SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
A casa da familia
March
Raquel Pérez Rivera 3º ESO
A casa da familia March
—¿Pásache algo? De pronto palideciches.
Tardei uns segundos en contestar.
—Non, non é nada.
—Está ben, vou buscar o té.
Estaba tan atordado que nin sequera me decatara de que a teteira non fervera, e iso foi
o meu fin. Podería ter saído de alí e fuxir no coche, esquecerme daquela casa e do que
pasara nela, pero en vez diso, quedeime, e foi o peor que puiden facer.
Hai unhas horas…
Mudeime a aquel solitario barrio por traballo. A casa que escollín estaba situada no
número 23 do Camiño dos Frades, e a dicir verdade, non me gustaba do todo. Moitos
contactos próximos a min dixéranme que era un barrio tranquilo e por iso compreina:
quería tranquilidade, pero me atopei de todos menos iso.
Era a segunda noite que pasaba naquela mansión restaurada e sentíame tan só que
quería fuxir. Ao poder ir ao traballo todos os días, aínda que iso supoñía levantarme ás
7 da mañá, tranquilizábame un pouco. Polo menos durante unhas horas tiña contacto
humano dalgún modo.
Volvín de traballar ás 4 da tarde como é costume, pero aquel non foi un día normal.
Deixei o meu coche aparcado en fronte da casa que tan só me facía sentir. Ao saír, de
pronto, sentinme observado. Mirei a todas as partes e non vin a ninguén, mais ao estar
a piques de meter a chave na cerradura, puiden sentir uns pasos dentro da miña propia
casa, e foi ese mesmo detalle, o que me fixo sospeitar que de onde me estaban
mirando hai un intre, era dende alí mesmo. Dirixinme ao piso de enriba, do lugar onde
se escoitaban os pasos, e topeime cun completo estraño. Ambos quedámonos mirando
uns segundos ata que un dos dous decidiu falar.
—Ola. Sinto molestar. Chámome Miguel e vivín aquí antes ca ti.
Aquel mozo podería ter entre uns 20 a 25 anos, era moreno e de ollos verdes, e non
sei por que, inspirábame confianza, aínda que os seus ollos esmeralda transmitían
máis inseguridade que outra cousa. Parecía estar a piques de saír correndo polas
escaleiras que estaban tras de min, pero non o fixo.
—Enténdoo, xa me dixeron que esta casa tivera uns donos antes, e polo que vexo
segues tendo unha copia das chaves.
—A verdade é que non é así, eu non teño ningunha chave. Verás, entrei por…
—Non me importa por onde entraches —interrompino antes de escoitar a súa
desculpa—. Pediríache que abandonases a miña casa canto antes.
—Non pretendía molestarte. Adeus.
—Adeus.
Por un momento, pensei que ía chocar o seu ombro contra o meu como sinal de que
non lle gustara a nosa pequena charla, pero non notei nada. Foi estraño.
Un momento despois, baixou polas escaleiras tal e como eu predixera fai un intre, pero
non escoitei ningún portazo. Por un instante pensei que aquel descoñecido permanecía
na casa, escondido nalgunha parte, así que fun á planta baixa.
Inspeccionei todas as habitacións sen ningún rastro aparente do estraño, ata que me
decatei de que a porta daquel misterioso soto que non vin cando me ensinaron a casa
por primeira vez, estaba entreaberta. E como sabía que non tiña rede eléctrica, collín
da miña equipaxe a medio desfacer, unha lanterna. Baixei con coidado de non me
tropezar, e comprobei que alí non había ninguén. Pero o que si había era un pequeno
moble de madeira. Acerqueime ata el e puiden ver como, enriba do mesmo, había un
maletín de coiro desgastado cun nome bordado: “Miguel”. O que me pareceu estraño é
que a casa en si non estaba mal conservada, excepto o soto, no cal o chan era de terra
e estaba desnivelado.
Calmeime da inoportuna visita daquel estraño, e dispúxenme a remodelar a miña nova
casa. Empecei por nivelar aquel chan de terra do soto, xa que tiña pensado meter
algunhas cousas alí. Collín unha pa e empecei a cavar, pero… ¿Cal foi o meu asombro
ao descubrir que o que aquela parte da casa escondía, eran restos humanos?
Chamei á axencia que me vendera aquela casa sen dicirme nada do que escondía.
Quedei nun café bar coa mesma persoa que me levara a vela por primeira vez e
charlamos un anaco.
—¿Estasme dicindo que ti non podes explicarme que facían aqueles ósos alí?
—Xa cho dixen, Rafael, nós so nos facemos cargo de vender as casas, nada máis.
Dareiche o número e a dirección da dona orixinal e falas con ela, ¿paréceche?
—Está ben.
Tras conseguir a información daquela muller, dirixinme cara a miña nova e terrorífica
casa. Estaba a piques de sacar o teléfono móbil para marcar o seu número, cando,
unha entrañable señora que se asomaba pola ventá da casa veciña, fíxome xestos coa
man. Quedeime parado sen saber que facer, co pano de mesa que Carmen me
escribira hai un intre na man, e que contiña a dirección e o número de teléfono daquela
“Anabel March” mentres unha muller de pelo canoso saía da casa.
—¡Ola! Ti es o mozo que comprou a casa dos irmáns March, ¿equivócome?
—Supoño que así é. Chámome Rafael.
—Pasa, pasa. Tomemos o té e charlemos un anaco.
Pasamos a un salón non moi amplo que tiña unha mesa baixa cun centro de mesa do
máis colorido acompañado dun sofá de cor granate que facía xogo coas cortinas.
—Verá, é que me están a pasar unas cousas moi estrañas… Apenas me mudei hai 2
días e todos son sorpresas.
—¿A que te refires con cousas estrañas?
—Pois, mire, esta mesma mañá un home apareceu na miña casa, e un intre despois
atopei ósos humanos no meu soto.
—Vaia… —levantouse.
—¿Vostede, por casualidade, non saberá algo, verdade?
—Verá, a familia March foi unha familia moi rica na súa época. Mudáronse a esta casa
pouco despois de morrer a nai. O señor March e os seus dous fillos eran bos amigos
meus. Os nenos viñan ás veces a pasar a tarde comigo,pasabámonolo xenial. Pero
todo cambiou cando o pai morreu e non lle deixou nada de herdanza á filla maior. Por
aquel entón o fillo tería entre 20 e 25 anos; e a filla, uns 30.
—¿E que pasou?
—Matouno.
—¿Que?
—Matouno para facerse coa casa e se quedar con todas as súas pertenzas. Era así de
egoísta.
—¿Todo por unha casa?
—Así é.
No o podía crer. A miña casa, ¿o escenario dun asasinato?
—Mira, este era el cando aínda tiña 20 anos —levantouse e acercoume un marco de
fotos.
Me quedei aterrado, atemorizado. Estaba tan asustado como cando encontrei aqueles
ósos no meu soto. A cara daquel mozo… O seu retrato… Coñecíao. Era Miguel.
—¿Pásache algo? De pronto puxécheste moi branco.
Tardei uns segundos en contestar.
—Non, non é nada.
—Está ben, vou buscar o té.
Estaba tan atorado que nin sequera me decatara de que a teteira non fervera, e iso foi
o meu fin. Podería ter saído da casa e fuxido no coche, esquecerme daquela casa e do
que pasara nela, pero en vez diso, quedeime.
Dos seguintes minutos apenas teño recordos. O único do que me lembro foi dun golpe
na cabeza cun obxecto metálico, das miñas mans ensanguentadas pedindo axuda, e
dunha chamada telefónica.
—Ola, quería falar con Carmen.
—…
—Si, con Carmen March.
—…
—Son Anabel, a súa nai.

