Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa

179 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
179
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Comunicado consello escolar_ies_illa_arousa

  1. 1. Comunicado do Consello Escolar do IES Illa de Arousa Chegou ao noso centro comunicación da Consellaría de Educación de que, de cara ao curso 13-14 teríamos unha redución de profesorado: de 24 docentes pasaríamos a ter 21, unha diminución do 12'5 %. Nin sequera chegan a cubrir o Equipo Directivo do centro, pois dotan con dúas prazas o traballo de tres persoas, habendo como hai profesorado que, tendo a praza gañada, ve cada mes de Setembro que non ten destino de traballo. A perda de profesorado non é de agora: hai catro anos o centro contaba con 27 docentes. Até onde vai seguir a redución? A canto pasaremos o curso que vén? Un 12'5 % de profesorado é só unha porcentaxe, mais ten consecuencias reais en persoas reais: o noso alumnado. Nos centros escolares non se traballa envasando mexillón, ou montando cadeiras, trabállase con persoas. O primeiro efecto deste corte vai ser que imos ter dous grupos con case 30 alumn@s, con 9 alumn@s cada un en risco de abandono académico. Non poder reducir a ratio destes grupos implica, desde a nosa experiencia profesional, que aquelas que máis axuda precisan van ter moi difícil recibila. Dísenos que temos que reducir as medidas de atención à diversidade. Con este recorte temos que ELIMINALAS de 1º ESO a 3º ESO, o que pon en perigo a titulación de alumnas e alumnos que teñen nomes e apelidos, que non son números. Parece que o alumnado está a ser privilexiado por recibir atención, e de paso, o noso centro. Porén é un dereito que lles recoñece a lei e que ten como obxectivo reducir os índices de Fracaso Escolar. Véndennos o Espazo Abalar como un dos proxectos estrela da Consellaría cando a oferta de horas non dá para cubrir nin a persoa coordinadora. Pensan que 120 equipos informáticos igual poden ser controlados co pensamento. Con esta dotación quedaríamos sen horas para a Biblioteca Escolar. Para que se anima aos centros a participar no PLAMBE? As bibliotecas funcionan co esforzo do profesorado e, polo menos no noso centro, adícanselle máis horas das asignadas. Cren que eliminando as horas de biblioteca podemos sacar adiante Proxectos Interdisciplinares como o deste ano? Facer funcionar tres Clubs de Lectura? Como queren que fomentemos a lectura coa biblioteca pechada? No noso centro contamos cunha Horta Escolar que funciona co esforzo voluntario de alumnado e profesorado. Contabamos no horario con dúas horas semanais (dúas!) para coordinación dos traballos. Seica ninguén nos manda facer iso e, por tanto, non temos dereito a esas horas. De analizarmos o factor convivencia nestes cursos pasados, vemos que a Biblioteca e a Horta contribúen a reducir a conflitividade durante os recreos. Ademais, a Comisión de Convivencia traballa todas as semanas, mes a mes, para solucionar todo tipo de conflitos, atendendo a alumnado e familias. Resultado: un só expediente disciplinario en todo o curso. Mais resulta que as tres horas semanais desa Coordinación (tres!), tamén están de máis. Despois aos nosos xefes se lles enche a boca falando de medidas contra o acoso escolar...
  2. 2. A sensación que nos queda é que os centros onde hai implicación no traballo son castigados por facer de máis. Quen lles manda! Sinceramente, cremos que iso é o que quere a nosa administración, desprestixiar a educación pública para que as familias renuncien a ela. Por que non se fan estudos reais das necesidades dos centros, tendo en conta índices de fracaso escolar, ISEC das familias, actividades complementarias ofertadas, en vez de reducir todo a unha simple ecuación de tant@s nen@s, tant@s docentes? Con aulas a 28 alumn@s, sen medidas de atención à diversidade para aqueles/as con dificultades, e sen actividades complementarias, non é preciso ter experiencia docente para saber que os centros escolares se verán convertidos en auténticos polvoríns. E a culpa será nosa: do profesorado que non é profesional de abondo para aproveitar o potencial de aprendizaxe do alumnado; e das familias, que non se implican na educación das súas fillas e fillos. Arousa, 10 de Xullo de 2013

×