SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Download to read offline
2
Lagartiño 2014
Índice
Portada
Paula Fernández 3ºB
Editorial	 			2
Susana Sánchez Aríns
Sementando pensamentos	3
Alumnado 3º
Faro de Punta Cabalo		 4
Ana Martínez Santórum 4º PDC
Cálculo de distancias S IV a.C.	6
Varios 2º A
Destino París.			12
Sara Mougán e Alexandra Chaves 4º
Entre Illas				13
Lidia de la Torre e Miriam Rial 2ºA
Non todo vai ser futbol		 14
Carlos Cañón 3ºA
Proxecto “Voz Natura”		 16
Charo Bañobre e Sonia González
No centro do Universo		 18
Belén Paz Allo 4º ESO
Historias da Prehistoria		 20
Alumnado de 1º ESO
Puzzte 			 24
Plástica
As às da arte 			 25
Ética 4º ESO
Había outras..... 			26
Contraportada
Elvira Lois 3º A
REDACCIÓN - EQUIPO
Normalización lingüistica IES ILLA DE
AROUSA
T
raballo duro o de abaixarse a arrincar malas
herbas, estercar, cavar, sementar, regar,
escoller, vixiar as xeadas, e volta a arrincar
herbas e volta a regar e volta e volta. Os labores
da horta nunca acaban. E às veces, a única
vontade é largar a sacha, o rastro, as tesoiras de
podar e deixar que a vexetación coma a leira. Se
temos de todo no Eroski!!
Maisécertoquedágustopoderdicirduncarballo
frondoso e sombreante que nós o sementamos,
e nunca unhas leitugas son tenras como as que
nacen nos nosos laños, e nunca mellor saibo
sacan uns tomates se regados coa nosa suoriña.
María Reimóndez, escritora e activista galega,
di sempre que ten ocasión que os dereitos das
persoas son unha leira na que temos que sachar
todos os días. Non son unha concesión dos de
arriba, senón algo que temos que reconquistar
cada mañá a base de traballo.
E isto tamén o aprendemos neste centro. É duro,
é laborioso, é custoso, sentindo por momentos
só vontade de tirar a toalla e deixar que a
resignación nos coma por dentro… E outra vez
ter que defender o noso dereito a unha escola
pública de calidade? E outra vez ter que esixir
o profesorado que necesitamos? E outra vez
a voltas co número de alumn@s por aula? En
verdade é esgotador.
Mais é o que teñen as leiras. Cando esqueces
a sacha unha tempada, uns anos, despois todo
son maniotas e dobre esforzo. A terra está dura e
chea de pandullos.
Se queremos unha escola de calidade non queda
outra: traballar todos os días un pouco, andar
vixiantes perante as malas herbas e as pragas e
sempre, sempre, regar con vontade, alegría e un
grande sorriso ante a adversidade.
Así nacen fortes e rexos premios como o de VOZ
NATURA deste ano, orgullos como o de sabermos
que se nos recortaron non foi por ficarmos
caladas. Ese é o sabor da dignidade.
SACHA NA HORTA!!
IES ILLA DE AROUSA
Arousa-Xuño 2014
3
Sementamos pensamentos
Colleitamos poemas
	 Esta foi a nosa particular celebración das
Letras Galegas: plantamos pequenos pensamentos
acompañados de cadanseu poema escollido polos
alumn@s de 3º ESO. Temos que agradecer a idea a
Mª Xosé Lázare; a colaboración necesaria de Charo e
Sonia e, por suposto, aos rapaces e rapazas voluntarios
que botaron unha man na plantación e presentación das
“poeplantas”.
Nunha sesión previa contamos coa presenza da famosísima poeta Susana S. Aríns, quen nos falou
de como empezou a escribir, cales son os seus gustos literarios, cantos cartos se gañan escribindo
poesía... en fin, unha sesión moi ben aproveitada na que @s alumn@s preguntaron todo o que
sempre quixeron saber sobre a creación poética e non tiñan a quen preguntarlle...
Para ela tamén houbo unha poeplanta.
SEMENTANDO PENSAMENTOS,
COLLEITANDO POEMAS
4
Lagartiño 2014
Na clase traballamos as lendas con Susana
e miramos algunhas. Logo inventamos unha e
a miña foi a de “Faro de Punta Cabalo”. Este
faro foi construido no 1870 polos mariñeiros de
Arousa. Inspireime nas lendas que Susana nos
contara. Esta é a miña.
“ En maio de 1951 o meu avó comezou a
traballar no faro de Punta Cabalo, na Illa de
Arousa. O seu pai contáralle que alí se aparecía
unha fermosa moura de ollos verdes, pelo
castaño e labios encarnados da cor do sangue.
Neste faro desapareceran varios homes.
“ O meu avó ía tódalas mañás ao faro e sempre
buscaba pola gorida daquela fermosa muller,
aínda que lle tiña medo.
“ Un día levantouse cedo e marchou traballar
para o faro. Chegou e comezou as súas tarefas
de fareiro, como a de cambiar a lámpada.
Subiu e dende arriba viu unha fermosa muller
peiteándose no medio das pedras. O meu avó
baixou para achegarse a ela: era a moura.
“ Ela propúxolle un trato:
-	 Se xogas comigo ó xadrez e gañas, dareiche
un saco cheo de ouro. Pero se perdes sufri-
rás un dos meus conxuros.
“ O meu avó aceptou. Estiveron xogando
durante unha hora e acabou perdendo. A
moura botoulle un feitizo que durou sete anos:
convertiuno nunha pedra con forma de
cabalo. “
FARO DE PUNTA
CABALO
Ana Martínez Santórum 4º PDC
Arousa-Xuño 2014
5
6
Lagartiño 2014
Antes, os gregos pensaban que a Terra era plana e que todo xiraba en torno a ela,
pero os gregos tiñan tres razóns para confirmar que a Terra era redonda.
1)	 A primeira razón era que ao camiñar, as constelacións non se vían iguais en
todos os puntos desde os que se miraban, senón que cambiaban, e isto non
podería ocorrer se a Terra fose plana.
2)	 A segunda razón era que ao mirar desde a costa
un barco, a medida que se vai afastando, víase só a
parte máis alta. E chega un punto no que desapa-
rece. E se a Terra fose plana, o barco faríase máis
pequeno pero seguiríase vendo.
3)	 A última razón era que nunha eclipse de Lúa,
a Terra reflectida nela fai unha sombra re-
donda.
	
COMO OS GREGOS
CALCULARON
AS MEDIDAS
TERRA-SOL-LÚA
Arousa-Xuño 2014
7
	 Erastótenes, estando na biblioteca de Alexandría,
atopou un informe de observacións sobre Siena, cidade
situada a 800km, ao sur de Alexandría, no que dicía que o
día do solsticio de verán (21 de xuño) a mediodía, un pau
non producía sombra e no fondo do pozo, podía verse a
luz do Sol. Observou que en Alexandría, o mesmo día e a
mesma hora, non se producía o mesmo feito.
	 Isto desmantelou por completo a idea de que a Terra
era plana, xa que se o fora, produciríase o mesmo fenómeno
nas dúas cidades .
	 Deuse conta de que atravesando cunha diagonal, nos dous extremos, daban
lugar dous ángulos iguais. Mediunos e dábanlle 7.2º, que unido ao feito coñecido de
que a distancia entre as dúas cidades era de 5000 estadios, deron na conclusión de que
a Terra media 360•5000/7.2; e dicir 250000 estadios aproximadamente
ERASTÓTENES (276 a.C- 194 a.C)
COMO ERASTÓTENES NO ANO 240 a.C
CONSEGUIU MEDIR O RADIO E A SUPERFICIE
DA TERRA
40.000 7,2•x=800•3600 x=40000km de lonxitude
Lc:2•π•r 40.000=2•3´14•x
X= 6.250 km de radio
800
X
Grados Lonxitude
7,2
800
360
8
Lagartiño 2014
	 Arístarco foi o primeiro que se lle ocurreu medir o
tamaño da Lúa, asi como a súa distancia da Terra. Observou que durante a eclipse de
Lúa, a Terra proxectaba a sua sombra sobre a súa superficie. A partir de aí e collendo
tres puntos, puido calcular o tamaño relativo da Terra trazando mediatrices.
	 Comparando a sombra da Terra sobre a Lúa, Aristarco descubriu que era 2´5
veces máis grande ca do noso satélite.
	 Tendo en conta que Aristarco viviu antes que Eratóstenes, e por tanto non
coñecia o valor do radio da Terra, non puido calcular o radio e o diámetro da Lúa,
pero deeñou as bases para poder facelo. Os cálculos serían o seguintes:
	
