúns ou similares, polo que os alumnos sentiron curiosidade por velas creacións dos seus compañeiros e reaccionaron
ás mesmas. Compartíronse temas (propostos polo profesor), pero non hai un produto final común nin productos procesuales no TwinSpace ou outra
ferramenta.
4 Moi ben – A información compartiuse con obxectivos claramente definidos: comparación, profundización na aprendizaxe, ampliación dos horizontes
do alumno. Estes obxectivos alcanzáronse mediante procesos de ensino deseñados polos docentes e postos en práctica polos alumnos. A
comunicación entre os alumnos foi un obxectivo primordial guiado polos docentes (excelente uso das ferramentas de comunicación do TwinSpace
ou outras tales como Videoconferencia…). O traballo compartiuse, tratáronse temas comúns, debatéronse os temas entre os alumnos; o material
está organizado, pero non hai un produto final compartido, o traballo final dos alumnos sóbese a un TwinSpace –ou outra plataforma- ben
organizado, aínda que non haxa un produto final colaborativo.
5 Excelente –Ademais do anterior, os docentes favoreceron os intercambios e o compartir información como un primeiro paso cara o traballo de
colaboración entre alumnos. O traballo compartiuse, tratáronse temas comúns, debatéronse os temas entre os alumnos, hai un resultado final.
Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas.
4. Colaboración entre os centros participantes
As actividades colaborativas van mais alá da comunicación: os socios non son meros receptores da información, son membros de equipos, co-autores e co-creadores. A colaboración implica que
cada clase necesita a contribución da clase asociada para completar a actividade.
Exemplos de produtos finais colaborativos: un periódico, un informe, un resumo común de todos os temas traballados durante o proxecto, unha colección de cartas redactadas sobre un tema
dado, un libro de receitas, unha colección de poemas, un traballo de ficción (novela de misterio, conto de fadas, debuxos animados, película, etc.). Esta lista non é exhaustiva; pode haber moitos
mais exemplos.
Os grupos internacionais son unha práctica moi efectiva para o traballo colaborativo (pequeno grupo dunha clase + pequeno grupo doutra clase = grupo internacional).
Escala de valoración Puntuación
0 Non existe ningún tipo de colaboración
1 Pobre – Non se propuxeron actividades ou productos colaborativos pero existen intentos (aínda que sexan fallidos) de colaboración. Os
docentes necesitan ánimos e suxerencias.
2 Aceptable – Igual que no punto anterior pero o intento de colaboración non foi de todo fallido e o docente podería facelo mellor no próximo
proxecto cunhas propostas de mellora.
3 Ben – Existen mostras claras de actividades colaborativas: un TwinSpace ben organizado ou outra ferramenta de comunicación, que amose o
traballo do alumno (clasificado por temas, por exemplo). Outro modo sería un blog ben organizado no que se foi publicando todo o traballo
realizado polos alumnos e que confire unha idea clara dos intercambios e da colaboración entre os alumnos.
4 Moi ben – Atópanse ambos tipos de actividades neste proxecto. As actividades de colaboración deron como resultado un traballo ou un
produto realizado utilizando ferramentas especialmente adecuadas (wiki, por exemplo) tendo como resultado un resultado final, como un
vídeo, eBook, etc.
5 Excelente – Igual que no punto 4, pero realizado con especial mestría: producións orixinais, traballo moi riguroso levado a cabo en grupos
internacionais, etc.
Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas.
5. Uso da tecnoloxía
¿Como se usa a tecnoloxía por parte de alumnos e de docentes na discusión de actividades e para compartir información entre alumnos?? ¿De que maneira se utilizou a tecnoloxía para facilitar o traballo no proxecto, a creación de
produtos finais, etc.?
Estes criterios céntranse na avaliación da correcta adaptación das ferramentas -tanto do TwinSpace como outras- utilizadas por docentes e alumnos á hora de realizar actividades colaborativas e compartir a información co fin de
que se produzan interacción e comunicación real. As ferramentas utilízanse de maneira que garanten a consecución dos obxectivos didácticos que persegue o proxecto.
Escala de valoración Puntuación
0 Non existe ningunha interacción e non se comparte nada. Non se usa nin o TwinSpace nin ningunha outra ferramenta. (É estraño atopar este caso)
1 Pobre. Escaso uso de ferramentas comunicativas tales como o TwinSpace ou outras.
- Os alumnos non están dados de alta no TwinSpace ou outras ferramentas.
- Os documentos elaborados polos alumnos e docentes non se almacenan no lugar axeitado.
- Non existe unha distribución do traballo. Un docente encargouse de publicar todas as mensaxes nos blogs, por exemplo.