More Related Content

Viewers also liked

El nombre de la rosa .doc
El nombre de la rosa .docEl nombre de la rosa .doc
El nombre de la rosa .docYolanda Castro
 
Presentación alianzas aresanas
Presentación alianzas aresanasPresentación alianzas aresanas
Presentación alianzas aresanasYolanda Castro
 
Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Yolanda Castro
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosYolanda Castro
 
Books By Charles Dickens
Books By Charles DickensBooks By Charles Dickens
Books By Charles Dickenswikiuser26
 
Books By Charles Dickens
Books By Charles DickensBooks By Charles Dickens
Books By Charles Dickenswikiuser26
 
Ckv Opdracht 1
Ckv Opdracht 1Ckv Opdracht 1
Ckv Opdracht 111172
 

Viewers also liked (11)

A chave da fantasía
A chave da fantasíaA chave da fantasía
A chave da fantasía
 
Moving To Industry
Moving To IndustryMoving To Industry
Moving To Industry
 
Biblio Restaurant 09
Biblio Restaurant 09Biblio Restaurant 09
Biblio Restaurant 09
 
El nombre de la rosa .doc
El nombre de la rosa .docEl nombre de la rosa .doc
El nombre de la rosa .doc
 
Presentación alianzas aresanas
Presentación alianzas aresanasPresentación alianzas aresanas
Presentación alianzas aresanas
 