	 AristarcomediuadistanciaTerra-Lúaempregandounhamoeda.Oprocedemento
foi o seguinte:
	 Afastou a moeda ata tapar por completo a Lúa e tendo en conta que sabía
calcular distancias mediante triángulos semellantes:
Arístarco de Samos (310 a.C- 230 a.C)
COMO ARISTARCO DE SAMOS
CALCULOU AS VECES QUE A TERRA É
MÁIS GRANDE QUE A LÚA.
6250 : 2.5= 2500 km de radio a lúa
2500 • 2= 5000 km de diámetro
COMO ARISTARCO MEDIU A DISTANCIA
TERRA- LÚA
Arousa-Xuño 2014
9
	 Aristarco decidiu determinar a distancia Terra-Sol desta maneira: cando a Lúa
recibe a luz do Sol, é a orixe das fases da Lúa. Cando vemos media Lúa iluminada
(cuarto crecente ou menguante) a luz do Sol forma un ángulo recto coa liña que une a
Terra e a Lúa. Se nesas condicións medía o ángulo que formaban as direccións Terra-
Sol e Terra-Lúa, obtería un triángulo rectángulo co que é fácil determinar a distancia
Terra-Sol.
Aristarco mediu o ángulo e obtivo un valor de 87 graos(trabucouse na medida), o outro
tiña que medir 90 graos, porque era recto, e o outro 3 graos porque a suma dos ángulos
dun triángulo sempre é 180 grados.
	 Saiulle que a Terra estaba 20 veces máis lonxe do Sol que da Lúa (parecíalle
moito e axustou ao menor resultado).
	 500.000 • 20 = 10.000.000 km distancia Terra-Sol
	 Pero en realidade era 400 veces Terra-Lúa. Este erro debeuse a que naquel
momento non había aparatos para medir con exactitude o ángulo. De feito non foi
posible ata o século XVII, con HALLEY.
Diámetro moeda	 Diámetro Lúa	 1		
Distancia moeda	 Distancia Lúa 100
Distancia lúa 500000 km Terra-Lúa
COMO ARISTARCO SE ATREVEU A MEDIR A
DISTANCIA TERRA- SOL
10
Lagartiño 2014
	 Fixo o mesmo que coa moeda, pero neste caso a Lúa facía de moeda e para iso
utilizou unha eclipse total de Sol, tendo en conta que a Lúa cobre por completo o Sol.
Diámetro da Lúa partido da distancia da Lúa á Terra, igual ao diámetro do Sol partido
pola distancia Sol-Terra.
	 SaiullequeoSolera20vecesmaiorqueaLúa,peroaoconfundirseanteriormente
medindo os graos tamén se confundiu neste resultado.
	 Diámetro da Lúa 	 Diámetro do Sol
	 Distancia á Lúa	 Distancia ó Sol
	 Diámetro da Lúa= 5.000km
	 5.000 • 20= 100.000 km o diámetro do Sol
	 500.000 • 20 = 10.000.000 km distancia Terra-Sol
COMO HIPARCO, NO ANO 150 A.C
CORREXIU O DIÁMETRO DA LÚA
	 Hiparco de Nicea mellorou o método de
Aristarco medindo directamente a curvatura da
sombra da Terra sobre a Lúa nunha eclipse total lunar.
As mediatrices de dúas cordas da circunferencia de sombra córtanse no seu centro,
o que permite establecer a relación Radio Lúa/Radio Terra (sombra). En realidade,
a ecuación de escala era a mesma, non obstante, Hiparco foi o primeiro en pasar á
historia por calcular as dimensións e distancias da Lúa cun error mínimo, pois douse
conta que o diámetro contraíase unha vez máis.
2¨5 veces
3.5 veces—estaba contraído.
COMO ARISTARCO SE ATREVEU A MEDIR O
DIÁMETRO DO SOL
Hiparco de Nicea (190 a.C- 120 a.C)
Arousa-Xuño 2014
11
	 A explicación da contracción é a seguinte: Cando se observa a sombra durante
unha eclipse de Sol sobre a Terra, obsérvase un punto, o que quere dicir que sobre a Terra
hai un diámetro menos. Tendo en conta o anterior, durante a eclipse de Lúa, a sombra
da Terra sobre ela tamén se ten que contraer un diámetro da Lúa.
	 6250 : 3.5= 1785 kmde radio da Lúa
	 1785 • 2= 3570 km de diámetro
	 500.000 • 2.5= 1.250.000 km
	 1.250.000 : 3.5= 357.000 km Terra-Lúa
	 357.000 • 20 = 7.140.000 km distancia Terra-Sol
	 Diametro da lúa= 3570 km
	 3570 • 20 = 71.400 km o diámetro do Sol
Erastótenes Aristarco Hiparco Real
Terra Radio= 6250
Km
L o n x i t u d e =
40000 Km
Radio: 6371 km
Lonxitude= 40000 Km
Lúa Radio=2500 km
Distancia a Terra=
500000 Km
Radio=1785 km
Distancia a Terra=
357000 Km
Radio da Lúa: 1.737 km
Terra – Lúa: 384.403 km
Sol Radio=50000 km
Distancia a Terra=
10000000 Km
Radio=37500 km
Distancia a Terra=
7140000 Km
Radio do Sol: 695.800 km
D i s t a n c i a
Sol:149.597.870,7 km
	 Aristarco é anterior a Eratóstenes, pero deixou as bases para o cálculo das medidas
da distancia Terra-Sol-Lúa.
Eclipse de Sol Eclipse de Luna
CONCLUSIÓNS
Traballo feito polos Alumnos de 2ºA baseado na charla impartida polo profesor Jorge
Mira con motivo do dia da Ciencia en galego:
Jennifer Fernández Novás
Asier Otero Mougán
Eloy Poza Dacosta
Miriam Rial Vázquez.
12
Lagartiño 2014
	 As vacacións son o momento de descansar,
relaxarse e viaxar. E que mellor destino que a cidade
do amor e da luz, París, capital de Francia, unha
das principais cidades de Europa e un dos destinos
turísticos máis famosos do mundo?
	 A primeira visita ten que ser,
obrigatoriamente, á Torre Eiffel, posiblemente
o monumento máis representativo de París, unha
enorme estrutura de ferro que se ergue á beira do río
Sena. Outra das paradas obrigatorias: un paseo en
barco polo río que atravesa a cidade e que nos ofrece
unhas marabillosas vistas.
Tamén temos a opción de visitar o Arco do Triunfo
e descender pola avenida dos Campos Elíseos até
chegar ao antigo Hospital dos Inválidos, e visitar a
tumba do emperador Napoleón.
	 Outra parada indispensable é a catedral
de 	 Notre Dame, situada na illa de La Cité, ou
a outra gran igrexa de París, o Sacré Coeur, na cima
da colina de Montmartre. E baixando esa colina,
atópase o barrio artístico, cheo de pintores, escritores
e de todo tipo de artistas. Nesa mesma zona atópase
tamén o cabaret do Moulin Rouge no chamado Barrio
Vermello.
Para os afeccionados á cultura e á arte, está o
Museo do Louvre, fogar da famosa Gioconda, de
Da Vinci. Tamén se pode visitar o excesivamente
grande palacio de Versalles, un fermoso monumento
ao egoísmo dos reis absolutistas, e o parque
de Disneyland, para pasar un día de diversión
acompañado polas personaxes dos contos e películas
da compañía.
	 É ben certo que París é unha cidade cara, e
comer pódete arruinar se non tes coidado. Podes tirar
de McDonalds para non gastar moito, pero non podes
irte de París sen probar unha boa crêpe, por moi cara
que sexa.
Podes facer unha visita bastante completa á cidade no
