Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Vivenda Popular

684 views

Published on

• Be the first to comment

• Be the first to like this

Vivenda Popular

1. 1. A VIVENDA TÍPICA DE ESPAÑA Pazo Casa mariñeira Casa da montaña Casa do interior Casa das agras Palloza
2. 2. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA

É de planta redonda e herdeira dos antigos castros. O teito é de palla ou colmo, e as paredes de pedra, cáseque sen fiestras. Consérvanse boas mostras nas montañas do Cebreiro e nos Ancares. Nelas viviron os seus moradores até a década de 1960, compartindo a súa estancia interior co gando vacún, que proporcionaba calor nos duros invernos.

Palloza
3. 3. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA Consiste nun conxunto de construcións adxectivas nucleadas pola vivenda da familia á que se superpoñen distintas dependencias: alpendre, alboio ou pallete, cabazo, forno, cortellos, etc., todas relacionadas coas necesidades e traballos
4. 4. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA É rectangular con tellado de lousa a catro augas. Con dúas plantas: baixo, onde atopamos a cociña e a corte, e primeiro andar, para os cuartos. Non adoita ter edificacións auxiliares arrimadas. Destaca nela a cantaría de portas, ventás e esquinais.
5. 5. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA Atópase nas serras orientais e sudorientais. É cadrada, pequena, con escasas e angostas ventás e teitos de colmo ou lousa.
6. 6. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA Ten dous ou tres andares, ás veces con pincho ou outón. Ás veces álzase sobre soportais, baixo dos cales se recollían embarcacións e aparellos. Nos seus balcóns corridos de madeira, moitos deles hoxe transformados en galerías, deitábanse a secar as redes.
7. 7. A VIVENDA POPULAR EN GALICIA Polo xeral son de planta rectangular á que se engaden outros elementos como capela, adega, cociñas, A súa estrutura é de grosos muros de fabrica, construídos con canterías de granito. Adoitan ser de dúas plantas: a inferior destinada a almacéns, celeiros, cortes e dependencias complementarias da vida agrícola e gandeira, e a superior a vivenda dos señores. A cuberta é frecuentemente a catro augas. O conxunto está rodeado por unha romántica vexetación, de abundante hedra,
8. 8. A VIVENDA EN ESPAÑA Casona Casarío Masía Barraca Cortixo Alquería Cigarral Covas Pazo
9. 9. A VIVENDA POPULAR EN CANTABRIA Son construcións de trazado rectangular e formas simples desenvolvidas en dúas plantas. Na planta baixa están a cociña, as cortes a adega e a despensa. Na zona superior os cuartos. No teito existe unha cámara ou faiado Os muros son de pedra. A casa ten poucos ocos para impedir o paso do frío e a chuvia. O edificio remata cunha cuberta a dúas augas. A solaina é un dos elementos máis importantes e ten multiplicidade de usos, sempre en relación coas necesidades dunha forma de vida rural, agrícola e gandeira: lugar agradable, a resgardo do vento, para gozar do sol. deixar instrumentos de labranza ou produtos do campo, tender a roupa etc.
10. 10. A VIVENDA POPULAR NO PAÍS VASCO O casarío é unha vivenda illada no campo. Como consecuencia do clima e o réxime de chuvias frecuentes, o casarío concéntrase en planta rectangular, baixo unha ampla cuberta a dúas augas, orientada ao mediodía ou ao saínte. Esta cuberta ten pouca pendente, pois as nevaradas son escasas; en cambio, considéranse funcionalmente imprescindibles os grandes beirados nos tellados. Empréganse os materiais da zona: pedra, tixolo, tella, madeira, ferro,…

Normalmente consta de dous andares. No superior están os cuartos ou dormitorios e a sala, lugar de respecto para os acontecementos familiares.

Na parte de abaixo, a cociña, a cuadra, faiados para gardar e almacenar produtos agrícolas,…

Ten unha porta na fachada sur. Alí hai un amplo oco cun dintel de madeira no que transcorre parte da vida cotiá e onde se gardan os aparellos de labranza.

A construción é moi sólida a base de pedra e madeira. Na parte superior é característico as estruturas de madeira vista, con elementos verticais, horizontais e ata curvos.