De lirio matemático
De lirio matemáticoDe lirio matemático
De lirio matemático
 
Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.Santa olalla de lubre.
Santa olalla de lubre.
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Books By Charles Dickens
Books By Charles DickensBooks By Charles Dickens
Books By Charles Dickens
 
Books By Charles Dickens
Books By Charles DickensBooks By Charles Dickens
Books By Charles Dickens
 
Ckv Opdracht 1
Ckv Opdracht 1Ckv Opdracht 1
Ckv Opdracht 1
 

Similar to A casa da familia March

CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
O roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primariaO roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primariasatelite1
 
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º BUnha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º Bceipcoiron
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalelvira9496
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 

Similar to A casa da familia March (13)

O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
A nai perdida
A nai perdidaA nai perdida
A nai perdida
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
O roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primariaO roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primaria
 
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º BUnha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
Unha viaxe con moitas sorpresas. 5º B
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
Monólogos de Nadal
Monólogos de NadalMonólogos de Nadal
Monólogos de Nadal
 
Escape.zaira 6
Escape.zaira 6Escape.zaira 6
Escape.zaira 6
 
Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"
Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"
Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
Terror nico
Terror nicoTerror nico
Terror nico
 

More from Yolanda Castro

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALYolanda Castro
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURAYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Yolanda Castro
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosYolanda Castro
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinaciónYolanda Castro
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Yolanda Castro
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaYolanda Castro
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoYolanda Castro
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoYolanda Castro
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoYolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Yolanda Castro
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaYolanda Castro
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaYolanda Castro
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaYolanda Castro
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoYolanda Castro
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroYolanda Castro
 