- Cando se amosa información, non se teñen en conta aspectos relativos á seguridade en Internet tales como: non publicar fotos dos alumnos, listas cos seus
nomes, imaxes ou música con copyright, etc.
2 Aceptable
- Únicamente algúns alumnos están dados de alta no TwinSpace ou outras ferramentas.
- Utilizáronse algunhas ferramentas comunicativas ou do TwinSpace: ferramentas básicas para intercambio de información (textos, fotos e posiblemente vídeo-
presentación de imaxes).
- Non todas as entradas son producións auténticas dos alumnos (por exemplo, documentos que conteñen información copiada directamente de Internet).
- Existe certa conciencia sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo, os alumnos non son identificables, pero non hai preocupación sobre asuntos de
copyright en imaxes, música…
3 Ben
- Úsanse algunhas ferramentas de comunicación do TwinSpace.
- Úsanse blogs comerciais pero non se tivo en conta a publicidade nos mesmos.
- Úsanse ferramentas creativas para o intercambio entre alumnos.
- Créanse documentos con software para presentacións, video, etc.
- Existe certa conciencia sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo, os alumnos non son identificables; tivéronse en conta aspectos relativos ó copyright
da música e imaxes utilizadas pero non en todos os casos.
4 Moi ben
- Úsanse ferramentas de comunicación do TwinSpace ou externas.
- Úsanse blogs comerciais sin publicidade nos que se ve un alto grao de participación por parte de TODOS os alumnos implicados no proxecto.
- Úsanse ferramentas creativas para intercambiar información.
- Prodúcense documentos multimedia co software apropiado, edición de vídeo…
- Úsanse wikis…
- Existe conciencia plena sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo,
os alumnos non son identificables; tense sempre en conta aspectos relativos ó copyright da música e imaxes utilizadas..
5 Excelente - Todo o anterior levouse á práctica cun uso especialmente intelixente e creativo por parte dos alumnos.
Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas.
6. Resultados, impacto e documentación
Visibles
- resultados do proxecto e/ou a súa presentación online.
- actividade/implicación dos alumnos (TwinSpace)
- documentación do proxecto (planificación, avaliación e reflexión, propostas de mellora, etc.).
Non visibles
Impacto do proxecto
- nas destrezas dos docentes.
- nas destrezas dos alumnos e na ampliación de coñecementos.
- no social persoal (docentes e alumnos)
- en comunidades máis amplas
- a parte non visible puede avaliarse indirectamente a través da documentación do proxecto e comparándoa coa parte visible.
Escala de valoración Puntuación
0 No hai resultados visibles, nin actividade do alumno, nin documentación do proxecto.
1 Pobre – Escasos resultados obtidos (procesuales ou finais) ou os resultados claramente non foron elaborados polos alumnos (senón polo docente). Pouca
ou nula implicación do alumno nas actividades que se documentaron. Non existe unha documentación do proxecto ou esta está fragmentada.
2 Aceptable –Preséntanse algúns resultados do proxecto (procesuales ou finais), existe unha intervención esporádica dos alumnos. A documentación do
proxecto está incompleta ou non é consistente co material presentado.
3 Ben- Preséntanse moitos resultados do proxecto (procesuales ou finais), foron creados polos alumnos, utilizando, na súa maioría, ferramentas adecuadas
básicas. A documentación do proxecto contempla a avaliación (polo menos os alumnos reflectiron as súas opinións que poden servir como propostas de
mellora). Ademais, existen reflexións sobre a medida na que se alcalzaron os obxectivos. O material, na súa maior parte, axústase á documentación e
recolle algunhas notas sobre o impacto (alumnos, docentes e resto da comunidade).
4 Moi ben – Preséntase gran variedade de resultados do proxecto algúns de excelente calidade, creados polos alumnos con ferramentas adecuadas. A
documentación do proxecto está completa e recolle unha avaliación (capacidades e impacto nos alumnos, reflexións dos docentes) e amosa que os
obxectivos establecidos conseguíronse así como o impacto favorable no resto da comunidade. O material presentado é consistente coa documentación.
5 Excelente – Existe gran variedade de resultados presentados, a maior parte deles de calidade excepcional. A documentación do proxecto é exhaustiva xa
que recolle moi ben a información e a avaliación (da maioría ou de todas as partes do proxecto), recolle tamén a información sobre o impacto nos
alumnos e nas súas capacidades /aprendizaxe, nas capacidades do docente así como no resto da comunidade. Os obxectivos establecidos conseguíronse
claramente e documentouse de maneira detallada. O material presentado axústase á documentación.