metro, pero se queres disfrutala de verdade, tes que
percorrela andando!
Destino: París
Alexandra Chaves Suárez 4ºB
Estás seguro de que a perfección non existe?
Pois estás moi equivocado. Tes que coñecer
París, a que esperas?
O mellor aloxamento pódelo encontrar en
hoteis como o “Novotel” con minibar e ximnasio
incluído.
Referente ao transporte, o mellor é o metro,
porque é rápido e barato, pero tes que andar con
coidado porque, como te descoides, róubanche
todo.
Se queres acabar o día moi cansado, reco-
méndoche que subas as escaleiras de Montmar-
tre, son infinitas e esgotadoras.
Se tes a necesidade de sentirte un triunfador,
non te esquezas de pasar polo Arco do Triunfo.
Se todo iso che resulta moi aburrido, unha
boa compra en Louis Vuitton e Chanel non vén mal.
Para despexar a mente e desconectar do
mundo, un paseo polo Sena é ideal.
Se queres perderte entre cadros e esculturas,
temos o Museo do Louvre, imposible de ver nun
día. Aí poderás darlle unha visita á Gioconda.
Se qureres alucinar cos rosetóns da catedral
de Notre Dame, só terás que pagar 15€ por entrar.
Pero o mellor sen dúbida é a Torre Eiffel.
A que esperas a subir arriba de todo para poder
contemplar todas as vistas da cidade? Son só 12€
por cabeza.
E para divertirse un pouco temos o parque
de atraccións máis visitado por xente de tódolos
lados, ese parque é Disneyland.
A que esperas para ir? Non o podes perder!
PARÍS É A PERFECCIÓN
Sara Mougán García 4ºA
PARÍS:
con “P” de Perfección
Arousa-Xuño 2014
13
	 Este ano os rapaces e rapazas de
2º da ESO participamos nun proxecto
chamado “ENTRE ILLAS” co IES As
Bizocas de O Grove. O proxecto constaba
de tres partes:
•	 A primeira parte era un vídeo de pre-
sentación onde os/as alumnas/os de 2º
dos dous centros nos presentabamos.
•	 A segunda parte era o intercambio de
cartas, onde lles contabamos un pouco
máis de nós mesmas/os.
•	 E a última parte era unha viaxe en cata-
marán á Illa de Sálvora.
	 O día da saída reunímonos no porto
de O Grove e tanto elas/es coma nós
tiñamos ganas de pasalo moi ben.
	 Cando chegamos a Sálvora fixemos
unharutapolaillanaquetaménnoscontaron
varias lendas e historias da xente que vivira
alí, camiñamos ata o faro e visitamos a
antiga aldea. Despois deixáronnos un
pouco de tempo para poder comer algo.
O malo é que nos choveu e non puidemos
disfrutalo tanto coma quixéramos. Á
volta no catamarán, xa todos/as nos
coñecíamos algo
máis, e rímonos
un cacho co baile
que nos ofreceu
un de O Grove. A
verdade… é que
nos chocou un
pouquiño. Pero en
definitiva pasámolo
moi ben. E todas/
os gustamos de
compartir esa mañá cós de O Grove.
Esperamos volver a facer unha excursión
conxunta!
Lidia de la Torre y Miriam Rial 2ºA
“ENTRE ILLAS”
14
Lagartiño 2014
S
eguramente todos sabedes que o
Céltiga é o equipo de fútbol da Illa
de Arousa. Pero igual moitos de vós
non sabedes que hai unha gran variedade
de deportes alternativos ao fútbol, como
por exemplo o baloncesto, o piragüismo,
o kenpo ou a ximnasia rítmica. Todos eles
son deportes moi completos que se poden
practicar sen ningunha dificultade de
desprazamento, xa que hai un club de cada
deporte na Illa de Arousa.
CLUB DE PIRAGÜISMO
O
piragüismo é un deporte náutico que
sepracticasobreunhaembarcación
lixeira, que pode ser propulsada
por unha, dúas ou catro persoas. Ten dúas
variantes: o kaiak, que se practica sentado
e cunha pa de dobre folla, e a canoa que
se practica de xeonllos con unha pa dunha
soa folla. A sede do Club de Piragüismo Illa
de Arousa está situado na saída da Illa de
Arousa. Intégrano numerosos padexeiros
da Illa e máis de Vilanova deArousa. O Club
da Illa de Arousa participa nun gran número
de regatas tanto de benxamíns, alevíns,
infantís, cadetes, xuvenís e sénior. A partir
da categoría de cadetes (estes incluídos) xa
se practican máis modalidades: descensos
de ríos, travesías e regatas de augas
tranquilas.
Os campións a nivel nacional que saíron
do Club son Ramón Ferro, Sabela Suárez
e David Mochales. Ramón Ferro foi varias
veces campión do mundo de maratón
xunto ao seu compañeiro Óscar Graña;
actualmente reman no Kaiak Tudense.
DavidMochalesVigofoioterceiroclasificado
no campionato español de xoves promesas
2012, en Verducido. Sabela Suárez resultou
dúas veces campioa de España en k2.
XIMNASIA RÍTMICA
A
ximnasia rítmica está obtendo uns
bos resultados, xa que contan con
máis de 60 rapazas distribuídas en
Non todo vai ser fútbol
Practicando a modalidade kaiak
Deportes alternativos na Arousa
Arousa-Xuño 2014
15
diversas escolas de iniciación. Entre estas
60 rapazas destacan Jennifer Fernández,
Sandra Vázquez e Laura González. Este
deporte pode ser practicado individualmente
ou en conxuntos de 5 ximnastas.
Cando participan en grupo, as ximnastas
poden usar o mesmo aparato ou dous
diferentes no grupo de cinco, é dicir, tres e
dous. A duración do exercicio ten que ser de
dous minutos e medio cando se trata dun
grupo, pero en individual debe de ser de
minuto e medio.
Pódense usar estes aparatos:
•	 Corda
•	 Aro
•	 Mazas
•	 Cinta
A NOVIDADE: O KENPO
O
kenpo é unha arte marcial de
sistema de autodefensa, creado en
Honolulu, Hawai, Estados Unidos
durante os anos 50. O Club de Kenpo da Illa
de Arousa é un club que está conseguindo
bastantes bos resultados nos campionatos.
Teñen deportistas de alto nivel, como Irene
Castro e Ricardo Ramos.
As mozas do Club Arousa
16
Lagartiño 2014
Proxecto Voz Natura: Carreirón
o noso espazo protexido
Premio Voz Natura Provincia de
Pontevedra 2014
Traballo na horta
Plantación de verduras no invernadoiro
O noso xardin de flores e aromáticas
O viveiro forestal
Repoboacións forestais con BATA
Reciclaxe de papel
Arousa-Xuño 2014
17
Limpeza de praias. Carreirón
Embaixadores naArousa de Coge3
Visita ao centro do alumnado de
Bata- Autismo Vilagarcía Obradoiro de Arte e Natureza
Exposición Voz Natura
Recollida do premio Voz Natura
18
Lagartiño 2014
Heliocentrismo e Xeocentrismo
O Universo é infinito. Nós, o noso planeta, o
noso Sol e os nosos astros veciños atopámonos
dentro dun gran de area en comparación con
