SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
M ANIFESTO
             DO ALUMNADO DE CUARTO DA E.S.O. DO C.P.I. “VIRXE DA CELA”
 EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO E DE APOIO Á FOLGA XERAL ESTUDANTIL DE OUTUBRO 2012
Podemos obviar facer unha revista xeral da actualidade. Non seriamos os primeiros nin os derradeiros en
facelo, por iso cremos que sobra. Os recortes sociais preséntanse en tódolos campos. Xa sufrimos de
certo modo os recortes educativos e vemos como hai moita xente á que lle repercuten
considerablemente os recortes en sanidade.
Se outrora aproveitabamos o motivo de folga, fose xeral ou estudantil, para non asistir á clase e quedar
na casa despreocupadamente (como seguramente o facía outra moita xente que non vía modificacións
no seu salario); arestora mostrámonos cun maior sentido da responsabilidade, este é o sentido que nos
leva a redactar o presente manifesto e a deliberar na aula sobre os pasos a seguir en resposta á
convocatoria.
Hoxe, 15 de outubro de 2012; xa non somos rapaces e rapazas sen preocupacións, porque aínda que
tentemos evadi-la realidade sabemos que está aí e non mudará nin desaparecerá, mais sabemos que
alza-la nosa voz fará que a sociedade saiba que nós, que somos meros representantes do futuro, un
futuro que se mostra preto de nós máis ca nunca; loitamos por saír adiante, por ascender na vida e pola
utopía omnipresente dun mundo mellor. Quedar na casa non valerá de nada. No colexio quedará
rexistrada a nosa ausencia, que servirá para cifrar o seguimento da folga, cifras que serán terxiversadas
por medios de comunicación segundo o que lles conveña; moitos non teremos quen nos leve ás
manifestacións convocadas, pero este manifesto será a voz dun grupo de alumnos e alumnas de
Monfero e Irixoa que pese a que non son da Coruña, de Madrid, de Santiago ou de Pontedeume si son
capaces de manifestar as súas ideas.
Estaremos libres, nesta ocasión, de coaccións indebidas, ou dicídenos: somos nós inferiores ó alumnado
da ESO dun instituto de vila ou cidade? Acaso non temos os mesmos dereitos? Acaso non temos o
mesmo dereito á folga ca o alumnado de 4 o da ESO que viva nun bloque de pisos? Ídesnos facer crer
que non estamos no dereito de protesta? Pois dicimos: ídelle contar contos a quen queira escoitalos. É
mentira que o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria non poida ir á folga, mentira. Porque
sabemos o que queremos, somos conscientes e temos criterio propio, haberá folga en Monfero e Irixoa.
Moi probablemente non faremos pancartas e limitarémonos a distribuí-los carteis de convocatoria do
Sindicato de Estudantes, mais teremos desta vez a forza da voz e da palabra.
Completamente de acordo coa protesta que leva a cabo o Sindicato de Estudantes, situámonos como
grupo de alumnado. Basicamente en contra dos recortes educativos, e das recuperadas reválidas, que
son un atranco para todos nós como estudantes e que limitarán considerablemente a obtención dos
títulos académicos correspondentes e o acceso á Universidade. Porque vemos como unha aberración
que en 6o de Primaria e 4o da ESO haxa que facer un exame e moitas persoas vexan frustrados os seus
obxectivos na vida e reducido o seu nivel á hora de redactar un currículum e acceder ao mundo laboral.
Tamén en contra do aumento de taxas universitarias e de acceso a ciclos de FP, así como mostrar o noso
rexeitamento ó paro xuvenil e reiteradamente á reforma educativa da que antes falamos.

Así o asinamos, o alumnado de 4o da ESO do CPI “Virxe da Cela”. Ano académico 2012/2013
En Monfero, a 15 de outubro de 2012.

More Related Content

Viewers also liked (6)

TaxStore Branding Images
TaxStore Branding ImagesTaxStore Branding Images
TaxStore Branding Images
 
DOVETAIL_TABLE_SPEKE_KLIEN
DOVETAIL_TABLE_SPEKE_KLIENDOVETAIL_TABLE_SPEKE_KLIEN
DOVETAIL_TABLE_SPEKE_KLIEN
 
CIBSE Journal - March 2014 - CIBSE Guide G Launch
CIBSE Journal - March 2014 - CIBSE Guide G LaunchCIBSE Journal - March 2014 - CIBSE Guide G Launch
CIBSE Journal - March 2014 - CIBSE Guide G Launch
 
rubrica-para-evaluar-la-exposicion-del-tema
 rubrica-para-evaluar-la-exposicion-del-tema rubrica-para-evaluar-la-exposicion-del-tema
rubrica-para-evaluar-la-exposicion-del-tema
 
Comune di formia legge73 2010 tipologia lavori edilizia
Comune di formia legge73 2010 tipologia lavori ediliziaComune di formia legge73 2010 tipologia lavori edilizia
Comune di formia legge73 2010 tipologia lavori edilizia
 