More Related Content

Viewers also liked

Rúbrica de evaluación alumnos TDAH
Rúbrica de evaluación alumnos TDAHRúbrica de evaluación alumnos TDAH
Rúbrica de evaluación alumnos TDAHsaroca13
 
Modelos de evaluacion de la calidad docente en entornos virtuales
Modelos de evaluacion de la calidad docente en entornos virtualesModelos de evaluacion de la calidad docente en entornos virtuales
Modelos de evaluacion de la calidad docente en entornos virtualesanadelisarelis
 
Instructivos y Formularios de Evaluaciones a Docentes
Instructivos y Formularios de Evaluaciones a DocentesInstructivos y Formularios de Evaluaciones a Docentes
Instructivos y Formularios de Evaluaciones a DocentesUEES
 
Rúbrica de evaluación para los alumnos
Rúbrica de evaluación para los alumnosRúbrica de evaluación para los alumnos
Rúbrica de evaluación para los alumnosamelialuissi
 
Gmail, tu pasaporte a la web 2.0. CeDeC
Gmail, tu pasaporte a la web 2.0. CeDeCGmail, tu pasaporte a la web 2.0. CeDeC
Gmail, tu pasaporte a la web 2.0. CeDeCCEDEC
 
Formato De AutoevaluacióN Del Maestro
Formato De AutoevaluacióN Del MaestroFormato De AutoevaluacióN Del Maestro
Formato De AutoevaluacióN Del Maestroartevisual
 
Formato dos de autoevaluación del estudiante
Formato dos de autoevaluación del estudianteFormato dos de autoevaluación del estudiante
Formato dos de autoevaluación del estudianteProf. Carlos A. Gómez P.
 
Autoevaluación del alumno para un proyecto
Autoevaluación del alumno para un proyectoAutoevaluación del alumno para un proyecto
Autoevaluación del alumno para un proyectoCEDEC
 
(Ficha de autoevaluación 10 items)
(Ficha de autoevaluación   10 items)(Ficha de autoevaluación   10 items)
(Ficha de autoevaluación 10 items)Julio Chuquipoma
 
Plantilla de Autoevaluación del docente
Plantilla de Autoevaluación del docentePlantilla de Autoevaluación del docente
Plantilla de Autoevaluación del docenteCEDEC
 
Plantilla para el reparto de tareas
Plantilla para el reparto de tareasPlantilla para el reparto de tareas
Plantilla para el reparto de tareasCEDEC
 
Tabla de registro de los roles y funciones de un equipo
Tabla de registro de los roles y funciones de un equipoTabla de registro de los roles y funciones de un equipo
Tabla de registro de los roles y funciones de un equipoCEDEC
 
Mi diario de aprendizaje
Mi diario de aprendizajeMi diario de aprendizaje
Mi diario de aprendizajeCEDEC
 

Viewers also liked (16)

Rúbrica de evaluación alumnos TDAH
Rúbrica de evaluación alumnos TDAHRúbrica de evaluación alumnos TDAH
Rúbrica de evaluación alumnos TDAH
 
Modelos de evaluacion de la calidad docente en entornos virtuales
Modelos de evaluacion de la calidad docente en entornos virtualesModelos de evaluacion de la calidad docente en entornos virtuales
Modelos de evaluacion de la calidad docente en entornos virtuales
 
Encuesta de calidad docente
Encuesta de calidad docenteEncuesta de calidad docente
Encuesta de calidad docente
 
Instructivos y Formularios de Evaluaciones a Docentes
Instructivos y Formularios de Evaluaciones a DocentesInstructivos y Formularios de Evaluaciones a Docentes
Instructivos y Formularios de Evaluaciones a Docentes
 
Rúbrica de evaluación para los alumnos
Rúbrica de evaluación para los alumnosRúbrica de evaluación para los alumnos
Rúbrica de evaluación para los alumnos
 
Rubrica autoevaluación
Rubrica autoevaluaciónRubrica autoevaluación
Rubrica autoevaluación
 
Gmail, tu pasaporte a la web 2.0. CeDeC
Gmail, tu pasaporte a la web 2.0. CeDeCGmail, tu pasaporte a la web 2.0. CeDeC
Gmail, tu pasaporte a la web 2.0. CeDeC
 
Formato De AutoevaluacióN Del Maestro
Formato De AutoevaluacióN Del MaestroFormato De AutoevaluacióN Del Maestro
Formato De AutoevaluacióN Del Maestro
 
Formato dos de autoevaluación del estudiante
Formato dos de autoevaluación del estudianteFormato dos de autoevaluación del estudiante
Formato dos de autoevaluación del estudiante
 
Autoevaluación del alumno para un proyecto
Autoevaluación del alumno para un proyectoAutoevaluación del alumno para un proyecto
Autoevaluación del alumno para un proyecto
 
Formato de autoevaluación del estudiante
Formato de autoevaluación del estudianteFormato de autoevaluación del estudiante
Formato de autoevaluación del estudiante
 