More from Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 

A casa da familia March

  • 1. A casa da familia March Raquel Pérez Rivera 3º ESO
  • 2. A casa da familia March —¿Pásache algo? De pronto palideciches. Tardei uns segundos en contestar. —Non, non é nada. —Está ben, vou buscar o té. Estaba tan atordado que nin sequera me decatara de que a teteira non fervera, e iso foi o meu fin. Podería ter saído de alí e fuxir no coche, esquecerme daquela casa e do que pasara nela, pero en vez diso, quedeime, e foi o peor que puiden facer. Hai unhas horas… Mudeime a aquel solitario barrio por traballo. A casa que escollín estaba situada no número 23 do Camiño dos Frades, e a dicir verdade, non me gustaba do todo. Moitos contactos próximos a min dixéranme que era un barrio tranquilo e por iso compreina: quería tranquilidade, pero me atopei de todos menos iso. Era a segunda noite que pasaba naquela mansión restaurada e sentíame tan só que quería fuxir. Ao poder ir ao traballo todos os días, aínda que iso supoñía levantarme ás 7 da mañá, tranquilizábame un pouco. Polo menos durante unhas horas tiña contacto humano dalgún modo. Volvín de traballar ás 4 da tarde como é costume, pero aquel non foi un día normal. Deixei o meu coche aparcado en fronte da casa que tan só me facía sentir. Ao saír, de pronto, sentinme observado. Mirei a todas as partes e non vin a ninguén, mais ao estar
  • 3. a piques de meter a chave na cerradura, puiden sentir uns pasos dentro da miña propia casa, e foi ese mesmo detalle, o que me fixo sospeitar que de onde me estaban mirando hai un intre, era dende alí mesmo. Dirixinme ao piso de enriba, do lugar onde se escoitaban os pasos, e topeime cun completo estraño. Ambos quedámonos mirando uns segundos ata que un dos dous decidiu falar. —Ola. Sinto molestar. Chámome Miguel e vivín aquí antes ca ti. Aquel mozo podería ter entre uns 20 a 25 anos, era moreno e de ollos verdes, e non sei por que, inspirábame confianza, aínda que os seus ollos esmeralda transmitían máis inseguridade que outra cousa. Parecía estar a piques de saír correndo polas escaleiras que estaban tras de min, pero non o fixo. —Enténdoo, xa me dixeron que esta casa tivera uns donos antes, e polo que vexo segues tendo unha copia das chaves. —A verdade é que non é así, eu non teño ningunha chave. Verás, entrei por… —Non me importa por onde entraches —interrompino antes de escoitar a súa desculpa—. Pediríache que abandonases a miña casa canto antes. —Non pretendía molestarte. Adeus. —Adeus. Por un momento, pensei que ía chocar o seu ombro contra o meu como sinal de que non lle gustara a nosa pequena charla, pero non notei nada. Foi estraño. Un momento despois, baixou polas escaleiras tal e como eu predixera fai un intre, pero non escoitei ningún portazo. Por un instante pensei que aquel descoñecido permanecía na casa, escondido nalgunha parte, así que fun á planta baixa. Inspeccionei todas as habitacións sen ningún rastro aparente do estraño, ata que me decatei de que a porta daquel misterioso soto que non vin cando me ensinaron a casa
  • 4. por primeira vez, estaba entreaberta. E como sabía que non tiña rede eléctrica, collín da miña equipaxe a medio desfacer, unha lanterna. Baixei con coidado de non me tropezar, e comprobei que alí non había ninguén. Pero o que si había era un pequeno moble de madeira. Acerqueime ata el e puiden ver como, enriba do mesmo, había un maletín de coiro desgastado cun nome bordado: “Miguel”. O que me pareceu estraño é que a casa en si non estaba mal conservada, excepto o soto, no cal o chan era de terra e estaba desnivelado. Calmeime da inoportuna visita daquel estraño, e dispúxenme a remodelar a miña nova casa. Empecei por nivelar aquel chan de terra do soto, xa que tiña pensado meter algunhas cousas alí. Collín unha pa e empecei a cavar, pero… ¿Cal foi o meu asombro ao descubrir que o que aquela parte da casa escondía, eran restos humanos? Chamei á axencia que me vendera aquela casa sen dicirme nada do que escondía. Quedei nun café bar coa mesma persoa que me levara a vela por primeira vez e charlamos un anaco. —¿Estasme dicindo que ti non podes explicarme que facían aqueles ósos alí? —Xa cho dixen, Rafael, nós so nos facemos cargo de vender as casas, nada máis. Dareiche o número e a dirección da dona orixinal e falas con ela, ¿paréceche? —Está ben. Tras conseguir a información daquela muller, dirixinme cara a miña nova e terrorífica casa. Estaba a piques de sacar o teléfono móbil para marcar o seu número, cando, unha entrañable señora que se asomaba pola ventá da casa veciña, fíxome xestos coa man. Quedeime parado sen saber que facer, co pano de mesa que Carmen me escribira hai un intre na man, e que contiña a dirección e o número de teléfono daquela “Anabel March” mentres unha muller de pelo canoso saía da casa.
  • 5. —¡Ola! Ti es o mozo que comprou a casa dos irmáns March, ¿equivócome? —Supoño que así é. Chámome Rafael. —Pasa, pasa. Tomemos o té e charlemos un anaco. Pasamos a un salón non moi amplo que tiña unha mesa baixa cun centro de mesa do máis colorido acompañado dun sofá de cor granate que facía xogo coas cortinas. —Verá, é que me están a pasar unas cousas moi estrañas… Apenas me mudei hai 2 días e todos son sorpresas. —¿A que te refires con cousas estrañas? —Pois, mire, esta mesma mañá un home apareceu na miña casa, e un intre despois atopei ósos humanos no meu soto. —Vaia… —levantouse. —¿Vostede, por casualidade, non saberá algo, verdade? —Verá, a familia March foi unha familia moi rica na súa época. Mudáronse a esta casa pouco despois de morrer a nai. O señor March e os seus dous fillos eran bos amigos meus. Os nenos viñan ás veces a pasar a tarde comigo,pasabámonolo xenial. Pero todo cambiou cando o pai morreu e non lle deixou nada de herdanza á filla maior. Por aquel entón o fillo tería entre 20 e 25 anos; e a filla, uns 30. —¿E que pasou? —Matouno. —¿Que? —Matouno para facerse coa casa e se quedar con todas as súas pertenzas. Era así de egoísta. —¿Todo por unha casa? —Así é.
  • 6. No o podía crer. A miña casa, ¿o escenario dun asasinato? —Mira, este era el cando aínda tiña 20 anos —levantouse e acercoume un marco de fotos. Me quedei aterrado, atemorizado. Estaba tan asustado como cando encontrei aqueles ósos no meu soto. A cara daquel mozo… O seu retrato… Coñecíao. Era Miguel. —¿Pásache algo? De pronto puxécheste moi branco. Tardei uns segundos en contestar. —Non, non é nada. —Está ben, vou buscar o té. Estaba tan atorado que nin sequera me decatara de que a teteira non fervera, e iso foi o meu fin. Podería ter saído da casa e fuxido no coche, esquecerme daquela casa e do que pasara nela, pero en vez diso, quedeime. Dos seguintes minutos apenas teño recordos. O único do que me lembro foi dun golpe na cabeza cun obxecto metálico, das miñas mans ensanguentadas pedindo axuda, e dunha chamada telefónica. —Ola, quería falar con Carmen. —… —Si, con Carmen March. —… —Son Anabel, a súa nai.