Guia didactica
Guia didacticaGuia didactica
Guia didactica
 

Similar to Manifesto4ºeso c.p.i. monfero

Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
satelite1
 
Proxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalProxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía global
satelite1
 
Novas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidarioNovas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidario
satelite1
 
Gravación do vídeo para a campaña mundial pola educación
Gravación do vídeo para a campaña mundial pola educaciónGravación do vídeo para a campaña mundial pola educación
Gravación do vídeo para a campaña mundial pola educación
satelite1
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
satelite1
 
Ser solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzálezSer solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzález
satelite1
 
Crónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que nonCrónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que non
satelite1
 

Similar to Manifesto4ºeso c.p.i. monfero (20)

Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Proxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalProxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía global
 
Novas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidarioNovas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidario
 
Gravación do vídeo para a campaña mundial pola educación
Gravación do vídeo para a campaña mundial pola educaciónGravación do vídeo para a campaña mundial pola educación
Gravación do vídeo para a campaña mundial pola educación
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
 
Ser solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzálezSer solidario. antonio gonzález
Ser solidario. antonio gonzález
 
Xeracións na estacada
Xeracións na estacadaXeracións na estacada
Xeracións na estacada
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Crónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que nonCrónica se ti podes, por que non
Crónica se ti podes, por que non
 

More from Yolanda Castro

More from Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

Manifesto4ºeso c.p.i. monfero

  • 1. M ANIFESTO DO ALUMNADO DE CUARTO DA E.S.O. DO C.P.I. “VIRXE DA CELA” EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO E DE APOIO Á FOLGA XERAL ESTUDANTIL DE OUTUBRO 2012 Podemos obviar facer unha revista xeral da actualidade. Non seriamos os primeiros nin os derradeiros en facelo, por iso cremos que sobra. Os recortes sociais preséntanse en tódolos campos. Xa sufrimos de certo modo os recortes educativos e vemos como hai moita xente á que lle repercuten considerablemente os recortes en sanidade. Se outrora aproveitabamos o motivo de folga, fose xeral ou estudantil, para non asistir á clase e quedar na casa despreocupadamente (como seguramente o facía outra moita xente que non vía modificacións no seu salario); arestora mostrámonos cun maior sentido da responsabilidade, este é o sentido que nos leva a redactar o presente manifesto e a deliberar na aula sobre os pasos a seguir en resposta á convocatoria. Hoxe, 15 de outubro de 2012; xa non somos rapaces e rapazas sen preocupacións, porque aínda que tentemos evadi-la realidade sabemos que está aí e non mudará nin desaparecerá, mais sabemos que alza-la nosa voz fará que a sociedade saiba que nós, que somos meros representantes do futuro, un futuro que se mostra preto de nós máis ca nunca; loitamos por saír adiante, por ascender na vida e pola utopía omnipresente dun mundo mellor. Quedar na casa non valerá de nada. No colexio quedará rexistrada a nosa ausencia, que servirá para cifrar o seguimento da folga, cifras que serán terxiversadas por medios de comunicación segundo o que lles conveña; moitos non teremos quen nos leve ás manifestacións convocadas, pero este manifesto será a voz dun grupo de alumnos e alumnas de Monfero e Irixoa que pese a que non son da Coruña, de Madrid, de Santiago ou de Pontedeume si son capaces de manifestar as súas ideas. Estaremos libres, nesta ocasión, de coaccións indebidas, ou dicídenos: somos nós inferiores ó alumnado da ESO dun instituto de vila ou cidade? Acaso non temos os mesmos dereitos? Acaso non temos o mesmo dereito á folga ca o alumnado de 4 o da ESO que viva nun bloque de pisos? Ídesnos facer crer que non estamos no dereito de protesta? Pois dicimos: ídelle contar contos a quen queira escoitalos. É mentira que o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria non poida ir á folga, mentira. Porque sabemos o que queremos, somos conscientes e temos criterio propio, haberá folga en Monfero e Irixoa. Moi probablemente non faremos pancartas e limitarémonos a distribuí-los carteis de convocatoria do Sindicato de Estudantes, mais teremos desta vez a forza da voz e da palabra. Completamente de acordo coa protesta que leva a cabo o Sindicato de Estudantes, situámonos como grupo de alumnado. Basicamente en contra dos recortes educativos, e das recuperadas reválidas, que son un atranco para todos nós como estudantes e que limitarán considerablemente a obtención dos títulos académicos correspondentes e o acceso á Universidade. Porque vemos como unha aberración que en 6o de Primaria e 4o da ESO haxa que facer un exame e moitas persoas vexan frustrados os seus obxectivos na vida e reducido o seu nivel á hora de redactar un currículum e acceder ao mundo laboral. Tamén en contra do aumento de taxas universitarias e de acceso a ciclos de FP, así como mostrar o noso rexeitamento ó paro xuvenil e reiteradamente á reforma educativa da que antes falamos. Así o asinamos, o alumnado de 4o da ESO do CPI “Virxe da Cela”. Ano académico 2012/2013 En Monfero, a 15 de outubro de 2012.