(Ficha de autoevaluación 10 items)
(Ficha de autoevaluación   10 items)(Ficha de autoevaluación   10 items)
(Ficha de autoevaluación 10 items)
 
Plantilla de Autoevaluación del docente
Plantilla de Autoevaluación del docentePlantilla de Autoevaluación del docente
Plantilla de Autoevaluación del docente
 
Plantilla para el reparto de tareas
Plantilla para el reparto de tareasPlantilla para el reparto de tareas
Plantilla para el reparto de tareas
 
Tabla de registro de los roles y funciones de un equipo
Tabla de registro de los roles y funciones de un equipoTabla de registro de los roles y funciones de un equipo
Tabla de registro de los roles y funciones de un equipo
 
Mi diario de aprendizaje
Mi diario de aprendizajeMi diario de aprendizaje
Mi diario de aprendizaje
 

Similar to Rúbrica para un proxecto de calidade

Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10josemiguens
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competenciasSusana Arins
 
Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3guest895d57
 
Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13iesames
 
Blogs para que vos quero.
Blogs para que vos quero. Blogs para que vos quero.
Blogs para que vos quero. abalaloxiz
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Competencias basicas Abalar
Competencias basicas AbalarCompetencias basicas Abalar
Competencias basicas AbalarOlga Veiga
 
Pfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordPfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordceipirmansvillar
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilArturo Iglesias
 
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariamétodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariametodosinnovadores
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educaciónorientacionjuanadevega
 
Blogs para que vos quero. ferramentas 1
Blogs para que vos quero. ferramentas 1Blogs para que vos quero. ferramentas 1
Blogs para que vos quero. ferramentas 1apedradoabalar
 
Investigando cos alumnos
Investigando cos alumnosInvestigando cos alumnos
Investigando cos alumnosAgremon
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaRomán Landín
 

Similar to Rúbrica para un proxecto de calidade (20)

Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
 
Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3
 
Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3
 
Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13
 
Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012
 
Blogs para que vos quero.
Blogs para que vos quero. Blogs para que vos quero.
Blogs para que vos quero.
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
 
Competencias basicas Abalar
Competencias basicas AbalarCompetencias basicas Abalar
Competencias basicas Abalar
 
Pfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordPfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 word
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariamétodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
Blogs para que vos quero. ferramentas 1
Blogs para que vos quero. ferramentas 1Blogs para que vos quero. ferramentas 1
Blogs para que vos quero. ferramentas 1
 
Investigando cos alumnos
Investigando cos alumnosInvestigando cos alumnos
Investigando cos alumnos
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
Pfac 2 a
Pfac 2 aPfac 2 a
Pfac 2 a
 

More from eTwinning España

Edición de perfil de alumno en el TwinSpace
Edición de perfil de alumno en el TwinSpaceEdición de perfil de alumno en el TwinSpace
Edición de perfil de alumno en el TwinSpaceeTwinning España
 
Cómo incrustar archivos de Google Drive en el TwinSpace
Cómo incrustar archivos de Google Drive en el TwinSpaceCómo incrustar archivos de Google Drive en el TwinSpace
Cómo incrustar archivos de Google Drive en el TwinSpaceeTwinning España
 
eTwinning National Quality Label
eTwinning National Quality LabeleTwinning National Quality Label
eTwinning National Quality LabeleTwinning España
 
Rubric: eTwinning project plan
Rubric: eTwinning project planRubric: eTwinning project plan
Rubric: eTwinning project planeTwinning España
 
Rubric: Collaborative activity
Rubric: Collaborative activityRubric: Collaborative activity
Rubric: Collaborative activityeTwinning España
 
Como crear un perfil de visitante en el twin space
Como crear un perfil de visitante en el twin spaceComo crear un perfil de visitante en el twin space
Como crear un perfil de visitante en el twin spaceeTwinning España
 
Como registrar a alumnos en el TwinSpace
Como registrar a alumnos en el TwinSpaceComo registrar a alumnos en el TwinSpace
Como registrar a alumnos en el TwinSpaceeTwinning España
 
Cómo crear un evento presencial
Cómo crear un evento presencialCómo crear un evento presencial
Cómo crear un evento presencialeTwinning España
 
Comprobaciones para el evento videoconferencia
Comprobaciones  para  el  evento videoconferencia Comprobaciones  para  el  evento videoconferencia
Comprobaciones para el evento videoconferencia eTwinning España
 
Cómo crear y gestionar un proyecto eTwinning en eTwinning live
Cómo crear y gestionar un proyecto eTwinning en eTwinning liveCómo crear y gestionar un proyecto eTwinning en eTwinning live
Cómo crear y gestionar un proyecto eTwinning en eTwinning liveeTwinning España
 
