SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Contact: Dirixida por Robert Zemeck. Baseada na novela de Carl Sagan
Ellie Arroway é una talentosa científica, estimulada dende pequena polo seu pai, falecido po… Na actualidade está nena prodixio, xa medradiña, traballa na Busca de Intelixencia Extraterrestre (SETI), no Observatorio de Arecibo (Porto Rico), estudado na segunda avaliación. Este campo é moi custoso, e a súa financiación, dificultosa; pero tras un tempo o empresario Hadden SR, que ten seguido moito a carreira desta científica, permítelle continuar os estudos en Novo México.
En Arecibo, Ellie coñece a Palmer Joss con quen mantén unha relación durante unha noite. Este home é un teólogo que renunciou á vida sacerdotal para irse ó terceiro mundo a investigar o efecto que a tecnoloxía ten nestes países. As súas crenzas son totalmente opostas ás de Ellie, xa que esta é unha muller moi realista, incluso de nena cando tras a morte de seu pai di “debín gardar menciña no baño de abaixo, tería chegado antes”.
Ó cabo de catro anos, cando o empresario que financiaba o proxecto pretendía pechar a billa, Ellie atopa un sinal coa repetición de números primos (clara sinal de intelixencia) dende as proximidades da estrela de Vega, na constelación de Lira. Este descubrimento fai que o empresario e o Consello de Seguridade Nacional se queiran facer co poder das instalacións.
Tras desencriptar o sinal atopan un vídeo da presentación das Olimpíadas de Berlín (1936) no que sae Adolf Hitler. O Consello de Seguridade Nacional tómao coma unha ameaza, pola contra os científicos alegan que é o primeiro sinal de televisión relativamente forte como para saír da atmosfera terrestre. A partir de aquí o proxecto é seguido meticulosamente polos medios. Pouco despois, descobren unha segunda mensaxe agochado no video: unhas 60 000 de debuxos técnicos.  Ninguén é capaz de interpretar estes debuxos, mais unha noite Hodden citase con Ellie Arroway e explícalle que estas páxinas están destinadas a ser interpretadas en tres dimensións, e que son os planos dunha máquina. Tras moitas dúbidas sobre a finalidade do aparello (podía ser unha máquina de autodestrución),todos os países do mundo se alían para construír a máquina en Cabo Cañaberal e outra, secreta, á que non teñen acceso nin os medios nin a poboación en Hokkaido, no Xapón. Nesta máquina só hai paza para un ocupante, e o elixido é o seu “contrincante” Drumlin. Ellie resulta descalificada, tras unha pregunta do seu compañeiro Joss, membro do xurado seleccionador, pola súa falta de fe relixiosa.
Xa construída a máquina, no día de probas, un fanático relixioso destrúe o aparello nun atentado suicida no que morre Drumlin e milleiros de persoas que se atopaban nela e nos arredores. Ellie pasa a ser a ocupante da máquina secreta de Hokkadio.
A protagonista emprende unha viaxe dentro da cápsula, equipada con intrumentos de grabación, a través de buratos de verme. A cápsula transfórmase e permite ver o exterior. Atópase nunha paisaxe subrrealista, moi similar a un debuxo que lle fixo a seu pai de nena. Nese entorno aparéceselle unha figura borrosa que acaba por adoptar a figura de seu pai. A científica interroga  a este ser, co aspecto de seu pai, sobre as características da vida extraterrestre. O ser non responde máis que para explicar que este non é máis que “un primeiro paso” para a humanidade na súa unión con outras potencias espaciais. Ellie cae inconsciente.
Cando esperta está na Terra. Dende o punto de vista externo, a cápsula caeu a través da máuqina… cuestión de segundos, mais ela afirma ter estado no espazo unhas dezaoito horas. Os dispositivos de gravación que portaba non captaron máis que interferencias. Ellie, co seu pensamento científico e empirista, crese unha cómplice inconsciente dunha “broma” do defunto multimillonario Hadden. Na investigación deste proceso descóbrese que os dispositivos de gravación que portou durante a súa “viaxe” captaran dezaoito horas de interferencias e imaxe estática.
Esta película ofrécenos o conflito entre relixión e ciencia. O final da película Arroway atopase nunha posición que ela tiña visto anteriormente con escepticismo e desprezo: crer  con toda seguridade en algo, a pesar de ser incapaz de demostralo.
González Seara, Irene

Contact

More Related Content

Viewers also liked

Solucións.3ºg 3ªava
Solucións.3ºg 3ªavaSolucións.3ºg 3ªava
Solucións.3ºg 3ªavaIreneSeara

Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...IreneSeara

Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2IreneSeara

Deporte, danza, arte e saúde e.f
Deporte, danza, arte e saúde  e.fDeporte, danza, arte e saúde  e.f
Deporte, danza, arte e saúde e.fIreneSeara

Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)IreneSeara

Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...IreneSeara

Comentario cantiga amor
Comentario cantiga amorComentario cantiga amor
Comentario cantiga amorIreneSeara

Viewers also liked (10)

Solucións.3ºg 3ªava
Solucións.3ºg 3ªavaSolucións.3ºg 3ªava
Solucións.3ºg 3ªava

Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...

Literatura 6
Literatura 6Literatura 6
Literatura 6

Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2

Deporte, danza, arte e saúde e.f
Deporte, danza, arte e saúde  e.fDeporte, danza, arte e saúde  e.f
Deporte, danza, arte e saúde e.f

Literatura 1
Literatura 1Literatura 1
Literatura 1

Literatura 9
Literatura 9Literatura 9
Literatura 9

Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)
Literatura 3 (a prosa no primeiro terzo do século xx)

Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...
Sociolingüística 3 (linguas minorizadas e linguas minoritarias. o galego; lin...

Comentario cantiga amor
Comentario cantiga amorComentario cantiga amor
Comentario cantiga amor

Similar to Contact (7)

La clave secreta del universo
La clave secreta del universoLa clave secreta del universo
La clave secreta del universo

Amalur
AmalurAmalur
Amalur

CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS

Margaret Burbidge
Margaret BurbidgeMargaret Burbidge
Margaret Burbidge

Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicas

Mulleres na Ciencia
Mulleres na CienciaMulleres na Ciencia
Mulleres na Ciencia

Cine y matemáticas
Cine y matemáticasCine y matemáticas
Cine y matemáticas

Contact

• 1. Contact: Dirixida por Robert Zemeck. Baseada na novela de Carl Sagan