el. Os humanos soubérono sempre e intentaron
desvelar os seus misterios dende a distancia,
como situar onde se atopa o seu centro.
Uns dos primeiros en mirar cara o ceo e sacar
as súas propias conclusións acerca disto foron
os gregos. Eles, ó ver coma o Sol e as estrelas
ían e viñan dende o leste ata o oeste, decidiron
que a Terra debería estar no centro do Universo,
quieta, mentres o resto das estrelas e planetas se
movían ó seu arredor. Aristóteles, no século IV
a.C., foi o primeiro en formular esta hipótese,
denominada Xeocentrismo, e Ptolomeo no
século II completouna. Eles representaban a
Terra redonda e inmóbil, con todo o Universo
ó seu arredor (o Sol, a Lúa, os planetas, as
constelacións, as estrelas...)
O Xeocentrismo de Aristóteles (arriba) e o de
Ptolomeo (abaixo) diferían en varios aspectos,
aínda que a base continuaba sendo a mesma.
A Terra inmóbil no centro de todo, os demais
astros xirando ó seu arredor e unha bóveda de
estrelas fixas no ceo; mais tamén variou, e o máis
importante é que Ptolomeo incorporou á hipótese
inicial os chamados epiciclos e deferentes. As
deferentes xa existían no primeiro esquema de
Aristóteles, son as órbitas que trazan os planetas
arredor da terra, pero os epiciclos foron unha
novidade, os movementos circulares que cada
planeta seguía arredor de si mesmos.
Curiosamente, aAntiga Grecia non foi só o berce
do Xeocentrismo, senón tamén do seu contrario,
o Heliocentrismo. Un ano despois deAristóteles,
no III a.C., Aristarco de Samos propuxo que no
medio do Universo non estivese o noso planeta,
senón o Sol. Hipatia de Alexandría, a primeira
muller científica, tamén apoiaba esta teoría.
Sen embargo, o Heliocentrismo foi ignorado
polos demais astrónomos. A humanidade estaba
demasiado satisfeita no seu modesto lugar do
centro do Universo como para escoitalo.
Dezanove séculos despois, Nicolás Copérnico
estudou a teoría heliocéntrica de Aristarco de
Samos. Durante o Renacemento, o modelo do
Heliocentrismo veu a luz grazas ó traballo do
científico polaco.
No centro do Universo
Arousa-Xuño 2014
19
O Heliocentrismo proposto por Copérnico
unicamente varía na posición do Sol e da Terra,
que se inverten, todo o demais (órbitas circulares,
estrelas fixas) mantense.
A partir deste feito, numerosos avances de
descubrimentos foron mellorando e afianzando
o modelo heliocéntrico, e facendo que o
Xeocentrismo perdese forza. Por exemplo,
Johannes Kepler substituíu as órbitas circulares
polas elípticas. Galileo Galilei creou o mellor
telescopio da época, e con el observou o Sistema
Solar, descubrindo varias probas irrefutables que
defendían o Heliocentrismo, ó que convenceu a
moita xente da súa veracidade e lle ocasionou
graves problemas coa Igrexa, mais logrou
salvarse da morte ó negar ante o Tribunal o
Heliocentrismo, aínda que seguiu coas súas
investigacións na sombra.
Unha das propostas máis curiosas é a de Tycho
Brahe, que combinaba o Heliocentrismo e o
Xeocentrismo. Segundo o seu modelo, o Sol
e a Lúa xiran arredor da Terra, que permanece
inmóbil, e os demais planetas fano arredor do
Sol.
Moitos séculos despois, os estudos de varios
astrónomos, científicos e matemáticos
determinaron que o Sol era verdadeiramente o
centro do Sistema Solar, pero non do Universo.
De feito o Sistema Solar, coma hoxe coñecemos,
forma parte da galaxia Vía Láctea, unha máis
entre miles de millóns, que non ten nada de
especial.
A Lei de Gravitación Universal
ALei de Gravitación Universal, de Isaac Newton,
é unha lei física que describe a interacción
gravitatoria entre distintos corpos con masa.
Esta fórmula fixo posible calcular as órbitas e os
movementos de todos os astros do Sistema Solar,
xa fosen naturais (os planetas e as súas lúas) ou
artificiais (as sondas enviadas dende a Terra).
A precisión desta fórmula foi evidenciada en
moitas ocasións, unha das máis significativas é
o feito de que, en 1800, o cálculo das órbitas dos
planetas coñecidos mostraban irregularidades,
sobre todo en Urano. Varios científicos
nomearon como causa destas anomalías un
planeta descoñecido, e algúns deles calcularon
mediante esta fórmula a posición deste planeta.
46 anos despois, e con só un grao de diferenza da
posición xa calculada, foi descuberto Neptuno.
A Teoría do Big Bang
Big Bang, que significa “gran explosión”, é a
aceptada actualmente. Nela o centro do Universo
non é o Sol nin a Terra, en realidade non é ningún
punto, pois este se atopa en continua expansión.
Ó parecer, a orixe do Universo foi unha
“singularidade espazo temporal de densidade
infinita”, seguida da expansión do propio espazo.
No pasado, o Universo tiña unha densidade e
temperatura superiores á actual, polo que se
supón que no futuro estes valores tamén varían.
O Universo está crecendo a cada segundo que
pasa, lévao facendo dende a singularidade que
lle deu inicio, e todos os astros estanse afastando
entre eles, polo que é imposible que exista un
centro fixo.
Belén Paz 4ºA
20
Lagartiño 2014
HISTORIAS DA
PREHISTORIA
Uxia Somoza 1ºA
Arousa-Xuño 2014
21
22
Lagartiño 2014
Arousa-Xuño 2014
23
Adriana Ríos1ºB
24
Lagartiño 2014
PUZZTE
Arousa-Xuño 2014
25
	 Os seres humanos nacemos coma eirugas:
pequenas, graciosas e famentas. A medida
que crecemos saciamos esa fame con soños,
sentimentos, recordos, vivencias e saber; todas
as nosas emocións e pensamentos residen no
noso saber, que adquirimos e cobizamos coma
larvas avariciosas. Mais deixamos atrás a nenez,
deixamos atrás a mocidade, e envolvemos corpo
e mente con néboas de seda para dormitar na
nosa pupa ata madurar coma persoa, e abrir
unhas ás polícromas e etéreas, que compartirán
con quenes nos rodean o que pensamos e
sentimos.
Hoxe a nosa crisálida é de teas toscas e duras,
envelenadas polas mentiras e a vergoña, mais
temos que ser fortes e valentes e romper esa
camisa de forza. O mundo, a humanidade, ti
máis eu merecemos pintar o vento, o lenzo
e as palabras coa nosa voz, pincel e pluma.
Merecemos voar, coma as bolboretas que somos.
Belén Paz Allo, 4ºA
AS ÁS DA ARTE
26
Lagartiño 2014
HABÍA
Arousa-Xuño 2014
27
OUTRAS
Lagartiño nº14 2014