Un proyecto e twinning de calidad
Un proyecto e twinning de calidadUn proyecto e twinning de calidad
Un proyecto e twinning de calidadeTwinning España
 
Estudio de caso eTwinning: IES Alfred Ayza
Estudio de caso eTwinning: IES Alfred AyzaEstudio de caso eTwinning: IES Alfred Ayza
Estudio de caso eTwinning: IES Alfred AyzaeTwinning España
 
Rúbrica de evaluación para Sellos de Calidad
Rúbrica de evaluación para Sellos de CalidadRúbrica de evaluación para Sellos de Calidad
Rúbrica de evaluación para Sellos de CalidadeTwinning España
 

More from eTwinning España (20)

Edición de perfil de alumno en el TwinSpace
Edición de perfil de alumno en el TwinSpaceEdición de perfil de alumno en el TwinSpace
Edición de perfil de alumno en el TwinSpace
 
Cómo incrustar archivos de Google Drive en el TwinSpace
Cómo incrustar archivos de Google Drive en el TwinSpaceCómo incrustar archivos de Google Drive en el TwinSpace
Cómo incrustar archivos de Google Drive en el TwinSpace
 
eTwinning National Quality Label
eTwinning National Quality LabeleTwinning National Quality Label
eTwinning National Quality Label
 
Rubric: eTwinning project plan
Rubric: eTwinning project planRubric: eTwinning project plan
Rubric: eTwinning project plan
 
Rubric: eTwinning profile
Rubric: eTwinning profileRubric: eTwinning profile
Rubric: eTwinning profile
 
Rubric: Collaborative activity
Rubric: Collaborative activityRubric: Collaborative activity
Rubric: Collaborative activity
 
Rubric: Project idea
Rubric: Project ideaRubric: Project idea
Rubric: Project idea
 
Como crear un perfil de visitante en el twin space
Como crear un perfil de visitante en el twin spaceComo crear un perfil de visitante en el twin space
Como crear un perfil de visitante en el twin space
 
Como registrar a alumnos en el TwinSpace
Como registrar a alumnos en el TwinSpaceComo registrar a alumnos en el TwinSpace
Como registrar a alumnos en el TwinSpace
 
Cómo crear un evento presencial
Cómo crear un evento presencialCómo crear un evento presencial
Cómo crear un evento presencial
 
Comprobaciones para el evento videoconferencia
Comprobaciones  para  el  evento videoconferencia Comprobaciones  para  el  evento videoconferencia
Comprobaciones para el evento videoconferencia
 
Cómo crear y gestionar un proyecto eTwinning en eTwinning live
Cómo crear y gestionar un proyecto eTwinning en eTwinning liveCómo crear y gestionar un proyecto eTwinning en eTwinning live
Cómo crear y gestionar un proyecto eTwinning en eTwinning live
 
Rúbrica idea de proyecto
Rúbrica idea de proyectoRúbrica idea de proyecto
Rúbrica idea de proyecto
 
Un proyecto e twinning de calidad
Un proyecto e twinning de calidadUn proyecto e twinning de calidad
Un proyecto e twinning de calidad
 
Merida 2016 no v
Merida 2016 no vMerida 2016 no v
Merida 2016 no v
 
Rubrica plan de proyecto
Rubrica plan de proyectoRubrica plan de proyecto
Rubrica plan de proyecto
 
Estudio de caso eTwinning: IES Alfred Ayza
Estudio de caso eTwinning: IES Alfred AyzaEstudio de caso eTwinning: IES Alfred Ayza
Estudio de caso eTwinning: IES Alfred Ayza
 
Rúbrica idea de proyecto
Rúbrica idea de proyectoRúbrica idea de proyecto
Rúbrica idea de proyecto
 
Rúbrica de evaluación para Sellos de Calidad
Rúbrica de evaluación para Sellos de CalidadRúbrica de evaluación para Sellos de Calidad
Rúbrica de evaluación para Sellos de Calidad
 
