SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
As casas tradicionais galegas
     Até un período avanzado da cultura castrexa, as construcións son de madeira con cuberta
vexetal (colmo). Paseniñamente vai aparecendo a pedra coas características formas circulares
que hoxe vemos nos castros e nas citanias. Coa romanización, imponse a vivenda de planta
cadrada que durante séculos, segundo as necesidades dos seus usuarios e as condicións
climáticas de cada zona, se diversifica en tipoloxías distintas. No derradeiro terzo do século
XX, nembargantes, unha chea de factores, que van dende o éxodo rural até a insensibilidade
pública e privada, teñen contribuído ao estragamento e desaparición de moitas destas
vivendas, coa correspondente perda do seu rico patrimonio cultural.



    As casas tradicionais poden ser de varios tipos:



       A casa de montaña. Atópase nas serras
       orientais e sudorientais. É cadrada,
       pequena, con escasas e angostas ventás e
       teitos de colmo ou lousa.




                                                     A casa coruñesa. Está moi espallada
                                                 pola provincia, e consiste nun conxunto de
                                                 construcións adxectivas nucleadas pola
                                                 vivenda da familia á que se superpoñen
                                                 distintas dependencias: alpendre, alboio ou
                                                 pallete, cabazo, forno, cortellos, etc., todas
                                                 relacionadas coas necesidades e traballos
                                                 agrícolas



       A casa mariñeira. Ten dous ou tres andares, ás veces con pincho ou outón. Ás veces
       álzase sobre soportais, baixo dos cales se recollían embarcacións e aparellos. Nos seus
       balcóns corridos de madeira, moitos deles hoxe transformados en galerías, deitábanse
       a secar as redes.
A casa luguesa ou da Terra Chá. É
rectangular con tellado de lousa a catro
augas. Con dúas plantas: baixo, onde
atopamos a cociña e a corte, e primeiro
andar, para os cuartos. Non adoita ter
edificacións    auxiliares    arrimadas.
Destaca nela a cantaría de portas, ventás
e esquinais.



A casa meridional. Está feita de granito. A súa planta é rectangular e ten dúas: o baixo
acolle animais ou (nas zonas vinícolas) adegas. Está deseñada para aproveitar o máis
posible as condicións climáticas. Ábrese ao exterior a través de solainas de madeira,
patíns ou corredores.




A palloza. É de planta redonda e herdeira dos antigos castros. O teito é de palla ou
colmo, e as paredes de pedra, cáseque sen fiestras. Consérvanse boas mostras nas
montañas do Cebreiro e nos Ancares. Nelas viviron os seus moradores até a década de
1960, compartindo a súa estancia interior co gando vacún, que proporcionaba calor
nos duros invernos.




                       ENDL BERGANTIÑOS

More Related Content

Similar to As Casas Tradicionais Galegas (13)

Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
 
As casas castrexas do monte trega
As casas castrexas  do monte tregaAs casas castrexas  do monte trega
As casas castrexas do monte trega
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
ARQUITECTURA DOMÉSTICA ROMANA: ESPACIOS PARA LA VIDA PRIVADA Y LAS RELACIONES...
ARQUITECTURA DOMÉSTICA ROMANA: ESPACIOS PARA LA VIDA PRIVADA Y LAS RELACIONES...ARQUITECTURA DOMÉSTICA ROMANA: ESPACIOS PARA LA VIDA PRIVADA Y LAS RELACIONES...
ARQUITECTURA DOMÉSTICA ROMANA: ESPACIOS PARA LA VIDA PRIVADA Y LAS RELACIONES...
 
Loureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíNLoureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíN
 
Comentario do plano urbano de cangas
Comentario do plano urbano de cangas Comentario do plano urbano de cangas
Comentario do plano urbano de cangas
 
Os muiños
Os muiñosOs muiños
Os muiños
 
Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
Folleto pazo de tor galego
Folleto pazo de tor galegoFolleto pazo de tor galego
Folleto pazo de tor galego
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De Acolá
 
O carballo
O carballoO carballo
O carballo
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 

More from Bergantera (20)

1
11
1
 
Por dentro da portada
Por dentro da portadaPor dentro da portada
Por dentro da portada
 
Portada
PortadaPortada
Portada
 
DECRETO
DECRETODECRETO
DECRETO
 
Os máis altos!!!
Os máis altos!!!Os máis altos!!!
Os máis altos!!!
 
Os máis altos!!!
Os máis altos!!!Os máis altos!!!
Os máis altos!!!
 