More Related Content

Similar to Lagartiño nº14 2014

Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
A Solaina
 
Os Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As CastrexasOs Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As Castrexas
magarea
 

Similar to Lagartiño nº14 2014 (20)

Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadesA Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
Veran 15
Veran 15Veran 15
Veran 15
 
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Pi
PiPi
Pi
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum MetropolitanoRecomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
 
Calendario 2017 do Concello de Dumbría
Calendario 2017 do Concello de DumbríaCalendario 2017 do Concello de Dumbría
Calendario 2017 do Concello de Dumbría
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 
Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Os Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As CastrexasOs Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As Castrexas
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
 
Trouladas nº21
Trouladas nº21Trouladas nº21
Trouladas nº21
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17
 

More from Illa Tecnoloxia (15)

Tecno b i_ie_u01
Tecno b i_ie_u01Tecno b i_ie_u01
Tecno b i_ie_u01
 
Normativa 2014 2020
Normativa  2014 2020Normativa  2014 2020
Normativa 2014 2020
 
Boletín final nais e pais 2015-2016
Boletín final nais e pais 2015-2016Boletín final nais e pais 2015-2016
Boletín final nais e pais 2015-2016
 
Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa
Comunicado consello escolar_ies_illa_arousaComunicado consello escolar_ies_illa_arousa
Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa
 
Listado libros de texto curso 2013 2014
Listado libros de texto curso 2013 2014Listado libros de texto curso 2013 2014
Listado libros de texto curso 2013 2014
 
Obradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel recicladoObradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel reciclado
 
Obradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel recicladoObradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel reciclado
 
Obradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel recicladoObradoiro de papel reciclado
Obradoiro de papel reciclado
 
Proba 6
Proba 6Proba 6
Proba 6
 
Boletín 1 Pneumática 4º ESO
Boletín 1 Pneumática 4º ESOBoletín 1 Pneumática 4º ESO
Boletín 1 Pneumática 4º ESO
 
Transxénicos
TransxénicosTransxénicos
Transxénicos
 
Transxénicos Greenpeace
Transxénicos GreenpeaceTransxénicos Greenpeace
Transxénicos Greenpeace
 