Tutorial Zeemaps
Tutorial ZeemapsTutorial Zeemaps
Tutorial Zeemaps
 

Rúbrica para un proxecto de calidade

  • 1. Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas. 1. Innovación pedagóxica Os docentes propuxeron métodos pedagóxicos variados, tales como: a exposición de preguntas dirixidas que favoreceron a investigación e a análise por parte dos alumnos, a organización do traballo en equipo para garantir a colaboración, permitir que os alumnos elixan as formas de atopar e amosar a información, etc. Dependendo do contexto e da idade dos alumnos, a situación favoreceu que se convirtan en verdadeiros protagonistas do proxecto, creativos, responsables e autónomos.e non simples executores das ideas do docente. Escala de valoración Puntuación 0 Non hai intentos de implicar a alumnos nin a outros profesores (é estraño atopar este caso) 1 Pobre – A maior parte das actividades están deseñadas polos docentes e realízanas os alumnos. Non se ofrecen posibilidades ós alumnos para que participen de maneira máis activa. 2 Aceptable- Polo menos algunhas actividades deseñáronse utilizando metodoloxías distintas da clase expositiva. Os métodos de traballo permitiron que os alumnos interactúen cos seus socios (por exemplo, comparando información, traballando xuntos para obter un produto común…). 3 Ben- O proxecto deseñouse e implementouse para que os alumnos: - Interactúen cos seus compañeiros - Organicen o traballo de forma variada (individualmente, en subgrupos, en equipos internacionais…) 4 Moi ben- O proxecto promove una pedagoxía interactiva e colaborativa: os métodos de aprendizaxe identifícanse con claridade (recollida de información, traballo comparativo, resolución de problemas, creación colaborativa: literaria, artística, técnica, científica, periodística… ) 5 Excelente – Ademais do punto 4, existe unha forte relación entre o rigor académico e a creatividade na xestión e desenvolvemento do proxecto, hai orixinalidade no tema de traballo elixido.
  • 2. Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas. 2. Integración curricular nunha ou máis áreas/materias O traballo do proxecto basease no currículo e na programación. A maior parte do traballo realizado polos alumnos foi en horario escolar, o proxecto non se basea únicamente no traballo levado a cabo polos alumnos na casa. Obsérvanse claros esforzos estratéxicos para desenvolver as competencias do alumnado en diferentes áreas/materias. O traballo do proxecto está claramente integrado no traballo escolar dalgunha materia/área. O docente desenvolve claramente o currículo mediante este proyecto eTwinning. Escala de valoración Puntuación 0 Non se intenta traballar ningún aspecto curricular. (É estraño atopar este caso) 1 Pobre – Este caso tamén é pouco probable xa que sempre se traballa, polo menos, algunhas competencias curriculares, aínda que só sexa no referido ó uso das TIC. 2 Aceptable – Proxectos que se desenvolven de maneira extracurricular mediante talleres, con alumnos voluntarios. Nestes casos, a integración curricular non é unha prioridade.Os seus obxectivos poden ter un carácter máis educativo que pedagóxico. A miúdo son proxectos excelentes, creativos e orixinais nos que os alumnos se implican enormemente, o que lles permite obter boas puntuacións noutros criterios de avaliación de calidade. 3 Ben – Presenta unha integración curricular obvia pero non queda explícito na solicitude nin na descrición do proxecto, nin nas actividades dos alumnos. 4 Moi ben – Está moi clara a integración curricular: o proxecto basease claramente na metodoloxía de aprendizaxe por proxectos, cuxos obxectivos permiten que os alumnos desenvolvan destrezas e adquiran as aprendizaxes curriculares das áreas/materias traballadas 5 Excelente – Ademais do descrito no punto anterior, o docente explicou o marco pedagóxico no que se basea o proxecto, por exemplo, describindo os obxectivos que se perseguen coas actividades propostas…
  • 3. Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas. 3. Comunicación e intercambio de información entre os centros participantes A maior parte dos proxectos eTwinning desenvolven procesos de comunicación e intercambio de información entre docentes e alumnos. Este criterio avalía a calidade das actividades de comunicación que os docentes deseñan para/con os alumnos para compartir o traballo realizado por cada clase sobre los temas tratados no proxecto. Esta comunicación puede ser tanto individual como en pequenos grupos e pode incluír votacións, concursos, etc. deseñados para animar ós alumnos a ler, oír ou ver o traballo dos seus compañeiros. Escala de valoración Puntuación 0 Hai pouca evidencia de comunicación entre os docentes ou os alumnos. Por exemplo, non hai alumnos no TwinSpace ou outra plataforma similar, o docente traballou só, non hai un impacto positivo nos alumnos. 1 Pobre – Pídese que os alumnos se comuniquen de maneira moi limitada, por exemplo, mediante o intercambio de emails baseados en modelos (a modo de exercicios prácticos máis que como actividades dun proxecto). É un proxecto de Pen-pal básico o “coñecéndote”, pero ningún ou moi pocos alumnos usan o TwinSpace ou outras ferramentas de comunicación; os docentes soben o traballo dos alumnos, non hai un produto final. 