Cartel Anunciador
Cartel AnunciadorCartel Anunciador
Cartel Anunciador
 
M A MÁ C A B R A
M A MÁ  C A B R AM A MÁ  C A B R A
M A MÁ C A B R A
 
O S N O M E S D A S C A S A S
O S  N O M E S  D A S  C A S A SO S  N O M E S  D A S  C A S A S
O S N O M E S D A S C A S A S
 
C A S A S G A L E G A S T R A D I C I O N A I S F I C H A
C A S A S  G A L E G A S  T R A D I C I O N A I S  F I C H AC A S A S  G A L E G A S  T R A D I C I O N A I S  F I C H A
C A S A S G A L E G A S T R A D I C I O N A I S F I C H A
 
Lendas Galegas
Lendas GalegasLendas Galegas
Lendas Galegas
 
Conto Castelao
Conto  CastelaoConto  Castelao
Conto Castelao
 
Longa Noite De Pedrao Neno
Longa Noite De Pedrao NenoLonga Noite De Pedrao Neno
Longa Noite De Pedrao Neno
 
RosalíA De Castro
RosalíA De CastroRosalíA De Castro
RosalíA De Castro
 
Acumulativos E Recitados
Acumulativos E RecitadosAcumulativos E Recitados
Acumulativos E Recitados
 
A Casa Da Neve
A Casa Da NeveA Casa Da Neve
A Casa Da Neve
 
CASA ECOLÓXICA
CASA ECOLÓXICACASA ECOLÓXICA
CASA ECOLÓXICA
 
En tempos de crise
En tempos de criseEn tempos de crise
En tempos de crise
 
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!En tempos de crise ... aforra no fogar!!!
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!
 
Enderezos para o día da Paz
Enderezos para o día da PazEnderezos para o día da Paz
Enderezos para o día da Paz
 

As Casas Tradicionais Galegas

  • 1. As casas tradicionais galegas Até un período avanzado da cultura castrexa, as construcións son de madeira con cuberta vexetal (colmo). Paseniñamente vai aparecendo a pedra coas características formas circulares que hoxe vemos nos castros e nas citanias. Coa romanización, imponse a vivenda de planta cadrada que durante séculos, segundo as necesidades dos seus usuarios e as condicións climáticas de cada zona, se diversifica en tipoloxías distintas. No derradeiro terzo do século XX, nembargantes, unha chea de factores, que van dende o éxodo rural até a insensibilidade pública e privada, teñen contribuído ao estragamento e desaparición de moitas destas vivendas, coa correspondente perda do seu rico patrimonio cultural. As casas tradicionais poden ser de varios tipos: A casa de montaña. Atópase nas serras orientais e sudorientais. É cadrada, pequena, con escasas e angostas ventás e teitos de colmo ou lousa. A casa coruñesa. Está moi espallada pola provincia, e consiste nun conxunto de construcións adxectivas nucleadas pola vivenda da familia á que se superpoñen distintas dependencias: alpendre, alboio ou pallete, cabazo, forno, cortellos, etc., todas relacionadas coas necesidades e traballos agrícolas A casa mariñeira. Ten dous ou tres andares, ás veces con pincho ou outón. Ás veces álzase sobre soportais, baixo dos cales se recollían embarcacións e aparellos. Nos seus balcóns corridos de madeira, moitos deles hoxe transformados en galerías, deitábanse a secar as redes.
  • 2. A casa luguesa ou da Terra Chá. É rectangular con tellado de lousa a catro augas. Con dúas plantas: baixo, onde atopamos a cociña e a corte, e primeiro andar, para os cuartos. Non adoita ter edificacións auxiliares arrimadas. Destaca nela a cantaría de portas, ventás e esquinais. A casa meridional. Está feita de granito. A súa planta é rectangular e ten dúas: o baixo acolle animais ou (nas zonas vinícolas) adegas. Está deseñada para aproveitar o máis posible as condicións climáticas. Ábrese ao exterior a través de solainas de madeira, patíns ou corredores. A palloza. É de planta redonda e herdeira dos antigos castros. O teito é de palla ou colmo, e as paredes de pedra, cáseque sen fiestras. Consérvanse boas mostras nas montañas do Cebreiro e nos Ancares. Nelas viviron os seus moradores até a década de 1960, compartindo a súa estancia interior co gando vacún, que proporcionaba calor nos duros invernos. ENDL BERGANTIÑOS