Nuclear
NuclearNuclear
Nuclear
 
Google avanzado
Google avanzadoGoogle avanzado
Google avanzado
 
Pedido 1 Final
Pedido 1 FinalPedido 1 Final
Pedido 1 Final
 

Lagartiño nº14 2014

  • 1.
  • 2. 2 Lagartiño 2014 Índice Portada Paula Fernández 3ºB Editorial 2 Susana Sánchez Aríns Sementando pensamentos 3 Alumnado 3º Faro de Punta Cabalo 4 Ana Martínez Santórum 4º PDC Cálculo de distancias S IV a.C. 6 Varios 2º A Destino París. 12 Sara Mougán e Alexandra Chaves 4º Entre Illas 13 Lidia de la Torre e Miriam Rial 2ºA Non todo vai ser futbol 14 Carlos Cañón 3ºA Proxecto “Voz Natura” 16 Charo Bañobre e Sonia González No centro do Universo 18 Belén Paz Allo 4º ESO Historias da Prehistoria 20 Alumnado de 1º ESO Puzzte 24 Plástica As às da arte 25 Ética 4º ESO Había outras..... 26 Contraportada Elvira Lois 3º A REDACCIÓN - EQUIPO Normalización lingüistica IES ILLA DE AROUSA T raballo duro o de abaixarse a arrincar malas herbas, estercar, cavar, sementar, regar, escoller, vixiar as xeadas, e volta a arrincar herbas e volta a regar e volta e volta. Os labores da horta nunca acaban. E às veces, a única vontade é largar a sacha, o rastro, as tesoiras de podar e deixar que a vexetación coma a leira. Se temos de todo no Eroski!! Maisécertoquedágustopoderdicirduncarballo frondoso e sombreante que nós o sementamos, e nunca unhas leitugas son tenras como as que nacen nos nosos laños, e nunca mellor saibo sacan uns tomates se regados coa nosa suoriña. María Reimóndez, escritora e activista galega, di sempre que ten ocasión que os dereitos das persoas son unha leira na que temos que sachar todos os días. Non son unha concesión dos de arriba, senón algo que temos que reconquistar cada mañá a base de traballo. E isto tamén o aprendemos neste centro. É duro, é laborioso, é custoso, sentindo por momentos só vontade de tirar a toalla e deixar que a resignación nos coma por dentro… E outra vez ter que defender o noso dereito a unha escola pública de calidade? E outra vez ter que esixir o profesorado que necesitamos? E outra vez a voltas co número de alumn@s por aula? En verdade é esgotador. Mais é o que teñen as leiras. Cando esqueces a sacha unha tempada, uns anos, despois todo son maniotas e dobre esforzo. A terra está dura e chea de pandullos. Se queremos unha escola de calidade non queda outra: traballar todos os días un pouco, andar vixiantes perante as malas herbas e as pragas e sempre, sempre, regar con vontade, alegría e un grande sorriso ante a adversidade. Así nacen fortes e rexos premios como o de VOZ NATURA deste ano, orgullos como o de sabermos que se nos recortaron non foi por ficarmos caladas. Ese é o sabor da dignidade. SACHA NA HORTA!! IES ILLA DE AROUSA
  • 3. Arousa-Xuño 2014 3 Sementamos pensamentos Colleitamos poemas Esta foi a nosa particular celebración das Letras Galegas: plantamos pequenos pensamentos acompañados de cadanseu poema escollido polos alumn@s de 3º ESO. Temos que agradecer a idea a Mª Xosé Lázare; a colaboración necesaria de Charo e Sonia e, por suposto, aos rapaces e rapazas voluntarios que botaron unha man na plantación e presentación das “poeplantas”. Nunha sesión previa contamos coa presenza da famosísima poeta Susana S. Aríns, quen nos falou de como empezou a escribir, cales son os seus gustos literarios, cantos cartos se gañan escribindo poesía... en fin, unha sesión moi ben aproveitada na que @s alumn@s preguntaron todo o que sempre quixeron saber sobre a creación poética e non tiñan a quen preguntarlle... Para ela tamén houbo unha poeplanta. SEMENTANDO PENSAMENTOS, COLLEITANDO POEMAS
  • 4. 4 Lagartiño 2014 Na clase traballamos as lendas con Susana e miramos algunhas. Logo inventamos unha e a miña foi a de “Faro de Punta Cabalo”. Este faro foi construido no 1870 polos mariñeiros de Arousa. Inspireime nas lendas que Susana nos contara. Esta é a miña. “ En maio de 1951 o meu avó comezou a traballar no faro de Punta Cabalo, na Illa de Arousa. O seu pai contáralle que alí se aparecía unha fermosa moura de ollos verdes, pelo castaño e labios encarnados da cor do sangue. Neste faro desapareceran varios homes. “ O meu avó ía tódalas mañás ao faro e sempre buscaba pola gorida daquela fermosa muller, aínda que lle tiña medo. “ Un día levantouse cedo e marchou traballar para o faro. Chegou e comezou as súas tarefas de fareiro, como a de cambiar a lámpada. Subiu e dende arriba viu unha fermosa muller peiteándose no medio das pedras. O meu avó baixou para achegarse a ela: era a moura. “ Ela propúxolle un trato: - Se xogas comigo ó xadrez e gañas, dareiche un saco cheo de ouro. Pero se perdes sufri- rás un dos meus conxuros. “ O meu avó aceptou. Estiveron xogando durante unha hora e acabou perdendo. A moura botoulle un feitizo que durou sete anos: convertiuno nunha pedra con forma de cabalo. “ FARO DE PUNTA CABALO Ana Martínez Santórum 4º PDC
  • 6. 6 Lagartiño 2014 Antes, os gregos pensaban que a Terra era plana e que todo xiraba en torno a ela, pero os gregos tiñan tres razóns para confirmar que a Terra era redonda. 1) A primeira razón era que ao camiñar, as constelacións non se vían iguais en todos os puntos desde os que se miraban, senón que cambiaban, e isto non podería ocorrer se a Terra fose plana. 2) A segunda razón era que ao mirar desde a costa un barco, a medida que se vai afastando, víase só a parte máis alta. E chega un punto no que desapa- rece. E se a Terra fose plana, o barco faríase máis pequeno pero seguiríase vendo. 3) A última razón era que nunha eclipse de Lúa, a Terra reflectida nela fai unha sombra re- donda. COMO OS GREGOS CALCULARON AS MEDIDAS TERRA-SOL-LÚA
  • 7. Arousa-Xuño 2014 7 Erastótenes, estando na biblioteca de Alexandría, atopou un informe de observacións sobre Siena, cidade situada a 800km, ao sur de Alexandría, no que dicía que o día do solsticio de verán (21 de xuño) a mediodía, un pau non producía sombra e no fondo do pozo, podía verse a luz do Sol. Observou que en Alexandría, o mesmo día e a mesma hora, non se producía o mesmo feito. Isto desmantelou por completo a idea de que a Terra era plana, xa que se o fora, produciríase o mesmo fenómeno nas dúas cidades . Deuse conta de que atravesando cunha diagonal, nos dous extremos, daban lugar dous ángulos iguais. Mediunos e dábanlle 7.2º, que unido ao feito coñecido de que a distancia entre as dúas cidades era de 5000 estadios, deron na conclusión de que a Terra media 360•5000/7.2; e dicir 250000 estadios aproximadamente ERASTÓTENES (276 a.C- 194 a.C) COMO ERASTÓTENES NO ANO 240 a.C CONSEGUIU MEDIR O RADIO E A SUPERFICIE DA TERRA 40.000 7,2•x=800•3600 x=40000km de lonxitude Lc:2•π•r 40.000=2•3´14•x X= 6.250 km de radio 800 X Grados Lonxitude 7,2 800 360
  • 8. 8 Lagartiño 2014 Arístarco foi o primeiro que se lle ocurreu medir o tamaño da Lúa, asi como a súa distancia da Terra. Observou que durante a eclipse de Lúa, a Terra proxectaba a sua sombra sobre a súa superficie. A partir de aí e collendo tres puntos, puido calcular o tamaño relativo da Terra trazando mediatrices. Comparando a sombra da Terra sobre a Lúa, Aristarco descubriu que era 2´5 veces máis grande ca do noso satélite. Tendo en conta que Aristarco viviu antes que Eratóstenes, e por tanto non coñecia o valor do radio da Terra, non puido calcular o radio e o diámetro da Lúa, pero deeñou as bases para poder facelo. Os cálculos serían o seguintes: AristarcomediuadistanciaTerra-Lúaempregandounhamoeda.Oprocedemento foi o seguinte: Afastou a moeda ata tapar por completo a Lúa e tendo en conta que sabía calcular distancias mediante triángulos semellantes: Arístarco de Samos (310 a.C- 230 a.C) COMO ARISTARCO DE SAMOS CALCULOU AS VECES QUE A TERRA É MÁIS GRANDE QUE A LÚA. 6250 : 2.5= 2500 km de radio a lúa 2500 • 2= 5000 km de diámetro COMO ARISTARCO MEDIU A DISTANCIA TERRA- LÚA
  • 9. Arousa-Xuño 2014 9 Aristarco decidiu determinar a distancia Terra-Sol desta maneira: cando a Lúa recibe a luz do Sol, é a orixe das fases da Lúa. Cando vemos media Lúa iluminada (cuarto crecente ou menguante) a luz do Sol forma un ángulo recto coa liña que une a Terra e a Lúa. Se nesas condicións medía o ángulo que formaban as direccións Terra- Sol e Terra-Lúa, obtería un triángulo rectángulo co que é fácil determinar a distancia Terra-Sol. Aristarco mediu o ángulo e obtivo un valor de 87 graos(trabucouse na medida), o outro tiña que medir 90 graos, porque era recto, e o outro 3 graos porque a suma dos ángulos dun triángulo sempre é 180 grados. Saiulle que a Terra estaba 20 veces máis lonxe do Sol que da Lúa (parecíalle moito e axustou ao menor resultado). 500.000 • 20 = 10.000.000 km distancia Terra-Sol Pero en realidade era 400 veces Terra-Lúa. Este erro debeuse a que naquel momento non había aparatos para medir con exactitude o ángulo. De feito non foi posible ata o século XVII, con HALLEY. Diámetro moeda Diámetro Lúa 1 Distancia moeda Distancia Lúa 100 Distancia lúa 500000 km Terra-Lúa COMO ARISTARCO SE ATREVEU A MEDIR A DISTANCIA TERRA- SOL