2 Aceptable – Os alumnos socios crean una variedade de produccións e compártenas no TwinSpace ou outra ferramenta como poden ser blogs externos. Porén, os docentes propuxeron poucas actividades (ou ningunha) que aseguren que os alumnos compartan de maneira real. Os alumnos de cada país traballan por separado, existe pouca coordinación nos temas tratados polos docentes asociados, non se planificou un produto final. Algúns alumnos están dados de alta no TwinSpace ou outras ferramentas comunicativas. 3 Ben – Os alumnos compatiron os seus produtos e estes foron mellorados con outras aportacións xa que os docentes propuxeron actividades específicas para que se produza a interacción entre os alumnos dos diferentes países. O traballo realizado polos diferentes centros tratou o mesmo tema seguindo instrucións comúns ou similares, polo que os alumnos sentiron curiosidade por velas creacións dos seus compañeiros e reaccionaron ás mesmas. Compartíronse temas (propostos polo profesor), pero non hai un produto final común nin productos procesuales no TwinSpace ou outra ferramenta. 4 Moi ben – A información compartiuse con obxectivos claramente definidos: comparación, profundización na aprendizaxe, ampliación dos horizontes do alumno. Estes obxectivos alcanzáronse mediante procesos de ensino deseñados polos docentes e postos en práctica polos alumnos. A comunicación entre os alumnos foi un obxectivo primordial guiado polos docentes (excelente uso das ferramentas de comunicación do TwinSpace ou outras tales como Videoconferencia…). O traballo compartiuse, tratáronse temas comúns, debatéronse os temas entre os alumnos; o material está organizado, pero non hai un produto final compartido, o traballo final dos alumnos sóbese a un TwinSpace –ou outra plataforma- ben organizado, aínda que non haxa un produto final colaborativo. 5 Excelente –Ademais do anterior, os docentes favoreceron os intercambios e o compartir información como un primeiro paso cara o traballo de colaboración entre alumnos. O traballo compartiuse, tratáronse temas comúns, debatéronse os temas entre os alumnos, hai un resultado final.
  • 4. Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas. 4. Colaboración entre os centros participantes As actividades colaborativas van mais alá da comunicación: os socios non son meros receptores da información, son membros de equipos, co-autores e co-creadores. A colaboración implica que cada clase necesita a contribución da clase asociada para completar a actividade. Exemplos de produtos finais colaborativos: un periódico, un informe, un resumo común de todos os temas traballados durante o proxecto, unha colección de cartas redactadas sobre un tema dado, un libro de receitas, unha colección de poemas, un traballo de ficción (novela de misterio, conto de fadas, debuxos animados, película, etc.). Esta lista non é exhaustiva; pode haber moitos mais exemplos. Os grupos internacionais son unha práctica moi efectiva para o traballo colaborativo (pequeno grupo dunha clase + pequeno grupo doutra clase = grupo internacional). Escala de valoración Puntuación 0 Non existe ningún tipo de colaboración 1 Pobre – Non se propuxeron actividades ou productos colaborativos pero existen intentos (aínda que sexan fallidos) de colaboración. Os docentes necesitan ánimos e suxerencias. 2 Aceptable – Igual que no punto anterior pero o intento de colaboración non foi de todo fallido e o docente podería facelo mellor no próximo proxecto cunhas propostas de mellora. 3 Ben – Existen mostras claras de actividades colaborativas: un TwinSpace ben organizado ou outra ferramenta de comunicación, que amose o traballo do alumno (clasificado por temas, por exemplo). Outro modo sería un blog ben organizado no que se foi publicando todo o traballo realizado polos alumnos e que confire unha idea clara dos intercambios e da colaboración entre os alumnos. 4 Moi ben – Atópanse ambos tipos de actividades neste proxecto. As actividades de colaboración deron como resultado un traballo ou un produto realizado utilizando ferramentas especialmente adecuadas (wiki, por exemplo) tendo como resultado un resultado final, como un vídeo, eBook, etc. 5 Excelente – Igual que no punto 4, pero realizado con especial mestría: producións orixinais, traballo moi riguroso levado a cabo en grupos internacionais, etc.
  • 5. Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas. 5. Uso da tecnoloxía ¿Como se usa a tecnoloxía por parte de alumnos e de docentes na discusión de actividades e para compartir información entre alumnos?? ¿De que maneira se utilizou a tecnoloxía para facilitar o traballo no proxecto, a creación de produtos finais, etc.? Estes criterios céntranse na avaliación da correcta adaptación das ferramentas -tanto do TwinSpace como outras- utilizadas por docentes e alumnos á hora de realizar actividades colaborativas e compartir a información co fin de que se produzan interacción e comunicación real. As ferramentas utilízanse de maneira que garanten a consecución dos obxectivos didácticos que persegue o proxecto. Escala de valoración Puntuación 0 Non existe ningunha interacción e non se comparte nada. Non