11. 11. A VIVENDA POPULAR EN CATALUÑA A masía é a casa rural illada no campo catalán. A planta é rectangular. Polo xeral consta de dous andares e a fachada de acceso está orientada ao Sur. A cuberta é case sempre de dúas augas. O material máis empregado na súa construción é a pedra, tamén o adobe. As pedras uníanse por lama, cemento ou cal. Na parte de abaixo adoita haber un gran soportal de entrada á cociña e ás dependencias agrícolas. Na planta superior están os cuartos e a sala que como centro de respecto familiar ocupa a parte central e dá á fachada principal. Arriba na bufarda e no faiado gárdase a colleita e almacénase o gran e a palla para o gando cando non existen celeiros na planta baixa.
12. 12. A VIVENDA POPULAR EN VALENCIA O clima de Valencia e a fertilidade das súas terras fai que se poidan recoller varias colleitas ao ano, cun sistema de explotación moi intensivo que precisa da máxima atención . Isto fai que o dono da horta constrúa a vivenda ao pé da súa finca aproveitando os materiais que lle brinda a natureza; cañas, barro, xunco e carrizos

Edificio de planta rectangular duns 9x5 m. con cuberta triangular para desaugar as intensas choivas torrenciais tan típicas da zona

Ten unha porta na fachada sur que dá acceso a un amplo corredor que percorre toda a edificación ata a fachada norte onde hai outra porta que permite a circulación do aire.

Nun lado están os cuartos(normalmente tres) e noutro a cociña, comedor e almacén. Á parte superior vaise por unha escaleira de man e antigamente dedicábase a cultivar o verme da seda.

Empréganse materiais da zona: barro, canas, xuncos ou carrizos. Os muros son de tixolo e a cuberta de palla ou canizo.

13. 13. A VIVENDA POPULAR ANDALUZA O cortixo andaluz é un conxunto de edificios, illados no campo e dedicados a unha explotación agraria. Estes edificios están construídos arredor dun patio. Ten moitas variantes dependendo da zona e tipo de explotación agrícola ou gandeira a que se destine. A súa importancia é parella á extensión da propiedade. En moitos casos ademais de vivenda destinada ao propietario, constrúense outras para encargados, capataces, caseiros, gardas,…

O máis característico do cortixo é o seu patio, cerrado no fronte por un grande portalón.

Ao redor do patio estaban as construcións gandeiras e as de almacenaxe.

Era costume que estiveran cubertos de parras, que tiveran varias dependencias con muíños de aceite, adegas, silos,… se a finca é de toros bravos tamén pode haber un tentadoiro.

A eira é un elemento que tamén forma parte dos cortixos aínda que poida estar a varios metros da estancia principal.

14. 14. A VIVENDA POPULAR LEVANTINA Na rexión levantina, nas chairas cultívanse hortas e laranxais que pola súa ubicación en pequenas propiedades deron orixe a vivendas illadas, coñecidas na rexión por ALQUERÍAS. A alquería é unha construción de un ou dous andares cuberta a dúas augas. Posúe unha entrada cuberta onde se desenvolve a vida diaria. Os muros son de tixolo do país ou adobe e barro
15. 15. A VIVENDA POPULAR DE TOLEDO Chámanse cigarrales ás fincas señoriais de recreo situadas na beira sur do río Teixo ao seu paso pola cidade de Toledo. Constan dunha construción principal destinada a vivenda de recreo, e un edificio secundario para os guardeses (cigarraleros) que coidan da casa ao ser segunda residencia e, o máis importante e característico, o seu amplo terreo de campo, que está limitado a un mínimo de 7.000 m2, sendo o común ata metade do século XX superficies arredor dos 20.000 m2.
16. 16. AS VIVENDAS-COVAS

As covas en España atópanse espalladas por todas aquelas áreas xeográficas onde as temperaturas son extremas, as precipitacións baixas e os materiais sedimentarios que posibilitan a escavación. A todo isto teriamos que engadir a pobreza que afectou a grandes sectores da poboación española.

Os núcleos máis numerosos con covas están en Granada e Murcia. Na zona da meseta norte tamén hai covas pero hoxe en día son empregadas máis como adegas que como vivendas