  • 10. 10 Lagartiño 2014 Fixo o mesmo que coa moeda, pero neste caso a Lúa facía de moeda e para iso utilizou unha eclipse total de Sol, tendo en conta que a Lúa cobre por completo o Sol. Diámetro da Lúa partido da distancia da Lúa á Terra, igual ao diámetro do Sol partido pola distancia Sol-Terra. SaiullequeoSolera20vecesmaiorqueaLúa,peroaoconfundirseanteriormente medindo os graos tamén se confundiu neste resultado. Diámetro da Lúa Diámetro do Sol Distancia á Lúa Distancia ó Sol Diámetro da Lúa= 5.000km 5.000 • 20= 100.000 km o diámetro do Sol 500.000 • 20 = 10.000.000 km distancia Terra-Sol COMO HIPARCO, NO ANO 150 A.C CORREXIU O DIÁMETRO DA LÚA Hiparco de Nicea mellorou o método de Aristarco medindo directamente a curvatura da sombra da Terra sobre a Lúa nunha eclipse total lunar. As mediatrices de dúas cordas da circunferencia de sombra córtanse no seu centro, o que permite establecer a relación Radio Lúa/Radio Terra (sombra). En realidade, a ecuación de escala era a mesma, non obstante, Hiparco foi o primeiro en pasar á historia por calcular as dimensións e distancias da Lúa cun error mínimo, pois douse conta que o diámetro contraíase unha vez máis. 2¨5 veces 3.5 veces—estaba contraído. COMO ARISTARCO SE ATREVEU A MEDIR O DIÁMETRO DO SOL Hiparco de Nicea (190 a.C- 120 a.C)
  • 11. Arousa-Xuño 2014 11 A explicación da contracción é a seguinte: Cando se observa a sombra durante unha eclipse de Sol sobre a Terra, obsérvase un punto, o que quere dicir que sobre a Terra hai un diámetro menos. Tendo en conta o anterior, durante a eclipse de Lúa, a sombra da Terra sobre ela tamén se ten que contraer un diámetro da Lúa. 6250 : 3.5= 1785 kmde radio da Lúa 1785 • 2= 3570 km de diámetro 500.000 • 2.5= 1.250.000 km 1.250.000 : 3.5= 357.000 km Terra-Lúa 357.000 • 20 = 7.140.000 km distancia Terra-Sol Diametro da lúa= 3570 km 3570 • 20 = 71.400 km o diámetro do Sol Erastótenes Aristarco Hiparco Real Terra Radio= 6250 Km L o n x i t u d e = 40000 Km Radio: 6371 km Lonxitude= 40000 Km Lúa Radio=2500 km Distancia a Terra= 500000 Km Radio=1785 km Distancia a Terra= 357000 Km Radio da Lúa: 1.737 km Terra – Lúa: 384.403 km Sol Radio=50000 km Distancia a Terra= 10000000 Km Radio=37500 km Distancia a Terra= 7140000 Km Radio do Sol: 695.800 km D i s t a n c i a Sol:149.597.870,7 km Aristarco é anterior a Eratóstenes, pero deixou as bases para o cálculo das medidas da distancia Terra-Sol-Lúa. Eclipse de Sol Eclipse de Luna CONCLUSIÓNS Traballo feito polos Alumnos de 2ºA baseado na charla impartida polo profesor Jorge Mira con motivo do dia da Ciencia en galego: Jennifer Fernández Novás Asier Otero Mougán Eloy Poza Dacosta Miriam Rial Vázquez.
  • 12. 12 Lagartiño 2014 As vacacións son o momento de descansar, relaxarse e viaxar. E que mellor destino que a cidade do amor e da luz, París, capital de Francia, unha das principais cidades de Europa e un dos destinos turísticos máis famosos do mundo? A primeira visita ten que ser, obrigatoriamente, á Torre Eiffel, posiblemente o monumento máis representativo de París, unha enorme estrutura de ferro que se ergue á beira do río Sena. Outra das paradas obrigatorias: un paseo en barco polo río que atravesa a cidade e que nos ofrece unhas marabillosas vistas. Tamén temos a opción de visitar o Arco do Triunfo e descender pola avenida dos Campos Elíseos até chegar ao antigo Hospital dos Inválidos, e visitar a tumba do emperador Napoleón. Outra parada indispensable é a catedral de Notre Dame, situada na illa de La Cité, ou a outra gran igrexa de París, o Sacré Coeur, na cima da colina de Montmartre. E baixando esa colina, atópase o barrio artístico, cheo de pintores, escritores e de todo tipo de artistas. Nesa mesma zona atópase tamén o cabaret do Moulin Rouge no chamado Barrio Vermello. Para os afeccionados á cultura e á arte, está o Museo do Louvre, fogar da famosa Gioconda, de Da Vinci. Tamén se pode visitar o excesivamente grande palacio de Versalles, un fermoso monumento ao egoísmo dos reis absolutistas, e o parque de Disneyland, para pasar un día de diversión acompañado polas personaxes dos contos e películas da compañía. É ben certo que París é unha cidade cara, e comer pódete arruinar se non tes coidado. Podes tirar de McDonalds para non gastar moito, pero non podes irte de París sen probar unha boa crêpe, por moi cara que sexa. Podes facer unha visita bastante completa á cidade no metro, pero se queres disfrutala de verdade, tes que percorrela andando! Destino: París Alexandra Chaves Suárez 4ºB Estás seguro de que a perfección non existe? Pois estás moi equivocado. Tes que coñecer París, a que esperas? O mellor aloxamento pódelo encontrar en hoteis como o “Novotel” con minibar e ximnasio incluído. Referente ao transporte, o mellor é o metro, porque é rápido e barato, pero tes que andar con coidado porque, como te descoides, róubanche todo. Se queres acabar o día moi cansado, reco- méndoche que subas as escaleiras de Montmar- tre, son infinitas e esgotadoras. Se tes a necesidade de sentirte un triunfador, non te esquezas de pasar polo Arco do Triunfo. Se todo iso che resulta moi aburrido, unha boa compra en Louis Vuitton e Chanel non vén mal. Para despexar a mente e desconectar do mundo, un paseo polo Sena é ideal. Se queres perderte entre cadros e esculturas, temos o Museo do Louvre, imposible de ver nun día. Aí poderás darlle unha visita á Gioconda. Se qureres alucinar cos rosetóns da catedral de Notre Dame, só terás que pagar 15€ por entrar. Pero o mellor sen dúbida é a Torre Eiffel. A que esperas a subir arriba de todo para poder contemplar todas as vistas da cidade? Son só 12€ por cabeza. E para divertirse un pouco temos o parque de atraccións máis visitado por xente de tódolos lados, ese parque é Disneyland. A que esperas para ir? Non o podes perder! PARÍS É A PERFECCIÓN Sara Mougán García 4ºA PARÍS: con “P” de Perfección
  • 13. Arousa-Xuño 2014 13 Este ano os rapaces e rapazas de 2º da ESO participamos nun proxecto chamado “ENTRE ILLAS” co IES As Bizocas de O Grove. O proxecto constaba de tres partes: • A primeira parte era un vídeo de pre- sentación onde os/as alumnas/os de 2º dos dous centros nos presentabamos. • A segunda parte era o intercambio de cartas, onde lles contabamos un pouco máis de nós mesmas/os. • E a última parte era unha viaxe en cata- marán á Illa de Sálvora. O día da saída reunímonos no porto de O Grove e tanto elas/es coma nós tiñamos ganas de pasalo moi ben. Cando chegamos a Sálvora fixemos unharutapolaillanaquetaménnoscontaron varias lendas e historias da xente que vivira alí, camiñamos ata o faro e visitamos a antiga aldea. Despois deixáronnos un pouco de tempo para poder comer algo. O malo é que nos choveu e non puidemos disfrutalo tanto coma quixéramos. Á volta no catamarán, xa todos/as nos coñecíamos algo máis, e rímonos un cacho co baile que nos ofreceu un de O Grove. A verdade… é que nos chocou un pouquiño. Pero en definitiva pasámolo moi ben. E todas/ os gustamos de compartir esa mañá cós de O Grove. Esperamos volver a facer unha excursión conxunta! Lidia de la Torre y Miriam Rial 2ºA “ENTRE ILLAS”