se usa nin o TwinSpace nin ningunha outra ferramenta. (É estraño atopar este caso) 1 Pobre. Escaso uso de ferramentas comunicativas tales como o TwinSpace ou outras. - Os alumnos non están dados de alta no TwinSpace ou outras ferramentas. - Os documentos elaborados polos alumnos e docentes non se almacenan no lugar axeitado. - Non existe unha distribución do traballo. Un docente encargouse de publicar todas as mensaxes nos blogs, por exemplo. - Cando se amosa información, non se teñen en conta aspectos relativos á seguridade en Internet tales como: non publicar fotos dos alumnos, listas cos seus nomes, imaxes ou música con copyright, etc. 2 Aceptable - Únicamente algúns alumnos están dados de alta no TwinSpace ou outras ferramentas. - Utilizáronse algunhas ferramentas comunicativas ou do TwinSpace: ferramentas básicas para intercambio de información (textos, fotos e posiblemente vídeo- presentación de imaxes). - Non todas as entradas son producións auténticas dos alumnos (por exemplo, documentos que conteñen información copiada directamente de Internet). - Existe certa conciencia sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo, os alumnos non son identificables, pero non hai preocupación sobre asuntos de copyright en imaxes, música… 3 Ben - Úsanse algunhas ferramentas de comunicación do TwinSpace. - Úsanse blogs comerciais pero non se tivo en conta a publicidade nos mesmos. - Úsanse ferramentas creativas para o intercambio entre alumnos. - Créanse documentos con software para presentacións, video, etc. - Existe certa conciencia sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo, os alumnos non son identificables; tivéronse en conta aspectos relativos ó copyright da música e imaxes utilizadas pero non en todos os casos. 4 Moi ben - Úsanse ferramentas de comunicación do TwinSpace ou externas. - Úsanse blogs comerciais sin publicidade nos que se ve un alto grao de participación por parte de TODOS os alumnos implicados no proxecto. - Úsanse ferramentas creativas para intercambiar información. - Prodúcense documentos multimedia co software apropiado, edición de vídeo… - Úsanse wikis… - Existe conciencia plena sobre aspectos relativos á seguridade; por exemplo, os alumnos non son identificables; tense sempre en conta aspectos relativos ó copyright da música e imaxes utilizadas.. 5 Excelente - Todo o anterior levouse á práctica cun uso especialmente intelixente e creativo por parte dos alumnos.
  • 6. Selo de Calidade Nacional eTwinning: Rúbricas. 6. Resultados, impacto e documentación Visibles - resultados do proxecto e/ou a súa presentación online. - actividade/implicación dos alumnos (TwinSpace) - documentación do proxecto (planificación, avaliación e reflexión, propostas de mellora, etc.). Non visibles Impacto do proxecto - nas destrezas dos docentes. - nas destrezas dos alumnos e na ampliación de coñecementos. - no social persoal (docentes e alumnos) - en comunidades máis amplas - a parte non visible puede avaliarse indirectamente a través da documentación do proxecto e comparándoa coa parte visible. Escala de valoración Puntuación 0 No hai resultados visibles, nin actividade do alumno, nin documentación do proxecto. 1 Pobre – Escasos resultados obtidos (procesuales ou finais) ou os resultados claramente non foron elaborados polos alumnos (senón polo docente). Pouca ou nula implicación do alumno nas actividades que se documentaron. Non existe unha documentación do proxecto ou esta está fragmentada. 2 Aceptable –Preséntanse algúns resultados do proxecto (procesuales ou finais), existe unha intervención esporádica dos alumnos. A documentación do proxecto está incompleta ou non é consistente co material presentado. 3 Ben- Preséntanse moitos resultados do proxecto (procesuales ou finais), foron creados polos alumnos, utilizando, na súa maioría, ferramentas adecuadas básicas. A documentación do proxecto contempla a avaliación (polo menos os alumnos reflectiron as súas opinións que poden servir como propostas de mellora). Ademais, existen reflexións sobre a medida na que se alcalzaron os obxectivos. O material, na súa maior parte, axústase á documentación e recolle algunhas notas sobre o impacto (alumnos, docentes e resto da comunidade). 4 Moi ben – Preséntase gran variedade de resultados do proxecto algúns de excelente calidade, creados polos alumnos con ferramentas adecuadas. A documentación do proxecto está completa e recolle unha avaliación (capacidades e impacto nos alumnos, reflexións dos docentes) e amosa que os obxectivos establecidos conseguíronse así como o impacto favorable no resto da comunidade. O material presentado é consistente coa documentación. 5 Excelente – Existe gran variedade de resultados presentados, a maior parte deles de calidade excepcional. A documentación do proxecto é exhaustiva xa que recolle moi ben a información e a avaliación (da maioría ou de todas as partes do proxecto), recolle tamén a información sobre o impacto nos alumnos e nas súas capacidades /aprendizaxe, nas capacidades do docente así como no resto da comunidade. Os obxectivos establecidos conseguíronse claramente e documentouse de maneira detallada. O material presentado axústase á documentación.