  • 14. 14 Lagartiño 2014 S eguramente todos sabedes que o Céltiga é o equipo de fútbol da Illa de Arousa. Pero igual moitos de vós non sabedes que hai unha gran variedade de deportes alternativos ao fútbol, como por exemplo o baloncesto, o piragüismo, o kenpo ou a ximnasia rítmica. Todos eles son deportes moi completos que se poden practicar sen ningunha dificultade de desprazamento, xa que hai un club de cada deporte na Illa de Arousa. CLUB DE PIRAGÜISMO O piragüismo é un deporte náutico que sepracticasobreunhaembarcación lixeira, que pode ser propulsada por unha, dúas ou catro persoas. Ten dúas variantes: o kaiak, que se practica sentado e cunha pa de dobre folla, e a canoa que se practica de xeonllos con unha pa dunha soa folla. A sede do Club de Piragüismo Illa de Arousa está situado na saída da Illa de Arousa. Intégrano numerosos padexeiros da Illa e máis de Vilanova deArousa. O Club da Illa de Arousa participa nun gran número de regatas tanto de benxamíns, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís e sénior. A partir da categoría de cadetes (estes incluídos) xa se practican máis modalidades: descensos de ríos, travesías e regatas de augas tranquilas. Os campións a nivel nacional que saíron do Club son Ramón Ferro, Sabela Suárez e David Mochales. Ramón Ferro foi varias veces campión do mundo de maratón xunto ao seu compañeiro Óscar Graña; actualmente reman no Kaiak Tudense. DavidMochalesVigofoioterceiroclasificado no campionato español de xoves promesas 2012, en Verducido. Sabela Suárez resultou dúas veces campioa de España en k2. XIMNASIA RÍTMICA A ximnasia rítmica está obtendo uns bos resultados, xa que contan con máis de 60 rapazas distribuídas en Non todo vai ser fútbol Practicando a modalidade kaiak Deportes alternativos na Arousa
  • 15. Arousa-Xuño 2014 15 diversas escolas de iniciación. Entre estas 60 rapazas destacan Jennifer Fernández, Sandra Vázquez e Laura González. Este deporte pode ser practicado individualmente ou en conxuntos de 5 ximnastas. Cando participan en grupo, as ximnastas poden usar o mesmo aparato ou dous diferentes no grupo de cinco, é dicir, tres e dous. A duración do exercicio ten que ser de dous minutos e medio cando se trata dun grupo, pero en individual debe de ser de minuto e medio. Pódense usar estes aparatos: • Corda • Aro • Mazas • Cinta A NOVIDADE: O KENPO O kenpo é unha arte marcial de sistema de autodefensa, creado en Honolulu, Hawai, Estados Unidos durante os anos 50. O Club de Kenpo da Illa de Arousa é un club que está conseguindo bastantes bos resultados nos campionatos. Teñen deportistas de alto nivel, como Irene Castro e Ricardo Ramos. As mozas do Club Arousa
  • 16. 16 Lagartiño 2014 Proxecto Voz Natura: Carreirón o noso espazo protexido Premio Voz Natura Provincia de Pontevedra 2014 Traballo na horta Plantación de verduras no invernadoiro O noso xardin de flores e aromáticas O viveiro forestal Repoboacións forestais con BATA Reciclaxe de papel
  • 17. Arousa-Xuño 2014 17 Limpeza de praias. Carreirón Embaixadores naArousa de Coge3 Visita ao centro do alumnado de Bata- Autismo Vilagarcía Obradoiro de Arte e Natureza Exposición Voz Natura Recollida do premio Voz Natura
  • 18. 18 Lagartiño 2014 Heliocentrismo e Xeocentrismo O Universo é infinito. Nós, o noso planeta, o noso Sol e os nosos astros veciños atopámonos dentro dun gran de area en comparación con el. Os humanos soubérono sempre e intentaron desvelar os seus misterios dende a distancia, como situar onde se atopa o seu centro. Uns dos primeiros en mirar cara o ceo e sacar as súas propias conclusións acerca disto foron os gregos. Eles, ó ver coma o Sol e as estrelas ían e viñan dende o leste ata o oeste, decidiron que a Terra debería estar no centro do Universo, quieta, mentres o resto das estrelas e planetas se movían ó seu arredor. Aristóteles, no século IV a.C., foi o primeiro en formular esta hipótese, denominada Xeocentrismo, e Ptolomeo no século II completouna. Eles representaban a Terra redonda e inmóbil, con todo o Universo ó seu arredor (o Sol, a Lúa, os planetas, as constelacións, as estrelas...) O Xeocentrismo de Aristóteles (arriba) e o de Ptolomeo (abaixo) diferían en varios aspectos, aínda que a base continuaba sendo a mesma. A Terra inmóbil no centro de todo, os demais astros xirando ó seu arredor e unha bóveda de estrelas fixas no ceo; mais tamén variou, e o máis importante é que Ptolomeo incorporou á hipótese inicial os chamados epiciclos e deferentes. As deferentes xa existían no primeiro esquema de Aristóteles, son as órbitas que trazan os planetas arredor da terra, pero os epiciclos foron unha novidade, os movementos circulares que cada planeta seguía arredor de si mesmos. Curiosamente, aAntiga Grecia non foi só o berce do Xeocentrismo, senón tamén do seu contrario, o Heliocentrismo. Un ano despois deAristóteles, no III a.C., Aristarco de Samos propuxo que no medio do Universo non estivese o noso planeta, senón o Sol. Hipatia de Alexandría, a primeira muller científica, tamén apoiaba esta teoría. Sen embargo, o Heliocentrismo foi ignorado polos demais astrónomos. A humanidade estaba demasiado satisfeita no seu modesto lugar do centro do Universo como para escoitalo. Dezanove séculos despois, Nicolás Copérnico estudou a teoría heliocéntrica de Aristarco de Samos. Durante o Renacemento, o modelo do Heliocentrismo veu a luz grazas ó traballo do científico polaco. No centro do Universo
  • 19. Arousa-Xuño 2014 19 O Heliocentrismo proposto por Copérnico unicamente varía na posición do Sol e da Terra, que se inverten, todo o demais (órbitas circulares, estrelas fixas) mantense. A partir deste feito, numerosos avances de descubrimentos foron mellorando e afianzando o modelo heliocéntrico, e facendo que o Xeocentrismo perdese forza. Por exemplo, Johannes Kepler substituíu as órbitas circulares polas elípticas. Galileo Galilei creou o mellor telescopio da época, e con el observou o Sistema Solar, descubrindo varias probas irrefutables que defendían o Heliocentrismo, ó que convenceu a moita xente da súa veracidade e lle ocasionou graves problemas coa Igrexa, mais logrou salvarse da morte ó negar ante o Tribunal o Heliocentrismo, aínda que seguiu coas súas investigacións na sombra. Unha das propostas máis curiosas é a de Tycho Brahe, que combinaba o Heliocentrismo e o Xeocentrismo. Segundo o seu modelo, o Sol e a Lúa xiran arredor da Terra, que permanece inmóbil, e os demais planetas fano arredor do Sol. Moitos séculos despois, os estudos de varios astrónomos, científicos e matemáticos determinaron que o Sol era verdadeiramente o centro do Sistema Solar, pero non do Universo. De feito o Sistema Solar, coma hoxe coñecemos, forma parte da galaxia Vía Láctea, unha máis entre miles de millóns, que non ten nada de especial. A Lei de Gravitación Universal ALei de Gravitación Universal, de Isaac Newton, é unha lei física que describe a interacción gravitatoria entre distintos corpos con masa. Esta fórmula fixo posible calcular as órbitas e os movementos de todos os astros do Sistema Solar, xa fosen naturais (os planetas e as súas lúas) ou artificiais (as sondas enviadas dende a Terra). A precisión desta fórmula foi evidenciada en moitas ocasións, unha das máis significativas é o feito de que, en 1800, o cálculo das órbitas dos planetas coñecidos mostraban irregularidades, sobre todo en Urano. Varios científicos nomearon como causa destas anomalías un planeta descoñecido, e algúns deles calcularon mediante esta fórmula a posición deste planeta. 46 anos despois, e con só un grao de diferenza da posición xa calculada, foi descuberto Neptuno. A Teoría do Big Bang Big Bang, que significa “gran explosión”, é a aceptada actualmente. Nela o centro do Universo non é o Sol nin a Terra, en realidade non é ningún punto, pois este se atopa en continua expansión. Ó parecer, a orixe do Universo foi unha “singularidade espazo temporal de densidade infinita”, seguida da expansión do propio espazo. No pasado, o Universo tiña unha densidade e temperatura superiores á actual, polo que se supón que no futuro estes valores tamén varían. O Universo está crecendo a cada segundo que pasa, lévao facendo dende a singularidade que lle deu inicio, e todos os astros estanse afastando entre eles, polo que é imposible que exista un centro fixo. Belén Paz 4ºA
  • 25. Arousa-Xuño 2014 25 Os seres humanos nacemos coma eirugas: pequenas, graciosas e famentas. A medida que crecemos saciamos esa fame con soños, sentimentos, recordos, vivencias e saber; todas as nosas emocións e pensamentos residen no noso saber, que adquirimos e cobizamos coma larvas avariciosas. Mais deixamos atrás a nenez, deixamos atrás a mocidade, e envolvemos corpo e mente con néboas de seda para dormitar na nosa pupa ata madurar coma persoa, e abrir unhas ás polícromas e etéreas, que compartirán con quenes nos rodean o que pensamos e sentimos. Hoxe a nosa crisálida é de teas toscas e duras, envelenadas polas mentiras e a vergoña, mais temos que ser fortes e valentes e romper esa camisa de forza. O mundo, a humanidade, ti máis eu merecemos pintar o vento, o lenzo e as palabras coa nosa voz, pincel e pluma. Merecemos voar, coma as bolboretas que somos. Belén Paz Allo, 4ºA AS ÁS DA ARTE